SANTALLA DE ARXEMIL ( SÁRRIA ) ( 691 )

                                     SANTALLA DE ARXEMIL ( SÁRRIA )                   (   691  )

                                                        ( 2 )

(  Traballo  elaborado polos profesores  do Centro de Educación  Permanente  de Adultos de Sárria.-  Rúa Pedro Saco  4  : Ricardo Segundo López  Méndez , Xosé Ovidio Valín Rodríguez, Afonso Goyanes López e Xaime Félix López Arias  ). Para o Curso de Xeografía e Historia Comarcal  impartido no dito Centro  educativo.

Elaborado no ano 1991 e seguintes  foron obxecto de publicación  os datos recollidos   en SEURROS  e agora difúndense  para  xeral coñecemento  das 49 parroquias do medio rural de Sárria.

                                 .................................................................................... 

 Situación: Situada a NO  de Sárria , entre os 2,5 e  5 quilómetros  da vila. Superficie;  4,75 Qm/2 

Poboación : 92 ( 1827 ) ;  110  ( 1843 ) ;  110 ( 1853 ) ;  151 ( 1887 ) ;  177 ( 1900 ) ;  227 ( 1910 ) ;  185 ( 1920 ) ;  168 ( 1930 ) ;  192 ( 1940 ) ;  204 ( 1950 ) ;  176 ( 1960 );   122 (  1970 ) ; 109 ( 1981 ) ;  70  ( 1991 ); 47 ( 2025)

        Accidentes xeográficos: Situada no primeiro relanzo da Costa do Monte do Paramo, os seus  accidentes máis significativos  son o Monte de Santa Cristiña ( 638 metros ), o Monte da Griña ( 626 metros ) ¿ Agriña ? e o Monte de Xaneiras (666 metros ),  A chamada Costa de Sárria  ,ente Santo Estevo e O Mazo  e a chaira  de Arxemil son os espazos aptos para o cult ivo. A parroquia ten unha altitude  media de 520 metros, 

O Rego do Mazo ou de Arxemil ( antiga denominación : Rego deFilgueuras ) baixa dende as fontes da Vilerma até o río Celeiro ( Río Barbadelo, na Idade Media ).  No paraxe da  Pena da Auga  foi aproveitada a caída para mover un mazote onde se traballala o ferro.   Recibe pola esquerda  o pequeno  Arroxo do Mesón. As vertentes   da Criña e Guillade verten as augas  cara  o Rego de Valmao   e deste van ao Rego de Crecente que   as verte no río Sárria, na Veiga de Vilapedre. A Rega da Pena e a Rega de Guillade son outros pequenos cauces que drenan as terras altas levando as augas ao val de Sárria e ao Val de Vilapedre.

     Delimitación :  A Norte estrema  con Santa María de Vilar,a Leste  con San Martiño de Requeixo , a Sur con San Pedro de Maside e a Oeste , con San Xulián de Frades e  Santa  María de Ortoá.

 Estremas  : Despois das modificacións de estremas parroquiais  dende 1890 presenta a seguinte liña  perimetral :  Dende as penas de perto de onde estivo a desaparecida Capela de Santa Cristiña  vai cara forcadura do Monte Pequeno, até dar no Rego do Mazo, seguindo pola Costa de Sárria pola estrema da Zona de Concentración de San Pedro de Maside  até o Monte de Xaneiras , dende onde volve por riba das Chousas de Frades  , baixando cara o lugar de Guillade ,  e por riba do Mesón de Padriñán  chega a estrema até o punto onde estivo a Capela de Santa Cristiña.

                                         NÚCLEOS DE POBOACIÓN E CASAS

ARXEMIL.-  Casiano: Baixo da Fonte ; Melle ;  Ventura ;  Ferreiro ;  Ramona                                           O CRUCEIRO.- .                                                                                                                          GUILLADE :  Campo ; Riba ;  Herdeirp ; Brais ;  Gaioso.                                                                              O MAZO :  Casa do Mazo; Chalé ; ( ruinas do Mazote ).                                                                              O PACIO: Pepito ; Maximino ;  Castor ; Penelas ; Manuel ; Xenoveva.                                                PENA .-                                                                                                                                                 PENELAS.-                                                                                                                                           SANTALLA :  Santalla ; Eliseo ; Balbina .

No ano 1873  figuran os  seguintes datos ;  ARXEMIL :  aldea con 13  casas habitadas e 4 vagas. O CRUCEIRO : aldea con tres casas habiotadas e  2  vagas.  GUILLADE ( a parte de Arxemil, a outra era de Santa María de Vilar :  aldea con catro casas habitadas e  tres vagas. O PACIO :  aldea con cinco casas  e tres vagas.  A PENA : aldea con dúas casas habitadas  e unha vaga. SANTALLA :  aldea con  2 casas habitadas  e 5 vagas. Total :  29 casas habitadas  e 18 deshabitadas,

                                           PROPIEDADES COMUNAIS

Datos do ano 1855.-  1.- O Monte chamado de SANTA CRISTIÑA , de 1.321 ferrados , que equivalen a 83 ha, 7 a , 28 ca e 68 dm/2 ; Estrema a Norte co común de Vilar; Sur, fincas dos veciños de Arxemil; Leste, Monte de San Martiño de Requeixo;  e Oeste, Monte do Boco, da mesma parroquia. Non hai límites fixos  na divisoria  que a separa  polo Norte e polo  Leste do da  de Vilarb  e Requeixo . Posición  horizontal  en parte , e o resto con diferentes  ondulacións no seu perímetro.

