SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA : REDUCIÓN Á ORDE DE SANTO AGOSTIÑO ( 1568 ) ( 608 )
SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA: REFORMA E REDUCIÓN Á ORDE DE SANTO AGOSTIÑO POR DECISIÓN PAPAL E MANDATO REAL ( 1568 )
( 608 )
O MOSTEIRO DE SANTA MARÍA MADALENA DE SÁRRIA NO ANO 1567
A ÚLTIMA COMUNIDADE DA ORDE DA PENITENCIA DOS VENERABLES MÁRTIRES DE CRISTO ( " MADALENOS )
1.- FREI ÁLVARO PÉREZ DE SÁRRIA, PRIOIRO PERPETUO ( POR BULDA PAPAL) Nunha primeira declaración feita o 3 de xaneiro de 1568 declara que o mosteiro ten a renda de 800 fanegas de pan centeo ( 43.200 quilos ) , 30 porcos cebados, 200 canados de viño ( 400 cántaras castelás ) e 100 cavaduras de viña en Pacios de Veiga ( na Pobra do Brollón ).
Dixo que tiña por bens propios 300 fanegas de centeo ( 16.200 quilos ) ,porcos, capóns e cabirtos, e que o mosteiro lle debía 800 ducados,
Que a prata que había no mosteiro era a dos obxectos litúrxicos que había na sancristía.
Os freires e leigos declararon cales eran os seus bens particulares
2,. FREI ÁLVARO DE SAN XULIÁN.- Declara ter por bens propios seus; 4 fanegas de centeo, 1 vaca , 1 becerra ( 3 /4 dela ), 6 reáis, 1 mula, 4 ou 5 canados de viño, algunha roupa a lavar, roupa branca , hábitos e algunhas menudanzas.
3.- FREI RODRIGO SÁNCHE DE OROZCO.- Declara ter por bens propios seus: 1 cama de roupa, os hábitos e menudanzas.
4.- FREI PEDRO SÁNCHEZ DE OROZCO .- Declara ter por bens propios seus : 1 cama pobre, 1 real e o hábito.
5.- FREI SEBASTIÁN DA CERVELA.- Declara ter por bens propios seus: 1 / 2 fanega de pan centeo de renda, 50 fanegas de centeo , 12 fanegas de trigo , 13 pipiñas de viño ( 4 cargas ), 9 ou 10 reáis , Debíanlle 156 reáis , 5 ducados. Tiña dúas camas de roupa , o hábito, 2 touciños , outras cousas e outro hábito.
6.- FREI ÁLVARO DE PADRIÑÁN .- Declara ter por bens propios seus : 14 celemíns de pan centeo de renda ( 3 tegas e media ), 12 bois e vacas. Debíanlle 20 ducados, 4 tegas de pan centeo, 1 cabalote con sela e adubíos , 2 touciños, o hábito , roupa branca, arcas , mesas e bancos.
7.- FREI XOÁN SÁNCHEZ, PREGADOR.- Declara ter por bens propios seus.: 1 mula enviada fora para vendela, 9 tegas de pan centeo en gra , os seus libros , unha cama de roupa, outra pouca roupa, hábitos , 7 reáis, arcas, mesas e bancos .
8.- FREI XOÁN DE ROSENDE .- Declara ter por bens propios seus : A lexitima herdada dos seus pais no couto de Betote e Rosende, 8 ou 10 cabezas de gado vacún, ovellas e cabras en Betote, Vilapedre e Padriñán dos que fixo doazón a Álvaro López de Rosende ( Ortoá ) e a Margarida López, sobriña, de Treilán, Unha arca de 3 ou 4 fanegas de pan centeo en gra dentro do mosteiro, un cabalote de sela con albarda, 2 reáis e un anel riba do que lle deben 2 ducados, e o anel era do entallador Bieito Fernández, Débenlle 300 reáis, deles 90 debíallos o mercader Quevedo, 3 fanegas de trigo na casa do pai de frei Sebastián da Cervela, 1 cama de roupa, 2 camastros, hábitos e roupas brancas, arquiñas ,mesas, bancos e libros. Tiña un criado,
9.- FREI PEDRO RODRÍGUEZ.- Declara ter por bens propios seus : O hábito que trai ás costas e 1 breviario polo que reza.
10.- FREI XOÁN DE ABUÍN.- Declara ter por bens propios seus,. 3 reáis en diñeiro, Bastián Rodríguez, crego de Sárria, debíalle 12 reáis , Antonio Gómez , crego de Castelo dos Infantes debíalle 22 reáis por unha misa semanaria na igrexa do mosteiro un ano enteiro , 1 cama de roupa, un cabezal, 2 mantas para mozos , bancos , mesas e un escano na cela, 1 hábito
11.- FREI MIGUEL DA CAL.- Declara ter por bens propios seus : 1 cama de roupa, o habito que trai e cousiñas na cela.
12.- FREI PEDRO DE FERREIROS.- Declara ter por bens propios seus : 1 cama de roupa, o hábito e cousiñas na cela, Antes tivera unha débeda de máis de 100 reáis.
13.- FREI ANDRÉ DE AIÁN.- Declara ter por bens propios seus : 7 tegas de pan, 3 reáis , 1 cama de roupa e cousiñas na súa dela. ( Non sabía escribir ).
14,. FREI FRANCISCO DA VILANOVA.- Declara ter por bens propios seus : 1 cama de roupa, 1 hábito.
15.- FREI XOÁN ENRIQUEZ, LEIGO.- Declara ter por bens propios seus: 1 cama de roupa, 1 hábito.
16.- FREI XOÁN DE MERA.- Declara ter por bens propios seus : 1 hábito., 2 fanegas de pan centeo na tulla do mosteiro ,A cama na que durmía era allea,
17.- FREI PEDRO RODRÍGUEZ DE PADRIÑÁN .- Declara ter por bens propios seus: 1 hábito. A cama na que durmía era allea,
************************************************************************************
REDUCIÓN NON DOADA
Este é un tratado ben e fielmente sacado dunha cédula real da Súa Maxestade asinada do seu real nome de Gabriel de Cayas e doutra provisión do moi reverendo padre frei Francisco Serrano, provincial que se dí ser da provincia de España da Ouservancia da Orde de Santo Agostiño, dirixida ao padre frei Diego López, prioiro do mosteiro de Santo Agostiño de Sañamanca, visitador da provincia de Salamanca, asinada do seu nome e frei Vicenzo de Quintanilla, notario público, e selada con un selo grande de cera colorada que o seu teor de cada unha delas . Unha cuxos dous traslados son:
Cédula real
Nós El-Rei a meiriño calquera outra xustiza da vila de Sárria e a cada un ou calquera dela a quen lle comprenda a nosa real cédula vexa por relación do reverendo e en Cristo padre bispo de Lugo, do real consello ou do seu vigairo ou sodelegado e de frei Diego López do Mosteiro de Santo Agostiño da cidade de Salamanca e visitador da visitación daquel partido : Entenderedes a comisión que leva para reformar e reducir á regular ouservancia da súa propia orde de Santo Agostiño , consonte ao que a súa beatitude ten proveído e ordeado, e para que así se faga e execute como convén mandámosvos que sempre que polas susoditas persoas vos sexa pedido vaiades na súa compaña ao dito convento e lles achaiedes a casa e as partes e portas del que sexa necesario e os asistades e favorezades en todo de maneira que sen estorbo nin embarazo algún poidan faceren a visita e reformación e redución do dito mosteiro e cumpriren enteiramente o que a súa santidade quere e manda como sexa de razón que por ser para tan evidente beneficio seu e servizo de Deus noso Señor e recibiremos de vós niso
De Aranjuez a cinco de setembro do ano de mil e cincocentos anos e sesenta e sete. Eu El-Rei. Por mandado da súa maxestade,. Gabriel de Cayas.
Provisión do provincial
Eu frei Francisco Serrano provincial da provincia de España da ouservancia da orde do noso pai Santo Agostiño por canto o noso moi santo padre manda visitar a reformar e reducir á regular ouservancia os mosteiros de relixiosos e relixiosas claustráis da nosa orde desten reino o que a maxestade real do rei don Filipe noso señor manda executar e levar a debido efecto. E polas miñas doenzas eu non podo asistir a iso nin facelo como convén , polo tanto pola presente e pola autoridade do noso Cabido e pola autoridade apostólica do noso moi santo padre Pio Quinto da que nesta parte encomendo e mando ao moi reverendo padre frei Diego López, prioiro do mosteiro de Santo Agostiño de Salamanca e visitador da visita desta provincia que por min e no meu nome e coma eu mesmo trate da visitación e reformación e redución á regular ouservancia de todos e calisquer mosteiros que han reducir e vir a esta provincia e á nosa obediencia pola orde que para iso a súa maxestade ten dado , para o que nomeo e sinalo e delego ao dito padre prioiro e visitador e doulle autoridade nas miñas veces. E autoridade e poder cumprido e para todo a el anexo e concernente para que poida n nomear e niso delegar para o de suso dito e para calquera cousa ou parte dela o relixioso ou relixiosos da nosa orde que lle pareza e facer e ordear todo o que eu podería facer presente sendo e mando en virtude de santa obediencia e so pena de excomuñón e maior a todos a todos os relixiosos desta nosa provincia que obedezan en todo e por todo ao dito padre visitador e lle dean favor e axuda e asistan ao que provea e ordene encol do de suso dito e que ninguén o impida direita nin indireitamente . En testemuño do que din a presente asinada do meu nome e selada co selo do noso oficio . No noso mosteiro de Santo Agostiño de Toledo a nove días do mes de decembro do ano do Señor de mil e cincocentos anos e sesenta e sete, De frei Francisco Serrano , provincial por mandado da súa paternidade frei Vicenzo de Quintanilla , notario apostólico-
Ao cal dito traslado da dita cédula real e da provisión e comisión do dito padre frei Francisco Serrano, provincial da dita orde de Santo Agostiño, que de suso van insertas e incorporadas , eu Gregorio Rodríguez , escribán da maxestade real , por mandado do moi magnífico e moi reverendo señor o doutor Antonio López Corujo, provisor da Santa Igrexa, cidade e Bispado de Lugo e Xuiz Apostólico reformador por man doutro a fixen escribir e sacar do propio orixinal e vai corrixido e e concertado co propio e orixinal na vila de Sárria a seis días do mes de xaneiro de mil e cincocentos e sesenta oito anos . Testemuñas que foron aquí presentes a velo, corrixir e concertar Macía López e Diego de Armesto , criados do dito señor provisor , Xuiz apostólico reformador.
E eu o dito Gregorio Rofríguez , escribán da maxestade real, por mandado do dito señor provisor e Xuíz apostólico reformador susodito que aquí asina. O seu nome escribín e saquéi do dito tratado da cédula real e provisión e comisión do dito provincial por man de outro e dou fe diso. , fixen aquí o meu acosstumado sino que é tal en testemuño de verdade. Gregorio Rodríguez. O Doutor Antonio López Corujo.
Digo eu o padre frei Diego López, prioiro do mosteiro de Santo Agostiño de Salamanca que recollín de Gregorio Rodríguez, escriban , a cédula real e comisión do dito padre provincial, cuxos traslados son estes de atrás e asineino do meu nome . Feito no mosteiro da Madalena de Sárria a sete días do mes de xaneiro de mil cincocentos sesenta e oito . Frei Diego López, visitador.
