EL MARTILLO : PERIÓDICO QUINCENAL,HUMORÍSTICO E DE NOTICIAS ( 1927 ) ( 609 )
EL MARTILLO PERIÓDICO QUINCENAL, HUMORÍSTICO E DE NOTICIAS ( SÁRRIA, 1927 )
O demostrado amor que para as cousas de Sárria tivo Luis Macía Vázquez fixo posible a conservación do primeiro exemplar dunha publicación denominada " El Martillo" , da que coñecemos o contido de catro páxinas, e para enadilo ás outras publicacións coñecidas ( " El Noticiero Sarriano", " La Voz de Sárria , "," Sárria", "Loita", "La Cadenita de Oro" ) para tomar coñecemento do seu contido vai o resume da pouca información de que dispoñemos. A fixación de Direción e Administración no número 14 da Rúa Maior ( Casa Puche ) apunta a que o seu director era Xesús Puche González.
EL MARTILLO.- PERIÓDICO QUINCENAL, HUMORÍSTICO E DE NOTICIAS.- Publícase os días 1 e 15 de cada mes, Protector-Suscritor: UNHA peseta mensual . Direción e Administración : Maior, 14. PARA ANUNCIOS: PREZOS CONVENCIONÁIS. Ano I. Sárria, 24 de abril de 1927. Número I. Imprenta " Alborada " Monforte,
Contido
Páxina 1.- Colaboración feminina ( Princesita ).- Un consello moi útil ( El Martillo ).- Á Porta.( Luis de Amarante ) - Diante da Festa Oficial da Árbore. Para El Martillo. A Árbore ( Un antigo fundador do Casino. )- Pro-festas ( Sin Firma )
Páxina 2.- Inaugurouse con grande xúbilo a Ponte de Pesqueiras. ( Do noso correspondente ).- A saída de Monforte . Na Ponte. En Chantada. A cerimonia. O banquete. En Monforte.- O paso da Infanta Isabel ( pasóu pola Estación o día 8 de abril ).- Confesións ( Juan Guanajo ).- De Monforte. Segue a racha de roubos en Monforte ( El Corresponsal ).- Telegramas. A chegada do rei Gustavo. En Sevilla agárdao unha grande moitedume. A Capitanía Xeral . A comida. Pola tarde.- A visita do Príncipe de Gales . A súa saída para Madrid.- Primo de Rivera en Madrid . Despóis da viaxe. Publicidade : Manuel López Díaz- Sárria e Vigo. Almacéns de ferretaría , quincalla e batería de cociña . Vendas ao por maior e menor. Exportación a toda España. Grande variedade en calzado, Prezos baratísimos. " Ultramariños de Carme Sánchez, Viuva de Monteagudo" Xéneros de calidade, finos e correntes, conservas e licores. Viños. Rúa Maior.- " La Dulce Alianza ", Nestor González Fuentes fillo e sucesor de Manuel González . Fábrica de Galletas, biscoitos, rosquiñas e caramelos . Manteigadas selecta e pastas finas para viaxe. Exportación en xeral e venda ao retallo,. " La Verdad " Tomás Castellano. Grande surtido de tecidos en xeral. Últimos modelos en debuxos e cores para a tempada. Especialidade en roupa branca. Prezos económicos .Maior, 46.
Páxina ( 3 ).- Dous anuncios a toda plana : " Nuevo Comercio " de Tecidos Nacionáis e Estranxeiros . Xéneros de punto. Confecións. Mercearía. Bisutaría. Paquetaría. Quincalla. Especialidad en Panos para traxes e abrigos de cabaleiros, señoras e nenos Prezos rigorosamente fixos CASA GARCÍA . Avenida da Estación ( perto da Casa Zaera) Sárria.- " EL SIGLO" Centro de Novidades. ( Antiga Casa Freijo ). Rúa Maior, 21 e 23, Sárria. Grande surtido de Tecidos e Mercearía. Xéneros ingleses para traxes de Cabaleiro, Impermeables, Xénero de Punto, Louza, Cristal , Batería de Cociña, Gramófonos e Discos, Revélanse carretes fotográfico , Mobles, Xoguetes, Reloxos, Acordeóns, Bixutaría, Artigos para Agasallo. Maletas, Aparellos e Bombillas Eléctricas , Paraugas e Cadeiras , Calzados de todas clases.
Páxina ( 4 ).- Un comto ruso . E outro conto ruso ( Yorick ).- Crónica de Carnaval.
( * ) Segundo os datos facilitados por Luis Macía Vázquez , os seus redactores foron, ademáis del, o director e Manuel Saco Rivera, Ese primeiro, e único número, constaba de 16 páxinas , Parece ser que non se puxo á venda porque a imprensa crebóu e non cumpriu o contrato.
( * ) As catro páxinas coñecidas foron facilitadas á biblioteca virtual de Galiciana para a súa publicación,
Comentarios
Publicar un comentario