SÁRRIA : XULLO DE 1936 ( 823 )
SÁRRIA : XULLO DE 1936 ( 823 )
1.- Bando do Alcalde Antonio Pàramo Sánchez
BANDO
Don Antonio Pàramo Sánchez
Alcalde Presidente do Concello de Sárria
FAGO SABER
O movemento criminal na contra contra o réxime que o pobo se deu nas urnas, iniciado por determinadas forzas do Exército, que, esquecendo se deben ao pobo, pretenderon volvérense contra el, alzados en armas, servindo así as instigacións do fascio asasiño, está nestes mpmentos sofocado.
As forzas leais , dando exemplo de elevado patriotismo, conseguiron reducir aos sediciosos, acabando para sempre as aspiracións dos que pretendía destruir o glorioso triunfp do 14 de Abril , corroborado pola xesta do 16 de febreiro , amosando así que a maioría dos Españois, non admite o sistema de oprobio , samgue e fame que caracteriza ao fascio, nin as militaradas que tiveron en xaque en distintas épocas a vida pública española, culminando naquel desastre nacionañ da ditadura de Primo de Rivera.
Para colaborar a esta normalización da vida públic , convén que este pobo continúe pacífico e alerta , recordándolle a todos os cidadáns segue vixente , o estado de alarma cuxos artigos non creo necesario recordar de novo.
Como medida de prudencia nas actuais circunstancias , recoméndasw en xeral non se transite pola vía pública, sen urxente necesidade , despois das dez da noite,
Sárria, 19 de Xullo de 1936
Antonio Páramo Sánchez
Imprenta Felipe Rodríguez , Porvir 8. Sárria
*******************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario