HOSPITAL DE SAN LÁZARO DE SÁRRIA ( 690 )
O HOSPITAL DE SAN LÁZARO DE SÁRRIA ( LUGO ) ( 690 )
( Publicado en ATAVIS ET ARMIS . Revista do Gran Priorado da Orde Militar e Hospitalaria de San Lázaro de Xerusalén . C / Inocencio Fernández , 81. Baixo C , 28035 Madrid. Eición ao coidado da Chancelaría. Número 7. Madrid ;Decembro de 2005.
COLABORACIÓNS
O HOSPITAL DE SAN LÁZARO DE SÁRRIA ( LUGO )
Por Xaime Félix López Arias,, Cronista Oficial de Sárria.
O sarriao don Francisco Vázquez Saco , membro da Real Academia Galega e correspondente da de Historia , foi quen primeiramente adicóu atención a esta institución que estivo aberta entre o século XV e o ano 1700 , uníndose seguidamente as súas rendas , ao desaparecer a lepra na zona, ao Hospital de Santo Antón Abade , adicado á atención de peregrinos , constituindo así a chamada Obra Pía , que aínda a finais do século XVIII , e relacionada xa exclusivamente coa escola publica , mantívose na vila.
Este hopital de leprosos ou "gafos" de orixe descoñecida , se ben estivo baixo da tutela da Xustiza e Rexemento da Vila, baixo da protección e inspección dos Condes de Lemos e dos Bispos lucenses, estaba situado " extramuros da Vila de Sárria " , na parroquia de San Pedro de Maside e conserva a súa presenza na toponimia local no nome do barrio e rúa de San Lázaro e non queda do seu emprazamento outro vestixio ca Capela adicada ao santo padroeiro dos leprosos , obra do século XVIII , embelezida cun moderno cruceiro que sinala o paso do " Camiño Francés " a Compostela.
Don Francisco Vázquez Saco manexou un amplo legaxo de documentación , referido a contas , hoxe desafortunadamente desaparecido , e nas do ano 1561 , as máis antigas por el consultadas , figuraba a esmola recadada na festa do Santo ; e nas de 1689 consinuábase a que procedia das " candeas do Santo o día del e da feira"
Do legaxo de 452 folios, que levaba por título " Libro de Contas de San Lázaro incluso nesta Vila de Sárria " perdeuse toda referenza , descoñecéndose o seu actual paradoiro e nel estaban as contas dende 1561 até 1689 , e contiña notas curiosas que nos levarían anos atrás.
Cita Vázquez Saco unha escritura do ano 1475 , cuxa copia notarial encabezaba o legaxo , e que contiña unha manda testamentaria de Roi da Nogueira " morador ena Veiga de Sárria", quen "xasendo doente con todo o meu siso natural ... fago e fize manda á horde de San Lazaro de Sárria " en que para sempre xamais lle dean e paguen cada un ano ttes tegas de centeo por min e polas ánimas de aqueles estou obrigado".
Cita outros documentos outorgados máis tarde , que aluden a doazóns máis antigas.
En 1517 , Fernándares de Lier " confesaba estar ena costume de pagar aos da horde de San Lázaro dous celemíns de pan de renda ".
En 1562 , o mordomo da Orde Pedro Rodrñiguez , afora " un casarón e formal de casa que está sita no Couto de Laiosa...... a carón da casa de Men Rial no que soía vivir e morar Martiño da Pedreira , defunto, segundo pertenesce á dita Orde de Señor San Lázaro; a cal dita casa aforámosvola como dito é segundo que a dita orde de Señor San Lázaro pertence por doazón que dela fixo Men Rial o Vello, defunto que sexa en gloria ".
Tivo Vázquez Saco á vista as Ordenanzas do Hospital nas que esixían para ingreso dos gafos unha certificación facultativa que acreditase a súa doanza . Algunhas referíanse a apestados de fora da rexión; porén eran máis abonosas as de doentes da comarca , o que demostra que non estaba a zona libre da lepra.
Relacionou as seguintes : "Vin a María de Frollais , veciña de Aián, que está leprosa confirmada m e poden recibila na Orde os señores mordomos, e por verdade asínoo do meu nome feito a seis de xullo de oitenta e sete ( 1587 ), Licenciado de Guadalupe.
Por Vázquez Saco sabemos que "antes de decretar a adnisión facían inventario dos bens do candidato, a base da declaracion xurada do mesmo :.... O pan de renda tiña que se repartir por igual aos acollidosm para a súa mantenza, e " se acaescere tempo no que na dita casa e horde non houbese senón unha persoa ou dúas ou tres, por maneira que do pan de renda que a casa ten ou tiver caber a cada un máis de dez fanegas de pan que a tal persoa ou persoas non poidan gozar da dita renda máis de dez oitavas cada un ano ; e que o que sobrare oo cobre e reciba ou sexa obrigado a elo o procurador que for ", e o seu valor había de ser empregado en reparos da igrexa do Hospital.
Distribuiase ademais entre os leprosos a esmola recolloda na festa de San Lázaro..." da ofrenda que se obteña na dita casa o día de Señor San Lázaro cada un anon sexa repartida en quiñóns por iguais partes entre os da hoirde alí estiveren e que tamén se reparta un quiñón para os ditos reparos ( da igrxa ) ".
Era tamén reartoda" a esmola que se dese á dita casa olos que pasaren , os que morreren e se sacare pola vila ,,, e cada un sexa obrigado a pedir a súa semana na casa e pola vila... ben e fielmente sobre xuramento quee todos fagan... e que non entren nas casas so pena dunha tega de pan da súa raxión."
Ordenábase que " despois de ali se houberen ingresado , ningún saia nin se vaia á súa casa , se a tivese, so pena que se non o fixese se lle quite a parte da esmola que do pan de renda da ofrenda de día de San Lázaro lle couber por aquel primerioano",,,
Axudábanse, ademais os acollidos co cultivo da terra, e estaba previsto que " antes que vaian pedir o pan de esmoña e viño e a carne, repartean entre eles a terra que cabe a cada un " e se algún npn podera traballala, " vaian os compañerios á terra que ao tal coubera e do que sacaren , reparta con el a vista do procurador".
Para casos de defunción prescribíase o seguinte: " Cando algúns da horde morresen , cada un deles dos que quedaren sexa obrigado a dicirlle á súa costa na dita igrexa dúas misas cos seus responsos riba da foxa e rezo pola súa ánima".
"Se o tal gafo defunto pola súa afcende dese un ducado ao menos para reparos da igrexa , o enterren dentro da igrexa , e dando seis reais , fora nos portais ,,, e se non dese nada , fora no cemiteiro".
Pola súa parte os leprosos non regateaban a súa xenerosidade á benéfica institución que os acollia.
Rexistrou Vázquez Saco varias doazóns e mandas, feitas ao Hospital polos que ali recibían asistenza , e delas trascribiu unha que se conserva nos fondos do Arquicvo Histórico Nacional , de Madird, procednete do Mosteiro de Santa María Madalena de Sárria :
" A vinte e sete de agosto ano de mil e cincocentos e noventa e dous anos , Afonso Touón da Orde de San Lázaro mandou ao mosteiro de Santa María Madaena de Sárria eá Orde de San Lázaro de Sárria, a cada unha tres tegas de pan cada nos polas súas herdades que a el lle pertencen so o sino de San Cicrnzo de Betote e de Santiago da Veiga , e mandou que despois que el falecese que levar estas herdanzas que pague esta pensión , e non querendo, que as ditas ordes as poidan recibir e que as partan de por medio".
Tanto con relación a este Hospital como ao de peregrinos de Santo Antón e a Obra Pìa.coñecido recentemene o conttido do " Libro dos Hospitais de Santo Antón Y San Lñazaro, inclusos na Vila de Sárria" ( 1700-1872 ) , estes datos , con relación aos séculos XVII, XVIII e XIX, van ser obxecto de ampliación, cando se edite o libro en curso de preparación, do que son autor, " Os Hospitais de Santo Antón e San Lázaro de Sárria".
o edificio destinado a Hospital de Leprosos en San Lázaro ( parroquia de Maside ) , a ermida de San Lázaro e a non lonxana ermida do Campiño estaba en pe en 1753. A casa Hospital era xa tan só un formal , coas fenestras tapiadas , agardado que en caso de necesidade , se volvese habilitar para a súa finalidade institucional.
A finais do século XVIII os fondos dos Hospitais de San Lázaro e Santo Antón ( Obra Pía ) adicábanse ademías de aos fins institucionais ( de xeito ben escaso ) a pagar o mestre de primeiras letras , atención de expñositos , pagamento dos dereitos dos patronos e visitadores eclesiásticos , función do Corpus , empréstimos a censo, etc. razó pola que os Bispos e Visitadores reconviñan aos administradores para que voltasen ás fundacións orixinarias e velasen pola pureza da institución. Todo iso sen éxito.
A maior parte dos caudais poñiase a censo , benificiándose de iso os mebros das familias destacadas da comarca. Darredor do ano 1872 redimíronse as últimas rendas.
A feira anula de San Lázaro, promovida poo Hospital, era de grande importancia para Sárria, aída que se celebraba extramuros da vila en terras de Maside y xunto coa de Vilamaior da Lobataira ou de Paradela até 1820, foron as únicas que tiñan lugar na Xurisdición. Mantivéronse até 1960 , darredor do edificio actual, de pequenas proporcións e fábrica moi humild3, sendo reminsicencia das festas quem metres estivo aberto o Hospital de lerposo,, se tiña ao seue xcelson Patrono, xa que, de 31 fanegas e ferrado nde tempo inmemorial,, viñan celebrándose o Domingo de Paixón ou de Lázaro, e dende hai algúns anos celébarse agora nese barrio a "Feira de Antigüidades".
Nas contas de 1808 figura a partida seguinte: " Tamén , a dou ( a dta ) doutos corenta e catro ( reais ) que lle pertencen ao sepor cura de San Pedro de Maside pola celebración das misas que ten ao seu cargo e celebra na Capela de San Lázaro".
Por unha anotación procedente da Contaduría do Conde de Lemos sabemos que " O Hospital de San Lázao tiña de renda en cada un ano para a asistenza dos pobres lacerados 31 fanegas e ferrado e medio de centeo pola medida de Ávilas certas e cobradeiras, como tamén 173 reais e 4 maravedís o ano de 1700 o Sr. Bispo de Lugo don Lucas de Bustos uniuno ao Ospital de Santo Antón desta Vila. Neste de 1717 polas contas tomadas a Francisco Díaz de Guitián mordomo que foi dos ditos Ospitais das rendas dos anos de 1714 e 715 ter de renda 139 fanegas e medio ferrado de centeo pola nova, 2 fanegas de trigo e 448 reais e 20 maravedís de censos e foros ".
Do eco que as persoas caritativas achaba a triste condición dos leprosos son proba que fai fe os bens que, por doazón , posuía o Hospital, mesmo lonxe de Sárria , e cuxa enumeración , referida ao século XVIII, xa unidas, que non confundids, coas do Hospital de Santo Antón era como segue:
INVENTARIO DOS BENS DE SAN LÁZARO
.....Bens de San Lázaro : Primeiramente un cálice e patena de Prata co seu tafetán encarnado. Unha casula de raso liso branco, con cenefa encarnada do mesmo, coa súa estola e manípulo, cíngulo, Alba e amito. Unha táboa de corporais sen bolsa , uns manteis de Altar, unha Ara, un misal co seu atril de pau , un Crucifixo pequeno de altar , un retábulo pintado, co catro imaxes de bulto , a unha da Purísima Cobepción, a outra de San Lázaro, outra de Santa Marta, e outra de Santo Eleuter , e un crucifixo que estaba por coroa do retábulo, unha campana de peso de Doce a carorce libras. Un caixón a carón do altar nno que se recolle todo isto.
Estes son os bens mobles que os ditos ospitais ao de presente teñen sen que teñan entregado , ao tempo que me deron a administración destes ospitais, antes ben , algúns dos que me entregaron como son mantas, sabasm xergóns e almofadas acabáronse co contino uso dos moitos peregrinos que ocorren ao dito ospital ( de Santo Antón ). E fóronse mercando outros novos ; E o que endiante se merquem protesto poñelo neste Libro para que haxa toda claridade,,,,
PROSEGUE A RENDA PERTENCENTE AO HOSPITAL DE SAN LÁZARO
DIÑEIRO
Primeiramente Dez reais que paga Domingos Loureiro de Ferreiros de censo , pasou a escritura perante Diego de Armesto escribán no ano de mil seis centos e Noventa e oito ( 10 ).
