O CONVENTO DA MERCÉ DE SÁRRIA ( 610 )
O CONVENTO DA MERCÉ DE SÁRRIA ( 610 )
O Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria, con orixe darredor do ano 1200 , coa fundación dun hospital de peregrinos por parte duns frades italianos que recibiron autorización do bispo lucense para crealo a carón da ermida de San Brais da Vilanova de Sárria ( Orde dos Laudantes Deum), acabóu baixo a xestión da Orde da Penitanza dos Venerables Mártires de Cristo, coñecidos como " Madalenos ". Sostiñan un hospital ( Hospital de San Roque ou da Madalena ) que atendía aos peregrinos " que ían cara Compostela", que estivo operativo, servido por hospitaleiros até a metade do século XVIII, cano foi trasladado aos " Hospitaliños Novos" alzados dentro do mosteiro, na chamada " Obra Nova" ( na ala norte ).
A Orde , enteiramente autóctona e independente que seguía a norma de Santo Agostiño , contaba con mosteiros en Sárria e Arzúa, e outro mosteirolo en Ferreiros de Arzúa, tiña rendas e bens en Sárria, O Páramo , Lemos e outros lugares e os seus monxes procedían maiormente da Terra de Sárria e á fronte da Comunidade estaba un prioiro.
Santa María Madalena de Sárria gozóu da protección papal que concedéu buldas establecendo bens espirituñais ( indulxenzas, mesmo as que se gañaban en Roma ). A mediados do século XI era prioiro perpetuo frei Álvaro Pérez de Sárria, que gozaba de numerosos bens raíces e rendas.
A orde dos "Madalenos" perdéu a súa independenza sendo obxecto de redución e reforma, pasano a estar integrada na Regular Ouservanza da Orde de Santo Agostiño , da provincia de España, como consecuencia de mandato papal e de Felipe II , sendo destituído o prioiro de todos os seus dereitos e bens, con intervención do vigairo diocesán de Lugo, por delegación do bispo, e co auxilio do meiriño e Xustiza da vila de Sárria, e así o 6 de xaneiro de 1568 entróu en funcións o novo prioiro sometido á obediencia da nova Orde e ao seu xeral residente en Castela.
Como Covento de Santo Agostiño estiveron comunidades relixiosas até o tempo da Desamortización e en 1836, botados fora do mosteiro, todos os bens e rendas pasaron a ser Bens Nacionáis , que foron enaxenados e adquiridos por diversos particulares, A igrexa mntivo a súa función e o mosteiro pasóu a mans do Concello de Sárria , que establecéu ali o Cárcere, e moitos veciños da vila ocuparon espazos do edificio , que foi obxecto de roubo de materiáis quedando en estado ruinoso.
O Concello devolveulle o edificio ao Estado e este cedeullo ao Bispo de Lugo, para que establecese nel unha Comunidade relixiosa. Os Agostiños " filipenses" renunciaron á restauración á vista do mal estado xeral da Casa.
Ofrecido á Orde da Mercé , no ano 1896 a vida relixiosa pasóu a estar presente cunha Comunidade de frades moi novos que tiveron que facer grandes obras para facer habitable aquela ruina.
***********************************
A PRESENZA MERCEDARIA VISTA POR RELIXIOSOS MEMBROS DE COMUNIDADE SARRIÁS
RESTAURACIÓN DA MERCÉ EN ESPAÑA.- CEN ANOS DA PROVINCIA DE CASTELA 1881-1981
FREI GONZALO RUIZ ( Edita Revista Estudios. Madrid,1981 )
2.- ENCOMENDA DA MERCÉ DE SÁRRIA
" Negociacións do P. Buenaventura Boneta Astiazarán.- Nos primeiros días de outubro de 1895 o P. Boneta acompañado polo entón bispo da diocese de Lugo, Bieito Murúa , visita o antigo convento de agostiños de Sárria. Na carta do mencionado bispo de 1 de xaneiro do ano 1896 di " ao marchar de aquí vino a Vde, moi desanimado para fundar en Sárria, sen dúbida polas dificultades que se presenta e o ruinoso estado do edificio". O P. Boneta vía dificultades pois non cabía nin pensar que llo cedesen "gratis et amore " as terras do circundo do convento para horta e esparcimento da Comunidade, posteriormente este padre pensóu na fórmula do arrendo.
Sendo alcalde de Sárria D. Camilo Gonález Cabarcos, o 27 de xaneiro de 1896 despóis dunha movida sesión, acordouse poñer ao dispor do Sr. Bispo, " ao expresado fin os cuartos que ocupa actualmente o cárcere" Concedeuse gratuitamente ao convento o usufruto do bosque por D. Evaristo Gayoso e a chamada " Horta de Arriba" por D, Casiano Batallón.
Chegada dos Mercedarios a Sárria,.- O día 2 de agosto do ano 1896 chegaron os primeiros frades mercedarios a Sárria, procedentes da Comunidade de Poio. Na estación de Ferrocarril nhoubo un grandioso recibimento con música e bombas e parece ser que o pobo quedóu un pouco desilusionado ao veren que niugún dos frades alcanzaba os 26 anos de edade. Entre estes relixiosos había carpinteiros, canteiros , cerralleiros, etc,, dous deles chegarían a seren bispos e todos notables polas súas calidades humanas e relixiosas.
Compraron madeira por valor de 20.000 pesetas e o pobo de Sárria volcouse a traballar cos frades no restauro das dependenzas do convento.
Padre Antonio Hortas.- Primeiro Comendador.- Foi primeiro Comendador o P.Antonio Hortas. E os máis notables benfeitores foron Cocepción de Ulloa e Camilo G. Vaamonde.
Durante a II República a Comunidade pasóu por serios e difíciles trances. Os postulantes foron repartidos por varias casas e en 1936 estiveron a punto de se trasladaron a Portugal.
No trascurso da Guerra Civil o convento convertiuse en cuartel.
A Comunidade Mercedaria de Sárria desde 1932.- Na revista " La Merced· de 1933 fálase amplamente do primeiro cincuentenario da Restauración da Provincia de Castela e polo tanto da Comunidade de Sárria.
