BONITAS TRADICIÓNS : FOLKCLORE DE PARADELA


                BONITAS TRADICIÓNS  : FOLKCLORE DE PARADELA

XESÚS LÓPEZ GONZÁLEZ  ( 1903 -, mestre , natural de San Miguel de Paradela - Casa do Neto, no concello de  Paradela , adicóu moita da súa atención  ao estudo do folkclore das terras de Paradela e do Loio, ao que deu coñecemento en varias publicacións xornalisticas galegas. 

Trátase de pequenos artigos   escritos en castelán que agora se versionan en galego , para dar coñecemento  a un labor de recollida  de  material etonográfico, que  se recolléu e publicóu , en parte , en PRIMEIRA ACEIFA. 

 A obra de Xesús López González está asinada con varios pseudónimos  cos que ocultóu a súa persoalidade.

 ..........................................................................................................................................................

                                      (   NUEVO TÁMEGA .- Verín  )                

                                              BONITAS TRADICIÓNS

Unha velliña aldeá  este conto me contóu.

Era unha sinxela pastoriña  que grande  rabaño alindaba no  verde monte de perto, no que había unha pequena ermida, ermida á Virxe adicada. Arrodeaban á capeliña galerías  de tormentelo e  romeu- Ignórase  a data da súa fundación.  Nada de arquitectura,  Tampouco ten nin sino nin torre. E case poderiamos enadir que estaba deshabitada , tristemente abandoada , como outras antigas ermidas galegas, que nos galegos montes están levantadas.... E que son  grato recordo  dunha cultura cimeira  e dunha relixiosidade  sempre ademirada  e hoxe desgrazadamente  pouco ademirada  ! ,,,,, Que pouco sabemos sentir  ! ... Ai,  a sinxeleza e dozura  de pasados tempos !,,,

Ía , por exemplo, aquela loira  pastoriña, e de xeonllos  diante de aquela sagrada Imaxe  da ermida, que aínda está en pé,  dicía  acontecida  :  "Santiña  quirida - Non teño que che diga - Nin que che faga- Se tiveras ovelliñas.- Tamén ch ' as  gardaba !!! ".

Unha  velliña aldeá, da miña terra,  este conto me contóu, na noite de San Xoán , mentres fiaba  coa roca branca la....

¿ Non é verdade que historiñas como este  embelecan  o ánimo grandemente, convertíndonos de feros leóns en homildosos  añiños ?....

O facer da  pastoriña  abraia aos que nos dicimos "homes fortes", Seguide  o seu exemplo .Sexamos sinxelos e veredes !

                                 SILIO AMOR DEL VALLE

...................................................................................................................................................................

                          (   HERALDO DE GALICIA., Ourense, ........................)

                                               BONITAS TRADICI ÓNS

Hai nas ribeiras do Loio , como en moitas outras partes, o tradicional costume de se deter no adro da igrexa, ou ben  perto dela , todos os domingos  á saída da santa misa. E ollaredes que alí, naquelas xuntanzas, formando grupos , tratan dos temas máis distantes e distintos que na vida se poden dar,,, Por suposto que darredor  do que di máis cousas  e conta, por dicilo dalgún xeito, máis variados chistes, fórmase. nun quítame alá esas pallas, unha grande roda de muiño composta por homes  de todas idades  e matices con cuxos risos  e barafundas semella que se afunde o mundo- Ao ollalos en tal posición,calquera , por pouco que swe fixase, dirìa  que "  estaban faguendo  o xogo d ' o papasol com ' os pequerrechos   que van á escola". Mais ainda que pareza xogo , non por iso deixan de se recoller, ás veces, dados ou ideas   de poderosa utilidade histórica, ou xiquer literaria , nas ditas "asembleas" - E senón "agora o veredes", dixo Agrajes.

Achegueime un día   a unha desas rodas humanas  coa fin de tirar  "algo" limpo  de po e palla, e reparéi  que un setentón movíaa coas súas churruscadas  como lle daba a gana. Entre outras moitas cousas que dixo. prantexóu e resolvéu esta operación numérica  que é como segue:

     "Mil e mil son cento vinte, / dez e nove e tres son quince, /quen de nove quita dez / quédanse en tres, //

A selecta concorrenza  que o escoitaba riu o que  era de agardar, E en realidade  a graciosa ocurrencia  non está mal de todo.

Antes de  se bsepararen ( que xa estaba chegando a hora de comer ) " espetoulles quixesen ou non ",  o seguinte trabalínguas  ou o que sexa e que di:

"Pol-a costa de Teilán / vintecinco  cegos van. / cada cego coa súa moza, / cada moza co seu can, / cada can con seu zorro, / cada zorro co seu rato, / cadab rato coan súa espiga, / cada espiga  co seu nudo / e no cimo un aturulo ) ujurujúuu !...."

E con isto deu por rematada a " sesión". tan amigablemenye coma de ordinario. E despedíndose uns e outros , foron para as sías casas.

E esta unha maneira de facer máis levadeira a vida . Isto proba o mellor posible , que os nosos sinxelos paisáns  son daqueles  que viven "  ni envidiados ni envidiosos "  . O resto do día  ( falo dos días  festivos,  como viñamos dicindo ) pásano  cás dun amigo  ou ben dun parente e as máis das veces  van " gardar á tarde as vaquiñas  pr´a ver se dan  unha cunquiña de leite  pr' a cear á noite" ´As mulleres, se  por casualidade nada teñen que facer . forman novamente roda.,  cando se xuntan dúas ou tres  e en gracioso aquelarre  cortan a saia como se soe dicir .  Porén  non todas son lengoreteiras . Na aldea hai  moito ben por onde quer.   E a maior abondamento  hai nenas que  de veras  cantan, que encantan- Polo tanto non nos queda outro remedio  que recoñecer que....na aldea hai moito bon tamén.

                                                                 Silio AMOR DEL VALLE

....................................................................................................................................................................

                              (  HERALDO DE GALICIA., Ourense................. )

                                                     BONITAS TRADICIÓNS

Coa  única, exclusiva  e  laudable  fin de recoller  " supervivencias tradicionáis", propiamente ditas, dirixin os meus pasos  cara a igrexa mozárabe de Santa Marín de " Ribalogio" e o seu couto que ali perto se levanta. Eran as seis dunha tarde primaveral . Un rústico labrego  de bon carácter camiñaba pousón, tras dunha parella de zoupóns , despois de ter rematado os seus  xotos labores agrícolas , e cara a súa casiña ía,,, ¡ Paz na terra aos homes de boa vontade !...

As cerdeiras floridas , semellan , dende lonxe, pequenos tesos en miniatura cobertos de brancas folerpas de neve. Védeos na lonxanía   na alén parte,,,,,

Vede tamén máis acó , no medio da superficie  daquel ribeirao prado, a un "encantiño" que segando herba anda e  quen semellan render  apoteósica pleitesía as vistosas flores  que a milleiros e millóns, darredor dela, alí se ven. ¡  Traballo, Fe e Alegría ! ... Eis o máis encantador de todos os encantos . ¡ Gloria a Deus, a Deus, nas alturas !,

 Mais non nos alonxemos demasiado  do  simpático labrego do noso conto , Voltemos a el  e non nos fagamos rogar.  E ouviremos que vai cantando  con toda a forza dos seus pulmóns  e alegría de corazón  as seguintes trovas  que plácidamente anoto  e que teñen un pouco de miolo  ao meu parecer :

" De la España preciosa / pretenden marchar,,,/ preparad el fusil : / ¡Viva España con honras ! / será nuestro grito/  y muera el mambís ! !//

Cuando vamos para Cuba / vamos todos muy contentos ; / vamos a tocar un baile /  a todos los insurrectos/ y el baile que les toquemos / será de polvo y de plomo ,/ diciendo con alegría : / "¡ Viva nuestro rey Alfonso !" //

Aquí hai unnha suspensión , reanudado axiña o canto:

" Cuando vamos para Cuba / cuantas madres llorarán / ( la mía es la primera  ! ) /  al ver que sus hijos  marchan / caminando a la guerra !"// (  *  )

Outra pausa e despois  continúa do seguinte xeito ( eu non sei se será  continuación das precedentes estrofas ).

" Mi madre era una mulata / y mi padre un capitán /  y jefe de  una fragata /  donde iba y venía /  para ultramar....//

Á fin fixo un alto e non  proseguiu  xa máis. De maneira que,  que eu ía tras del a certa distancia, peguei volta , dando por ben empregado  o paseíño daquela tarde  máis fermosa que flor de mañanciña. Era un ambiente delicioso o que se respiraba. ..... e  alá na cavianca . albiscábanse  as siluetas  daquel "encantiño·  e a daquelas lonxanas  cerdeiras  en flor que ofrecen as súas primicias de anxelical pureza á Inmaculada Raiña das Flores.

                                          Silio AMOR DEL VALLE

( * ) Nota: En realidade esas estrofas  son unha variación popular dunha popular canción cubana  que algúns cren se debe a J. Trayter ( ? ), que di:  " Mi madre fue una mulata / y mi padre un federal / yo teniente de una fragata / que va y viene para ultramar./................

..........................................................................................................................................................................

                                             BONITAS  TRADICIÓNS

¡ Anda a osa ! ...e hai que voltar a falarmos  dos "tesouros"de barras e carros de ouro , das traves de alcatrán e dos caldeiros de pez fervendo que de dar con eles, estando ocultos  nos grandes penedos  e destapándoos  para sacar a riqueza qu' eli hai, incendiaríase o mundo... A orde, algo duro se antolla isto !... Porén vamos  pr ' adiante.

Para min teño que o mellor tesouro é o talento ; mais máis como neste  pícaro mundo hai para todos os gustos  e veas "procedamus in pace "  escribindo o que no vulgo  atrai, retrai, retrotrai e distrai a maxinación.

E pola tradición chegará  até nós a nova  de que nas montañas de Samos  hai un antigo "castrum" , no que houbo  un tempo  unha moi célebre e concorrida  ermida, circundado por  unha pesada cadea de ouro macizo  que lle dá sete voltas  que, se se atopase e se vendese, "chegaba para manter a España toda en sete anos". É un "tesouro".  ¿ Maneira de descubrilo ?... Ninguén o sabe,  É de supoñer  que así quedará até a fin do mundo " a non ser  que se marche  pr ' o fondo do mar cando lle chegu ' o tempo s ' é qu ' algún non o colle pirmeiro valéndose do Ciprianillo".  Porque " n' a Vilanova  - aquí vense os cimentos dunha fortaleza e afirman que había unha moi comercial cidade perto da que pasaba o "Camiño de Santiago", dende Barbadelo, en Sárria, até Loio e Portomarín , a mimada do río Miño - ao dubidoso  haberá unha morea  e pico de séculos  tamén xurdira  a especie de que se tiña "descuberto un  tesouro". Nin cortos nin preguiceiros  axuntáronese  uns cantos  " de valor e peito"  e aló foron ao lugar onde dicían que estaba.  "Levaron o señor abade  co ' eles , confesáronse todos , oiron a Misa  n ' o monte xunt ' a Capilla d ' o San Marco , comulgaron  e despachounos d ' iste mundo pr ' o outro com 'a si fosen a morrer ". Unha vez dispostos  a todos os fattáis eventos, un deles comezóu a ler en alta voz as pavorosas follas dun cincento "Ciprianillo"  e estando todos, a iso das tres da mañá, metidos nun circo máxico , despois de faceren previamente o sinal da Santa Cruz , ollaron vir  cara eles unhas descomunáis e feísimas pantasmas  que lles preguntaron que querían e a que diaño viñán a tais intempestivas horas.Respondéronlles  brevemente que a por diñeiro e que se non tiñan  dabondo ali obrigaríanos  de bon xorne  ou á forza a traelo  do fondo dos mares " qu ' era  a dond ' iban  parar tod-os tesouros  que escapaban  d ' a terra se cecáis non había quen os desencantase  co ' a máxica negra ". A todo isto o lector seguía  sen facer caso na lectura no seu paraximismado e sumelgo  "Ciprianillo".  As pantasmas tragamortáis  fóronse de seguida ; máis ás poucas voltas  sen dares nin tomares  oiron estantíos  e cheos  de arrepío  e terror un descacharrado  renxer de caros que guiados viñan  " pol-o demo maior d ' o inferno", un fantástico estralar  de trallas , un espasmódico retumbar de  tronos,  unrapidísimo asubiar de raios  e centellas  e  chispas  alabaradas , un inverosímil crepitar de madeiras,  un retinglar  quiromántico  de descargas,  un meticuloso xemer de portas , un tintinexar de sinos  infernáis , un espantoso renxer  de pesados ferros  , cadeas e argolas ... que un deles , vendo tanto aparato, cando xa tiñan tanto diñeiro  nas mans  como quen di,  gritóu  con toda a forza dos seus pulmóns: " ¡ Xesús ! ". E entón todo desaparecéu  e o "Ciprianillo" tampouco quedóu san.

                                                                      Silio BEN AMOR

......................................................................................................................................................................