2,. O Monte DA SERRA DO BOCO , de 937  ferrados, que equivalen  a 58 ham 45 a, e 10 dm/2 . Norte : fincas  dos veciños de Guisalle ;  Leste  con monte de Santa Cristiña  e máis común de Santa  María de Vilar , e ao Oeste , fincas de Xosé Díaz e Xacinto  Capón  da mesma parroquia . Figura irregular  con pendente, posición  con inclinación ao Norte. A demarcación  que o separa polo Leste  do de Vilar non existe , como tampouco  á de Santa Cristiña  polo que a súa cabida é aproximada.

O Monte DAS XANEIRAS, de  680 ferrados , que equivalen a 42 ha,m 76 a, , 27 ca  e 18 dm/2. Norte,  fincas  de  Manuel Melle  de Arxemil, Sur, fincas de don Manuel  de la Vega e Armesto da Vilerma ; Leste, idem  de don Felipe  López  de Páramo, de Santalla  e ao Oeste , monte común  de Santa María  de Ortoá, A división sinalárona arbitrariamente pois non existe  demarcación nin outros sinais invariables e exactos que os dividan ,

Na actualidade , como consecuencia de apresos a superficie dos montes comunais  está moi mermada , xa que son moitas as varadas ou latas pasaron  a mans de particulares . Na actualiade  o Monte Veciñal en Man Común   de Santalla de Arxemil  está xestionado pola súa Xunta Rectora,

                                           DEVESA REAL / DEVESA NACIONAL

Espazo deárbores chantados para atender as necesidades   de madeira para a industria naval.   No século XIX as Devesas Reais pasaron a chamarse  Devesas Nacionais, e foron obxecto de desamortización, poñéndoas en subhasta:

" Nº 1046 do  Inventario.-  Unha Devesa que se coñece  co nome da REGA DE GUILLADE , termo da parroquia de Santalla de Arxemil, extensión superficial 3 ferrados (  18 áreas 86 centiáreas ), está pechada con parede  e compreende no seu medio  20 carballos bons e  30 bídalos ; estrema  por mediodía  con terras de  Tomé Alvaredo, e polas demais partes  idem de Xosé Díaz. Non produce renda , e os peritos  sinaláronlle 8 reais  e taxaron en 180 reais , para tipo de subhasta ".  

                                           EQUIPAMENTO

IGREXA.-   O templo é de dúas naves e de pequenas proporcións  A nave principal está coberta a dúas augas , cunha trabe  tirante, porta  lateral ao sur, e con chan de laxes de cantaría, O frontis está descentrado, xa que a porta  abre ao corpo central, con arco de medio punto de dupla arquivolta, e riba da exterior; saíndo hai unha pequena espadana  cunha soa campana. O presbitero  é máis elevado ca nave, e máis reducido no lateral sus e a catro augas. O arco triunfal  e de  medio punto, riba de piastras.

A nave lateral  leva as mesmas augas ca principal, Ten tres arcos  que descansan  riba de piares e van na mesma liña ca o muro lateral norte da nave principal. Tamén leva arco triunfal.

O altar  maior é barroco , dos séculos XVII -XVIII, de dous corpos , un pouco dourado , con catro columnas  salomónicas  con acios. Nel están  as imaxes de Santa Olalla e San Roque. No ático  unha santa sen brazos, No retábulo  lateral as imaxes de Santo Antonio, un santo con can e manto, Cristo e un anxo a cada lateral, Son tallas do século  XIX , de pouca calidade.

A  pía bautismal  é galonada. Hai unha  cruz parroquial  de metal

CAPELA,. Houbo unha ermida da advocación  de Santa Cristiña no cume deste monte. Na igrexa existiu unha capela dotada , coa advocación da Virxe do Carme.

CEMITERIO,.- Cando no século XIX, darredor do ano 1820,  se deixaron de facer os enterramentos dentro da igrexa, pasaron a seren enterrados os freguees no adro, onde acabaron alzando  nichos altos que cinguen a igrexa  apreixando a eficiación . 

 ESCOLA.- A primeira escola pública  establecida en marzo de 1935   na parroquia de Santalla de Arxemil levou o nome  de ESCOLA DO MAZO-Arxemil,  e deu servizo educativo ás aldeas da freguesía   e de lugares da de Maside. Orixinariamente foi  creada como mista para ser servida por mestre.Pasou o centro escolar  a ocupar un sinxelo e pequeno edificio alzado polos veciños , nun espazo de perto da estrada do Mazadoiro a Escarlán. 

Mestres : ( 1935 )  Manuel Barros Cabeiro,. ( 1936 )   Xosé Tourón López, natrual de Samos, e correspondente de El Puenlo Gallego en Sárria.  ( 1938 ) Felicidade ou Felicia  Vila  Rodríguez.   ( 1940 )  Antonio Saavedra Sánchez ( mestre do Grao Profisional ).-  ( 1945 )  María Xoana López López .- ( 1949 ) Dores López Díaz. ( 1955 )  Carme López Rodríguez. ( 1955 )  Delia López Fernández..-  ( 1956  )   ( 1962, até a clauusra por incorporarse á Concentración  Escolar  en Sárria  ) 

EQUIPAMENTO DEPORTIVO.- Non hai.

VERTEDOIRO DO LIXO.- O  Concello de Sárria, co consentimento da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común estableceu  o Vertedoiro de Lixo  nun amplo  espazo do monte  no paraxe da Cobeluda, perto da estrada provincial.   O lixo trasportado en camións polos servizos municipais ía seguido  de depósitos irregulares feitos por particulares  e empresas  tanto nos accesos como no vertedoiro.  Os materiais   eran queimados, ardendo noite e día, aínda que  estaba beira do Monte de Santa Cristiña  , queimas realizadas con  evidente risco. O vertedoiro foi  clausurado, por mor da perigosidade e  insalubridade , con non moi correctas actuaación ao non ter en conta a emisión de lixiviados.  Houbo chantado de árbores, mesmo con participación dos nenos das escolas, que non quedaron consolidadas, Unha das consecuencias dese vertedoiro foi a aparición de colonias de ratos e leiróns, e a colonización do espazo por corvos e  cigoñas.

ELECTRICIDADE,  TELÉFONO E ALUMEADO.-  Non foi até comezos dos anos 1960 non foi  dotada de electricidade  a parroquia.   Nos anos 1980  instalouse  un teléfono público e  finalmente todos os lugares pasaron a ter  alumeado municipal.

                                             XEOGRAFÍA ECONÓMICA

No tempo de implantación do sistema de cotas nas 13  explotacións  gandeiras   en Arxemil  reunían  o seguinte censo:

1.-  11 vacas, 2,.  18 vacas e 8 ovellas. 3.-  26 vacas, 4,.  8 vacas . 5,-  7 vacas. 6.-  13 vacas. 7.-  18 vacas,. 8,-  4 vacas, 9,.  2 vacas. 10.-  31 vacas, 11,.  1 vaca. 12,.  37 vacas. 13,.  64 ovellas.  Total:  176 vacas, 70 ovellas.

 ( Non se identificaron os titulares  das explotacións , por respecto á súa persoalidade )

GRANXAS .- Hai dúas  granxas de porcino.

INDUSTRIAS.- No lugar do Mazo, no paraxe da Pena da Auga estivo en funcionamento un mazote  para produción de ferro e ferramentas , dotado de banzado , mazo dotado do efecto Venturi, fraguas e casas para  traballadores.  A propiedade  dese estabñecemento pasou  a mans do  avogado Ernesto López Martínez  , da familia Acevedo    de Sárria por cesión    que lle fixo  Pedro Xoán Grandas , veciño de Frades, nado en 1887 e emigrado á Arxentina en 1930.   Estivo á fronte  do  mazo o avó  de Oscar Puente, alcalde de Valladolid e ministro  de Transportes. As ruinosas edificacións do Mazo e o terreo anexo, co banzado  e a ruxidoira da Pena da Auga.** Documentación :  ( 18.09. 1881 )  MODESTO A. ARANGO, veciño de Sárria , solicita  autorización para instalar un " martinete " ( mazuco )  para laminar ferro ,na parroquia de Santalla de Arxemil, utilizando as aiugas do arroxo  " Pena da Auga ".

ESTABLECEMENTOS  COMERCIAIS E HOSTALEIROS.-  A VENDA ou MESÓN DA COBELUDA  estaba , pasado  o Monte Pequeno,Houbo unha CANTINA nunha casa da estrada de Goián..

COMUNICACIÓNS.-   O Camiño de Sárria a Lugo por Goián  e a  Ponte  de Neira tiña a súa orixe  na Ponte do Mazadoiro ( Maside ) riba do río Celeiro  , xunto  co camiño da Costa de Sárria, por Santo Estevo e O Mazo  foron os vieiros históricos . No ano  1911 o Concello de Sárria acordou solcitar a declaración de utilidade publica doProxecto  dunha Estrada  con orixe  na  de Sárria a San Martiño de Castro ( lugar de Celeiro - Maside)  , seguindo por Santo Estevo, O Mazo e Goián  en direción ao Páramo.

. Non foi até o ano 1936  no que as parroquias de Requeixo, Arxemil  , Frades e Goián constituiron  Xuntas parroquiais encargadas de promover  unha estrada entre  O Mazadoiro e Escarlán ( Goián ) e tivero que pasar  perto  de corenta anos para que chegase   ao Páramo, na parroquia de San Martiño da Torre.

 Para a comunicación coa parroquia  de Maside foron abertas tres  pistas, Dende  estrada de Goián hai dúas pistas que chegan a Guillade  e dende este lugar unha terceira pista  baixa até  a Fonte de Valmao ( Santa María de Vilar )

FESTAS.- 

                                             RESEÑA  HISTÓRICA

PREHISTORIA.- Xacementos arqueoloxicos  clasificados : 1.- Mámoa de Penelas.- 2.-  Modorra do Cruceiro. 3.-  Modorra do Monte da Cha de Santa Cristiña.-  4.- Petroglifo de Penelas .

IDADE ANTIGA,-

IDADE MEDIA,.

