CAMPO DA FEIRA: SÁRRIA ( 1861 ) ( 616 )
CAMPO DA FEIRA: SÁRRIA ( 1861 ). ( 616 )
Creación da primeira feira mensual na vila de Sárria : A FEIRA DO VINTE (
A primeira grande operación urbanística feita polo Concello de Sárria foi a compra da metade da Fortaleza de Sñarria e dsos seus foxos e contrafoxos, sen inclusión da pedra de torres e muralla circundante, para destinar o espazo resultante ao alongamento do Campo da Feira. onde cada día 20 se viña celebrando mercado dende o ano 1820.
...................................................................................................................................................................
Antecedente
Creación da primeira feira mensual na Vila de Sárria: A FEIRA DO VINTE ( 1820 )
( Oficio do Goberno Politico do Distrito de Lugo , 13 de setembro de 1820 )
Goberno Politico do Distrito de Lugo
O Excm, Sr. Xefe Politico desta provincia di ao deste Distrito con data 29 de agosto último o que segue =
" O Excmo. Sr. Segredario de Estado e do Despacho da Gobernación da Penínsua en 23 do actual comunícame a Real Orde seguinte =
O Rei en atención ás razóns expostas pola Vila de Sárria, sita na provincia de Lugo e ouvida a Deputación provincial serviuse permitir que sen exención de dereitos se celebre MERCADO na dita vila o DIA 20 DE CADA MES . O que de Real Orde comunico á V.E. para a intelixenza e efectos conseguintes. O que traslado á Vª.Sª.para a inteloxenza e noticia do Concello da citada vila de Sárria.
E comunícollo á Vª.Sª. para o goberno e efectos conseguintes, servíndose acusarme o recibo.
Deus garde á Vª.Sª.moitos anos. Lugo . 7 de setembro de 1820. Por ausencia do Sr, Xefe Politico.- Xoaquín Bernárdez, Segredario..................................................................... Sr Presidente e Alcalde Constitucional de Sárria
................................................................................................................................................................
O CAMPO DA FEIRA destinado a acoller as transacións de gado e produtos do campo foi o espazo onde estivera o antigo MERCADO, pé da torre da Fortalez a situada a noroeste desa edificación, no punto de cruzamento do Caamiño de Santiago co Camiño de Sárria a Monforte. Era ese espazo un triángulo de terra que pertencera ao Mosteiro da Madalena onde estiveran a desaparecida CAPELA DE SANTA MARÍA DE BARBADELO e a CRUZ DA VERÓNICA. Alí construiron pendellos que cubriron o camiño que dende San Salvador ía ao Mosteiro da Madalena ( treito do Camiño de Santiago ).
Pasados 40 anos da creación da Feira do Vinte o pulo alcanzado e a súa proeección nos concellos comarcáis motivou que o Concello de Sárria tratase de anchear ese espazo e a ocasión presentouse cando as Herdeiras de Felipe López manifestaron a súa vontade de venderen o soar da Fortaleza e a pedra das torres e muralla da ruinosa edificación militar.
..................................................................................................................................................................
Concello de Sárria Ano 1861
ADQUISICIÓN DE PARTE DO CAMPO DA FEIRA
Copia da escritura de venda da METADE DA FORTALEZA , os seus foxos e contrafoxos, feita por XOANA LÓPEZ desta vila , a favor do Concello para unila á Feira Publica , pola cantidade de 4.500 reáis.
9.12.1860
Na Vila de Sárria a vinte e nove días do mes de decembro de mil oitocentos sesenta . Perante Escribán de Número e testemuñas que se expresarán pareceron persoalmente XOANA LÓPEZ, viuva de Manuel Fernández , veciño desta Vila , LUIS LÓPEZ , da parroquia de San Vicenzo de Paradela e RAMÓN LÓPEZ de San Pedro de Barán , dunha parte, e da outra os Sres. Don ANTONIO MACÍA CEDRÓN , Alcalde Presidente do Concello deste distrito, Don Antonio Freijo, primeiro tenente de Alcalde, Don Xosé García, segundo tenente, e os concelleiros do mesmo Don Bernardo Díaz, Don Manuel Ferreiro Díaz , Don Antonio López de Sáa, Don Xoán Alfonsín , Don Xulián Pérez, Don Anxo Fernández Gallego, Don Francisco González , Don Xoán Antonio Ulloa, Procurador Síndico, Don Xoán Sánchez, Don Francisco López Rego e Don Antonio González, Rexedores, e dixeron:
A XOANA LÓPEZ , que o seu irmán Don FELIPE LÓPEZ no día defunto , veciño que foi da vila e Corte de Madrid, adquriu do Sr. Duque de Alba, Conde de Lemos , Marqués de Sárria, a FORTALEZA que existe nesta Vila , cos seus foxos e contrafoxos , e polo testamento baixo do que falecéu o expresado irmán seu, dooulle con alguns outros intereses no favor dos fillos da que di e da súa irmá MARÍA LÓPEZ, por iguáis partes, concedendo a unha e outra polos días da súa vida o usufruto de todo, cal máis por menor debe resultar dos expresados documentos a que se remite.
A MARÍA LÓPEZ enaxenóu a parte que na dita FORTALEZA poidera corresponder aos seus fillos no favor de Don Manuel Pérez Batallón, desta Vila , e a restante porción que é a metade do terreo que ocupa a FORTALEZA, os seus foxos e contrafoxos , sinificóu á que di o Concello e ao seu marido ser de necesidade e utilidade pública para agregar á FEIRA que naquelas inmediacións se celebra e conviñeron sen necesidade de incoar o expediente de expropiación que sería necesario de opoñerse, ben persuadidos de que en efecto mediaba a necesidade e uttilidade invocada polo corpo municipal,
En tal estado de acordo con este procederon a xustiprezar o valor da dita FORTALEZA , os seus foxos e contrafoxos, convindo o Concello en entregar CATRO MIL CINCOCENTOS REÁIS que foi a suma reclamada por marido e muller , con tal que merecéu a aprobación superior do Sr. Gobernador Civil desta Provincia e niso estivese conforme un duplo número de maiores contribuíntes do distrito ao de Concelleiros , a quen se consultaría o negocio, Cumpríronse estas formalidades , os maiores contribuintes foron conformes na opinión do Concello e o Sr. Gobernador tamén o estivo coa duns e outros, dispoñendo que a partida dos catro mil cincocentos reáis se integrase no orzamento de gastos do Concello , como así se fixo, e aprobuna debendo consignarse que o dito orzamento ordinario e o que tiña que rexir para o corrente ano.
A Municipalidade con todos estes antecedentes tratóu de asegurar a propiedade para os fillos da Xoana López e enterada esta indicóu que poderían darse os catro mil cincocentos reáis a réditos á persoa que ela se encargóu de percurar baixo de inmediata responsabilidade e para o efecto designóu ao Luis López , e para evitar todo pretexto de dúbida sinalóu tamén como afiuzador , consinuando un e outro hipotecas especiáis , no que están conformes os dous últimos.
Por iso, pois, a Xoana López a virtude da presente na forma que máis firme, valida e legal sexa VENDE para en toda perpetuidade ao Concello que a acepta A METADE DA EXPRESADA FORTALEZA, os seus foxos e contrafoxos , segundo é ben coñecida polo que se evitan as súas estremas e existe nos termos da parroquia de San Salvador desta Vila SEN QUE SE COMPREENDA A PEDRA QUE POIDA CORRESPONDERLLE DO MURO QUE A CIRCULA, por libre de renda, carga nin pensión e en prezo dos catro mil cincocentos reáis expresados que recibe de poder do Concello nun libramrnto contra do Depositario do mesmo Don Francisco Macía de Neira expedido polo Sr. Alcalde Presidente a favor do Luis López , con esta data , sinalado co Número vinte e cinco e do que tomóu razón o Segredario do Concello , cuxo libramento recolléu a dita Xoana López e entregoulla ao Luis López perante min Escribán e testemuñas do que dou fe, polo que unha e outra outorgan a favor do corpo municipal o correspondente recibo e a carta de pagamento que á súa seguridade conduza, obrigándose a que os catro mil cincocentos reáis llr serán entregues hoxe ao dito Luis López, polo citado Depositario .
Declara a Xoana López que o xusto prezo , verdadeiro valor do vendido son os catro mil cincocentos reáis expresados , que nada máis vale , nin maior suma encontròu , lle dese ninguén., e se en adiante máis poidese valer do que sexa, en pouca ou en moita suma fai no favor do Concello grazosa doazón irrevocable entre vivos con renunciación das leis que falan da lesión e termo para propoñela que dá por trascorrido , como se realmente o estivese.
Obrigase a mesma Xoana López coa súa persoa e bens, que ten ou teña , que o vendido será certo e seguro ao Concello exento como vai dito de renda, pleito ou cuestión e no caso de calquera falencis ou incertidume faralle a debida evicción e saneamento con pagamento de cantas costas, danos e perxuizos se lle irroguen segundo a súa relación xurada, sen necesidade de máis proba do que a releva, así que todo o dereito, voz e acción e dominio que habían e tiñan ela e os seus fillos ao enaxenado, cédeo, renuncia, pasa e trasmite para en toda a súa totalidade en favor do Concello e a posesión xudicial ou extraxudicial que apreender lle praza dándose para aquela por citada en forma.
O Luis López recibe os catro mil cincocentos reáis a réditos de un seis por cento , capitulando que estes mentres viva percibiraos sucesivament a Xoana López e o capital terao no seu poder e conservarao para os fillos da mesma e á seguridade de principal e réditos hipoteca xeralmente todos os seus bens presentes e futuros e en especial as fincas seguintes: 1ª ) O Prado chamado de Baixo da Casa, de catro ferrados en mensura pouco máis ou menos; segundo estrema a nacente con máis do seu irmán Domingos López, mediodía co arroxo que por alí pasa; poente, máis do seu irmán Xosé López, e a norte con el mesmo. 2ª ) Catro ferrados de terra a prado no chamado da Veiga, tamén sobre pouco máis ou menos; estrema a nacente con Xosé López, poente e norte con Domingos López. 3ª ) A Cortiña da Capela, de levar catro ferrados en semeadura, sobre pouco máis ou menos, estrema a nacente con camiño que por alí pasa, mediodía e norte Domingos López. 4ª ) E seis ferrados de terra labrantía aneira pouco máis ou menos ao sitio de Agro de Arriba , estrema a nacente Xosé López, mediodía e norte Domongos López . 5ª ) Hipoteca tamén especialmente a casa de habitación , alta e dúas cortes ; estrema a poente con Xosé López, , nacente Xosefa López e a norte co primeiro,6ª.- A Devesa chamada da Capela e parte que lle corresponde ao que fala, de levar doce ferrados en mensura sobre pouco máis ou menos , estrema por todos lados con máis dos seus irmáns Xosé e Domingos López, estando a porción do que di cara o nacente. 6ª ) As dúas viritas que lle corresponden no Souto de castiros chamado da Porta, de levar cada unha dous ferrados de centeo pouco máis ou menos; estremando a mediodía co regueiro de augas que por ali pasa e polas demáis partes con máis dos irmáns Xosé e Domingos López, agás por poente que o fai con monte de Xoán López. Cuxas fincas áchanse en termos da citada parroquia de San Vicenzo de Paradela , así como a casa de habitación e prívase de enaxenala, gravala nin hipoecala en perxuizo deste contrato so pena de seren nulos os que en oposición outorgue, asegurando que aquelas son o moi dabondo para responderen do principal que vai recibir e réditos que cheguen e de iso gañe.
O Ramón López afiuza a súa persoa e bens ao Luis López de que cumprirá canto leva prometido e sobor do que formaliza a obriga máis firme , valedeira e válida e legal sexa e suxeita a súa persoa e cantos bens ten ou tiver, privándose e enaxenalos no perxuizo deste contrato baixo pena de............................. .sinala por especial hipoteca os seguintes: 1ª) O prado Chousa do Muiño coas árbores e con paredes e auga de rega que lle corresponde, incluindo prado e muiño fariñeiro con todo o anexo e pertencente , de levar o prado vinte e cinco ferrados de centeo en semeadura pouco máis ou menos ; estrema por todos lados con máis finca de Ramón López, agás por norte que o fai con monte de André López e está pechado riba de si, 2ª) O prado chamado da Gándara, de levar oito ferrados en mensura sobre pouco máis ou menos, estrema por todos lados con monte do dito Ramón López, Cuxos dous prados son os moi dabondo e até con exceso para responderen de principal e xuros, privándose de enaxenalos, cedelos e hipotecalos en perxuizo deste contrato so pena de nulidade ; e os Luis e Ramón López conformes obríganse a satisfaceren os xuros cada cal no seu respecivo caso á Xoana López nesta vila e ao vencemento de cada anualidade baixo de apremio e custas caso de omisión. Á perpetua e e puntual ovservanza de canto queda consinuado cada un na parte que lle toca e a que van obrigados sométense con amplos poderes aos Sres, Xuices da Súa Mde. , do seu foro e domicilio con renunciación de leis que poidan favorecelos, coa xeral e dereitos dela en forma.
Así o outorgan e asinan os que saben, pola que non o fai ao seu rogo unha das testemuñas presenciáis que o son Don Xosé Viñas, Xosé Monteagudo e Don Manuel Losada e Torres, veciños desta Vila . Do que, coñecemento de testemuñas e outorgantes, advertenza aos últimos da toma de razón en hipoteca, dentro de doce días, do que os informéi de palabra eu o Escribán dou fe = Luis López = Ramón López= Antonio Macía Cedrón = Antonio Freijo = Xosé García = Bernardo Díaz = Manuel Ferreiró = Antonio López de Sáa? Manuel Alfonsín = Xulián Pérez = Antonio González = Anxo Fernández Gallego = Xoán Sánchez = Xoán Antonio Ulloa = Francisco López de REgo = Francisco González = Testemuña e a rogo : Manuel Losada e Torres,. Perante min: Francisco López Pérez.
É a primeira copia do seu orixinal que escrito en cinco follas Selo cuarto encóntrase no protocolo do ano de mil oitocentos sesenta, sinalado co número douscentos oitenta e seis e aos folios cincocentos setenta, cincocentos setenta e un, cincocentos setenta e dous, cincocentos setenta e tres e cincocentos setenta e catro a que me remito. E en fe do cal como Escribán de Número da vila de Sáaia, a instanza do Concello desta vila libro a presente queb asino e firmo nestas catro follas do Selo terceiro , rubricadas as tres primeiras á marxe coa de que uso , estando na dita vila a dous de xaneiro de mil oitocentos sesenta e un.
Francisco López Pérez. Do orixinal e copia con papel del, un e outra oitenta reáis e trinta maravedís.
