SANTA MARÍA DE ALBAN: SARRIA ( 686 )

A PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE ALBÁN   , NO CONCELLO DE SÁRRIA  ( 686 )

(  Traballo elaborado polos profesores do Centro de Educación Permanente de Adultos de Sárria- Rúa Pedro Saco 4   :  Ricardo Segundo López Méndez, Xosé Ovidio  Valín  Rodríguez, Afonso Goyanes López  e Xaime Félix López Arias )  para  o Curso de Xeografía e Historia Comarcal impartido no dito centro educativo)

Elaborado no ano 1991 e seguintes foron obxecto  de publicación os datos recollidos na publicación SEURROS , e agora  publicanse para xeralizar o coñecemento das  49 parroquias rurais do Concello de Sárria.  

 ......................................................................................................................................................................

                                                         (  1  ) 

                                             SANTA MARÍA  DE ALBÁN

Situación :  A uns 4 quilómetros da vila de Sárria , a SO.  Superficie: 1,75 quilómetros cadrados.  

Poboación :  1845  ( 50 habitantes ) ;  1887 (  69 habitantes ) ;  1900 (  52 habitantes  ) ;  1910 (  49 habitantes );  1920 ( 69 habitantes ) ;  1930 ( 65 habitantes ); ........ 1940 ( 79 habitantes )......... ;  1950 ( 76 habitantes ) ; 1970  ( 38 habitantes ) ;  1981 ( 26 habitantes ) ;  1991 ( 25 habitantes ) ; 2025 (  16 )

                                       Accidentes xeográficos

Hai  tres zonas ben definidas : a ) A Veiga do río Celeiro ( o medieval río Barbadelo )   b ).. A aba do Agro dos Alvaredos. c )  O Chao dos Alvaredos.

Hidrografía: O río Celeiro que a separa das parroquias de Piñeira e Barbadelo.

Delimitación : Estrema Norte con Santiago de Farbán; a Leste, con San Fiz de Reimóndez; a Sur, con San Miguel de Piñeira; e a Oeste, con Santiago de Barbadelo e San Miguel de Piñeira. 

No Catastro do Marqués de la Ensenada ( 1753 ) sinalabam as seguintes estremas. "  Principiando  a demarcación  no Río da Veiga  , deste  segue  riba da Ameneiriza de Pacios ,  deste ao  Río de Saamil, deste ao sitio chamado das Fontelas ;  deste segue ao Porto do Arroxo, deste ao sitio do Refoxo, del ao de Soutelo, de alí ao sitio da Condomiña, deste ao Cancelo  de Arriqueiriza, e deste ao  dito  Rìo da Veiga (  Río Barbadelo / Río Celeiro . primeira demarcación,

                                           Núcleos  de poboación.

No 1873 figuran os seguintes lugares e  casares:  ALBÁN,  aldea  con seis casas habitadas e  dúas deshabitadas.  ALVAREDO,  aldea con  tres casas habitadas  e  unha deshabitada ;:   AIREXE,  a igrexa parroquial  e unha casa habitada. PACIOS, aldea , con unha casa habitada e unha deshabitada. Total :  12 casas habitadas 

En 1991 había  seis casas  habitadas e 3 deshabitadas.  CASAS :  CASA DE PACIOS, Nº 1 (  familia de 3 membros ) CASA  DO PACIO: Nº 2 ( familia de 7 membros ).  CASA DO CAMPO , Nº 3 (  familia de 7 membros ).  CASA MÉNDEZ, Nº 4 (  familia dun so membro ).  CASA CASTELLANO , Nº 5 (  familia de 3 membbros ). CASA DE RIBA. Nº 6  (  familia de 4 membros ).- CASA DO ALVAREDO.

Propiedade comunáis:  Non as hai na actualidade e pola pouca superficie da  parroquia cecáis  non as houbese, agás a Devesa Real que en cada parroquia había. 

Equipamento :  Non hai equipamento publico ningún,

Igrexa:  Igrexa románica do século XII , que tivo  perto unha casa, e para chegar ao templo había un camiño de servidume dende a corga  principal. ( Ver anexo ) 

Capelas : Non hai constancia de que  as houbese.

Cemiterio.- Até o  século XIX  os enterramentos facíanse dentro da igrexa pagando dereitos de "foxotio" para a Fàbrica parroquial.  Pasaron a se facer  no adro    a ras do chao e polo lado norte fixeron panteón  que rompe  a estética  do conxunto.

Escola :  A parroquia pertencía ao distrito escolar de Callás ( San Fiz de Reimóndez  ) e a escola stivo na Casa de Castro e  asistiron os escolantes á  escola alzada polo Concello   até a integración  na Concentración  Escolar Comarcal ( hoxe CEIP  Frei Luis de Granada ).

Equipamento deportiva : Non hai.

Outros equipamentos :  A " Fonte de Albán "  no antigo camiño  de Sárria a Vilamaior  e Castro do Rei  ( hoxe Estrada da Lamarrigueira a Cedrón ).

                                             Xeografía  Económica

Explotacións agropecuarias:  Son todas de tipo tradicional , sometidas a un forte  proceso de adaptación  ás novas  esixencias do mercado, sendo  de destacar  a dotación  de modernos establos e a xeralización de maquinaria para o cultivo.

As producións  agrarias  tradicionais  ( centeo, algún trigo, fabas, millo... ) van perdendo  imprtancia , pasando a destacar   o incremento da superficie apradad e   o cultivo do millo híbrido.

Cando  se implantou o rèxime  de saneamento  gandeiro  contabilizàronse as seguintes explotacións de gado vacún :

Nº 1.-  39 cabezas. Nº 2 : 20 cabezas. Nº 3.- 62 cabezas. Nº 4 :  22 cabezas. Total :  143 vacas,

O  número de porcos   baixóu   ao  desaparecer   a venda de porcos de cría e porcos cebados  nas feiras comarcáis, e quedar limitda a produción  aos porcos destinados á matalota caseira. 

GRANXAS  : Non hai.  INDUSTRIAS : Non hai.  ESTABLECEMENTOS  COMERCIAIS E  HOSTELEIROS: Non hai.

COMUNICACIÓNS.-   O camiño de Sárria  a Castro de Rei de Lemos, por Cedrón de Piñeira  e a Feira de Paradela ( Vilamaior  )  procedente de  Callás de Abaixo pasaba polo lugar de Albán  e  deu paso  á estrada provincial de Lamarrigueira  a Cedrón, que estivo parada moitos anos á altura da Ponte de San Paio ( Piñeira ). Dende esta estrada sae unha pista que  vai até o casar da Ciguñeira, que atravesa o río Celeiro  cunha ponte. Outro ramal , á man esquerda, sobe até O Alvaredo. 

A antiga  Ponte de Albán, de plataforma madeirada, riba do río Celeiro  foi sustituida por unha estrutura de formigón.

                                 XEOGRAFÍA  HUMANA

No ano 1991  na parroquia  vivían 25 habitantes (  10 homes e 15 mulleres )

DE O A 10 ANOS ( 1 home , 1 muller : 2 ) ;     DE 11 A 20 ANOS (  3  homes, 1 muller : 4 ):  DE 21 A 30 ANOS (  1 home, 1 muller : 2 );  DE 31  A 40 ANOS ( 1 home, 2 mulleres: 3 ): DE 41 A 50 ANOS  ( 2 homes , 1 muller : 3 ); DE 51 ANOS A  60 ANOS ( 2 homes, 2 mulleres : 4 ); DE 61 A 70 ANOS (   2 homes , 1 muller : 3 ); de 71 a 80 ANOS (  2 homes, 2 mulleres: 4 ) ;  DE 81 A 90 ANOS  (  1 home ) ; DE 91 A 100 ANOS ( 0 ); DE MÁIS DE 100 ANOS ( 0 ). TOTAL: 25 habitantes,

O nivel de estudos  era o seguinte:  Analfabetos ( 0 ) ;  Sen estudos  ( 17 ) ;  Estudos Primarios/EXB : 8 ; BUP / FP: ( 0 ); ESTUDOS MEDIOS ( 0 ) ,  ESTUDOS UNIVERSITARIOS  ( 0 ).

                                                          RESEÑA HISTÓRICA

Vencellada xa dende o século X aos mosteiros de Santiago de Barbadelo  e San Xulián de Samos, acabóu  , xunto coas parroquias de Barbadelo e Piñeira,  formando parte do Priorado de Barbadelo.  Foi tamén coñecida como " Santa María de Barbadelo" e "Santa María de Callás"-

Unha das casas da freguesía estaba integrada na Xurisdición de  Vilapedre.  A partires de 1840 a parroquia integrouse definitivamente no Concello Constitucional de Sárria.

Eclesiásticamente  era anexo de  San  Pedro de Froián, e máis adiante da parroquia de San Fiz de Reimóndez , no arranxo parroquial de 1890 , aída que en ocasións  turnábanse na atención dos fregueses os curas de San Fiz e de Santiago de Barbadelo.

PREHISTORIA.- Non hai máis referenzas que o Castro da Lagarteira  e outro espazo castrexo riba  do lugar do Alvaredo.

IDADE ANTIGA : Non hai referenzas.

IDADE MEDIA.-  Destaca o seu vemcello co Mosteiro de Santiago de Barbadelo . formando  parte da Terra de Barbadelo ou Terra de Barbadelo .  As referenzas documentais aparrecen darredor da súa pequena igrexa románica.

IDADE MODERNA :  Datos do Catastro do Marqués de la Ensenada ( 1753 ): A  parroquia de Santa María de Albán  reunía 9 veciños. , que vivían en 9 casas habitadas  e había ademáis unha que estaba vaga.  Era pedáneo  Roque Rodríguez, de Piñeira. Foron informadores catastrais  Domingos García e Pedro  Méndez. Cura:  Antonio Pardo Ribadeneia , crego tenente cura por  indisposición   do pàrroco  André Manso ( párroco de San Pedro de Froián ) .

Señorío  da parroquia: Correspondíanlle  ao Mosteiro de San Xulián de Samos , que percibía polo dereito de lotosa  o valor de 4 reais, e ademías  un día de traballo  por ano por cada veciño, aínda que non esixía esta  prestación. 

O pàrroco   percibía na súa totalidade os desmos  da parroquia  : 100 ferrados de centeo , 32 ferrados  de castañas,  2 años, 1 cabrito , 2 leitóns ,  9 libras de manteiga , 1 libra de la ,  1 carro de herba seca,  52 reais e  16 maravedís  por nabos ,  e destes   32 reais  e 16 maravedís  correspondían ao dereito  de ofrenda , e en concepto de primicia  percibñia 20 ferrados de centeo en cada un ano.

A Fábrica da Igrexa  de Santa María recibía  20 ferrados en cada un ano,  O Cabido de Santiago , por razón de Voto,  reunìa 11 ferrados  e medio de centeo , pagando  os labregos  entre un ferrado e medio e medio ferrado de centeo, segundo a capacidade de cada casa.

Había  dous muiños  tempreiros :  O Muiño da Míllara , co que  Pedro Rodríguez Alvaredo  tiña un gaño  de 20 reais ao ano.  O Muiño de Soutelo, coa mesma utilidade  a Francisco  López do Refoxo.

IDADE CONTEMPORÁNEA :  

                     Ano 1753.- Datos do Catastro do Marqués de la Ensenada

 A parroquia  de Santa María de Albán reunía 9 veciños que vivían en 9 casas habitadas e ademáis había unha casa vaga. O pedáneo era Roque Rodríguez , de Piñeira.  Foron informadores  Domingos García  e Pedro Méndez,  O párroco era Pedro Manso ( residente en San Pedro de Froián ) e por estar indisposto  atendía as freguesías  Antonio Pardo Ribadeneira. 

O señorío da parroquia correspondíalle ao Mosteiro de Samos , que percibía por loitosa o valor de 4 reais   e un día de traballo  ao ano por cada veciño , aínda que  non esixía ese labor.

Os desmos eran  prcibidos polo cura na súa totalidade: 100 ferrados de centeo ,  32 ferrados de castaña, 2 años, 1 cabrito, 2 leitóns, 9 libras de manteiga, 1 libra de la, 1 carro de herba seca, 52 reais  e 16 maravedís  por nabos, e deles  32 reais e  16 maravedís  correspondían ao dereito de ofrenda. En concepto de  primicias  percibía  20 ferrado  de centeo en cada un ano  a Fábrica da Igrexa de Santa María . O Cabido  de Santiago , por razón de Voto ,  reunía  11 ferrados e medio de centeo, pagando os labregos a razón   de ferrado e medio ou medio ferrados segundo a súa capacidade económica.

   Na gfreguesía había dous muiños tempreiros  : O Muiño da Míllara co que   Pedro  Rodríguez Alvaredo  tiña un gaño de 20 reais e cada un ano. O Muiño de Soutelo  producíalle á  Francisco López do Refoxo a mesma utilidade.

IDADE CONTEMPORÁNEA.-  Entre 1853 e 1855  abriron  a estrada   ( treito de saída  de Sárria )  de Nadela a Valdeorras. Ao servizo deste vial alzan o Mesón do Alvaredo, cuxa situación foi obxecto de discusión entre as freguesías  de Reimóndez e Albán, recoñecendo o Concello que estaba dentro da de Santa María de Albán.

Nos anos 1950 abriuse a estrada provincial da Lamarriguera  até a Ponte de San Paio, que  estivo alí deida, e décadas despois  foi aberta até o lugar de Cedrón ( Piñeira ).

