XULLÁN- SANTA MARÍA DE TOIMIL ( BÓVEDA )
XULLÁN - SANTA MARÍA DE TOIMIL ( BÓVEDA )
RELACIÓN E DEPENDENZA FORAL CO MOSTEIRO DE SAN XULIÁN DE SAMOS
GONZALO DE CASTRO posuiu antigamente os bens do foral de XULLÁN e en 1558 , perante Alonso Gallina o Mosteiro fixo foro a CATARINA GONZÁLEZ , muller de XOÁN DO PEDREGAL, co tíduo de lugar de CASTRO XULLAO , sito na aldea e termos de CASTRO XULLAO, so sino de Santa María de Toimil , e segundo están apeados e delindados os ditos lugares perante o infraescrito escribán e o apeo non pode ser o de 1555, senón o de 1537, tívose que emendar en 1555 e repetir os apeos , o que non puido costar pouco , para que se fíen de escribáns , na posesión de tres fanegas de pan medidas polo pote do Condado de Lemos , catro galiñas e un cabuxo , renda posta en Freituxe , e baixo as condicións de non poder estar dous anos arreo sen pagala , e de non enaxenar os seus bens sen requerir ao Mosteiro co tanteo e en vendéndoos pagarlle de laudemio o que o dereito dispón, que creo sexa un dous por cento
En 1593 perante Francisco García, PEDRO LÓPEZ DE PEDREGAL vendeulle a ÁLVARO LÓPEZ DA SOMOZA por libre de foro dous leiros de viña de oito cavaduras no AGRO DE TOIMIL, Vide a relación das searas tocantes a Toimil.
En 1601 , perante Xoán Montero, levantouse por segunda voz BARTOLOM EU LÓPEZ DE PEDREGAL. Áchase no libro de levantamento de voces ao folio 114.
O apeo 1º feito en 1537 está ao folio 25 ; o apeo segundo en 1555 ao tomo 2º folios 33 e 34; o apeo 3º que é o tiduado APEO DO CELEIRO DE LAIOSA, e que consta compulsado nº 2º aos ditos folios 77, 78, 79, 80, 81 e 82,
No tomo 1º do apeo 2º , ao folio 233 áchase o recoñecemento dos foros que tiña de Samos MEN DO RIAL e confesa ter o da ABELLEIRA en Toimil . A táboa dá esta nova no foral de XULLÁN e CASTRO PEDREGAL, non sei en que se funda , nin dí que o foro da Abelleira, o Porto da Abelleira corresponda ao de Xullán .
O apeo 1º feito en 1537 , ao folio 38, dá razón deste foro,GONZALO GÓMEZ, ARES DE VILLAR e PEDRO RODRÍGUEZ déronlle a MEN DO RIAL "O VELLO" e "O MOZO" que os tiñan en foro de Samos e que o levaba o seu parente GONZALO SÁNCHEZ sen pagar ao Mosteiro. XOAN DA ABELLEIRA deu o mesmo e máis deu a AFONSO LÓPEZ DE LAMA que el tiña en foro este lugar e que dera certos maravedís ao Mosteiro para que llo fixese ,LOPE DE TOIMIL deu a MEN DO RIAL ,que el tiña en foro, este lugar e que como non houbese podido sacarllo a GONZALO SÁNCHEZ traspasara o seu dereito a ALONSO LÓPEZ DA LAMA para que gañase novo foro de Samos.
Nos apeos de XULLÁN nótase apeado somente el e con distinción o lugar de XULLÁN , e o lugar de CASTRO XULLÁN , e as táboas chaman a este foral XULLÁN e CASTRO PEDREGAL ou PEDREGAL e CASTRO XULLÁN , esta diferenza debería terse notado e expricado pero os máis Arquivos tanto o achaban sen tropezo cando eu acho infinitos. O apeo está con separación o lugar simplemente chamado XULLÁN levábao GONZALO DE CASTRO XULLÁN e o lugar de CASTRO XULLÁN levábao XOÁN DO PEDREGAL ; os bens son distintos . os levadores tamén , mais a renda cecáis sexa unha , o levantamento de voz di " dos lugares de CASTRO E XULLÁN" sempre en plural , e que morrera XOÁN LÓPEZ DO PEDREGAL , a súa muller CATARINA GONZÁLEZ e a súa nai CONSTANZA LÓPEZ ; Catarina González era filla de GONZALO DE CASTRO , marido de Constanza González ( González dice el foro ) e Gonzalo de Castro tivera o foro dos lugares de CASTRO XULLAO e PIÑEIRA DE CASTRO XULLAO que son dous lugares unidos nun foro.
En 1537 posuíaos GONZALO DE CASTRO e outros, morrera Gonzalo e posuíanos os seus herdeiros , e un deles era XOÁN DE PEDREGAL marido da Catarina , filla do Gonzalo, a así teño fe por certo que os dous lugares apeados con separación constitúen un mesmo foro .Omito outras obvias reflexións sobre isto mesmo.