PROVISIÓN DO BISPO DE LUGO
Don Fernando de Velosillo , pola graza de Deus e da Santa Igrexa de Roma e señor da cidade e Bispo de Lugo, do Consello da súa Maxestade, por canto por breve do noso moi santo padre Pío Quinto a petición da maxestade real do rei don Filipe noso señor, cometeunos e ten mandado reducirmos e que reduzamos á regular ouservancia todos os mosteiros conventuáis desta nosa Diocese, e en especial que reduzamos á regular ouservancia de Santo Agostiño o mosteiro da Madalena da dita vila de Sárria sito nesta nosa diocese.
E por canto que estamos impedido en outros negocios que necesariamente requiren a nosa asistenza, non podemos pola nosa persoa ir a facer a dita redución e dilixenzas que encol dela se requiren , confiando da prudencia e rectitude de vós o doutor Antonio López Corujo, o noso provisor, mandámosvos e cometemos as nosas voces e expresamente subdelegamos no noso lugar., nombréi para que visite o dito mosteiro da Madalena e a outras calisquer partes e lugares que necesario for e fagades aprensión de todos os bens mobles e raíces e semoventes que achedes no dito mosteiro e que os ditos frades del teñan e posúan e lles pertenzan en calquera maneira, en común e en particular en nome da ord regular e ouservancia de Santo Agostiño e tomade e apreedede e facede tomar, apreen+der a posesión de todos eles, os que entregade e tamén o dito mosteiro e casa aoreverendo padre frei Diego López, prioiro de Santo Agostiño de Salamanca e xeral da dita orde hánselle entregar, e para que poidades proceder por actuación segura e rigor de dereito contra das persoas que volo impidan e rebeldes sexan a esta invocación do auxilio regular seglar, privar e suspender, absolver e condear e para todo iso e a cada unha cousa e parte dámosvos o dito poder cumprido pola autoridade apostólica de que nesta parte usamos plenariamante coas súas incidencias e dependencias, anexidades e conexidades no que vos ocuparedes os días que sexan necesarios dos ditos bens quince maravedís cada día . En testemuño do que demos a presente asinada da nosa man e selada co noso selo e refendrada do notario infraescrito. Dada na cidade de Lugo a vinte e seis días do mes de decembro de mil e cincocentos e sesenta e sete. Fernandus . Episcopus lucensis. Por mandado do Bispo, meu señor , Luis de Ruelta, notario e segredario.
REQUERIMENTO FEITO Á XUSTIZA DE SÁRRIA COA CÉDULA REAL
Na Fortaleza da Vila de Sárria a tres días do mes de xaneiro do ano de mil cincocentos e sesenta e oito perante o magnífico e moi reverendo doutor Antonio López Corujo provisor e vigairo xeral da Santa Igrexa, cidade e Bispado de Lugo , polo moi ilustrísimo señor don Gregorio Rodríguez escribán da Súa Maxestade e das testenuñas de suso escritos requiríu ao señor Rodrigo de Yebra , Alcaide da dita fortaleza e meiriño e xuiz da dita vila , cunha cédula real da súa maxestade asinada do seu real nome e refrendada de Gabriel de Cayaes para que consente se lea e o seu cumprimento do que por ela lle será mandado pola súa maxestade fose co dito señor provisor ao Mosteiro da Madalena da dita vila a darlle o favor e a axuda necesarios para que o dito señor provisor poidese entrar no dito mosteiro e facer a apreensión del e dos bens del para que fose reducido á regular ouservancia de Santo Agostiño e entregado cos ditos bens ao reverendo padre frei Diego López, prioiro do Mosteiro de Santo Agostiño e a quen a súa maxestade e o dito señor reverendísimo de Santo bispo lle mandaban entregar . E vista lida polo dito Rodrigo de Yebra meiriño e posta a de susodita nas súas mans e beixóuna e púxoa riba da súa cabeza e a obedecía coa reverencia e acatamento debido e en cumprimento dela dixo que estaba presto e aparellado de facer en todo o que pola súa maxestade e a dita real cédula sexa mandado E de dar o favor e axuda necesario ao dito señor provisor , asistir e favorecelo en todo parque sen estorbo nin embargo algún poidese facer a visita, reformación e redución do dito mosteiro e cumprir enteiramente o que pola súa maxestade e a súa santidade era mandado. E así foise de seguido co señor provisor ao dito mosteiro da Madalena no que entraron e fixeron as cousas e autos seguintes e ao que se acharon presentes Xoán Franco de Guitián , digo , veciño das Nocedas e Macía López, criado do dito señor provisor. O que dou fe que pasóu perante min, Gregorio Rodríguez , Escribán.
COMO O SEÑOR PROVISOR NO DITO MOSTEIRO FIXO XUNTAR O PRIOIRO E MÁIS FREIRES DEL
Despóis do susodito dentro da igrexa e mosteiro da Madalena da dita vila de Sárria aos ditos tres días de xaneiro de mil cincocentos e sesenta e oito anos perante o o dito doutor Antonio López Corujo provisor do dito bispado perante o dito escribán sendo presentes as testemuñas fixo xuntar nunha capela do dito mosteiro convén a saber a frei ÁLVARO PÉREZ DE SÁRRIA, prioiro e frei XOÁN SÁNCHEZ, pregador , e frei SEBASTIÁN DA CERVELA e frei RODRIGO RODRÍGUEZ, e frei XOÁN DÍEZ DE GUITIÁN , e frei XOÁN DE ABUÍN , e frei MIGUEL DA CAL , e frei RODRIGO DE FERREIROS , e frei ANDRÉ DE AIÁN, frei AFONSO DE SAN XULIÁN, e frei RODRIGO DE OROZCO e frei PEDRO SÁNCHEZ DE OROZCO, os que así xuntados na presenza do dito señor provisor e estando presentes tamén o moi reverendo padre frei Diego Lóepz , prioiro e vistador da orde e ouservancia de Santo Agostiño e o dito Rodrigo de Yebra meiriño e xustiza , o dito frei Diego López entregóu unha cédula da súa maxestade ao dito frei Álvaro Pérez de Sárria, prioiro , a que en presenza de todos mandóu ler segundo viña dirixida para o dito convento pola que a súa maxestade lle facía saber en como a súa santidade mandaba polo seu breve reducir á regular ouservancia de Santo Agostiño o dito mosteiro e freires e o tivesen por ben e así lida a dita real cédula o dito frei Álvaro Pérez gardouna e quedóu no seu poder e logo o dito señor provisor sacóu unha provisión do señor bispo do Bispado de Lugo asinada da súa man e selada do seu selo e refrendada de Luis de Ruelta o seu sehredariom , a que fixo ler a min o dito escribán e nela o dito reverendísimo señor sustituía e subrogaba no seu lugar ao dito señor doutor Antonio López Corujo e cometíalle as súas veces para que no seu lugar e pola autoridade apostólica del cometida viñese ao dito mosteiro da Madalena e reducilo á regular ouservancia de Santo Agostiño , entregalo cos bens del anexos ao dito reverendo padre Diego López, prioiro, a cal dita provisión orixinalmente queda e está cosida no principio deste proceso e logo e por virtude dela o dito señor provisor e pola autoridade apostólica e lles .......... por virtude da dita cédula real dixo que mandaba e mandóu por virtude de santa obediencia e so pena de por un trina canónica premisa late sentencia aodito padre e freires que presentes estaban obedecesen o breve da súa santidade que en razón da dita redución estaba concedido e en cumprimento del lle desen as chaves do mosteiro e do santísimo sacramento e sancristía que llas entregase ao dito reverendísimo padre frei Diego López no nome da regular ouservancia de Santo Agostiño e do provincial da dita orde con todos os bens que o dito mosteiro tiña e posuía así en común como en particular os freires as ditas cédulas reáis e mandamento e provisión do dito señor reverendísimo bispo e o mandado polo dito señor provisor o dito frei Álvaro Pérez de Sárria , prioiro, en nome dos demáis freires que ali estaban e por el dixo que obedecía e que obedecéu as ditas cédulas reáis e o que polo dito señor provisor fora mandado coa reverencia e acatamento debido e en canto ao cumprimento que apelaba das ditas provisións e cédulas e mandamentos para diante da súa santidade e a súa maxestade dicindo que el era prioiro perpetua da dita casa e mosteiro por provisión apostólica e que non podía ser desposeído por todos os días da súa vida e nembargantes diso o dito señor provisor dixo que a súa santidade o mandaba así e tiña proveído e a súa maxestadec diso era servido de había facer a dita redución e habíase entregar o dito mosteiro e os bens del ao dito padre frei Diego López no nome da regular ouservancia de Santo Agostiño como o tiñan mandado e que así o andaba a mandar pola autoridade apostólica del cometida e ordenaba notificar ao dito Rodrigo de Yebra , meiriño, dea forza a real cédula proveída pola súa maxestade e mandóu lle dese favor e schaiase o dito mosteiro para que puidese facer as diilixencias nrcesarias e convintes e entregarllo ao dito reverendo padre frei Diego López e o dito meiriño dixo que estaba presto e aparellado de darlle o favor necesario e achaiar do dito señor provisor era proveído e mandado ao que estaban presentes e por testemuñas o dito Xoán Franco de Guitián, Diego López das Nocedas e Macía López, criado do dito señor provisor e Francisco Díaz de Guitián e Diego da Cervela , aguacil e Pablo Vázquez acede , e Vasco de Castro de Sárria e o dito señor provisor e asinóu da súa man o doutor Antonio López Corujo, provisor e xuiz apostólico, o cal dou fe. Pasóu perante min. Gregorio Rodríguez,
ENTREGA DO MOSTEIRO E POSESIÓN DEL E DOS BENS
E logo incontinente dentro do dito mosteiro da Madalena de Sárria , o dito día, mes e ano anteditos o dito señor doutor Antonio López entróu na sancristía do dito mosteiro na que achóu unha cruz de prata dourada co seu pé , un botafumeiro de prata coa súa naveta, dúas viñaxeiras de prata douradas, sete cálices de prata coas súas patenas, os cinco deles dourados, un terno de damasco branco coa súa cenefa e faldóns de carmesí dourado, unha capa do mesmo e outros ornamentos que llos entregóu ao dito reverendo padre frei Diego López . E xuntanmente a chave da dita sancristía e do santísimo sacramento e logo o dito señor provisor foi á ala da dita casa e mosteiro a unha cámara onde o dito frei Álvaro Pérez tiña moitas escrituras e libros e memorias da renda e facenda do dito mosteiro e entregóu a chave da dita cámara e escrituras e cousas que nela estaban ao dito reverendo padre frei Diego López e logo baixóu á adega e celeiro onde estaban as cubas do viño e as tullas con centeo e trigo e achóu dúas cubas grandes con viño e outras moitas valeiras e unha tulla con centeo onde dixeron estaba e había seiscentas fanegas de trigo pouco máis ou menos e entregóu as chaves de todo iso ao dito reverendo padre frei Diego López e logo tomouno da man e paseouno pola igrexa do dito mosteiro e entregoulle as chaves da porta del e botóu fora ao dito frei Álvaro Pérez de Sárria, prioiro que fora e ás demáis persoas que de presente con el estaban e pechóu a porta do dito mosteiro e polos ditos actos posesorios e por cada un deles o dito señor doutor Antonio López, provisor dixo daba e deu posesión actual, real, persoal así do dito mosteiro e dos bens mobles e raíces e semoventes e rendas e dereitos e racións a el anexos , debidos e pertencentes , ao dito frei Diego López en nome da regular ouservancia de Santo Agostiño , teña, posúa , rixa, goberne e administre o dito mosteiro ,casa, bens , rendas, dereitos e accións a el anexos , debidos e pertencentes despoóis del aos prioiros que no nome da dita regular ouservancia de Santo Agostiño sexan enviados , nomeados e deputados. E mandaba e madóu en virtude de santa obediencia e so pena de excomuñón e pola autoridade apostólica de que nesta parte usaba que por maneira algunha non lle molestase, inquietase nin perturbase a dita posesión e os rendeiros , foreiros e persoas que deben calqueira rendas e débedas e deberen de aquí endiante ao dito mosteiro acudan con todo iso e con cada unha cousa e parte dela ao reverendo padre frei Diego López e aos prioiros que no nome da regular ouservancia de Santo Agostiño estiveren na dita casa e mosteiro e a quen o seu poder tiver . E o dito reverendo padre frei Diego López que presente estaba a todo o de suso dixo que polos ditos autos posesorios e por cada un deles se daba e deu por apoderado na posesión real , corporal , actual , belcasi do dito mosteiro da Madalena e de todos os bens e rendas , dereitos e racións del anexos, e pertencentes en calquera maneira no nome da regular ouservancia de Santo Agostiño e de alí en diante protestaba usala e continuar a dita posesión e pediuno por testemuño e asinouno do seu nome e tamén o asinóu o dito señor prioiro estando presentes os testemuños Xoán Franco , Diego das Nocedas,e Macía López, criado do dito señor provisor, e Francisco Díaz de Guitián , e Diego da Cervela , aguacil, e Pedro López, alcalde ordinario e veciño da dita vila , e Rodrigo de Yebra , meiriño e e xustiza de suso dito que asistíu aos ditos autos . O doutor A. López Corujo , provisor e xuiz apostólico, frei Diego López, visitador . Pasóu perante min, Gregorio Rodríguez.
XURAMENTO DA RACIÓN QUE SE TOMÓU A FREI ÁLVARO PÉREZ , PRIOIRO, DOS BENS DO MOSTEIRO
En logo incontinente dentro da dita igrexa e mosteiro da Madalena da dita vila de Sárria , o señor provisorb e xuiz apostólico de suso dito para saber os bens e rendas que hai no dito mosteiro así da comunidade como en particular, tomóu xuramento en forma de dereito do prioiro Álvaro Pérez de Sárria, consonte ao seu hábito e tonsura, o que o fixo cumpridamente e da confesión del dixo " Si xuro " e "Amén " e prometéu dicir verdade , do cal dou fe que pasóu perante min Gregorio Rodríguez , escribán.
Item.- O dito frei Álvaro Pérez , proioiro do dito mosteiro da dita vila de Sárria , tendo xurado segundo forma de dereito consonte ao seu hábito e tonsura , polo dito señor provisor en presenza do dito padre frei Diego López , visitador e prioiro de suso dito, fóronlle feitas as seguintes preguntas.
- Preguntado que bens ten a dita casa e mosteiro da Madalena de Sárria , así mobles como raíces en común, dixo que a casa e mosteiro ten de renda en cada un ano oitocentas fanegas de pan centeo de renda das que ten escrituras e recaudo segundo o arquivo da dita casa e tamén dixo que tiña a dita casa e mosteiro en cada un ano trinta porcos cebados en cada un ano e douscentos canados de viño de renda e máis tamén que en cada un ano son catrocentas cántaras castelás.
- Preguntado diga e declare so pena de perxuro e diga en por un que outros bens raíces e rendas o dito mosteiro ten, dixo que non sabe outra cousa e que a dita casa e mosteiro ten como cen cavaduras de viña no lugar de Laiosa e no lugar de Pacios de Veiga,
- Preguntado diga e declare que outros bens o dito prioiro ten en particular por seusm dixo que non acorda ben dos bens que ten e a isto parécelle terá trescenta fanegas de pan centeo de renda en cada un ano e disto di en obriga a algunhas persoas para restituir e tamén dixo que tiña de renda porcos, capóns e cabuxos que non acorda por el cal é a cantidade que son.
- Preguntado diga e declare que outros bens mobles ten a dita casa e mosteiro e que prata hai nela , o cal dixo que habería na sancristía e isto respondéu a todo o que lle foi preguntado e asinouno da súa man , e tamén o asinóu o dito señor e provisor , o dito Antonio López , provisor e xuiz apostólico . Frei Álvaro Pérez, perante min Gregorio Rodríguez, escribán.
E logo o dito señor provisor fixo preguntar ao dito prioiro diga e declare so cargo do xuramento que feito ten , que diñeiro, ouro e prata ten de seu en particular e en comunidade , o cal dixo e respondéu que tiña certo libro de contar polo que entendía lle debía a dita casa e mosteiro oitocentos ducados pouco máis ou menos , e que tiña de bens de presente en diñeiro vinte ducados , pouco máis ou menos, e isto respondéu á dita pregunta e asinouno o dito señor provisor e Xuiz Apostólico , frei Álvaro Pérez , prioiro, perante min , Gregorio Rodríguez, escribán.
COMO SE VISITARON AS CELAS DOS DITOS FREIRES E OS BENS QUE CADA UN DECLARÓU TIÑA EN PARTICULAR
E logo encontinente este mesmo día , tres días do dito mes de xaneiro de mil e cincocentos e sesenta e oito anos, o dito señor provisor, acompañado do padre frei Diego López, foi visitar a cela do padre frei ÁLVARO DE SAN XULIÁN e nela o dito señor provisor na presenza de min, escribáne notario público de suso dito. tomóu e recibiu xuramento en forma . dado consonte ao seu hábito e tonsura , que neste caso sobre lle era tomado xuramento sobre lle era tomado xuramento so pena de excomuñón, diría verdade do que el souber e polo que fose preguntado e que así o fixese Deus o axudase e en non o facendo llo demandas e á conclusión e confusión del dixo " Si, xuro" e "Amén " e prometéu dicir verdade , o cal dou fe que pasóu perante min, Gregorio Rodríguez, escribán.
- Preguntado diga e declare so cargo do xuramento que feito ten os bens así mobles como raíces que ten e posúe por seus en particular , e dixo que tiña certo pan centeo de renda en cada un ano no lugar de Cesár , serían catro fanegas de pan centeo, as que son súas e do seu irmán , de patrimonio dos seus pais e que tamén ten unha vaca parideira e unha becerra na casa de Alonso de Nai en Barbadelo e que da becerra ten un cuarto dela o dito Alonso de Nai, ten unhas aequiñas e unha cama de roupa na que durme e o seu hábito.
- Preguntado se ten ocultado e escondido ou trocóu algúns bens dixo que non ocultóu nin escondéu nin ten nin ten con troco ningúns bens e posúe unha mula nova e catro ou cinco canados de viño nun cubeto que está na casa do dito Alonso e algunha roupa que ten a lavar fora da casa , así de roupa branca como de hábito e outras miudanzas para o seu servizo que están na dita cela e asinóuno o doutor Antonio López Corujo, provisor e Xuiz apostólico. Frei Álvaro de San Xulián Perante min , Gregorio Rodríguez, escribán.
DE FREI RODRIGO DE OROZCO
E logo encontinente no dito mosteiro da Madalena de Sárria este dito día , mes e ano atrá contidos , o dito señor provisor na presenza do dito padre frei Diego López , visitador e prioiro de suso ditos , foi a visitar a cela do padre FREI RODRIGO DE OROZCO e nela o dito señor provisor perante min o dito escribán público tomóu e recibiu xuramento en forma de dereito consonte ao seu hábito e tonsura, que neste caso diría a verdade , so pena de excomuñón e se así o fixese Deus o axudase neste mundo ao corpo e a alma á mesma, o contrario facendo llo demandase á confusión e conclusión do dito xuramento dixo " Si, xuro" e "Amén " e prometéu de dicir verdade, o cal dou fe que pasóu perante min, Gregorio Rodríguez, escribán.
- Preguntado diga e declare so pena de perxuro dos bens así mobles como raíces e renda ten, dixo que non ten ningúns bens raíces nin rendas e que ten de bens mobles unha cama de roupa na que durme e os seus hábitos e outras miudanzas para o seu sevizo na dita cela e respostóu que non ten outros ningúns bens nin os escondéu nin ocultado e asinouno da súa man e tamén o asinóu o dito señor provisor, o doutor Antonio López, prioiro e visitador apostólico.Frei Rodrigo Sánchez de Orozco, pasóu perante min, Rodrigo Rodríguez,
DE FREI PEDRO SÁNCHEZ DE OROZCO
E logo encontinente no dito mosteiro da Madalena de Sárria este dito dia tres de xaneiro do dito ano de mil e cincocentos e sesenta e oito o dito señor provisor na presenza do dito padre frei Diego López visitador, e prioiro do susodito, entróu na cela de frei Pedro Sánchez de Orozco , freire do dito mosteiro e o dito señor provisor perante o dito señor escribán tomóu o xuramento en forma de dereito consonte ao seu hábito e tonsura , o cal fíxoo cumprodamente e á confusión del so pena de excomuñón, prometéu de dicir verdade do que dou fe e fóronlle feitas as preguntas seguintes:
- Preguntado diga e declare so cargo do xuramento que fixo e de perxuro e de excomuñón os mobles, raíces, pan, viño e diñeiro de renda que ten por seu particular, respondéu que non tiña ningúns bens mobles nin raíces senón tan soamente unha cama pobre e un real e decraróu que non escondéu outros ningúns e respondeuno e asinouno e tamén o dito señor provisor o doutor Antonio López , provisor e Xuiz apostólico. Frei Pedro Sánchez de Orozco. Perante min Gregorio Rodríguez, escribán,
DE FREI SEBASTIÁN DA CERVELA
E logo encontinente dentro do mosteiro da Madalena de Sárria, da vila de Sárria, este dito día tres do dito mes de xaneiro de mil cincocentos sesenta e oito anos, o dito señor provisor e Xuiz apostólico de suso dito na presenza do reverendo padre frei Diego López, visitador, foi a ver e visitar a cela de Frei Sebastián da Cervela, freire do dito mosteiro perante min , o escribán público, tomoulle xuramento en forma de dereito, consonte ao seu hábito e tonsura, o cal fíxoo cumpridamente , e á confusión e condenación do dito xuramento dixo " Si, xuro " e "Amén" e prometéu de dicir verdade do que dou fe que pasóu perante min.
