O VIÑO EN SÁRRIA ( 1760 )

                                A VENDA DO VIÑO NA XURISDICIÓN DO MARQUESADO DE SÁRRIA

( 4 de novembro de  1760 )

 DON BERNARDO RIVERA E QUIROGA ,CORREXIDOR E ALCALDE MAIOR  DESTA VILA         E MARQUESADO DE SÁRRIA

Perante mín,o  Escribán da súa Audiencia, dixo que habendoselle dado conta por apunte  XOÁN DÍAZ DE FREIJO, por estar ao seu cargo a postura , suba e baixa de viños  a que se deben arranxar  todos os siseiros, taberneiros e persoas  que venden á postura, que o dito Rexedor  ou persoa no seu nome lles din como costume  deixándolles a súa sisa, coste e porte necesario   e téndolle dado orde  a XOÁN REBOIRO, alcaide do cárcere desta vila o puxese a sete e medio  no día  primeiro deste mes no PARTIDO DA LOBATAIRA  por estar nesta vila a oito cartos o "Valdeorras" e moi apensionado   de sisa cuxa postura  é bastante, que lles deixa o necesario, e dicindo Xoán Reboiro  ter executado o mandado, achóu vendendo o dito viño na Freguesía de Santa María de Vilamaior  a XOSÉ DE GREGORIO, taberneiro, a nove cartos , e aínda que lle mandóu  e requeriu que non o vendese  a aquel prezo, , mais que o puxese a sete e medio, repuxose a el  aldraxándoo  e tratándoo mal de palabra, ao que lle axudóu  MANUEL GARCÍA , viciño desta vila de Sárria, quen debendo axudalo   axudou ao Xosé  a azolalo. e feito  executóu castigo e o mesmo efectuóu  NICOLAU LÓPEZ, siseiro na TABERNA DE BARREIROS, Freguesía de Ortoá , que o está vendendo aos ditos nove cartos , con notorio escándalo do pobo e á fin de que sexan castigados  e punidos de semellante feito debía mandar e mandóu ao dito Rexedor  o xustifique  con asistenza do presente escribán, e constando ser certo o aquí expresado   por quenqueira ministro  desta Audiencia os convoque  e poña no cárcere público desta Vila  a que sexan punidos do delicto  quen sexan , para que lles sirva de exemplo  e a outros de enmenda  e non se propasen  a vender o dito viño  sen a postura que lles dese o dito Rexedor , a quen presente escribán e ministros  se lles dá comisión  en forma e por este Auto que sirva dela.

Así o proveu e mandóu e asinou co dito Rexedor , estando nesta vila e marquesado  a catro días  do mes de novembro deste ano de mil setecentos  e sesnta, comigo, Escribán, que dou fe.

                                        Don Xoán Díaz de Freijo

                                                             NOTAS

O CÁRCERE DA VILA, propiedade dos  Marqueses de Sárria estaba na Praza Pública ( actual Praza da Constitución ).

PARTIDO DA LOBATAIRA.- Integrado na Xurisdición da Vila e Marquesado de Sárria , formado polas parroquias de Santa María de Vilamaior de Paradela ( ou Santa María de Vilamaior da Lobataira ), Santiago de Nespereira e Santo André de Paradela.

No lugar do Palacio, no chamado Campo do Palacio ou de Tambarría, cada día Quince  tiña lugar a FEIRA DE PARADELA, que era a única de celebración regular na Xurisdición de Sárria.

A TABERNA DE BARREIROS, na parroquia de Santa María de Ortoá, estaba no lugar agora coñecido como Granxa de Barreiros. Nomeado tamén MESÓN DE BARREIROS o establecemento estaba  no cruzamento do Camiño de Sárria a Portomarín  e o Camiño de Lugo a Monforte de Lemos.

No Camiño de Lugo, indo cara Goián.había outro mesón , o MESÓN DA LAMA DE CAQUE.

Comentarios

Publicacións populares