En xaneiro de 1932 na Comunidade de Sárria había nove relixiosos:
- P. FERNANDO DÍEZ, COMENDADOR
- P. SEVERINO VEGA , VIGAIRO
- P. LOURENZO DE SANTAMARÍA, MESTRE DE NOVICIOS
- P. EMILIO SILVA, MESTRE DE POSTULANTES
- P. CARLOS CARNEVALI
- P , FIZ CADAVEIRA
- P. XOSÉ MARÍA VALLEJO
- FR. XOSÉ PRIETO
. FR. PEDRO ARMENGOL RODRÍGUEZ
Como se ve , a Comunidade tiña ao seu cargo a formación de postulantes e novicios. O apostolado na Parroquia de San Salvador era unha das tarefas que con máis ilusión atendín os relixiosos. Por outra parte facíase un grande labor nas parroquias veciñas ás que os mercedarios ían pregar e confesor. A V.O.T. cobróu grande pulo nestes anos e nos sucesivos.
TRIENIO 1936-1939.-É nomeado Comendador o P. DANIEL VÁZQUEZ e Mestre de postulantes o P. MANUEL CARRERA, O Noviciado fora trasladado a Verín durante o trienio anterior,
TRIENIO 1939-1942.- O P. XOSÉ MARÍA VALLEJO toma posesión do seu cargo de comendador o día 12 de agosto de 1939, Son anos moi difñiciles e polo que se ve nas Crónicas da comunidadeo P. Vallejo tratóu de que tanto os frades como os postuñantes tivesen unha mellor alimentación e servizo de comedor máis esmerado, Ao mesmo tempo deuse un grande pulo ao culto na nosa igrexa da Nosa Señora da Mercé e á formación dos postulantes, tanto na súa parte académica como na espiritual, melloróu sensiblemente , En 1942 foi nomeado Mestre de postulantes o P. Amadeo Fernández Ferreiro.
TRIENIO 1942-1942.- É nomeado Comendador o P. XOSÉ SANTIAGO CASTRO POZO, Para Mestre de Postulantes ven o P. Xosé Bieito González Blanco .
Por estes anos cobra un grande esplendor a CATEQUESE dos nenos da que era Direitor o P. Carlos Silva de Castro. Chégase a editar unha revista titulada " La Cadenita de Oro" , cuxo primeiro número foi repartido en xaneiro de 1944, A súa finalidade era a catequese e a Orde Terceira .
TRIENIO 1945.1948.- O P. AMADEO GONZÁLEZ FERREIROS é elexido para o cargo de Comendador no 1945, O P. Xosé Bieito González Blanco continúa un trienio máis no difícil e fermoso labor da formación dos postulantes, é o P. Mestre,
A Comunidade continúa as súas tarefas habituáis e auméntase a actividade na Orde Terceira e Confradería da Mercé.
TRIENIO 1948.1951.- O día 13 de xaneiro de 1948 toma posesión do seu cargo de Comendador desta Encomendao P. MANUEL CARRERA QUEIMALIÑOS, Fora elexido para o dito cargo no Capitulo Provincial celebrado en Herencia, No mesmo Capítulo foi elexido para outro trienio como Mestre de Postulantes de Sárria o P. Xosé Bieito González Blanco.
TRIENIO 1951- 1954.- O día 19 de xullo de 1951 chega a Sárria o P. RICARDO SANLÉS para se facer cargo da direción desta Comunidade en calidade de Comendador, Será nomeado tamén Cura Ecónomo da parroquia de San Salvador . O P. Severino Vega morrerí en setembro deste ano. Para Mestre de Postulantes é nomeado o P. Benxamín Fernández Villar.
TRIENIO 1954.1957.- O 15 de agosto toma posesión do seu cargo de Comendador desta Comunidade bo P, XOSÉ GONZÁLEZ ROIS, Días máis tarde será presentado ao Sr, Bispo da Diocese para que o nomee Cura Ecónomo de San Salvador, O P. Felioe Blanco Vaz é o novo P. Mestre de Postulantes,
TRIENIO 1957-1960.- O día 16 de xullo toma posesión do seu cargo de Comendador o P. BENXAMÍN FERNÁNDEZ VILLAR . E o día 15 de agosto faino como Cura Ecónomo de San Salvador . Para o cargo de P. Mestre de postulantes é elexido o P. Luis Barreiro Suárez. No mes de abril de 1958 ocupa o cargo de Mestre de Postulantes o P. Modesto Vaca,
Durante este trienio , concretamente o día 10 de agosto de 1959 inaugúrasw un Pavillón recén constuido . Estrema a Leste co edificio antigo ( Igrexa e Postulantado ) .Este Pavillón será , durante 10 anos, o Postulantado Central da Provincia de Castela. No 1970 transformarse en aulas do novo colexio " La Merced". E os postulantes pasarían a ocupar a ala Norte do Convento antigo totalmente anovado,
TRIENIO 1960-1963.- O P. XOÁN GINZO CARRO é nomeado Comendador desta Comunidade . Como P. Mestre ven o P. Xosé EStévez Iglesias, que xa era conventual en Sárria, E o P. Benjamín Fernández Villar continúa sendo párroco de San Salvador .
En xullo de 1960 celebrárase o Capitulo Provincial de Castela en Sárria.
Entre os anos 1960 e 1966 houbo noviciado para irmáns Cooperadores , sendo o seu mestre o P. Antonio Estévez.
TRIENIO 1963.1966,- O P. ANTONIO LEAL REQUEJO é o novo Comendador de Sárria para este trienio. É tamén nomeado párroco de San Salvador, Para o cargo de Mestre de Postulantes é elexido o P. Perfeto Fondevila Penas, por renucia do P. Xosé Estévez, É nomeado axudante do Mestre o P. Luis Vázquez Fernández, A partir do ano 1964 relévao o P. Gonzalo Ruíz Maiezkurrena , pois o P. Luis Vázquez trasládase a Madrid para cursar " comúns" na Universidade Central . No ano 1965o P, Xosé Amable Suárez Velasco sustitúe ao P. Fondevila no cargo de P. Mestre de Postulantes.
CUATRIENIO 1966-1970.- O P. XOSÉ ESTÉVEZ IGLESIAS pasa a ocupar o cargo de Comendador durante este trienio que logo resultaría cuatrienio. O P. Gonzalo Ruiz Mariezkurrena é nomeado P. Mestre de Postulantes para o mesmo periodo de tempo. Párroco de San Salvador é desde agosto de 1966 o P. Modesto Martínez Fernández..
