MANUEL RAMIRO PALLARES LÓPEZ : POEMAS
MANUEL RAMIRO PALLARES LÓPEZ
Naceu en 1911 na "Casa da Abelaira " de San Miguel de Paradela, no concello lugués de Paradela,. Foi fillo de Anxo Pallares, que foi Alcalde de Paradela, e de María Estrela López, Fixo estudos de Maxisterio e de Dereito en Ourense e Santiago de Compostela. No tempo da II República foi simpatizante da Comunión Tradicionalista tomando parte activa nos procesos electoráis do seu concello.
Mantivo unha forte amizade co tamén paradelense Xesús López González,do que foi ocasionalmente alumno , co que, téndoo por mentor, mantivo unha forte relación epistolar ende o ano 1930 a 1939 . No tempo da súa estancia en Ourense foi alumno de Vicente Risco e baixo do seu impulso e dirección fixo o traballo de campo para a recollida do vocabulario de Paradela
En 1935 presentóuse como aspirante ao cargo de Xuiz Municipal de Paradela. E no período bélico de 1936 a 1939, ademáis doutras funcións, e tendo en conta a súa licenciatura en Dereito, estivo ascrito como oficinista auxilar no Xulgado Militar Eventual de Lugo.
Foi declarado Fillo Predileto do Concello de Paradela. Falecéu no ano 1994.
A súa vida profesional , maiormente, desenvolveuse nas delegacións provinciáis dos sindicatos verticais en Lugo, Salamanca e Ávila,
( 1951 ) Xuiz de Primeira Instancia e Instrucción accidental de Monforte de Lemos.
( 1954 ) Nomeado Fiscal sustituto da Agrupación Monforte de Lemos-Quiroga-O Saviñao ´
( 1957 ) Delegado Comarcal de Sindicatos en Monforte de Lemos
( 1957 ) Vicepresidente Provincial de Ordenación Social.
( 1964 ) Presidente da Xunta Económico-Administrativa Provincial de Lugo.
( 1965 ) Provisoriamente Segredario Xeral da Delegación Provincial de Sindicatos en Lugo
( 1967 ) Ocupa a Xefatura do Departamento de Inspección e Asesoramento de Servizos e Entidades Provinciáis e de Delegacións Comarcáis e Locáis.
( 1967 ) Inspector Provincial da C.N.S,
( 1967 ) Por oposición entra no Corpo de Segredarios Técnicos de Sindicatos, tomando posesión do cargo en Salamanca.
( 1969 ) Comunica ás autoridade culturáis o descubrimento de pinturas muráis na igrexa de San Miguel de Paradela.
( 1972 ) Segredario Provincial Sindical en Ávila e Vicepresidente do C.E.S.D,
(1974 ) Presidiu a Asamblea Provincial de la Enseñanza ( Ávila )
( 1990 ) Publica a obra " Vocabulario do Concello de Paradela " ( Deputación Provincial de Lugo )
( 2022 ) Edición facsimilar do " Vocabulario do Concello de Paradela ( editado polo Concello de Paradela coa ocasión da celebración do 200 Aniversario da súa creación )
OBRA POÉTICA
Publicóu poemas en galego en xornáis de Lugo e Ourense que asinaba como MANOEL PALLARES
( HERALDO DE GALICIA, 1 de xuño de 1931 )
VOCAMIOS E FRÓCEGAS
UN HOME VALENTE
Pasando unha ponte / de pao de carballo, / ó lado da fonte / saquei de bregallo... / e de lombo en lombo / lle lo fun cruzando / con alas de pombo / cando vai voando / ós mozos da rúa / qu' estaban bruando.//
Metínm ' â canella ./ Metínm 'â retorta / i-alcontréi unha vella / fiando n-a roca, / n ' aquela vereda / e dixenll ' ô vela :/ ¿ Que fas n-a canella , / muller fiandeira ? / - Fiando manelas, / buscando laceira./ .- Escond ' as guedellas / non seas mateira / que porche lum' elas / non costa carreira, / Queimar queimarasmas / farasme lumieiras , / queimadas deixarmas / serache carreira,//
I. ô vel-o valente / as cousas do demo / voltóu de repente / pr' o seu casarello / pensando qu ' a bruxa / lle metera medo / pol-as fataruxas / d ' aquil regatelo. / De novo alviscouna / branqueándoll ' o pelo / d ' aquela matrona / qu ' ollaba comel-o / e lle dixo con sorna: / - ¿ Que fas no portelo / muller fiadeira ? /- Fiando na roca por esta ribeira.//
MANOEL PALLARES
.....................................................................................................................................................................