IDADE MODERNA,-

IDADE CONTEMPORÁNEA,. 

                                          RESEÑA ARTÍSTICA

                                           DATOS COMPLEMENTARIOS

FESTAS.- A festa patronal , na honra da Virxe do Carme, celébrana o terceiro domingo de setembro  , e o luns seguinte, en non sendo que a festa dos Remedios de Cesár  cadre no primeiro domingo , xa que entón  mudan o festexo para o cuarto domingo do mes. É  data que aproveitan  para que os nenos fagan a primeira comuñón.

                                                  TOPONIMIA

                                               TOPONIMIA MENOR  

 ADRO-CEMITERIO,.  A Agra.-  Agra de Abaixo.- Agra de Arriba.- Agra de Arxemil..Agra de Pedrido.-  Agra de Riba,.  A Agriña-  Agro de Abaixo..-  Agro de Arriba,.  Agro de Festín.- Agro das Moias.-  Agro Pape.- Agro da Pena,. Agro do Prado da Penela.-  Agro de Proelo.-  Agro de Riba,.  A Aira,. Aira de Guillade.. Alargo de Penelas,

BANZADO DO MAZO .- Barbeito do Carballiño.-  Barbeito da Costoira.-  Barbeito da Devesa,-  Barbeito do Loboreiro,.  Barbeito das Mazairiñas.- Baroute.-  O Bouzo.

CACIDE .-  Camiño da Costa.- Camiño de Entre as Casas de Guillade.-  Camiño de Lugo.-  Camiño do Monte.- Camiño  da Penela de Fostín.-  Camiño Real.- Camiño do Val.-  Campa da Leira.-  Campa da Pilora.-  Campazo das Ameixeiras.-  Campaza da Míllara.-  Campo.- Campo do Ferreiro.-  Campo da Lama.-  Campo da Leira .-  Campo da Pena..- Campo da Ruxidoira.-  Campo de Teboi.- Os Caniceiros. Canteira.-( Capela de  Santa Cristiña ).- ( Cantina ).-  Carballeira de Arxemil.- ( Carballeira de  " Arxemiz" ).-  Carballeira de Baroute.-.  Carballeira do Camiño do Val.-  ( Carballeira da " Cavoluda" ) .-  Carballeira  do Cerrado do Val..  Carballeira do Chafaruco.. Carballeira da Cobeluda ,.  Carballeira da Cortiña de  Arxemil.-  Carballeira da Devesa.-  Carballeira das Lagas.- Carballeira " dos Lagos".-  ( Carballeira de "Laos de Riba " ).Carballeira de Leiras.- Carballeira da Longuiña.-  Carballeira de Mazairos.-  Carballeira da Míllara.-  Carballeira da Mosiña.-  Carballeiro do Pacio.-  ( Carballeira de "Pedrade" ).- ( Carballeira de " Pedrude" ).-  ( Carballeira do " Presegueiro" ).- Carballeira do Prexigueiro.-  Carballeiro do Rego.-  Carballeira de Riba da de Rodríguez. Carballeira da Rigueira .-  Carballeira  de  Salgueiriños.-  Carballeira de Samil.-  Carballeira do Soutiño,.  Carballeira de Tallón.-  Carballeira de Teiboi .- Caralleira de Tras Fontela.-  Carballeira da Venta ( Venda ).-  Carballos do Campo da Lama.-  Carballos da Lama.-  O Carrasqueiro.-  Carriceiros.-  A Carricova.-  Castiros de Baroute.-  O Castro,. Os Castros.-  A Caxigueira.-  Celeiro.-  A Chanca-  .- ( " A Chanza" ).-  Chao.- Chao da Agra.-    Chao de Abaixo.- . Chao do Carballiño.-  Chao dos Lados.-  Chao da Lama.-  A Chousa.-  Chousa de Boco.-  Chousa do Campo.-  Chousa das Cortiñas,.  ( Chousa da "Covoluda" ).- Chousa da Cobeluda.-  ( Chousa de " Faustín" ).- Chousa de Fostín.- Chousa de Molas.-  Chousa da Mosiña.-  Chousa de Pedride.-  Chousa Pequena.-  Chousa do Prado.-  Chousa Redonda.-  Chousa das Regas,. Chousa da Serriña.-  Chousa dos Toxos.. Chousa do Val..- Chousa do Val.-  As Chousiñas.-  O Chouso.-  Chouso da Mosiña.-  A Cobeluda .. A Corga.-  Corga dos Cerdeiros.-  Corga da Criña.-  Corga do Mazo.- Corga da Mosiña,.  Corga de Pedra,.  Corga de Penelas.-  Corga de Santalla.-  O Corgo,.  A Cortiña.-  Cortiña de Abaixo.-. Cortiña da Agra de Riba...  Cortiña de Arxemil..  Cortiña de Baixo da Pena.-  Cortiña da Carreira.,.  ( Cortiñs de "Carxemil" ).-.Cortiña do Covo..-  Cortiña Nova.-  Cortiña da Porta.- Cortiña de Riba da Pena.-  Cortiña de Riba da Veiga.. Cortiña de Sobre Veiga..  A Costa.- A Costa do Camiño.- Costa de Sárria.- A Costoira..  O Couso.. Os Cousos.- A Cruz.

A DEVESA . Devesa Cerrada. Devesa de Magalón.-  Devesa de Teiboi. 

ESTRADA do Mazadoiro A Escarlán,

O FABAGAL.-  Filgueiras.-  Finca do Chao.-  Finca dos Lameiros.-  Finca da Medorra.-  Finca Nova.-  Finca do Pacio..  Finca da Porta..  Finca da Rebouza..  Finca do Toxal.. Folgueiras .-  Fondo do Prado.-  Fonte de Agro Pape. Fonte de Arxemil.ñ. .  Fonte do Campo de Outetro.- Fonte da Pereira.-  Fonte da Vilerma.-  A Fontela.

HORTA   da Aira.-  Horta de Pandoiro.-  Horta de Xunto a Casa.- Horto de Guillade.-  Horto dos " Gusantes"..  Horto da Laga,. Horto do Pacio.-  Horto do Rego..  Os Hortos,

AS  LAGAS . A Lama.. Lama do Couso.-  Lama de Verde.- Lamas,. Lamas do Couso..  Lamela da Ameixeiras,.  Lameiro da Moutra.-  Os Lameiros.-   Lamela da Chousiña,.  Lamela de Tras da Fontela.- Lamelo da Agra.. Lamelo da Chousiña.-  Lamelo do Pilón..-  O Lavadoiro.. - Laxelas,. Leira  de Acó do Mazo.- Leira do Alargo.-  Leira de Baixo da Casa.-  Leira dos Calzós.-  Leira do Camiño.-  Leira do Cruceiro,.  Leira da  Cruz.-  Leira de Espiñaredo ,.  Leira do Fondo da Agra..-  Leira da Formigosa...  Leira Grande.-  Leira Larga.- Leira de Liñares.- Leira Longa.- Leira de  Medalón..- Leira do Monte.-  Ñeira Nova da Rebouza,.  Leira do Pao.-  Leira de Penelas,.- Leira Pequena.-  Leira Prqurna da Agroña,,.  Leira  Pequena da Formigosa,.  Leira da Portela .-  Leira  de Presas.-  Leira Redonda.- Leira das Regas.-  Leira do Rego.-  Leira do Regueiro.-  Leira de Riba des Casas.- Leira da Ribeira.-  Leira da Silva.-  Leira da Silva de Abaixo.-  Leira de Tremeado.-  As Leiras.. O Leiro.-  Leiro da Agra.-  Leiro da Agra de Arxemil.-  Leira da Agra de Pedride.- Leiro da Agriña.- Leiro do Agro do Festín.-  Leiro do Agro de Riba.-  Leiro da Aira.-  Leiro de Arriba.-  Leiro de Arxemil.-  Leiro de Baixo,-  Leiro de Baixo da Aira.-  Leiro de Baixo da Casa.-  Leiro do Campo.-  Leiro do Campo  da Pena.-  Leiro do Carballo,. Leiro do Carrasqueiro ,-  Leiro de Carriceiros..   Leiro da Carricova,. Leiro da Casa,.  Leiro do Cavado.-  Leiro da Chanca.-  ( " Leira da Chanza " ).-  Leiro do Chao.- Leiro da Chave.-  Leiro dos Chaveiros.-  Leiro das Chousas.- Leiro das  Chousiñas..- Leiro da Corga.- Leiro do Corgo.- Leiro da Cortiña.-  Leiro da Cortiña de Abaixo.-  Leiro da Costoira.-  Leiro do Couso.-  Leiro dos Cousos,.  Leiro do Cruceiro.-  Leiro do Currial.-  Leiro da Devesa.- Leiro do Escairo.-  Leiro do Estanque.-  ( " Leiro de Faustím" ).- Leiro de Fondeixo  do Agro de Moias. -  Leiro de Fondo do Prado.-  Leiro da Fonte.-  Leiro da Fontela.-  Leiro do Formigoso.-  Leiro de Fostín.-  Leiro de Gaioso.-  Leiro Grande.- Leiro Grande da Agra de Riba.- ( " Leira da Criña " ),. Leiro dos Lados de Riba.- Leiro da Lama.-  ( " Leiro  de Laos do Carballo" ).-  ( " Leiro dos Laos de Riba " ).-Leiro Largo.-  Leiro do Lavadoiro,.-  Leiro da Longa.- Leiro de Lugarexo.-  Leiro de Magalón.-  Leiro da Manchuca.-  Leiro da Mariña.-  Leiro do Medio..´ Leiro do Medio de Pedride.-  Leiro das Mesturas,. Leiro das  Millagas.-  Leiro de Moias.-  Leiro do Monte.-  Leiro do Monte de Pedrido.-  Leiro da Moreira- Leiro das Moreiras.-  ( " Leiro da Moriña" ).-  Leiro do Nabal.-  Leiro da Nabega.-  Leiro da Nogueira.-  Leiro do Noval.-  Leiro do Pacio.-  Leiro da Parrocha.-  Leiro de Pedride.-  Leiro da Pena de Pedra.-  Leiro da Penela..  Leiro da Penela  da Agra.-  Leiro da Penela da Carreira.-  Leiro da Penela do Medio.-  Leiro Pequeno da Agra.-  Leiro da Porta de Adentro.-  Leiro da Portela.-  Leiro do Prado.-  Leiro de Prexigueiro.-  Leiro de Proelo.-  ( " Leiro de Pruelo" ).-  Leiro da Rebouzo.-  Leiro do Rego.-  Leiro do Rego da Costa.-  Leiro do Rego de Guillade.-  Leiro de Riba.-  Leiro de Riba  da Carreira.- Leiro de Ria da Casa do Corgo,. Leiro de Riba das Casas.-  Leiro de Riba  da Corga.-  Leiro de Riba da Salgueiriza,.  Leiro  de Riba da Tega.- Leiro da Ribeira.-  Leiro da Ruxidoira.-  Leiro de Salgueiriños.-  Leiro da Salgueiriza.-  Leiro de Samil.-  Leiro do Señor.-  Leiro da Silva.-  Leiro da Silva de Abaixo.-  Leiro de Sobrecasas.-  Leiro de Sobre Veiga.-  Leiro do Soutiño.-  Leiro Tallón.-  Leiro da Tega.-  Leiro do Toxal.-  Leiro de Tras da Agra.-  Leiro de Tras Presas.-  Leiro do Trouso.-  ( "Leiro de Veles" )..  Leiro de Xan Branco.- Leiro das Xestas.-  Leiro Xunto a Casa.-  Leiro de Xunto a Costa.-  Leiro de Xunto da Ponte.- Leiro de Xunto Teiboi.

MAGALÓN  ,  A Manchuca,  Marxa do Toxal.- Mazo  de Arxemil.- Mazo de Santalla.-  A Medorra.-  ( Mesón da Cobeluda ).- A Míllara .-  As Míllaras.-  A Mosiña.-  O Monte.-  Monte da Agra.-  Monte de Arqueixade.- Monte de Baroute.-  Monte  do Bouzo.-  Monte de Cacide.-  Monte do Campo.-  Monte do Canto da Agra de Arxemil.-  Monte da Carballeira.-  Monte Carballiño.-  Monte da Carrasqueira.-  Monte das Carriceiras.-  Monte de Carreceiros.-  Monte do Castro.-  Monte dos Castros.- Monte da Caxigueira.- Monte de Cerdeiros.. Monte Cerrado,- Monte  do Chafarico.- Monte da Chousa.-  Monte da Chousa  Redonda.-  Monte da Costa de Sárria.-  Monte da Costoira.-  Monte do Couso.-  Monte dos Cousos.-  Monte do Couteiro.-  Monte da Cobeluda.-  " Monte da Cubelada".-  Monte da Devesa.-  Monte da Esbarrada.-  " Monte de Faustín".-  Monte de Filgueira.-  Monte de Folgueiras.. Monte da Fonte.- Monte da Fontela.-  Monte da Formigosa..-  Monte de Fostín.-  " Monte da Griña".-  Monte das Lagas.-  Monte de Lamas.- Monte de Laxelas .-  Monte dos Leiriños.- Monte de Magalón .-  Monte do Mazo.-  Monte de Mulas.-  Monte de Pedride.-  Monte de Pedrido.-  Monte da Pena da Laxe.-  Monte do Penedo Esbarrado.  Monte da Penela do Agro.-  Monte da Penela de Fostín.- Monte  da Penela de Mazairas.. Monte do Pereiro Pinto.- Monte do Pexegueiro.- Mont do Pexigueiro.-    Monte da Piquela.-  Monte da Porta de Fora.-  Monte do Prado do Medio.-   Monte da Presa.- Monte de Presigueiro.-  Monte de Prexigueiro.-  Monte de Proelo.-  Monte de Regas.- Monte do Rego.-  Monte do Rego de Guillade..-  Monte  da Revolta.-  Monte da Rexedoira.- Monte da Rixidoira.- Monte da Ruxideira.- Monte de Samil.-  Monte de Santa Cristiña.- Monte de Santalla.- Monte da Senra.-  Monte da Serra.-  Monte da Serra do Boco.-  Monte da Serriña.-  Monte de Sobre da Veiga.-  Monte de Tallón.-  Monte de Teiboi.-  Monte do Transformador,.  Monte de Trolleiros.-  Monte de Trulleiros.-  Monte do Val.- Monte de Vales.- " Monte de Veles".- Monte das Xaneiras. - Moriña.

NABEGA   do Regueiro.- A Namela.- Namela da Aira.- Namela da Chousiña.- Namela  do Pacio.-  Namelo da Rexedoiro. 

PASTEIRO .-  Pasteiro de Mulas.-  O Pedregal.-  Pena  da Auga,-  Pena da Laxe.-  Penas da Lama. Penedo  Esbarrado.-  Penedo do Lado de Arriba.-  Penela da Agra .-  Penela do Agro.-  Penela da Carreira.-  Penela da Entrada.-  Penela dos Lados de Arriba.- Penela de  Mazairas.- Penela do Medio.-  Penela  Penela de  Riba de Salgueiriza,.  Penela do Soutiño.-  Penela do Xestal de Outeiro.-  Penela de Xunto os Hortos.-   Penelo da Agriña.- Pereiro Pinto.-  Pinar do Agro.-  Pinar da Custodia.- Pista de Santalla.-  Pista de Santalla á Lagoa.-  Pista de Santalla a  Igrexa de Maside.-  O Prado.- Prado da Agra de Arxemil.-  " Prado de Agremil".. Prado da Agriña.-  Prado do Agro de Riba..- Prado da Aira.- " Prado de Arxemí "..- Prado de Arxemil.-  Prado de Baixo.-  Prado de  Baixo do Penedo.-  Prado de Baixo da Rexedoira,.  Prado de Baroute.-  Prado de Cacide.-  Prado de Cal de Males.-  Prado da Campa.-  Prado da Campa  da Leira,. Prado do Campo da Pena.- Prado da Carreira.- Prado dos Castros.-  Prado da Charca.-  Prado da Chave.-  Prado de Chousa Redonda.-  Prado das Chousas.-  Prado da Chousiña.-  Prado do Chousiño.-  Prado do Chouso.-  Prado do Cimo de Penelas.-  Prado da Cortiña de Arxemil.-  Prado da Cortiña da Porta.-  Prado das Cortiñas.-  Prado do Corgo.- Prado da  Costoiras.- Prado do Fabagal.-  Prado da Fonte.-  Prado da Fontela.-  Prado Grande.- Pradoo da Horta.-  Prado da Laga Vella.-  Prado da Lama.-  Prado do Lameiro.-  Prado da Lamela.-  Prado da Lamela da Agra.-  Prado do Lamelo do Pilón.-  "Prado de Laos Darriba".-  "Prado de Laos de Riba".-  Prado da Leira de Baixo.-  Prado da Leira de Calzos.-  Prado da Leira Larga.-  Prado da Leira Nova.-  Prado la Leira de Pao.-  Prado do Leiriño.-  Prado do Leiro do Medio.- Prado da Longa.-  Prado da Longuiña.-Prado do Medio.-  " Prado de Megalón".- Prado da Míllara.-   Prado da  Mosiña .-   Prado da Namela.-  Prado Novo.- Prado do Pacio.-  Prado do Pedregal.-  Prado de Pedride.- Prado de Pedrido.-  Prado da Pena.- Prado da Penela.- Prado  Pequeno.-  Prado do Rego.- Prado do Regueiro.-  Prado da Rexedoira.-  Prado de Riba das Airas.- Prado da Rigueira.- Prado de Samil.-  Prado de Santalla.-  " Prado de Sebor Veiga".-  Prado de Sobre Casas.-  Prado de Sobre Veiga.-  Prado do Souto Vello.-  Prado de Tallón.-  Prado de Tallón de Dentro.-  Prado de Tallón de Fora.-  Prado de Teiboi.-  Prado do Toxal.-  Prado de Tras  da Chousa.-  Prado de Tras Fontelas.-  Prado do Triángulo .- Prado do Trouso.-  Prado do Val.- Prado de Vales.- Prado das  Xestas de Outeiro.-  As Presas.- O Puida.

 A REBOUZA .- O Rechao..  Rega de Guillade.-  Rega de Pernas. .- As Regas,. Rego de Filgueiras.. Rego de Guillade,.  Rego do Mazo..  Rego de Samil.-  A Regueira.-  " Reiro do Rego".-  A Revolta.- A Rexedoira,.  Rexedoira da Pena da Auga.- A Rexidoira.- A Ruxidoira.-  Riba da Carreira.-- Riba  da Salgueiriza,.  A Ribeira,.-  Rigueira da Riba,. Rigueiro de Samil..

A SALGUEIRIZA .-  Samil.- A Senra.- A Silva  de Abaixo.- Sobredarriba.-  Sorte Grande.- Sorte de Pedride.-  Sorte do Val.-  Soutiño da Penela.-  Souto dos Castiñeiros.-  Souto da Costa de  Sárria.-  Souto do Mazo.-  Souto da Míllara.-  Souto da Pena.-  Souto de Prexegueiro.-  Souto do Soutiño.-  Souto de Souto Vello.-  Souto do Val.-  Souto  do Val  da Penela da Entrada.

TALLÓN .-  Toxal de Arxemil.-  "Toxal da Covulada".-  Toxal de Ferreiro.-  Total da Ribeira.- Os Trolleiros.- Os Trulleiros.

VALES .- " Veles ".-  ( Vertedoiro do Lixo ).-  Virita das  Xaneiras.

XAN BRANCO .-  Xestal de Outeiro.-  Xesteira da Lama de Couso.-  Xunto da Casa do Ferreiro. 

                                                         .............................................. 

                                                                  1704

XIL ARES  pleito coa Xustiza de Sárria  e Hospital da dita Vila   sobre renda redimible  imposta en  bens situados  onde din a Lama da Chanca  vendida por  Xoán Casarello  e Francisca de Arxemil , a súa muller (  Arquivo do Reino de Galicia. A Coruña ).

                                                                   1712

XACOBE   ÁLVAREZ PALLARES E SOMOZA  pleito con Xoán Arias .- Auto ordinario  sobre os montes  e herdades  que se achan no Porto  de Folgueiras  e o lugar de Arxemil. ( Arquivo do Reino de Galicia ). 

