SÁRRIA : TOPONIMIA DETURPADA NA COMARCA ( 693 )
SÁRRIA: TOPONIMIA DETURPADA NA COMARCA ( 693 )
O proceso agresivo de sustitución dos topónimos de parroquias, casas , lugares , predios e espazoz na comarca de Sárria, iniciado no século XVI potenciado nos séculos XIX e XX deu esquecemento a moitas das súas denominacións propias , sustituídoas por simples traducióms ao castelán, formas híbridas e mesmo denominacións absurdas.
Esa ilóxica "creación" de denominacións suplantadoras naceu de máns de eclesiásticos, escribáns, notarios, garda civil e funcionarios das diferentes administracións , comezou a se ver freada coa normativa da Xunta de Galicia,
Con todo son moitas as ocasións nas que se olla como a acción deturpadora se mantén en novas de prensa, esquelas mortuorias, documentos notariais, catastrais , xudiciais, eclesiàsticos , publicidade, etc., cunha resistenza inexplicable a dar e conservar os nomes propios de moitos lugares e predios cunha actitude teimuda e sen base ningunha.
Un percorrido por algunhas das formas deturpadas que se recollem a continuación amosa o abano de topónimos impropios .negadores da evolución histórico e que esquecen a norma legal que indica que en Galicia os topònimos teñen como única forma legal a galega, con rexeitamento total de "traducións", " castrapadas " e hibridismos.
A ACEA
ACEA DE RIBA ( parroquia de San Fiz de Reimóndez ) ACEA DE BAIXO ( parroquia de Santiago de Farbán )
ACEÑA Aceña de Arriba Acea de Abajo
AS ACEAS
FOZ DAS ACEAS RUTA DAS ACEAS
Formas deturpadas LAS ACEÑAS. RUTA DE LAS ACEÑAS
A CALEXA
CASTRONCÁN
" Castro Uncani " lévanos a un posuidor chamado Uncano. Os encargados dos sinais das estradas autonómicas rotularon " Castrocán " ( ¡¡¡ Castro Perro !!! ,con mentalidade centralista ) e tamén algún industrial da zona rotulou no seu coche ea innovadora forma-
CESÁR .- A parroquia de San Salvador, que até ben entrado o século XIX pertenceu á Arquidiocese Compostelana . Cesar é palabra aguda , porén en numerosas publicacións lese " San Salvador de César" e " Alto de César" ( con til no é ) sen aclarar quen foi ese hipotético home chamado César
A CIGUÑEIRA.- Na parroquia de Barbadelo hai un lugar coñecido como A Ciguñeira , e un paraxe de Castelo dos Infantes tamén leva ese nome. Cando un veciño da Casa da Ciguñeira se estableceu en Sárria no cruce da estrada de Corvelle coa estrada de Samos, pasan a ser coñecidos como A Ciguñeira o edifico e o cruce e por extensión esa zona da vila pasa a ser o Barrio da Ciguñeira.
O nome Ciguñeira procede de "Cicconiaria" que é unha planta coñecida como "falsa cicuta " . Na crenza de que o topónimo ten algo que ver coas "cegoñas", hai persoas que dan a cruce e barrio a denominación de " Cigüeñeira" , que de tanto en tanto aparece en conversas e publicacións.
CORVELLE.
FONTE RIBEIRA
FUENTE RIBERA PUENTE RIBEIRA
GALEGOS
SANTA MARIÑA DE GALEGOS ( ou Santa Mariña do Carballo ).-
INSUA DO TOLEIRO
LAGOELA
Monte nas parroquias de Vilamaior ( Sárria ), Barán, Vilaragunte e Andreade ( Paradela ) que recibe o nome dun desaparecido espazo lacustre.- Deu paso á forma deturpado LAGÜELA que é a que se fai figurar na documentación oficial, na denominación das Comunidades Veciñasi Coutos de Caza e novas de prensa. A deturpación lñevase ás formas A GÛELA, e LA GÜELA , que carecen de xustificación,
A LAMA
Nunha escritura notarial , referida á parroquia lancarina dese nome, escribiron " ALHAMA", como se se tratase dun nome de orixe árabe. Outro erro é convertilo en " LA LAMA "
LAMA DE CAQUE
MONTE DA LAMA DE CAQUE MESÓN DA LAMA DE CAQUE "
" MONTE MACAQUE" . "MACAQUE "
LAMA DA GÁNDARA
Lido nunha escritura " EL AMA DE LA GÁNDARA"
LAMARRIGUEIRA
Este topónimo no século XVII figuraba , por separado, como LAMA e RIGUEIRO, alternando esta denominación con RIGUEIRA. Máis adiante figura como LAMA DA RIGUEIRA, que rematou sendo LAMARRIGUEIRA. Os deturpadores foron creando expresións como LA MARRIGUEIRA e A MARRIGUEIRA . Esa absurda denominación non tivo consolidación.