A visita do P. Muñiz practicada perante Xosé Montero en 1601 na que declararon Bartolomeu López do Pedregal e Xoán da Abelleira , levadores deste foral, está a folio 313 e 314. Non habendo como non hai apeo do aforal da Abelleira, un o de 1537 , cecais no foro de Xullán de 1551 se incluira baixo o tíduo de PIÑEIRA DE CASTRO XULLÁN, porque Xoán da Abelleira quizabes se apelidara ao lugar no que vivía , como sucedía frecuentemente naqueles tempos . No apeo de 1577 declara outro Xoán da Abelleira pero distinto do da visita que ao tempo desta noin contaba senón 34 anos -
En 1798 prorrateouse este foral de XULLÁN ou de CASTRO perante MANUEL FERNÁNDEZ DE HERMIDA , polo que omito dar razón dos seus bens e pagadores.
En 1782 a Real Audiencia de Galicia libróu provisión a favor do Real Mosteiro de Samos para apear e prorratear todas as súas facendas , o que foi cometido a Domingos Fernández de Reis ; chegóu a este Mosteiro e o Prelado resistiuse ao parecer a que a executase o requerido , Á fin consentiu niso , e o certo é que o dito recetor desempeñou a comisión con lucimento , porque entendendo en varios apeos varios forais de Freituxe , colocóu a dita apeación entre os papeis de Xullán.
En 18 de abril de 1406 Don Gonzalvo Yanes , Abade de Samos, aforóu a DIEGO ARES e a MARÍA FERNÁNDEZ, a súa muller, veciño do lugar de Reboredo de Toldaos o lugar de XULLÁN EN TOIMIL e o de REBOREDO EN TOLDAOS " e o quiñón do señorío de XULLÁN na pensiónde 28 maravedís , cada maravedí de a oito maravedís en soldo , e 20 maravedís de loitosa ". Deu fe Afonso Ares, notario de Samos polo señor Abade; a escritura en pergameo polos caracteres A.B,.C. coa sinatura do Ilustrísimo Abade.
En 1432 o Señor Don Diego. Abade de Samos, perante Gonçalo Perez . notario de Samos aforoulle a ARES DA CERVELA unha casa en XULLÁN na pensión de dúas galiñas e un azumbre de viño "todo a o obenzal de Freixo. Está en idioma Galego e en pergameo dividido polo A,B,C. . Puxen estes dous pergameos entre os papeis deste foral , porque están cheos de mofo por terense ocultado cando os Franceses invadiron este reino de Galicia e porque os pergameos estando con dobladuras como estaban fanse ilexibles, Estes monumentos débense conservar, que cecáis nos farán falla algún día.
XULLÁN, LUGAR DOS FEÁS
En 1798 prorrateouse este foral polo que se pagan 7 fanegas de centeo, cuxo testemuño existe entre os papeis deste foral dado polo seu executor o escribán Manuel Fernández Hermida. Parce que isto me debía excusar de me dilatar moito, pero non é así , pois créome na precisión de examinar este foro con atención , Comezaréi polos documentos máis antigos coa orde da súa antigüidade.
En 1431 D,. Diego , Abade de Samos, aforóu a GONZALO FERNÁNDEZ DE XULLÁN o lugar de XULLÀN chamado dos FREIXO ( tamén se chamou en lingua patria dos FREIRES ) en pensión de "dous quinteiros de centeo por tega direita de Monforte , e un par de capoes pago a o ovenzal de Freixo. Está sinado de Gonzalo Pèrez, notario de Samos, en pergameo, idioma galego , e dividido por A.B,C . e di que para maior firmeza "vai firmado do nome de Don Afonso Abade do dito monesterio e seelada do seu seelo de cera". Perdeuse o selo e noto como puido asinar don Afonso como Abade sonando don Diego na escritura , e en non sendo qu digamos que foi erro do notario , poderiamos dicir que os ditos Abades non eran perpetuos , pero disto non hai noticia ou que un era auxiliar do outro que disto algo houbo e que un era ex Abade e tería renunciado ; coloqueino entre os papeis deste foral.
Cada quinteiro ao meu parecer eran catro tegas , ou oito ferrados Ovenzales ou Obedenciales , que hoxe chamamos Priores . Os ovenzais destes tempos deberon ter principio dende o ano 1168 no que o venerable D, Xoán, Bispo de Lugo, ex abade de Samos, compuxo as diferenzas que había entre os monxes e o seu sucesor o Abade D, Sancho , pois queixándose aqueles de este pola mala distribución das rendas, e o mal tratamento que lles facía faltándolles na decencia da comida e vestidos , é queixa moi antiga, e común aínda que non sempre ben raziada, o relixioso e prudente D, Xoán por vía de concordia distribuiu os haberes do Mosteiro en tres partes: a unha para o Abade coa obriga de coidar os pobres , peregrinos e hóspedes: a outra para o altar, decencia de ornamentos , reparo da Igrexa ; e a outra para a sustentación da Comunidade, Din algúns que desta distribución tivo orixe a claustra, ou Abades Claustráis e Comendatarios, Mais o certo é que neste Mosteiro non houbo xamais Abade Comendatario, senón que era elixido pola maioría da Comunidade segundo o mamdado pola Bulda do Beato Alexandre III , expedida a este Mosteiro; nin sona haber no sucesivo discordia nesta Comunidade até despois que se uniu á Congregación de San Bieito de Valladolid . Houbo pois Ovenzais das camas, da Mesa do Abade, da Albergaría , da cociña e outras das que non me lembro , das que cecais voltaréia a descorrir novamente.
