FIZ VERGARA VILARIÑO EN SÁRRIA ( 695 )
FIZ VERGARA VILARIÑO EN SÁRRIA ( 695 )
E dixo entón o poeta. Sárria....... ¡ Ouh vila esgrevia e soñadora, pombal dos meus soños perdidos, ondeante bandeira da miña esperanza , a ti che entrego este feixe de versos nús : ¡ Cativa colleita de palabras xermolada no fondo do meu corazón namorado !
NACEMENTO
REXISTRO CIVIL SAMOS NACEMENTOS
Folio num.........132
Ao marxe :FÉLIX VERGARA VILARIÑO.- SANTALLA ( Faleceu o 18-7-97 segundo consta ao T.253 /538 do Rexistro Civil de Lugo) Samos 29-7-97
En Samos , provincia de Lugo, ás dez do día dazaseis de Abril de mil novecentos cincuenta e dous, perante D. Xosé Gómez Pereira, Xuiz Comarcal sustituto e D. Xerardo Pita Otero , Segredario Comarcal procédese a inscribir o nacemento de un varón, ocorrido en Santalla ás vinte do día quince de Abril na casa dos seus pais de Santalla, número...... piso....., é fillo lexítimo de Manuel Vergara López, de vinte e oito anos de idade, labrego, natural de Puentes.Cuba e domiciliado en Santalla e da súa esposa Irene Vilariño Álvarez Casanova, de vinte e cinco anos de idade, aos seus laborrs, natural de Gamid e domiciliada no do seu marido; neto pola liña paterna de Félix Vergara e de Dores López, naturais de Santalla e pola materna de Antonio Vilariño, natural de Gamid e de Albina Casanova, natural de Praducelo, e poñenlle os nomes de " Félix ".
Esta inscrición practicasw no local deste Xulgado , de manifestación que fai o pai do inscrito e a presenza como testemuñas D. Luis Fernández Parada, maior de idade, casado, domiciliado en Samos....de.... número e D. Edelmiro González Sotelo, maior de idade, solteiro, domiciliado en Samos.....de...... número.
Lida esta acta sélase co deste Xulgado e asínaa o Sr. Xuiz coas testemuñas e manifestante de que certifico.
Xosé Gómez.- Manuel Vergara López.- Luis Fernández .- E. González Sotelo.- Xerardo Pita
*************************************************************************************
A CASA NADAL
1º.- Unha CASA que consta de andar alto e baixo con varias dependencias e construida de pedra , coberta de madeira e lousa, á que lle son colindantes un horto , un prado e un leiro chamado " da Cova " , que todo forma un só predio , aínda que separado por camiños e un arroxo ; todo o que ten a extensión superficial aproximada de catro ferrados, equivalentes a vinte e dúas áreas, trinta e cinco centiáreas e noventa e seis decímetros, e estrema ao Norte, con arroxo de auga e polas demais partes con camiños pùblicos.
2º.- Un leiro nomeado " Prado da Veneira " da mensura aproximada de un ferrado, igual a cinco áreas, corenta e oito centiáreas e noventa e nove decímetros; estrema ao Oeste finca de Ramón Arango Olano , e polos demais partes con camiños publicos.
3º.- Unha horta chamada " da Casa " , da semeadura de cinco ferrados , pouco máis ou menos , equivalentes a vinte e sete áreas , noventa e catro centiáreas e noventa e cinco decímetros; estrema polo Oeste co río, e polas demáis partes con camiños públicos.
Modesto María Travadelo Arango , Luciano María Travadelo Arango e Teodora María Travadelo Arango, o 27 de setembro de 1921 vendéronlle a Félix Vergara, de 27 anos, solteiro eses predios que formaran parte da Ferraría de Santalla de Abaixo, no Val de Lóuzara, que sendo dependnete da Abadía de Samos foi obxecto de desamortización
************************************************************************************
A COVA E O MUIÑO
************************************************************************************
O RÍO, O PONTÓN E A ESCOLA
************************************************************************************
FIZ VERGARA EN SÁRRIA
Despois de estar interno nun colexio madrileño Fiz Vergara Vilariño matriculouse na Academia Rosalía de Castro, na actual Rúa da Liberdade , que ocupaba o segundo e o terceiro andares da casa nº....., e paraba na Pensión Sierra, na mesma rúa , perto do Cruce da Ciguñeira e tamén na casa do seu amigo, e daquela tamén poeta emerxente Manue Pérez ( Advasien ).
Un punto que, cos seus amigos e compañeiros do colexio, frecuentaba foi o Círco Xuvenil Gregorio Fernández ( da OJE ) , dirixido polo seu profesor de debuxo e " formación do espirito nacional" Manuel Rodríguez Díaz ( Rodim ) . Nas publicacións a ciclostil " Candil" e " Eco" publicou os seus primeiros poemas en castelán.
Integrouse nun grupo informal de mozos e mozas , reunidos baixo o nome de " O Tabao", que aproveitando a xenerosidade ofrecida pola superior do Colexios da Asunción ( A Madre Vitoria ) se reunián nunha das aulas dese centro seguindo cursos de galego, organizando certames de redacción en galego , coñecendo as cancións de " Voces Ceibes ", exposicións de obras literarias....
***********************************************************************************
FIZ VERGARA VILARIÑO EN LUGO
Formou parte do colectivo poético CRAVO FONDO.-
***********************************************************************************
CRAVO FONDO
Colectivo poético xurdido en Santiago de Cmposteal en 1977, definido como revolucionario , nacionalista e comprometido coa inrerpretaciòn creativa, coa lingua e a literatura . Formado por Ramiro Fonte, Xesús Rábade Paredes. Xabier Rodríguez Barrio, Xulio López Valcárcel, Xesús Manuel Valcàrcel, Fiz Vergara Vilariño e Helena Villar Janeiro.
No ano 1977 " Cravo Fondo" publica o manifesto " Por Galicia, pola poesía , Cravo Fondo, verba nova para unha terra ceibe",
*********************************************************************************
A VOLTA PARA SANTALLA DE LÓUZARA
Rematados os seus estudos no Instituto lucense o Fiz voltou para a casa onde estivera a secular ferraría de Santalla , pertencente aos monxes de Samos , no lugar de Santalla de Abaixo, mercada polos avós do Fiz, casa que estivo na parroquia de San Xoán de Lóuzara , e cando foi segregado o sur desa freguesía en 1890 deu nacemento á de San Xosé de Santalla .
***********************************************************************************
A RÚA FIZ VERGARA VILARIÑO / XARDÍN FIZ VERGARA VILARIÑO
( SÁRRIA )
*************************************************************************************
O COLEXIO FIZ VERGARA VILARIÑO EN LÓUZARA
( LUGAR DE PAREDES )
***********************************************************************************
A BIBLIOTECA FIZ VERGARA VILARIÑO NO IES GREGORIO FERNÁNDEZ DE SÁRRIA
***********************************************************************************
A RUTA FIZ VERGARA VILARIÑO DE AIRA PADRÓN A SANTALLA DE ABAIXO
*************************************************************************************
A PRAZA VERGARA VILARIÑO NA VILA DE SAMOS
************************************************************************************
O CERTAME LITERARIO FIZ VERGARA VILARIÑO
I.- 2001. Marica Campo. " Pedinche luz prestada". II,. 2002.- Xesús Pereira. " Cantos da seiva". III.- 2003. Estevo Creus. " Decrúa". IV.- 2004.- Miguel Mato Fondo. " Whiskey na barrica ". V.- 2005. Enma Pedreira. "Casa de orfas", VI.- 2006. Martín Veiga, ·" Fundaxes" VII.- 2007. Xosé A. Neira Cruz. " De esparto e seda",VIII,. 2008. Olalla Cociña. " Libro de Alicia", IX.- Baldo Ramos." Palabra por un valeiro". X.- 2010. Francisco Fernández Naval.· Bater de sombras". XI,. 2011. Xerardo Quintiá. Fornelos & Fornelos ", XII.-2012.- Cristina Ferreiro Real. " Abecedario póstumo". XIII,. 2013 Eva Veiga . " A distancia do tambor", XIV.-2014. Marcos Abakde Covelo. " Oenach", XV.- 2015. Charo López Sanchez. " De como acontece o fin do mundo". XVI.- 2016 .Carlos Negoa. " Tundra". XVII.- 2017. Lara Dopazo. " Clause o alacrán ". XVIII.- 2018.. Emma Pedreira. " As voces ágrafas". XIX.- 2019.- Alicia Fernández, " Mamá Pelicano ". XX.- 2020. Xosé Luis Mosquera Camba. "Parhelio". XXI.- 2021 . Lupe Gómez. "Monte Boga". XXII.- 2022.- Antón Lopo. " Terminalidade", XXIII.- Inma Núñez Núñez. " Unha casa onde vivir". XXIV.- 2024.- Helena Salgueiro Golán. " Amor Palimpsesta "
*********************************************************************************
**********************************************************************************
OBRA POÉTICA
( 1971 ) PRA VÓS
Foi con ocasión dunha mostra de libros galegos organizada polos mozos de · O Tabao" cando ese grupo xuvenil fixo a presentación da primeira obra poética de " Félix Vergara Vilariño " tiduada " PRA VÓS , que gozou de boa acollida entre os sarriaos que en poucos día esgotaron a edición.
O libro foi editado pola Editorial Celta , de Lugo, adicada " A meus pais, familiares e amigos ". Abre a publicación o Limiar.- Presentando una nova voz , da autoría do profesor Xesús Alonso Montero no que di. " Compre saudar con ledicia a voz de este , esta nova voz , e quedar agardando froitos máis traballados e máis cheos. Agardámolos con cobiza e con razón"
A portada do libro foi realizada polo artista sarriao Manuel Rodríguez Díaz " Rodim" presenta un debuxo no que se ve un home cun caxado baixo dunha arcada ruinosa.
Contido.- Primeira parte.- ( Poemas ) . Intimidade : Falando convosco . Definición.- Co corazón na mau.- Non chores.- Oración.- Cabilando.- Pequena elexía.- Irmá.- Desespero.- Imaxen.- Metáfora.- Non sei rezar. Segunda parte.- Cousas , días , traballos : ( Poemas ) Versos ó irmao galego.- Pranto por unha vaca.- Percorrendo Lóuzara.- En Santamariña.- A un bébedo.- Os cans da ciudá.- Os vagalumes,. Outono.- Unha mañá de xeada.- Migueliño.- A G. Adolfo Bécquer.- A memoria de Rosalía de Castro.- Arenga dun labrador sabido.- O trono.- Os soños do Xoseíño.
.............................................................................
( 1972 ) 6 NOVAS VOCES DAS LETRAS GALEGAS
Os alumnos de 6º Curso de Letras do Instituto Nacional Masculino de Lugo ( agora Instituto de Ensino Secundario " Lucus Augusti" ) editaron o poemario " 6 NOVAS VOCES DAS LETRAS GALEGAS no que se recollen composicións Beatriz Pin Díaz, FÉLIX VERGARA VILARIÑO, Francisco Campos Freire, Carlos Rábade Pallares, Xavier Rodríguez Barrio e Manuel Blanco Rábade.
Saiu do prelo da Editorial Celta, de Lugo. Os poemas de Fiz, reunidos en "Saudades louzariñas e outras verbas " , que levaban antes unha autobiografía, foron: Soneto primeiro ( a Virxilio Morentes Sáez ), Soneto segundo ( Pra Ana e Xaime López ), Romance íntimo.Ao rio Lóuzara.- Mensaxe á nova xeneración chairega ( Pra Xesús Rábade ).- Soneto a Celso Emilio Ferreiro-
............................................................................
( 1973 ) ENCONTRO COS TIBURÓS
Edicións Xistral, na Coleición Val de Lemos. Nº 9 . 1973 de Monforte de Lemos , baixo da direición de Manuel María Fernández Teixeiro , publicou a obra de Félix Vergara " Encontro cos tiburós " . O libro saiu do prelo da Imprenta Galicia , de SÁRRIA , e leva por adicatoria: " Pra Emilia e Xesús Alonso Montero, mestres i amigos sempre, Homaxe de ademiración e cariño". Poemas: 1.- Enceto.- Canción .- Anguria.- Fumo sete pitos diarios ( A Saleta e Manuel María ).- Carta,. Poema de nada, 2.- Palabras a un amigo ( A Manuel Rodríguez Álvarez , compañeiro da nenez que se foi e da mocedá que comenza.- Laio.- Lembranza.- Poema da miña Lóuzara Xabreira.- Verba.- O esmoleiro.- Teorema.- Hai que vivir ( A Lois Diéguez ).- A espiña.- A veira do camiño.- Intre final.
..........................................................................................
( 1973 ) OS NOVÍSIMOS DA POESÍA GALEGA / LOS NOVÍSIMOS DE LA POESÍA GALLEGA
A profesora María Victoria Moreno Márquez recolleu poemas de poetas emerxentes con obra galega , dando tamén a súa versión en castelan. Na obra aparecen Farruco Sesto Novás, Lois Diéguez, Alfredo Conde Cid, Xosé Vázquez Pintor, Lois Álvarez Pousa, Xesús Rábade Pallares, Margarita Ledo Andión , Darío Xohan Cabana, FÉLIX VERGARA VILARIÑO, Xavier Rodríguez Barrio. Foi editado o libro por Akal.Editor ( Madrid ) dentro da Colección Arealonga dirixida por Xesús Alonso Montero.
Asinados por Fiz aparecen: Autopoética,.- Enceto / Comienzo.- Definición / Definición .- Pranto por unha vaca / Llanto por una vaca.- Carta / Carta.- Canción / Canción.,- Teorema / Teorema .- Anguria / Angustia,. Intre final / Momento final.- Pequeno manual de historia cun prólogo i un epílogo / Pequeño manual de historia con un pròlogo y un epílogo.- Hai que vivir / Hay que vivir.
************************************************************************************
************************************************************************************
( 1982 )
POETA MUIÑEIRO Á DERIVA
************************************************************************************
( 1990 ) NOS EIDOS DA BREMANZA
************************************************************************************
( 1993 ) PASTORA DE SORRISOS
Para a realización desta obra PASTORA DE SORRISOS o seu autor FIZ VERGARA VILARIÑO recibiu unha " Axuda á Creación Literaria " da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia o ano de 1989.
************************************************************************************
( 1998 ) ANIMAL SEN FEL
( Para a realización desta obra ANIMAL SEN FEL o seu autor Fiz Vergara Vilariño recibiu unha "Axuda á Creación Literaria " da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia o ano 1994.
*********************************************************************************
( 1994 ) FIRMA INVITADA
A RÚA FIZ VERGARA VILARIÑO
Por MANUEL MARÍA
LEMOS , con toda a alegría do mundo nos ollos e co corazón ateigado de gozo , a noticia de que a vila de Sárria - un alto obrigado no Camiño de Santiago que era ao condado de Lemos que é á Coroa Española o Principado de Asturias - lle adicará ou lle adicou xa - non sabemos be - unha rúa ao poeta de Lóuzara, Fiz Vergara Vilariño. ¡ Que menos !,
A corporación municipal sarriana, con este acto, non fai máis que xusticia. Lembramos que o señor mandamais do Courel, pese a pedirllo os escritores lugueses . ou cecais por eso- reunidos en amistoso concilio, negouse a que levaran os nomes de Uxío Novoneyra e María Mariño os dous grupos escolares do seu concello, Non se comprende tanta burremia , falta de sensibilidade, incultura e anticourelismo con perdón pola palabriña, Menos mal que os señores mandamais e subcaciques pensan que os poetas cando o son de verdade - e este é o caso - permanecen .Temos a absoluta certeza de que nun día non demasiado lonxano, os grupos escolares do Courel honraranse cos nomes de Uxío Novoneyra e María Mariño Carou.
Fiz Vergara Vilariño é un sarriano máis . As rúas da vila , dende hai anos,conocen ao poeta e sentiron sobor delas os soños, maravillosos e necesarios de Fiz. O río, no Chanto ou en As Insuas, escoitou asombrado os versos de Vergara Vilariño e levounos ao Miño caudal e poderoso e este espallounos por toda a redondez do planeta terra. E non só o río ,camiñante e murmurador , Tamén as árbores e os ventos ceibes e desacougados. E os veciños da vila que os teñen no corazón como un tesouro pois son a luz iluminadora da escuridade xorda do vulgar e do cotidiano.
Que tendo amor, abondo, loitando con amor, amando e seníndonos amados, non comprem máis armas que as palabras núas para costrirmos unha patria enchida de pan e de traballo, e galos noviños proclamen a xusticia dende os cataventos
Sárria - os pobos teñen memoris e sentimento como os seres humanos - lembran a un Fiz Vergara Vilariño mociño ilusionado que foi morador seu, En Sárria naceron os seus primeiros versos . En Sárria imprentouse o seu primeiro libro importante : " Encontro cos tiburós" . O editor do seu derradeiro libro de poemas publicado, " Pastora de sorriso" , é sarriano. Nos certames literarios de Sárria premiáronlle poemas. Sárria está moi presente nos seus versos e nas súas prosas , Sárria é a súa capital natural , a vila cabeza da súa tribu. Os sarrianos - sen fallar un - son os seus amigos, Como demostrado queda todas son razóns de amor. as máis verdadeiras e podeosas, anque non sempre sexan as máis valoradas. Pero este non é o caso.
Atrevémonos a pedirlle ao noso querido amigo. tamén moi querido amigo de Fiz Vergara Vilariño, Xaime Félix López Arias, o entrañable Arlindo, cronista oficial da vila, o entrañable Arlindo, solicite á Corporación municipal sarriana que fagan a Fiz Vergara Vilariño fillo adoptivo de Sárria . O día da inauguración da rúa a el adicada sería o propio para entregarlle o título e facerlle unha homenaxe a nivel galego que ben merecida a ten. Xa os da Terra Cha nomearon a Fiz Vergara Vilariño " Chairego de Honra ",
GUSTARÍANOS que a rúa sarriana adicada a Fiz Vergara Vilariño sexa céntrica e ampla para que por ela se poida andar con toda comodidade e para que os versos do Fiz circulen libremente, sen ningún atranco ou sobresalto , Que teña árbores para que os poemas do poeta de Lóuzara poidan agatuñar a eles e ter fondos e amigables coloquios cos paxaros , Que sexa unha rúa tranquila na que poidan xogar os rapaces No medio do desastre urbanístico de Sárria , a rúa Fiz Vergara Vilariño sería un edén no que sen problema nengún, convivirían rapaces , versos , árbores e paxaros, Como ten que ser. O día da inauguración sería obrigado ler algunhos poemas do Fiz. Así os versos , de xeito solemne, dediante da autoridade competente e de numerosos testigos , tomarían posesión, para sempre, do lugar que naturalmente lles pertence.Despois a ver quen lle nega á poesía o dereito a aveciñarse en Sárria.