LOUSEIRO.-
LOSEIRO LUSEIRO
MASIDE
Topónimos históricos : Sancti Petri de Masiti, Sancto Vicentii de Masiti, Monte Masiti, Sacta Oelalia Masiti. Santo Estevo de Maside A denominación deriva do nome dun posuedor chamado " Masitus "
Impropiamente aparecen as formas " MASID ", MASIZ , Zona de Concentración Parcelaria de " Masid
MERCADO DA SERRA / A SERRA
A SERRA ( lugar en Banrbadelo ).- MERCADO DA SERRA ( en Barbadelo, tamén coñecido este lugar no século XVIII como " Campo da Serra" ).
Utilizouse , moi ocasionalmente, a forma deturpada " Sierra ". Familias procedentes desa zona de Barbadelo e residentes na vila de Sárria manteñen o apeñativo "Sierra", como sobrenome e mesmo como denominación de actividades e negocios ( " Muebles Sierra", " Inmobiliaria Sierra )
NESPEREIRA
No Catastro do Marqués de la Ensenada refirense a esta parroquia como " SANTIAGO DE INÉS PEREIRA " .
O OURAL.
Históricamente " Aurale·.- MONTE OURAL..- CASA DO OURAL ( no concello do Incio ) .- O OURAL VELLO. ( O lugar de O Oural, parroquia de Chorente , foi a primitiva aldea que pasou a dar nome áo nacente lugar da Estación do camiño de ferro, enadídoselle " Vello" para non confundilo coa nova localidade)
Dende fináis do século XIX o topónimo pasa a dar nome a un novo lugar e actividades :o-ESTACIÓN DO OURAL-Posta en funcionamento en 1882.- TÚNEL DO OURAL ( 1 ).- No camiño de ferro de Palencia.- A Coruña, posto en funcionamento en 1882. Era o máis longo de Galicia.- .- TÚNEL DO OURAL ( 2 ).- Aberto ao paso de trens en setembro de 2025.- O OURAL ( ao medrar o núcleo xurdido darredor da Estación tomou o nome do lugar situado ao sur, beira da estrada de Valdeorras . Esta localidade forma parte das parroquias de San Xulián de Chorente e San Sadurnño de Froián, e é o segundo núcleo urbán do concello de Sárria ).- FACTORÍA DE CEMENTOS DO OURAL. Fábrica cementeira posta en funcionamento nos anos 1960 - ESCOLA DE PADROADO DO OURAL.- Instalada no Poboado de Cementos Cosmos.. MUIÑEIRA DO OURAL.- Casa de comidas CEIP DO OURAL.- Froito da concentración de escolas da zona Sur de Sárria e algumhas do concello de O Incio . Leva o nome de " Antonio Fernández López. ICREXA DE SAN XOSÉ OBREIRO DO OURAL.- Novo templo para servizo relixioso da localidade , alzado dentro da parroquia de San Xulián de Choremte.- SOCIEDADE DEPORTIVA OURAL. Equipo de fútbol federado.
Está impoñéndose o uso da forma OURAL fronte a denominación propia " O OURAL".
OUTEIRO
Ademáis da castelanización do apelido Outeiro que se matiña vivo no século XIX dando a forma Otero, en alg úns documentos aparecen as expresións O UTEIRO o EL UTEIRO,
RIBEIRA.. Na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria, No século XVII e décdaas seguintes figura como As Ribeiras, Un indicador na estrada no lugar de Santo Albarte sinala a entrada da pista que conduce á " Riveira ",
A POBRA DE SAN XIAO
" San Jillao da Pobra " " San Jullao da Pobra " San Juliàn de la Puebla. La Puebla de San Julián
PONTE DA ASPERA
PONTE DA ESPERA
PONTE DE FERRO
PONTE DO TOLEIRO Puente de Hierro Ponte Ponte do Litmar
PONTE DO MAZADOIRO ( VELLA )
Está xeralizado entre as persoas da vila o chamarlle " Ponte de don Fermín ". sen que esa denominación teña nada que ver coa historia desta histórica ponte. Cando en 1882 se pon en funcionamento o ferrocarril entre A Coruña e Sárria, un membro da famlia Pedrosa de Lugo, fixo unha casa xunto do río que acabou sendo comprada por un Somoza da Furela ( Samos ), cas que foi coñecida como Casa do Furela. Un fillo deste , chamado Fermín Somoza, industrial e participante na politica local foi o seguinte posuidor da casa , e como a histórica Ponte do Mazadoiro ficou arredada do nacente barrio do Mazadoiro ( San Martiño de Requeixo ) e ter á súa beira o seu establecemento o tal "Don Fermín". Agora pasados moitos anos do falecemento dese señor a que ten por nome correcto o de A PONTE VELLA DO MAZADOIRO , é chamada " Ponte de Don Fermín".
