SÁRRIA : O MUIÑO DA ACEA DE ARRIBA (688 )
SÁRRIA : O MUIÑO DA ACEA DE ARRIBA ( 688 )
Xaime Félix López Arias
Na parroquia de San Fiz de Reimóndez, na Foz das Aceas, na beira esquerda do río Sárria, está o MUIÑO DA ACEA DE ARRIBA, con actividade dende séculos atrás. Foi propiedade do MOSTEIRO DA MADALENA, que o aforou ao longo dos anos a diferemtes particulares. A súa chapacuña derivou augas para o muiño, batán, pesqueira e mesmo para unha máquina de aserrar movida pola forza hidráulica, e as sobrantes destinábanse á rega da cortiña. Unha ponte de madeira riba do río Sárria permitía o paso das persoas que levaban gra para moer, procedentes de Fafián e de Farbán.
O Muiño da Acea de Arriba , o mesmo que os demais que pertenceran ao Mosteiiro da Madalena ( da Orde de Santo Agostiño ) foron obxecto da Desamortización , postos á venda como Bens Nacionais, e pasou a mans de familia fidalga , radicada na comarca no lugar de Aián ( Casa de Miranda, na parroquia de Santo Estevo de Reiriz ).
NO ANO 1843 o seu dono , Antonio María Miranda e Trelles aforoullo a XOSÉ PUMARES. Eis o contido do contratro que eles suscribiron.
Ano de 1843
Na cidade de Lugo a vinte e sete días do mes de Novembro ano de mil oitocentos corenta e tres,
Perante min Escribán de Número e testemuñas estando persoalmente o Sr. Don ANTONIO MARÍA MIRANDA E TRELLES, veciño dela , Dono e posuidor das casas principais de Aián , Coca e outras, bens e rendas a elas pertencentes Dixo:
Que por virtude do presente instrumento na maneira que máis valedeira sexa en dereito afora e dá en foro perpetuo a XOSÉ PUMARES , veciño da Parroquia de San Fiz de Reimóndez, Distrito do Concello da Vila de Sárria, os bens seguintes:
* Unha CASA MUIÑO chamada ACEA con catro rodas .
* Os formais dunha ARCA ou PESQUEIRA .
* O terreo chamado AMENEIRIZA con algunhas árbores.
* Outra CASA de acarón para vivir o muiñeiro.
* Unha peza de ORTO e labrantío de semeadura de máis ferrado e cuarto,
* Un PRADO de dous ferrados pouco máis ou menos con todo o máis á dita casa e muiño anexo e pertencente segundo sempre andivo todo xunto e incorporado coas súas entradas e saídos e folganzas, correspondentes, e afórallo en renda, canon e pensión anual de ONCE FANEGAS DE BON CENTEO, medidas pola que actualmente se usa na citada Vila , ou na Casa de Aián do Sr. Aforante por un dos días do mes de setembro que se lle sinale , libre de contribución , de desmo e de todas outras pois han ser sen desconto coas seguintes condicións :
1ª.- Que o recipiente e quen o represente ha traer sempre todo o aforado ben cpodado , reparado e perfeitado de todo o necesario de maneira que vaia en aumento e non en deterioro.
2ª,. Que respecto se necesitan algúns reparos nos muiños e casa ha ser obrigado o recipiente a verificalos no preciso termo de dous anos e poñendo todo en bon estado.
3ª,. Que ha pagar pola dita medida de Sárria en boa gra, limpa de toda mala semente , a satisfación do Sr, Aforante postas na dita vila de Sárria ou na Casa de Aián, segundo se lle sinale, comezando a pagarlle nun dos días de setembro do ano vindeiro de oitocentos corenta e catro, e así os demais consecutivamente sen omisión nin desconto algún, en non sendo por calquera caso fortuito ou raro continxente,
4ª,. Que estando tres anos consecutivos sen pagar a exposta renda este foro caia en comiso , èrda o recipiente o seu dereito e se lle poida quitar.
5 ª,. Que o dito recipiente halle entregar unha copia auténtica deste documento ao Sr. Aforante para o seu arquivo.
6ª,. Que sempre que o dito Señor pola súa conta queira poñer corrente a PESQUEIRA , cuxos formais existen no día , ha poder facelo e aproveitarse " in solidum" da pesca que nela caia.
7ª.- E que o aforado sito en termos da freguesía de San Fiz de Reimóndez, non se ha poder partir nin dividir entre os herdeiros , permutar nin suxeitar a gravame ninún , senón que sempre ha andar xunto e incorporado nunha soa persoa que pague por enteiro a sinalada renda.
Cuxas condicións han ter forza executiva , cumpríndoas o recipiente e quen o represente , constitúese o dito Señor a que este foro será certo e seguro e non quitado, aínda que outro por el máis dea ou prometa , a cuxo fin se aparta do sucesivo dereito utilitario que tiña ao aforado , transfíreo ao aceptante con poder cumprido para a toma de posesión que dende agora se dá por citado para ela e consíntea.
E estando presente o XOSÉ PUMARES e sabedor dixo:
Acepta este foro do que protesta usar e na súa virtude obrígase real e persoalmente coa súa persoa e todos os deus bens presentes e futuros do xeito máis executivo en dereito ao pagamento das ONCE FANEGAS DE CENTEO DE RENDA aos seus prazos , e en razón de que así o cumprirá aos seus prazos sinalados, e a conducila pola súa conta a calquera dos dous puntos referidos que lle sexa sinalado, a satisfacer todas as contribucións que se lle impoñan á indicada renda e a cumprir todo o demáis capitulado e a elo, caso de omisión quere e consinte ser compelido por todo rigor de xust iza e vía executiva, e en razón de que así o cumprirá dá polo seu afiuzador e principal pagador a XACOBE RIBELA , veciño da parroquia de San Salvador de Cesár no mesmo distrito de Sárria , quen estando así ben presente, enterado á súa satisfación , facendo de débeda allea propia súa, dixo :
Prácelle ser afiuzador do XOSÉ PUMARES e constitúese cos seus bens na maneiira máis auténtica en dereito a que o dito Xosé e farao el exactamente canto leva prometido e no seu defecto farao el como tal afiuzador , a cuxo fin outorga a máis solemne obriga e fianza, con cantos vínculos e firmezas a súa realización requira.´
E para que por este instrumento se lles faga estar e pasar en todo tempo cada un na parte que lle toca como se fose sentenza definitiva. executoriada que por tal a reciben, sométense aos xuíces do seu foro , renunciando calquera lei que os favoreza e a xerñ que proibe esta renuncia.
Adverín a toma de razón no Oficio de Hipotecas de Sárria, previo pagamento do medio por cento, e así o outorgaron e asinan, agás o afiuzador que dí non saber, ao seu rogo unha testemuña dos presentes, que o foron Xosé Díaz, Don Xoaquín Ferreiro e Rosendo Gómez, veciños desta Cidade,
De todo o que e coñecemento eu, Escribá, dou fe.Antonio María Miranda, Xosé Pumares, Como testemuña, a rogo, Xoaquín María Ferreiro. Perante mín : Tomé Díaz,
É copia do orixinal que perante min se o<utorgóu e no meu pode queda para r existro, asinado en papel selo cuarto mai<or ao que me remito.
Ev en fe delo de pedimento do recipiente expido a presente que signo e asino neste prego enteiro do selo segundo . Como Escribán pola Súa Maxestade, numerario da Cidade de Lugo e o o seu Partido, estando nela o día do seu outorgamento.
Tomé Díaz
*****************************
HERDANZA DE PEDRO PUMARES RIVELO DAS ACESA DE ARRIBA E DA SÚA MULLER MARÍA LÓPEZ TOURÓN
1.- FREI DOMINGO , finca a labrantío, 5 ferrados.
2.- Outra , idem, monte a xesteira, 8 ferrados.
3.- Outra a monte, LEIRO COCHEIRO, dous ferrados.
4.- Outra, monte a xesteira, 8 carballos e 2 castiñeiros, de 8 ferrados.
5.- O prado NAMELO, de seis ferrados.
6.- Outro no mesmo nomeamento, 2 fanegas, con inclusión da CASA PETRUCIAL , 2 ALPENDRES e un FORNO , así como un MUIÑO FARIÑEIRO que contén no seu interior unha TULLA e unha arca de maderia de castiro, valeiras as dúas ; 2 rodas de aguante e 2 peneiras - 12 castiros , 1 cerdweira e algunhas árbores máis.
7.- MONTE DO ROSARIO, 3 fanegas..
8.- Unha CASETA , desrinada a gardar as ovellas,
9.- A DEVESA, 5 ferrados.
10.- Unha ARCA ou PESQUEIRA (.... caneiro..... )
11.- 8 castiros de corpo a carón da casa
***************************************
NOTAS
1.- A renda do foro ( 11 fanegas = 44 ferrados de centeo ) equivalía a 594 quilos pagadeiros en Sárria ou Aián por días de setembro de cada un ano.
2,. A propiedade da ACEA DE ARRIBA, con casa, muiño, alpendre , forno e pesqueira alcanzaba a ssuperficie de 54 ferrados, que pola medida de Sárria son 33,943,04 metros cadrados ( 3 hectáreasm 39 áreas, 43 centiáreas e 4 decímetros cadrados )
Comentarios
Publicar un comentario