Presentouse nesta data e pagóu o dous por cento e rexistrouse aos folios cuarenta e un do libro tomo vinte e nove do distrito de Sárria e cento trinta e oito do tomo nove do de Paradela. Sárria,xaneiro, dazasete de mil oitocentos sesenta e un.
Xoán López Yáñez
......................................................................................................................................................................
( 1861 )
Requerimento do Concello aos compradores da pedra dos muros da Fortaleza para que a retiren do soar e foxos.
( 10.01.1861 )
Sendo adquirido por este Concello a metade do terreo da FORTALEZA para incorporalo ao Campo da Feira que se celebra nesta Vila; e sendo indispensable proceder inmediatamente ao asocalcado e demáis traballos necesarios , o que non se pode realizar, sen que previamente sexa retirada a pedra dos muros que existe no dito terreo da FORTALEZA e nos seus foxos , da propiedade dos suxeitos que na marxe se espresan , a Municipalidade deliberóu que polo Segredario da Corporación se lles faga entender a aqueles e demáis persoas que resulten seren donos da dita pedra, a retiren antes do quince de febreiro vindeiro, coa prevención de que de non facelo, procederase á súa execución por conta dos omisos, e sen perxuizo de adoptar as demáis medidas que fosen conducentes. E para que teña cumprimento o acordo do Concello, procédase á práctica das notificacións acordada. Así o manda e asina o Sr. Alcalde Presidente en Sárria a dez de xaneiro de mil oitocentos sesenta e un.
Antonio Macía de Neira
Á Marxe: Srs D. Xosé Lois, Dª Xosefa Solance, D. Francisco Noboa. D. Pedro Xoán Saco , Xoana López.
O que suscribe dase por notificado da precedente orde. Sárria xaneiro dez de mil oitocentos sesenta e un.
Antonio Macía de Neira
( 11.01.1861 )
Notificación ao Sr. D. Pedro Xoán Saco : En Sárria e xaneiro once de mil oitocentos sesenta e un. Eu o infraescrito Segredario constituido á presenza do Sr. D. Pedro Xoán Saco Quiroga, entereino da orde precedente que por el mesmo leu; dándose por notificado dela e aínao de que certifico.
Pedro Xoán Saco Quiroga Antonio Macía de Neira. Segredario
Outra á Sra. Dona Xosefa Solance de Neira: Acto contino, eu o Segredario constituinme na casa d Sra. Dª. Xosefa Solance de Neira e previo recado de atención. téndoa na miña presenza, manifesteille , lin e notifiquéi o acordo antecedente que o atendéu , dándose por notificado , asina e certifico.
Xosefa Solance de Neira Antonio Macía de Neira. Segredario.
Outra a D. Xosé López.- No mesmo día once xaneiro de mil oitocentos sesenta e un. eu o Segredario linlle e enteréi detalladamente do anterior acordo a D. Xosé Lois, desta vila, quen manifestóu que antes que o Concello adqurira de Xoana López o terreo da FORTALEZA, fíxoo o que di da parte de pedra que alí tiña co obxecto de empregala na reedificación da súa casa habitación e coa condición de sacala por aquel entón e mentrers continuara indisposto o seu ancián pai, D. Matías Lois, circunstancia que por todos respetos impídelle emprender a obra proxectada , e polo mesmo e en debida observanza de aquel pacto, non se cre obrigado nin poida verficar por agora a dita extracción tanto máis que non ten onde colocala. Isto cotestóu e asínao de que certifico.
Xosé Lois Rivas Antonio Macía de Neira. Segredario.
Obras feitas por D. Manuel Pérez Batallón no terreo destinado á Feira Pública da vila de Sárria.
( 28.02.1861 )
Auto
Téndose observado que por Don Manuel Pérez Batallón , veciño desta Vila, se están facendo algunhas obras no terreo destinado á feira pública da mesma, e non debendo consentir eses labore e perxuizos , fágaselle saber ao mesmo e aos operarios que se encontran traballando naquelas, cesen dende logo na súa prosecución poñéndose o correspondente couo e embargo e tomándose razón do seun estado con prevención que de continuar nas ditas obras procederase ao máis que haxa lugar , e para todo o que se dá comisión en forma ao Aguacil Porteiro Francisco Saco , quen ademáis fará entender ao mesmo Sr. Batallón que por agora volva as cousas ao estado que antes mantiñan o que executará ao termo de catro días. O Sr. D. Antonio Macía Cedrón Alcalde deste distrito así o acordóu, manda e asina en Sárria a vinte e oito de febreiro de mil oitocentos sesenta e un , de que eu o Segredario de Concello certifico.
Antonio Macía Cedrón Antonio Macía de Neira. Segredario.
( 28.02.1861 )
D. Antonio Macía Cedrón Alcalde Constitucional do distrito de Sárria
Ao Aguacil Porteiro Francisco Saco fago saber: Que tendo observado que por Don Manuel Pérez Batallón , veciño desta Vila, está facendo algunhas obras no terreo destinado á feira pública da mesma , acordéi por auto deste día que constituindose naquel paraxe poñan nelas o competento couto e embargo, tomando razón do estado no que se achen e facendo entender ao Sr. Pérez Batallón e demáis operarios que nelas se encontren , cesen dende logo na súa prosecución, e ademáis ao mesmo Sr. Batallón que antes do termo de catro días volva por agora as cousas ao estado que antes tiña ; con prevención a un e outros que de calquera falta de obediencia procederase ao máis a que haxa lugar; e para todo iso confiresevos comisión en forma. Dado na Vila de Sárria a vinte e oito de febreiro de mil oitocentos sesenta e un.
Antonio Macía de Neira, Segredario: Selo: Concello Constitucional de Sárria.
(28,02.1861 )
Notificación en persoa do Sr. Manuel Pérez Batallón .
En Sárria a vinte e oito días de febreiro ano de mil oitocentos sesenta e un. Eu o Aguacil Porteiro do Concello coa fin de darlle cumprimento á orde que antecede constituínme persoalmente na casa habitación do Sr D, Manuel Pérez. Batallón , veciño desta vila, téndoo diante de min linlle, entregueille e notifiqueille a orde que antecede e enterado dela moi por menor contestóu : Que respecta como debe as xustas determinacións do Sr, Alcalde , mais o presente caso terá a bondade de permitirlle manifestar que todas esas obras execútanse para asegurar a cerca dunha finca reunida a aquela como un metro de largo e uns oito ou dez de longo de modo que non se perxudica ao público e en terreo que é propiedade do expoñente por ter deixado , como sabe o Sr. Alcalde. ao construir o cerramento terra dabondo xunto daquel punto e moita máis na outra estrema antes de que a vila adquirise o que trata de incorporar ao campo da feira e que en calquera outro concepto , finalmente a outra autoridade o coñecemento deste asunto ; polo que máis ben informado dispoñerá o que teña por legal e convinte . Así o respondéu e asina de que certifico.
Manuel Pérez Batallón Francisco Saco
( 1.03.1861 )
Notificación na persoa dos operarios que se achan traballando na obra a saber innovada Manuel Castiñeira . Xoán Castiñeira , Manuel López, Manuel Bravo , Xosé López , Ramón Bravo , Manuel López e..... Aira
En Sárria a primeiro de marzo de mil oitocentos sesenta e un . Eu o Aguacil constituinme no punto da obra do Sr. D. Manuel Pérez Batallón fixen saber aos operarios que se achan traballando cesen no proseguimento, mais que de non facelo pararalles o perxuizo que haxa lugar , enterados do contido da orde dixeron estaban prontos a obedeceren as ordes ditas .............asinan os que saben de que eu Aguacil certifico.
Xosé Pérez.-..................... Francisco Saco.- Plácido Ulloa
( 4.03.1861 )
Señor Dn Anonio Mací Cedrón
Moi señor meu: o feo e conseguinte disgusto que me ocasionñóu o embargo da parede, paréceme dá bastante satisfación a calquera chismr ou informe dado resentimensiño que Vde. poida ter do seu afecto e atento servidor q. b..s.m..- Manuel Pérez Batallón.- Hoxe , luns 4 de marzo de 1861.
( 5.03.1861 )
Sr. D. Manuel Pérez Batallón.
Moi Sr. meu: Sinto na alma atribúa Vde. o meu proceder no asunto consabido a nada alleo á posición oficial que ocupo- Nin abrigo cara Vde. cara Vde., nin abrigo hoxe resentemento ningún, e o meu crácter conciliador , non era de Vde. descoñecido , ñrque diso dabondo probas lle din. A cuestión tal como Vde, a prexuzga , hai que circunscribila ao seguinte = Ou vostede deixóu terreo fora muros, ou non : Se o último incurríu Vde. nun feito atentatorio aos intereses que estóu no imprescindible deber e disposto a defender en unión co corpo municipal , a quen ouvín sobre o particular , dentro dos límites legáis. Se o primeiro, un medio hai ao ver de todos moi sinxelos , e é o de que se proceda , ben amistosamente ou xudicialmente , ao deslinde e formal de marcos do que a cada un corresponda , operación que á fin e por evitar sucesivos disgustos terá que se realizar. É canto lle declare por contestación á súa apreciable carta de onte a este seu afectísimo amigo q.b.s.m, Hoxe, martes 5 de marzo de 1861.
.....................................................................................................................................................................
( 1863 )
Sárria. Campo da Feira Ano de 1863
Autorización para empregar a prestación persoal no asocalcamento e desmonte do terreo procedente da FORTALEZA DE SÁRRIA que se une ao Campo da Feira. Áchanse outras disposicións e dilixenzas practicantes para levar a cabo os ditos traballos.
( 24.01.1863 )
Ao Sr. Gobernador civil de Lugo.- Xaneiro 24 de 1863.- Excmo Sr.