En agosto de 1967 visita este convento o entón Ministro de Información e Turismo D. Manuel Fraga Iribarne. Por medio del consíguese unha subvención para facer obras no Claustro de Arriba e na Igrexa ,
O dous de outubro de 1967 inaugúrase oficialmente o Colexio para externos . Durante o curso 1967.68 matriculasen 30 alumnos para 1º de Bacharelato e 36 para Ingreso.Os postulantes cursaban 3º, 4º y 5º de Bacharelato e eran en total 147.
Durante este ano fixéronse varias visitas ao Sr, Bispo da Diocese para tratar da construción dunha nova igrexa no val . Sempre se achóu oposición por parte do Prelado. Máis tarde , vendo a imposibilidade da nova Igrexa, inténtase solucionar ampliando a Capela de San Lázaro . Proxecto que tamén fracasa, añinda que nesta ocasión non se topa coa Diocese senón cunha familia que ten certos dereitos riba da dita capela,
En 1968 comezan as obras na frenteira Norte do Convento . Estas obras remataron para o curso 1970-71 . Aquí veñen os postulantes - 175 - onde contan con dormitorios , capela , sala de estudos , comedor, etc.As aulas para as clases fixéronse nos dormitorios do postulantado inaugurado en 1959.
TRIENIO 1970-1973.- O P. XOSÉ ESTÉVEZ é reelexido para o cargo de Comendador. P. Mestre de postulantes é o P. Eduardo Prieto Bouso e Párroco de San Salvador é nomeadom o P. Felipe Blanco Vaz.
Durante estes tres anos levouse a cabo unha grande tarefa de restauro da Igrexa de San Salvador. Tamén se adecentan as capelas de San Lázaro e San Martiño de Requeixo, O P. Felipe é o grande artífice destas obras.
TRIENIO 1973-1976,- O P. XOSÉ GÓMEZ GONZÁLEZ é nomeado Comendador desta Comunidade de Sárria. Mestre de Postulantes pasa a ser o P. Mateo Alonso. O P. Felipe Blanco continúa de Párroco de San Salvador e o P. Rafael Blanco Sahagún é nomeado Direitor Técnico do Colexio.
O 27 de agosto de 1975 o Ministerio de Educación e Ciencia autoriza impartir as clases de primeiro curso de Bacharelato Unificado e Polivalente.
TRIENIO 1976-1979 .- Noméase Comendador de Sárria ao P. GONZALO RUIZ MARIEZCURRENA , Mestre de Postulantes é o P. Xosé Boullosa Canda, De Párroco de San Salvador continúa o P. Felipe Blanco Vaz. O P- Rafael Blanco Sahagún segue sendo Direitor Técnico do Colexio. No comezo do curso 1977-78 ven a desempeñar o cargo de Direitor Técnico do Colexio o P. Luis Xaime Solla Fontán, que é Definidor Provincial.
TRIENIO 1972-1982.- Despóis do Capítulo Provincial celebrado en Poio en xullo de 1979 volve a ser nomeado para Comendador de Sárria o P. GONZALO RUIZ. O cargo de P. Mestre de Postulantes desempéñao o P. Eduardo Prieto Bouso, Para Pàrroco de San Salvador é nomeado o P . Xosé González Cid. O P. Luis Solla Fontán continúa de Direitor Técnico do Colexio.
Ao rematar o curso escolar 1979-1980 decídese e inícianse as tramitacións para pechar o Colexio de Bacharelato Unificado e Polivalente, que levz o nome de " Colexio Padre Severino". De feito con este curso actual 1980-1981 dase o peche definitivo ao dito Colexio , Queda o Colexio " A Mercé" para Preescolar e Educación Xeral Básica.
O peche progresivo do B.U.P. trai consigo o remate dunha faceta importantísima deste Convento de Sárria : Sárria deixa de ser Postulantado maior, Agora inténtase facer un Postulantado Menor a nivel de 6º, 7º e 8º de Educación Xeral Básica. Que Deus e a Nosa Nai da Mercé nos alumeen tamén nesta nova etapa de promoción vocacional.
SERIE DOS COMENDADORES DE SÁRRIA
1,- P. ANTONIO HORTAS CALVO................................... 1896-1899
2,- P, INOCENCIO LÓPEZ SANTAMARÍA.......................1899-1906
3.- P, PEDRO PASCUAL MIGUEL MARTÍNEZ.................1906.-1907
4.- P. NOLASCO GAITE SÁNCHEZ...................................1907-1914
5.- P. MIGUEL LÓPEZ FERNÁNDEZ...................................1914-1918
6.- P. SEVERINO VEGA CID.................................................1918-1921
7.- P. ANTONIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ.......................1921.1924
8.- P. SEVERINO VEGA CID.................................................1924.-1930
9.- P. FERNANDO DÍEZ PÉREZ,.......................................1930-1933
10.- .P. DANIEL VÁZQUEZ RODRÍGUEZ...........................1933-1939
11.- P- XOSÉ M. VALLEJO ÁLVAREZ,................................1939-1942
12.- P. XOSÉ S. CRESPO POZO.............................................1942-1945
13.- P. AMADEO GONZÁLEZ FERREIROS.........................1945-1948
14.- P. MANUEL CARRERA QUEIMALIÑOS.......................1948-1951
15,- P. RICARDO SANLÉS MARTÍNEZ................................1951-1954
16.- P. XOSÉ GONZÁLEZ ROIS.............................................1954-1957
17.- P, BENJAMÍN FERNÁNDEZ VILLAR.............................1957-1960
18.- P. XOÁN GINZO CARRO..................................................1960-1963
19.- P. ANTONIO LEAL REQUEJO...........................................1963-1966
20.- P. XOSÉ ESTÉVEZ IGLESIAS...........................................1966-1973
21,. P. XOSÉ GÓMEZ GONZÁLEZ............................................1973-1976
22.- P. GONZALO RUIZ MARIEZCURRENA............................1976.