                                                      BONITAS TRADICIÓNS

Os xogos orixináis  da vida campesiña retrátannos  feitos remarcables  da súa ideosincrasia  tradicional, E son  á vez aliciente espertador  das intelixenzas infantís. Logo teñen " per se "  e , se queredes "per modum unius ", un valor pedagóxico  para  " amaestrar ao animal"  que esta é , a fin de contas e discusións  a "dialéctica da docilidade ".

Alá  polas pardas ribeiras do Loio ( Lugo ) , reúnense  en distintos grupos  os nenos  e algún outro rapazolo  xa maior, para xogar na eira a carón mesmo da casa, cando as despexadas ou non chuviosas noites do outono  e do inverno mentres "qu ' os velliños están porparanda a cena",,,

O xogo que  elixen é xeralmente o do escondite . Teñen que se esconder como poidan e onde queiran, menos dous e fai sentar  ao compañeiro nun poio  despóis de lle vendar os ollos axeitadamente, e sosteñen este típico diálogo con moito sal;

" A túa mai coceo ?... /  -Coceo, coceo ! /-E fíxoch ' un boliño ?.... / - Fixo , fixo !... / Donde ch ' o puxo ? ,,,/  N ' a buratiña ! .... /  Con que ch ' o tapóu ?..../ C ' o rabo d ' a galiña  !.../   Qu `hay  n ' aquela horta  ?.../  Unha ovella morta  ! / Quen a matóu ?...../  A morte que por alí pasóu  ! / Galgos ás lebres !.../  Cantos pilles / Cantos leves !...//

Isto último din  berrando os dous a unha, Logo retira a venda  levando unha boina preparada  a xeito de pelota para lanzarlla ao que alcontre. . O que  saia sen ser visto  e toque o poio coas mans  ou brinque riba del , ese sálvase , Porén ao retrasado  a quen toquen coa boina , terá que quedar  e tornará a repetir en castigo  este bonito xogo popular.

                                                                   SILIO BEN AMOR                                                                                                                                      "  El Patriarca del Loyo"

  ............................................................................................................................................................................... 

                                                         BONITAS TRADICIÓNS

En Gustavo A. Bécquer   lese un acontecemento  acaecido  nunha tristísima  noite de defuntos  na que un cazador  escasbrildado, para o seu mal , no Monte das Ánimas, viu no adro  sombrizo  dunha capela  os esqueletes  dos antigos templarios  e dos nobres de Soria  perseguir teimudamente  e ao punto da oración , sobre colosais  oseiras  de  briosos corcéis a unha muller fermosa e desguedellada  cos brancos pés núos  e sangados  que darredor dunha  tumba  daba voltas...

A sentimental Rosalia de Castro  escribe con certo tremer poético :

"  Eu ben vin estar o moucho / enriba  d ' aquil penedo; /  non che teño medo moucho, / moucho, non che teño medo./"

Tamén Lamas Carvajal  describe o fatídico  que é o ouvir a esta agoireira  ave noiturna  no loureiro  chantado no hortro  a carón da casoupa.,,,

Nunha revista cubana achéi o relato  de que nas terras de Asturias, a mártir, había  un grande penouco  ao que aplicando o ouvido escoitábanse  uns estridentes  sons e ruidos.É a alma  de don Opas, o traidor, que alí  purgando as súas falcatruadas.

A desaparecida publicación andaluza " Letras Regionales" na que escribía  Constantino Cabal  tamén  nos dí  que a mociña  asturiana  a mala sorte  de lle pisar o rabo ao gato ou que lle pasen a vasoira polos pés ao varrer, xa non casará dentro do ano, en non sendo que vaia en pelerinaxe  e beba as salutíferas augas de Covadonga,.....

E a fin de contas que a inxeniosa  fantasía  popular  medra  e reborda en " crenzas " supersticiosas que recollen o que outras épocas dende tempo inmemoriable  nos legaron , non sabemos se para encoller  o noso espíritu , se para deixar imborrable recordo do seu paso polo mundo.

O certo é que aínda perduran  e moitaas delas consérvanse  por trasmisión  de pais a fillos que saben  unha morea  de cousas  que te deixan pequeniño.

Se un can  dá  longos  e magoentos  oubeos , xa haberá  mortandade  na aldea; se dous corvos  voando riba  das casas  do pobo trazan no seu pousón  vóo   unha cruz, e que tamén  ventan  defunción e non falla ; se unha galiña cacarexa desmesuradamente  a xeito de galo , mal sinal... ; máis  abonda por hoxe , é preciso cortar, que  de seguir  escribindo non rematariamos  na vida  do rei que rabióu.

                                                      Silio BEN.AMOR                                                                                                                                         Escola de Requeixo

   ........................................................................................................................................................................      

                                                      BONITAS TRADICIÒNS

...E pareceume de pérolas o comtinuar relatando todo o que de bon grao recollin do pobo  dende hai multitude considerable de anos . Que como asevera Plutarco : "Mester é estudar para facer estudar ". Frase  que moi atinadamente parodióu  en "Charlas  de café " o insigne Ramón y Cajal  dicindo ; "Só traballando se ensina a traballar. Frei Exemplo  é grande pregador.

 Digo, pois. que hoxe está o forno para bolos, mellor que outras veces,  e até me fago a ilusión  de que  a pruma se escorrega  máis solícita e lixeira no traballo do día. Por algo será ; máis....

 Que teñen existenza real  e que son, nada menos  e nada máis , as que  na noite de San Xoán  tran da cidade de Sevilla os millóns e millóns  de moscas que en cada verán , como sabido é ,  nos van tomar ( val dicir tocar )  o pelo. Son as mesmas en terlle teima  a un desgrazado calqueira  que, fora de hora ,  non sabía por onde andaba e colléndoo  a pulso  mergullárano nas augas do río,  en sitio descoñecido, aparecendo ao outro día , feito un entroido e  magoado e rabuñado . no adro dunha igrexa  cando, o domingo, acodía á misa.... e en tal estado o ollaban  todos, e referiulles  as tristes trasnadas  que lle fixeran  e as falcatruadas das que en tal mala hora  tiña sido obxecto  ¿ Por que ?.... Todas son paranoicas.

Como  este sucedido cóntannos un amplo repertorio para nos interesar máis e máis,,,porénnon che saben dicir nin o "cando". nin o "onde" a ciencia certa; só che han dicir o "como" a pidir de boca, E non esperes que che digan outra cousa,

¿ E que condicións  ha ter unha muller  para que a consideren bruxa ? ,,,, Din que tres  : vella, fea e  pobre. Por iso son moi contadas.

De aquí deduzo eu eu que para o vulgo debe haber dúas categorías : as que pertencen ao  mundo dos espiritus  ou do "alén " , e as que aínda moran entre os vivos . Máis isto xa o iremos vendo.

                                                      SILIO BEN.AMOR

................................................................................................................................................................

                                           BONITAS TRADICIÓNS 

 E unha pena  irreparable  para os amadores da arte o que insensiblemente  se vaian perdendo  pouco a pouco  e no correr dos tempos , moitas das nosas xoias arquitectónicas  que outras épocas " sempre renacentistas"  nos deixaron. Síntese diante da súa vista a alma como meditabunda,prisioneira  entre dúas disxuntivas  :  a de non poder ver nin restaurar as" tal e como elas eran  ou  a de poder vivilas  nos seus recordos, xa doces, como a moza en flor,  xa tristes, cal sonata fúnebre . de  vella lenda , somente.

Hai, é verdade, moitísimas aínda que podemos ademirar  e non citamos  porque elas  son ben coñecidas de técnicos e profanos. que asentan intactas ou lixeiramente reformadas  nunha das nosas poboadas capitáis  ou ben en calquera  coñecidísima vila.....con ver unha Historia da Arte, temos máis que suficiente para quedarmos enterado.

Porén as que sobremaneira  atrán a nosa  inqueda atención son  "esas obras doutros séculos" esquecidas  nos seus picoutos, touceiras  e fondais, nos medios ruráis, onde todo semella tocar  o lendario sono da bela durminte do bosque....

E por dicir algo citaréi  as que de primeiras acoden  aos puntos  da miña pruma como materiáis para o meu traballo : o que foi Convento de Santa Cruz  e o de Santa María de "Ribalogio"( Lugo )  , a Ponte Romana de Portomarín , riba do Miño  e a Casa da Encomenda , dos que xa nada resta ; o tamén esborrallado  castelo de Manzaneda , coas súas portas e murallas , cuxa altura  din tradicionalmente  era tal " que a súa sombra   se proxectaba até Monteboi " perto de Trives . O Castro d ´a Ferraría , con indicios non dubidosos  de  que por ali pasóu un "pobo romano" que sabía de amores  e das alegrías do traballo, que tivo e ten o seu asento  en San Miguel de Vidueira  nunha marxe dun afluente  do Bibei, que rega  as terras do célebre  santuario das Ermidas .. E moitos outros monumentos xa desfeitos  que poidera enadir , mais que para outro día quedan sen resaltar.

                                  SILIO BEN AMOR

.....................................................................................................................................................................

  (   HERALDO DE GALICIA . Ourense  .- 20 de abril de 1931 )

                                              BONITAS TRADICIÓNS

 No meu último orixinal publicado neste semanario , recordo ter  dito que hoxe , riba de todo para o folkclore galego ,  tense ido esluindo  ese corido  xenuinamente típico , do país , que facía resaltar marabillosamente  trazado por unha man  cecáis  anónima , mais , como  di de pérolas no capitulo VII  da súa " Metodología de la Historia "  o meu preclarísimo Mestre  don Vicente Risco  " O vulgo ,  aínda que non participe da cultura  das clases superiores ou ilustradas , non por iso é inculto ; senón  que posúe unha cultura tradicional  que ás veces  as clases chamadas cultas  a perderon, conservan o que os demáis , restos de estadios antigos  de cultura  que é o que chamamos "supervivencias". Desta maneira a memoria do pobo   é un verdadeiro arquivo histórico ".

¡ E tanto que o é ! Claro que de xerazón en xerazón  se desfiguran as  tradicións; poren  sempre queda algo. ¡ A "supervivencia " do saber popular !.

Dígano senón  estas estrofas  recollidas  nas para min  sempre recordadas ribeiras  do río Loio, afluente  do Miño, perto da   antiquísimo Portomarín.

La vida de los "carcundos " /  es muy digna de contar , / desde  que llegan a un pueblo / no cesan de preguntar /  ¿ Donde va el señor Alcalde  / que tiene que racionar ... ? ./ quinientos hombres venimos , / quinientas libras de pan, /  otras tantas de cordero / si no hay vacas que matar ; /  y nos "tenderán" que dar  / cebada "pa" los caballos , / cigarros y cajetillas /  y papel para fumar ! /........ ¿ Donde van las buenas chicas, las del tonel liberal, /  que las tenemos que dar  / carabinas y pistolas  , / cachirulos sin cargar,,, //

Así mas cantóu e  contóu  unha mociña  que un rabaño  de ovellas pastaba. Díxome que estas coplas  eran do tempo dos carlistas  " cando andaban por ahí os fauciosos .... que faguían   estragos n ` as casas  e daban de comer  ós cabalos n `os altares  d `as eirexas... y -eilí  cerca queimron  un home vello  póndolle  un vestido de palla  e botándolle  por riba unha lata de gas. ... n `aquil monte  chamado a Gándara  que  dende moi lonxe se ve .... y -o  homiño era  moi bó ".

Pero ... ¿ Non se fixóu o lector  en que as coplas  ( que deste xeito as chama o vulgo )  que anteceden algo  de parecido  coas que transcribín  no meu artiguiño  do outro día....E unha "supervivencia " " eses versiños , esas variantes máis ou menos diferentes  gardan no fondo  certa identificación se cabe. E é moi importante   o anotalas.

Esta que segue , se ben de carácter marcadamente humorístico, non deixa de facer gracia  " e tamén é d ` aqueles tempos";

Los carlitas ya pensaban / que la burra no paría , / la burra estaba preñada / pare de noche y de día /......¡Que tiroteo!..... ¡ Pum......Pum ! / ¡Que cañonazos  !  ....¡ Pum !.... ¡ Pum !  / mueren los "carcudos" a trabucazos  ! /.........Los que dicen ¡ Pum,,,Pum ! / ya morirán... ¡ Pum ! ... ¡ Pum !  / Que Carlos.Chapa ... ¡ Pum !... ¡  Pum ! / no ha de reinar ,//

Abonde isto para lecer  dos amigos do folclores paradelense . Outro día  hei ser o máis ameno posible , xa que neste momento non o teña sido como boamente  en verdade  eu quixera.  Ocasións hai  nas que a intelixencia se atoutiña  e por máis esforzos que un faga  por sacala de tal estado , nada poderá conseguir, Outro tanto acontece  cando nos atopamos malhumorados . Engañámonos ao pensarmos  " qu `o guirigay  è unha gaita , y - è un ferriño o que toca " , Porque sabida cousa è " qu `haim máis na maza qu `a furada ". E se isto non for verdade , volvamos as noces á cántara.

                                                      SILIO AMOR DEL VALLE

                                                          Lugo- Sárria. Paradela 93              1
                                                   Perto de Santa María de Ribalogio

....................................................................................................................................................................

( HERALDO DE GALICIA,  Ourense . 1 de xuño de 1931 )

                                            BONITAS TRADICIÓNS

 Un domingo, de mañá cedo,  ía eu baixando  pola ribeira de "Betote "  e por entre os prados  do "Regueiral" , camiño de Portomarín , cando topéi,  case a topeanda de touro,  nunha encrucillada , cun home xa de idade , e daqueles cuxas  veas corre , e a todo correr,  o  vivificante espiritu  do moi saborosiño viño que nos arredores do Loio se "fabrica".

Ao parecer ámbolos dous  levabamos a mesma dirección ; iamos sinxelamente  vermos que  carácter ofrecía  o mercado dominical  que na vila de perto  se ven celebrando dende moi antigo.

Segundo me deu a entender  mentres camiñabamos , recordo que  me dicía: "  Vel ' ehí  ten vostede , hom... a nós ,  o que nos deberan  facer os que gobernan ... eu parécemo .... era deixarnos  en paz y-en grácea de Dios  e máis rebaixarnos  un poquiño as contribuciós ... para  catro días  qu ' un vive  non ll ' hai nacisidá  d ' esbraveixar   tanto...  asegún  fan ises homes  sen conéncea , pois xa non a teñen qu ' a perderon,....e sen educaceón , que non tiveron  quen  lle-la ensinase ... vostede oiu ?.... hom ' eu  falo d 'ises  que fan o demo  e queiman e desfán conventos , coma se non  houber Inferno ! ... n ' outros tempos  lle  desfixeron , ises condanados, o Convento de  xunt ' a Nosa Siñora do Loio .... non hox ' estalles  o mundo perdido... en fin, dix ' ô  outro... Dios nos díe pacencia  qu ' a morte segura é  !... eu teño un libro , inda ben grande , con moitas follas  e forro de coiro ,ou  de badana ,  que  me deixóu Dios  perdon ' a meu pai..... y arrecórdome  qu ' un dia  saquein ' o do alzadeiro   e puxenme a  leelo, riba d ' o arcaz, n ' o coarto  d ' a subeira  , e dicía  qu ' aló n ' a Terra Santa , houbera  grandes persecucións  contr ' ôs cristianos  e San Policarpo , qu ' era obispo. contestoull '  a un verdugo , qu ' era un xudío , ou non sei qu ' era ... o caso  é  que lle contestóu  o noso santo  " Nuestra religión nos enseña a tributar  los honores debidos  al que está en el poder , siempre que no sean incompatibles  con la Ley de Dios ; debo pues  contestaros cuando me pregunteis ; pero como el pueblo no es mi juez, ninguna obligación tengo  de justificarme ante ellos - .... e dimpóis máis adiante ....  - ainda trai o libro a vida  d ' outro Santo, que foi  capitán da melicea , e tamén lle dix ' ôs herexes : " Señor , somos soldados  vuestros ; mas antes somos  somos siervos de Dios . Debemos el  servicio  de la guerra,pero debemos a Dios  la inocencia de nuestras costumbres . Si de vosotros recibimos la paga . Aquel nos dio   y conservamos la vida . No podemos obedeceros , renunciando a Dios, Creador nuestro  y vuestro ,  al que prestamos juramento  antes de prestarlo a vosotros . Si hay que  escoger entre  la obediencia  debida  a Dios , optamos decididamente por este,,,  No temáis trastornos  y revoluciones por nuestra parte; los crisianos  sabemos morir , pero no sublevarnos , y aunque tenemos armas , no nos servimos de ellas  y preferimos morir inocentes  que morir culpables..." Eu xa ll ' oín Misa  hoxe , e se poido ind ' hei d ' ir  a ela ademáis n ' Airexa Maior de Portomarín, a verdade alí dá gusto.... y -está sen terminá-la torre... xa non se fará ....vaiche boa, dend ' o tempo d ' os romanos !... morreu  o que dirixí ' as obras e din que caieu  d' ela  embaixo.. y - eso que quería que dend ' ela se vise Lugo... non. ise home debía ser  ben sábeo  !  Agora non ll ' hai  nengún... vállame  Nosa Siñora de Loio  ! ... Agora non ll ' hai  d ' ises homes... os  d ' agora todos parescen mesmamente feitos  de.... ( Aquí dixo  unha palabra significativa  que non se escribe ).

Alí , moi perto do camiño por onde pasabamos, dende un fermoso horto de coles  e repolos  cantaba unha rapariga :

"Alli arriba en aquel cerro, aquel cerro , aquel cerro,. / hay una casa muy alta, muy alta, / con un letrero que dice, que dice ; / Que viva Sagasta  , Sagasta  ; /  que viva Sagasta /   Ni en Francia ni en Alemania, Alemania , / ni tampoco en Portugal, Portugal, /  hay un vinillo  tan bueno, tan bueno, /  como el de Riscal, Riscal  ./ El vinillo de Riscal, de Riscal, /es un vino superior, superior, / que en tomando un trago, un trago, / saca el  malhumor.,  malhumor, /  saca el malhumor"."

Nós, os dous,  seguimos camiño  adiante  sen nos preocupar demasiado  do que ao noso arredor  pasaba, A mociña  quedaba no horto , agardando a que  o nacente Sol viñese bicarlle   as súas castas  e rubias  meixelas.

                                                           Silio AMOR DEL VALLE

...........................................................................................................................................................................

 (  HERALDO DE GALICIA, Ourense)

                                                             BONITAS TRADICIÓNS

Nada máis atrainte e pracenteiro, para todos os que gostamos do saber popular que esas oitenta  mil veces simpáticas " romarías " campesiñas   que soen organizar os "  ramistas  "   nas parroquias de perto da antiquísima Portomarín. Temos  un exemplo cando as festas de" Corpo " s, tal é o nome que lles dan ás de Corpus Christi.

Na víspera, fiel anunciadora do  venturoso vindeiro día van os mozos e " os "ramistas   c ' un mañuzo de polvra pra tirar á noite ; van os nenos " pa colle-las varillas d `os coietes, e levan feixes d ' espadanas " ; van  as (... )  bulideiras  rapazas , para visti-los Santos, con cestiños de caraveles e froles, facer arcos de mirto e loureiro, vistir as cadeas das campanas con fiollo, y estra-lo adrio co il dend ' a porta d ' eirexa hastr ' o Cruceiro coa fin de qu ' o Santísimo  Sacramento  pase n ' a porcisión  por riba...e dimpois qu 'está bendito, lévano pra faguer fumazos ou queimalo cando troa... e así son as cousas...¡ É verdá, si señor !.

Concluidas que son todas estas faenas  preparatoias, diríxense ás súas casas e agardan que o día de Deus amaneza. E ao novo dia saúdano ( ...) con tres ou catro bombas soamente--- pois ist ' ano din qu ' hai pouca polvra porqu ' hai poucos cartos ... y -os patrós vellos  dixeron que xa n ' outos anos non houbera millor festas, non daban nada... y-os rapaces  e as rapazas se querían beilar que purren iles os cartos... e dous diancres se non está ben !.

Emporiso a festa non deixa de se celebrar  como un trunfo a Cristo  Rei. .E nefeuto a iso das seis da mañá óense novos estouridos producidos por dúas excelentes  bombas de palenque, e ás once e media do día ( ..,,)  curren  pr ' a Misa os viciños , e a Banda de Múseca do Barrido aló vai tamén....nas casas quedan namáis as mulleres que se necesitan pra cocé-lo caldo, un pote d ' arroz e un cacho de xamón e outras cousas, pra cando cheguen os convidados...

A misa é solemne dende logo.Ao comezar a función relixiosa disparan un foguete  osn ramistas ; cando o sacerdote celebrante sobe ao altar, outro ; ao rematar de cantas o "Credo in Unum Deum" , outro ; á elevación da Sagrada Hostia, tamén outro; e finalmente outro, ao consumir. Os cregos cantan  e ás veces son axudados polo pobo " se é qu ' algún canta ben; e  se non, non" Os que alí están presentes axeónllanse e rezan...Ocioso sería pensar o contrario.

Sai a procisión. As imaxes dos Santos lévanas  en andias os mozos e as das Santas as mozas tamén .Estandarte, pendón, palio " y-a caldeira d ' a y-auga bendita ", son porteadas polos terratenentes máis ricos  ou polos que en algo se teñen,As almas de boa fe  recollen fiuncho "pra maleciñas", enmoitos que fixeron ofretas van camiñando de xeonllos baixo do camarín da Virxe,   por tras da procisión...

Cando disparan tres foguetes  a función ten rematado despois de  abenzoar  con Cristo-Hostia  aqueles campos. aquelas casas, aqueles fieis... "  y hastr ' o ano que ven !"

As catro da tarde  comeza a festa profana  e de lecer  (... )  e todos che van ó campo d ' a  romaría y-os músecos tocan pezas moi boas , marcand ' o compás  coa punta do pé... y-os pequenos  póñense  arredor da múseca  en baloco e mirando como tocan... y-os vellos pasan o tempo  fungand ' un cigarro.

A xente xove  ría, parola, baila e pasea moito. Todos están ledos e  marmurian cousiñas ao ouvido...moi baixiño... ¿ Que sei eu !.

Como quer que  a noite xa chega , " y-ademáis  xa lle pagaron sete pesetas á múseca , pouco a pouco vaise desfaguendo a festa " .As parellas e os grupos van cantando  cecáis:

" Canta tu, que tel-a grácea ,/ canta tu que xa a tés toda / e se o fas mellor  qu ' a min/ mala centella te coma.//"

"  Y-o carballo d ' a portela  / ten a folla revirada / que lla reviróu o aire /  n ' unha noite de  xiada.//"

E  despois  ao mellor  sai cantando unha rapaza, á que outras acompañan, " por mor de facer calar aos do outro lado:

 Quen me  "diera estar n  ' el cielo " / día de Tódolos Santoa  / para ver Nuestra Señora / amparadora de tantos ! //"

Óense risos, despedidas,novos  e nunca vistos  cantares aló moi lonxe,  repetidos "aturulos".  Continos "vivas e morras " que non tran outro exceso  co berrara até cansaren, alalás, " palabras e citas ", suspiros e poemas.

Todo parecía observar  o Astro da noite  dende o alto ceo e calaba  non facendo outra cousa que prodigar  á terra a súa pálida  luz. As estrelas, que lle formaban armonica pretenda ,  centileaban  e sorrían aos mortáis  dende as etéreas rexións  do espazo infinito, sen límite....

                                      Silio Amor del Valle

....................................................................................................................................................................................

 

(  GALICIA, Ourense , 17 de setembro de 1931  )

                                                   POR TERRAS LUCENSES

                                                  TRADICIÓNS POPULARES

Se o río Odiel  baña as terras de Huelva, tamén  o Miño e o seu afluente o río Loio  bican fervorosos  os nosos campos  que como todos os de  Galicia son dunha beleza incomparable . E se Sevilla  ten a Giralda , Córdoba  a súa mezquita , Mérida o seu teatro romano , Cáceres a "Casa  de los Golfines " , Segovia o seu acueduto  e  Covadonga a súa  gruta ... nós tamén temos  na vetusta Portomarín  ( que os romanos chamaban "  Burgo do Miño"), espallados  nas súas estreitas rúas  : A Igrexa Maior ,  a Casa da Encomenda e o Hospital , non  sen deixar de facer mención  dos restos que qiuedan,  a traveso do tempo, da famosa ponte romana , en cuxo cabo ten asento a Capela  da Nosa Señora da Neves , vulgarmente  nomeada " Nosa Siñora d ' a Ponte" ; e logo  En Santa  María de "Riba Logio" , coa súa parella de casas , que non hai máis , a histórica e sete veces secular  Ermida da virxe do mesmo nome  e cuxa restauración  data  probablemente do século IX..

Neste  Santuario os naturáis  senten a fe  do creente  son  panximicadas  a paz da conciencia tranquila  e o santo e lexítimo orgullo  do home san  e verdadeiramente católico dende a derme até os miolos  dos seus osos. E diante  da porta principal desta Ermida  recitoume, tal  como abrota dos beizos do pobo aldeán, unha velliña , que sabía moito de cousas vellas  e típicas , a seguinte  oración relixiosa , que seguindo  un tradicional costume , soen rezar algúns pola mañá , ou ben na santa misa  despóis  da Consagración  ,  e que é así:

"  Virgen que paristes  / y a  todosl-os recogistes, /  escogeim `a mi , Siñora , / que soy  la más pecadora./ Escalera  de los Cielos, / arca de la Eternidad, / cuando se levanta la Hostia  / el cáliz  n ' o altar está / y-alli  está el Niño Jesús  / que representa la Cruz  ; /  alli su Madre ,María, /  qu ' es hacienda de la vida . // O qu ' esta oración dixera /  en cada somana seu día  / anque  tivera máis  pecados  / qu 'areas n ' o mar había / el día del Gran Juicio  /  se le perdonarían.// (  un padrenuestro y onh ' Avemaría ).

Un sacerdote novo daba comezo ao Sacrificio Incruento , que século tras século se repite até a consumación  dos séculos- Prestamos a nosa debida atención e relixiosidade  a tan grande acto. E logo que rematóu  cada un marchóu polo seu lado aos seus quefaceres  de cotío; menos eu que quedéi  para poder admirar os "modillóns" , ali existentes,  dos que fala don Angel del Castillo ; e a cociña  --- que se ve  na "tregumea " á man direita  e que dá a entender  qu ' aquelo foi feito para monxiñas qu ' eilí habería "; tamén puxen os ollos  n ' aquil Cristo moi antigo qu ' está  mismiño riba  d ' o arco d ' o coro, moi cerquiña d ' o tellado ".......e dirixín  un contido prego á veneranda imaxe de María gloria d ' aqueles campos, con fervente  amor de fillo pequeniño  e desvalido.

A corta distancia elevábase  a sombra, que non outra cousa, d ' o Convento  d ' os Ancares do que a imaxinación popular  fai verdadeira historia...... lendaria .

En todo o val aquel  non se ve outra cousa que viñedos  a un lado, robustos castiñeiros ao outro, pradairos,  loureiros, penedos, barranqueiras  e verdor e vizosidade por todas partes : que non hai máis que pidir nin que falar.

Un rapazote de  talle regular  e rostro tostado, ia precedido de tantas vacas  como dedos ten unha man, rubias unhas, pardas outras  e todas moi louzás  " car ' ô lameiro e c ' unha fouce , un albelo y onha corda  ó lombo,  cantando ao xeito do país e como ali saben facelo, poñendo en todo a súa alma :

O cantor quería grácea  / y -eu  non ll ' a sabía dar /  O Siñor que non m ' a deu ,/  tamén m ' a podía dar !  / ....  Dama  qu ' estás na ventana : / non seas tan ventaneira / que unha cuba de bon viño / non necesita bandeira.//

E nunha volta do camiño se perdeu  e se alonxóu . por entre xestas e tormentelo en flor, deixando ouvir ao lonxe  a súa ruda voz  que en nada desmentía dunha raza forte, como fortes son os esborrallados muros da "Torre de Mirapeix"  en Francos de Pallares ( Lugo ), como a fidalguía dos "castros" galegos  e o "Toural" visitado  por algúns homes de  valía  e  encravado  nas inmediacións  do pobo que me viu nacer : dunha raza nobre ., como a nobreza  que ostenta nos seus escudos  de armas  a antiga casa  señorial da "Abelaira", en Paradela.

                                                                   SILIO AMOR DEL VALLE

...................................................................................................................................................................

( GALICIA, 25 de setembro de 1931 )

                                                                DO  POBO

                                                    TRADICIÓNS GALEGAS

Acontecéu  que o martes  da semana pasada como quer  que  non achara nada bon  en que ler - cousa rara en verdade - coloqueime á beira dun pozo, botado riba do peitoril , ollando como danzaba a miña imaxe retratada no plano cristal  da auga que no fondo se movía lixeiramente . Estou por dicir  que case me bailaba a auga diante de min.

O pozo en cuestión  estaba no curral ou patio  " dun apartado curruncho dunha  casupiña d ' aldeia  " baixo dunha mazaira que cento de mazás tiña  que en chegándolles " o seu Samartiño"  a bon seguro que farían a boca auga,

Máis  cara a esquerda había unhas casiñas que formaban o pobiño que como  atalaia se levanta, riba dos restantes nunha das vertentes  do xa tantas veces  celebrado Loio.

E acontecéu, sen saber como, vir por auga unha velliña  enguruñada  polo peso dos anos, que traía un xarriño  pendente doa seus descarnados dedos  e  que parecía ser  fabricado de arxila da que a Natureza  dotóu a Gundivós , parroquia de perto de Monforte, que tanto renome á miña provincia ten dado.

Arredeime , para que máis doadamente poidese coller a auga  e sen dicir "esta boca é miña" y-arrenégote pecado" , foise e eu voltéi   á miña primeira posición  de entusiasta pensador, cousa que moitas vegadas fago e que a dicir o certo  non é nova para  min.

Non tardóu en chegar logo  unha moza coa mesma xarriña que a anciá trouxera  primeiramente  e que viña cantando  ao teor  dunha cantiga vulgar :

" Deiteime t-adormecín, / durmín un soño lixeiro : /  deiteime no mes de marzo, /  recordéi no de xaneiro /

"Namoreime d ' unha nena / porqu ' ela  cantaba ben ; /  y-agora morro de fame / y-o cantar non me mantén /"

Ao me ver  calóu e coa cabeciña baixa achegábase  arrufada e .cecáis ,  avergoñada.

Á miña mente acodiu  o  histórico   pozo do patriarca  Xacob ..... E miles de " oscuras golondrinas " cortaban os aires  riba das nosas cabezas  e a pomba arrolaba os seus amores  no bosque de perto.

Como me caira en graza , achegueime a ela  e pregunteille se sabía  por casualidade  " algún conto bonitiño d `outros tempos  ". Respostoume  que sí,  os sabía, e que  a velliña que a precedera  na vinda ao pozo  aquel,  lle aprendera este :

"  Mañanita de San Juan / cuando el sol alboreaba / estaba  Nuestra Siñora  / junto a la fuente sentada./  d ' esta manera dicía , / d ' esta manera  obraba. / "  Bendita queda la fuente  / y bendita queda el agua , / dichosiña  d ' a miniña / que d'esta auga levara./  Oira a filla d ` o rey / d 'altas torres  dond ' estaba , / de toda  presa se vistira , / de moita máis se calzara, /  collera unha xarra de vidro / que de prata  no la hallara,,,/ " Se che perguntan, meniña, / quen che deu tan linda xarra, / que cha deu Nosa Siñora / que sobor d 'as máis mandaba / Se non lle sabes o nombre...../ Madre de Dios se chamaba",

Despois de ter rematado  con moita sinxeleza   e donaire  a precedente historieta , dispoñíase a marchar; mais denantes que así o fixese, agasalleina cun paquetiño de cor lila cheo de ricos bombóns en proba de recoñecemento aos úteis dittos folclóricos  que un momento antes me aportara con toda  dispoñibilidade da súa alma  en beneficio  á tradición  oral ou " supervivrncias"  e que sen doblez  tanto  me bailaba  a  auga diante  das cousas da aldea".

                                                                               Silio AMOR

...............................................................................................................................................................

 ( GALICIA,  30 de setembro de 1931 )

 Os grandes  pensadores  din case sempre cousas cheas  de grande sublimidade  ou recórdanllas  aos  seus semellantes , contribuindo deste xeito ao progreso, adiantamento adiantamento na ciencia  a traveso do espazo e das idades  sempre vellas.... sempre novas.

Un destes pensadores  , o grande formador e reformador  de corazóns  infantís,  don Manuel Siurot , no seu eminente libro  " Emoción de España" , escribe, se mal non recordo : " Un filósofo grego  dicía que  o instinto da curiosidade  e o principio da ciencia".

Pois ben ; non hai moito, sen sabelo a punto fixo, dominado por ese instinto da curiosidade, lanceime ao campo que é onde mellor se respira  e a alma se desborda  sen se dar conta un mesmo. Nada máis delcioso que dar un paseo na ribeira do Loio. É un encanto.

Por todos lados  víanse sinxelos campesiños  preocupados nos labores  agricolas ou ben falando  das producións do país ou ben das   súas condicións climáticas.

Mais veleí  que quen de maneira especial chamóu a miña distraída atención  foi un home de idade madura, e sen afeitar a barba, que parce tiña unhas ganas de cantar  como se nunca   o fixese. E a bon seguro que non parara  en  toda a mañá  daquel día , segundo o meu parecer polo contento que  na súa cara reflectía.. Dentro de sete días ía casar . Estaba nese intre  arrimado "on  pau de mazaira  e gardando trinta ovellas  ou pouco máis  n-un chouso zarrado c ' un gran silveiro  e arumes de salgueiros "  e ao pasar eu  por ali cantaruxaba:

         " Paséi  pola túa porta  / miréi  arriba  e vin /  un letreiro que dicía : / Eu para tí non nacín. //"

          "  I-eu como  sabía ler, / quitéi aquil, puxen outro: / Ti non naciches  pra min ?.../ Pois eu para tí tampouco !"

Espertóu  a miña  curiosidade  e rogueille que me referise   todo o antigo que acordase  naquel momento. porque eu adicábame,   había xa tempo, a recoller  o pouco que se conservaba  do sentir  tradicional  de pasados tempos .... e non tardo e preguizoso , respostoume que xa sabía  que eu "andaba a recoller todas esas  porradas vellas  que son froito d ' o que  deixaron os nosos antepasados  ", díxome  ademáis que  " contos de bruxas  non sabía "  pero que sabía ben esta oración relixiosa, que indiferente  a rezar  pola mañá ou á noite    tal que o seu avó  non a sabía  doutra maniera:

" Por el rastro del camino  ,/ que Jesús ha derramado, / iba la Virgen María  / en busca de su Hijo amado./ Llegando al médeo del camino / a un hombre ha encontrado: / - Hab´ñeis  visto pasar / por aquí  a mi Hijos amado ?... / - Daime las señas , Siñora, /  de tu Hijo adorado..../ Es más branco que  la nieve, /  que el oro y la prata brillantes, / en la cara   tiene el sol / y la frente es como un´angel !/ - Si, Siñora, que por aquí ha pasado /  con ' una soga al cuello / y un madero   muy pesado, / La Virgen que oyó esto/ cayó al suelo desmayada /  y acudió José  / y ( María ) Madalena /   alevantarla, / - Vamos d ' aquí, Siñoram / vámonos pronto al Calvario /  que por pronto que lleguemos / lo tenderán crucificado / Lo subieron  a la cruz, / le pusieron los tres crabos / y le dieron la bebida  / de hiel y vinagre amargo./ ya le diran la lanzada / en su divino costado. / La sangre que d ' el cayera / cayera en  cálzçiz sagrado, / todo hombre que la beba,  / será rey coronado / n'esta vida será rey /  no outro será rey coronado,//"

Rematóu e deume " dúas mazás que  traguía n-o fondo d' o bulsillo d ' a chaqueta " e que , a dicir verdade, como facía tanta calor  que xa molestba  abondo, cominas, con máis frución que se fosenn guanaco ou plátanos  das Antillas, sentindo  en par  unha grande admiración polos habitantes da terriña  doce e poética que os sentidos apreixa e cautiva.

                                                                             Silio AMOR DEL VALLE

.....................................................................................................................................................................

                                 (   MUNDO DE AHORA,  1931 )

Non hai moito tempo achábame eu  lendo " La Aldea Perdida"  de Armando Palacio Valdés . a carón das xa  por enteiro extinguidas ruinas do magnífico Convento da Santa Cruz , sentado xunto dunha grande " pedra  de sacrificios"  pode que do tempo dos celtas  que inmóvil alí perto había e que ten infindade de regandixas nela grabadas  por onde de seguro  corría o sangue dos animáis sacrificados en holocausto  dos deuses, cando de boas a primeiras asaltáronme nostálxicas lembranzas. ¿ Que reza a tradición respecto a esta  e de que idade data a súa construción e sucesiva destrución ? ¿ Onde terán ido a parar  as graves ou arxentinas campaíñas  que, dende a torre ou torres do cenobio, coas súas misteriosas badaladas aledaban  antano estas poéticas ribeiras  e facían elevar os corazóns ao Altísimo nas azas da oración fervente ao toque do "Angelus" ? ¿ Que se fixo dos benditos monxes , cuxos pés  estas fraguentas  terras percorreron ? ¿  Que foi de tantas salmodias  como ali se cantaron a coro ?  ¿  E esas inacabables ringleiras de  verde buxo  e loureiro que alí hai, que quererán dicir ? ¿  E a ponte colgante ( ? )  que atravesaba o río " por xunt'o Penedo d 'o Mel ", que camiño levaría ? ¿  E aqueles altas e penedías  rochas ós Ancares ou Ancados de Igón ) da parte  de aló do río, que foron, son e serán eterna coveira de  corvos e outras paxarolas que ao se achegar a noite meten medo cos seus maléficos graznidos , non nos contan canto en pasados séculos se realizóu á súa vista ? ¿ E o troupelear do Loio que semella mil mazos de batán  e bicaba as paredes  daquela santa misión  de santos varóns , non foi testemuña  dos abolleamentos que ali cometeron os "fauciosos" ? ¿ Non foron estes os devastadores ?  ¿ Por que,  cando non se asañaron  estes en inocentes  e indefensas vítimas  como todos os revolucionarios habidos e por haber ? ¿ Por que non quedou pedra riba de pedra ? ¿  E as imaxes sagradas ? ¿ E  os retábulos  que habería ? ¡ Ah  ! e que  aqui non resoan hoxe os sublimes cantos de Maitines ,nin Laudes, nin Prima , Nin Tercia, nin Sexta, nin  Nona !... Este foi o val e foz  onde toda soidade e dozura  tivo  o seu asento  e a alma entretíñase  con Deus  só, identifícase hoxe  co triste Val da Morte !.... Amigo como o que máis  das s´as tradicións  e da terriña , creo en verdade  que...."calquera tempo foi mellor "

...................................................................................................................................................................... 