- Preguntado diga e declare so cargo do xuramento que ten feito e dea razón que bens mobles e raíces , pan, viño , de renda, diñeiros , ouro, prata que ten por ser seus en particular , dixo que ten media fanega de pan de renda na casa de Álvaro Díaz da Veiga , irmán seu, que lle dá e paga pola parte do dito lugar que lle cabéu por patrimonio dos seus pais e que tiña cincuenta fanegas de pan centeo pouco máis ou menos e como doce fanegas de trigo todas nunha das arcas do dito mosteiro e que ten na adega da dita casa e mosteiro unha pipa de que bebe e que trae trece pipiñas de viño que será en todo catro cargas de viño sen o que está na adega. E que terá nove ou dez reáis e débenlle os ducados seguintes : Primeiramente débelle Pedro López de San Vicenzo vinte reáis e Álvaro López, veciño de San Pedro de Maside, débelle oito reáis e a muller de Pedro dous e outro veciño do lugar de Frades dazaséis reáis e Sebastián da Veiga cen reáis , Diego López, escribán , veciño da vila de Sárria, cinco ducados e o máis que dixera e non trai máis débedas en que se acordando as declarará e tamén ten na súa cela dúas camas de roupa de mudar e outras cousiñas da súa cela e servizo e o seu hábito e que fora da súa casa ten dous touciños e outras cousas de comer e roupa branca a lavar e un hábito, e isto respondéu e dixo e asinouno o dito señor provisor o doutor Antonio López provisor e Xuiz apostólico. Frei Sebastián. Pasóu perante min , Gregorio Rodríguez.
DE FREI ÁLVARO DE PADRIÑÁN
E logo encontinente dentro do mosteiro da Madalena, día , mes e ano atrás contidos , o dito señor provisor e xuiz apostólico de suso dito , foi a ver e visitar a cela de frei Álvaro de Padriñán, freire do dito mosteiro , e nela na presenza de min o escribán público, o dito señor provisor tomóu e recibíu xuramento en forma consonte ao seu hábito e tonsura e el fíxoo cumpridamente e á confusión del dixo:"Si, xuro" e " Amén" e prometéu de dicir verdade e so cargo del fóronlle feitas as preguntas seguintes:
- Preguntado diga e declare so cargo do xuramento feito ten e declaración de bens mobles e raíces . pan, viño de renda , diñeiros, ouro e prata que ten e posúe por seus en particular , dixo que ten catorce celemíns de pan de pan de renda que son tres tegas e media de pan centeo na casa de Fernando do Piñeiro , veciño do Couto de Betote , que el compróu e está a escritura no poder de Antonio Díaz de Guitián , escribán, e que a lexítima que lle tocóu dos seus pais deixoulla ao seu irmán e máis hai de vinte días, e que el ten doce bois e vacas , pouco máis ou menos , dos que e no poder de quen están dará a memoria máis en particular e que non ten diñeiros mais que lle deben algunhas persoas até vinte ducados , cuxa memoria dará máis particularmente e que terá catro tegas de pan centeo em gra e que ten un muleto coa súa sela e aderezos e dous touciños que están na Veiga na casa de Xoán da Áspera e que ten o seu hàbito e outras cousiñas de roupa branca na súa cela do seu servizo e unha cama de roupa e outra para un mozo seu e outras miudanzas de arcas , de mesas e bancos e que non escondéu ningúns bens e respondéu e asinouno o dito señor provisor o doutor Antonio López , provisor e Xuiz apostólico. Frei Álvaro de Padriñán. Pasóu perante min, Roddrigo Rodríguez, escribán.
DE FREI XOÁN SÁNCHEZ, PREGADOR
E logo encontinente no dito mosteiro da Madalena da dita vila de Sárria este dito día tres días do dito mes de xaneiro de mil cincocentos sesenta e oito ano, o dito señor ptovisor e Xuiz apostólico de suso dito na presenza do dito prioiro e visitador foi a ver e visitar a cela do padre frei XOÁN SÁNCHEZ, pregador, e nela polo dito dito señor provisor na presenza de min, escribán, tomóu e recibiu xuramento en forma de dereito consonte ao seu hábito e tonsura, que o fixo cumpridamente e á confusión del dixo " bSi, xuro" e "Amén" e prometéu dicir verdade. E so cargo del foron feitas as seguintes preguntas:
- Preguntadio diga e declare so cargo do xuramento que ten feito e de declarar polos bens mobles e raíces e pan e viño de renda, e ouro, prata e diñeiros que ten por seu en particular , dixo quen non ten ningúns bens raíces , nin pan, nin viño de renda e que ten a mula de que xa está inventariada a que hai moitos días que a envióu para que se vendese e que ten en gra até nove tegas de pan centeo. E os seus libros e unha cama de roupa e outra pouca roupa para o seu uso persoal del e os seus hábitos e que ten até sete reáis e outras cousiñas de arcas, mesas e bancos, e que se outras cousas se lle acordan as dirá e declarará e non escondéu outros ningúns bens e isto respondéu e declaróu e o asinóu da súa man e o dito señor provisor tamén e asinóu o doutor Antonio López, provisor e Xuiz apostólico. Frei Xoán, Pasóu perante min, Gregorio Rodríguez.
DE FREI XOÁN DE ROSENDE
E logo encontinente no dito mosteiro da Madalena da dita vila de Sárria este dito día tres do dito mes de xaneiro do dito ano de mil e cincocenmtos e seenta oito anos, o dito señor provisor e Xuiz apostólico de suso dito en presenza do dito padre frei Diego López , prioiro e visitador susodito foi a ver e visitar a cela de frei XOÁN DE ROSENDE freire do dito mosteiro e nela o dito señor provisor del tomóu e recibiu xuramento en forma de dereito consonte ao seu hábito e tonsura . E el fíxoo cumpridamente e á confusión e conclusión del dixo " Si, xuro" e " Amén " .E prometéu de dicir verdade so cargo do dito xuramento , polo dito señor provisor foille preguntado o seguinte :
- Preguntado diga e declare so cargo do xuramento feito bens e dereitos, bens mobles e raíces, pan e viño de renda, diñeiro e ouro e prata que ten e posúe por seus en particular dixo que ten a lexítima da herdanza que lle tocóu polos seus pais no Couto de Betote e Rosende e os seus arredores que así non está partido entre os seus herdeiros e que tiña oito ou dez cabezas de gado vacún, algunhas cabezas de ovellas e cabras e nas freguesías de Betote, Vilapedre e Padriñán e que fixo doazón diso Álvaro López de Rosende , irmán seu, veciño de Santa María de Ortoá , e a Margarida López. a súa sobriña, veciña de Treilán, pode haber tres meses pouco máis ou menos. E que ten unha arca que terá catro ou cinco fanegas de pan en gra que están na dita casa e mosteiro e un muleto de sela con albarda e que no seu poder non ten máis de dous reáis e un anel que lle deben riba del dous ducados e o anel é de Bieito Fernández, entallador,e riba del debe os ditos dous ducados. E tamén dixo que lle deben trescentos reáis e as persoas que llo debían e canto serán as seguintes aínda que non acordará de todas : Quevedo, mercader , veciño da dita vila de Sárria débelles noventa reáis pouco máis ou menos e os demáis non se lle acordaban ben , o cal dixo que as daría expresadas e especificadas pola súa conta e e memoriáis e que tamén ten dúas fanegas de trigo na casa do padre frei Sebastián da Cervela , e que ten unha cama de roupa e dous camastros e os seus hábitos e roupas brancas e outras cousiñas da súa cela, de arquiñas e mesas, e bancos e libros.
- Preguntado declare se sacóu ou escondéu algúns bens así mobles como raíces , diñeiro, ouro e prata dixo que el non agachóu nada e non tiña ou tivo ningúns bens agás que se algunhas cousas deu e sacóu que a persoas a quen estaba obrigado e o debía de servizo ao seu criado e a outras persoas e el responde ao que lle foi preguntado e asinouno da súa man , tamén o asinóu o dito señor provisor o doutor Antonio López , provisor e Xuiz apostólico. Frei Xoán de Rosende . Pasóu perante Rodrígo Rodríguez.
- E logo o dito señor provisor mandóu ao dito padre frei Xoán de Rosende que estaba presente, en pena de execución dentro de un día ......memorial asinado da súa man , das persoas que lle deben os ditos diñeiros e cada un o canto e que bens e maravedises deu e pagóu ás persoas que di no seu dito era obrigado e a que persoas o deu e pagóu e que tanto foi e canto tempo hai que o deume pagóu para poñelo no proceso e autos desta reformación deste dito mosteiro da Madalena e así o mandóu e asinóu da súa man estando o dito frei Xoán de Rosende presente, a quen eu o dito escribán llo notifiquei. O doutor Antonio López, provisor e Xuiz apostólico. Pasóu perante min Rodrigo Rodríguez.,
DE FREI PEDRO RODRÍGUEZ
E logo enonteniente no dito mosteiro da Madalena de Sárria de este dito dia tres do dito mes de xaneiro do dito ano de mil cincocentos e sesenta e oito anos , o dito señor provisor e Xuiz apostólico de suso dito en presenza do dito frei Diego López foi a ver e visitar a cela de frei PEDRO RODRÍGUEZ que era na cela de frei Xoán de Rosende e nela o dito señor provisor perante min o dito escribán publico del tomóu e recibiu xuramento en forma de dereito consonte ao seu hábito e tonsua e el fíxoo cumpridamente e á confusión e conclusión del dixo " Si,, juro" e "Amén" e prometéu de dicir verdade e so cargo del fóronlle feitas as preguntas seguintes :
- Preguntado diga e declare so cargo do xuramento que feitos , bens , mobles e raices. diñeiros. ouro e prata , pan e viño de renda ten por seus particularmente, O cal dixo que non tiña ningúns mobles mobles, nin raíces, ouro nin prata , nin máis que tan soamente un hábito que trai a costas e un breviario polo que reza e el respondeuno e asinouno do seu nome e tamén o asinóu o dito señor provisor o doutor Antonio López, provisor e Xuiz apostólico. Frei Pedro Rodríguez. Pasóu perante min Gregorio Rodríguez.
DE FREI XOÁN DE ABUÍN
E logo encontinente no dito mosteiro da Madalena de Sárria este dito tres días do mes de xaneiro de mil e cincocentas e sesenta e oito anos, o dito señor provisor na presenza do dito padre frei Diego López prioiro e visitador de suso dito foi á cela de frei XOÁN DE ABUÍN , freire do dito mosteiro do cal o dito señor provisor perante de min o dito escribán tomóu e recibiu xuramento en forma consonte ao seu hábito e tonsura e so pena de excomuñón que neste caso diría a verdade do que soubese e fose preguntado e se así o fixese Deus o axudase, o contrario facendo llo demandase, e á confusión dixo " Si, xuro " e "Amén e prometéu de decir verdade , o cal dou fe que pasóu perante min Gregorio Rodríguez, escribano.
- Preguntado diga e declare so cargo do xuramento que ten feito e excomuñón , bens, mobles e raíces, pan e viño de renda, diñeiros ouro e prata ten pos seu particularmente, o cal dixo que el non ten ningunhas propiedades nin rendas nin gados , senón somente ten en diñeiros tres reáis e Sebastián Rodríguez, crego , veciño da vila de Sárria, débelle doce reáis e tamén lle debe Antonio López, crego de Castelo das Infantes , vinte e dous reáis que quedóu de llos pagar porque dixese cada semana unha misa dentro da igrexa do dito mosteiro , un ano enteiro que se cumpre á fin do mes de marzo primeiro que ven deste ano de sesenta e oito. E que tamén ten unha cama de roupa na que durme e máis un cabezal e dúas mantas pra mozos e outras cousiñas que ten na dita cela de bancos e mesas e un escano que ten na mesma cela para o seu servizo e o seu hábito e que non ten outros bens nin escondéu ningún e isto declaróu ao que se lle preguntóu e asinouno. E tamén o asinóu o dito señor provisor a rogo de frei Xoán, que non sabía asinar e rubricouno da rúbrica que aquí vai feita. O doutor Antonio López , provisor e Xuiz apostólico, Perante min Gregorio Rodrguez, escribán.