*************************************************************************
O CONVENTO DE SÁRRIA
O que foi educado toda a súa carreira no paraíso de Poio - paraíso de panorama e de convento- experimenta un choque inevitable e pouco agradable ao chegar ao clima máis duro e paisaxe máis fosca da maior parte da provincia de Lugo, sen excluir o inmenso e produtivo val do Sárria. Son poucos - se os hai - os que emigran ás serras e altiplanicies de Ourense e Lugo , e tamén da Coruña e Pontevedra , dende a beira do mar ; moitos os que daquelas van para as rías como a un rico e atraínte Novo Mundo.
Ao chegar a Sárria comprendín rápidamente porque o sinxelo Frei Lourenzo Peña se subira saudoso á torre de certa residencia , dende a que miraba cara Galicia e cara o seu querido Poio. Poio, nos anos nos que eu o coñecín , foi un auténtico convento , E quixera subraiar duplamente a palabra , para poñer de relevo o seu siñificado corporal e espiritual . Era tamén un fogar: viviase dentro e cara dentro , coas naturáis e sas proxecións cara os irmáns do mundo. Até arquitectónicamente todo foi disposto así hai séculos por aqueles monxes bieitos , que pouco se fixaban nas paredes de fora , e moito nos claustros, patios, fontes, xardíns e hortos, que eran as súas avenidas , os seu paseos , os seus espectáculos e todo o seu san esparcimento: " Omnis gloria ejus ab intus" ( " Toda a súa beleza é interior" ).
En Sárria era ao revés. Chegabades á frenteira e encontrabadesvos cun xardinciño de aspiracións burguesas , columnas, escudo, aguia, inscricións ; unha destas mirando ao poñente dicía." Ignatius Cachafeiro faciebat". Por tras desa epiderme ben coidada un patio desnivelado e cheirento , roñoso de chan e de costados , e outro corpo cun claustro de paredes de anacos de pizarra sen capa de argamasa e unha soleira de coios para crucificar os pés. A horta daquela a penas existía ; un anaquiño de terra tras da cociña cara o norte , sombreado e aínda conxeado unha boa parte do ano. Con ser todo isto , con outros detalles do convento, encolledor dabondo para o que ía a Poio, non sería, porén , motivo suficiente para se subir á torre. Pois á fin de contas somos os sucesores do humildìsima chafarica de Nazaret. Mais Nazarte era inmensamnete máis que unha pobre casoupa : era tres corazóns irradiando todo ben e amabilidade uns para os outros . Unha familia e un fogar unnánime e concorde, En Sárria había poucos padres . Un cos seus cinco ou seis novicios. Outro cun fatiño de postulantes. Levaban a súa vida nos seus segredos hábitos. O Comendador era tamén párroco de San Salvador , e vivía case sempre fora do convento en servizos parroquiáis e asisetnzas a outras parroquias . Poucas veces o tiñamos á mesa e recreos. Había outro padre máis que saía bastante a pregar . Agás despóis de cear , non había con quen se expansionar nin onde tomar o ar á hora do recreo, a única libre despois de tantas clases, pois o lugar estaba ocupado. No tempo bon xa era outra cousa. No mesmo recreo dos dous `padres , cando non quedabas só, moitas conversas producían tanta soidade como a soidade. Porque todo xiraba darredor dos López, dos Pérez, da Manuela, o tío Xoán, cuxas persoas e vidas Vde, descoñecía en absoluto. Estilo residencia volcada en e para o mundo.
Grazas ao Señor : chegóu pronto o bon P. Henrique Fernández, compañeiro de curso en toda a carreira , e xa poidemos xogar a coristado de Poio falando, proxectando e investigando, e saíndo de paseo, Aína que, a dicir verdade, qudábanos moi pouco tempo libre. Estivo pouco tempo, pois aos poucos meses no ano 1926 abriuse a casa de Lequeito e aló o enviaron. Mandáranos o P. Manuel Cereijo, provincial, que intensificaramos e puxeramos ao corrente as clases de humanidades para a boa formación daqueles nenos. Isto era moi difñicil para un par de novatos, a quen non se lles recoñecía poder algún para facermos un programa e unha distribución ,O comendador de entón tivo sempre como norma non meterse en nada de goberno; É un xeroglífico equivalente a non deixar facer algo aos que queren facer algo. O P. Serratosa, que chegóu pronto, creo que lle daba a mesma interpretación. E experimentouno nas súas carnes , cando falóu un domingo de cuaresma con palabras dignas e evanxélicas duhna parodia pública e gravemente irrespetuosa da litturxia catóñica. Malia ser un doutor de peso, ter sido tres veces provincial de Castela e ter toda a razón, díxoselle como a un rapaz. " Non se mesta neso".
Grazas a Deus e para o ben dos estudos era provincial o P.Manuel Cereijo, e estaba en Poio o P. Guillerme, a quen o padre provincial seguía como discípulo. Cada remesa de libros dos máis imprescindibles - gramáticas, dicionarios, etc.- requería fatigas de campeonato , e por fin case sempre un consello do P.Guillerme. Con este motivo comecéi a coñecer outra faceta case inédita para min deste querido mestre; as súas cartas. ¡ Que parvada máis grande fixe, cando imitándoo a el, rompín máis adiante moitas que conservaba !. Algunhas en latín , pois gostaba exercitarse de cando en vez. Volveremos encol desto . As súas intervencións eran rápidas e eficaces eos paquetes chegaban axiña , aínda que as primeiras facturas foron desbotadas co xesto de " perezas ti e todos os teus libros, Ao chegar a visita provincial, o P.Cereijo, que era un anxo, creeu que xa non habería máis dificultades nomeando un reitor de estudos con todas as atribucións, Como el era provincial , iso abondaba para que as cousas fosen máis á presa.