Aínda que estes puntos de historia non sexan moi concernentes ao intento con todo , como a memoria é fraca, non quero omitilos cando se me ocorren ; como ademáis o fago sobre o Venerable D, Xoán , do que copio o que o o virtuoso e instruido Arquiveiro P. Frei N, Rodríguez escribía en 1610 , quero contalo polas súas formáis palabras " Debaixo da palma vai tratando e analizando armas e insinias deste Mosteiro , hai unha fiestra que por ela entra unha pomba con un anel no pico, e unhas árbores na beira dun río; é tradición antiga nesta Casa., que un Abade dela era irmán, ou moi grande amigo dun Bispo de Lugo , e que o día no que morréu o Bispo estando o Abade dicindo misa entróu unha pomba por unha fiestra da capela maior con un anel que o puxo riba dos corporáis , e que o Abade por este sinal entendéu que o Bispo era morto , e que morrera naquel día e feitas as averiguacións achou que era verdade,
Antes de que se desfixese a capela maior vella reparéi e acho que a pintura do escudo é retrato da fiestra que había na capela e se parece unha á outra Tamén cando toméi o hábito e algúns anos despóis andaba na sancristía unha palma de metal . e tiña nela como unha concavidade coa súa coberteira e facía e sevía de naveta onde se botaba o incenso para incensar no sacrificio da misa, que debía aludir a esta antigüidade da que hai tradición nesta casa ( aqui conclúo )
APEOS
O apeo 1º está a folio 23 , o segundo a folio 30 e o 3º a folio 68, Outro apeo que podemos chamar 4º executado en 1601 polo Sr Monteiro está no libro de apeos de Moreda a folio 598 e un tanto do anterior entre os papeis deste foral .
En 1691 aforaron este lugar perante Monteiro a ELVIRA GONZÁLEZ DA HERMIDA na posesión de catro fanegas de centeo, catro galiñas e catro maravedís de recoñecemento coa condición de executoriala en facendo enaxenacións e está este foro co poder que deu dona Elvira ao seu fillo para recibilo no seu nome entre os papeis deste foral.
En 1609 perante o mesmo Xoán Monteiro reaforouse este lugar a PEDRO GONZÁLEZ DE SEXERIZ en pensión de 14 tegas de centeo postas en Freituxe , baixo as condicións de non enaxenalo a persoa prohibida , e de manter ao monxe que fose apealo ou catro reais e non estaren dous anos arreo sen pagar .Trae demarcados os bens e reférese ao apeo 3º e aforóuselle para evitar os pleitos que se seguían de excutoriar a carta que o Mosteiro gañara contra o dito Pedro e consortes , Están o foro no libro de foros do Mosteiro a folio 164 e a executoria comezada no 1604 e gaña en 1608 contra Pedro González de Sexeriz entre os papeis deste foral.
O P. Rodríguez non está certo se os dous foros son de distintos lugares , mais parece que o primeiro non tivo efecto. Pedro González aínda en 1604 pagaba os dous cuarteiros ( atrás puxen "quinteiros" pero parece ser "cuarteiros" aínda a cifra un e outro pode dicir ) ou as catro fanegas e dúas galiñas de pensión recargada a Elvira González , era de dez fanegas e media e catro galiñas de maneira que non podendo aquela exdecutorialas tivo o Mosteiro que facelo e tendo conseguido todo á súa satisfacción , mirando en que en executar a dita executoria redundaban máis pleitos que eran costosos en razón de benfeituras, reaforóu o lugar en 7 fanegas , perdendo 4 galiñas e tres fanegas e media anuáis nas que excedía o foro de 1601 e isto coa adición de que este se facía en menos do que val a troques de que Elvira poidese costear o litixio. A falla de de tesón e o amilanarse en gastar 3 cando xa se gastaron 30 obrigáronnos varias veces a sucumbir a partido desigual.
COTEXO DOS APEOS , FORO E PRORRATEO RESPECTO DOS BENS DOS QUE CONSTA ESTE LUGAR
Denantes de esntrar nisto noto que no apeo de 1555 din que pagaban ao Mosteiro catro fanegas e dúas galiñas , e ANTONIO RODRÍGUEZ como foreiro principal pagaba tamén ao Mosteiro dez tegas de centeo e unha de trigo e un porco aberto e un bolo de trigo, pero isto último poden ser gananciáis que pagaba a outros, que senón é volve a sospeita de que son lugares distintos e que carecemos de documentos para discernilo, que todo pode ser moi ben,
O apeo 1º aínda que non está autenticado
O apeo 2º e 3º
O apeo 4º
O foro de 1609
Comentarios
Publicar un comentario