SÁRRIA : TESTAMENTO DE ALONSO GONZÁLEZ DE ROBLEDA , CAPELÁN DE SAN XOÁN ( 1629 ) (696 )

                                          SANTA MARIÑA DE SÁRRIA

                   TESTAMENTO DE ALONSO  GONZÁLEZ DE ROBLEDA    ( 696 )

    ( Sivil, 4 de xullo de 1629 )

ALONSO GONZÁLEZ DE ROBLEDA, crego de menores  e capelán de SAN XOÁN  EN  SÁRRIA, polo testamento  que outorgou  no ano 1629   deixou por herdeiro universal seu a PEDRO DE VALCARCE  RIVERA, do lugar de Sivil  e Xuiz  en Samos.

                                                    Escribán :  Xoán Vázquez de Neira

                                                     ****************************

                                                           In Dei nomine, Amén.

SAIBAN cantos esta carta de testamento  derrradeira  e postrimeira  vontade  viren  como eu ALONSO GONZÁLEZ DE ROBLEDA , crego de menores ordes, capelán de San Xoán e Santa Mariña da  vila de Sárria, estando enfermo  na cama de doenza  natural  que Deus noso señor  foi servido de ma dar , mais no meu san xuizo  e entendemento natural, teméndome  da morte que é cousa  certa e a hora dela incerta , crendo como firmemente creono misterio  da Santísima Trindade , Pai e Fillo e Espirito Santo, tres persoas distintas e un só Deus verdadeiro , tomando como temo  por miña intercedora  e avogada  á Virxe María  nosa señora nai do noso señor Xesús Cristo, á que lle suplico sexa  a miña intercededora  coa súa Divina Maxestade, queira perdoar  os meus pecados.  

Polo tanto á maior gloria de Deus noso señr  fago e ordeno o meu testamento  na forma e maneira seguinte :

 * Primeiramente,  encomendo a miña ánima a Deus noso señor que  a criou e redimiu polo seu sangue precioso  e o corpo á terra  da que foi formado.

* Item, mando que cando a vontade do noso señor  for de me levar desta presente vida, o meu corpo sexa sepultado na igrexa do señor Santiago de Estraxiz onde están os meus avós e se pague polo rompemento  da sepultura o que de costume é.

* Item, mando  qu o día  do  meu enterro  se for hora de misa ou outro día seguinte se me digan as misas que aos neus cumpridores parecere  e da mesma maneira deixo á súa eleición e vontade a ofrenda e máis sacrificios   que quixeren facer pola miña ánima,

* Item,  mando ás mandas forzosas e acostumadas  a cada unha delas dez maravedís por unha, coas que as aparte dos meus bens, 

* Item, digo  que lle debo a Catarina de Perros real e medio para unhas zapatillas.

* Item, digo que lle eu debo  a Bartolomeu López,  crego cura de Estraxiz. catro reais. Mando que llos paguen,

*  Item, digo que a min me debe Diego Fernández, da Vilanova ,reais de resto de cinco fanegas de pan de renda que lle vendín, que mas paga na súa casa  a catorce reais  cada fanega,Mando que llo cobren así.

*  Item, débeme Xoán Pèrez de Padriñán unha fanega de pan  que ma paga por unha cortiña que leva  e é do ano de seiscentos vinte e pagou.

*  Item, digo que eu puxen cas de Pedro de Sáa de Louseiro trinta fanegas de pan e mandeille que o vendese,Mando que lle tomen a conta e o que constare  deber se cobre.

*  Item, digo que eu lles debo  aos capeláns que serven  as ditas miñas capelas a serventía  do ano pasado e  a deste ano que vai correndo, E para isto mando  se lle tome a conta a Xoán Capón, crego,o postreiro ano que foi ecónomo e depositario da renda das ditas capelas.´

* Item , digo que a mín débenme tanto os caseiros que pagan renda como outras persoas, pan, diñeiros e  outras  cousas como constará dun memorial que eu teño  que está escrito da miña letra, mando que se lea e consonte a el sexa cobrado o que se me deba,

*  E para cumprir me executar  este meu testamento , mandas e legatos nel contidos  deixo e nomeo por cumpridor meu, albacea e testamentario  in solidum a Pedro Valcárcel  Rivera, veciño do lugar de Sevil e Xuiz  da Abadía de Samos, a quen dou todo o meu `poder cumprido como se rquire para que entre e tome  os meus bens e  do mellor  e máis ben parado  deles cumpra e pague este meu testamento e o nel contido.

* E  cumprido e pago o que de suso vai declarado no remanente que quedare  dos meus bens e débedas ditas e accións  deixo, nomeo e institúo   por meu lexítimo e universal  hrdeiro  ao dito de Pedro Valcárcel  calquera que os teña , léveos todos  coa benzón de Deus. E pola  presente revoco, anulo  e dou por ningúns  e de ningún valor e efecto calisquer   testamento e testamentos , codicilo ou codicilos, manda ou mandas que antes deste teña feito e outorgado por escrito ou de palabra  quero  que non valian  nin fagan fe  en xuizo  nin fora del  agás  este que ao presente o cal quero valia por meu testamento  o codicilio último  e postrimeira vontade  para que sexa vía e forma, que mellora e ha lugar de dereito en testemuño  de verdade.  O cal outorguei así perante o presente  escribán  público  e testemuñas de xuso escritos , para isto chamados e rogados  que foi feito  e outorgado no lugar de Sevil a catro días do mes de xullo  de mil seiscentos e vinte e nove anos sendo testemuñas Bieito de Fuentes, veciño de Samos e Xoán Valcárcel e Domingos Fernández, veciños de Estraxiz, e Xoán de Lamparte  e Domingos López , veciños do dito lugar de Sevil, e o outorgante que son escribán , dou fe  coñezo, asínoo . Alonso Gonález , pasou perante min Xoán Vázquez de Neira , escribán.  Vai  emendado,.  nu me debe - cons - jebe - enys- o - psra que sexa- iba testado - en - en-berdad.

Concorda  co seu orixinal que perante min pasou e en fe diso o dito Xoán Vázquez de Neira como escribán publico do mosteiro e audiencia de Samos asínoo e firmo e rubrico.- Dous reais e non máis.-

Testemuña de verdade.-  Xoán Vázquez de Neira.

                                                   .................................................

SEMINARIO DE ESTUDOS SARRIAOS " FRANCISCO VÁZQUEZ SACO ".-  Procedencia: Fondo de don Pedro López Rubín.-   Trascrición: Xaime Félix López Arias ( 8 de xullo de 1986 )

                                                .....................................................

NOTAS.- A Capelanía de San Xoán da igrexa de Santa Mariña de Sárria ("  A Vella" )  tiña altar propio dentro do templo e estaba servida por  un crego ou un ordeado de menores  que disfrutaban de rendas  e tiñan que oficiar as misas sinaladas  polos fundadores.

Esta capelanía  deu base para a institucionalización  do culto ao San Xoán Bautista   e que este acabase sendo  aceptado como padroeiro da vila de Sárria. Na igrexa de San Salvador de Sárria tamén era venerada unha imaxe  de San Xoán, que se garda no Mosteiro da Madalena / Convento da Mercé.

A celebración de culto no altar de San Xoán,  de Santa Mariña,  deu lugar a enfrontamentos de pàrrocos e capeláns,

                                              ......................................................

A parroquia de Santa Mariña de Sevil ( Sivil ) , da Abadía de Samos, desaperecu ao se integrar na de Santiago de Estraxiz.

                                           ............................................................ 

ç                                                                                                                                                                    --

Comentarios

Publicacións populares