O convento de Sárria fora dos agostiños. Expulsados no século pasado, axiña se arruinóu na súa maior parte. Aigrexa era un verdadeiro enterramento de fidalgos e xente notable, cuxos sepulcros desapareceron en bon número ao acondicionala para o culto de hoxe., Non hai dúbida que os ditos seplucros aumentaron a distinción artística do templo , como se pode apreciar en algúns "superviventes" . O que está no lado da Epistola no presbiterio é dun coengo da familia Guitián , " mestrescola que foi de Ourens", A comunidade que foi restauralo , era filla do convento de Poio. Até a chegada daqueles primeiros relixiosos houbo dificultades, aínda que sen as angurias da ida a Poi dende Conxo, onde empurraban os déspotas invesores. Aquí en Sárria todo foi bon siso , caridade e boa vontade de parte do bon bispo D, Bieito Murúa. " É un caso senlleiro de penetración . observa xustamente o infatigable historiador P, Gilabert Castro -, do bispo Murúa e o P. Boneta , dúas persoas perfectamente sintonizasa , que parece adiviñaban e confirmaban mutuamente os seus pensamemtos" . Todo achaiado, aínda que só co pequeno tallo de terra pegado ao convento ao que aludimos e boas promesas de xente razoable e formal, que as cumoriu , saiu de Poio para Sárria en agisto de 1896 unha expedición de frades obreiros , a cuxa fronte ían os padres Pascual Miguel e Luis Suáre, composta dalgúns coristas e irmánsm entre eles o subdiácono Fr, Inocencio López Santamaría, que cantaría misa un ano despóis e sería xeral e bispo . Estaban xa en Sárria o primeiro comendador , P. Antonio Hortas e o irmán Fr, Ramón Fernández, Puxeron mans á obra, e a actividade senvolvida en nada desmerecéu do que se acababa de facer en Poio . Cunha diferenza a favor do mérito daqueles bons peóns : a falta dun horto acolledor e a crueza do clima. Teño ouvido falar a bastantes daqueles herois e maxino sen dificultade os sufrimentos nun convento escanastrado e durmindo riba de palla no chan. Cando eu cheguéi a Sárria xa estaban lucidas as parede , ceo raso aínda que dondo baixo das lousas do tellado deminuía as durísimas irradiacións da friaxe, había vidros nas fiestras ; e porén había que romper cos cotovelos o xeo da palangana para se lavar. Despóis era inefable estar na cela, sen aquecedor ningún, preparando as clases e facendo outras cousas a dous, tres e máis graos baixo cero. A saúde arruinouse naturalmente, Mais, " o que non foi tentado, ¿ que sabe ?", di o Kempis, Eles mesmos me falaron da ementa máis frecuente, touciño moi fresco e case sen curar, ¡ aínda en bastantes ceas !, Cebaban porcos e matábanos en calquera época do ano para engraxar o caldo e outras cousas, pois non había diñeiro para viandas máis hixiénicas. Case todo ía para o restauro do convento e da igrexa, Había débedas que abafaban e pasábase mal,. Había virtude e fidelidade ás régoas, e o Señor aquecía os corazóns. Algúns estómagos resentironse. Da boca do P. Serratosa, que chegóu a Sárria en outubro de 1898, puiden ouvir algunhas heroicidades, e a elas con graza alude nun admirable artigo, onde dí que "facía como que comía" , mentres o P. Bóveda extrañadísimo non quitaba os seus ollos da súa testa, porque algúns cabelos dela non eran amigos da igualdade.. As boas almas que axudaron moitas veces e con discreción evanxélica a saír de apuros , estàn recordada con agradecemento entrañable polo P. Inocencio, comendador de Sárria despóis do P. Antonio Hortas.
Hai unhas liñas no meritísimo do P. Gilabert Castro, que deben copiarse aquí, pois son un fermoso premio coroa para os peóns da restauración , ao mesmo tempo que espertan a gratitude dos vindeiros edifícaos e orienta: " a restauración de Poio e Sárria no que se traballóu de firme e pasouse moi mal, pero alegremente, Non saben os que non o teñan gustado o saboroso que é o sacrificio e canto beneficioso é para o corpo e para o espìritu o traballo material, que desexaría ver como unha das asinaturas da carreira",
OS IRMÁNS DE SÁRRIA
En Sárria achéi naquela ocasión catro irmán : Fr. Ricardo Diéguez, Fr, Xosé Prieto, Fr, Ramón Lago Parrado e Fr, Euxenio Alonso, Todos con esa cara de tranquilidade que dan o traballo e a boa conciencia,Fr.. Ricardo, obreiro de primeira hora en Sárria, é citado con eloxio polo Rvmo. P. Inocencio como colaborador seu na encomenda de Sárria.. Xa canso e eivado seguía a traballar moito e sendo un relixioso exemplar e bondadoso, Pouco puiden tratalo. Fr. Ramón Lago era unha alma boa de verdade, Ingresara na Orde había tres anos, cando xa ía cumprir os corenta . Tiña as maneiras maduras dun puro e venerable ancián , Sorriso tranquilo e santo, presenza de Deus intensa, caritativo con entrañable mansedume para os sans e enfermos, fervorosísimo e con moitas habilidades para toda clas de traballos. Estaba de sancristán e poñía todo o seu ser ao servizo dun culto limpo e variado, ¡ Canto traballaba nas festas para que a xente quedase contenta !, Se cria que vos faltara en algo, era encantador pedíndonos perdón de xeonllos. Mais nada de artificio . Entróu xa moi formado e sumamente equilibrado , Vistoo que lle pasóu nas matanzas de 1936, un convéncese que o Señor estábao preparando a pasos axigantados para escollelo como vítima moi agradable. Fr. Xosé Prieto queríao moito e estaba volcando no recén profeso o seu espiritu de principe , como Elías en Eliseo. Fr, Xosé axudaba a Fr,. Ramón en todo o que podía e Fr, Ramón a Fr. Xosé. Este encomendoulle moitas veces os doentes , e os que fumos obxectos da súa caridade gardamos unha imaxe imborrable daquel venerable anxo. Os dous anos xustos que estiven por primeira vez en Sárria eu tiña o andazo e fortes brnquites en cadea, con temperaturas de 40. A cela era a máis fría das de profesos, padres e irmáns, e ademáis moi mollada en tempo de choiva. Calor de febre con eses graos e ambiente baixo cero era para morrer , se non foran os 24 anos e os designios do Señor. Ademáis andabamos desabrigadísimos. Nin chaleque , nin xerséi , nin camiseta de la nin capa. Nunha visita , o médico D, Pedro Saco , irmán do padre Henrique Saco , que tremía de frío ao entrar na miña cela , dixo malhumorado , " agardaSe non sacan deste cuarto a este padre, é inútil que eu volva " . Na morna frenteira do mediodia creo que había unhas sete celas vacas agardando a chegada de hipotéticos visitantes : bispo, segredario, xeral, provincial, pregador de novenas, eventuáis hóspedes , etc,, todos tiñan os seus lugares a punto, A unha me trasladaron á fin, cando a segunda primavera estaba adiantada , e foi un verdadeiro tránsito de " morte ad vitam". Fr. Xosé e Fr, Ramón foron nais para min nesas ocasións, Aínda tiven un último golpe, xa sendo habitante do mediodía , na novena de Pentecostés do ano 27, efecto das frecuentes crises pasadas e mal curadas. Sen enfermaría axeitada , prevista nas Constitucións , ¡ que terribles son as convalecencias neses conventos !. Erguédesvos sen sangue, sen forzas , sen experiencia , e tedes que soportar un ambiente de xélido polo, sen terdes onde quentarvos. As consecuencias non se fan agardar: a recaída. Naquela ocasión da pascua de Pentcostés facíaseme duro deixar de celebrar . Díxenllo a Fr, Xosé e Fr, Ramón . Parecéu boa a hora das nove . Avisáronme , e prsentindo algo agardaron a miña saída da cela no corredor Dúas ou tres horas despóis comecéi a recuperar o coñecemento na cama. Non souben o que me pasara entrementres me vespía , mais os dous anxos recolleranme do chan , e ali estaba Fr. Ramón , cando abrín os ollos , co seu mellor sorriso.
Fr. Ramón sentía unha avidez inmensa por coñecer os camiños de Deus . Nin que fora unha espia soviética tratando de roubar os secretos atómicos. En todas as conversas, con naturalidade e humildade edificante s, preguntaba coa súa voz ascéticamente velada como se facía oración, como se arranxarían os santos para seren de tal maneira, e mil cousas máis , porque tíñase sinceramente por retrasado, e quería aproveitar o tempo. E ouvía con gusto e edificación canto lle dicían, sen astreverse a opinar, pois as súas preguntas fixéraas sen sombra de vaidade espiritual dabondo frecuente nalgúns devotos. E conste que era moi intelixente.
Aqueles irmáns herdaran a patente dos de Poio , e o seu xeito de vida era igual: os máis asiduos aos actos de comunidade , traballadores incansables, goberneiros como a mellor nai de familia. Rezaban tamén pola noite todos os viacrucis , facían as súas visitas ao Santísimo, e Este gardaba corazóns para que sempre estivesen en paz e repartindo gozo.
Ao querido e bon Fr, LUIS DA COBA , a quen se chamóu con frecuencia Fr, Luis de Sárria por estar ali tantos anosm non puiden tratalo entón , pois ao día seguinte de chegar eu a Sárria saía el destinado para Madrid na compaña do P. Saco que acababa o seu habitual veraneo. Máis adiante converséi moito con el , grande amigo e celestial conselleiro. Fr, Luis foi un dos delicados agasallos da bondade divina á Orde da Mercé. Vivia sempre decididamente disparado caara o ceo. E esta incesante e rapidísima perforación en directo do éter levábao a cabo con poucas forzas e sempre achacoso. Quere isto dicir para o que tivese ollos para ver que outro o levaba, Amaba a Deus de todo corazón, e a súa oración era cada día con intensidade xamáis diminuida de vinte e catro hora , á que precederan milleiros de días multiplicados por outras vinte e catro, Afectadísimo até poñerse en angurias de morte por tremendas irritacións dos bronquos, que desecadernaban todo o seu corpo , el seguía co seu infindo rosario de xaculatorias incansable e intrépido, e antes crebaría unha máquina parlante do mellor aceiro de Suecia ca xigantesca vontade de Fr, Luis para invocar , aínda afogado, ao seu Pai e á súa Nai do ceo. Despóis de atender a súa sancristía e a súa xastrería, mentres puido, iba de tertulia con " Xesusiño" longas horas detrás do púlpito do evanxello: As benditas ánimas debían portarse con Fr. Luis como as innumerables do cuarto dunha checa , pois non o deixaban descansar , E con pulsacións desarranxadas e a máis de 110 e motísimos e ininterrumpidos golpes de tose m+, que crebaban calquer corazón en posesión de algo de tenrura , daba voltas e máis voltas á igrexa ofrecendo as indulxenzas de innumerables viacrucis polos defuntos até que xa lle parecía que os arrincara de alí. Se na outra vida hai homenaxes ao estilo do noso planeta, estóu convencido de que unha morea numerosísima de benaventurados lle ofrecerán agradecidos a grande cruz de ouro e diamantes por ter sido o funcionario máis benemérito do servizo de incendios.
Fr, Luis fixo moitísimo ben ás almas co seu santo exemplo e as súas santas conversas. Moitas ,sólidamente adheridas a Deus, dixeron que debían a súa perseverancia no bon camiño aos consellos e oracións de Fr, L, quis. Eu creo, con perdón de basatantes contraditores ou escépticos que din a verdade E creo tamén que moitas destas contradicións, ás veces con negra e ofensiva cara de galerna , foron efecto do seu incondicional apego ao seu Señor. O que queira beixar e beixe como íntimo a divina Cara de Xesús, sentirá nas súas tempas as picadas das espiñas da súa coroa. O que isto escribe débelle a Fr, Luis moito, moitísimo. O seu don de consello estaba moi enriba do humán, e asombraba a súa intuición e a súa precisión verbal para razoar a conduta de Deus cos homes e a dos homes con Deus, Varóns graves de boa vontade ( aos que eu coñezo ) eclesiásticos , civís, militares de todo grao acodicron a el , e sairon sempre mellorados e decididos a seguir polo estreito carreiro.
Teño máis que dicir de Fr. Luis , cecáis o mellor, pero parece que non é oportuno pregoalo até que el estexa no gozo celestial e eterno do seu amado Señor. Que "Xesusiño" abenzoe a Fr. Luis e o retribúa cento por cento por un todo o ben que me fixo coa súa santa vida, celestiáis conversas e o seu xesto repetido de grande e fiel amigo de abrirme de par en par os segredos do seu corazón. Deus, máis que no tempo do salmista, segue a ser admirable nos seus vivintes " Sancta Santorum".