( O TAMBORILEIRO.- Sárria , 1994.-. Taller de Prensa do Centro de Educación Permanente de Adultos de Sárria. Rúa Pedro Saco, 4 .- Equipo de Normalización Lingüistica ) .
**************************************************************************************
LEMBRANZA DA ACADEMIA " ROSALÍA DE CASTRO"
Fiz Vergara Vilariño
Non, eu non poido presumir de ter sido un bo estudiante, entre outras cousas porque fun incapaz de aprender de memoria o sonado binomio de Newton; se de algo ´referente ós meus estudios. me poido gabar é de que fixen dous cursos do bacharelato antigo na desaparecida Academia Rosalía de Castro ( en Sárria ) , e ó cabo dos dous cursos , saín da mentada " Academia " ser recibir unha soa labazada por parte do " profesorado" , ( se se lle pode chamar así , cousa que dubido de verdade ), xa que naquelas vellaa aulas estartaladas chovían ostiazos e castigos dende tódolos recantos e todos saían da man dos " profesores ; alí poñíase en práctica aquel adaxio . tan vello coma o mundo - de " a letra con sangue entra " , e non había máis volta de folla ; de pouco valía chorar ou supricar , canto máis chorabas iu supricabas máis che zoscaban , tiñas que apandar coa malleira e tirar para adiante sen protestar o máis mínimo. ¡ Moi parvos e folgazáns tiñamos que ser, penso eu agora, aqueles alumnos para mallaren tanto en nós aqueles seudo- profesor4s !,
Deixando a unha beira estes métodos totalmente antipedagóxicos , a Academia Rosalía de Castro e máis a Felipe II , que tamén existía daquela e practicaba os mesmos métodos trasnoitados, xogaron un importante papel no desenrolo da cultura sarriá daquel tempo e tamén de hoxe, pois hoxe é cando se poiden avaliar os froitos, suados e resuados , tanto por parte do alumnado coma dos " profersores " - poisquem neste sentido traballaban a reo , todo cómpre decilo e recoñecelo - ; poucos rapaces - cáseque nenos entón, hoxendía xa temos percorrido a metade do camiño da vida - saíron destes colexios, de ensino libre, sen ter unha boa base e un bos alicerces para comezaren unha carreira ou un oficio nas aulas universitarias ; así, enteirate amigo lector, case tódolos meus " compas " teñen uns estudos superiores e exercen as máis diversas carreiras ou oficios dentro e fora de Galicia; o máis parvo quizais fun eu, que fiquei nun simple escritor ; poido presumir, iso si, de honrar o nome do meu colexio ou potro de tortura : da A. Rosalía de Castro é todamente lóxico . alomenos parécemo a min - que saira un poeta, un escritor, ( anque non sexa moi bo ) . A mágoa foi que ds A, Felipe II non sairá un rei, anque fose sen coroa nin espada .
Tiven uns excelentes compañeiros na academia de marras; a todos os lembro e a todos lles gardo singular apego, moitos deles axudáronme na miña loita pola superación. ( Aquí cómpre ter en conta tamén o comportamento colectivo das xentes da vila, que me deron azos e arxilo cando eu estaba a piques de "virme abaixo ", porque atravesaba momentos realmente difíciles ).
Hai que ter en conta que eu cheguei a Sárria, cego como unha teipa, procedente dun colexio de monxas . con certos complexos dictatoriais - onde fixera os dous cursos anteriores en réxime interno ; xa que logo non me foi nada doado. e se non foran estas xentes seríame peor , xa que eu traía ó lombo unhas circuntancias especiais . integrarme na sociedade, ser útil ós demáis . Foron dous anos de loita férrea e enriquecemento interior durante os cais véxome na obriga de salientar a axuda e o ánimo dos compañeiros e máis dos veciños da vila.
Ó pouco tempo de me vir para Sárria, coñecín a Arlindo - hoxe cronista oficial da vila - .home sabido e entendido , galeguista a máis non poder ; os primeiros libros, que lin na nosa língua, deixoumos precisamente el ; fíxémonos amigos... e ata hoxe. O primeiro que acordamos foi facer unha tertulia, para fuxir dos bares, anque só fora os fins de semana. Topamos con moitas dificultades, ( lémbrese que o franquismo estaba daquela dando os darradeiros coletazos e non propiciaba a saída á tona de froitos alleos ós do centro ), tivemos que valernos da Superiora do Colexio da Asunción , que nos cedeu unha aula para levar a cabo as nosas actividades culturais, Fixemos cursiños e exposicións do libro galego, organizamos conferencias e recitais da nosa poesía....etc.
Naquel entón, corría o ano 71 , saíu á luz o meu primeiro libriño de versos, un mañizo de poemas, feitos con máis fincuraxe cá técnica, mais en Sárria tivo boa acollida : isto deume azos para irme a Lugo, por oficial, e seguir escribindo, traballando , mellorando sen esqucerme nunca dos sarriaod a queb levo no meu corazón e na memoria.
¡ Ouh Sárria ! bandeira de lecer ergueita ós catro ventos ; magnolia que perfumas a miña tristura inefábel . Pronunciar o teu nome é decir : xente sinxela , Val garimoso , río soñermiño..
( O TAMBORILEIRO , nº 2, Sárria , Xuño 1996, Taller de Prensa do Centro de Educación Permanente de Adultos.- Sárria. Equipo de Normalización Lingüistica )
*************************************************************************************
MANOLIÑO DAS PEDREIRAS
Fiz Vergara Vilariño
DO MANOLIÑO DAS PEDREIRAS faloume afervoadamente o meu amigo e colega Manuel María. Logo andando o tempo , tiven ocasión de coñecelo eu persoalmente . É un homiño miudo e fervellasfabas , onde os haxa. Naceu en Monforte de Lemos , anque - xa de mociño - transladouse a vivir a Sárria , ó barrio das Pedreiras , cuxos veciños o acolleron garimosamente , como teñen por costume tódolos sarriaos cando acollen a alleos e forasteiros .
A vida non se portou moi ben co Manoliño , de neno atacárono certas enfirmidades ata deixalo casemente eivado ; así e todo non lle poideron tirar as forzas e o hábito de correr a todo tren , hábito que practica diariamente ( algún día varias veces ) desde unha beira á outra da vila a velocidades supersónicas . Eu atrévome a dicir que lle aventaxa ó mesmo Carl Lewis ; ten ese don de mover as pernas sen cansar pouco nin moito. Cando vou por Sárria ( viaxe que fago moitas veces, e con agrado ) sempre o atopo nos lugares máis inverosimis exercitando o seu deporte preferido : correr.
Abofé que este homiño duns 40 e pico anos , podelle dar exemplo a calquera de constancia e tenacidade. Sempre cun transistor no carrelo e cun bocata na man , o Manoliño percorre rúas, calexóns e corredoiras a fume de carozo , facendo músculo e escoitando os resultados do fútbol ó mesmo tempo. O seu equipo preferido é o Lemos , O maior disgusto que lle podemos dar é dicirlle que o Lemos é peor ca Sarriana ; defende o equipo do Cabe con unllas e dentes ¡ Madia leva a patria do seu nacemento !-
En tódalas vilas , pobos e capitais hai ( ou cando menos debía haber ) homes e mulleres - ¿ por que non ? ) - semellantes ó Manoliño das Pedreiras . Nin máis nin menos. Persoas inocentes e infelices -como lles chama miña nai - que sen eles decatarse , fannola vida máis grata e levadeira.
Eu sei moi ben - anque non son meigo nin adiviño - que cando o Manoliño das Pedreiras falte en Sárria , a vila será outra e quizais moi diferente : falarase baixiño , beberase máis viño, nunha palabra todo ficará máis tristeiro e murchado.
....................................................................................
NOTA.- Este artigo foi remesado por Fiz Vergara Vilariño cando principiaba a primavera de 1997. Pouco despois unha doenza levou para sempre ó bon amigo....... e ....... todo ficou máis tristeiro e murchado.
Nin en 1997 nin en 1998 poidemos botar O TAMBORILEIRO á rúa , Na Feira do Libro de 1997 , amigo Fiz , preguntáchesme : " ¿ Cando sae O Tamborileiro ?" . Xa saiu , e o seu repenique froleado tamén soa tristeiro e saudoso ( XAFA ).
......................................................................................
************************************************************************************
FIZ VERGARA VILARIÑO NOS LIBROS-PROGRAMA DAS FESTAS DO SAN XOÁN
1974
CANTIGA DAS FESTAS DO SAN XOÁN
Amiga, ireui ó San Xoán, / queira ou non queira meu pai !
Agárdame na verbena ,/ -enriba na calle Maior -, /Si non chego pola noite, / hei de chegar polo albor.
Ó San Xoán irei , amada, / e andaremos de ruada.
Subiremos ó castelo / a sentarnos na campía / i eu mirarei pra ti, / e ti miraras prá vila......
Amiga irei ó San Xoán, / queira ou non queira o meu pai !