Nº 28.- Estando pendentes os traballos , concedidos antes de agora, pola prestación persoal do asocalcamento ou rebaixo do Campo da nfeira que se celebra nesta Vila, e cuxa necesidade pública , e cuxa e utilidade se dignóu Vª Excª recoñecer e apreciar ; e tendo por outra parte en conta que o Direitor de Camiños Veciñáis , aínda non se serviu comunicarme as instrucións, nin menos se puxo de acordo para dar princiios á roturación do camiño veciñal de 1ª Orde dende esta vila ao Corel ; ademáis de que os donos dos terreos que han seren ocupados por esta vía non permiten se traballe nas súas fincas , até tanto que sexan dinemnizados ; diríxome á Vª Excª co mellor desexo de non perder tempo en sendo do seu agrado autorizarme para utilizar os servizos da prestación persoal , na continuación do exprresado rebaixo do campo da feira nos días que poidan mediar até que se dea principio á roturación do dito camiño.
Deus.... ( borrador )
( 1.02.1863 )
Recibiuse neste Goberno da provincia comunicación da Vde. data 24 de xaneiro último relativa a que sexa autorizado para empregar a prestación persoal no asocalcamento e desmonte do campo da Feira que se celebra nesa vila interin non se dá principio aos traballos de roturación do camiño de 1ª Orde que desde a dita vila conduce ao Courel . Na súa virtude e atendida a utilidade da obra tiven por convinte concederlle a referida autorización suxeitándose no xeito de aplicar a prestación ás prescripcións que encol do particular se achan establecidas.
Dígollo a Vde. para a súa intelixenza e efectos conseguintes recomendándolle con este oficio o convinte que será o que Vde. fixese os esforzos posibles coa fin de obter dos propietarios dos terreos que confía o dito camiño , o que permitiran traballar neles na seguridade que o pagamento das expropiacións non se vai retardar máis tempo que o necesario para a instrución do expediente. Deus garde a Vde. moitoas anos. Lugo 1º de febreiro de 1563,. Vicenzo Lozano- Sr. Alcalde de Sárria,
( 7.02.1863 )
Aos señores D. Xosé Loius, Dona Xosefa Solance , D.Xosé Ramón de Castro.
Febreiro 7 de 1863
Autoizada esta Alcaldía para continuar cos traballos do rebaixo ou asocalcameto dos foxos do campo da feira , que vai dar principio inmediatamente e sendo por iso un obstáculo e entorpecemento insuperable a permanenza naquel punto da pedra que a vostede pertence, e cuxa estación se prevéu moi antes dagora por acordo deste Concello , sen que se cumprira no medio do decurso de tanto tempo como ten mediado , non poido prescindir de advertirllo a Vde. que dentro da vindeira semana entrante o verifique prevíndoo que de non realizado neste improrrogable termo que por derradeira vez se lle concede, procederase ao acordado pola Municipalidade e ao demáis a que a morosidade o seu abandono dese lugar ; agardando que Vde, non me poñerá no sensible caso de ter que adoptar medida algunha , e que mirando polos seus propios intereses de que é tan celoso; coaxudará á realización dunha das mellores públicas, das de máis importanza , como é a de que se trata , servindose avisarme do recibo desta comunicación e de quedar en cumprimentala,
Deus (............Borrador )
( 24. 02. 1863 )
Aos Sres. Concelleiros designados para a asistenza aos traballos do Campo da feira
Febreiro 24 de 1863
Estando disposto polo Goberno da provincia que os Concelleiros asistan diariamentew aos traballos dos Camiños veciñáis que se executan pola prestación persoal pola maior actividade e velar polo cumprimento de todo o que ten relación coa prestacuón ; e convindo que a dita asistenza a preste nos traballos que están practicándose no Campo da feira procedeuse por esta Alcaldía á distribución dos Sres Concelleiros veciños desta poboación con designación dos días de cada semana nos que deben asistiren cada un , e téndolle correspondido a Vde. os días................teño o gusto de participarllo , agardando do seu celo se servirá desempeñar este cometido nos citados días de cada semana mentres duren os espresados traballos comezando o ...........vindeiro.
Deus......... ( borrador )
( 24.25 .02,1863 )
Distribución dos Concelleiros e días nos que deben cocorreren aos traballos do rebaixo e asocalcamento do Campo da feira
Concelleiros Días de cada semana
D. Xosé Lois e Rivas ( Luns ).- D. Anxo Fernández Gallego ( Martes ).- Don Xoán Alfonsín ( Mércores ) .- D. Xoán Antonio Ulloa ( Xoves ).- D. Xosé Macía de Neira ( Venres ).- D. Antonio Freijo ( Sábado )
Para cubrir as papeletas de chamamento aos contribuintes e nómina, encárgase ao 1º Tenente D. Gaspar Yáñez.
Para a celebración dos xuizos de falas, ao 2º Tenente D. Francisco López Rego.