Os herdeiros de Don Xoán de Pedraza Dez reais e dez maravedís de censo, pasou a escritura perante Diego Fernández no ano de mil seiscentos e vinte e catro ( 10#10 ). Sárria.
Xoán da Torre, de Triacastela, paga vinte e dous reais de censo, pasou a escritura perante Diego Álvarez , escribá, no ano de 1669 ( 22 ).
Brais Velón de Triacastela paga dez e seis Reais e medio de censo , pasou a escritura perante Diego de Armesto Somoza no ano de 1691 ( 16#17 )
Gregorio López, de Farbán, paga tres reais e oito maravedís de censo, pasou a escritura perante Diego de Armesto no ano de mil seiscentos e noventa e oito ( 3#8 )
Francisco Sánchez paga tres reais e Doze maravedís de censo, pasou a escritura perante Domingos Quiroga Montenegro no ano de mil seiscentos e oitenta e tres ( 3#12 )
Santiago de San Pedro e cosorte sete Reais, pasou a escritura perante Marco Antonio de la Peña no ano de mil seiscentos setenta e sete. Ollo ( 7 ) . Currial.
Pedro Vázquez e Xurxo , xenro seu, trexe Reais e vinte e oito maravedís , pasou a escritura perante Bieito da Peña no ano de mil seiscentos e setenta e oito.
RENDA DE PAN ( centeo en gra )
CERCEDA.- Os herdeiros de Antonio Díaz pagan Catro ferrados por foro que pasou perante Alonso López escribán de 1586 ( 4 ).
ARXEMIL.- Xoán López e Pedro Capón, parceiros, pagan Dez ferrados por foro que pasou perante Diego de Armesto no ano de milsetecentos Dezanove , de certa propiedade e aínda que antes non se pagaban máis de oito polo dito foro subironselle dous.( 10 )
SAN FIZ.- Os herdeiros de Xoán Tourón pagan seis ferrados , pasou a escritura da súa adquisición perante Domingos Quiroga Montenegro no ano de mil seiscentod e oitenta e tres ( 6 )
SANTO ESTEVO DE REQUEIXO.- Xoán López e Xoán de Lóuzara o seu cosorte pagan sete ferrados, pasaron as escrituras da súa adquisición a unha perante Diego Rodríguez no ano de mil seiscentos e sesenta e dous, e a outra perante Diego de Armesto , no ano de mil seiscentos e noventa e Catro ( 7 )
SÁRRIA.- Os herdeiros de Don Xoán de Pedraza pagan media fanega de pan media fanega de pan por foro que pasou perante Diego de Armesto no ano de mil seiscentos e noventa e catro ( 2 )
Don Gaspar de Valcarce paga dous ferrados de pan por unha propiedade que se acha xunto da Capela de San Lázaro . tiven noticia que era de foro o que non puiden até dagora achar , se se achare anotareino nesta partida, ( 2 )
GOIÁN.- Santiago Arias e consorte pagan un ferrado de tan ; tiven hoticia fora doado a San Lázaro pero non achei a súa escritura ( 1 ).
" Estas son as rendas de Diñeiro e centeo que hoxe ten cobradeira o dito hospital de San Lázaro sen que puidese averiguar pertencerlle outra alguna, e para todas as ditas partidas de renda que entrambos hospitais teñen pagan anualmente o seguinte :
Primeiramente pagan vinte e oito fanegsas ( 28 ) que selle dan ao admisitrador por razón da cobranza das ditas rendas e mermas , vendelo e dar conta do seu importe aos patronos e estar pronto a dar as esmolas libradas polas súas mercedes , con máis dez fanegas ( 10 ) que de salario se lle dan á persoa que coida aos doentes ; con máis catorce fanegas que de salarios se lle dan ao cirurxano que asiste á súa curación , que as tres partidas que se pagan compoñen a cincuenta e dñuas fanegas ( 52b ) - Cada fanega, de catro ferrados, cada ferrado de centeo , 13,5 quilos ). Paga ademais en Diñeiro cada un ano o seguinte _
Cinco Ducados que de salario dan as súas mercés os patronos por tomar as contas cada ano e dar as libranzas para as esmolas .