**************************************************************************************                                                          RESEÑA ARTÍSTICA

A igrexa  románica de SANTA MARÍA DE ALBÁN foi obxecto  dun detido traballo  de  Francisco Vázquez Saco , cuxo contido é o seguinte :

",,,No testamento de dona Urraca Fernández, filla do famoso Conde don Fernando Pérez de Traba, lense algunhas madas  para igrexas da Diocese  de Lugo, entre as que figura a de Albán: " Ad frayres de spatis xx mrs et medium de eclessia de aluan".

O testamento , que se conserva no tumbo  da Catedral de Santiago, ao folio 10, e foi  publicado por López Ferreiro  na Colección Diplomática da Galicia Histórica ,ano I ( 1901 ), pàxinas  84-89, leva a seguinte data : Era MCCXXXVII , que corresponde ao ano 1199.

A igrexa actual consta dunha nave rectangular  e ábsida ( ouso ) , algo máis baixa  que a nave, rectangular  tamén, ambas dúas  cobertas de madeira a dúas augas.

A porta principal ten dúas arquivoltas  semicirculares de sección rectangular, garnida a exterior  por un semicirco  de billetes. Apoianse as columnas , dúas por lado, con capteis  que van decorados  con lixeiros  relevos xeométricos,  A imposta dun lado , lisa por completa  a do outro, listel liso de billetes en bisel. Fustes monoliticos , agás dun deles   que consta de dúas partes. No tímpano alintelado, relevo de lazos apreixando unha circunferencia.

O arco triunfal , de medio punto e bordeado por un semirco de billetes, álzase  riba de columnas  de capteis  con estilización de follas, cunha imposta decorada, a dun lado con pérolas e a do outro con billetes.

No muro posterior  da ábsida áberse unha fenestra   de arco de medio punto e sección rectangular, garnido por un semicirco alxedrezado,, que se apoia nunha imposta  abiselada  con puntos de pèrolas , e un par de columnasmde fustes monolñiticos e toscos capiteis de abultada decoración. 

O tellaroz  da ábside , adornado con pérolas , sostense nunha  serie de interesantes canzorros  e bordea  coa mesma decoración  o muro posterior  baixo do tellado.

Toda a fábrica  é de boa pedra  de cantaría  , disposta en fieiras horizontais.

 Esta igrexa, anexo de San Fiz de Reimónde, no Concello de Sárria, foi publicada  polo eminente arqueólogo  don Angel del Castillo, na Xeografía  Xeral do Reino de Galicia , 1, pxa. 938"  ( Francisco Vázquez Saco.

Esta igrexa foi obxecto de restauro  pola Xunta de Galicia, dotándoa dun acceso dereito dende a estrada.

CASA DO PACIO.-  Aínda  que a casa antiga  está abandoada , conserva toda a súa estrutura  e aspecto exterior,  cunha fermosa portada  con arco de medio punto.

                                            DATOS COMPLEMENTARIOS

                                             TOPONIMIA MAIOR

ALBÁN.- Fai referenza a un primitivo posuidor " Albanus " . Da " Villa Albani " ( Vila de Albano ) deriva  o actual Albán,                                                                                                                                      MESÓN DO ALVAREDO ou MESÓN DOS ALVAREDOS ( segunda metade do século XIX ) Na parte alta da parroquia, ao Sur, creado para servizo de camiñantes, traxinantes  e carreteiros que transitaban pola  estrada de Valdeorras ( ou estrada de Monforte ).                                                                                    O PACIO.-  Fai referenza a un " Pallatium" , propio dunha vila medieval. Foi  denominación que sobreviviu  as  anteriores " Paço " e " Pazo".                                                                                                      PACIOS.- Fórmula  semellante á anterios, en plural, herdeira das formas " Paços" e " Pazos".

                                                  TOPONIMIA MENOR

                       Lugares :  Albán.- Alvaredos.- Pacios

 ( 1870 ).-  Airexe.- Alvaredo.- O Pacio.- Pacios.  (  1896 )  Airexe .- Albán..- Alvaredos.- O C.ampo.- Pacios 

CASAS:-  Albán :  Campo, Castellano,  Méndez, Pacio , ( Airexe, desaparecida ).-  Riba.  Alvaredos :  Nova.- ( Mesón, desaparecida ).-  Pacios: Pacios.

ESTREMAS:-  ( 1753 )  Río da Veiga ( Río Celeiro, medieval Río Barbadelo ).-  Ameneiriza de Pacios.-  Río de Saamil.-  Fontelas.- Porto do Arroxo.-  Soutelo .- A Condomiña.-  A Cancela da Ciguñeira.- Río da Veiga. 

                                                       TOPONIMIA   DE ESPAZOS.

 Agra  de Abaixo.. Agro de Abaixo..  Agro de Arriba,. Agro da Igrexa., Agro de Refoxo  Vello.- Aira do Campo.- Aira de Castellano.- Aira de Méndez.- Aira de Pacios,.  Aira de Riba,. Amedo.- Ameneiriza. de Pacios,.  Arroxo .........Barbeito do Agro  de Arriba.- O Barredo. . Bouzallo ......... Cadares.- Camiño de Callás .-  Camiño da Ciguñeira.-  Camiño da Lama,.- Camiño de Tras As Veigas.- Camiño de Vilamaior / Camiño de Chantada.-  As Campazas.-  Os Campazos.-  Cancela da Ciguñeira.-  O Cardedo.-  A Carreira.- O Carril.-  O Castro.-  A Chousa.- Chousa do Castro.-  Chousa de Cumpalgo.-  Chousa do Monte.-  Chousa  Pequena.- Compalgo,. A Condomiña.-  Corga Vella.-  A Corredoira.-  Cortiña de Arriba.-.  Cortiña de Baixo.-  Cortiña da Lama,-  Cortiña Nova.-  Cortiña de Riba.-  A Costa.-  A Costa  de Albán.- Costa Grande..  Costa Pequena.-  As Costas,.  A Cruz.- ............A Devesa ........ Estrada de  Lamarrigueira a Cedrón.-  Estrada de Piñeira.- Estrada de Valdeorras / Estrada de Nadela a Campos da Vila / Estrada de Monforte...... Finca do Cachafeiro .- Finca da Costa.-  Finca de Entrambolos Regueiros.-  Finca de Leira Longa.-  Finca  da Veiga. Fonte de Albán.- Fonte Vedra.-  As Fontelas.....Horta,- Horta da Abaixo,.  O Horto.....  Laga.- Lagoa.- A Lama.- Lama da Ponte.-  Lamela das Penas.-  Lamelo da Condomiña.- Lamelo da Pereira,.  Lastre de Aló.-  Leira do Alvaredo.-  Leira da Cancela.-  Leira da Casa.- Leira da Cruz.- Leira Grande.-  Leira Longa.-  Leira do Monte.- O Leiriño.-  O Leiro.- Leiro do Agro.-  Leiro do Agro de Abaixo.-  Leiro do Agro de Arriba.-  Leiro de Alende.-  Leiro do  Amedo.- Leiro das Campazas.-  Leiro dos Campazos.-  Leiro da Cancela.-  Leiro do Carballo.-  Leiro do Cardedo.-   Leiro da Casa,. - Leiro da Chousa.- Leiro de Cimo da Penela..-  Leiro da Condomiña.-  Leiro da Corga Vella.-  Leiro da Corredoira.-  Leiro da Corredoira de Abaixo.-  Leiro da Cortiña.- Leiro da Cortiña Nova.-  Leiro da Devesa.-  Leiro das Figueiras.-  Leiro da Fonte Vedra.-  Leiro da Lama.- Leiro Largo.-  Leiro de Longarela.-  Leiro da Marxa.-  Leiro do Medio,. Leiro da Penela.- Leiro da Peneliña.- Leiro Pequeno.-  Leiro das Prumas.-  Leiro de Punta Longa.-  Leiro de Riba do Agro.- Leiro de Riba da Casa.-  Leiro da Seara.- Leiro do Seixiño.-  Leiro de So Bolairo.- Leiro de So a Carreira.. Leiro de Trala Aira.-  Leiro de Trala Devesa.- Leiro de Tras da Casa,. Leiro de Tras Os Hortos..  Leiro do Valado,.  Leiro da Veiga,. A Longarela........A Marxa.- Meiral.-   Mesón dos Alvaredos.-O Monte.-  Monte das Campazas.-  Monte do Carballo.-  Monte de Carril.-.  Monte de Chouza..-  Monte das Figueiras,.  Monte do Leiriño,. Monte do Namelo.-  Monte da Penela.- Monte do Porreiro.-  Monte do Souto..  Monte do Souto da Veiga.- Monte de So Valado.-  Monte do Toxal..  Monte de Trala Devesa.- Monte de Tras da Longarela,. Monte do Trouso.. Moutorelo ..... O Namelo.- Namelo da Horta ,. Namelo da Veiga ........Outerro..... Paradela. A Penela..- Penela Pequena,. As Penelas.- .  A Peneliña.- O Piorno.,.   Ponte de Albán.-  O Porreiro.- Porto do Arroxo.-  O Pradiño.-  Prado de Abaixo.-  Prado das Campazas. Prado do Carballo.-  Prado da Cortiña de Abaixo.-  Prado da Cortiña de Arriba.-  Prado da Fonte Vedra.-  Prado Grande,.  Prado da Horta.- Prado do Muiño.-  Prado do Namelo.-  Prado do Rigueiro da Cova.- Prado da Sega,.  Prado da Tega,.- Prado de Tralas Airas.  Prado de Tras do Souto.- Prado do Agra Vello..- Os Prados..  Prados Grandes ....... Refoxo,. Rego de Lamparte,.  Riba do Agro.- Rigueiro da Cova.-  Rio Barbadelo ( nome medieval ). Río da Veiga / Río  da Rañoá /  Río Celeiro .-  Río de Saamil......... A Seara.- O Seixiño.-   Senrela..- Soutelo.- O Souto.-  Souto de Amedo.-  Souto da Costa,. Souto Grande,. Souto de Lastre.- Souto de Longarela.- Souto do Mato.-  Souto da Veiga.-  Soutos de Afora............. O Teso.- Toxeiro.,.. Trala Devesa.-  Tralas Airas.- Tras as Casas ,. Tras da Longarela.- Tras Santos.. Tras Senrela..  Tras do Souto........ A Veiga,.  Veiga de Fora.- Veiga Longa ...  As Veigas .- Viaduto de  Albán.... . Xustorelo.

                                           CITAS DOCUMENTAIS

No inventario  realizado  polo abade de Samos  Pedro Froilaz en 12 de xuño do ano 1125 apareeb " in terra de Pineira  villa que fuit de Alfonso Alvitiz... "

......................................................................................................................................................................... 

No Diccionario Miñano ( 1826 ) aparece a parroquia de Santa María de Albán formand parte das Xuriscicións de Sárria e Samos:

Marquesado de Sárria: ALBÁN.- Freguesía  S. de España , en Galicia, prov.  de Lugo,  xurisdición de Sárria.AP. 7 veciños , 28 habitantes. Unha parroquia da que é anexa a aldea   Alvaredo.- Contribúe  134 reais  8 maravedís.

Abadía de Samos: ALBÁN .- Freguesía Ab de España,  en Galicia, prov, de Lugo, xurisdición de Samos,   a. O. , 5  vecinos  ;  28 habitantes. Unha parroquia  da que é anexa a aldea da Airexe.

......................................................................................................................................................................... 

No Diccionario Madoz ( 1843 )   hai as seguintes referenzas. "  ALBÁN ( Santa María ).. Freguesía   na  provi<ncia e diocese de Lugo  ( 1 1 /2 légoas ) partido xudicial e concello de Sárria  ( 1 /2 )  Situada en terreo crebado  de libre ventilación , ceo alegre  e clima bastante san ; ten 10  casas de labradores espalladas no lugar do seu nome e no do Alvaredo ;  a igrexa  parroquial ( Santa María ) é pequena  e anexo de San Pedro de Froián ; otérmino estrema  polo N. coa freguesía de Barbadelo. polo Leste coa de San Fiz de Reimóndez, polo Sur, coa de San Mamede da Chanca, e ao Oeste , a de Piñeira. O terreo chao e de boa calidade e a parte montuosa  disfruta  dalgún arboredo, aínda que en xeral é bosque de mato e pasto. Hai boas fontes  que ademáis de abasteceren  á viciñanza  proprcionan pías e brega.Os camiños son malos , o correo recibeno da capitalidade do partido, Produce : centeo, mel, millo,castaña, algún trigo, viño r diversas legumes, madeiras de castiñeiro e piñeiro. Cría gado prcino, vacún , ovellas e cabras. Poboación  : dez vítimas, 50 almas, Contribúe  co seu Concello.

.................................................................................................................................................................. 

( Inventario do Patrimonio Artístico de España. -  Lugo e a súa Provincia )

 ALBÁN ,Sárria,

Parroquia filial de Reimóndez, perto da vila de Sárria , catro quilómetros, na estrada que vai a Monforte. Zona cha  e moi fértil . A primeira referenza desta ugrexa data do ano 1199.

IGREXA PARROQUIAL ROMÁNICA.- Adro cemiterio darredor.  Un pouco arredadada  dos poboados, no medio  de fincas e pasteiros, con bon acceso.  A nave está coberta a dúas augas , lousa riba de madeira con catro vigas tirantes , sen modillóns  e cornixa. Lateral sur , unha seteira  e unha pedra saínte . Lateral norte , con porta alintelada  por un tímpano  que oculta no interior o arco de medio punto.mochetas saíntes  cun rolo anelado, xambas en arista. Unha seteira.