Para cosolarse, para edificarse, para alabar a Deus sen cesat¡r había ademáis en Sárria algo moi bon; outro paisán da ourensana provincia de Fr, Luis e Fr. Ricardo, Refírome a un home da contextura patriarcal de Abrahán, Fr. Xosé Prieto, Unha vez máis un pensa asombrado e rebordado de gratitude nas finezas de Deus e da súa santísima Nai, que a unha provincia entón dunhas poucas ducias de relixiosos enviaron tal cantidade de bons irmáns, Porque é en verdade algo asombroso e que chamóu a atención de relixiosos ilustres e penetrantes doutras Ordes, que desxarían ter algo do moito que o ceo lle regalóu á Mercé.
Mais Fr, Xosé vive, E este ·mais" quere dicir , entre outras cousas, que lle desexo tantos anos de vida como os do campeón e deán Matusalén para edificación da Orde, que ten a dita de contalo entre os seus filloas, Hame perdoar , porén, unhas palabras, que son para min de obrigadísima gratitude, Por outra parte, non soe terse por impertinente un eloxio aquen o merece, aínda que viva, E grandes e prudentes santos e sabios pracicárono así , Léanse, por exemplo. Santo Agostiño, San Xeromeb, inumerables mensaxes dos papas, sen esqucer aqueles entrañables capitulos das epístolas das epístolas de San Paulo, onde con fogo sen igual agradece, saúda , reconta e louva os méritros dos seus amigos e colaboradores leáis, e chega a dicirlles algo inmemoriable : " os seus nomes están escritos no libro da Vida", E Deus ordea aos seus profetas : "dicite justo quoniam" ( Dicídelle da miña parte ao xusto que fai ben ). E o seu divino Fillo deu louvanzas aos que vía no bob camiño, " Xamáis en todo Israel vin fe como a deste home". "Ouh muller, que femáis grande a túa ! " " ¡ Moi ben, Simón Bar Ioana !, Eres un bendito, porque o meu pai revelouche cousas tan boas "," Esta casa, fillos meus - dicía Xesús aos compañeiros de Zaqueo - , é unha casa de benzón , porque Zaqueo é tamén un bon fillo de Abrahán " "Aquí tedes un auténtico israelita . dille a Natael. no que non hai simulación nin dobreces " . " ¿ Como me coñeces ? ". " Home vinte na figueira.
Eu tamén vin a Fr, Xosé baixo da figueira, e poido dicir del coa mellor palabra de cristián que é un estupendo relixioso mercedario , no que non hai engano nin simulación . Só hai simulación e evanxélico coidado para agochar o inmenso ben que fai , e por iso escapa só ao retiro e sombra da figueira. E algunhas das súas obras baixo da figueira eran estas. Erguíase antes que todos , e deitábase bastantes horas despóis de todos. Asistía a todos os actos de comunidade , e isto nel era heroico. Rezaba moito e ben , con humildade, recollemento e engorde, moi dobrado , de xeonllos e sen apoio, Eu non sei que comía : calquera sobra e do máis ordinario. Toda a economía do convento descansaba riba do seu forte carrelo . pois hai que aclarar que Fr, Xosé - matrícula de ascetas - tiña pola graza de Deus una forza e resistenza, extraordinarias. Ás veces resentíase, pero calaba e seguía na primeira liña, Fr. Luis , que o apreciaba moitísim, dicíame ao falar das obras dos bons relixiosos e ao chegar a Fr. Xosé . " Este home xa non lle é como os demáis. Elle extraordinario de todo. Non se encontra outro como el". Tiña toda a razón Fr. Luis,
Coidaba Fr, Xosé de todos os celeiros e todas as levaba ben, Antes de coñecelo , e tamén despóis, oin algunhas algunhas críticas , que o tldaban de pouco xeneroso. Mais ¿ quen é un pobre irmán , como o cociñeiro de calquera casa particular , para poder dar o que non lle dan. Está claro que era asunto dos que mandaban. E algún vice, con fitas de contable e tesoureiro, non facía máis que ffear m crendo cecáis que o puro ar daquel outeiro era unha panacea de todas as sustancias nutritivas, sobre todo para os nenos. Polo demáis, o admirable Fr. Xosé gozaba cando po. "ñían o suficiente ao seu dispor e lle dicían dese máis. El podería repetir , recollendo con dozura de pomba algunhas queixas, o que en certa ocasión ouvín de labres do bendito e caritativo Fr. Antoniño González, da mesma comarca de Fr. Xosé . " Chico, chico, fan falla cousas, e entón fanse cousas boas ". Vino sufrir , especialmante nos anos de escaseza ao acabar a guerra 1936-39 , con xesto de corazón ferido e maternal, por non poder dar o que desexaba, " Mire, padre. dicíame , ensinádomes as potas-, como teño que servir estas patacas. Van a media graxa ". E iso, que, para a nosa sorte, veu de comendador o xove P. Xosé María Vallejo, cuxa estratexia e movementos tácticos naquel crítico trienio do 39 ao 42 para multiplicar os pans e as materias das cartillas de racionamento son dignos funha grande política do oeste americano, Así, como exemplo, o arroz era entón tan precioso como a ambrosía dos deuses.. Tiñamos un pouco do noso celeiro. O P. Vallejo convidóu ás primeiras autoridades da provincia e deulles un bonito ágape no salón da biblioteca. O bocado de cardeal era unha estupenda paella, que os prsentes inxeriron triunfalmente. Aínda estban cos últimos grans na boca, cando a primeira autoridade da provincia lle dixo á primeira de abastos, tamén presente : " Home, isto ben merece algúns sacos de arroz para estes abnegados frades e nenos " Co correspondente lubricante , claro está, para que o boìsimo Fr, Xosé non voltase a repetir o da "media graxa". Semanas despóis non cabía en si de gozo, e andaba como a pobre viuvan favorecida cun río de aceite por Eliseo , buscando vasillas para trasvasr os grandes bidóns concedidos. , mais a e aprisionóu a tea, e a auga conxeouse axiña . Tiven que me retirar , deixandio alí o captivo , e voltéi para dicirlle a Fr, Xosé o acontecido. "SEnte aquí a car a iso do mediodía, lembraremos sempre a amabilidade de ón da cociña - díxome .-. e fervereille unpoucó café con leite para que reacione ". O captivo dos xeos polares chegóu moi axiña ás miñas mans moi limpo, grazas á súa santa dilixencia,