                                                            

                                      CATASTRO DO MARQUES DE LA ENSENADA 

                                                   SANTALLA DE ARXEMIL

                                                             1753 

 Demarcación : .... Principiando a Levante  na FONTE DO CAMPO DE OUTEIRO  e segue cara o Norte  á   ERMIDA  DE  SANTA CRISTIÑA , desta á PENA BRANCA  que fai de marco para a dita freguesía e a de San Fiz ( de Vilapedre ) , de ali á PENA XEADA, de aquí ao MARCO DA REGA , segue á FONTE DA VILERMA, de  aquí ao MARCO DE PEDRIDE , deste ao PORTO DE BOIS , e dalí vai fenecer á  daFONTE DO CAMPO DO OUTEIRO.

A parroquia era de señorío da Condesa de Lemos , como Marquesa de Sárria,  que  disfrutaba  da  renda de  fanega e servizos  por   20 ferrados de centeo   e 15 reais.

DESMOS:  O cura recollía en cada un ano  1 ferrado de trigo ,  110 de trigo , 6 de castañas verdes, medio carro de nabos  e por porcos, cabuxos , años, la e manteiga valían  10 reais. O Mosteiro de Samos recibía 5 reais.

PRIMICIAS, a favor da Fábrica da igrexa: 16 ferrados de centeo.

VOTO DE SANTIAGO : 6 ferrados e medio de centeo.

MUIÑO :  Na Pena da Auga, no rego de Filgueiras, había un muiño propiedade  de Domingos López  e Xoán López.

COLMEAS :   Na freguesía había 14 trobos, 10 pertencían a  a Xoán López Santalla e 4  a  Domingos López, que producían en mel , cera e enxames un rendemento  en 3 reais por colmea.

Nos lugares da parroquia había 19 casas habitables e  ningunha deshabitada ( Unha metade do lugar de Guillade  formaba parte  da parroquia de  Santa María de Vilar ) nas que había 13 veciños ( núcleos familiares )

Os veciños por servizo ordinario e extraordinario pagaban 25 reais e 10 maravedís. e por alcabala a Marquesa de Sárria   recibía 34 reais e 16  maravedís.

 Había unha TABERNA , propiedade do común dos veciños, que producía  48 reais, dos que 24 eran para a taberneira  María López-

ZAPATEIROS :  Xoán López , Xacob Rodríguez  e Antonio Toirán.

                                          ( 1761  / 1763 )

Expediente de comprobación  de bens, rendas  e cargas da freguesía  de Santalla de Arxemil .- Arquivo de Simancas. (  Consultable entrando en PARES ) 

                                                              1800

XACINTO ÁLVAREZ  CEDRÓN, Cura de San Pedro de Maside  e Santalla de Arxemil, pleitea con  Gregorio López de Páramo , Auto ordinario  sobre do uso e posesión  de transitar  para a igrexa  polo camiño  que dende a dita a igrexa  vai ao lugar de Arxemil ( Arquivo do Reino de Galicia. A Coruña ) 

                               DICCIONARIO MIÑANO   (  1827 )

ARXEMIL.-  Freguesía S. de España, en Galicia  , provincia e bispado de Lugo, Xurisdición de Sárria.-  20 veciños, 92 habitantes ; 1 parroquia composta  das aldeas de Santalla e a do seu nome . A súa situación e produción áchanse   no artigo Sárria . Contribúe  290 reais  16 maravedís. Dereitos enaxenación,  35 reais e 8 maravedis

                                         DICCIONARIO MADOZ ( 1843 )

ARXEMIL, SANTALLA.-  Freguesía  na provincia e  diocese  de Lugo ( 5 légoas ), partido xudicial e concello de Sárria ( 1 / 2 )., situada en altura  con boa ventilación , O seu clima e san, 2o casas de mala construción; forman esta frehuesía os lugares  de Arxemil, Casa da Pena, O Pacio, Santalla e a metade de Guillade. A igexa parroquial ( Santa Olalla ) é anexa da de San Pedro de Maside. O termo  estrema polo Norte con San Vicenzo de Betote, polo Sur con Maside, por Leste con esta e San Martiño de Requeixo ; e polo Oeste, coa de Santa María de Ortoá. O terreo é montuoso  e a metade inculto. O destinado a  labrantío produce  centeo, millo, liño, patacas, nabos, castañas, algunhas legumes  e pouca hortaliza. Cría gado  vacún, ovellas e porcos. Poboación :  22 veciños, 110 almas. Contribúe  co seu Concello.

                                                       1892

FRANCISCO  PÉREZ ARIAS, soldado de Arxemil morto na Guerra de Cuba. 

                                                       1895 

( 13.09.1895 ).-    Na romaría celebrada  en Arxemil o 13  do actual , uns cantos mal  avidos  co próximo  armaron unha de paus , resultando morto un mozo de 17 anos , chamado Xosé Carreira de Sárria. Entendía a  benemérita de Monforte  proceder á práctica  as necesarias pescudas , dando por resultado  a detención de Galindo  e Xo´se Vázquez ( @ ) "Rabico" , considerados autores  de tan desgraciado accidente , quen co atentado correspondente , foron postos ao dispor do Xulgado , que comezou xa as  dilixenzas sumarìsimas,   

                                                             1951

(  8.11.1951 ) O menor  DOMINGOS  MARTÍN MELGAR  desapareceu da casa  paterna. 

                                                             1993

Dotación de alumeado público en Arxemil,   A Pena,  O Pacio, O Cruceiro , Santalla e Penelas. 

Comentarios

Publicacións populares