ASASIÑATO DE FRANCISCO LOUREIRO DIAZ " FERREIRÓ" ( 1915 ) ( 618 )

                  ASESIÑATO DE FRANCISCO LOUREIRO DÍAZ ( 1915 )                           ( 618 )

 FRANCISCO LOUREIRO DÍAZ.- Propietario da  "Casa de Ferreiró"

CASA DE FERREIRÓ.-  Situada na vila de Sárria, parroquia de San Salvador , con fronte á  agora chamada "Rúa do Castelo", baixo da Torre da Fortaleza  estaba  en espazo delimitado por esa rúa o adro de San Salvador  , a Corga de Matavellas e a Estrada de Lama Regueira. A casa vella , casa terrea  na frenteira á rúa, foi sustituida  na década de 1960  por unha moderna corte para o gado , que acabóu convertida  en obradoiro dun artesán , en réxime de aluguer.  A casa nova de Ferreiró  foi alzada por Xesús Loureiro Vivero.

LUGAR DO CRIME.- Nunha volta da entón estrada de Sárria a Mouzós, perto da "Fonte dos Frades ". Aínda na actuañldiade as xentes da contorna denominan ese espazo como " A Volta de Ferreiró".

CASA REBOIRO.- No Barrio de San Lázaro. Lugar onde bebeu viño na compaña daquelas persoas coas que xantara.

CASA DE BARREIROS.- Taberna propiedade da Familia Fernández ( Os Marcos de Barriros ) onde  tamén beneron viño.

.....................................................................................................................................................................

 ( LA IDEA MODERNA,2.03.1915 )

                                          En  Sárria

                                 Crime arrepiante

Na mañá de hoxe circulóu rápidamente  por esta poboación a sensacional nova de que morrera, de maneira  brutal e salvaxe, o propietario don Farncisco Loureiro Díaz, da casa chamada de " Ferreiró".

O celoso e activo Xuiz deste partido D. Leandro Álvarez Soto , acompañado do Segredario  D. Manuel Flores  Villamil e persoal do Xulgado, trasladouse  inmediatamente  ao sitio do triste  suceso  e comezóu a instrución  do correspondente sumario

Os números do  posto da Garda Civil  co seu comandante o sarxento  D. Miguel Conde,  puxéronse acto contino  ás ordes do Sr. Xuiz  para auxiliar  a acción da xustiza.

Polo que se refire de público , aparecéu na mañá de hoxe, na estrada de Sárria a Portomarín ( * ) termo de San Pedro de Maside, perto  dunha fonte coñecida co nome " dos Frades", a unha distancia duns dous quilómetros  desta vila, o cadavre do infortunado  Sr. Loureiro  Díaz  cuxa morte foi producida  por varias coiteladas  que recibiu, especialmante no pescozo.

Parece ser que o Sr. Loureiro  saíu onte da súa casa con direción  a Castromeixe , parroquia de San Miguel de Biville, onde posuía algunhas fincas que foi acompañado dun operario  ou peón que traballaba na mesma casa, veciño de Miralde, parroquia de Santiago de Barbadelo . e que  co propio Sr. Loureiro  voltóu con ditreción a Sárria.

Está detido o aludido  riba do que recaen  gravísimos cargos.

Achouse unha pequena navalla con manchas de sangue. Din que o susodito suxeito, sustraeu o reloxo  que levaba o Sr. Loureiro  e agochouno , ensinándolle o sitio onde o ocultóu  da Garda Civil.

Perto do sitio do teatro do crime , aparecéu perto dunha casiña do camiño de ferro chamada de Celeiro, na que vive un capataz de brigada, a burra  que levaba o desgrazado finado.

Os restos mortáis  deste foron trasladados  nunha padiola  a esta vila. Din que o detido  para despistar  a súa terrible delincuencia , presentouse na mañá de hoxe. 

D. Francisco Loureiro Díaz achábase  casado con Dª Virxinia Vivero Sampedro , e deixa tres fillos, chamados Xesúa , Xerardo e Balbina, o maior de cinco anos. Deixa esposa que é sobriña  do párroco de Santa Mariña desta vila D. Anxo María Sampedro.

En xeral  protéstase  coa maior  indinación o repunante delicto  cometido.

Volve a preocupar  a criminalidade  aos pacíficos habitantes deste partido xudicial , na vista das varias mortes violentas ocorridas dnde pouco hai.