DE FREI MIGUEL DA CAL
E logo encontinente no dito mosteiro da Madalena de Sárria este día de tres días do dito mes de xaneiro do dito ano de mil e cincocentos e sesenta e oito anos , o dito señor provisor e Xuiz apostólico susodito reformador na presenza do dito padre frei Diego López prioiro e visitador susodito , foi a ver e visitar a cela do padre frei MIGUEL DA CAL , e nela del o dito señor provisor perante de min o dito escribán , e notario público susodito tomóu e recibiu xuramento en forma consonte ao seu hábito e tonsura o cal o fixo cumpridamente e á confusión e conclusión del dixo "Si, xuro" e "Amén " e prometéu de dicir verdade so cargo do cal lle fixeron as preguntas seguintes :
- Preguntado diga e declare que bens mobles e raíces , pan e viño de renda , diñeiros, ouro e prata ten por seu particularmente, O cal dixo que non ten ningúns bens mobles nin raíces , senón tan somente unha cama de roupa e un hábito que trai e outras cousiñas na súa cela para servizo da súa persoa e respendéu e asinóuno da súa man e tamén o asinóu o señor provisor e Xuiz apostólico . Frei Miguel. Perante min, Gregorio Rodríguez, escribán.
DE FREI PEDRO DE FERREIROS
E logo encontinete no dito mosteiro da Madalena de Sárria, este dito tres días do dito mes de xaneiro do dito ano de mil e cincocentos e sesenta e oito anos, o dito señor provisor na presenza do dito padre frei PEDRO DE FERREIROS , freiredo dito mosteiro e nela o dito señor provisor perante min o dito escribán e notario publico susodito tomóu e recibiu xuramento en forma consonte ao seu hábito e tonsura . O cal fixoo cumpridamente e á confusión e conclusión del dixo "Si ., juro" e "Amén" . E prometéu decir verdade , so cargo do que lle foi encargado respondese ás preguntas seguintes:
- Preguntado diga e declare so cargo do xuramento que feito ten e excomuñón , bens, mobles e raíces , pan e viño de renda , bois e vacas e gadosm diñeiros, ouro e prata ten por seus particularmente . O cal dixo que non tiña ningúns bens mobles nin raíces, nin pan nin viño de renda , non bois nim vacas, nin outros gados , nin diñeiros , que antes debía máis de cen reáis, e que só ten unha cama de roupa na que durme e o seu hábito e outras cousiñas que ten na súa cela para servizo da súa persoa, e menos escondera ningúns bensm E isto respondéu . E asinouno o dito señor provisor e Xuiz apostólico. Frei Pedro de Ferreiros. Perante min, Gregorio Rodrñiguez, escribán.
DE FREI ANDRÉ DE AIÁN
E logo encontinente no dito mosteiro da Madalena de Sárriaa este dito día tres días do dito mes de xaneiro do dito anos de mil cincocentos sesenta e oito anos , o dito señor provisor e Xuiz apostólico de suso dito na presenza do dito padre frei Diego López visitador foi a ver e visitar a cela de frei ANDRÉ DE AIÁN, e nela perante de min o dito escribán tomóu e recibiu xuramento en forma de dereito consonte ao seu hábito e tonsura o cal fíxoo cumpridamente e á confusión del dixo " Si, juro" e "Amén". E prometéu dicir a verdade , so cargo do cal lle foi encargado respondese ás preguntas seguintes.
- Preguntado diga e declare so cargo do xuramento que feito ten e de excomuñón , que bens mobles e raíces , diñeiros , ouro e prata , ten pos seus particularmentem dixo que non tiña bens ningúns bens nin diñeiros , senón sete tegas de pan e tres reáis de diñeiros , e unha cama de roupa ma que durme e outras cousiñas que ten na súa cela para servizo da súa persoa e isto respondéu ao que lle foi preguntado e asinouno da súa man. E tamén o fixo o dito señor provisor a rogo por dicir que non sabía asinar . O doutor Antonio Lopez , Provisor e Xuiz apostólico , Perante min Gregorio Rodrígeyz, escribán.
DE FREI FRANCISCO DE VILANOVA E FREI XOÁN ENRÍQUEZ, LEIGO
E lego encontinente no dito mosteiro da Madalena de Sárris o día tres día do dito mes de xaneiro do dito ano de mil cincocentos e sesenta e oito anos, o dito señor provisor e Xuiz apostólico de suso dito na presenza do dito padre frei Diego López prioiro e visitador susodito foi a visitar a cela de frei FRANCISCO DE VILANOVA e frei XOÁN ENRIQUEZ , leigo, que residen entrambolosdous nunha cela e en presenza deles o dito escribán público tomoulles e recibiu xuramento deles en forma de dereito ao seu hábito e eles fixérono cumpridamente e á confusión do dito xuramento cada un por si "Si , xuro" e "Amén" e prometeron de dicir verdade so cargo do cal lles foi encargado respondendo ás preguntas seguintes:
- Preguntados digan e declaren so cargo do xuramento que feito teñen e de excomuñón que bens mobles e raíces e rendas e rendas e diñeiros e prata en particular teñen , e eles dixéronlles que non tiñan ningúns mobles e raíces, nin diñeiros, ouro nin prata nin rendas, senón tan sómente cada un a súa cama de roupa na que durmen, ben pobres, e os seus hábitos que tran vestidos e isto responderon e asinárono das súas mans. E tamén o asinóu o dito señor provisor da súa man. O doutor Antonio López provisor e Xuiz apostólico. Frei Xoán Enríquez. Frei Francisco. Perante min Rodrigo Rodríguez, escribán
DE FREI XOÁN DÍAZ DE GUITIÁN
E logo encontinente no dito mosteiro da Madalena de Sárria este dito día , mes e ano de suso ditos , o dito señor provisor na presenza do dito padre frei Diego López visitador e prioiro susodito foi a ver e visitar a cela de frei Xoán Díaz de Guitián , freire do dito mosteiro e nela e del o dito señor provisor por xuramento en forma , o cal o fixo cumpridamente e á confusión del dixo " Si, xuro" e " Amén" e prometéu de dicir verdade so cargo do cal lle foi su cargado responda ás preguntas seguintes:
Preguntado diga e declare so cargo do xuramento que feito ten e de excomuñón que mobles e raíces ., diñeiros, ouro e prata ten, o cal dixo que non ten ningúns bens mobles nin raíces , nin diñeiros senón somente oito reáis e débenlle outros cinco e ten unha cama na que durme e o seu hábito e outras cousiñas na súa cela para servizo da súa persoa e isto respondéu e asinouno da súa man e tamén o asinóu o dito señor previsor , O doutor Antonio López , provisor e Xuíz apostólico . Frei Xoán Díaz de Guitián. Perante min Gregorio Rodríguez, escribán.
DE FREI XOÁN DE MERA E FREI PEDRO RODRÍGUEZ DE PADRIÑÁN, NOVICIOS
E luego enconteniente en el dicho monesterio de la dicha villa de Sárria este díto día do dito mes de xaneiro do dito ano de mil e cincocentos e sesenta e oito anos , o dito señor provisor na prsenza do dito padre frei Diego López , visitador e prioiro susodito fxo a frei XOÁN DE MERA e frei PEDRO RODRÍGUEZ DE PADRIÑÁN , freires novicios do dito mosteiro e así parecidos perante de min o dito escribán tomóu xuramento en forma de dereito, que o fixeron cumpridamente e á confusión del dixeron "Si, xuro " e " Amén" e prometero de dicir verdade so cargo do cal foilles encargado respondesen ás preguntas seguintes :
- Preguntados digan e declaren so cargo do xuramento que feito teñen e de excomuñón que bens mobles e raíces , diñeiros , ouro e prata teñen por seus., e eles dixeron que non tiñan ningúns bens mobles nin camas de roupa porque nas que durmen son alleas e xa que tan soamente tran e teñen os seus hábitos que tran vestidos e o dito frei Xoán de Mera dixo que tiña dúas fanegas de pan centeo en gra na tulla da casa , e isto responderon ao que lles foi preguntado e asinárono dos seus nomes e tamén o asinóu o dito señor provisor . O doutor Antonio López, provisor e Xuiz apostólico, Frei Xoán de Mera. Frei Pedro Rodríguez de Padriñán. Pasóu perante min Gregorio Rodríguez ,escribá,
COMO O SEÑOR PROVISOR FIXO XUNTAR TODOS OS FREIRES DO DITO MOSTEIRO E MANDOULLES NON SAÍSEN DEL SEN LICENZA DO PROVISOR
No mosteiro da Madalena da vila de Sárria aos ditos tres días do dito mes de xaneiro do dito ano de mil cincocentos e sesrnta e oito anos, o dito señor provisor e Xuiz apostólico de suso dito despóis de ter visitado as celas do dito padre frei Álvaro Pérez de Sárria, prioiro que foi do dito mosteiro e de todos os demáis freires del, fíxoos xuntar todos e así xuntos mandoulles so pena de excomuñón maior que ningün deles se ausentase nin saíse da dita casa e mosteiro da Madalena de Sárria, nin sacasen ningúns bens que tivesen en común nin en particular , así dos que cada un deles tiñan declarado como doutros algúns que non se lles teñan acordado , aos que eu o escribán estando así xuntos , como testemuñas presentes Álvaro Díaz , crego, veciño da dita vila e Macía López e Diego de Armesto, criados do dito señor provisor e Xuiz Apostólico, e asinouno da súa man . O Doutor Antonio López , provisor e Xuiz apostólico, Pasóu perante min, Gregorio Rodríguez , escribán.
COMO SE MANDÓU LIBRAR CENSURAS POLOS BENS QUE ESCONDERON E LEVARON DO DITO MOSTEIRO
E logo encontinente no dito mosteiro da vila de Sárria este dito día , mes e ano sobreditos perante o dito señot provisor e Xuiz apostólico reformador de suso dito o dito padre Diego López , prioiro do mosteiro de Salamanca e visitador da dita visitación dixo que por canto á súa noticia era vido que moitos bens mobles e raíces da dita casa e mosteiro pedía á súa mercé mandase dar e librar censuras e de excomuñóns contra que teñan levado e deportado do dito mosteiro da Madalena de Sárria. E polo dito señor provisor dixo que mandaba e mandóu dar e librar as censuras e descomuñóns que pide as que se deron en forma . E asinouno da súa man , Pasóu perante min, Gregorio Rodríguez, escribán.