Desta maneira se adivertía  a miña mente  cando, como a un tiro de pedra , asomóu un rapaz que dende unha matugueira gritaba que me achegase . Así o fixen  e díxome que se eu era gustable  que " deprendería  unhos versos  moi ben feitos  d `' unhas hest´reas  que sabía de mamorea  e qu'il lle deprendera  xa fai set' anos  un velliño moi velliño qu ' andaba chapodando  ameneiros e caxigos  e tod ' a potencea na mismiña veiriña d ' o río  e qu ' aínda morreu fai hoxe  dous anos cuyamente...."

De bon xorne  sentéi como humildoso discípulo diante de sabio profesor agardando lecións. Pareime a escoitar  e el conmoi boa voz   comezóu a cantar desta maneira :

" Con el ay ! y más ay !, / la Coruña está de luto ... / porque Sagasta es un bruto /  ay !, ay !, ay !, ay ! /  Con el ay ! y más ay ! / a Sagasta lo prendieron /  y en la cárcel lo metieron / ay !, ay !, ay ! , ay ! / Con el ay ! y más ay ! / del merendero venimos / los abanicos rompimo /  ay Q, ay !m ay !, ay ! / 

Non sabía máis .... Aprendín " ad pedem bigorniae " a letriña  e a música.  Deille as grazas e funme.O cortés non quita o valente. Para algo puxen os pés nas aulasdo Real Mosteiro de Samos . onde á sombra dos seus arquimonacáis e antergos claustros bieitos vivín os primeiros anos da miña leda infancia encantado da vida.

                                               Silio AMOR DEL VALLE

                                   Lugo-Sárria-Paradela  931.-  Perto de Santa María de Ribalogio

..........................................................................................................................................................................

( GALICIA, 11 de decembro de 1931 )

                                     BONITAS  TRADICIÓNS

Todo aquel que na aldea more , se non  é poeta , faise, e maiormente se é  que sabe sentir  coa aldea onde " cada fillo que nace  trai un pan baixo do brazo ).  Que mentres haxa, como hai,, santas e amables mozas , aldeas  con altos cumes e arrecendidas flores, haberá poesía. O fogar e o campo  fixeron poeta ao salmantino Gabriel y Galán; " Que ella y él hiciéronme poeta ", que di magnificamente nun dos seus escritos.

E camiñando  na vida tras deste nobre ideal sempre me gustóu  moi moito, beber nas limpas fontelas  do saber popular porque  as tradicións xamáis  deben ser desprezadas  como vás xa pola  súa intrínsica beleza , xa pola súa peculiar utilidade..

Esoutro día, ás catro da tarde , vin a unha muller de certa idade   metida " no médeo das berzas  dunha marxa  de nabiña  case toda ela escarafolada polos nabiñeiros  e gurriós  que xa non lle tiñan  miaguiña de medo  a unha tarabela  y-on espantallo  de palla  que ali había chantado  no tarreo" con todo o interese  posible.

Cheguéi paso a paso até  a mesma parede que o cercaba  e ,  cruzados os brazos  riba das lastras , chameina  para  que me dera lecer  con historietas  doutras calendas   díxome "ista oración pra pol-a noite · :

" Déitome sola,,,, /  acompañada / d  ' a Virxe María / á veira da cama; / perinoume ela , / presineime eu  /,, Bendita sea la hora / en que nuestro Siñor / Jesucristo  nacéu / Adoro la Luz, / adoro la Cruz / adooro la pasión de Ramos /por arrenegar todol-os diaños .  / O qu ' esta  oración dixera  / todol-os viernes del año // quitará una ánema de pena / y - a súa  de gran pecado / O que a sabe non a dice / y-o que a di non a deprende  / ni día de Gran Juicio /saberá lo que le conviene." /

E a maior abundamento enadiu  a precedente , estoutra que segue:

" Reclama, reclama  / hace la cama / al Niño Jesús / que viene canso  / d ' andar con la Cruz./ - Desperta José / y-acende  candela / y mira quien anda / en tu cabecera, /  Tres angelitos del cielo, / carrera arriba, / carrera abajo / tres palomitas / del palomar / que "soben " y bajan  / al pié del Altar. //" Tocan a "Sanctus" / y-alaban a Dios /  y bican la mao / a la Madre de Dios.//"

E dei remate a todos estas precisidades ,  pois cada renglón  é unha pèrola engranzadana cadea  que forma o contido do conto.

Mais , como tiña que seguir co seu traballo para  darlle debida  fin antes da noite, despedínme  prometéndome para outro día , con mellor ocasión, relatarme  cousas de tan marcado sabor  que  me mancharán doce follas a maiores das que soio traer comio para  recoller datos e facer acotacións  que logo son dadas á  imprenta e fan suar ás máquinas  máis tinta  ca betún hai  no lago  Asialbitis  alá por terra de Palestina,

                                                                        Silio Amor

.........................................................................................................................................................................

                                           

 ( GALICIA, 16  de decembro de 1931 )

                                                                      BONITAS TRADICIÓNS

Moi curiosa é, sen dúbida ningunha, dispoñendo en efecto  de tempo oporuno para iso, o sacudirmos galantemente o  pó  e follear , cun pouco de paciencia e detemento  as enxullosas  páxinas  de diversos libros  vellos que, se se dá o caso, nas bibliotecas durmen esquecidos.  E agardan  a que xurda  como por arte de encantamento , unha man valente e agarimosa  que bruscamente os saque  do pesado letargo  no que xacen, e pródiga , os acariñe.

Isto, en redundancia , é moi propio  e nin nada pasado de moda  para os que militamos  nas  intransixentes fieiras do partido integrista , debido ao sempre chorado  e nunca ben loado  don Ramón Nocedal , cuxo programa nos anima e  manda loitas " como cans   ladradores " a prol  da causa católics  e xuxo suxestivo lema  é " Deus, Patria e Tradicións" que acatamos reverentes.

Que ben sabemos que os libros  descubren , atentos, insólitas marabillas , xa literarias, xa históricas  ao desocupado e ousado lector.

Sexa  de iso , se non se nos crese, craro exempro  o que achéi  na pàxina 478  da marianísima obra postuma   "Argos Divina " polo doutor  Don Xoán Pallares e Gaioso , coengo maxistral  que foi da S,I,C,B. de Lugo, editada en 1700, que textual e gráficamente dí ." Cabaleiros da Orde de Santiago  que rendiron no Bispado de Lugo , a vida aos fíos da coitela  mahometana.  A Orde de Santiago é galega , nada dentro do Bispado de Lugo , por haber sido o seu Soar , e principio,  o Convento de Santa María de Loio,  a carón de Portomarín,  segundo a común sentencia  ( Gándara: "Armas de Galicia"  cap. 19 , a 1 ) dos historiadores  e establecemento desta  Relixión ., onde residiron  máis de 100 anos, segundo ( Oxea : bift, de Santiago  29, 30 & 31) o Padre Oxea . Os fundadores foron Cabaleiros Galegos do mesmo Bispado : a súa institución  acompañar aos peregtrinos , que viñan a visitar  o corpo do Santo Apóstolo e outros Santuarios do Reino, hospedádoos  con toda caridade , e opoñianse aos Mouros, ofrecendo en sacrificio agradable aos ollos de Deus  a vida en defensa da  Relixión Católica , por cuxo medio  moitos coseguiron a aureola do martirio , aínda que a antigüidade  do tempo ten oculta a memoria, dos que en tan agradable holocausto  renderon a vida  aos gumes Agarenos."

Aqueles  verdes e aspros  paraxes , e  a carón daquel  soar  da Orde dos Cabaleiros de Santiago  da Espada, andaba eu  con "El Siglo Futuro" nas mans , no serán dun día gris , como moitos días soe haber , cando, non lonxe de min  ouvín que viñan cantando:

"Pasei a Ponte do Loyo , /  pasei na n ' unha carreira, / correndo  tras d ' unha lebre / saliume unha costureira //"

"Estou tolo de contento / ben o sabe miña  nai : /  figom ' uns pantalóns novos /  d ' unhos vellos do pai.//"

"O cantar vai no ter grácea / y-o beber en ser lixeiro / y-o namorar en ser goapo / y-o beber no ter diñeiro.//"

"Casar calquera  se casa ,/ calquera home é casado ; manter  fillos e muller / retórcell ' a porca o rabo//"

                    Uuuu !..... Chupa la canipaaaa !

Dándome pronta  conta de que se trataba dun " humorista pavero " nacente do país , cara el me dirixín para preguntarlle  cousas novas  ; máis de súpeto... cambia por outro camiño que a Portomarín conduce , a dirección dos seus pasos  a par ca  da súa potente voz en "isto outro"que a min se me antolla un conto versificado  non sei por quen , pero  cecáis  antiquísimo   segundo que  poideran aducirse:;

Feira nova ,  feira nova !... /  feira  dond ' acostumbaba ... /  c' o meu  tinguilinguinlin, /  c ' o meu tinguilinguin  lovaba... /  trouguen dous  xatiños novos  /  e leveinos á arada , /  c ' o meu tinguilinguilin, /  c ' o meu tinguilinguín  lovaba / e no médeo  do camiño / esqueceusem ' aguillada , / c 'o meu tinguilinguilin / c ' o meu tinguilinguin lovaba , / volvín  por ela á cas  / topéi  a porta zarrada , / c ' o meu tinguilingulin , /  c ' o meu tingulinguín lovaba  /  Ábrem ' a porta, muller, /  ábrem ' a porta, malvada, /  c   ' o meu tinguilinguilin  / c ' o meu tinguilinguí lovaba.... /  Non ch ' a abro, meu marido, /  que ch 'estóu moi ocupada / c ' o meu tinguilinguilín / c ' o meu tilguilinguía lovaba.... /  que ch ' estóu fervendo a y-auga / para facer a colada, / c ' o meu tinguilinguilin /  c ' o meu tinguilin lovaba ... / Valínme das miñas mañas /  e subín pol-a ventana /  c' o meu tingulingulin /  c ' o meu tinguilín lovaba .../  vin o gato do convento /  co-a cabeza rapada, /  c ' o meu tinguilinguilín /  c ' o meu tinguilinguin lovaba ... /   Qui é  aquelo, muller / qui é aquelo, malvada ?/ c ' o meu tinguilinguilin /  c ' o meu tinguilinguín lovaba..../ - Ech ' o gato do convento / que ven vel ' a gata parda /  c ' o meu tinguilinguilí /  c ' o meu tinguilinguí lovaba,,,/ Quen me dira unha escopeta / que unha bala lle tirara  / c ' o meu tinguilinguilin /  c ' co meu tinguilinguí lovaba... / .... No fagas eso, marido, /  nunca fagas mal a nadia / c ' o meu tinguilinguilín / c ' o meu tinguilingís lovaba... // "

A bon seguro  que " ó millor  ben puidovel-o lobo  c' unha boca  hastr 'as orellas  pu viu o demo en calzoncillos  e púxolle medo meténdolle  unha grima  a-o corpo " , porque tan axiña como  rematado houbo , enmudecéu de súpeto. E por aquelas carrionzas  desaparecéu como Cardenio , a quen fermosamente retrata , en "El Ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Macha ", o noso católico e españolisimo Miguel de Cervantes e Saavedra.....

Grande  admiración sentín diante tal comportamento  e o mesmo lle acontecéu  ao " meu amigo e compañeiro " de quen debo facer mención agora mesmo, 

No meu carné  toméi  íntegra  e fiel nota  de todo o  que xulguéi algo racial  e característico . Son faenas  que amáis de instruir , deleitan  e fannos vivir  o pasado que val  ben máis ca o presente...

Dígao así por nós , se así non for,  a España doutras calenda : cando  estaba en todo o seu vigor  e brillante esplendor  a Unidade Católica  : Cando a España das grandes Universidade , dos grandes Santos , dos grandes herois  e dos grandes Mosteiros , moitos deles aquí en Galicia  hoxe desaparecidos , para maior ignominia nosa,  como son entre nós :  o de  Santa María de Ribalogio , o de Santa Cruz de Loio, o de Santa María de Castro do Rei,  o de San Facundo  e o do Priorado de Malta en Ferreiros, todos en Paradela , en Sárria ; que hionraban as nosas campiñas  ou ben coroaban as nosas  cimeiras e salvaxes montañas e  picoutos  galegos, coas súas vellas  e silenciosas paredes  que aarinca á alma  un enérxico berro  de loxica protesta contra  os seus insensatos  arrasadores ,  e unha exclamación de fe , culto e adoración profunda e afectuosa , como espiráis de perfumado  incenso , cara o alto trono do Altísimo  que humilla e confunde  aos soberbos  e ensalza aos  verdadeiramente  humildes.

                                                               Silio Amor DEL VALLE

                                                                  Decembro de 1931

....................................................................................................................................................................

 (GALICIA, 18 de decembro de 1931 )

                                                            BONITAS TRADICIÓNS

Entre Miño e Loio a dous ben medidos quilómetros  das xa case perdidas ruina  dese histórico convento  do que tantas veces teño falado, achábame cavilando, profundamente pensativo e fondamente preocupado, dende o granítico peitoril  dunha fiestra aldeá " con marcos de madeira de castiñeiro  xa ben vellos" . en como tería que eu facer  para entretervos  un pouco en  saborosa parola  conmigo.

Do apretado  apuro no que me achaba, contra da miña vontade,  veu a me sacar providencialmente un bon paisán  a quen non puiden coñecer  e que viña "  de"nd ' a  leira, xa moi ben de noite , c ' un gran carro de patacas : unhas  d ' as rúbeas , outras mariñolas, aquelas do ollo pinto  e aquel ' outras  d ' as marelas  entremezeradas  con algunhas do país  que sempre  foron de millor comida, pro agora danse mal", e seguiu  camiño  cara a súa casiña que perto se achaba,

O carro  renxía  despiadadamente , sen cosideración,  "porque lle untaran o eixo con gas ". E o vello condutor do mesmo. animaba a súa eufónica voz  á xugada e cantaba :

"  Algún día algo, algo, / y -agora malpocadiño, / na non me queren as nenas / porque vou acabadiño"/

"  O caravel cando nace /  reventa por catro esquinas , / y - o amor cando pretende  / non conta sinón mentiras,/  "

"Non te cases c ' un ferreiro / que te  queiman as muxicas ; / cásate cun carpinteiro, / que che fai huchas bonitas. /"

"Desque che vin o xustillo,/ pretendín de ser cordón / por andar apertadiño /  xunto do teu corazón./"

" San Pedro foi cazador / y después fue marinero ; / y.agora  tiene las llaves  / del paraíso del Cielo,/"

Fóronse arredando  pousóns, primeiro el. despóis a xugada de  cansos bois , xunguidos ao carro que finalmente viña tras deles , ledo   como o que non sabe  o terreo que pisa.

    O labrego seguía cantando " todas  istas cántegas máis vellas que Zaragoza " ; mais xa non se percibía o que cantaba.

Estaba plenamente satisfeito  do traballo daquel día .  E parecía que con iso botaba a pedir de porta en porta, o  xa sabido refrán que di.

                           "  Desesperado / canta o gallego"

e daba un xibrelo couce  a estoutro  que reza:

                          "  A pesares, tragos /  y- a rábeas , cigarros"

Porque  en verdade , ¿  que motivo  había  para andar encabuxado  cando Deus lle concedía  aquela superabondosa benzón  de patacas que son " o pan do pobre "   para todo o ano ?....

Asegurovos , que, aínda despóis de sentir canseira ... rezaría con tódolos seus o santo Rosario en acción de grazas ao Supremo Facedor de todo ben....

Benaventurados os pobres de espiritu , porque deles será o reino dos  ceos... que está preparado  dende a eternidade , para os que son prudentes como a serpenta e candorosos como a pomba.

                                                                                   Silio AMOR

...................................................................................................................................................................

( GALICIA, 20 de decembro de 1931 )

                                                                    BONITAS  TRADICIÓNS

Danlle ao noso folkclore  galego  unha nota  tamén interesante  e por ende peculiar , as tan saborosas  e sabidas " copras d ' os cegos " que na miña terra  teñen  recoñecida carta de natureza.

Eu recordo moi ben que, cando era neno,  un deses populares ceguiños  andaba de porta en porta  por todas as casas do pobo e seguido  dunha desbordante riola  de rapaciños . Pedía unha esmola e tocaba o violín . Traguía un "lazarillo" de  non tan  malas ideas  como o de Tormes , para comer pan , facer rir aos nenos  que o arrodeaban  con chistes e paroladas  e correr  a pedras e paus aos  desconsolados cans e gatos  que ao seu paso achaban . Era esta a única chata  que eu alcontro censurable  no rapazolo , que ademáis  bicaba  o bendito anaco de pan  que as amas de casa lle daban polos seus defuntos . A esmola  desagravio e holocausto....

Fíxose máis bon  , dende que unha vez  o seu amo o  ceguiño  lle deu unha zurra zafrañada, por ter sido descortés  " c ' unha  velliña  que lle dera de limosna  unha cunquiña  chea de leite  mazado"....

¿ Sabedes cecáis  o que lle dixo  á vella esmoleira  o garulo , ao lle devolver a cunquiña despóis  de  ter comido o leite ?.... Isto foi  :  " Nunc ' os bois  lle sequen, /  nin as  vacas lle dian leite ! / Vai pol ' os defuntos da y-outra casa ". Santo Deus  e que boa fixo e que de vergallazos  gañou aquel día-

E en verdade que non é raro. porque o ceguiño ouvírao. Ao pecado segue sempre a penitencia  o mesmo que a sombra segue ao corpo, como diría  a grande   pensadora ferrolá Concepción Arenal .

Mais voltemos , se procede ,  ao esmoleiro  violinista , que er a coñecido polo alcume de   " O Cego de Ronfe " . Hai xa anos dabondo por certo  que pasóua formar parte do mundo  dos mortos  que outrora "no mundo foron .....!" .

Cando de esmola chegaba  ás portas dunha casa  pobre ou rica , soía dicir "Deo gratias !. "... Agardaba que lle contestasen "Serán dadas ! ".E despóis de  afinar con todo coidado as cordas do seu instrumento músico , daba comezo  ao camtar  da seguinte suxestiva maneira :

 Viva o amo d ' esta casa, / sentadiño no seu  banco, / que c ' a súa familia toda / representa o Padre Santo ,//  Á amiña  d '  esta casa / eu non a teño por menos; /   se nos ha da-la limosna, / non  se ll ' engarañan os dedos. //   Gracias a Dios que he llegado al portal de la hermosura, / donde se recrea el sol, / las estrellas y la luna //

E cecáis  noutra parte  cantaba reformando a letriña:

"Viva o amo d ' esta casa  / con su cara de pracer, / ten o viño na bodega / para nos dar de beber.//  Gracias a Dios que he llegado / donde pensaba llegar : / a darles  los buenos días , /  palomas del palomar,//

Remataba de cantar , pero seguía tocando o violín... e ao terminar de todo , gritaba con moi boa voz"Viva la Virgen ".

Recollidas  todas as  esmolas  que  un pobo poidera darlle , trasladábase  ao máis de perto  para desenvolver  o mesmo  programa musical con mansedume  e amáis  semeando poesía  e recollendo  os froitos da  Caridade.

Benaventurados os mansos  porque eles posuirán a terra  dun a outro confín.

                                                                                                                                            SILIO AMOR

........................................................................................................................................................................

 ( HERALDO DE GALICIA,  23 de marzo de 1932 )

                                                                     ANTIGUALLAS

¿ A quen de vós non lle gustan  os lindos paseos  polo verde e heliotrópico campo nas  apacibles tardes  do sereo outono ? ¿ A quen non lle sube  de sutaque  a súa inextinguible  fruición  cando, alo ao lonxe, ouve cantar  sen acompañalo son  de algún outro instrumento  a unha graciosa chavaliña  ou ben a u san home do terruño ?....

Nunha das miñas xiras campestres  polas ribeiras do acaudalado  Loio (  onde noutras calendas tivo asent naquelas  fraguentas  e sinuosas terras inzadas de vexetación o Convento da Santa Cruz  que a tradición popular adorna co   sobrenome de "Magnífico" (  quedando del somente mofosos vestixios  ) chegaron non máis no lixeiro  e   brioso corcel  das auras  aos meus ouvidos     estas truncadas estrofas  de vellas historias  que un oitoxenario  puro sangue , todo vida e  barudeza , lanzaba , no medio de aínda  vizosas videiras , aos catro ventos  que me gostaron a pracer ,  extasiaron o  meu extremado espiritu  e trascribo fiel e integramente :

....................................................................................................................................................................

" Presentaron a  Cabrera / que nos aumente el jornal ! /  ( ¡ Que vengan los nueve reales ! ) /  y a su primo Castelar: /  que se presente al momento / ese tuno liberal  / que tiene que razonar;/ quinientos hombres venimos  / quinientas libras de pan,/ otras tantas de tocino, / si no hay vacas que matar quinientos hombre venimos / de Navarra y Vascongadas  / y marchando para Estella //............. /  Y luego esta otra : / le dijeron a Prim ; / "Al salir del Congreso / - Salga usted con cuidado /  que le quieren herir... /- Si me quieren herir / que me dejen hablar / para entregar  mi espada / a otro buen general ,//.................../  En la calle del Turco / asesinan a Prim/  entadito en el coche / con la Guardia Civil : / le tiran cuatro tiros /  a boca de cañón /  y responde su hijo  :/     ¿ Quien sería el traidor /  que a mi padre mató,  /  que aunque soy chiqui tito   / lo sabré vengar yo, //...................

Nada máis puiden percibir, A voz do que cantaba  afogou....perdeuse  en lonxanos horizontes.

                                      ....................................................

Agardéi e de novo  puiden escoitar , trasmitida polo mesmo método  acústico, tumbado e  acougado como estaba  riba dun pardo penedo , e baixo das polas  dun carballo secular , outra cantiga ,  non de menos mérito histórico  para min, que é como segue :

"  De las barbas de los moros /  tengo que hacer escobas /  para barrer los cuarteles /  de las tropas españolas ,/  ¡ Que viva Don Carlos III ,  /  que viva la Nación, / que viva la Bandera / de  la tradición,// 

                                  ................................................................

     E co último verso rematóu a canción . Absoluto silenzo... Naquelas carrionzas  avanza a noite .... E plenamente satisfeito do "record"    torno ao pobo en boa hora  que era na que se facía noite. "Sotto voce " medito, abstraído...

A xerazón  presente perdéu    moito, perdendo  e esquecendo moitas das tradicións doutro tempo : cantares, xogos , bailes, costumes , contos, instrumentos musicos  (  por exemplo a "zanfona" ) . Hoxe por riba de todo para o folkclore  galego , foise esvaíndo  ese corido  xenuinamente típico  do país ,  que facía resaltar marabillosamente  tratado por unha man  cecáis anónima  mais estremadamente perita  na arte de trovar.

                                                             Silio  AMOR DEL VALLE

...................................................................................................................................................................  

Ourense, 4 de outubro de 1939

Non quero  deixar  da man , nin a tiros ,xa que estóu  con elas na masa, as moi entretidas e fantásticas elucubracións  pertinentes ás " crenzas populares " tan espalladas como as margaridas  polos campos en tempo de primavera e que de tanto gusto  son segundo me enteraron con todo o posible detemento  para os lectores eouvintes dos meus artigos xornalisticos.

Cren os aldeáns  que, se unha diminuta volvoretiña  noiturna  revoa   darredor dunha luz producida por unha vela, candil, facha ou quinqué , e despóis cansa de dar voltas réndese e cai até morrer  achicharrada na chama  suxestionadora , diagnódtica  que alguen dos presentes ou outros ha morrer   tamén en prazo  breve aínda que o facultativo  se empeñe teimudamente en dicir que non.  Mais en troques , se o belido inseito se limita só  a facer lindos  xiros, revirivoltas e ousadas filigranas  xirandeando  darredor da chama  e despóis sen se queimar, desaparece sen dicir " boas noites, señores"  é que non pasarán tres días sen ter recibido a familia a agardada carta  que traerá  boas novas  do ou da  ausente.... Por isto é unha mala feitoría o quitarlle a vida a unha volvoreta.

Lembro tamén, a este propósito, "subalta  especie " que cando eu era de pouquísimos anos, ouvía dicir aos vellos, sentados a carón do lume nas inacabables noites do rigoroso inverno nas que o doce sono terminaba por vencer aos nenos, que se ao pasaren perto da igrexa parroquial se notaba escandalosamente o subido cheiro do aceite que ardía na lámpada do Santuario   trascendendo a distancia  era convincente proba  de que non tardaría moitos días en irse un dos que formaban parte do gremio dos mortáis  que a freguesía compoñían.....  e sen máis nin máis que " diñala"pasando ao outro barrio  sen algunha dilación.

E aseguran , ademáis que se no día de solemnes funeráis e sepelio ole demáis a cera das velas e dos fachos acesos  que no negro catafalco están, siñifica  que "aquel cheiro a cera"  chama irremesiblemente por calquera dos circunstantes coa fin de que se dispoña  a pasar dentro do ano os ignotos limiares da eternidade.

De sorte tal que a cousa está que arde  e   é como para perder  os estribos e o compás.

                                                     SILIO  BEN-AMOR

...................................................................................................................................................................