 Porta principal  con arco de medio punto , de dúas arquivoltas  en arista abrazadas por unha moldura saínte de perfil onferior  de billetes ;  impostas, dereita, simpllemente biselada; esquerda , de listel e franxa biselada  , con finos billetes, Dúas columnas por lado , acodeladas, de basas tóricas  riba de plintos, Capieis  con sinxela ornamentación  ; dereitos, con dúas bolas e unha piña o primeiro. o interior , con follas e dentes de serra ;  esquerdos, exterior , con tres   bolas e catro cordas secantes, Tímpano con relevo cruciforme e circular inscritos nun cadrado ; mochetss saíntes con rolos anelados, xambas en arista.

Espadana sinxela.,

Sbsida, máis baixo e reducido ca nave, a dúas augas, rectangular. Lateral  sur,  fenestra  rectangular, posterior, e seis modillóns historiados, bolas, rolos e grande busto de home,  riba dos que descansa  unha cornixa biselada con bolas ou pérolas, ornato que se extende á parte posterior da ábsida. Lateral norte coberto pola sancrístía; Parte posterior, aspilleira protexida  por un arco de medio punto, dunha arquivolta en arista , cinguida ao exterior por unha figura saínte de billetes; impostas biseladas, con bolas ou pérolas.; columnas  semiadosadas ; capiteis con carnosas  follas, algunhas rematadas en bola. 

 Retábulo , de comezos do século XVII. Un corpo con tres fornelas e ático con dúas. bon. Imaxes :  Asunción, 0,85, con coroa de madeira e peana de dous anxos ; Santiago peregrino, 0,77 ; San Xosé, 0,72 ;  Santa no ático, un metro ; tallas da época.

Tres columnas  salomónicas con acios, vestixios du retábulo. Santo bispo, 0,60, mutilado de mans, imperfeito ; boeta de ánjmas con relevo do purgatorio, Lámpada de metal, sinxelam con tres vieiras.

                                                          ( ELÍAS VALIÑA SAMPEDRO )

............................................................................................................................................................................ 

                                                          ETNOGRAFÍA

Unha das casas da parroquia  leva o nome de CASA DO DEMO , e segundo  a tradición oral,  recibe esa denominación porque  tempos atrás  tiveron lugar alí  algúns fenómenos paranormais :  rompememto de crisais das fnestras, chuvia de pedras riba do tellado, etc. deninídoa como unha casa embruxada-

Ese nome  e outros de casa da contorna  deron lugar  ao dito : "  O Demo en Albán,  o Cristo en Treilán , o Deus e  o Bispo en Farbán  " ....

                                                          A POBOACIÓN EN  1881

                                                              PACIOS ( 1 )

                                                               Natural de                    Data de nacemento 

 ANTONIO   GARCÍA  DÍAZ  ..............Albán.............................16.01 .1811                                                  MANUElA  RODRÍGUEZ....................Barbadelo......................20.05.1812                                                 MANUEL   GARCÍA RODRIGUEZ..,.Albán.............................15.05.1844                                         

 MARIA  XOSEFA  LÓPEZ GARCÍA,,.Piñeira........................... 14.04,1849                                                   ANTONIO GARCIA LÓPEZ.................Albán...........................19.01,1877                                                 XOSÉ  GARCÍA LÓPEZ.......................Albán..............................13.06.1880                                                 RAMONA  GARCÍA LÓPEZ................Albán..............................10.05.1884                                                 MANUEL  GARCÍA LÓPEZ.................Albán..............................16.07.1869

..................................................................................................................................................................... 

MANUEL MOURELO GUITIÁN ...........Albán.............................4.01,1859                                                EDUARDA LÓPEZ PÁRAMO ................Albán...........................13,05,1853                                                MANUELA GUITIÁN,.............................Albán............................29,05,1850

.................................................................................................................................................................. 

                                                 ALVAREDOS 

PEDRO XOÁN  LÓPEZ DIAZ..............Albán...............................  4.01,1849                                                XOANA FERNÁNDE GONZÁLEZ......A Chanca.........................21.04.1852                                      ELVIRA LÓPEZ  FERNÁNDEZ............Albán...............................,.7.02,1882                                              MANUEL Mª  LÓPEZ FE.RNÁNDEZ...Albán...............................30.12.1883.                                            M ª XOSEFA LÓPEZ FERNÁNDEZ......Albán...............................28.04,1886                                              CARME LÓPEZ  FERNÁNDEZ.............Albán...............................15.05,1883 ................................................................................................................................................................

ANTONIO LÓPEZ GARCÍA ..................Albán..............................19.06.1866                                              CARME LÓPEZ ARIAS .........................Barbadelo........................30.01,1842                                            VICENZO LÓPEZ FERNÁNDEZ..........Albán...............................   1.01,1820 ....................................................................................................................................................................

XOSÉ LÓPEZ DÍAZ  ..............................Albán............................... 15.05,1864                                            MANUEL RODRÍGUEZ CASTRO........Albán............................... 30.05,1885 ...................................................................................................................................................................... 

CARME CASTRO RODRÍGUEZ .......... Cesár...............................15.05,1864                                              MANUEL RODRÍGUEZ CASTRO ........Albán..............................30.05.1885 ......................................................................................................................................................................

                                                        ALBÁN (  7 ) 

XOSÉ NIETO RODRÍGUEZ..................Reimóndez....................... 4.12.1830                                              FRANCISCA VÁZQUEZ NÚÑEZ .......Albán...............................30.01.1829                                                MARÍA XOSEFA NIETO.......................Albán..............................  4.05,1867 .......................................................................................................................................................................  DOMINGOS  LÓPEZ DÍAZ  ................Albán..............................  4,03.1823                                                ANTONIA LÓPEZ FERNÁNDEZ.........Piñeira............................ 21,01,1823                                     MANUEL LÓPEZ LÓPEZ.....................Albán............................. 13.05.1862 ..................................................................................................................................................................... 

 PEDRO LÓPEZ  DÍAZ  .....................Albán................................... 4-01.1815                                              ANTONIO LÓPEZ PÁRAMO.............Albán................................. 13.04.1844                               MANUELA LÓPEZ DÍAZ..................Albán................................. 30.05.1845                                     XOÁN LÓPEZ PARAMO...................Albán..................................  1.05.1853                                          Mª MANUELA VÁZQUEZ LÓPEZ...Albán.................................. 30.01.1863 ....................................................................................................................................................................... 

MANUEL LÓPEZ PÁRAMO............Albán..................................... 4.01.1847                                              VICENTA MOURELO LÓPEZ..........Albán ................................... 15.01.1848                                    ELVIRA LÓPEZ MOURELO ............Albán.................................... 21.12.1871                                            RAMÓN LÓPEZ MOURELO  ...........Albán...................................  16.05.1874                                   ESTRELA LÓPEZ MOURELO ........Albán...................................  28.02.1876 ...................................................................................................................................................................... 

MANUEL VÁZQUEZ                                                                                                                          MARIANA LÓPEZ FERNÁNDEZ                                                                                                              Mª ROSA VÁZQUEZ LÓPEZ                                                                                                                          MANUEL LOUREIRO IGLESIAS                                                                                                                  Mª MANUELA  LOUREIRO VÁZQUEZ .....................................................................................................................................................................

XOÁN LÓPEZ DÍAZ                                                                                                                                    CARME MÉNDEZ ALVAREDO .....................................................................................................................................................................

NICOLASA DÍAZ DÍAZ                                                                                                                            ANTONIO DÍAZ MANUEL DÍAZ .......................................................................................................................................................................

 Todos os veciños de Santa María de Albán eran  labregos e analfabetos na súa maioría.  A escola de ensino primario que había mías perto dos seus lugares era a escola elemental incompleta  que o concello sotiña en Barbadelo, en casas particulares en réxime de aluguer,

13  familias , que reunían 50 persoas ( 25 homes e 25 mulleres ).- Procedían de fora da parroquia 8 persoas  :

Da contorrna : Barbadelo ( 2  )   Piñeira   ( 3  )  A Chanca ( 1 )  Reimóndez  ( 1  ) Cesár  (1 )   .     

                                              PATRONIMICOS EN 1889.-  

MANUEL ( 9  ).-    ANTONIO ( 5 ) .-   XOSÉ ( 3 ).-  XOÁN ( 2 ).-  DOMINGOS  ( 1 ).- MANUEL MARÍA ( 1 ).- PEDRO ( 1 ).-  PEDRO XOÁN ( 1 )  .-   RAMÓN ( 1 ).-  VICENZO  ( 1 )

CARME ( 4 ).-   MANUELA ( 3 ).-   MARÍA XOSEFA ( 3 ).- MARÍA MANUELA ( 2 ).- ELVIRA ( 2 ).-ANTONIA  ( 1 ).,. ANXELA ( 1 )  .-  EDUARDA ( 1 )..- ESTRELA ( 1 ).-  FRANCISCA ( 1 ).- MARÍA ROSA ( 1 ).-  MARIANA ( 1 ).- NICOLASA ( 1 )..   RAMONA ( 1 ).-   VICENTA ( 1 ).- XOAQUINA ( 1 ).- 

 

........................................................................................................................................................................

.................................................................................................................................................................. 

  

 

 

 

 

          

 

Comentarios

Publicacións populares