A FONTE DE SAN SALVADOR : SÁRRIA ( 1860 ) ( 617 )

                        A FONTE DE SAN SALVADOR ; SÁRRIA ( 1860 )                    (  617  )

Na vila de Sárria, entre a Fortaleza e a igrexa parroquial de San Salvador , máis abaixo dos foxos e contrafoxos daquela , nacía unha fonte  que secaba en tempos de verán, e que por sair as súas augas en terreo pizarrento non se usaban para beber e cociñar.

As augas que ali nacían  dividíanse en dúas calexas  coas súas quendas   de rega : Unha pasando por diante do adro de San Salvador  e seguindo pola Cortiña da Casa de Ferreiró  levaba as augas aos Barredos  de baixo do Camiño de Fora  e até os leiros de Casteledo. A outra , a ceo aberto, discorrendo pola Costa de San Salvador collía Viela que baixaba  cara San Lázaro e regaba as terras do Prado Grande e do Prado do Campiño, pertencentes aos señores da Casa Grande dos Saavedra.  Esa calexa,. xa desaparecida, acabó dando nome á Rúa da Calexa, nome que leva agora  a antiga Viela de San Lázaro, coincidente cun treito da estrada provincial do Mazadoiro á Lama Rigueira.

Cando don Manuel Pérez Batallón mercóu a metade da Fortaleza coa súa parte de foxos e contrafoxos, ao derrubar  torres  e muralla , agás a torre de surleste,  convertéu o espazo a el correspondente  en horta  rodeada de altos muros de pedra , A Fonte de San Salvador, que era de natureza pública  , quedaría dentro da horta  e para evitar  o paso  dos veciños na percura de auga , o novo dono solicitóu autorización do Concello para facer un cano que recollendo augas dentro da proxectada horta  as levase  fora do cercado até unha fonte de pedra  coa billa correspondente e mesmo dotada de pía, que pola súa conta  construiría o solicitante, dando ao camiño que dende San Salvador saía  para Albán.

O Concello deu aprobación ao proxecto , e coa dita condición de fonte sometida  a  estiaxe ,  a nova obra mantivo o seu aspecto até a década de 1980, cando seguindo  os desexos do entón concelleiro de obras  Uxío López Prado , e segundo o deseño por el feito,  lle enadiron  ao que só era un alto corpo  vertical cun remate de  pedra  unha  base de peza sainte con  un aditamento superior que acolle a billa que  surte  auga da traída xeral, por razóns sanitarias, deixando fora de servizo  o cano  que recollía as augas  da primitiva fonte, que quedara soterrada baixo do chan da Horta de Batallón,

........................................................................................................................................................

                                                Ano 1860

Expediente  de autorización ao Sr. D.Manuel Pérez Batallón  para a traslación da FONTE DE SAN SALVADOR desta vila de Sárria.

                            Sr. Presidente e Individuos do Concello de Sárria

D. MANUEL PÈREZ BATALLÓN,  veciño desta Vila, a Vde.  expoño : Que estando  para achaar o terreo da arruinada  FORTALEZA pola parte do mediodía , parécelle  é moi convinte  ao público  se coloque uns metros cara o camiño  a fonte que ali existe, xa porque se encanan e  as súas augas, se facilita  o seu aproveitamento  cómodo  e mesmo  pia para o gado e mellora notablemente  o ornato público ; cuxa obra se constitúe  a facer o expoñente  , xa que permitirá no sucesivo  se  recoñeza o cano  ou depósito  sempre que  se atoe, para que  así  non había escamperlo nin  pretesto   de que se minorará ou  variará o cano  da auga,  En consecuencia son palpables  aventaxes.

A Vde.  propón  se  sirva  conceder  a oportuna autorización  ao efecto , Sárria, xuño 12 de 1860  ( entre liñas : metros ). Manuel Pérez Batallón.

....................................................................................................................................................................

Xuño 21 de 1860

Pase á Comisión  nomeada por acordo deste día composta dos Sres. Concelleiros D.  Anxo Fernández Gallego e D. Xoán Antonio Ulloa, para que previos os recoñecementos  que crea oportuno practicar, informe canto se lle ofreza e pareza.

O Presidente:  Antonio Macía Cedrón    Por acordo do Concello: Antonio Macía de Neira.Segredario

Dictame:  A Comisión nomeada, en exacto desempeño do seu cometido , practicóu  un escrupuloso recoñecemento riba do terreo no que se acha situada a FONTE DE SAN SALVADOR, e posta de acordo  co solicitante o Sr. D. Manuel Pérez Batallón, e procurando conciliar en canto fose dable os intereses  do ben público cos particulares do dito Sr. formulóu as condicións baixo das que se lle permite trasladar a expresada Fonte e coas que está en todo conforme o Sr. Batallón, por quen tamén se achan suscritas e son as que compreende o  adxunto prego que  a Comisión ten a honra de presentarlle ao Concello para a súa aprobación. Sárria, agosto , trinta e un de mil oitocentos e sesenta.