E máis corenta e catro reais que se lle dan de salario ao escribano de Axuntamento por asistir a tomar as contas e máis Dilixenzas por asistir a tomar as contas-
Con máis Corenta e Catro reais que se lle dan ao cura de Maside por razón das misas que di os Venres de Coresma na Capela de San Lázaro.
Ademais Corenta e Catro reais que se lle dan ao cura de San Salvador desta vika de Sárria por enterrar aos defuntos que morren no dito hospial e administrarlles os sacramentos aos doente m, segundo se acha convido de inmemorial tempo.
Con máis trinta e tres reais que de salario se lle dan ao cirurxano ademáis das catorce fanegas.
Máis corenta Reais que sedan por palla e leña, para a Asistenza dos peregrinos e doentes que todas partidas compoñen a de Douscentos e sesenta Reais.Diñeiro que se paga, 260.
Isto é o que anualmente pagan os ditos hospitais segundo é costume de inmemorial tempo e se acha rebaixado nas contas que se tomaron e toman aos mordomos e por verdade asínoo na dita vila a trinta de outubro ano de mil serecentos Corenta e sete ",
..................................................................
No Catastro do Marques de la Ensenada ( 1753 ) aparecen reflectidos os seguintes bens , como pertencente ao Hospital de San Lázaro ( parroquia de San Pedro de Maside ).
BENS EN SAN PEDRO DE MASIDE
O Hospital de Santo Antón Abade da Vila de Sárria
1..... Unha casa terreo ao sitio de San Lázaro , fai de fronte nove varas e de fondo cinco ; linda á dereita e esquerda co dono; regulado o seu aluguer anual en dous reais de veludo.
2......Un ferrado de Souto Poboado de castiñeiros , de segunda calidade e outro de terceira , ao sitio de San Lázaro, murado, a súa figura a do marxe.
Cuxos bens son propios do referidos ao dito hospital.
.....................................................
No ano 1755 fixéronse obras centradas na Capela, á que se lle enadiu un cabido lateral porticado, refacéndose a espadana m obras que se reflictan documentalmente así :
OBRAS NA CAPELA DE SAN LÁZARO
( 14.02,1755 ),. " En catorce días do mes de febreiro deste ano de mil setecentos e cincuenta e cinco, as sñuas mercés os señores Xustiza e reximento como son Don Bernardo Ribera Quiroga, don Antonio e Somoza e don Antonio Díaz e Somoza, Patronos dos Hospitais de Santo Antón e San Lázaro inclusos nesta Vila de Sárria, sacaron da arca de Depósito de tres chaves dous mil e douscentos reais de veludo para entegarllosa MANUEL DE CASTRO, XOÁN DE CASTRO e FROILÁN LÓPEZ, MESTRES DEMAMPOSTARÍ E CARPINTARÍA, para en conta de tres mil e trescentos nos que se lles rematou a redificación da igrexa de San Lázaro anexa aos ditos hospitais como mellore4s postores que remataron a dita obra en virtude de editos que para ela se fixaron, reservando darlles os mil e cen Restantes até que fenecesen a dita obra segundo o pautaron na dita escritura de obriga que outorgaron. E dos sete mil douscentos e cincuenta e dous de arriba que se achaban na dita arca , descontados os dous mil douscentos de arriba quedan na dita Arca de tres chaves, cinco mil e cincuenta e dous reais , e para que haxa toda claridade anótoo e asino.
Perante min. Xosé Antonio de la Peña Somoza
...............................................................
( 24.07.1755 )
En vinte e catro de Xuño de mil setecentoa e cincuenta e cinco as súas mercés a Xustiza e reximento da Vila de Sárria como patronos destes hospitais sacaron da Arca de tres chaves do Depósito do dito hospital hospital, Un mil e catrocentos reais de veludo, os mil cen reais para acabar de pagar a Manuel de Castro , Froilán López e Xoán de Castro, os trescentos ducados nos que se lles rematara a reedificación da igrexa de San Lázaro como consta da Anotación precedente. E os trescentos restantes para pagarllos tamén aos ditos mestres , outro Retal de obra que posteriormente se axustou na dita igrexa. Por canto que o mestre que formou o mapa , e condicións da dita obra, deu po seguro o fontispicio e Campanario , Polo que as súas mercés mandaron fixar novas cédulas para que se había quen quixese facer postura á dita adición de obra o fixesen , ao que viñeron entre outos pormenores postores , os ditos Manuel de Castro, Frolián López e Xoán de Castro, a quen lles foi rematou cun pedazo de Cavido á parte de abaixo por parecer necesario, nos referidos trescentos reais, os mesmos que as súas mercés lles entregaron no dito día, segundo mási longamente consta dos remates xudiciais e Recibos que paran na M Arca do dito hospital a que me refiro.
Por maneira que dos tres mil novecentos e cincuenta de dous reai que habí no dito depósito da Anotación que antecde , sacados os mil catrocentos que lles entregaron aos ditos Mestres. veñen en quedar na dita Arca de tres chaves por último cabdal do dito hospital dous mil cincocentos e cincuenta e dous reais de veludo. E para que haxa toda claridade e distinción como escribán dos ditos hospiais, anótoo e asino o dito día- un- vA.
Perante min.- Xosé Antonio de la Peña Somoza.
......................................................
Na Visita de Sárria e setembro 25 de 77- Gárdanse en todo e por todo e cumpran os Snteriores Autos de visita así os proveídos pola S.Sª. Ilustrísima como os dados polo dito Sr. Visitador e este Mordomo acompañado da Xustiza de Sárria reintegre o cabdal del ao depósito. Tamén o dito mordomo cpode da Capela de San L ázaro e máis que está ao seu cargo porque esteea co maior aseo e limpeza e os cabdais sobreditos e máis que que se lle deba ao dito Hospital sexan cobrados dentro do preciso termo de seis meses baixo das providenzas que de dereito se require e da de incorrer sempre que non se reitegre o depósito en censura, asó o proveeu Mandou e sainou o dito Sr- Visitador que dou fe."
...........................................................
Nos primeiros anos deo século XIX , a Obra Pía entra en crise ,tanto pola desidia do seu derradeiro administrador b, o nefasto crego Ribera, como pola sustración dos fondos para adicalos a finalidades puramente municipais, até o momento da desamortización de bebs e rendas, quedando tan só o Souto e a Capela como r ecordo do pasado esplendor.
O Souto de San Lázaro foi utilizado para a construción de dúas estradas , ns maior parte da súa superficie , e apropiado por particulares, no que fai ao resto, trouxo no período 1920 / 1936 as últimas liortas xurídicas, que non impediron que na actualidade tan só se manteña como lembranza daquela insttución de caridade.
En 1880 , a chegada do ferrocarril, fixo nacer un novo barrio, poboado por comerciantes foráneos, chamado de San Lázaro,, que en 1890 acaba integrándose na vils de Sárria ( parroquia de San Salvador ).
*********************************************************************************
ENFFRONTAMENTO POLO SOUTO E A CAPELA DE SAN LÁZARO
( 1929 )
AO PÚBLICO CONSCENTE DE SÁRRIA
aA XUNTA DE PADROADO DA IGREXA DE SAN LÁZARO , cumprindo deberes da súa elevada mmisión , protesta enérxicamente diante das conciencias honradas , de infundiosas espalladas por certas persoas ao servizo de intereses infundados e egoístas.
Este Padroado xurdeu en virtude da tradicional fe e vontade de numerosos veciños que, por moitos anos, veñen interesándose pola restauración deste desvalido Santuario. Así a Xunta comezou a súa elevada misión , con entusiasmo e desinterese , confiada en que as xentes sensatas a quen se dirixe , recoñecéndoo así , han cooperar á realización desta piadosa obra.
A Xunta acordou convidar ao vecindario a presentar axuda e, como non podia menos agardarse , a foi acollida con benevolencia e aplausos pola maioría dos veciños.
Só temos que lamentar que só unha familia, malia as repetidas xestións para chegar a un acordo , pechou as súas portas a toda concordia e avenencia, En primeiro termo a menor da familia conduciuse con moi pouca delicadeza negándose a escoitarnos. Vendo isto e a instancias do noso asesor eclesiástico , tendo en conta da irresponsabilidade desta señorita volveron dous membros da Xunta e os seus bos desexos de trataren co xefe da casa , estreláro novamente contra a teimuda obstinación da dita menor que se amosou coa maior descortesía . No afán de chegar por todos os medios a arelada concordia , medoiu tamén , por rogos do Padroado, o dignísimo Sr Ecónomo de San Salvador , a cuxa parroquia pertence a capela de San Lázaro. Tamén foi infrutífera esta nova tentativa de intelixencia. Por todo isto a Xunta creeu necesario comunicar a cada membro da dita familia , a medio dunha circular de presentación, os fins do Patrimonio.
