FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1910 ) ( 611 )
FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1910 ) ( 611 )
( EL NORTE DE GALICIA, 30.06.1910 )
DESDE SÁRRIA
AS FESTAS DE SÁRRIA
SÁRRIA.- Esta pintoresca vila que anos atrás celebraba as grandes festas do San Xoán, pasóu algúns anos sen que nada extraordinario nela ocorrese neste dia do mes de xuño , mais aló polos anos 1905, 1896 e 1907 volvéu a haber as grandes festas .¡ Que paseos ! ¡ Que bailes ! , pero así como aqueles anos estaba todo animado., así despóis trascorreron os 1908 , 1909, sen que se notara noutra cousa, que nos aldeáns que por non perderern costumes antigos , aquel día viñan a Sárria.
Non acontecñeu isto neste ano, pois debido a algúns mozos desta localidade volvénse a organizar en parte as antigas festas ; pois xa onte DIA 23 ás tres da tarde , o espazo víase invadido por multitude de ventos mentres as rúas eran tomadas ao asalto polos XIGANTES E CABEZUDOS seguidos por uns afamados GAITEIROS DA RÚA PETÍN, que constituían a delicia dos xoves e pola laureada música do inmediato pobo de FARBÁN que tocando algunhas pezas do seu variado repertorio animaba a esta pintoresca vila. . Ás 9 comezóu unha animada VERBENA na praza de D. Xoán María López , que ás 10 víase completamente invadida pola xente moza senón dos pobos inmediatos ; a praza estaba alumeada por multitude de faroliños de papel , e colocados por varios xoves e cuxa colocación amosaron ter bon gusto ; ás 11 comezóu o FOGO feito expresamente para a dita festa por un afamado piroténico e de vez en cando vían polos aires bonitos globos que se elevaban até perderense de vista ; en fin, podemos dicir que están de noraboa pois verbenas á veneciana como as da outra noite , poucas se viron neste pobo e que se alongóu até as 2 da madrugada.
Ás 4 da mañá do DÍA 24 as músicas percorrían as rúas tocando alegres alboradas e varias bombas reáis espertaron aos pacñificos habitantes . Ás 8 volveron a deixaren ouvir os seus acordes as músicas e logo adicáronse a daren concertos diante das casas onde había ( celebraban) algún santo.
Ás 11 comezóu a MISA CANTADA que foi a toda orquestra e na que vin a case todo este relixioso pobo. Ás 12 saíu a PROCISIÓN que percorréu as rúas de costume e entrando nas igrexas e capelas de anos anteriores que todas elas estaban profusamente adornadas, Non houbo PASEO DE MODA por ser tarde cando se retiróu a procisión , pero en troques pola tarde a praza chea de xente cobizosa de se divertiren e de ouviren o CONCERTO das bandas , que resultóu moi ben e no intermedio luciu as súas habilidades o afamado PIROTECNICO encargado do fogo ,
Fagamos votos para que en cada ano vaian estas festas resultando mellor e se a este paso seguimos chegaremos dentro de poucos anos ao cume dos festexos.
( O Correspondente )
Comentarios
Publicar un comentario