AUTO E REQUERIMENTO FEITO POLO PADRE FREI DIEGO LÓPEZ , VISITADOR, CONTRA FREI ÁLVARO PÉREZ
E despóis do susodito no dito mosteiro da vila de Sárria a catro días do dito mes de xaneiro do dito ano de mil e cincocentos e sesenta e oito anos, perante o moi magnífico e moi reverendo señor o doutor Antonio López , provisor e vigairo xeral deste Bispado de Lugo , pola súa reverendísima e por diante de min o dito escribán público e testemuñas presentes, o padre freim Diego López , prioiro e visitador susodito dixo que por canto o padre frei Álvaro de Sárria . prioiro da dita casa e mosteiro .dixera e publicara e dixera e publicara e di e publica que aínda é prioiro perpetuo da dita casa e mosteiro por autoridade apostólica e que ncomo tal prioiro que di seer non quixera nin quere entregar as escrituras e tíduos do priorado da citada casa e mosteiro nin da facenda que posuira en particular que é moita, nin menos as chaves da súa cela nin das arcas , caixóns e partes delas, polo tanto dixo que se pedía se necesario for , requería ao dito señor provisor e ao dito Rodrigo de Yebra, meiriño e Xustiza da dita vila , compelan e apremien ao dito padre frei Álvaro Pérez de Sárria a que o obedeza e en obedecéndoo lle dea e entregue as ditas escrituras , buldas e tíduos que ten e as chaves da dita cela e de todas as arcas e caixóns dela , e en non querendo facelo así cumprir , o prendan e encaceren e porque o dito frei Álvaro Pérez de Sárria gabouse e gábase que ten debedores e persoas nesta terra que o defenderán e ampararán na posesión do dito priorado e tamén ten dentro do dito mosteiro e no seu servizo dous seus criados homes con espadas cinguidas e outros debedores seus, do que demáis de mal exemplo e escándalo se poderían seguir danos e inconvintes e alteracións e pouca seguridade da súa persoa e dos relixiosos que consigo ten , que outra vez pide e require ao dito señor provisor e meiriño manden e compelan ao dito frei Álvaro a que entregue todo o de suso dito e declare os demáis bens , mobles e raíces que ten, dicindo cada cousa en particular alén os máis que xa ten declarados , dando razón de cada cousa a onde e como e en que parte a ten e llo manden entregar da orde de Santo Agostiño , mandando tamén que os seus ditos medio sobriños e parentes non entren no dito mosteiro os mande saír con protestación que facía que facéndoo así farían o que deben e están obrigados e pola Súa Santidade e Maxestade Real lles foi mandado e en facendo o contrario queixaríase das súas mercés perante quen e con dereito deba e pediuno por testemuño e protestóu riba deles e cada un delesos dea e notaba e escándalos e custas e gastos que non o facer así seguiren e recreceren.
E polo dito señor provisor visto, ouvido e entendido e o dito Rodrigo de Yebra , meiriño e Xustiza na dita vila de Sárria estando presente , dixo que mandaba e mandóu en virtude de santa obediencia e so pena de excomuñón segundo mandado tiña xa por outra vez ao dito frei Álvaro Pérez de Sárria, que presente estaba , entregue ao dito padre Diego López , visitador de suso dito e prelado a quen lle dera e entregara a dita casa e mosteiro da Madalena de Sárria no nome da regular ouserbancia de Santo Agostiño, tódalas chaves de calisquer portas, arcas e caixóns que teña alén das que ten entregadas e tamén todas as escrituras de calisquer bens e especialmente as buldas e letras apostólicas que ten do dito mosteiro e en todo sexa cerne á obediencia do dito padre visitador e mandóu notificar aos sobriños criados do dito padre frei Álvaro Pérez non entren na dita casa e mosteiro sen licenza do dito padre frei Diego López , so a dita pena e en non o querendo cumprir rquería e requeríu ao dito Rodrigo de Yebra , meiriño e Xustiza da dita vila lle dea o favor e axuda necesario cumprindo o mandado pola súa maxestade pola súa real cédula e o dito Rodrigo de Yebra , meiriño e Xustiza de suso dito, que estaba presente, dixo que el está presto de lle dar o favor e a axuda necesario consonte a como lle é mandado pola súa maxestade e asinárono dos seus nomes. O doutor Antonio López Corujo. Rodrigo de Yebra. Pasóu perante mi, Rodrigo Rodríguez, escribán,
NOTIFICACIÓN AO DITO FREI ÁLVARO PÉREZ E COMO ENTREGÓU AS BULDAS APOSTÓLICAS DO SEU PRIORADO
E logo encontinente no dito mosteiro neste dito día , mes e ano atrás contidos eu o dito escribán e notario público susodito notifiqueille o de susodito proveído e mandado polo señor provisor no auto de atrás, ao dito padre frei Álvaro Pérez que estaba presente o cal logo exibíu diante da súa mercé a chave dun caixón que tiña dentro da súa cela e as bukdas escritas en latin que son as seguintes :
- Unha bulda que din ser provisión apostólica do prioradso do dito mosteiro e escrita en pergameo con un selo de chumbo pendente nunhas cordas de seda coloradas e amarelas co seu proceso , fulminado tamén escrito en latín, e en pergameo cun selo pendente de cera metido nunha caixiña de pau cunhas cordas de fío colorado.
- E outra bulda que din ser forma xuramento tamén escrita en latín e nun pergameo con un selo de chumbo pendente nunha corda de cáñamo que son en todas tres pezas e pediu que fosen entregadas a unha persoa que delas dea conta cando lle for mandado e logo o dito señor provisor depositounas no poder do dito Rodrigo de Yebra que estaba presente, ao cal mandóu as tivese en garda e depósito para acudir e non a outra ningunha persoa sen a súa licenza e mandato e de quen deste poida e deba coñecer. E o dito Rodrigo de Yebra que estaba presente recibiunas e deuse por entregado delad e obrigouse coa súa persoa e bens, mobles e raíces habidos e por haber de telas e gardalas no seu poder e que non acudirá con elas a ningunha persoa sem licenza e mandato do dito señor provisor ou doutro Xuiz competentes que isto en calquera tempo poida e deba coñecer e asinouno o dito señor provisor, o cal dou fe que pasóu perante min. O doutor Antonio López Corujo. Rodrigo de Yebra, Dou fe coñezo ao dito Rodrigo de Yebra.Gregorio Rodríguez. escribán.
COMO FREI ÁLVARO PÉREZ COMEZÓU A DECLARAR A SÚA RENDA E BENS E EN PODER DE QUEN
Despóis do de suso dito no dito mosteiro da Madalena da dita vila de Sárria aos ditos catro días do dito mes de xaneiro do dito ano de mil cincocentos e sesenta e oito, presente o dito frei Álvaro Pérez de Sárria cumprindo o que polo dito señor provisor lle fora madando e na súa presenza e na presenza de min o escribán e notario publico dixo que os bens e rendas que acordara que tiña para os se pacificar eran os seguintes :
Primeiramente e estes son os que ten por seus en particular :
- Dixo e declaróu que tiña e lle debían Diego López do Currial oito fanegas de pan e unha fanega de trigo e un porco cebado, o cal lle debe pola casa na que vive.
- Máis débelle Bartoloméu do Currial, polo lugar no que vive, ouutras nove fanegas de pan e unha de trigo, un porco cebado de pé e un cabirto.
- Máis débelle Francisco de Santalla, oito fanegas de pan e un porco cebado en pé e un cabirto , que todo é na freguesía de San Pedro de Maside, Xurisdición desta vila de Sárria.
- Máis debe Pedro de Vila , veciño de Santiago de Barbadelo , Xurisdición de Samos, catro fanegas de centeo e un porco aberto e un carneiro.
- Máis debe Pedro López de Sorriba, veciño da freguesía de Santiago de Barbadelo , tres fanegas de pan centeo e un porco cebado en pè e un carneiro.
- Máis Xoán Tecelán , da dita freguesía, debe cinco fanegas de pan centeo e seis capóns cebados
- Máis debe Gonzalo Mourín , veciño da dita freguesía, dez fanegas de pan e unha de trigo e un porco cebado vivo en pé..
- Máis debe Lope Mourín , veciño da dita freguesía, dez fanegas de pan e un porco cebado.
- Máis na casa de Pedro Abade, veciño da dita freguesía , fanega e media de trigo cada un ano, que son tres fanegas en cada dous anos e dúas fanegas de pan en cada un ano.
- Máis débenlle na casa dos fillos de Álvaro García, veciño de Santa Mariña de Rubín, unha fanega de trigo en cada un ano.´
- Máis débenlle na casa dun home que se chana Tallón , veciño da dita freguesía, cinco tegas e nedia de pan en cada un ano.
- Máis débeselle na casa de Martiño Fernández , veciño da dita freguesía , cinco tegas e media de pan en cada un ano,
- Máis débeselle na casa de Pedro Simón de Fonteabuín tres fanegas de pan en cada un ano.
- Máis débeselle na casa de Rodrigo de Congosta , veciño de Fonteabuín, cinco fanegas de pan en cada un ano,
- O lugar de Manán que se chama dos Pedroso , freguesía de San Salvador do Mato, unha fanega de pan en cada un ano,
- Na casa de Fernando de Piñeiro., veciño da de Betote, unha fanega de pan cada un ano .
- Na casa de Pedro da Armea , veciño do dito couto, outra fanega de pan cada ano.
- Na casa de Pedro da Vila, veciño do dito couto,tres tegas de pan en cada uno,
- N a casa de Domingos Quiroga de Treilán, unha fanega de pan en cada ano.
. Na casa de Xoán Gómez, veciño de Vilar de Sárria, tres tegas de pan e dúas tegas de trigo cada ano.
- Na casa de Pedro de San Pedro, veciño de Vilar de Sárria , unha fanega de pan cada ano.
- Polo lugar que labra Xoán López do Barrio , veciño de Sárria, unha fanega de pan, e o lugar polo que o debe é sito en Vilar de Sárria.
- Máis débeselle no lugar de Ferreiros . no lugar que foi de Lourenzo do Barrio , tres fanegas de pan de cada ano.
- Paga en San Martiño de Louseiro Francisco Carro , veciño da dita freguesía, unha fanega de pan e doce ( ovos ) cada ano.
- En San Martiño de Río , Bartoloméu de Manán, veciño da dita freguesía, dúas fanegas de pan cada ano.
- En Seoane da Somoza , por un lugar que alí ten por herdeiros, sete ou oito fanegas de pan centeo en cada un ano.
- Máis débeselle no lugae de Darpilleiros no que soía vivir Roi Blanco, defunto, tres fanegas de pan en cada ano.
. Máis débeselle en Lousadela na casa de Xulio Pérez dúas fanegas de pan en cada un ano.
- Máis na freguesía de Santa María de Vilar, na casa de Pedro Sánchez, veciño da dita freguesía. , oito fanegas de pan e seis capóns en cada un ano,
- Máis débeselle na casa de María Ares, veciña da dita freguesía, unha fanega de pan de renda en cada un ano ,
- Máis débeselle polo lugar no que vive Pedro Douro, veciño da dita freguesía, unha fanega de pan en cada un ano.
- Máis débeselle polo lugar no que vive Francisco López, veciño da dita freguesía, outra fanega de pan cada un ano.
- Máis débeselle na casa de Francisco Díez , dez celemíns de pan en cada un ano.
- Máis débelle Xulio da Vila, veciño da dita freguesía, unha tega de pan en cada un ano.
- Máis débelle André de Ferreiros , veciño de San Fiz de Vilapedre, dúas fanegas de pan en cada ano.
- Máis débelle a muller de Gonzalo Cocin, veciño da dita freguesía, unha tega de pan en cada un ano.
- Máis débeselle en Goián , lugar de Vilalence, unha tega de pan en cada un ano.