Hemos bailar a fartarnois./ ¡ De comer xa nos darán / os meus amigos de sempre / xente baril e sen par !
Ó San Xoán irei, amada / e andaremos de ruada !.
¡ Que fachenda ser sarrianos / e ter o sangue lanzal...../ Sárria, que fermosa vila, / Que festas as do San Xoán !
Amiga, irei ó San Xoán, / queira ou non queira meu pai !
F. Vergara Vilariño.
............................................................................................................................................................................
1975
DOUS POEMAS
de Vergara Vilariño sobre temas sarrianos
Prós meus amigos A. López Arias, U. López Prado. G. Gómez, . Pote. Jiménez e Maribel Rodríguez Campo pra que se casen axiña, pois a todos eles lles vai sendo hora de facer semellante mester.
I
ANOITECER NO VAL DE SÁRRIA
Oula, ó lonxem un can de palleiro / e pérdense na Veiga os seus ladridos . / As xentes cansas vólvense do leiro / mirando a terra cos ollos erguidos.
O solpor morno parce un aloumiño / e o Val adormeceu na mansedume . / Un grilo oculto xunto do camiño / toca o pifano como de costume,
A noite, enmordiñam pouco a pouco, / asolaga a planura rente a rente / e a paisaxe desfaise nun salouco.
Todo xazo quedo. Estúpetamente / acende seu farol un lucepoico / e anuncia , outra vez, un novo abrente.
II
CANTIGA DAS FESTAS DO SAN XOÁN
Este aon, si Dio-lo quer, / tamén irei ó San Xoán / a ver as xentes sarrianas / en comparsa familiar.
- ¡ Qué non podo faltar, amada, / ás festas do patrón de Sárria !
Irei ó san Xoán sarriano / ledo coma un auxouxer / a compartir a ledicia / de tanta xente de ben.
- Que non podo faltarm / á miña festa preferida !.
Irei ó San Xoán a ver / e máis compartir un gozo, / e lembrar tempos pasados / na vila que ben recordo-
- Que non podo faltarm amada, / ás festas do patrón de Sárria !
Irei ó San Xoán este ano / co meu gtraxe de romeiro / e Sárria hame recibir / coma un amigo de vello.
- ¡ Que non podo faltar, amiga , / á miña festa preferida !
Santalla de Lóuzara, maio do 75.
Identificación dos amigos sarriaos: Alfonso Carlos López Arias ( da rúa Rosalía de Castro ); Uxío López Prado ( da Rúa Maior ); Guillerme Gómez ( empregado de Cementos do Oural ) ; Francisco López Lópe-Pote ( da Rúa Maior ) ; Xoán Jiménez ( da Casa García, da hoxe Rúa da Liberdade ); Carlos Díaz Losada- Cheliño- ( da Rúa Fornos de Atrás ); Maribel Rodríguez Campo ( da Rúa Pedro Saco, filla do Secretario do Xulgado de Distrito)
............................................................................................................................................................................
1976
ROMANCE DOS DOUS RÍOS SARRIANOS
A Xosé Manuel Irimia
O Sárria ( * ) camiña enmorde / dende a serra deica o val / e ó seu rente o Celeiro / tamén pasa de vagar ./ Entrambos ríos sarrianos / teñen un vieiro longal / feito sobre o chan esgrevio / do seu terrón secular .,/ Un camiño verdecente / no largasío touzal, / onde se pousan as brétemas / e morreren as seráns ,/ Unha canle de terra viva / na terra viva e lanzal / laborada con amor / no silencio fraternal,/ ¡ Ouh río Sárria , boi bravo , / garuleiro, furacán.... !. // Poltro salvaxe da serra / sin nome pra te chamar ! / ¡ Río Celeiro, mociño / con fachenda de galán !. Compañeiro de xugada, / xunguido ó vello pai !. ¡ Ouh ríos, antergos ríos / antergos como a soedá !- ¡ Cabalos de puro sangue / galloupando polo val ! .... -tikitiki, tikitake, / tikitate, tikitac - , / Paso firmes, testa ergueta , / camiño do longo mar .
Nota:
Os versos orixinais " O Ouribio camiña enmorde " e " ¡ Ouh río Ouribio boi bravo", encerraban o duplo erro de suplantar o nome histórico e constante do río que dende as fontes do Iribio, A Meda e A Albela pasando beira do Mosteiro de Samos (" in ripa Sarrie " , sub Alpe Eripio" ) e a vila de Sárria, á que lle deu nome,leva as súas augas ao río Neira , e utilizar a forma " Ouribio" ( por soster un maior erro de querer derivalo de " ouro " , esquecendo as evolucións Eripio, Eribio, Iribio ).
Cando con ocasión da homenaxe rendida á súa figura por todas as asociacións culturais de Sárria na Sociedade La Unión, fíxenlle notar ese erro e foi así como na publicación que se fixo nese acto o poema publicouse corrixindo a denominación espúrea-
No eirado da Ponte Ribeira está presente un cartaz co poema onde se mantén o erro sinalado.
Xaime Félix López Arias
.........................................................................................................................................................................
1978
DOUS POEMAS DE FÉLIX VERGARA VILARIÑO SOBRE TEMAS SARRIANOS
I
¡ Val de Sárria verdexante / terra rexa coma o pan / Canción do vento nos trigos / corazón de carballal !....../
Eu fun nómada e romeiro / nos teus vieiros de soedá..... /
E fun de Pena a Betote, / e fun de Aldixe a Manán / camiñando silandeiro / espido de señardás./ E fun a Samos : / ¡ Ouh, Samos, / vella gloria monacal !./ labrada en pedra caliza / á forcia de suor namais ! / E fun á Torre do Barrio / no bosco Sobredoval, / e fun a Cas de Vilerma / e fun o castro de Goián, / ¡ Canta terra , cantos eidos / de paisaxes verdemar / andiven a percorrer / ó longo do longo val.! / ¡ Que gozo mira-la veiga !/ ó fenecer o serán, / dendes do vello castelo, / vixía de todo o val ! / Que gozo mira-la vila , / a vila egrexia e lanzal ! / pombeiro de soños e anceos / a frolecer na mañá !,
¡ Val de Sárria verdexante, / terra rexa coma o panm / canción de vento nos trigos, / corazón de carballal.
Nota : O verso dicía " e fun de Aldixe a Momán "..... Vilar de Aldixe, da parroquia de Vilaragunte ( Paradela ) .é o primeiro lugar saíndo do concello de Sárria pola estrada de Portomarín . A cita de Momán non é correcta, pois Momán está na Terra Cha. Falando de Sárria podería facer a rima con Manán , da parroquia de San Salvador do Mato ( Sárria ) e tamén rima con Montán ( Samos ).
II
ROMANCE DO CASTELO DOS INFANTES
¡ Castelo do val de Sárria, / na cabeceira da vila / - vello farol apagado / a fita- la lonxanía.
¿ Onde van aqueles héroes / que ós teus pés combatían ? / ¿ Onde vai Ruiz de Castro, / onde dona Estefanía ?....../ ¿ Onde vai Afonso Gómez / e as súas feroces cantigas ? / O tempo foi dando tombos / polos camiños dos días / e o sangue trocouse pan / na farturenta campiña. Morreron os cabaleiros / que denantes defendían.,
O tempo foi dando voltas, / do pasado nada fica, / ( Ó teu rente a vida espàllase / amosando louzanía ; ¡ Ai das grorias xa pasadas, / ai das fazañas escritas ! ) / Sólo ti, xigante egexio, / a fita.-la lonxanía , / aínda sigues en pé / i eres lembranza infinita.
FÉLIX VERGARA
NOTA : Hai evidente erro na titulación do poema que debería ser " Romance do Castelo de Sárria", como ben indica o segundo verso está " na cabeceira da vila ", pois o Castelo dos Infantes estivo na parroquia de Santiago de Castelo dos Infantes , nun outeiro entre as parroquias do Fontao e Lier/, e foi cabeceira dunha xurisdición que nada tiña que ver coa vila e o medieval condado de Sárria.
......................................................................................................................................................................
1984
CANTIGA DAS FESTAS DO SAN XOÁN
Repetición do poema publicado en 1974. Agora asinado como Fiz Vergara Vilariño
.....................................................................................................................................................................
1985
MULLERES SARRIANAS
A Xulia e Ana González
¡ Ah, mulleres sarrianas , lume ergueito / musas de antergos troveiros e xograres, / estrelas dos esgrevios cabaleiros, primavera, / eterna primavera no torrón escravo, / na morna lareira / e nas rúas vilegas abertas a tódolos ventos !,
¡ Ah, nobres mulleres que axudastes a parir / - intre a intre- / a nosa patria maceirada a forcia de couces e aldraxes !
*
¡ Ah, nobres descendentes de Elvira Suárez, / de dona Estefanía e de tantas outras / donas e estirpe egrexio e lanzal,
Un día déstesme o voso sorriso gasalleiro, / agarimáste-las miñas meixelas con donda tenrura / e o meu corazón quedou agradecido e contento.
Xa que logo de cando en cando volvo á vosa beira, / comparto as vosas arelas con sinxelez e agarimo / e regreso encheito de gozo á Lóuzara Xabreira, / terra irmá da vosa terra.
Fiz Vergara Vilariño
NOTAS : Por primeira vez asina co nome literario FIZ, galeguizando o nome de Félix até entón usado.