                                                   BONITAS TRADICIÓNS

(   MISIÓN, Ourense, Nº 28, 1 de abril de 1938 )

                                         BONITAS  TRADICIÓNS

 (  Versión en galego dun romance popular en castelán , con algunos versos en galego  , que se indican entre aspas,  foi recollido por  Xesús López González

 Aportar datos folcklóricos , traer  á vida supervivenzas históricas  do devir  dos pobos, é aumentar o valor cultural apreciativo dos mesmos e ter en conta os coñecementos adquridos na Metodoloxía da Historia.

Dende hai días proxectéi  ocuparme en troques do vivir  e costumes dos pobos e que asentan nas  beiras dun pequeno afluente que no Bibei desemboca.  Por aquí tamén andivo  aquel santo fundador do peregrino Santuario das Ermidas, segundo tradicionalmente refiren  os naturáis do país, que me sinalaron o lugar no que unha maligna doenza o aqueixóu  e que foi motivo de facer aquela solemne promesa de fundación.

Era unha tarde apacible do mes da seitura na quew eu  voltaba á miña habitual morada, que como se desprende, debe localizarse nun dos pobiños encravados nas abas da Cabeza  Grande que mide 1777 metros.

                   " Y-agora  digamos todos /¡ Alabado sea Dios," //

 Deime conta de que era unha nota final, e tiven que agardar  un bon rato para ver  no que isto paraba. e de súpeto, cunha típica tonada que nos foi doado deprender , notamos que tornaban a escomezar  as endechas  que casualmente trascribimos , e que á par  demostran o carácter relixioso, exáfico e lingüistico destes recunchos  da terra "meiga".                                               

                 Serrana estase peiteando  / na súa fiestra florida : / os seus  peites , ¡ ai!, eran de ouro , / a súa espita de prata fina,/  Viu vir un cabaleiro / que de alta serra viña ..../ - Baixa, cabaleiro, baixa / que eu pousada che daría , / Collérao xa pola man , / xa o subira para arriba , /  e no alto da escaleira /  unha mala seña vira..../  Vira cen cabezas de "homes·" /  e colgadas dunha viga ./ - Que é isto,  ¡ ai !, serrana / queé isto por vida miña ?./......- Son cabezas de leitóns / que criei na miña montiña./ .- Mentes, mentes, ¡ ai !, serrana / mentes, mentes, por túa vida : / unha era a do  meu pai /  que na barba o coñecía , /  outra era do meu irmán /  que eu na alma o quería / .....  Serrana  fíxolle a cea./  Cabaleiro non comía / .- Come, cabaleiro, come  que veleno non che tiña / Como  "hei" de comer, serrana, / se eu de "sede" me morría. / ,,,, Serrrana foi polo viño, / cabaleiro non bebía. / Bebe, cabaleiro, bebem  / que velenl non che tiña. /,. Como "hei" de beber ,serrana,  se de sono eu me morría./....Serrana fixo a cama: /  que preparada a tiña, / sete sabas de Holanda  / e a colcha por enriba, / entre a saba e colchón / " seu puñal d ' ouro escondía " /.... Sendo pola media noite / serrana se revolvía,/ .- Dime que buscas, serrana, /  que buscas, por vida miña ? /.- Busco o meu rosario " d '  ouro / que de rezar eu o tiña, /.- O rosario que ti buscas /  nas miñas mans eu  o tiña ? /  Onde o queres, serrana, ? / ..... Dimo, pola miña vida  ? / ....Metérallo entre costelas / e o corazón lle partía./....Ábreme a porta, porteiro, / , ábrema pola túa vida. / .- Eu a porta non lla abro , serrana me mataría /.- Serrana xa queda morta , / no seu leito ben tendida ! /...  Ouh ! , ben haxa o cabaleiro, / e a nai que o "parira " /... de cen homes que aquí entraron  , / só vostede  saiu con vida .... /

E todos xuntos enaden a unha voz , e o canto, remata.

                           Este cantar rematóu  , / Virxe e  Madre de Deus ,/

E  aínda algúns  lle colgan  o que no comezo escoitara :

                                   Y- agora  digamos todos: Alabado sexa Deus. /

Se isto vos parece curioso, prometo presentarvos mellores cousas aínda que vos servirán de grato e instrucivo espalecer

                                   Silio Ben Amor

                                 ................................................................ 

Este traballo foi recollido tamén  no xornal " El Compostelano " , no que reproduciu    o romance, sen  texto introdutorio.

 ( EL COMPOSTELANO,  Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1938 ) 

                                     SERRANA ESTASE PEITEANDO

Serrana estase peiteando /  na súa fiestra florida /.................... / E agora digamos todos:; Alabado sexa Deus /

                              ( O texto do cantar coincide co publicado en " Misión " )

                                  Pola trascrición. Silio Ben Amor

..........................................................................................................................................................................

                            ( 1939 )

                                       BONITAS TRADICIÓNS

¿ Son fatalistas os habitantes do campo ? 

...... É de mal agoiro o que no camiño que á igrexa do pobo conduce  se encontre un paisán  - el así o cre - coa recente  soterraña senda  arrombada dunha toupa como  cortando o paso , porque dese tal  xa casi se pode sostersee é seguro qu ha morrer, e tamén o vulgo cre qu se o enterrador ao rematar  a súa obra de abrir unha foxa para un morto - unha porta para cada home - deixa, sen se dar conta,  a aixada posta en cruz riba da  pá  ,  a que primeiro morrerá será unha muller  e, en troques, se é a aixada a que por baixo queda, aseguran  a morte a calquera home da veciñanza. ¿ Quen será o primeiro que terá que pasar por ese trance ? ... Sempre ha ser unha persoa debastante idade e ha morrer de morte natural e non de morte violenta ou desgraciada, qu, se é así, xa non encaixa na  régoa........ que eles sós establecen.

As xentes papainas  forman tamén moi mal concepto    da pousona  curuxa  que, por certo,  tanto medo metéu aos nenos e que non é verdade  que chuche o aceite nos templos  de escanestradas  fiestras... e regañadas paredes.

Toma a mala parte calquera superticioso  o que cando vai de viaxe lle cruce  a verea en raudo vo un carrizo , e é como perder a cabeza ,  é unha "mala fada " , se este fai as  filigranas polo lado esquerdo  do camiñante , pois é seguro que algunha cousa lle acontecerá de torcida maneira,,,, naquel mesmo día ; e entón é mellor que non volte á casa.

¿ E os " nubeiros" que  son os xenios, por así dicilo, que tran o trono con todos os seus monótonos  ruidos e tempestades ? .... Hai quen os quere desagraviar  poñendo nunha alta fiestra  un pan enteiro  ou medio pan, pero cocido. un coitelo e unha bota, para que non fagan dano algún  ás xa maduras meses e vaian descargar a xélida tormenta  a países lonxanos ou ás máis altas e desertas  montañas de fragosos cumes

.E semella que en ocasións eses furiosos xenieciños   , aceptan a ofrenda  porque ao mellor a bota - ás veces  é un zapato-  e o pan fóronse sen saber como e a onde , aínda que a tempestade non prometa boas garantías. . ¡ Mais como son "creecias" !. 

Pero.... ¿  e o "mal de ollo ?. Disto  é mellor que non falemos, por...... que presenta varias dificultades  o asunto. Só enadimos un detalle para rematar  e é que de tratalo veríamosnos  na precisión de pasarmos  ao campo da bruxería  e de todas as embaucadoras picardías habidas e por haber," quod non licet".

                                                             Silio BEN.AMOR

                                                            Escola de Requeixo- Manzaneda , 1939

..........................................................................................................................................................................

                                             BONITAS TRADICIÓNS

Ë unha pena irreparable para os amadores da arte o que insensiblemente se vaian perdendo pouco a pouco  e no correr dos tempos, moitas das xoias arquitectónicas que outras épocas "sempre renacentistas"   nos deixaron. Síntese  ante a súa vista  a alma como meditabunda prisioneira  entre dúas disxuntivas : a de non poder ver nin poder restaurar as "cousas históricas" tal e como elas eran , ou a de poder vivilas nos seus recordos, xa doces, como a moza en flor, xa tristes, cal a sonata fúnebre  de vella lenda somente.

Hai , é verdade, moitísimas aínda  que podemos admirar  e non citamos  porque elas  son ben coñecidas de técnicos  e profanos. que se asentan intactas  ou lixeiramente reformadas nunha das nosas poboadas capitáis  ou ben en calquera coñecidísima vila....con ver unha Historia da Arte temos máis que suficiente para quedarmos enterados.

Porén  as que sobremaneira atraen   a nosa inqueda atención  son "esas obras doutros séculos  "esquecidos nas penasqueiras , fragas e fondáis , nos medios ruráis, onde todo parece tocar o lendario soño da bela durminte do bosque.... 

E por dicir algo  citaréi os que primeiro acoden aos puntos  da miña pruma como materiáis para o meu traballo : O que foi convento de  Santa Cruz  e o de Santa María de" Ribalogio" ( Lugo ); a Ponte Romana de Portomarín , riba do Miño , e a  Casa da Encomnda , dos que xa nada queda, ; o tamén esborrallado  castelo de Manzaneda , coas súas portas e murallas , cuxa altura din tradicionalmente  era tal " que a súa sombra  proxectábase até  Monteboi" perto de Trives ; o Castro d ' a Ferraría , con indicios  de que por ali pasóu  "un pobo román"  que sabía de  amores e de alegrías  do traballo , que tivo e ten o seu asento  en San Miguel de Vidueira  na marxe dun afluente do Bibei , que rega as terras do célebre santuario das Ermidas... E moitos outros monumentos  xa desfeitos que podería enadir, mais  para  outro día quedan sen resaltar.

                                                  SILIO BEN-AMOR

....................................................................................................................................................................

( BOLETÍN DEL CONSEJO SUPERIOR DE INVESTIGACIONES CIENTÍFICAS, Madrid =

Son frecuentes os agoiros de morte, por exemplo, cando se oen  golpes riba  do tellado ou riba do teito  e non se sabe quen os  dá,.O ver luces misteriosas en direción  a unha casa amosa que antes de tres días e nela morrerá unha persoa . O abrir unha porta un ser invisible , se nesa casa hai un enfermo , morrerá  aos  poucos  intres.

En xeral, en Galicia cren moito nas bruxas , de unhas a outras pasan as prácticas e maleficios. de onde tran  orixe os "feitizos" , "plagas ", "malas fadas" e "paulillas" . Hai bruxas vivas e incorpóreas , que non   fan máis ca dar sustos, sen se meteren con ninguén direitamente.

Cando sopran ao lume  para que prenda a leña e isto non ocorre,.cren que hai unha bruxa . e preciso  cuspirlle:  entón salta a chama  e hai fogo . " a leña da xesta,  ten o demo na testa", por iso cando as mulleres sofren unha contrariedade din : " ¡ Arrenégote pecado !".  Se un ten "os espritos" danlle en doses  aceite de nove lámpadas  recollido doutras tantas igrexas  da contorna , e con iso debe sandar , mais se non hai quen se conforma , e   "haberá que levalo ó  Corpiño aló cara Pontevedra , pra ver se cura ou non cura".

O  que sinte a zunida  no ouvido esquerda ten  que morder o dedo  maimiño , e no intre  "deixan de cantar os oídos", pois cando zoa o esquerdo é que falan mal  de un  " e pra faguer rabear  ás bruxas  hai que trincar os dedos cos dentes ".

                                     Silio Ben-Amor

.......................................................................................................................................................................

                                                         BONITAS TRADICIÓNS

Traballos inéditos para o Arquivo  de Tradicións Populares  do Consello Superior  de Investigacións Científicas, (  Revista de Tradicións Populares - Instituto " Antonio de Nebrija",

(   Por Jesús López González : SILIO BEN AMOR ALBO-HACEN "El Patriarca del Loyo" )

                                                                  1944

                                             A Dª Nieves de Hoyos Sancho

                    Publíquense  na Revista de Tradicións Populares, se procede    

Selo : Estación Fenoloxica Agrícola  Manzaneda .Ourense- Trives- S. Miguel  )  

..................................................................................................................................................................... 

                                                      1.- BONITAS TRADICIÓNS

Unha das divisións do folcklore  ou cultura popular é a  vizosa literatur  que compendia feitos e ditos , proverbios e cantares,  trabalínguas  e romances.  Pode que, en xeral, teñamos xa esbozado xa os distintos temas, que estas consideracións nos suxeriron. a traveso destes artigos ; mais como hai esixenzas que reclaman máis atencións, mester é que lle adiquemos  máis párrafos e máis tempo aos " ditos "  en particular.

A sabedoría popular, seguimos dicindo  censura acedamente ao que. nun traballo, anda dun  lado para outro sen saber por onde vai comezar, e crávalle esta frase sen consideración ningunha: "  " ¡ Condanado á morte ! ¡ Mala centella ch ' o coma ! .... Xa non lle dá xeito .... parece mesmamente qu ' anda mangando a macheta.... ind ' é  millor que se vaya ! "

Non lles deixa oso san ás axiuxereiras  e "pretensiosas" , que queren vistir ben, non habendo con que nin de onde veña, e aprícalles a topenada de  touro, este solemnísimo  cabaco, que en xexún  está mellor : "¡ Pódeche quedá-la cabeza descansada !" " ¡ Cabra máis grande qu ' a ti  xa non hay ! ", " Pois mira  :mulas  en pelo hainas en Monterroso".,

Recrimina  vivamente ao rapaz que na escola non aprende , pola súa galvanería ou pola  testarrudeza, cargándolle desta maneira : " ¡ Anda, cozorello, aínd' es máis burro qu'a burra de Benito d ' a Cartaría... ! Pirmeiro de que ti deprendas  algo bô, hei ser eu obispo... vas a quedar com ' a tía Sabel d' o Pireiro".

