SÁRRIA : ( 1875 ) OS PERSEGUIDOS DA RESTAURACIÓN ( 835 )
SÁRRIA : ( 1875 ) OS PERSEGUIDOS DA RESTAURACIÓN. ( 835 )
En Sárria só se levaron actuaciòns contra os carlistas , mentras que non se tomaron medidas contra outros grupos coma republicanos e radicais.
CRÓNICA.- Xaime López Arias. SÁRRIA : Aínda que republicanos , radicais e carlistas poderían seren considerados como a oposición natural á Restauración en 1875, no Concello de Sárria só se deron actuacións contra carlistas ( non hai peor cuña ca da mesma madeira e as dúas ramas dinásticas daban en carne viva ).
O 29 de xullo de 1875 o alcalde de Sárria tomou coñecemento de que se seguían expedientes de embargo dos bens de Evaristo Gayoso ( do Pazo de San Sadurniño de Froián ), Manuel María López ( de Goimil.Seteventos ) , Vicenzo Barrigón ( que fora mestre en Mondín ) e Manuel López Camba ( de Manán ), En 20 de agosto comunicou que Evaristo Gayoso se presentara a indulto e que aínda que se perseguiran responsabilidades contra don Manuel María Troncoso e Araújo , con orde de desterro e embargo, non residía no distrito senón no Corgo , Nesa mesma data entregouse orde de embargo e desterro a Estella a don Antonio Fernández Sobrado ( sendo carlista resulta curioso que o manden á cidade que fora corazón da rebelión ), indicando que ese veciño de Ferreiros era máis coñecido como Antonio Sobrado e formara parte da Xunta Carlista do Distrito de Sárria . Recibidas instrucións relativas aos embargos comunicou o alcalde que ningún ben se puidera achar referidos a Vicenzo Barrigón , Manuel López e Manuel María.
Como fleque das ordes contra carlistas o 12 de agosto envían notificacións para serlles entregadas a Xoán María López de Almance ( cura castrense de Sárria ) , Amtonio López Pallares ( cura de Goián ) e Xosé María Martínez ( cura de Santa María de Vilar ) que non puideron seren notificados por estaren nos baños de mar na Coruña, O 22 de agosto tomouse coñecemento da orde de desterro de dona Asunción Troncoso, de Manán, á que lle deron dez días de prazo para abandoar o municipio para o punto sinalado , ao tempo que se indicaba terlle sido concedido o indulto a Manuel María López, de Goimil ( Seteventos ).
O 16 de setembro tomou posesión o novo alcalde, don Antonio Macía de Neira, e no resto dese ano nin no seguinte houbo actuación ningunha dirixida contra os significados carlistas.
Unha actuación que dará certo tinte republicano á zona de Sárria é a seguida con relación ás Augas de Céltigos que procedentes da Poza das Caldas viñan sendo obxecto de atención médica e do público en xeral de maneira que o 7 de abril de 1876 o alcalde sarriao recibiu unha petición do Gobermo Civil para que lle remesasen dúas botellas seladas e lacrdas coas augas, e así o día 13 foron remesadas dunha copia con todas as sustancias minerais que contiñan, segundo as análises feitas plo doutror Antonio Casares en Santiago.
Consagración do Balneario de Céltigos
Esta refrerenza documental do primeiro Alcalde da Restauración permite fixar nese período o da consgración oficial do que andando o tempo sería o balneario de Céltigos , e a conexión republicana virá de que o ex.Presidente da I República, Salmerón, estando desterrado en Lugo . concorreu ás augas de Céltigos , sendo obxecto da súa beneficiosa acción.
A Restauración en Sárria deu paso á formación dos grupos conservador e liberal de maneira que será o conservador o que se fortaleza e encastele nas institucións legais , pasando a ser a Casa Saco a beneficiaria direita do inluxo político da comarca, se ben algúns elementos liberais moderados terán prsenza , preferentemente a traveso da familia dos Quiroga da Pobra até a Ditadura de Primo de Rivera. O perseguido carlismo dos anos 1875 / 76 mantivo algunha presenza, , sendo os Somoza os seus mantedores até acadar representación no Congreso e a familia Gayoso seguiu sentimentalmrnte coas ideas lexitimarias, sen que iso fose na contrs da presenza de don Evaristo en sucesivas corporacións locais.
O Carlismo que en 1873 fora quen de facer un levantamento armado en Corvelle , desbaratado pola Garda Civil e tiveron partidas actuando na zona , ademais o núcleo de partidarios que darredor dalgúns monxes de Samos se formou, e ben andado o século XX presentou grande adherentes ao carlismo integrista en Paradela, se ben como froito do antifalanxismo xurdido tralo asasiñato sw Manuel Saco e poucos anos despois será alcalde o carlista Manuel López Mosteiro.
Aqueles carlistas decimmonónicos que co lema "Deus, Patria e Rei" en tempos de confusión tiveran azos para alzárense en armas.diante dos embargos dos seus bens e ordes de desterro axiña se acoleron aos indultos.
( Publicado en LA VOZ DE GALICIA , Domngo. 4 de maio de 2008 )
*******************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario