SÁRRIA : A FAMILIA DOS CENITAGOYA ( 833 )
SÁRRIA : A FAMILIA DOS CENITAGOYA ( 833 )
Xaime Félix López Arias
O PRIMEIRO coñecemento da lonxana existenza da familia dos Cenitagoya tíveno cando coñecín no ano 1958, tiña daquela eu oito anos, uns debuxos feitos na parede da casa que na Calexa, na beira mesma do cruce de San Lázaro, era coñecida como a " de Xesús o Fogueteiro", da Familia de Celeiro. A cantos lles preguntaba quen fixera aqueles trazos e aquelas caras a resposta eran que foran " Os Rusos ", que foran uns mozos que viviran ali " despois da guerra " e que acabaran marchado para aquela fría Rusía, na que maxinabamos todos un mundo terrible , tendo en conta o que nos contaban, un país onde vivían " os roxos " , unha xente que nos fixeran crer eran uns demos perigosos.
Aqueles miticos "rusos" non eran tal, eran xente de aquí que marchara para Rusia e da que só gardaban calada memoria os seus familiares, " Os Celeiro de Maside ".
Moitos anos despois, e por motivos profisionais, que non veñen ao caso, coñecín a dous deses idealizados " rusos " , un deles Gregorio Cenitagoya González , e o outro un dos seus irmáns , que non lembro cal era, polos que coñecin só algúns datos das súas peripecias vitais e aos que acompañei para que visen a " Casa do Fogueteiro ", a hoxe desaparecida " Casa de Celeiro " e as daquela recén trasformadas terras de perto de Requeixo e Santo Estevo, que eles evocando os seus recordos infantís asimilaban todas como " propiedade do vavó ", cecais porque naqueles tenros anos correrían por todas elas dende Celeiro ao Campo do Outeiro crendo ser espazos propios dos seus familiares. Eu fixenlles presente que non era así e que as propiedades da familia , froito da concentración parcelaria, correspondían a moitos ferrados menos dos que eles, coa inxenuidade dos seus poucos anos, consideraran eran dos avós.
Máis adiante , xa metido no coñecemento das traxectorias vitais de sarriaos con vidas salientables souben do compromiso social e politico dos Cenitagoya, do por que da súa traxectoria na URSS, da volta dalgúns delas a España, das penalidades por eles sufridas....
Foron coñecementos esmigallados, aos que tiven que ir dando corpo, e así souben da peripecia do Cenitagoya " fuxido" que, resultando ferido foi atendido, con evidente risco, na " Casa do Enterrador", beira da estrada de Goián , no Monte Pequeno de Treilán, e dos vínculos familiares co Valentín do Carballal, que fora concelleiro na última corporación municipal da República.
E como bon é lembrar a aquelas persoas cuxas vidas tiveron algo que ver con Sárria, quero dar a coñecer a aqueles Cenitagoya, hoxe esquecidos aquí, e cuxa traxectoria comeza da man da súa nai, MERCEDES GONZÁLEZ LÓPEZ, nada na Casa de Celeiro, na parroquia de San Pedro de Maside, pasado o paso a nivel da estrada de Sárria a Portomarín.
MERCÉ GONZÁLEZ LÓPEZ
Naceu en Sárria en 1900. Formou parte do Partido Comunista de España dende 1934.Durante a Guerra Civil foi secretaria do Socorro Roxo Internacional en Avilés. Estableceuse na URSS en 1954, co seu marido para se reunir cos seus fillos. Pensionista en Riga, Faleceu en Riga en 1969. ( Geografía e Historia de los Niños de Rusia )
XOSÉ CENITAGOYA ECHEANDIA
GREGORIO CENITAGOYA GONZÁLEZ
MERCÉ CENITAGOYA GONZÁEZ
XESÚS CENITAGOYA CONZÁLEZ
Comentarios
Publicar un comentario