( MUNDO DE AHORA, Lugo, 1933 )
VOCAMIOS E FRÓNCEGAS
HESTORIA REPUBLICANA DE LUGO
Valladares non o queren / nin siquer velo pintado,/ pol ' a puna que lle teñen / os lugueses espetados,//
A Repubrica e o goberno / do mal pobo pol' o pobo / que goberna por si mesmo / as arelas do seu todo.//
Xa qu ' o pobo non o quixo / a cortellos deputados / o trunfare, como esprico / como foi n ' iste fregado.//
Tamaños feitos se deben / ós caciques con carauta / que aprimido ó pobo teñen / desde qu ' estreitas se pasan //
Os caciques crense donos / do sufraxio dos concellos / antepoñéndoos a todos / coma se foran carneiros. /
Os larpeiros en xeral / non deixaron de quedar / empezuñados no mal / pr ' os labregos engañar.//
Din o que máis i-o que menos : / "sempre fun repubricán....." / Ben se dan conta os galegos / boa traición que nos fan //
MANOEL PALLARES
Abelaira de Paradela, 16-8.933
.......................................................................................................................................................................
A CARAUTA DA REPÚBRICA
" - Señor, hai que porse á sombra / d ' algún albre ou do que seia / que c ' o tempo iste que temos..../é cousa que se deseia, / a sequía por un lado / i-o desgoberno por outro / vannos facer vivir d ' aire / e vistir sempre de loito,//
- Agora se non fai falta / buscal ' a sombra d ' os albres / porque o sol xa se retira / ó ver qu ' o señor Casares / aplica a Ley de Defensa / ( corrixida i-aumentada / qu ' hoxe chaman d ' Orden Público ) a todo bicho que salia / por onde queira que seña / facéndolle mala partida / á súa "Nena " mirrada / dinantes de vel ' o día / d ' arumes repubricanon / d ' o seu triste nacemento / en que deu o último folgo / de tal nacencia pr ' o enterro, / pois aló din as parteiras / qu ' o que d 'iste modo nace / sempre ven fora de tempo / por moito qu' elas s ' engañen. //
- Que alegría me levaba/ se da noite pr ' a mañá / así como veu a levaran / os vasalos de Satàn,//
- ¡ Si, home, sí ! ¡ Non haxa medo ! / qu 'en calquer lado que fose / eu sempre viñen oíndo / qu ' o demo qu ' as fai as descobre / ó pensar que non son nosos / os ollos con que se ve / a carauta da Repúbrica / que fai vel 'o que non é / a tod ' os que se resolven / pagal ' as contribucións / de boa ou de mala gana / ós zánganos d ' a Nación.
MANOEL PALLARES
Abelaira do Río, 31-8.933
...........................................................................................................................................................................
O seu amigo Xesús López González ( Silio Ben Amor ) , que coincudiu con el cursando estudos na Escola Nornal de Ourense , adicoulle o seguinte poema ;
NI EN PROSA NI EN VERSO
"DOMUS AUREA"
Envío ;Para mi dilectísimo amigo,D. Manuel R. Pallares López. ( Mercedes, 3. Ourense ), con todo cariño
¿ Qué es un libro ? / - Es un tesoro / de inestimable valor / garantía de placer , / lenitivo en el dolor , / alta cumbre del Saber . / flor y nata del sabor, /
Venero de arte y de luz, / en las oscuras tinieblas / de la vida, / que brinda mortal salud / a quien la tiene perdida / y de profundo talud / la retira,
Es vistosa "Casa Áurea ". clara " Salud para enfermos ". / " Refugio de pecadores ", / linda "Estrella matutina" / y "Causa de niuestra alegría". / "Consolación de afligidos", / claro "Espejo de Justicia " /
Fiel consejero y amigo / que tus acciones dirige / y en las penas no te aflige / y sabe reir contigo...
Que un alma limpia y noble / en sus hojas se extravíe . / La Ciencia en tí se refunda / y hacia la gloria te guíe / cual "Estrella matutina" / " Causa de nuestra alegría",//
Silio Amor del Valle y de la Monnière
...........................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario