O MAZO DE ARXEMIL- SÁRRIA (1881 ) ( 614 )
O MAZO DE ARXEMIL- SÁRRIA ( 1881 ) ( 614 )
Na parroquia de Santalla de Arxemil ( Sárria ) houbo un Mazo para traballar o ferro aproveitando a forza da auga da Fervenza do Rego de Filgueiras ou Rego da Pena da Auga ( agora coñecido como Rego do Mazo ) .
Este regueiro , que leva as súas augas ao río Celeiro , á altura da Ponte da Rúa da Liberdade, nace na fonte de perto da Vilerma , en Maside, e pasa perto do Castro e o lugar de Santo Estevo e do casar de Requeixo. Antes de facer a estación de Sárria no ferrocarril de Palecia -A Coruña o rego morría perto da Ponte Vella do Mazadoiro e para facer as edificacións abrironlle nova madre, por baixo das vías e polo espazo que separa o actual Hotel Roma e a finca do Edificio Alborada.
O Mazo fixo nacer o espazo indusrtrial, casoupas para obradoiros dos ferreiros e vivendas. Unha casa estivo destinada a morada do encargado e a súa familia. O seu nacemento corre parello coa posta en funcionamento do camiño de ferro ( 1880 ) e a posibilidade da chegada do material necesario á estación, situada non lonxe da Pena da Auga. Na parte alta, a carón do camiño, instalaron o banzado onde se xuntaban as augas que ao caer nas palas do rodicio movían o mazo que traballaba en aplicación do efecto Venturi. Os labores de produción daban saída a fouces, coitelos , rellas e outros aveños e pezas de ferro.
Estivo en funcionamneto varias décadas e acabóu sendo da propiedade da familia Acevedo por venda quelle fixo un Grandas, orixinario de Frades, que emigróu á Arxentina.
O nomenclator do Concello de Sárria recolleu o nome de O Mazo , para ese lugar, e a escola de ensino primario establecida nese casar foi coñecida como Escola do Mazo, mantèndose alí até que se fixo un edificio novo perto da estrada de Goián.
Á fronte do mazo estivo a familia Puentes, e finalmente as instalacións foron abandoadas , quedando a pardiñeiro, sendo cedido o conxunto pola familia Avevedo ao Concello de Sárria, que por conta dunha Escola Obradoiro fixo obras de consolidación dos edificios, sendo desexable que se fixesen obras de restauro.
A Fervenza ou Ruxidoira da Pena da Auga , nos tempos de augas abondosos , presenta un vistoso aspecto e pode ser visitada chegando pola pista de Concentración Parcelaria de San Pedro de Maside, con orixe no adro da igrexa, entre o Cruceiro e a Casa de Carreiroá. Ao chegar á nave onde está a Tapizaría Tapisa hai que coller á man dereita, e despóis hai que coller un camiño a man esquerda, a percorrer a pé,, até chegar ao Mazo.
A creación do Mazo de Arxemil
( Boletín Oficial da Provincia de Lugo, 13 de setembro de 1881 )
Goberno da Provincia
Sección de Fomento
Augas
Don Modesto A. Arango , de Sárria, solicita autorización para constuir un " martinete" ( mazo ou mazuco ) de laminar ferro , na parroquia de Santalla de Arxemil , utilizando as augas da " Pena da Auga".
Tendo acodido a este Goberno D. Modesto A. Arango, veciño de Sárria , en solicitude de autorización para construir un " martinete" destinado a traballar o ferro , no punto nomeado " Pena da Auga" , parroquia de Santalla de Arxemil e Concello dito, aproveitando como forza motriz as augas do arroxo Pena da Auga, acordéi facelo público por medio deste Boletín oficial , con suxeción ao que determina o artigo 250 da Lei de Augas de 13 de xuño de 1879, e sinala o termo de trinta días para os donos das presas e predios inmediatos que se consideren perxudicados poidan presentar nesta Sección de Fomento deste Goberno , onde se achan de manifesto a memoria e planos das obras que se intentan , as oposicións e reclamacións que estimen convintes ao seu dereito-
Lugo, 19 de setembro de 1881.
O Gobernador
Constantino Armesto
Comentarios
Publicar un comentario