Os relixiosos que algunha vez debiamos coller o tren a iso do mediodía , lembraremos sempre a amabilidade de Fr. Xosé, que nos convidaba a comer antes : " Veña a tal hora". E servíanos de tal maneira como se tivera que estar pendente da inmediata comida de máis de medio cento, Á volta da viaxe todo estaba acolledor na cela, grazas a Fr, Xosé : varrida, a cama feita, a auga na xarra, E o máis acolledor era el mesmo. Abrazábanos con santo cariño e alegría e levantábanos unha cuarta do solo , por suposto sen romper as costelas. Cando iamos a algún enterro ou funeral de hora tardía, se volviamos a comer , por tarde que fose, alí estaba agadándonos . Fr, Xosé, ás veces descabezando unha soneca riba dun estreito banco,
Nas horas "libres" cavaba a horta, levaba o esterco das cortesm sementaba, plantaba , recollía. Coidaba moi ben dos animáis, que o querían e respeitaban como ao mellor benfeitor. Recordo dous episodios significativos ocorridos anos adiante do 27 no citado trienio da paella. Había unha porca, animal extraordinario en lonxitude e altura. . Fr, Anxo , irmán de Fr, Ricardo Diéguez, retiroulle con coidado un dos recoquiños , ao que lle tocara en sorte un teto seco para darlle o biberón. A nai, ao sentir os agudos gruñidos do pequeno , foi tras de Fr. Anxo , que tropezóu no patio perto da traseira da cociña e caéu. Algo moi desagradable e sanguento poidera acontecer , de non acodir correndo Fr. Xosé aos berros de socorro de Fr, Anxo que xa tiña a fera riba del e non se podía mover. O animal , en posesión de forzas contra unha ducia , retirouse manseliño ao ver ao seu amigo. Noutra ocasión, tempo da matalota, tocóulle ao dito animal, Ali estaban na corte á miña vista catro ou cinco homes co Sr. Antón da Veiga, o animal de pé no medio coa inmobil tranquilidade dun elefante. Era imposible deitalo pola forza. Niguén se astrevía. Téñase en conta que pesóu despóis máis de trescentos quilos . Houbo que chamar Fr. Xosé , que estaba na cociña, e só se rendiu o animal á donda invitación do seu benfeitor. Despóius retirouse . pois sufría vendo matar aos seus animaliños.
Se había traballos extraordinarios por mor de festas ou grandes faenas , Fr, Xosé alongaba de maneira alar,mante as horas de vela con traballo, e despóis, como non valía a pena ir á cama por tan pouco tempo, botábase riba dun banco, ¡ e durmía. !
Se tiñamos festas cos nenos da catequese , Fr. Xosé aceptaba con cara de santo a tarefa de preparar chocolate para centos de nenos.
Se chegaba un hóspede, Fr. Xosé ía a limpar o cjarto e facer a cama. E encotraba tempo para facer iso todos os días da permanenza do hóspede.
Se o sancristán quería repenique de campás , Fr. Xosé ía á torre , como se fose o único morador do convento.
Se Fr. Xo´se, se nalgunha visita á súa terra , tiña que baixar polas abas do Sil para voltar a Sárria, ía a pé até Monforte.
¿ Quen viu nel, especialmente os superiores, un xesto de desagrado, de inquedanza , de resentemento por calquera orde recibida ?. ¿ Que sacerdote non se viu venerado, atendido e respeitado por el como outro Cristo ?.
Fr. Xosé facía todas estas cousas con equilibrio de alma dif´ñicilmente igualable. Por iso na súa presenza víase calmar todo . Unha cara, refrexo da máis pura e tranquila conciencia. As persoas de fora , que chegaron a coñecelo, malia da súa vida retrída, admirábano con gozo visible. Até os pobres tolos o querían ben. Houbo unha tempada na que atendéu a portería antes que a cociña. Entre os alienados que acudían á porta , había un inofensivo dabondo , coñecido por " Guisalle". Todos os días acodía Fr. Xosé á súa chamada cun anaco de pan con carne. Un día faltaba o segundo elemento , e Guisalle miróu simpàticamente suplicante para Fr. Xosé, ensinádolle o anaco de pan. . " ¿ E a freba ? ". Fr. Xosé inmediatamente viviu contento. Falaba con el sen presas e sorrindo , e o pobre Guiññade expansionábase : " Hoxe - díxolle un día a Fr. Xosé- quero comer con Vostedes a mesa e mantéis". E ao remate de cada frase botaba tres hu, hu, hu con timbre de frauta. Un día no que Fr. Xosé sostiña , pola súa excesiva caridade, unha conversa con Guisalle, notóu que este revolvía dabondo os ombreiros baixo da súa pobre e quizáis poboada roupa. " ¡ Estate quieto , Guisalle !", advertiulle Fr. Xosé ríalle todas as súas saídas con entrañas cristiás, o bon Guisalle queríao cada vez máis. Vese que, ademáis de estupendo mercedario, habería sido un avantaxado compañeiro do noso Venerable P. Gilabert.
Non quero ferir máis a súa modestia, por se isto chega ás súas mans. Mais sinto a impresión de non ter posto de relevo case ningún dos moitísimos dons cos que Deus o enriqueceu : cousa difícil, por outra parte, poque todo o facía con tanta sinxeleza e con unha humildade tan irreflexiva e verdadeiran que nin xiquer nela vibraban as notas de autodesprezo que deixaban ouvir outros grandes varóns de Deus, movidos de santo nerviosismo. Se alguén quere saber como se gardan os votos de Nazaret e como se practican sen ganga as virtudes cristiás, faga por vivir unha tempada con Fr. Xosé. E se o consegue, cure ben a vista até chegar ao grao do evanxélico " ollo sinxelo". Cecáis regrese tan acontecido como Antonio de Exipto da súa primeira visita ao primeiro ermitaño Paulo, cuxo servidor de mesa era un corvo.
Pídolle ao Señor sempre por el, pois estoulle moi obrigado , e queira El conservárnolo para fermento, sal e luz de toda a Orde",
Comentarios
Publicar un comentario