                                       1º de marzo de 1915

.....................................................................................................................................................................

( EL NOROESTE, 4.03.1915 )

Na estrada de  Sárria a Portomarín (  * ) aparecéu morto a puñaladas D. Francisco Loureiro Díaz. Parece que o crime tivo o móvil o roubo. O morto  deixa muller e tres fillos , o maior de cinco anos.

( * )  Nome oficial da estrada que comezada a abrir darredor de 1860  e estaba parada en Mouzós ( Meixente )

......................................................................................................................................................................

 (  EL ECO DE SANTIAGO, 4.03.1915 )

Din de Sárria , que na mañá de antonte  aparecéu na  estrada que daquela vila conduce a Portomarín ( * ) e no termo de San Pedro de Maside , o cadavre , que identificado   resultóu ser  o propietario da casa chamada de " Ferreiró", D. Francisco Loureiro Díaz.

Das primeiras dilixenzas instruidas resulta que o desditado Loureiro  foi morto a puñaladas , e que o móvil de tan bárbaro atentado  suponse que foi o roubo.

( * ) En realidade "Estrada de Sárria a Mouzós ( Meixente ). O acceso á vila de Portomarín non sería alcanzado até 1930.

......................................................................................................................................................................

 ( LA IDEA MODERNA, 15.03.1915 )

                                                         Desde Sárria

                                             Descobremento do asasiñato     

Circulóu onte polas rúas desta poboación  o rusmusmús  de que á fin foi descoberto o autor do terrible crime cometido o domingo 28 de febreiro prósimo pasado, ao parecer  entre lusco e fusco, na parroquia de San Pedro de Maside, estremeira da de San Salvador de Sárria , na persoa do pacífico D. Francisco Loureiro Díaz, da " Casa de Ferreiró"  desta vila , e cuxo cadavre  se recoñeceron unhas 19 ou 20        navalladas.

Debido á actividade  e intelixenza do xove Xuiz Sr. Álvarez Soto , que sen acougo puido recoller  no sumario importantes elementos  e datos de averiguación  ; logo nunha nova e laboriosa indagación   recibida do preso  Xosé López Rodríguez , veciño de Castromeixe ,  declara a maneira e forma na que foi cometido o aludido asasiñato.

 Din que o autor de tan arrepiante crime , foi o dito suxeito , que se acha  convicto e confeso.

Por virtude  dun rexistro da Garda Civil  desta vila por orde so Sr. Xuiz  de instrucción , na casa do Xosé López Rodríguez , recolleron na mesma  e áchanse no Xulgado  unparaugas, un chapéu , unha chaqueta  e uns zocos , que din utilizóu o dito Xosé Lópz no citado domingo 28 de febreiro .

Refiren  que a chaqueta en parte  foi lavada  e que os referidos zocos ferrados  contribuiron dabondo  á investigación  practicada  para o decobremento do delicto.

Como resultado dese descobremento , onte foron  postos en liberdade  Xosé María Fernández  López, veciño  de Miralde, que acompañóu na tarde do dito día 28 de febreiro   como operario  ao Sr. Loureiro Díaz e Manuel López , fillo do mencionado Xosé López Rodríguez , de Castromeixe.

O Sr. Xuiz  e a Garda Civil  do posto desta vila , fanse acredires  a merecidos eloxios  que lles  tributan polos excelentes  servizos prestados.

...................................................................................................................................................................

( LA VOZ  DE LA VERDAD, 16.03.1915 )

                                               O  crime de Sárria

 Aseguran   que foi descoberto o autor  do horroroso crime  de Sárria  do que foi vítima o honrado e pacífico  veciño D. Francisco Loureiro Díaz.

Cometeuse o  28 do  pasado febreiro. No cadavre  do señor Loureiro  apreciaron os médicos 19 ou 20 puñaladas.

Parece ser que o autor  do asasiñato é o preso  Xosé López Rodríguez, veciño de Castromeixe , en cuxo domicilio  acháronse uns zocos  ferrados   cuxos cravos coinciden coas pegadas  que quedaron no lugar do crime.

Tamén recolléu o Xulgado  unha chaqueta,  lavada en parte sen dúbida  para facer desaparecer  as manchas  de sangue. Enádese  que o López está convicto e confeso.

Os detidos  que había co motivo deste crime  foron postos en liberdade.

Merece eloxios  o celo  e dilixenza  do digno   Xuiz do  partido de Sárria   Sr. Álvarez Soto e a Garda Civil  pola  cooperación que lle prestóu.

.................................................................................................................................................................... 

( EL NOROESTE ,17.03.1915 )

Descubren  que o autor da morte de D. Francisco  Loureiro Díaz , de Sárria,cuxo cadavre  aparecéu con 19 frouxadelas  é o veciño de Castromeixe , Xosé López  Rodríguez quen confesóu o crime .

Nota:  O "Diario de la Marina , de La  Habana, de  11.04.1915, publicóu o anterior contido )

.................................................................................................................................................................... 

( LA VOZ DE LA VERDAD, 30.03.1916 )

                                                   Unha pena de morte

                                                     Comez o Xuiz

Onte comezóu a verse  na Audiencia  unha causa  que espertóu  grande expectación  en todo o partido xudicial  de Sárria . Daquela vila , xunto con xurados e testemuñas  chegaron numerosas persoas.

 Constitúese o tribunal ás once da mañá , formando a Sala  o presidente provincial  Sr. González  e os maxistrados  Sres. Pardo e  Pintos, Moitos dos xuris son recusados polo reprsentante do procesado  e outros polo ministerio público.

Acusa o tenente Fiscal Sr. Rubido e defende o letrado Sr, Cora Sabater.

                                        As  conclusións provisorias

Dada  a voz de audiencia pública  unha multitude enorme invade  a Sala,

Segundo o Ministerio fiscal  o domingo 28 de febreiro de 1915 , Francisco Loureiro  " Ferreiró " ( * ), veciño de Sárria , dirixíase a Meixente ( * ), para asistir á subhasta dunhas fincas que eran da súa propiedade, que intentaba vender  o procesado   Xosé López Rodríguez  @ " Toirán ", en Castromeixe,

Ao dito punto  por medo ao procesado , foi acompañado por un xornaleiro  que traballaba na súa casa como peón  e ao voltar xa de noite , despediuno para que fose para a súa casa.

O procesado  estaba ao agardar  por  " Fonte dos Frades " ou de " Santa Marta ", na estrada de Sárria a Portomarín ( *** ) agrediuno cunha navalla  até 17 veces , causándolle  tantas feridas na cara e pescozo , dúas delas mortáis , e as restantes graves,e  a consecuecia delas falecéu aos poucos minutos, quedando o cadavre tirado na gavia até o día seguinte  que foi descoberto,

Estes  feitos  constitúen un delicto de asasiñato cualificado pola premeditación, coas circunstancias agravantes de nocturnidade e asañamento . Pide  para o penado a   imposición da pena de morte, e a indemnización á familia da vítima de 5.000 pesetas-

A defensa  , alternativamente, nega sexa o procesado  autor dos feitos  que se lle imputan , alegando  noutro caso  a eximente de lexítima defensa , ou, por último  esa mesma circunstancia incompleta.

                                                  Declara o procesado

Chámase o procesado, como xa indicamos, Xosé López Rodríguez  @ "Toirán" e "Castromeixe " por ser desta veciñanza . Ten 62 anos  de idade , de estado casado, labrego , natural da parroquia de Biville.

O Fiscal interrógao  encol dos feitos  que  se lle atribúen  nas conclusións acabadas de ler.

O procesado  di que non sabe nada.Di que  se encontróu só no cárcere  un pouco abatido,. O carcereiro durante varios días púxolle grilóns , e a consecuencia  diso  chegar  a enfermar , a punto de que un día  vendo que perdía o coñecemento  e lle faltaba a respiración , pediu que lle trouxeran un sacerdote para confesar.

Estivo  tres ou catro días sen poder tomar alimentos e cando se presentóu o Xuiz  no cárcere a recibirlle declaración, o carcereiro fíxoo  subir , cos grilóns postos , doce chanzos  que lle fixeron sangue e en tal estado se achaba que perdía a vista e o Xuiz  tivo que botarlle unha man  para que non caera e para axudalo a sentar. Por iso non sabe o que declaróu. Insiste en que nada sabe nin nada viu.

-Fiscal.-  ¿ Entón como  se explica Vde.  que o que por Vde. declarado  nese estado coincidise  cos demáis elementos de proba que obra  no sumario ?-

.Procesado.-  Eui nada sei, porque estaba cego de todo.