A Xunta atribúe esta obstinación da citada familia ao feito de vir ocupando por simple tolerancia os terreos anexos á Capela con bocois e carros .
Posteriormente chegou a oídos da Xunta que a dita familia negouse a recibila porque pretende que eses terreos son deles porque lles toleraron servirense dos mesmos.
A Xunta proclama que os ditos terreos anexos á Capela pertencen por xustos títulos á mesma e seguirá a súa elevada misión até ver reivindicados e ben arranxados eses terreos para que renaza a tradicional fe esplenderosamente deste santuario.
Por todo o exposto , a Xunta vese na obriga de recorrer á vía legal ; e como ofreceu ao público en xeral e ao que ten dereito, irá informando detalladamente do desenvolvemento desta acción, até ver realizada a súa elevada obra de reconstrución ds CAPELA DE SAN LÁZARO-
( 1-XI-29 )
***************************************************************************************** NOTAS
" ARCA DE TRES CHAVES ".- Era unha arca de madira con tres pecharuras que abrían con tres chaves diferentes en más de patróns de mordomos, que tiñan que concorrer todos tres a un tempo para ingresar o diñeiro das rendas, pagamento de censos, venda de bens , etc, e retiras fondos para empréstomos, pagar os gastos ordinarios e extraordinarios da Obra Pía, que se anotaban no Libro de Contas, e que eran comprobados nas visitas ordinarias do Bispo de Lugo, Visitadores no seu nome e os nomeados polos Condes de Lemos. Marqueses de Sárria,.....................................................................................................
* Nos primeiros anos de 1850 abriuse a primeira estrada local , para servir de acceso á Vila de Sárria dende a estrada de Lugo a Valdeorras , e con comezo na Ponte Nova do Mazadoiro e pasando polo Souto de San Lazaro , A Calexa, San Salvador e Os Esqueiredos, remataba no lugar da Lamarrigueira.
E dez anos despois abriuse outra estrada, proxectada con comezo no Barrio da Duques ( baixo da igrexa e da costa de Santa Mariña para seguir até a Vila de Portomarín, que tamén atravesou de lesta a oeste o Souto de San Lázaro-
Esas dúas estradas deron lugar ao nacemento do Barrio de San Lázaro.
* PARROQUIA FUSTRADA.- Darredor de 1890 o bispado de Lugo, tomando como posible templo parroquial a Capela de San Lázaro, tivo intención de crear unha nova parroquia ( SAN LÁZARO DE SÁRRIA ) para o que serían segregados da parroquia de San Pedro de Maside os novos barrios de San Lázaro, Estación e Estrada do Mazadoiro. Finalmente eeses lugares e terreos anexos, segregados de Maside pasaron a forman parte da freguesía de San Salvador de Sárria.---------------------------------------
** No primeiro terzo do século XX deuse un enfrontamento entre as casas de Vento e do Rozo e nese tempo, os desta segunda casa chegaron a obter autorización do bispo de Lugo para trocar a capela de San Lñazro ( que se pretendía derrubar ) recibindo o bispado un soar máis amplo na Horta do Roxo para facer unha nova igrexa que servise de templo parroquial para a zona baixa da vila. Esa pretensión non deu outros resultados que a redacción dun documento de compromiso que resultou papel mollado.
** Unha denuncia seguida contra a Familia Sánchez ( Casa Venta ) por presnta ocupación dunha trozo de terreo que fora do antigo Souto, resultou reinvidicación frustrada.
** A carón da Capela foi colocado un cruceiro, semellante a outros instalados polo Ministerio de Información e Turismo nas cabeceiras dos concellos. do Camiño de Santiago na provincia de Lugo, obra de Manuel Mallo-
** A cesión dun retallo de terreo a carón da Capela deu lugar á recuperación de espazo para adro, que foi axardiñado, e acondicionado cun mural en lembranza da poeta sarriá Xela Arias Castaño, e un poema da súa autoría figura nunha lápida chantada no chan.
*************************************
Comentarios
Publicar un comentario