Sárria febreiro 24 de 1863
Oficiado na mesma data
Encargouse aos demáis Concelleiros a recomposición dos Camiños ruráis das parroquias seguintes
Concelleiros Parroquias
D. Manuel Vázquez : Vilar de Sárri e Requeixo.- D. Manuel Ferreiro Díaz : Rubín, Corvelle e San Xulián da Veida.- D. Frutuoso Rodríguez ................- D. Vicenzo López : San Salvador do Mato, Santiago da Veiga e Betote .- D. Francisco Vázquez : Calvor , Ferreiros e Seteventos.- D. Antonio González: Camiño, Lier e Castelo .
Sárria febreiro 25 de 1863. Oficio
.....................................................................................................................................................................
( 26. 11.1866 )
Enterado da comunicación de Vde. data 11 de outubro , prósimo pasado relativa aos desmontes e asucalcado que é necesario e convinte practicar no Campo da Feira desa vila , acordéi autorizar a Vde. para empregar a prestación persoal na obra e á vez que poida nomear para a súa direición, a persoa facultativa que propón a outra, que considere Vde, apta para iso, sempre que se preste a facer este servizo gratuitamente, toda vez que non hai consinuación no orzamento para este obxecto. Deus garde a Vde. moitos anos. Lugo, 22 de novembro de 1866. Xosé M!ª Mena.- Sr. Alcalde de Sárria,
....................................................................................................................................................................
( 1903 )
Ancheamento do Campo da Feira de Sárria , onde se celebraban feiras os día 6 e 20 de cada mes, con expropiación de terreos aos donos da Casa de Ferreiró ( Familia Loureiro ).
Á marxe: Goberno civil da provincia de Lugo. Negociado 3ª . Número 788.
( 1.10.1903 )
Visto o expediente instruido co motivo do ancheamento do Campo da Feira desa localidade e
Resultando que ese Concello en sesión celebrada o 10 de setembro de 1895 acordóu levar a cabo o ancheamento do campo onde se celebra a feira de gado e solicitare deste Goberno a declaración de utilidade pública de tal obra e a aprobación do oportuno proxecto ,
Resultando que este Goberno en 2 de outubro seguinte dispuxo facer público no Boletín Oficial o proxecto da indicada obra, sinalando un prazo de oito días para oiren contra del reclamacións.
Resultando que D. Pedro Loureiro Díaz, veciño desa vila., impugnóu diante deste Goberno a medio de instancia a declaraciuón de utilidade pública da dita obra por innecesaria.
Resultando que ouvido o parecer da Alcaldía e Comisión respecto ao proxecto da obra referido ambalasdúas Corporacións significaron a necesidade da declaración de utilidade pública de aquela, por cuxo motivoo este Goberno en 25 de outubro de 1896 desestimóu a pretensión do Loureiro e declaróu para os efectos da lei de expropiación forzosa a utilidade pública da tal obra,
Resultando , que D, Francisco Loureiro, fillo do D, Pedro , alzouse nperante o Excmo, Sr. Ministro da Gobernación da providencia anterior, alzada que por non ter sido presentada dentro do termo de 30 días que sinala o artigo 14 do Regulamento de 13 de xuño de 1879, foille desestimada.
Resultando, que contra da providencia anterior interpuxo o dito Señor novo recurso para diante o Ministerio o que por Real orde deb 17 de novembro de 1897n acordóu tamén desestimalo.
Resultando que formulada polo Señor Arquitecto provincial , como Direitivo facultativo da mencionada obra e de conformidade co disposto no artigo 20 da vixente lei de expropiación forzosa , a relación de terratenentes interesados no ancheamento do campo da feira e rectificada por esa Alcaldía a mesma , publicouse esta no Boletin oficial coa fin de que os interesados espuxesen dentro do termo de 15 días o que tivesen por convinte encol da necesidade da ocupación da finca nela relacionada,
Resultando , que o citado D.Francisco Loureiro como dono da finca compreendida na relación anteriormente citada, acodíu a este Goberno a medio de instancia , suplicando se declarase non era de necesidade a mesma par o ancheamento en cuestión en virtude do que se interesóu o parecer do Arquitecto e Comisión provincial e desestimóu con vista dos mesmos tal prtensión, declarándose na súa consecuencia a necesidade da ocupación da finca referida e que se procedes ao seu xustipezo ,
Resultand+o, que interposto recurso de alzada polo Loureiro para ante o Ministerio contra a providencia anterior , foille desestimado aquel por Real orde de 10 de novembro do ano prósimo pasado.
Resultando, que prevido por este Goberno o Loureiro designase ao Perito que en unión do indicado pola Alcaldía había de representarle na taxación e valoración da finca da súa propiedade , fíxoo na persoa de Don Mariano Arias Somoza.
Resultando, que remitida certificación do dito nomeamento ao Sr. Arquitecto provincial aos efectos do artigo 22 da Lei de expropiación forzosa o dito funcionario en cumprimento do disposto no citado artigo prersentóu por medio de oficio a declaración dos Peritos que prescribe o 23 da mencionada Lei na que ou ben se achan aqueles coformes ao fixar a situación da finca en cuestión non o están respecto á calidade por canto o Perito da AdministraciónD, Xesús Ferreiro afirma que é de terceira , mentres que o designado polos propietarios estímaa de primeira , manifestando o Sr Arquitecto por vía de informe que o primeiro dos ditos puntos axustárase á verdade e xustiza.
Resultando, que remitido a esa Alcaldía a folla de aprecio da finca de referenza ascendente a 1,198,.30 pesetas, que formara o Perito da Administración , para coñecemento dos interesados , non foron habidos estes e na súa virtude publicouse no Boletín Oficial da mesma facéndolles saber tiñan 15 días de termo para aceptala ou arquivala , presentando neste último caso neste Goberno a que lles formase o perito por eles designado, o que así verificóu o Loureiro por el e irmáns con data 5 de maio do corrente ano , acompañando á instancia que con tal motivo dirixiron na indicada data unha folla de aprecio da finca da súa propiedade pola que se fixa o valor desta en 20. 192 , 12 pesetas.
Resultando que co motivo da diferenza que existía entre as follas de taxación da referida finca formada polos Peritos da Administración e dos propietarios verificouse nesa Alcaldía a reunión destes que prescribe o artigo 28 da lei de expropiación forzosa sen que houbesen vido a un acordo ...........oficióu ao Sr, Xuiz de instrución dese partido para que facendo uso das faculdades que lle concede o 31 da dita lei nomease o Perito terceiro que había de taxar e valorar a finca en cuestión , nomeamento que recaéu na persoa de D. Xosé Álvarez Losada.
Resultando que remitidas ao Sr. Xosé Álvarez as follas de aprezo formadas polos Peritos da Administración e dos propietarios en unión dos datos que prevén o artigo 32 da repetida lei o dito Señor xustiprezóu a tan repetida finca eb 2,185 pesetas , incluindo nesta cantidade o do muro que a circunda máis o 3 % como prezo de afección.
Oída a Comisión provincial e Arquitecto
Visto o artigo 34 da Lei de expropiación forzosa de 10 de xaneiro de 1879 e os 53 e 54 do Regulamento de 13 de xuño do mesmo ano.
Considerando que o Perito da Administración ao valoraer a finca obxecto deste expediente nas 1.198,30 pesetas que estimóu procedente , tivo en conta a calidade da mesma que resultaba ser a de horto sequeiro de 3ª clase, nunha extensión de ..... áreas 50 centiáreas e campo inculto da mesma clase con escasa produción naturl de pastos e broza , de toxo e silvas na de 19, 87. pois a circunstanza en principio aprezada de que por se acharse aquela estremando coa estrada e distante de 115 metros da estrema da zona urbana da vila somente se poidera destinarse a soares desbotouna ao ver que para ser destinada a tal obxecton habería de necesidade de realizar obras de desmonte duns 2.000 metros cúbicos de terra gredosa, o que ocasionaría gastos de suma importancia que no seu día non serían compensados-
Considerando que as razóns aducidas polo Perito do Sr. Loureiro e irmáns para xustificaren a valoración da finca destes polo realizado que ascende a 20.102, 12 pesetas , áchase desvirtuadas polo da Administración reseñadas no Considerando anterior toda vez que aínda admitindo a de poder destinar o terreo da finca referida a soares , que tamén alega no seu favor o primeiro dos ditos peritos era case imposible chegue a existir a enorme diferez que se observa entre as taxacións por estes importante unhas 18,913,82 pesetas.
Considerando o que o Perito 3º designado para a taxación en definitiva da finca dos Sres. Loureiro e irmáns, lonxe de desvirtuar as razóns nas que se funda o da Administración o escaso valor por el dado comparado coa cantidade na que xustiprezóu o dos propietarios robustéceas conformándose coas mesmas porén facendo ascender o seu valor a 2.125 pesetas, con cuxa opinión están en todo conformes tanto a Comisión provincial comoo Sr. Arquitecto atento en favorecer neste asunto.
Acordéi estimar como xusta e conitativa a taxación verificada polo Perito Sr. D. Xosé Álvarez Losada e polo tanto así dereito únicamente a D, Francisco, D, Antonio, Dª Xosefa e Dª Manuela Loureiro Díaz a percibir as 2.125 pesetas a que ascende o valor dado á finca de aqueles que se expropia para o ancheamento do Campo da feira desta Vila.
O que comunico a Vde. par o seu coñecemento , o do Concello e interesados a quen notificará en legal forma , prevéndolles que dentro do termo de 10 días contados dende o da notificación terán que contestar manifestando se se conforman ou non con esta resolución de que prevén o artigo 54 do Regulamento para a execución da Lei de expropiación forzosa e facéndolles saber ademáis que caso de disconformidade poden alzarse para ante o Excmo. Sr. Ministro da Gobernación dentro do termo de trinta días que prescribe o artigo 35 da mencionada lei remitíndome as dilixencias de notificación á maior brevidade.
Deus garde á VªMde. moitos anos.
Lugo, 1º de outubro de 1903,
Casimiro Sánchez
Sr. Alcalde de Sárria.
........................................................................................................................................................................
a
Comentarios
Publicar un comentario