Respondendo a preguntas do seu defensor  explica todo o que fixo o día de autos. Foi a Sárria a pagar unha contribución  e como non lle chegaba o diñeiro  foi a unha casa ( do Sr. Teijeiro )  a pedir o que necesitaba ,

Estivo comendo cun suxeito chamado Xosé de Guimarás  e con outro de Paradela. Despóis de xantar , foron á Casa do  Reboiro, onde bebéu un chisco, Dende ali  con Anxo Losada, Francisco Sánchez e a súa muller , sairon con duración ás súas casa . Fixeron  un descanso na Casa de Barreiros  onde tamén beberon .Logo seguiron o seu camiño, marchando todos agás o Losada que foi con el até Meixente , meténdose el na súa casa , a iso das oito proximamente.

Despóis quentaro o caldo, rezaron  en familia  o rosario e deitouse. Ao outro día  presentouse a Garda Civil , mandándolle  que fose a Sárria a declarar ao Xulgado , sendo detido ao día seguinte.

Non recorda cantas veces declaróu no Xulgado .

Coñecía ao Loureiro, mais nunca tivo  con el ningún pleito , nin sabe  se a súa familia o tiña coa familia do morto.

A Presidencia dispón que se lean dúas das declaracións  prestadas polo procesado no sumario. Nelas condesóu  que despóis de se separar do Anxo Losda, retrocedéu para  agredir  ao Loureiro  ao seu paso pola estrada,

Mentres agardaba , viu vir  a unha muller cun neno, agachándose para non ser visto  nun leiro, nun sitio que chaman  Matafillas ( **** )

Cando pasóu o Loureiro púxose a falar con el  do asunto da subhasta das dúas fincas, propoñendo el varios arranxos, aos que se negóu o morto.  Este  deseguido deulle un lapotazo dicíndolle  que lle  había comer a finca . Ao recibir a labazada caúselle o paraugas  que levaba  e entón sacóu do peto unha navalla  que levaba  e deulle con ela varios golpes na cara, que non sabe cantos.

No Sumario tamén consta  que recoñecéu os zapatos ( zocos ) , o paraugas  e a roupa  que levaba cando cometéu o crime que lle foron postos  de manifesto  no Xulgado.

A petición da defensa os membros do Xuri  examinaron as sinaturas  postas a pé das súas declacións.

Rematóu a declaración  dicindo que ignora  se lle caéu a navalla cando cometéu o crime ou  se a tiróu despóis.

                                                .......................................                    

( * ) No xornal dicían " Ferreirós ", ( ** ) Dirixíase a Biville. para asistir á subhasta dunhas fincas .( **)  A " Fonte  dos Frades" está na parroquia de Maside, na estrada de Portomarín. Santa Marta é un lugar de Ortoá, por iso é erro darlle ese nome. ( *** )  Era daquela a Estrada de  Sárria a Mouzós,  que non chegaría á vila miñota até 1930. ( ****) Matafillas está perto de Santa Marta, na parroquia de Ortoá.. Máis tarde como pasase  máis xente, abríu un paraugas co mesmo obxecto .

                                             Proba do Fiscal

                                      Virxinia  Vivero Samped

É a viuva  do interfeto . Veste hábito de San Francisco e  toquilla negra.

Declara  que  o público en Sárria  di que con esta  son catro as mortes que leva cometidas o Toirán.

Que o procesado  ten moi mala fama e que varias testemuñas que lle viron cometer o crime  e que por medo non se atreven a declarar.

O  Toirán debíalle ao seu marido un creto  e como non llo quixera pagar  embargáronlle unhas fincas.

Un día antes do crime , presentóuse na casa un xornaleiro  que traballaba na mesma, dicíndolles  que se ían subhastar como da propiedade do  Toirán, unhas fincas da  Chousa de Lavandeira. que eran do seu marido-

O  procesado roubáballe as fincas  e como non tiña testemuños , non podían acodir ao Xulgado.

Afirma que o interfecto  tiña medo do Castromeixd,  e que o tiña ameazado. Tenlle ouvido dicir  á vítima  que tiña que ir alá  a ver ao Castromeixe  para que lle recoñecese as fincas , pero que non se atrevía a ir só ´e quería  ir coa Garda Civil.

O  rusmusmús público  - enade -  atribuiulle  ao procesado a frase  de que antes de que o Loureiro  lle levasen as fincas había de cortalo  a talladas . 

O día  de autos foi á  Chousa de Lavandeira  acompañado dun xornaleiro.  Ao mesmo  tempo tiñan  que ver a un do Leimán , gandeiro, mais resultóu  que aquel  día non estaba porque ía na feira. 

O xornaleiro non o acompañóu até  á súa volta  á casa, senón que  marchóu antes de chegar a Sárria.

Di tamén que o Leimán aconsellaralle ao seu marido  dicíndolle " val máis que  perda as fincas  e que non vaia alá ; é un asasiño Castromeixe , eu, aínda  que me dean dez duros  non o acompaño  eu só",

Pregúntalle a defensa .-  ¿ Como é  que, téndolle tanto medo  ao procesado , antes que a el, ao se cometer o crime , denuncióu vostede   a Manuel Pérez e Pérez , o criado da casa ?.

Testemuña.-   Non señor , non o denunciéi ,

As  demáis  manifestacións que fai carecen de interese.

                                            Manuel Pèrez e Pérez

É coñecido polo sobrenome de " Miralde " . É criado do Loureiro.

Di que un xornaleiro da casa  se presentóu o venres anterior  anunciandolle ao amo  que para o domingo  estaba anunciada a subhasta  das fincas da Chousa de Lavandeira  e que o procesado dicía  que o Loureiro  perdera o dereito a elas . O  xornaleiro  aconselloulle ao seu amo  que fora aló para compralas. 

O Loureoiro non quixo ir aló só  e díxolle  ao xornaleiro que o acompa´ñase.  Así o fixo este, pero á volta , só o acompañóu até Belante , marchando dende ali á súa aldea..

Dixñeronlle unha vez   que un home de Castromeixe  ía matar ao seu amo  e déronme as súas señas , máis só recordo  que  se chamaba Xosé,  e era de casa rica.

Tamén ouviu que despóis de cometido o crime  que habúa unha testemuña  que o prsenciara.

O Sr. Fiscal pide que se faga constar    en acta esta manifestación  e así  se acorda.

A preguntas   da defensa  responde que o interfecto  prestaba   diñeiro ao 6 por cento.

- Defensor,. - ¿ Cuklpàrrao  a vostede   a viuva  de ser o autor do crime ?

-Testemuña.- Non señor.

-Defensor. - Pois así o ceclaróu no Xulgado.

.Defensor.- ¿ Non é certo  que unha vez  rifóu Vde. co seu amo ?

-Testemuña.- Si señor, tiven unhas palabras, e eu  collín un pau  para me defender , pois o amo colléu outro para pegarme,

                                          Xosé Manuel Fernández López

Declara que quedóu na casa   do Loureiro onde  soía traballar  para acompañar a este  o domingo até  Lavandeira.

Ao pasas  por un sitio na estrada de Portomarín, onde hai unha cruz,  vimos a tres homes  ; deron os bons días, e o Loureiro   dixo que o das fincas era o do medio .

Ao do Leimán non o acharon  porque ía na feira.  Despedíuse á volta  de Lavandeira, en Belante.

Ao día seguinte foi  á casa do Loureeiro  para continuar o labor comezado  a semana anterior. Cando chegóu preguntáronlle polo amo , que aínda non voltara  á casa . Entón foi na súa percura   pola estrada de Portomarín . Xunto da casa dun tal Ricardo  ( * ) achóu a burra   do Loureiro,  que estaba presa, que segundo lle dixeron  baixara ela soa a noite anterior . Seguíu estrada adiante , e aos cen metros achóu  o cadavre do seu amo  na gavia. Quixo poñelo ben e entón caéulle o reloxo , e el recolleuno para darllo á familia ; pero despóis enterrouno  até que o detivo a Garda Civil  que o presentóu no Xulgado.

Contéstalle á defensa  que ouvira   que o Loureiro prestaba diñeiro.

Non sabe a que subhasta ían  nin está enterado  de nada do das fincas,

Lenlle  a declaración  prestada por esta testemuña  no sumario  para  poñer de manifesto a contradición na que incorre.

Dixo que o Loureiro non puido chegar  con día ao punto do crime, por causa da burra  que levaba, que se fose só coa égoa , entón si.                              

( * ) Ricardo da "Casa de Celeiro", pasado o paso a nivel do camiño de ferro.

                                       Ricardo  González López ( " Celeiro" )

Entre sete e media  a oito da noite  estando á porta da  súa casa  cuns veciños viu baixar  unha  burra perdida  e prendérona.

                                     Francisco Torres López ( " Requeixo" )

Declara igual que o antecedente.

                                    Xosé López Piñeiro

O mesmo que os precdentes.

                     Nemesio López Rodriguez ( Da Casa da Señora da Nogueira Ortoá )

É un neno de sete anos. Ía coa súa avoa  pola estrada , ao empardecer e viron un home  que saltaba correndo a unha seara . Parécelle que debéu  volver , pero non o sabe .

Pregúntanlle   se o que  vira escspar  , era o que sentaba   no banquiño,  e di que non o sabe,

                                        Dores Fernández e González  ( Da Casa da Señora )

É a avoa  da anterior testemuña   e declara  en idñentica firma  que el. Serían   aproximadamente as sete  cando ocorreu isto.

                                          Manuel López López

Ía  para a súa casa   ao anoitecer  e no camiño cruzóu  con un home  que se  ocultóu cun paraugas. Non sabe quen era .Polo aire pareceulle  o Castromeixe  pero non pode  aseguralo.

Pouco despóis cruzouse co Ferreiró  que ía na mesma direción. Máis adiante achóu  a dous contratistas de madeira  que lle dixeron que podía cobrar unha  madeira que tiña na Pobra de San Xiao , regresando por este motivo a Sárria .  Cando  se achegaban a Sárria  viu na estrada un paraugas , un chapéu e dúas burras , e aos poucos  metros asustouse   a cabalería   que montaba , e viu  na gavia  un bulto. Non paróu a miralo  porque tiña que atender  a dominar o cabalo .

O Loureiro  tardaría   uns dez minutos  en chegar ao sitio  onde aparecéu o morto, dende o en que o viron el e os seus acompañantes.

                                 Outras testemuñas

Vicenzo Galán Casto  e Emilio Vela  Lorenzo , son os contratistas  de quen fala a anteior testemuña. Non enaden nada novo.

                                         Don Xoán López Acevedo, notario de Sárria.

Regresaba á súa casa  de arranxar uns asuntos profesionáis , e  a  iso das nove menos cuarto    asustóuselle a mula  que montaba , vendo un bulto que  creu sería un burro morto.

                       Manuel  Páramo Rodríguez  e Xosé González López

Estaban na porta dunha tenda  na estrada e viron pasar  ao Toirán con Anxo Losada  e con outro de barba.  Pouco despóis en direción contraria  pasóu o Ferreiró . Viron que se separaba un deles  e que continuaban os demáis.

                                         Xoana González López

Non comparece. Lese a súa declaración.

                                            Manuel Castro Arias

Acompañóu  ao Toirán  e aos seus amigos.  Indo xuntos cruzaron  co   Loureiro . Ao pouco separouse , marchando para a súa casa. 

                                            Anxo Losada López

Non comparece. Len a sua declaración :

Refire  todos os seus pasos  desde que se xuntóu co Castromeixe . Con eles foron  Francisco Sánchez  e a súa muller , Manuel Castaño e un fillo do " Coxo  de Lavandeira".

Dende que quedaron os dous sós , o Toirán apretóu o paso , Como antes viñan moi amodo , este chamoulle a atención , e colléu medo . Separáronse a uns cen metros da súa casa  e o procesado co pretesto  de arranxar unha portela , meteuse no toxeiro , observando  que voltaba para abaixo  en direción a Mouzós .Ao seguinte día , a muller do Castromeixe mandoulle recado  para que se lle preguntaban dixese  que   chegaran xuntos  el e o procesado  até o pobo.

En vista  do avanzado da hora  - son as dúas menos cuarto -   foi suspendida  a sesión até a tarde.

                                                   Proba da defensa

Ás catro e media  da tarde  reanudouse a sesión.

Asiste máis público   que pola mañá, tendo que poñer orde  á entrada a forza pública.

Procédese á proba  de descargo. Ramiro Rodríguez   e Xosé María López  non comparece, léndose as súas declaracións.

María López López  é a filla do procesado , declaróu  que o seu pai chegóu á casa  ás oito e cuarto da noite  , non notóu nada  anormal no seu pai  cando este chegóu  á súa casa.

Estrela López López , outra filla do procesado. Di o mesmo  que a anteiror testemuña. 

Pexerto  González ,  non comparece.  Dan leitura  ás demáis testemuñas. 

A  defensa   renuncia ás demáis testemuñas..