Non garda consideracións  de ningunha especie  cos malos avogados, que non saben defender  as causas en xustiza e todo o reseolven con  vans  evasivas , e empálmalles  estoutro  refrixerio  : " É un  chuchaceras y-on cabeza d ' alcarnoque, sen concéncea  nin casta  d' ela... entende  tanto com ' ô agoacil,,, mamoume sete pesos  e totl non fixo nada...non, ser é  d 'os de tral ' as silveiras... ¡ Ë  mellor calar, e calar, que senón... !".

Malla aos zapateiro  dicindo : " Ten unha suela que parce cartón, e fai unhos zapatos  que parescen as barcas de Portomarín... non valen para nada...! "

Zorrega  ás costureiras . que son un pouco mexiricas e fantaseadoras  coa seguinte ensalada: " ¡ A María, que musarañas... !Non fai cosa que lo valga... podiach ' ir coser  ás Ventas de Narón... e comer ali tamén "

En fin, que a sabedoría popular  é multipla e todo o arredoneda  sen se parar en sebes- Aquí non hai  tiquis miquis.

                   Silio Ben-Amor Albo-Hacen " El Patriarca del Loyo"

                                                   BONITAS TRADICIÓNS 

        Para pasarmos  horas felices  e cheas  de vividos e pasados recordos  non hai mellor cousa  que pedirlle engtretida conversa  a un paisán  que  ao chou  se atopae en calquera parte   e que nos fale  dos "tesouros  qu ' están escondidos  n ' os penedos " ou ben nos buratos das beiras dos ríos  balbordeiros , onde segundo Curros Enríquez  crían ter parada  até que un afortunado pesqusidor  dese con eles nunha crara mañá ou nun treboento día  deses que  crispan os cabelos  do máis valente mozo " de poucos anos"...

       E o campesiño contaracc<he   que a el llo contaron tamén  que nas abas da Cabeza Grande, cara   Manzaneda, nun  sitio chamado " tal como di a xente han ô descubrir  c ' o tempo ou as cabras  co ' as patas  ou o pastro  c 'o  caxato".  Outro hai perto de "As Picas  de Paradela" no mesmo " Penedo d ' a Escrita " e del din  " que se compón de grandes barras d `ouro  e que falan d ' il  moitas liendas". E igoalmente  din que no alto da Cabeza de Manzaneda  nunha extensa campa  da que só saben  que leva o nome de "Campo d ' a Capilla", mais que é imposible poder localizalo hai " outro tesouro qu ' hastra  preguntaron  por il unhos que viñero  d ' Améreca ". Hai outro riquísimo " tesouro " no lugar que nomean  "A veiga  d ' entr ' os Penedos " e  de  aquí  si que teñen que contar ... " hay unha fonte d ' auga moito boa y - onha mañán de nebra e frieiro la vio o pastros un homiño farrapento que chegando á fonte mergullouse e tragouno  a terra  e non se soupo  máis que fora d ' il ",, e dende entón  parece que todos os anos pola mañá de San Xoán   estando ali ao romper da alba  escoitanse alo  dentro os  ruidos e  estronicios  dun tear que non  se sabe  que é o que tece  nin quen o manexa pois até dagora  ningún dos nados ousóu ir a velo "porque  teñen medo, non seia  qu ' algo pase "  e morran dentro do ano.

O único que fan é achegarse  á fonte de cristaiñas abondosas augas  cando os apreta a sede    durante calquera  hora do día  estando naqueles  picoutos. E beben  e acabouse.

                                       Silio Ben-Amor Albo-Hacen ( Requeixo 1939 )

....................................................................................................................................................................... 

                                                   3.- BONITAS TRADICIÓNS

 Isto está que arde... ! Xa o dixen noutra ocasión.

E é o caso que estóu  voluntariamente   a  recoller  todo canto a  redor do saber popular   se refira e chegue ás miñas orellas  para despois ir verténdoo  pouco a pouco  polos puntos da miña pruma  no branco papel  até facer suar  mesta tinta  ás rotativas  que baixo do seu peso  xemen algo máis  que nos tempos anteriores a Gustavo  Gutenberg , Fsut, Císter e Schoeffer. Esta é unha verdade de Perogrullo.

A que a renglon seguido vai , tamén  as honras dunha perogrullada; mais graciosa á fin  e á postre que é o que ten de bon... aínda  que intranquilice  aos meticulosos.

 Pero é , a verdade , que eu non quixera que me quedase algo  no bulrento tinteiro que fronte da miña fronte teño . E proseguimos.  Que un escritor non debe  consnetir, por todos os medios , que o santo se lle vaia ao ceo.

Os paisáns  papainas  e  pallastráns ,  en canto ás fatídicas  " señas d ' a morte"  que din se lles presentam somente  "ós  que teñen peito de can" tampouco  se abermellan   grande cousa e cóntanas  en todos os seus detalles  como se fora o asunto  histórico máis natural do mundo, sen que  se atoren un pelo.

E así, por exemplo, achamos  quen nos asegura  con inimitable  arrichamento  que un avó, bisavó ou tataravó  dun amigo  tivo as máis arrepiantes " señas " antes de lle morrer o seu pai. Deuse a couinciudencia  de  nunha noite  de estrelas  pareceulle que chamaban   na porta  , e crendo  de boa fe  que sería un  viciño  do lugar,  levantouse e saíu a abrirlle... e axiña se enteróu  de que á porta  da  súa casa non se achegara  a aquela hora ninguén que  vestise  " coroza ou monteira" , ¿ Que aontencéu entón ?  . É que  "cando botara  pr ' afora ... a mirar quen era, e o que viu foi a condanada  zd "zorra  d' a morgaza,,, ".

" que berraba e gaceaba  d ' unha maneira que poñía medo e botaba labaradas  de lume  pol ' a  boca prón lado e pr ' autro; y - o probe d ' o home tivo que pegal ' a  volta para dentro , deixóu a porta aberta  co ' a presa  que traguía, sentouse treman do  n ' un mesote, quedóu sen fala  máis de dúas horas, e endexamáis  contóu  o que lle pasara a enngún d ' os nacidos.... pro dend ' a cociña déronse  pol ' a conta  os que ' estaban eili  e ben escoitaran qu ' a zorra  d ' a morgaza  pegaba cada berrazo  qu  ' ina o demo  n ' il.... O certo foi  que n ' aquela casa  non tardóu moito tempo en morrer o que poucos días antes estivera maliño, ou "doente" como se di alí no Brasil. Y -así foi.  Non vos foi  d ' outra maneira. N ' iste mundo , axiña se-vos morre, cand ' un meno´l ' o pensa..."!

Agora ben : ¿ como será " a zorra  d-a morgaza ", d ' a mordaza , ou d ' a murgaza , que tos estes nomes lle dan ?.

Se non me trabuco.... " as doce son; eu  adormezo - quede  para  mañá. E mañá Deus dirá. Que mañá é outro día.

                           Silio Ben-Amor Albo-Hacen " El Patriarca del Loyo "

                                 Escola de Requeixo.-MCMXXXIX

......................................................................................................................................................................

                                                  4.-  BONITAS TRADICIÓNS

Era de mañán cedo.  Unha mañá da cor da cinza. As nubes soltaban ríos de bágoas e as verdes follas das árbores suaban  a pinga grosa. Fin da época estival. Porta do outono.  Os traballadores  foran á ribeira a vendimar. Como o tempo non se prestaba incondicionalmente ,  é de supoñer que estivesen recluídos nas súas respectivas adegas. Cecáis  un rapaz, dos que alí sew achaban e comparía , asoma o bico dende o limiar e, nunha retesía  merecente de mellor causa , cantóu con moi boa voz desta maneira  :

         Se soupera namorar  / como viño sei beber , / non che m ' habían faltar / nmozas d 'o meu parecer.,

A fachendosa gracia  do cantador  debéu ser moi apraudida  e o doado estilo da "cantiga" moi comentado naquelas ciscunstancias.

    Mais eu  aquela mañá  erguérame cedo. Quedara tamén no pobo cuxos tellados principiaban  se cubriren de  vaporoso fume.  Un paisán , que levaba  uns zagóns ,  un capote de la parda  e un sacho, achegouse a min para me dicir  que acababa de ver o lobo  e que este suceso lle traía  á memoria  unhas cousiñas  parecidas a refráns  que el sabía  e que se atribuían ao " can das montañas" e eran así por se a miña pruma as quería  copiar;

" En xaneiro, sete a sete  n ' o carreiro. En abril, cátame n ' o cubil.  En San Juan xa   lle dou a pora ó can. En Santa Mariña xa mato a cabritiña. En agosto sacoll ' o  porco o entrecosto. En setembre ningún can se me rende. En Santos xa mat ' o boy nos campos. En San Andrés xa o espelex ' outra vez ".

Rogueille que seguise a relación; mais el xuróu e perxuróu  " pol ' os crabos dunha porta vella  y - as pallas  d ' os nabos " que xa non sabía maís. E notando eu  que non nomeara  os meses de febreiro, marzo e decembro, prometeume  que para outra vegada o faría.

                       Silio-Amor- Albo-Hacen " El Patriarca del Loyo"

                                            Escola de Requeixo- 1939

 ......................................................................................................................................................................... 

                                                  5.-  BONITAS TRADICIÓNS

Para demostrar a forza do seu saber  o labrego bota man  sen  dó ao frecheiro  dos seus refráns, tan variados  que chegan á enésima potencia. A  custión é  principiar, mais unha vez desatado o saco , flúen  por arte  de encantamento  tantos e tantos adaxios inéditos  que as burbullas da fonte de augas radiactivas que hai en Vilamaior , alo en Sárria, segundo dim, non son nada en comparanza.

Como no meu librro  de investigacións ne notas curiosas os  recollín  en vertolán   conxunto, hoxe facendo unha clasificación  trascribo somente os que ao tempo e clima se refiren.

 E falando dos peores e máis duros meses do inverno  diranche os campesiños   : "  En Natal, inverno coral ; Natal e Xaneiro , inverno inteiro".  O refrán castelán que nós redactamos así : "Año de nieves, año de bienes ·, eles múdano a esten teor. "  Ano d 'abelota, ano  de pelota ".Outro máis ; " Auga d ' enero  todo ano ten tempero",

Como  en todo están  a mercé  do tempo oiráselle  tamén dicir : " A y-auga  de Santa Mariña, n' a meda fai fariña".

Para aclaración , quero suliñar  que  " o mes de Santa Mariña  " é o de agosto ; e para salvar o erro no que as xentes están quero consinuar  que ao mes de outubro  coñéceno co mnome de "mes de Santos"; porén , noutras  partes de Galicia o xeral é  que lle chamen " mes de Santos" ao de Novembro, sobre de todo  nas terras que o Loio beixa ; " Ditoso mes que' entras  con Santos  e acabas con San Andrés" ". Abonda para comprobalo. e ver , como dicimos. xa non pensan así os naturáis das ribeiras do Bibei ao lle aplicaren ao lobo este dito : " En setembre, ningún can me rende. En santos xa mato o boi nos campos, En San Andrés xa o espelexo outra vez ".Hai pois erro e confusión de " conceptos mensiles". Erro nominal

Seguen os refráns : " Marzo aireoso, abril chuvioso , sacan a maio froilido  y hermoso". Hai refráns sentenciosos como estes, que son puros ditames :

" En Santa Mariña, non vave-l'o horto nin  rend-l'a  viña ".

"Decrúa en mayo y enravega en San Juan  e collerás pan".

"A y.auga d' agosto nin nabo nin magosto".

" En agosto arder  y en setembre beber", din, con relación ás necesidades de sol e auga  que teñen as castañas  e os acios nese tempo.

Non se fai de rogar  para  nos encambullar  algunha que outra felix consella ; " Unha vez viña o rei  riba dun furioso alazán  e preguntoulle a un soldado. " ¿ Canto valerá o meu cabalo ? :

"Marzo con sus aires ; / abril con sus aguas mil ; / mayo pardo /  y San Juan claro / valen máis qu ' o seu cabalo"/

 E  así en semellantes ocasións  ou circunstancias de lugar e tempo terán sentenzas  coas que vos  instruir  e graciosos ditos  e acreditadas moralexas coas  que matar o tempo.

                                                                              Silio Ben- Amor  Albo-Hacén

....................................................................................................................................................................... 

                                                    6.- BONITAS TRADICIÓNS

........................................................................................................................................................................


 

 

 



 b

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 que  me deixou , Dios  perdon ' a meu  pai

 


Comentarios

Publicacións populares