Unha cantiga popular refirese a esta ponte : Ao pasar pola Ponte / do Mazadoiro / vinte rapaciña / co devanadoiro / E dende entón, miña nena / de pena eu morro
PONTE NOVA DO MAZADOIRO
PONTE RIBEIRA
PUENTE RIBERA PUENTE RIBEIRA MUIÑO DA PONTE RIBEIRA ( Muiño de Solance,. Muiño de Solande ). ALBERGUE PUENTE RIBEIRA RESTAURANTE PONTE RIBEIRA
PONTE DO TOLEIRO
PONTE VELLA
Históricamente : " PONTE DE VILAR DE SÁRRIA "
PONTES DO MAZADOIRO
PONTÒNS DO TOLEIRO
REQUEIXO
REQUEIXO ( lugar de Maside ).- SANTO ESTEVO DE REQUEIXO ( foi Santo Estevo de Barbadelo , Santo Estevo de Maside.- SAN MARTIÑO DE REQUEIXO ( parroquia eclesiástica suprimida, conservada como parroquia civil)
Antes da normalización toponímica aparecía a forma " Requeijo", cando noutras zonas de Galicia se poñía " Requejo",
A RIBEIRA
RIBELA
SAN BREIXO
SAMBREIJO SAMBREIXO
LOBATAIRA
ALBATAIRA
SAN BREIXO DA BALSA
SAN PAIO
SAMPAYO
SANTA MARÍA DE VILAMAIOR.
SANTO ANDRÉ DE PARADELA
Denominación histórica : Sancto Andreas de Paratella.
Indicadores na estrada: " Parroquia de San Andrés "
SANTO ANTOLÍN
SETEVENTOS
SIETEVIENTOS
O SISTELO
SISTELO XESTELO
O SISTO
SIXTO
O TOLEIRO
RÚA DO TOLEIRO
TREILÁN
O TUMBIADOIRO.
Nunha nova dun xornal lucense das primeiras décadas do século lese EL ATUN BADOIRO
SAN XULIÁN DA VEIGA e SANTIAGO DA VEIGA
Topónims históricos : Sanncti Iulkiani de Veiga , San Jullao de Veiga, San Jillao de Veiga , San Julián de Veiga de Sárria , Iacobi de Veiga, Santiago.
Veiga de Arriba ( en Farbán ). Na estrada de Becerreá mantense un sinal indicador " San Julián"
VILÁDIGA
VILAESTEVA
VILAESTEVA DE HERDEIROS
ILAMAIOR
Sancte Marie de Vilamajore Santa María de Vilamaior de Paradela , Santa María da Lobataira.
En Nabás ( Ortoá ) mantense un letreiro no que se le " Villamaior "
VILAR.
Santa María de Vilar e San Salvador e os lugares de Vilar ( Biville ). Vilar de Lamas, Vilar do Monte, Vilar ( en Vilar de Sárria ), Vilar de Arriba e Vilar de Abaixo ( en Santa María de Vilar ). Deu lugar ao apelido castelanizado como " Villar"
VILARIÑO
VILARRAIRO
Na actualidade manténse un indicador na estrada no que se le " Villarrairo"
VILASANTE
VILAVERDE
A VILERMA
VILOUZÁN
VIVILLE / BIVILLE
************************************************************************************
A CREATIVIDADE TOPONÍMICA DO CATASTRO
( mostra en progresión )
SANTA MARÍA DE ALBÁN.- " Panelas ".- " Pista da Cigüeñeira".- " Otero Bouzallo".- " Penela Llana ".- " San Mil".- " Nemelo".- " Tranesas".- " Loseguel".- " Traviesa",. " Cortiña Abajo" ........
SANTALLA DE ARXEMIL .- " Leiro da Chanza ".- " Leiro de Fautín".- " Leiro da Griña".- " Leiro dos Laos de Riba".- " Leiro da Moriña".- " Leiro de Pruelo".- " Leiro de Veles ".- " Monte de Arqueixada ".- " Monte da Cubelada ".- " Prado de Agremil".- " Prado de Arxemí".- " Laos de Riba".- "Prado de Megalón",. " Prado de Sebor Veiga ",. " Reiro do Rego".- " Toxal da Cuvuluda".- " Veles".- ,,, ...........................
Comentarios
Publicar un comentario