Identificación das mozas ás que adica a súa composición poética : as irmás Xulia e Ana González-Zaera Barreal.
........................................................................................................................................................................
1986
A empuñar decote o xabreiro e maila garlopa, / xurden longas virutas de amor e carraxe / a sobir en espiraia cara o infinito do mundo.
A empuñar decote o corazón e maila memoria, / xurden belidas figuras grabadas na cerna dos carballos / traguidos das serras loxincuas,
Así labouran os carpinteiros dunha vila esgrevia, / terra onde Afonso Gómez deixou cantigas en frol / ¡ lanza de victoria para os séculos dos séculos,
Labouran porque teñen no maxín os devanceiros mortos : / Gregorio Fernández, erguendo a gubia e o buril, / convídaos a ser fachos acesos , eterna canción dos ventos nordesíos,
De meniños contáronlles historias dos héroes inmortais / para que as escriban hoxe co lenguaxe dos cinceis, / á forcia de sudes , sobre a madeira luída e labrada.
Endexamais tiveron outras ambicións nen desexos / ca esparexer na moblaxe o seu val verdexante / candia o aer tépedo o Iribio e os salmos de Frei Luis, doces prgarias,
Hei loubar sempre as súas maos núas e callosas / - que aloumiñan as táboas con morna tenrura- / o seu corazón e a súa barileza, 7 cousas inaprexabeis no celme dun cantigo.
Hei loubar sempre a súa mestría e o seu arte antergo, / manantíos de luz que fluien dende o fondo dos sigros, / e seguirán a fluir enmordiña nos longos canles do tempo.
Fiz Vergara Vilariño mmm ............................................................................................................................................................................
1987
ELEXÍA A PAULINO PÉREZ SÁNCHEZ
Paulino de Barbaderlo, / ilustre artesán sarriano, / home baril e homildoso, / labrego con mans de fado./ ¡ Que cediño te marchaches / a facer gaitas prós anxos ! / Seitureiro de sorrisos, / ¿ Onde deixáche.lo engado / da túa maña milagreira / trocada en ritmo aquelao,/ Antonte , cando de fuches, / mudeceron os paxaros / e as bolboretas saudosas / afogaron o seu pranto, / o vento do Iribio entoaba / ó longo da serra un salmo / e soaba triste nos aires / un ¡ ai ! de roncóns lonxanos, / Ti era-lo celme do val / e o val iba latexando /no fol das túas gaitas rexas / coma un esgrevio miñato; / ti era-lo gozo da Veiga / e iba a Veiga salaiando / nos teus punteiros bariles / luidos en silencio maino, / Mais hoxe non soan , Paulino, / os ecos dos teus engados / e xaz solitaria a planura / e os ríos pasan calados, / e chirlan sobre os cruceiros / unha lembranza os paxaros, / e tódalas gaitas tocan / e vólvense as muiñeira laios, / ¡ Irmán menor de Frei Luis. / de Gregorio e doutros tantos, / que cediño te marchaches / a facer gaitas prós anxos ,
NOTA : Este poema foi escrito na primavera de 1975, días despois de producirse o pasamento de Paulino Pèrez Sánchez.
Fiz Vergara Vilariño
NOTA : Paulino Pérz Sánchez, natural de Vilei na parroquia de Santiago de Barbadelo , foi gaiteiro e construtor de gaitas e zanfonas, baixo o patrocinio da Deputación Provincial de Lugo. Como gaiteiro formou parte do grupo O Emplastre de Vilei. Foi concelleiro en Sárria.
.........................................................................................................................................................................
1988
CANTO A SÁRRIA
Aí durmes, ouh Sárria, / coma unha nena mocosa / nun barrelo de margaritas e loureirosm / aí bicándolle os pés ó Iribio, / eríxeste solemne e gasalleira.
¡ Ouh vila anterga e adusta, / irmá da miña Terra Xabreira, / niñada de rexos camiñantes / e esgrevios homes burgueses, /niñada de mulleres purs- que lembran / mesmamente as camelias outoneiras. / nobres mullerers que axudarom / a parir -/ inte s intre - / a nosa patria colonizada/ a forza de couces e aldraxes,
¡ Ouh berce de antigos trobeiros e xoglarersm / de Gregorio Fenández e Frei Luis / - e de tantos outros homes / de estirpe baril e lanzal - / eu percorrín sen descanso / as túas rúas somnolentas. / comín do teu pan, bebín do teu viño / e compartín as angueiras da túa xente sinxela !.
................................................................
¡ Ouh lembrar aqueles tempos de neno colexial / cando o vello reloxio de Santa Mariña / era o meu espertador coti´, / e ti abríaste ós meus ollos / como se abre unha roseira ó solciño novo !.
Entón durmíame co marmurio do teu río cantareiro, / e o vello castelo velaba os meus soños / e espertaba envolto na brétema / que a tí teenvolve dende séculos.
¡ Ouh vila esgrevia e soñadora , / pombal dos meus soños perdidos. / ondeante bandeira da miña esperanza, / a tí che entrego este feixe de versos nús : / ¡ cativa colleita de palabras / xermolada no fondo do meu corazón namorado
Fiz Vergara Vilariño
..........................................................................................................................................................................
1989
POEMA DE AMOR
Canso de agardar tanto, / tanti , / tanto, / tanto, / deiteime á pampaneta / no fondo do val sobreiro, / ollando pasar os día, / avexando bolboretas / e as ouxerías de sempre ; / porque ( amor ) o meu / é deitarme a ollar o mundo / dende este rechuvazo soedoso / ( a ollar o mundo enteiro ) / anque encantenón / entre o raposo no curral / e roube a galiña máis fermosa,
Santalla de Lóuzara, Xuñodo 89
Fiz Vergara Vilariño
.........................................................................................................................................................................
1991
XA ESTÁN OS SULCOS ABERTOS
Xa están os sucos abertos / para face- la sementeira.
O arrecendo da terra arada/ asolágame.
Agardándote estou á orexa, / sentado nunha orela da agra.
De lonxe canta o cuco lacazán. , / algre reloxio da primavera.
Fiz Vergara Vilariño ( asinado )
FIZ VERGARA VILARIÑO, poeta, que dende a súa Lóuzara Xabreira nos dá o pan mudo de palabras vivas, ven de ter o recoñecemento do PREMIO DA CRÍTICA pola obra NOS EIDOS DA BREMANZA, onde nos aosa toda a forza de quen é, sen dúbid, un dos mellores cultivadores. , presentes , da lingua galega.
Fiz Vergara Vilariño : A forza da palabra.
.................................................................................................................................................................
1992
OS DOUS NOMES
Nas altas noites da Lóuzara Xabreira/ - cando laia a curuxa / e o sapo rebrinca- / dous nomes queridos de muller / veñen apolingárseme no soño.
¡ Irene grande, mamá, / Irene pequena irmá.
Veleiquí dous nomes de sangue aceso / - terrón duro, arxila agredoce . / xunguidos ás miñas raigames dende o berce,
¡ Irene grande, mamá , / Irene pequeba irmá.
Son os arrolos de dúas pombas en cío / ou quizais de dous anxos trasnoitados, / vidos ó Val de Lòuzara a trascarrelo dun vagalume.
¡ Irene grande, mamá, / Irene pequena, irmá.
Inxentes han ser as miñas desventuras./ goreceranse as desgracias nos meus sangumiños: / mais estes dous nomes queridos de muller / permañecerán sempre á beira do meu leito.
Santall de Lóuzara, 1991
....................................................................................................................................................................
1993
PASTORA DE SORRISOS FUCHES ONTE
Pastora de sorrisos fuches onte, / lindando a miña avenza escarriada : / nunha man o morral, na outra a aguillada, / partías en silencio cara o monte.
Pastora de sorrisos eres hoxe, / lindando o meu amor a sol e smbra / para min eres algo que se nombra / a cada intre da vida que me foxe.
Pastora de sorrisos namorada, / recendente de chorimas montesías./ medraches entre as cervas sen niñada,
E baixaches de xunto as neves frías / a acougar onda min maina e salgada, / pra facerte pastora de alegrías
Fiz Vergara Vilariño ( Do seu libro " Pastora de sorrisos " )
......................................................................................................................................................................
1995
LEMBRANDO O INCIO E AS SÚAS FEIRAS
De neno tiven ocasión de ir varias veces á feira do Incio, que viña a ser a única - xunto coa da Ponte de Lóuzara - que se celebraba nesta contorna ; bueno, tamén se celebraba - e se celebra a de Sárria; mais esa xa é capítulo aparte, A feira da Ponte de Lóuzara morreu hai xa ben anos, deixándolle a primacía á do Incio e máis á de Sárria, que segue celebrándose e goza de boa saúde en tódolos sensos, non acontece así co a feira do Incio que xa hai tempo ven minguando , minguando dun xeito acentuando, coido que axiña lle teremos que entoar o Requiem, o que non deixa de ser unha vetdadeira mágoa para tódolos galegos e extragalegos. Ó dicir isto , un non é capaz de contar a nostalxiia - e tamén a rabia, todo compre decilo-. É coma se sentese agoniar o seu país, e pensa - ¡ como non ! - que estas cousas, de tanta tradición e arraigo, non debían acntecer xamáis,
Como xa dixen ao principio , eu fun, de cativo , varias veces á feira do Incio. Ía con meus pais, que sempre tiñan algo que vender ou algo que mercar, para iso se facían as feiras. Para chegarmos ó Incio, desde Lóuzara, compríanos erguernos cediño, habilitarnos coas mellores roupas , aparellar o cabalo ou o burro ( que outros vehículos de transporte non había daquela ) e subir a costa do Val da Lanza, camiño de Vilar do Robledo, que facía - e fai - de fronteira entre Santalla de Lóuzara e a Ferrería do Incio.