- Máis débeselle na freguesía de San Miguel de Vilapedre , a muller que quedóu de Pedro Rodriguez, veciño da dita freguesía , tres fanegas de pan e catro capóns cada ano,
- Máis dñébelle Sebastián da Cal, veciño da dita freguesía, unha fanega de pan en cada un ano.
- Máis débelle Sebastián do Carballo, da dita freguesía, tres fanegas e media de pan cada ano.
- Máis dixo que se lle debía do Páramo , na parroquia de Santa Comba e San Martiño da Torre cero pan de renda en cada un ano, que non sabe el canto sexa, se os caseiros e persoas p deben e o mesmo na freguesía de Vilasante que está en Terra de Páramo.
- E tamén lle deben na freguesía de San Xoán de Castrelo certa renda de pan que non sabe canta é nin como se chaman os caseiros e persoas que lla deben e canto.
- Item dixo que na freguesía de San Pedro de Barán débelle un labrego que non se acorda do seu nome oito fanegas de pan e seis capóns e outro seu veciño outras cinco fanegas de renda en cada un ano.
- Item tamén dixo que lle debía unha muller de Teibade, freguesía de Vilaragunte. doce ou trece fanegas de pan centeo de renda en cada un ano e seis capóns e un touciño tamén de renda en cada un ano.
- Item tamén dixo lle debía en Guián un labrego que non se acorda do seu nome unha tega de pan de renda cada ano.
- Item dixo que lle debe máis Älvaro López , veciño de San Xulián de Meixente, seis fanegas de pan e seis capóns de renda en cada ano.
- Item dixo e declaróu que lle debía máis Diego do Pacio , veciño da dita freguesía, dúas fanegas de pan de renda en cada ano.
- Item dixo e declaróu que lle debían en Meixente tres tegas de pan de renda en cada un ano por un prado.
- Item dixo e declaróu que lle debía máis Álvaro Vázquez, veciño de Barbadelo, dúas fanegas de pan de renda cada ano.
- Máis dixo e declaróu que lle debía Pedro Conde , veciño de San Pedro de Maside , dez fanegas de pan e un porco en cada un ano cebado.
E que era o que polo presente se lle acordaba e non outra cousa todo o cal pan e trigo,porcos, carneiros, cabirtos , touciño e capóns que aquí tiña dito e declarado se debían en renda en cada un ano as persoas e lugares que ten declarados . E a que se se lle acordase a diría , declarará e especificará e as persoas que se lle deben diante do dito señor provisor ,E perante de min o escribán e asinouno da súa man e o dito señor provisor rubricouno , o cal dou fe que frei Álvaro Pérez, prioiro,pasóu perante min, Rodrigo Rodríguez, escribán.
COMO FREI ÁLVARO PÉREZ DECLARÓU MÁIS RENDAS E BENS RAÍCES
E despóis do susodito, dentro do dito mosteiro da Madalena de Sárria , a cinco días do dito mes de xaneiro do dito ano de mil e cincocentos e sesenta e oito anos, perante o dito señor provisor e Xuíz eclesiástico e perante min o dito escribán público parecéu o dito padre frei Álvaro Pèrez e dixo que en cumprimento do que pola súa mercé lle estaba mandado el quería dicir e declarar os máis bens e rendas de pan, viño , trigo,, porcos, capóns, cabirtos e outras cousas que tiña por seus en particular de máis dos que xa tiña declarados que ao presente lle acordaban os que eran os seguintes :
- Primeiramente dixo e declaróu que lle debían no couto de Biville , na casa de Xoán do Casal , veciño do dito couto,oito fanegas de pan de renda en cada un ano.
- Item dixo e declaróu máis que lle debían no couto da Pinza, Rodrigo da Brea , veciño do dito couto, cinco fanegas de pan e un porco cebado aberto.
- Item dixo que lle debían no dito couto polo lugar do Campo, seis fanegas de pan e seis reáis en cada un ano.
- Item dixo e declaróu que lle debían máis no couto de Ferreiros un labrego, que non sabe o seu nome, seis fanegas de pan centeo e tres reáis en cada ano de renda, ao seu parecer tornóu a dicir que non serán máis de cinco fanegas e media de pan.
- Item dixo e declaróu que lle debían nun lugar máis arriba do couto de Ferreiros , a onde chaman Os Montes, dúas fanegas de pan de renda en cada un ano, un labrego que non se acorda do seu nome,
- Item dixo e declaróu máis que tiña nesta vila de Sarria, unha casa na que vive e mora Francisco Díaz, que ten por estrema a vía pública,
-Item dixo e declaróu máis que riba e pola casa na que vive Pedro Rodríguez, canteiro, dous reáis de renda en censo encada un ano.
E estes son os bens raíces e rendas que tiña ao presente e non outras ningunhas , porque os demáis que tiña dispuxeraos e dérallos a parentes pobres e a outras persoas de quen tiña cargo e era en obrigación. E asinouno da súa man e que de todo o de suso dito que tiña declarado dará as escrituras e recaudos e en poder de escribán están,Frei Álvarez. Perante min Rodrigo Rodríguez. Escribán.
BENS MOBLES QUE DECLARÓU O PADRE FRAI ÁLVARO PÉREZ
E logo encontinente no dito mosteiro este dito día, mes e ano sobreditos , perante o dito señor provisor e Xuiz apostólico e perante min o dito escribán público o dito padre frei Álvaro Pérez dixo que os bens mobles que tiña e posuía por seus en particular eran os seguintes :
- Item dixo que declara que tiña no couto da Pinza , na casa de Rodrigo da Brea, nunha arca cincuenta ou sesenta fanegas de pan centeo en gra.
- Item dixo e declaróu que tiña máis no lugar de Sáa do Páramo setenta ou oitenta fanegas de pan centeo en gra pouco máis ou menos.
´ Item dixo e declaróu que tiña máis neste mosteiro tres arcas cheas de pan centeo en gra que non sabe as fanegas que serán,
- E dixo e declaróu que as chaves do dito pan que tiña neste mosteiroas tiña frei Xoán Díaz, mordomo.
- Item dixo e declaróu que nunha arca que estaba nos corredores deste mosteiro tiña seis ou sete fanegas de trigo, pouco máis ou menos.
-- Item dixo e declaróu que nunha arca que estaba nos corredores deste mosteiro tiña seis ou sete fanegas , pouco máis ou menos.
- Item dixo e declaróu que tiña máis unha taza de prato que pode haber quince días que lla dera a un seu parente de que tiña cargo.
-Item tamén dixo que tiña no Páramo certas cabezas de égoas e crías delas , as que dixo que tiña a cargo de Alonso López de Paredes , veciño do Páramo, ao gardo e que non sabe nin se lle acorda cantas cabezas de críasson.
- Item dixo e declaróu que tiña outra égoa na Lobataira , na casa dunha muller caseira e foreira de casa, veciña de Nespereira, e que non se lle acorda do seu nome.
- Item dixo e declaróu súas na freguesía de San Salvador do Mato da Veiga de Sárria, certo gado vacún que non sabe as cabezas que son, as que as tran dous homes que viven xunto da rigueira que non sabe os seus nomes.
- Item dixo e declaróu que tiña máis na casa de Martiño Fernández, veciño de Santiago da Veiga, certas cabezas de gado vacún ao gardo que non sabe as cabezas que serán.
- Item dixo e declaróu máis que tiña na freguesía de Santa Mariña de Rubín, na casa dun fillo de Xoán do Regueiro, veciño da dita freguesía, unha vaca que tamén trai ao gardo e coas súas crías se algunha vivira.
- Item dixo e declaróu que tiña máis en Corvelle na casa de Rodrigo do Pedroso certo gado vacún que non sabe nin se lle acorda cantas cabezas serán nin as cabezas que teñen,
- Item dixo e declaróu que tiña máis en Guillade na casa de Aras Sánchez, veciño da dita freguesía, ovellas ao gardo que non sabe nin se lle acorda as que poderán ser.
- Item dixo e declarou que tiña máis cabras , pero que non sabía cantas , nin que partes e lugares as ten e que delas e de todo o demáis gado que ten declarado ten libro e memorial e entregarallo ao padre visitador,
- Item dixo e declaróu que lle debían as débedas de que primeiramente dixo e que lle debía Martiño Fernández, veciño de Santiago da Veiga, por obriga e tamén dixo e declaróu que todas as demáis débedas que del se lle debían serán por coñecemento e obrigas que tiña no seu caixón e logo daría e entregaría ao dito padre visitador e el respondéu e asinuno da súa man e tamén o rubricóu o dito señor provisor e Xuiz apostólico de suso dito. Frei Álvaro Pérez. Perante min, Gregorio Rodríguez, escribán.
COMO O DITO FREI ÁLVARO PÉREZ DECLARÓU MÁIS RENDAS QUE ACORDÓU TIÑA
E logo encontinente no dito mosteiro da Madalena da Vila de Sárria este dito día, mes e ano atrás contido o dito señor provisor e Xuiz apostólico e en presenza e perante min o dito escribán público , o dito frei Álvaro Pérez dixo que se lle acordaba que iña máis as rendas seguintes :
- Primeiramnente dixo e declaróu máis na Pobra de San Xillao na casa de Inés de Escoureda veciña da dita Pobra, dúas fanegas de pan de renda en cada un ano.
- Item dixo e declaróu que tiña máis na casa de Inés de Riazor outras tres fanegas de pan centeo de renda en cada un ano.
- Item dixo e declaróu máis que tiña e lle debía Miguel de Láncara , veciño da dita xurisdición da dita Pobra , catro fanegas de pan de renda cada ano.
- Item dixo que lle debía máis Xoán Lopez de Lago na dita Pobra, unha fanega de pan de renda en cada un ano.
- Item dixo que lle debían máis en Moscán, da dita xurisdición, un caseiro que non sabe nin acordado do seu nome cinco fanrgas de pan de renda en cada un ano.
- Item dixo e declaróu que lle debían máis polo lugar de San Paio que é na mesma xurisdición , dúas fanegas de pan de renda en cada un ano e que non tiña ningúns outros bens nin rendas de que se lle acorde. E asinouno da súa man e tamén o rubricóu o dito señor provisor e Xuiz apostólico susodito.Frei Álvaro Pérez . Pasóu perante min . Gregorio Rodríguez, escribán.
XURAMENTOS E DECLARACIÓNS DE VASCO DE BALBOA E PEDRO DE LACI ANA SOBRIÑOS CRIADOS DE FREI ÁLVARO PÉREZ
E despóis do susodito dentro do dito mosteiro da Madalena de Sárria aos ditos cinco días do dito mes de xaneiro de mil e cincocentos e sesenta e oito anos, o dito señor provisor e Xuiz apostólico susodito perante min o dito escribán público para saber e averiguar que bens Vasco de Balboa e Pedro de Laciana ,criados do padre frei Álvaro Pérez de Sárria, prioiro que foi do dito mosteiro da Madalena , tiñan no seu poder , do dito padre freI Álvaro Pérez, fíxoos parecer diante del e así parecidos deles e de cada un deles tomóu e recibiu xuramento firme de dereito e so pena de excomuñón que dirían verdade e se así fixesen Deus os axudase e en non o facendo lle lo demandase e á confusión del dixeron "Si, xuro" e "Amén e pometeron dicir verdade. E so cargo del o dito Vasco de Balboa fóronlle feitas as preguntas seguintes :
Preguntado diga e declare que oficio tivo na dita casa e mosteiro e canto tempo hai que vive, reside e mora no dito mosteiro da Madalena de Sárria en servizo do prioiro e frades del e que dende sete ou oito anos a esta parte foi solicitador da susodita casa e mosteiro e do dito frei Álvaro Pérez e freires e cal o tempo e días antes servíu do que lle mandaban o dito prioiro e freires.
