CHAQUETÓN . MANUEL DÍAZ GÓMEZ ( 519 )
"CHAQUETÓN " : MANUEL DÍAZ GÓMEZ ( 519 )
Natural de San Martiño de Laiosa ( O Incio ) , fillo de Manuel Díaz Giner e Concepción Gómez Vizcaíno , foi mestre nacional e dono dos Almacéns El Siglo, establecidos na Rúa Maior de Sárria. na Casa Grande ,
Afiliado a Falange Española de las JONS alcanzóu a Xefatura local de Sárria cando se produciu a perda de poder de Mario González Zaera, Xefe Territorial de Galicia, que acabaría sendo condeado a morte nun Consello de Guerra celebrado en León, aínda que este vería conmutada a pena pola de cadea perpetua. , estando preso no penal do Porto de Santa María ( Cádiz ) até , xunto con outros falanxistas fo indultado por Franco.
Manuel Díaz Gómez, como Xefe Local da Falanxe , presentóu na Xefatura Provincial , un amplo escrito de denuncia dirixido contra Mario González Zaera, Eduardo Gómez-Requejo, Luis López López e Manuel Saco Rivera ( ex deputado nas Cortes da República ).
Esas acusacións, asumidas polas autoridades militares, derivaron no Consello de Guerra celebrado en León, que rematou con condeas de morte para González Zaera e Requejo, a absolución de Luis López López e con unha alusión de posibles irregularidades na conducta de Manuel Saco Rivera cunha recomendación de abrir indagacións ao respecto.
O fracaso das imputacións dirixidas por Manuel Díaz Gómez contra "Manolo Saco" fixo nacer nel o desexo de eliminalo físicamente, e máis cando Manuel Saco Rivera , que estivera dende os primeiros tempos do alzamento militar en Salamanca e Burgos ao servizo do Cuartel Xeral , foi relevado das súas funcións e confinado na Casa Saco, a casa familiar , na rúa Maior a carón do Casino,
A presenza na vila do exdeputado caído en desgraza, o coñecemento que este tiña das acusacións que "Chaquetón " lle apuxera e rusmusmús xeral de que Saco sería rehabilitado e chamado para asumir maiores responsabilidades en Burgos, fixeron que temese perder o seu poder e sufrir unha `posible actitude vengativa por parte de aquel., concebindo a idea de elimimalo-
Para iso contou co " Eirexalba" Manuel Castro Castro , natural de Santo Estevo de Eirexalba ( O Incio ) indesexable compoñente da Escadra Negra sarriá, con varias mortes ás súas costas, ao que nomearan garda municipal e co que trazóu o plan conducente a matar a Manuel Saco Rivera.
Sabían que todas as noites o avogado e exdeputado logo da cea botaba horas no parladoiro habitual do Casino e á medianoite deixaba os salóns , saía á rúa , andaba os escasos metros que o separaban da porta da Casa Saco e enteiramente confiado abría e retirábase para durmir.
Fronte da Casa Saco está o Calellón de Lois , estreita vía que por tras das hortas das casas de Cabarcos e Buxán baixa até As Airas, na Pedreira, e constitúe un atallo que vai entremedias dos altos muros e moi escuro.
O labor da eliminación fisica corresponderíalle ao "Eirexalba" que amparado na escuridade da boca do calellón , simplemente teria que disparar contra o confiado Saco Pradeda e consumado o acto sairía con presa correndo cara a Pedreira, e desde ali baixaría até o Cuartel da Garda Civil, para dar parte de que " andando de vixianza noiturna escoitara disparos cara Santa Mariña". En realidade "Chaquetón " tiña dispostos homes da súa confianza agachados tras os muros de peche das hortas coa encomenda de disparar contra o Manuel Castro Castro , co que desaparecido o executor ninguén podería saber as motivacións da morte de Manuel Saco Rivera, que quedaría impune o crime.que , coñecido o historial do " Eirexalba " aparecería a súa morte como un posible axuste de contas .