Daba gozo ver palpabrexar as derradeiras estrelas desde o Alto da Cruz, comenzaban a cantaren os primeiros paxariños do albor ; o cerzo e a xeada ferían as facianas dos camiñantes nas longas noites do inverno.
Logo disto, cumpría baixarnos pola devesa dos Condes de Campomanes que tiña un vieiro súpeto , costaneiro e lastroso , rodeado de rebolos e uceiros.
Viñamos chegando á Ferrería ó alborexar , deixabamos o arricaxo na casa da tía Bríxida - en groria sexa - e trocábamolo polo auto estartelado do señor Garcíam a quen tododiós coñecía polo alcume de " Moreno" ; home renarte e fero este señor García ; groso, pequecho , calvo, tiña sona de carrunchar a dentamia e botar lume polos ollos, cando se cabreaba cos viaxeiros . Isto . ó millor, son faladurías da xente, eu, a verdade sexa dita, nada teño en contra del , ¡ ó contrario ! ; gárdolle unha garimosa lembranza, pois sempre que me vía no seu auto deixábame tocar o claxon ou darlle media volta , ou furgar no taboleiro de mandos , iso que ós nenos de aldea tanto nos gustaba .
Despois dunha hora de viaxe , máis ou menos, xa se albiscaba o campo da feira e sentíase o algareo dos feirantes : os piqueiros a regatearen cos labregos por mor de mercarlles os cuxos unhas cadelas menos do que lles pedían ; as polveiras cocendo o polvo arrecendente a marusía e a gloria mesma : aínda hoxe o meu senso olfativo garda aquel arrecendo , e gardarao mentres eu teña vida; os tendeiros - locais e foráneos . ofrecendo as súas mercadurías : roupa ou aparellos de labranza noviños e recén pintados ; ringleiras de automobeis - tamén chamados "aiga" - do trinque, exibíndose ante o pasmo do xentío feirante, cegos ou lisiados cantando e vendendo as típicas historias de crimes e sucedidos abraiantes ; eran os aparellos de radio ou televisión, que temos hoxe e que tanto nos fan tolear. ¡ Que sei eu ....! O campo enteiro viña a ser un balbordo de tódalas idades e sexos, que se xuntaba alí para vender ou mercar gando de calquera raza, roupa de estrea, semente....... de todo canto hai e pode haber.
Tampouco faltaban os clásicos fotógrafos ambulentes; eu tirei unha foto - que gardo coma ouro en pano - onde aparezco sorrinte , direito, lanzal; cando a contempro sempre me pregunto : ¿ Quen me roubou a inocencia e a beleza que tiña entón ?.
O rito de quen ía á feira do Incio - ou calquera feira de Galicia - era e aída é - xantar o polvo acompañado de viño e pan trigo á sombra dos carballos centenarios, ( Non se concibe un campo de feira en Galicia sen carballos, e menos no Incio, en cuia paisaxe brava - como lle chamou Anxel Fole - emxebre e abrupto , campan por todel ). No padal, xa comesto da piorrea, deste servidor, aínda lle parece que garda a esencia e o saibo exqusito das poucas racións de polvo que enguliu na feira do Incio, sendo neno.
A feira do Incio, ademais de ser sitio idóneo para negociar coas máis diversas e dispares mercadurías, era tamén o lugar e unha data axeitada para o "reecntro " familiar e amizoso das xentes da bisbarra e tamén de fora : saudábanse os parentes e os amigos , que se cadra un non vía desde facía moito tempo atrás ; palicábase sobre a climatoloxía e as colleitas, outras cousas que lle atinxían ós nosos paisanos ; por iso , e por outros moitos gallos, foi unha verdadeira mágoa que pasara por riba dela a máquina asoballante do progreso , ( Non me atrevo a escribilo con maíuscula )
Fiz Vergara Vilariño Santalla de Louzara, xuño do 95 .................................................................................................................................................................
1996
" `OUH SÄRRIA "
¡ Ouh Sárria ! / bandeira de lecer / ergueita / ós catro ventos ; / magnolia que perfumas / a miña tristura inefábel. / Pronunciar o teu nome / é decir / : xente sinxela, / val garimoso / río solermiño.
Fiz Vergara Vilariño
.................................................................................................................................................................
1977
SANTALLA
I
¡ Que ben se soña neste rechuvazo ! : / ... ar morno.... ceo azul...... anduriñas..... / ...o Muiño... a Fonte da Cova,,, o souto espido.... / ..etcétera.... etcétera....etcétera..... .
II
Unha silueta de muller espéllase / nas ondas do río garuleiro, / foxe cara o mar lonxano, / dicíndome adeus cun pano de brétemas,
1977 Fiz Vergara
......................................................................................................................................................................
1998
IN MEMORIAM
ANQUE non sexas máis ca unha cadela , / eu quérote coa forza da carraxem / e contigo percorro , laxe a kaxe, / os millentos carreiros dunha arela.
Imos enmorde ; collo a túa trela / e levote feliz ( ¡ Que longa viaxe ! ) / Ti ládralle feroz a quen me aldraxe, /Eili fermosa , miña donicela,
¿ Son quizabes , un vello á túa beira... ? / ¡ Non ! Eu síntome un mozo camiñante . / e camiño, camiño mundo adiante,
a par de ti, cadela compañeira. / ¡ Que non veña ese Dios, semore asexante, / a toller esta nosa brincadeira, !
Fiz Vergara Vilariño ( De ANIMAL SEN FEL, Espiral mAior, 1988 )
...................................................................
E foise enmorde o amigo fiel , o louzariño que andivo os nosos camiños e fixo festa nas nosas festas. El asomouse. , sarriao en exercizo , ás páxinas dos Libros-Programa do San Xoán das dúas últimas décadas E desde aquí lembramos a súa carraxe e o seu exemplo .
A Sárria " bandeira de lecer" non esquce a quen lle deu voz e poesía..
¡ Sempre estarás connosco , poeta amigo ! ( XAFA )
....................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................
FIZ VERGARA VILARIÑO NOS XORNAIS
( ( EL PROGRESO, 11 de novembro de 1970 )
De novo temos o xornal xuvenil CANDIL no noso poder. O número 8 correspondente ao mes de outubro . Nel , o mesmo que nos números anteriores recollense escritos de viva actualidade , esmerada presentación e colaboracións de Félix Vergara Vilariño, Manuel López Pérez. Gonzalo Vázquez Rivas , Uxío López Prado, Xoán Antonio Giménez García e Bieito Suazo Labayén , con portada e debuxos de Manuel Rodríguez Díaz . Contén como novidade este número unha enquisa que pode ser de sumo interese para o futuro de esta edición.
..........................................................................................................................................................................
( Extra de EL PROGRESO, 24 de xuño de 1971 )
ROMANCE DEL ORIBIO ( * )
Pausado corre el Oribio ( * ) / dormitando en su vereda / y en sus aguas de cristal / mirándose está la vega / que la regarán sus chorros / cuando el agosto la apremia / En las mañanas heladas / baja a besarlo la niebla / cubriendo con un mantón / la sarriana pradera / en donde se oculta el río / formando largas culebras / entre centenarios olmos , / entre cañas que cimbrean . / ¡ Oh río Oribio ( * ) , gran rey / de los prados y las selvas ! / Dichoso quien como tú / recorre tanta belleza,
( Poema dedicado a la villa de Sárria )
F. Vergara Vilariño
( Lóuzara, 18.6,1971 )
( * ) Fiz usa o falso hidrónimo Oribio imposto dende a prensa provincial, co que se trataba de facer desparecer o nome histórico dunha corrente fluvial ( ripa Sarrie ) documentado dende o século VI. Descoñecedor do feito de que foi o río quen deu nome á vila sarriá ( Vilanova de Sárria ), utilizou a forma espúrea en algunha ocasión máis. Porén con ocasión da homenaxe que se lle fixo por todas as asociacións culturais do concello de Sárria, ocasión na que se fixo unha publicación recollendo poemas da súa autoría, deume autorización para modificar versos para acoller "Sárria" como nome propio do río, depois de lle facer presente eu que se trataba dunha suplantación feita por persoas residentes na cidade de Lugo, con responsabilidades políticas, con total descoñecemto de documentos, referenzas , mapas e estudos xeogràficos e històricos-
Rendendo homenaxe ao entón nacente poeta , que moi axiña pasóu a escribir a súa obra en galego. fago aquí a seguinte versión , con reposición do seculae hidrónimo ao que a abondosa documentación samonente medieval chama " ripa Sarrie", " fluvio Sárria ", " amnis Sarrie ", " riu de Sárria" ( XAFA )
ROMANCE DO SÁRRIA
Enmordiño camiña o río Sárria / adurmiñado na verea / e nas súas augas de cristal / estase ollando a veiga / que regarán os seus chorros / cando o agosto apremia / E nas mañás de xiada / baixa a bicalo a brétema / cubrindo co seu mantón / a esta sarriña pradeira / onde se agocha o río / bicado pola mera mesta / baixo ulmeiras centenarias , / entre canas que cimbrean / ¡ Ouh río , gran rei / dos prados e máis das selvas ! / Ditoso quen coma ti / percorre tanta beleza .
( Poema adicado á vila de Sárria )
F. Vergara Vilariño
Lóuzara, 18.06.1971
........................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 13 de agosto de 1972 )
Nos " V Xogos Florais Val de Lemos" obtivo o 3º Premio , polo seu " Poema fendido " Félix Vergara Vilariño , de Santalla de Lóuzara.
......................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 10 de xuño de 1973 )
CARTA DE FÉLIX VERGARA VILARIÑO
.....................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 23 de xuño de 1973 )
UN POETA FÉLIX VERGARA
Félix Vergara Vilariño , poeta de Lóuzara, é considerado na nosa vila como un sarriano máis ; é polo que nós non queremos que este " extra" de El Progreso saia sin que a súa fgura saia se asome ás súa páxinas . Vergara pasa boas horas entre nós e cónstanos que moitos rapaces da vila e da comarca sarriana quixeran semellarlle. Félix é froito desta terra , dos seus homes e dos seus costumes , porque eiquí en Sárria, naceron as súas aficiós poéticas i eiquí abriuse ó mundo literario no que hoxe está mergullado.
- Félix, ¿ como respondeu Sárria ás túas aficiós culturaes e intelectuaes ?
- As xentes sarrianas sempre se portaron ben comigo tanto no senso cultural como no inteleitual. En Sárria atopei o que me compría : amigos, amores , triunfos, fracasos , que me enriquceron notablemente e dos cales teño moitas gratas lembranzas.
- Félix , ¿ como respondeu Sárria ás túas aficiós culturaes e inteleituaes ?
- As xentes sarrianas sempre se portaron ben comigo , tanto no senso cultural como no intyelectual , En Sárria atopei o que me compría: amigos, amres , triunfo, fracasos, que me enriqueceron notabemente e dos cales teño unhas gratas lembranzas.
- ¿ Está satisfeito da túa obra deica agora ?
- Un nunca pódese dar por satisfeito, Hai que seguir loitando , progresando. Eu penso que a satisfación , nestes casos, endexamais se acada plenamente,
- ¿ Aspiracións pró futuro ?
- Penso seguir escribindo, segur estudando e seguir realizandome como home e como poeta.
- ¿ Cantas obras tés pubricadas ?
- Teño dous libriños de versos " Pra vós· e " Enconro cos tiburós". Por certo que ningún deles refrexa a miña capacidade enteiramente , Teños tamén colaboracións en periódicos e revistas.
- ¿ En perspectiva ?
- Ando a voiltas cunha obra de teatro, anque sei que non acadarei a rematala, pois cada intre paréceme máis mala, En outono sairá á rúa unha antoloxía bilingüe da novísima poesía galega na que tamén eu me hacho presente i a ver si este vrau me dá por escribir outro libriño de poemas.
- Sabemos que foron moitos os que quixeron axudarte, ¿ Tamén tiveches contras ?.
- E u como todos teño amigos e nemigos , Anque esas contras que ti dis nunca me afeitaron, afortundadamente.
- ¿ Como ves o desenrolo do galego ?
- A pesares do que se diga , o galego está atravesando unha situación crítica, pois anque na Universidade está eispereimentando un notable prestixio e progreso no pobo baixo , entre a xente labrega e mariñeira, xa sexa polo televexo ou por outras causas semellantes, a nosa fala vai deixando de ser lingua. Esto fai que o galego , en menos de dez anos, máis ou menos, teña de morrer afogado polo castelán . Agora ben a solución estea nas nosas maus. Compre introducir o galego na escola e na radio e na literatura barata si queremos facerlle frten a un nemigo tan potente como é o castelán.
- ¿ Que siñifica para ti ser de Lóuzara ?
- O feito de que eu seña de Lóuzara non quere decir ren. O mesmo podera ter nacido na Terra Cha ou no Val de Lemos . Eu son o primeiro poeta de Lóuzara, eso si é significativo para min.
- ¿ Algo máis pra rematar esta entrevista
- Sobre todo quero desexarller unhas boas festas e tódolos sarrianos i en particular ós meus amigos de sempre.
Estas foron as respostas do noso bonb amigo Félix Vergara Vilariño, un poeta xoven que a literatura galega xa comenza a destacar .
Ten a súa obra e intenta millorala. Agardemos algún tempo e veremos.... Particulkarmente coidamos que está a pasar pola porta grande´
(................. )
.......................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 28 de novembro de 1973 )
FÉLIX VERGARA VILARIÑO, Poeta que só se sinte inspirado nos intres de desmovilización.
...................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO , 23 de xuño de 1974 )
.......................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 18 de maio de 1975 )
FÉLIX
Segue sendo noticia o poeta de Santalla de Lóuzara , Nesas terras louzariñas segue a traballar rexamente estes últimos tempos, prepara máis obras e estou seguro que hoxe "Día das Letras Galegas" recibirá Félix ánimo para continuar o seu difícil labor. Ninguén máis indicado para felicitar neste día ao conveciño máis de perto que coñecemos dentro do mundo poético galego, enténdese. Ao mesmo tempo agradecémoslle o traballo que nos acaba de mandar sobor de Sárria e as súas festas do San Xoán.
.........................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 30 de maio de 1975 )
FÉLIX VERGARA
Segue sendo noticia o poeta de Lóuzara. Agora acaban de lle outorgar un segundo premio no concurso de Cáritas que sobor de teatro infantil se fall´ou en Santiago de Compostela.
Deciamoslles a vostedes hai unhas datas, Verghara segue a traballar rexamente , na súa Santalla de Lóuzara.
.......................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO , 3 de xuño de 1975 )
FÉLIX VERGARA VILARIÑO, PREMIO DE TEATRO SANTIAGO
...........................................................
.............................................................................................................
( EL PROGRESO , 28 de xuño de 1975 )
CONTO RADIADO
" Mañá. día 29, RADIO LUGO ofrecerá á 1 da tarde o programa número 35 de " Galicia Sempre" que se conducirá polos seguintes puntos: I.- " O CABEZÓN ", conto de Félix Vergara Vilariño . Dentro do concurso para maiores recibiron este conto que dada a súa calidade ofrecemos hoxe "
......................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 18 de xullo de 1975 )
Pontevedra .- Félix Vergara Vilariño . Flor Natural de poemas en lingua galega do Concurso das "Festas da Peregrina"
" A Flor Natural , premio de 15.000 pesetas , para o poema en lingua galega foi concedido ao presentado baixo o lema " As maus valeiras " , do que resultou ser autor Félix Vergara Vilariño de Samos ( Lugo ) ".
......................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO , 25 de xullo de 1975 )
Centro Cultural MEIGAS E TRASGOS.- IV Certame Poético e Literario . Primeiro Premio : " Cativo romanceiro de Sárria e do seu val" de Félix Vergara Vilariño.
.......................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 11 de novembro de 1975 )
Xaime F. López Arias e Félix Vergara Vilariño premiados no VI Encontro Cultural Minho-Galaico de Gimaraes.
........................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 24 de xuño de 1976 )
Un poema de Félix Vergara Vilariño
Félix Vergara Vilariño, o poeta de Lóuzara , ten xa a punto de edición un libro inédito " Ordo de ti en terra adentro", do que, por xentileza do autor , ofrécenos hoxe un anticipo aos nos lectores :
XA VEN O OUTONO interminabre / a maceirar a ialma das cousas vivas / A min eiqui me tés / na Lóuzara Xabreira / orfo de ti / en terra adentro / Ando a te percurar no vougo dos sigros / onde se fundiron os meus devanceiros todos ,
O corazón, miña amada, / non acouba / neste cortello de montañas.
Debrúzome no peitoril da fiestra / e acendo un cigarro, / e logo miro en fite a lonxanía limita da / A paisaxe verde trócase marela ,,,, / E xa nanca ,
O corazón, miña amada / non acouba / neste cortello de montañas .
Un arrecendo da noite que se achega / ensímese na miña habitación / e faise notalxia / i encantenón , abrolla en min / un abismo de paxaros mudos.
E ti tan lonxe / e a cela sen facer , nin can que lle ladre !
O corazón, miña amada, / non acouba / neste cortello de montañas.
......................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO , 2 de novembre de 1976 )
.......................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 5.06.1977 )
ÚLTIMO LIBRO DE FÉLIX VERGARA VILARIÑO
Por Antón Tovar
Coñecín a Félix Vergara Vilariño
...................................................................................................................................................................... ..
( EL PROGRESO, 26 de xaneiro de 1978 )
PREMIO BEGONTE DE POESÍA.- Segundo premio , dotado con 10.000 pesetas e diploma ao poema " Canto de Nadal " que aberta a plica resutou ser o seu autor FELIX VERGARA VILARIÑO, veciño de Lóuzara - Samos.
......................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 21 de febreiro de 1978 )
CRAVO FONDO.-
......................................................................................................................................................................
