PRAZA DE VISTA ALEGRE: ANUNCIOS EN GALEGO ( SÁRRIA , 1888 )
PRAZA DE VISTA ALEGRE : ANUNCIOS EN GALEGO, 1888 )
A Praza de Vista Alegre, na vila de Sárria , hoxe non presente no rueiro da vila, é un espazo da antiga Rúa de Ferradores, integrado na Rúa Maior, e que está na parte superior da Escaleira da Fonte,
Nas décadas finais do século XIX instaláronse alí diversos negocios e entre eles dous . un almacén de panos-xastrería e un obradoiro de chiculate, que aproveitaron unha publicación coruñesa para facer a súa publicidade ,
Foi en A FULIADA " OU ZANFONA SEMANAL D ' ALEGRÍAS OU DE BÁGOAS SEGÚN QUE O POBO GALLEGO S ' ADEVIRTE , CANTA OU LAIA , editada na Coruña , con todos os seus textos en lingua galega, onde se achan os reclamos comerciais de actividades sarriás , en verso. e publicados en varios números do semanario.
LEOPOLDO PIÑEIRO Xastrería e Comérceo de Panos Praza de Vista Alegre.Sárria.
Prodoce, ir lonxe por panos / desenganos , / e Piñeiro é unha persoa / según soa, / qu ´ a última moda siguindo , / cal xastre a quen ninguén empata, / súa parroquia vistindo, qu ' é d ' o mundo /frol e nata.
¿ Só fama e non diñeiro / quer Piñeiro / e d ' orbe enteiro recibe / cant ' expide ?/ Pois tendo el tan bós tratos / é, mercar n- outro almacén , / semear o gran pr ' os ratos / ou non querer vestir ben //.
********************
FÁBRICA DE CHICULATE TRABALLADO A BRAZO DE RAMÓN GUITIÁN.
PRAZA DE VISTA ALEGRE , SÁRRIA
Toda persoa fina e intelixente / qu ' o suministro noso haxa probado , / dirá lambend ' o bico e sorriente ; / " D ' as máquenas non sal tan bon bocado "/ E esta verdá non ten volta nin tasa / pr 'os que d ' o caracas entendades; / mais se alguén duda ,/ merque n - esta casa / ou pregunte de cal gastan os frades,//
( Trátase do primeiro fabricante de chiculate establecido na vila de Sárria, coetáneo de Matías López López, e non lonxe da casa nadal deste )
Comentarios
Publicar un comentario