                                         Proba documental

Dase leitura  á dilixenza da autopsia . O Ferrieiró , recibíu  17 feridas de arma branca  na cara e  pescozo , todas elas de gravidade . Unha delas seccionoulle a carótida e outra seccionóu  a arteria xugular , ámbalas dúas  mortáis de necesidade .

                                      Modificación das conclusións 

Suspendeuse   o xuizo  para que as partes redaten os seus escritos de conclusións.

O Ministerio Fiscal apreza os feiros  como  dun delicto de asasiñato  cualificado  pola alevosía , coas circunstanzas de  premeditación, noiturnidade  e ensañamento.

A defensa reproduce   as súas conclusións   provisorias , alegando  as atenuantes    de arrebato e obcecación.

                                                     Os Informes

                                                 O Minsterio Fiscal

Recorda os xuixos anteiores que esixen que despexe  a atmósfera  polo sol da xustiza.

Protesta do sesgo  que se soe  dar a estes debates , presentando ás vítimas   como crimináis   merecedores   da morte   que se lles causóu.

Relata os feitos , afirmando  que o mesmo procesado se encargóu de dicir  como pasaron as cousas.

Fai despóis   un acabado estudo  do delicto de asasiñato , poñendo de manifesto o fundental e grave deste delicto  que  atenta contra a vida do home  e os fundamentos da sociedade.onde apareceu

Di que procedéu con liberdade e discernimento . e ademáis con intención de cometer este delicto, segundo se deduce das probas.

Cita textos  legáis para probar  que se trata dun asasiñato.

Di que o da subhasta foi unha emboscada preparada  polo procesado..

Chama a atención sobor da circunstancia de que o Toirán non asistise a esa finxida subhasta e prepare as cousas para asasiñalo de noite.

Fai análise   das circunstancias agravantes .Fala da dilixenza de inspeción ocular  e que o sitio  do muro onde   aparecéu a primeira mancha de sangue  hai un  regueiro  nunha lonxitude  de sesenta metros.

                                                         A defensa

O letrado da defensa  comeza  o seu infrome brillante dicindo que a súa situación é moi difícil porque ten que lñoitar  contra o rusmiusmús público , inxusto moitas veces, e contra a eñlocuencia do Sr. Fiscal. ´O  rusmusmús público foi o que encarceróu ao procesado, e o que convertíu a morte do Loureioro  nun asasiñato.

 Únicamnte acerta o rusmismús  público en que ao cegar  a unha revoltab da estrada foi asasiñadp de 17 puñldas, pero   non   no demáis, Di que  o morto viña  de arrincar  o pan da casa dun  traballador : do Toirán.

Fai un estudo xurídicio  do delicto  de asasiñato.  Di que todas as feridas  foron causadas de fronte, e enade  que non se pode soster  que Francisco  Loureiro non levaba armas.

Para deducir a  alevosía  procede non fundarse  en feitos hipotéticos e indicios.

Di que nada proba que houbese premeditación.

As 17 puñaladas proban  a obcecación, pero non o ensañamento.

Expresa que aínda no c aso  de que o crime  ocorrese de noite non foi percurada a noiturnidade, senón que foi por casualiade..

  Se non  tivese declarado  o procesado , non habería base  para a acusación e nela tampoucoi hai funda,mento. algún para estimar  as circunstancias que aprecia o ministerio fisca.

 Expñlica como puido ocorrer  que a forza de preguntas  e polo temor  tivese declrado o procesado.

Xustifica a lexítima defensa do procesado .

Fala da proba de indicios  afirmanod  que por ela soa  non se pode  condear  e pide  un veredito de inculpabilidade.

                                                   Resume

O Presidente  da Sala fai o tresume  coa elocuencia  nel caracterísitica. Trata a gravidade dos delictos  contra as persoas  e especialmemte do asasiñato.

Vai  presentando despóis  as  probas  aportadas ao Xuri , e as pretensións das partes. Enade despóis  a natureza xurídica  do delicto.

                                                 O vereedito

O Xuri rematado o resume  retírase a deliberar.

Despóisdas oito faise público o veredio, O Xuri consdiera  ao procesado como culpabñe  dun delito de asasiñato sen circunstanzas.

Na súa virtude   e previas as maifestacións das partes , a Sala pronuncia sentenza  condeando  a Xosé López Rodrígue  á pena de cadea perpetua.

.....................................................................................................................................................................

 


 





Comentarios

Publicacións populares