- Preguntado que salario tiña e que lle deron e pagaron pol dito servizo. E solicitude de diñeiro de salario e que lle terán dado desde o tempo que serve a casa cincuenta ou sesenta ducados e algunhas roupas para a súa persoa.
Preguntado que chaves deste mosteiro a casa e que bens están ao seu cargo do dito mosteiro e do dito prioiro frei Álvaro Pérez e dos outros freires dixo o dito declarante que non ten ningunhas chaves da casa e mosteiro nin ningúns bens do dito prioiro frei Álvaro Pérez nin dos demáis freires do dito mosteiro nin ten outra cousa que dicir nin responder o cal é a verdade e asinouno da súa man e o dito señor provisor rubricouno , Vasco de Balboa perante min Gregorio Rodríguez, escribán.
Ao dito Pedro de Laciana despóis de xurar segundo forma de dereito fóronlle feitas as preguntas seguintes :
Preguntado diga e declare canto tempo e anos hai que reside na dita casa e mosteiro da dita vila de Sárria e que beneficio tivo ou ten no dito mosteiro , dixo o declarante que pode haber sete ou oito anos pouco máis ou menos que hai que vive e mora na dita casa e que en todo este tempo serviu ao dito frei Álvaro Pérez prioiro que fue do dito mosteiro do que el lle mandaba e de andar algúns camiños e iso res`ponde.
Preguntado diga e declare que salario tiña e lle pagaban no dito mosteiro da Madalena cada ano dixo o declarante que nunca lle sinalaron salario nin partido ningunha cousa , nin lle pagaron nada do dito servizo nin lle deron máis que comer e beber , calzar e vestir de pardo e iso responde.
Preguntado diga e declare que chaves ten no seu poder da dita casa e mosteiro e que bens mobles e raíces ten no seu poder e están ao seu cargo do dito frei Álvaro Pérez, prioiro que foi do dito mosteiro da Madalena, e dos demáis freires del, dixo o dito declarante que el ten catro chaves , a unha da cámara e cela onde durme o padre visitador e outras dúas de dúas arcas que están no aposento e cela do dito padre frei Álvaro Pérez e que os bens que están no seu poder e ten ao seu cargo do dito padre frei Álvaro Pérez, serán camisas e matéis e paniños e sabas e roupas de cama que non sabe a cantidade do que el trai de cantas estánnas ditas dúas arcas e na dita cela e iso respondéu e asinouno da súa man e que non tiña nin sabía de outros ningúns bens . E esas chaves , logo as entregóu ao padre frai Xoán Gutiérrez . Pedro de Laciana,Perante min, Rodrigo Rodríguez.
MÁIS RENDAS QUE DECLARÓU FREI ÁLVARO PÉREZ
Despóis do susodito no dito mosteiro da Madalena de Sárria a seis días do mes de xaneiro de mil e cincocentos e sesenta e oito anos perante o dito señor provisor e Xuiz apostólico susodito e perante min o dito escribán público e testemuñas , o dito padre frei Álvaro Pérez, prioiro que foi do dito mosteiro dixo que demáis e alén dos bens mobles e raíces que tiña declarados , tiña e posuía por seus en particular se lle acordaba que tiña máis os bens seguintes:
Particularmente dixo e declaróu que tiña na freguesía de San Fiz de Reimóndez , na aldea de Callás, na casa de Xoán da Rañoá, oito fanegas de pan centeo e un carneiro de renda en cada un ano.
Item dixo e declaróu que tiña na casa de Martiño Regueiro, veciño da dita freguesía, dúas fanegas e media de pan de renda en cada un ano e un porco cebado e catro ou seis capóns de renda en cada un ano.
- Item dixo e declaróu que o dito Xoán da Rañoá declarado na partida antes desta lle debía máis de renda un cabirto en cada un ano ao seu parecer.
- Item dixo e declaróu que lle debían máis na freguesía de Santa Mariña de Rubín polo lugar que foi de Alonso Pérez unha fanega de trigo en cada un ano.
O cal dixo se lle debía todo tamén de renda en cada un ano de máis e alén do que antes disto tiña declarado . E que polo presente non se lle acordaba outra cousa, que se máis se lle acordase o diría e declararía e asinouno do seu nomeb e o dito señor provisor e Xuíz apostólico rubricouno. Frei Álvaro Pérez, E pasou perante min, Gregorio Rodríguez.
AUTO COMO SE LLES MANDÓU A TODOS OS FREIRES ESTANDO XUNTOS , SE QUERÍAN TOMAR O HÁBITO DE SANTO AGOSTIÑO DA OUSERVANCIA QUE QUIXESEN
No dito mosteiro da Madalena da dita vila de Sárria aos ditos seis días do dito mes de xaneiro do dito ano de mil e cincocentos e sesenta e oito anos, diante do moi magnífico e moi reverendo señor o doutor Xoán López Corujo provisor e vigairo xeral pola Santa Igrexa na Cidade e Bispado de Lugo , pola súa reverendísima o Xuíz Apostólico susodito na presenza do dito padre frei Diego López , prioiro do mosteiro de Santo Agostiño da cidade de Salamanca e visitador da dita orde, perante min o dito escribán público , dixo que atento que era en cumprimento do disposto e proveído pola súa santidade e pola maxestade real reformara e reducira á regular ouservancia de Santo Agostiño o dito mosteiro e déralle a posesión del e dos bens del a el anexos e pertencentes , así en común así como os que en particular frei Álvaro Pérez de Sárria , prioiro que foi do dito mosteiro e os máis freires del tiñan e posuían , ao dito padre frei Diego López, visitador e que somente restaba reducir á dita regular ouservancia aos freires do dito mosteiro para que en todo se cumprise e se efectuase o pola Súa Santidade ordeado e mandado por ende mandaba e mandar tornar a xuntar e congregar ao dito prioiro e freires do dito mosteiro que son os seguintes: o dito frei Álvaro Pérez de Sárria, prioiro que foi do dito mosteiro e frei Sebastián da Cervela e frei Xoán Sánchez, pregador, frei Rodrigo Sánchez de Orozco , frei Xoán de Rosende, frei de Álvaro de Padriñán, frei André de Aián, frei Pedro de Ferreiros , frei Xoán de Abuín, frei Álvaro de San Xulián, frei Xoán Díaz de Guitián, frei Pedro Sánchez de Orozco , frei Miguel da Cal, frei Pedro Rodríguez de Vilarrairo , frei Pedro de Padriñán, frei Francisco da Vilanova , frei Xoán de Mera, frei Xoán Enríquez, leigo, os que así xuntos e congegados, o dito señor provisorb e Xuíz Apostólicon reformador de suso dito e xuntamente o dito padre frei Diego López, visitador da dita orde susodita, dixo que mandaba e mandóu so pena de desobediencia aos ditos padres e a cada un deles digan e declaren os seus ánimos e vontades, se queren permanecer na dita orde e regular ouservancia de Santo Agostiño , debaixo da obediencia dos perlados dela , onde non escollan a orde de ouservancia á que é a súa vontade de se pasaren e transferiren para que logo o fagan e cumpran realmente e contesten con apercibimento que contra deles e cada un deles se procederá co rigor de dereito e consonte a como a súa santidade o provee e manda, E asínoo do seu rogo estando presentes por testemuñas Rodrigo Vasco de Balboa e Pedro Díaz de Ribeira, crego , e Pedro de Laciana, veciño da dita vila de Sárria , e Diego de Armesto, criado do dito frei Álvaro Pérez. O doutor Antonio López provisor e Xuíz apostólico . Pasóu perante min Gregorio Rodríguez.
NOTACIÓN E DECLARACIÓN DO TODO DE ARRIBA
E logo enconteniente no dito mosteiro da Madalena da dita vila de Sárria este dito día seis días do mes de xaneiro do dito ano de mil e cincocentos e sesenta e oito, perante eu o dito escribán público , na presenza do dito Señor provisor e Xuíz apostólico e do dito padre frei Diego López , visitador susodito , despóis de estar xuntos todos os padres, frei Álvaro Pérez de Sáaia e frei Sebastián da Cervela e frei Xoán Sánchez, pregador, e frei Rodrigo Sánchez de Orozco , e frei Xoán de Rosende, e frei Álvaro de Padriñán , e frei André de Aián, e frei Pedro de Ferreiros , e frei Xoán de Abuín, e frei Álvaro de San Xulián, e frei Xoán Díaz de Guitián, e frei Pedro Sánchez de Orozco, e frei Miguel da Cal, e frei Pedro Rodríguez de Vilarrairo e frei Pedro de Padriñán e frei Francisco da Vilanova, frei Xoán de Mera, frei Xoán Enríquez , leigo, así xuntos e congregados linlles e notifiqueilles o auto de atrás proveído e mandado polo señor provisor e Xuiz apostólico reformador susodito , de maneira que cada un deles o entenderon os que despois de ouvilo e entendelo todos eles e cada un por sí responderon o seguinte :
Primeiramente o dito padre Álvaro Pérez, prioiro que foi do dito mosteiro, dixo e respondéu que el dende agora se sometía e sometéu á regular ouservancia de Santo Agostiño e á obediencia dos perlados dela como pola Súa Santidade está mandado e asinouno da súa man e rubricouno o dito señor provisor susodito. Frei Álvaro Pérez, Gregorio Rodríguez, escribán.
E logo incontinente todos os demáis padres freires do dito mosteiro da Madalena da dita vila de Sárria dixeron cada un deles por si, preguntando a cada un pola súa antigüidade que eles se sometían a someteron á regular ouservancia de Santo Agostiño e á obediencia dos perlados dela como pola Súa Santidade e polo seu breve foi mandado , E o doutor sobredito o asinaron e estes frei Xoán de Abuín , e frei André de Aián , non o asinaron porque dixeron que non sabían , e por eles asinouno o padre frei Álvaro Pérez de Sárria estando a todo presentes por testemuñas Vasco de Balboa e Pedro Díaz da Ribeira , crego , e Pedro de Laciana , veciño da dita vila, e Diego de Armesto, criado do dito señor provisor, e Pedro Pardo de Ribadeneira , criado do dito señor provisor rubrica, Frei Sebastián da Cervela, frei Xoán Sánchez, frei Rodrigo Sánchez de Orozco, frei Álvaro de Padriñán, frei Miguel , frei Xoán Díaz de Guitián, frei de Xoán de Rosende, frei Álvaro de San Xulián, frei Pedro de Ferreiros , frei Pedro Rodríguez , frei Pedro Sánchez de Orozco, frei Pedro Rodríguez de Padriñán, frei Xoán de Mera , frei Francisco, frei Xoán Enríquez, por rogo dos que non saben asinar asinóu frei Álvaro Pérez, O tratado pasóu perante min, Gregorio Rodríguez, escribán.
LOGO OS FREIRES DERON A OBEDIENCIA AO PADRE FREI DIEGO LÓPEZ, VISITADOR
Comentarios
Publicar un comentario