( Extra de EL PROGRESO, 24 de xuño de 1978 )
FÉLIX VERGARA VILARIÑO, POETA DA NOSA TERRA. PROMÉTELLE A SÁRRIA UN LIBRO
Ningún sarriao, desta Sárria medrada na entullada dos tempos, descoñece a profunda humanidade , os vencellos solidarios espallados dende o seu drama persoal e que nos dá a cheas para que descubramos ó seu carón a fogueira da vida, o lume e o sol dunha terra que é tamén parte da nosa propia vida.
Falamos do Félix Vergara Vilariño . Aló no casal de Vilariño, beira do río Lòuzara , onde Santalla se refricta en augas manseliñas , muiñeiro de cantigas no rodicio da Fonte da Cova , aínda que frieiras que son a outra cara do amargor e da mágoa alo no cadaleito do val , pasadas as pistas e pontellas e os quilómetros de soedade e avesedo , está o mundo de Félix Vergara , que se nos abre de tarde en tarde , na frol dos seus libros que son a súa palabra.
Non é un home isolado . Os seus versos teñen a fondura do rego aberto en terra fonda é, quizais sen sabelo , camiñamos ó seu rente dándolle azos ás súas inquedanzas.
Ás veces baixa a Sárria e páganos coa súa presencia......
- ¿ Que preparas actualmente ?
- Ando a voltas cun novo libro de versos e outro de narraciós. O de versos posiblemente se titule " Poetas mariñeiro". Pró de narraciós aínda non teño un título buscado . Non che podo decir cando sairán . De momneto teño que rematalos e telos en estudio algún tempo . O que teño listo pra publicar é unha obra de teatro . Titúlase " As pulgas nunca dormen" . Quizáis saia na Colección Arealonguiña da Editorial Akal este inverno.
- Pra levar unha vida adicada á litertura , coma levas ti ¿ non publicas demasiado pouco ?
- É certo que levo unha vida case dedicada á literatura, pero pra min a literatura non é somentes escribir. Ten outras importantes como son o ler e o meditar,. Un escritor debe ler, estudiar i estar ben informado de canto acontece no seu arredor , Tamén debe meditar moito , é decir : buscar mrdios pra artellar unha obra boa . Eu leo e medito moitísimo , moito máis ca escribo Escribir éme unha tarefa enborrosa e difícil . Estou condiicionado pola miña deficiencia física . Cóstame un traballo enorme facer unha xeira de medio folio ó día. ¿ Que publico pouco ?. Eu penso que non. Hai que ter en conta que un libro meu ven saíndo cada dous anos. Podía facer máis , claro que si. Se estivera físicamente ben , seguro escribiria máis. Ou talvez non escribiría nada. Ó millor sería un idiota dos moitos que andan polas rúas. Vai ti a saber.
- Falemos de " Orfo de ti en terra adentro " , o teu último libro.
- Bueno, non son eu o máis apropiado para falar das miñas obras......... En fin direiche unhas palabras pra satisfacer a túa curiosidade ; " Orfo de ti en terra adentro " é o primeiro libro meu do que esne sinto un pouco satisfeito . Como di Alonso Montero na presentación , O libro ten dous eixes : os seus dramas e as súas solidaridades . Eu penso que nel dou boa fe do meu talento poético. Gústame sobre todo a primeira parte porque nos seus versos está presente de xeito máis limpo un chisco da miña adolescencia dramática. O libriño tuvo moi boa acollida tanto de ctítica como de púnlico lector . ¡ Nin que decir ten que estou contento por todo elo !,
- ¿ Por que escribes ? ¿ E unha necesidade ou unha vocación ?
- Mira, Villarabid . Toda necesidade leva consigo unha vocación. Explícome. Cando un necesita manifestrarse e atopa a maneira axeitada de facelo, entón podese decir que encontrou a súa vocación. Eu escribo porque é a miña vocación, porque teño ante min un povo e unha xente ben definida.
- ¿ Como é o Félix Vergara, home ?
- O Félix Vergara , home debe ser semellante ó Félix Vergara, poeta , penso eu. Son unha persoa sinxela cargada de problemas , proiectos i espranzas . A vida foi moi esixente conmigo mesmo e vivo o presente sen esquecer nada do pasado .
- ¿ Cal é o momento actual da literarura galega ?
- Bon, moi bon . A min paréceme case heroica.. Déixame que che explique. A cultura galega vive nun recanto dende o cal é moi difícil deixarse oir, pero aínda esí algunhas voces sonan de cando en candom feito que non deixa de ser espranzador. Galicia ten hoxe bos narradores e bos poetas. Nesto pode competir co resto das nacionalidades do Estado .O que lle compre a Galicia son bos políticos , politicos que non se anden con charangas e pandeiretas, Deses xa temos dabondo.
- ¿ Tamén a ti che tira a política ?
- Aínda non naceu o home politico A politica está na condición humana, . Entón xa sabe que un é politico forzosamente " per natura " , eu trato de selo dentro das actuales circunstancias conscientemente , e asumindo esta responsabilidade.
- Falemos de Sárria. ¿ Que recordos tes desta vila ?
- Moitos e bos. Eiquí estudei dous anos e comencei a escribir . Eiquí abrinme ó mundo como quen di. Sárria está presente en varios poemas meus , e quizais algún día lle dedique todo un libro . Eu síntome en deuda con esta vila e coa súa xente . ¿ Que máis queres que che diga ?-
Ás veces baixa a Sárria e pàganos coa súa presencia,
E Sárria teno por fillo seu , pois das súas mais afervoado o máis garimoso canto que ninguén lle ten adicado.
Tódolos anos , polo San Xoán , o Félix anda polas rúas vilegas e, coa familia e os amigos, non deixa de ir deica a fogueira.
Lémbrate daquela colaboración na programación. E neste San Xoán tomámoslle a palabra e emprzámolo pra que ese libro que Sárria lle debe nolo ofreza por regalía, todo máis tardar antes do San Xoán vindeiro.
Os amigos son prás ocasións, ¿ non che parece , Félix ?
VILLARABID
..............................................................................................................................................................
...........................................................................................................................................................................
( EL PROGRESO, 29 de xullo de 1995 )
Manuel Maria definiu ao poeta de Louzara como o " mellor sonetista de Galicia"
Un cento de sarriaos arroupan a Fiz Vergara na súa homenaxe.
O poesta Fiz Vergara Vilariño conta dende onte cun monolito na praza da urbanización " A Pontevella ", de Sárria. Durante os actos , os presentes eloxiaron reiteradamente ao poeta de Lóuzara, que aos seus corenta e dous anos , ca conta cunha rúa leva o seu nome e un recoñecemento do valor da súa obra por parte do pobo sarriano. A xornada de homenaxe foi organizada polas asociacións culturais de Sárria e as delegacións municipais de cultura e obras, Numerosos escritores e persoalidades asistiron aos actos programados para a xornada, nos que participaron tamén os grupos folclóricos de Meigas e Trasgos Cit,
Sárria.- Delegación.
A homenaxe rendida en Sárria ao poeta Fiz Vergara Vilariño reuniiu a máis dun cento de persoas que participaron nos distintos actos celebrados onte na vila.
O cronista oficial, Xaime Félix López Arias, iniciou a celebración na praza de " A Pontevella", onde se chantou o monolito coa placa que reproduce en bronce unha das poesías que Fiz Veragra adicou a Sárria.
De seguido, o cura pàrroco de Lòuzara , Xulio Fernández Doval, pronunciou unhas palabras de eloxio ao poeta e deu lectura a un dos escritos do homenaxeado no que se xustificaba a benzón que estaba impartindo.
A concelleira popular Fe Vázquez Morán leu a continuación a placa do monolito e un escrito de loubanza a Vergara Vilariño.
A queda de palabra correspondeulle a Manuel María , quen destacou que aquela era unha " merecidísima homenaxe a un home non politiico nin rico que non regalou camións de area". Manuel María definiu ao homenaxeado como o mellor sonetista de Galicia
Durante a súa intervención o poeta leu un poema de Vergara Vilariño que foi premiado hai uns vinte anos nun certame cultural da Aociación Cultural Meigas e Trasagos CIT.
A comitiva trasladouse á Casa da Cultura sarriá , cuxos salón víronse ateigados de simpatizantes do poeta.
Ali Manuel María e Xesús Alonso Montero deron un recital poético e agradecéronlle ao Concello de Sárria todo o que fixera para que o poeta poidera ter, xa á súa idade, un monolito na vila e unha rúa que leva o seu nome,
Rematado o recitl foi ofrecida unha cea na sociedade A Unión.
Os amigos de Fiz Vergara e os seus familiares estiveron presentes en todo momento xunto con moitos escritores e outros peroseiros,
En representación das corporacións municipais da zona estiveron o alcalde de Sárria Arturo Corral Guitián e os de Samos e da Pobra do Brollón , Carlos Belón Ares e Antonio Ares Armesto. Tamém estivo presente a decana da Faculdade de Ciencias da Información de Santiago , Margarita Ledo Andión.
........................................................................................................................................................................
Na Praza da Pontevella o alcalde de Sárria entregoulle a Fiz Vergara Vilariño , na presenza do poeta Manuel María e o profesor Xesús Alonso Montero, unha placa coa lenda · Rúa Fiz Vergara Vilariño ", semellante á que se puxo na rúa sarriá que leva o seu nome. A RUA FIZ VERGARA VILARIÑO .e un vial que vai dende a Rúa Diego Pazos e Rúa El Greco.
...........................................................................................................................................................................
a
Comentarios
Publicar un comentario