Xoán Antonio Ulloa                                                                                   Anxo Fernández Gallego

Condicións baixo das que se permite ao Sr. D, Manuel Pérez Batallón, desta Vila, que poida trasladar a fonte chamada de SAN SALVADOR  desde o punto  no que hoxe  existe, á frenteira do muro que aquel constrúe para agrupar a parte da Fortaleza e terreo adxacente que adquiríu, á horta que ten

1ª,. Todo o custe da remoción da fonte será da conta do Sr. Batallón e a este concepto contribuirá  a satisfación da Comisión non só os canos soterraños que conduzan a auga ao depósito xeral  que se ten que establecer  perto da fonte que de novo hai que levantar, senón tamén este mesmo depósito  ou arca, así como a fonte, empregando  en esta bons materiáis, e dando a todas as obras unha forma e  solidez  que  non desmerezan das antigas a xuizo da Comisión.

2ª.- Custeará tamén o mesmo Sr. Batallón a ambolosdous lados da fonte asentos de pedra cando menos segundo os antigos e colocará no lugar convinte un cano de ferro  polo que terá que sair a auga, coidando de facer a colocación do cano  de xeito que se poida coller a auga sen incomodidade para as persoas que ao efecto concorrav á dita fonte.

3ª.- Colocará asemade  ben por baixo do cano unha pía de pedra  sillaría para que nela poida ser recollida a auga sobrante co obxecto de que sirva cando menos de bebedoiro do gado.

4ª,.  Impónselle ao Sr Batallón a obriga  de custear  uns remates  que poñerá riba da fonte coa fin de que presente unha vista máis fermosa da que ten no día, e encárgaselle o maior coidado nas obras de condución da auga no traxecto que por esta vez e da súa conta, pois se ao rematalas se recoñecese algunha perda de aquela,terá que repetilas.

5ª.- Será obriga do Sr. D. Manuel Pérez Batallón ao remate da obra deixar o punto limpo de reblo  e de toda outra inmundicia.

6ª.- O Sr. Batallón queda privado  de construir perto da fonte e nun radio cara a súa horta e terreo que lle agrega de 30 varas, ningún outro pozo máis do que no día ten , sen que poida darlle ningunha outra forma, facer nel traballos, só os de reparación e  conservación, nin trasladalo a outru punto, nin poderá tampouco no límite  fixado facer xancias, balsas, depósitos de augas, facer excavacións en grande nin en pequena escala, nin outras obras que poidan dalgún xeito  diminuir o  caudal  de augas da fonte, so pena de ser responsable de danos e perxuizos, e de  se  acordar  e se levar a efecto  en calquera tempo  que se advirtan aquelas , o achaamento das mesmas  pola súa conta,

 7ª.- O Concello no uso da inspección que en calidade de  tal lle corresponde riba  da  fonte . resérvase n como unha cousa pertencente ao ben público non só practicar  dentro do cercado  do Sr. Batallñoon  as obras que  ao sucesivo  demande o ben e aumento da fonte senón tamén ........ e exploracións que xulgue oportunas, todo o que non poderá resistir aquel nin os seus herdeiros, e se reserva así ben aproveitar  a demáis auga que no sucesivo  poida aparece dentro do radio fixado na condición 6ª, con tal que non sexa do pozo que ha anos construiu, e cuxo caudal se debe a traballos e exploración que ao sucesivo poida facer o Concello, quedando tamén este facultado para practicar traballos e exploracións con tal obxecto, fora do límite fixado,  máis se nun ou noutro caso se irrogasen ao Sr. Batallón ou aos seus herdeiros perxuizos, seranlle aboados oportunamente,

8ª.- O cano que conduce as augas á fonte será recoñecida, reformada e reedificada cada e cando o acorde o Concello. sen necesidade  de indemnizar ao Sr. Batallón, e con só darlle aviso anticipado de 48 horss. Acordada a reedificación  ou reforma, o Sr, Batallón ou os seus herdeiros terán que cosentiren o acarrexo e  acopio de materiáis precisos ao efecto, suposto o dito cano queda dentro da mesma finca,

9ª.- Antes de procederen á remoción da fonte, o Sr. Batallón maifestará a súa conformidade con todas estas condicións, e constituirá  por el  e herdeiros a correspondente obriga  de cumplilas beb e exactamente,

Casas Consistoriáis de  Sárria, agosto 31 de 1860. Xoán Antonio Ulloa.- Anxo Fernández Gallego.- Manuel Pérez Batallón.

Selo: Concello Constitucional  de Sárria-   Setembro 6 de 1860

Apróbanse  as condicións antecedentes, e autorízase ao Sr, Batallón para a traslación da Fonte baixo das bases e pactos nelas contidas, e a quen se lle dará coñecemento desta aprobación.

O Presidente: Antonio Macía Cedrón.    Por acordo do Conello: Antonio Macía de Neira.

Comentarios

Publicacións populares