Emporiso Manuel Castro Castro , cecáis desconfiando do final que para el tecera "Chaquetón" non baixou polo Calellón de Lois, e indo pola Rúa Maior baixou ao Barrio da Estación para "dar o parte " no Cuartel da Garda Civil, onde para a súa sorpresa foi detido, porque unha vez caído diante da porta da súa casa vítima dos disparos Manuel Saco díxolles aos seus amigos que sairan á rúa dende o Casino que non culpasen a ninguén porque el vira que o que fixera os disparos fora o " Eirexalba". E polo teléfono dende o Casino pasáronlle a información á Garda Civil.
Este axiña contóu cal fora o papel xogado polo Xefe Local da Falanxe, e detidos inspirador e executor foron e constituídos en prisión en Lugo, e despois de seren desposeídos da súa condición de falanxistas , foron xulgados con toda presa , e sentenciados á pena de morte o 28 de agosto, foron executados de inmediato, malia a que , polo que parece, os dous reos agardaban que de Burgos viñese Viador ( Xefe Provincial ) cos seus indultos.
Axustizado "Chaquetón" os Almacenes El Siglo foron precintados e decretado o embargo das existenzas de mercancías ali depositadas. Cando se desprecintaron as portas do establemento todo tiña desaparecido ; mobles, vaixelas... todo fora reirado ao amparo da sombra das noites. da clausura do negocio.
A alevosa morte de Manuel Saco Rivera deu lugar ao cesamento do Alcalde e membros da Comisión Xestora do Concello de Sárria , con imposición de fortes multas a todos eles e tamén foi destituido o Xuiz Xosé Vázquez Quiroga,
************************
( 3 de outubro de 1938 )
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción- Sárria.
Rogo a Vde. que con maior urxenza se digne informar a este Xulgado sobre a actuación na contra do Glorioso Movemento Nacional de MANUEL CASTRO E CASTRO e MANUEL DÍAZ GÓMEZ, Garda Municipal o primeiro e Comerciante o segundo, viciños ámbolosdous que foron desta vila e danos causados por eles coa súa intervención ; cuxos suxeitos , por sentenza dictada na praza de Lugo con data 28 de agosto do corrente ano, foron condeados á pena de morte polo delito de " adhesión á rebelión militar ". Deus garde a Vde. moitos anos. Sárria. 3 de outubro de 1938. Terceiro ano triunfal. Pedro García López. SR ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE SÁRRIA.
....................................................................................................................................................................
( 2 de novembro de 1938 )
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción. Sárria.
Recordo a Vde. o cumprimento do oficio que lle foi remitido con data tres de outubro último, reclamando informes referentes a MANUEL DÍAZ GÓMEZ e MANUEL CASTRO E CASTRO sobre oposición dos mesmos ao Glorioso Movemento Nacional e danos causados ao mesmo. Deus garde a Vde. moitos anos.Sárria 2 de novembro de 1938.Terceiro Ano Triunfal. Román López Rubín. SR ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE SÁRRIA.
.........................................................................................................................................................................
( 10 de decembro de 1938 )
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción. Sárria.
Permítome recordarlle a Vde. de novo a remisión a este Xulgado do informe que lle foi reclamado encol a MANUEL CASTRO CASTRO e MANUEL DÍAZ GÓMEZ ( "Chaquetón " ) , con data 3 de outubro do corrente ano , recordado xa , derivado do expediente que co número 6 do corrente ano se segue por este Xulgado por delegación da Comisión Provincial de Incautación de Bens, na contra dos expesados encartados pola súa oposición ao triunfo do Glorioso Movemento Nacional. Deus garde a Vd. moitos anos. Sárria 10 de decembro de 1938.- Terceiro Ano Triunfal.- PO Euxenio Vz.- SR ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE SÁRRIA.
..................................................................................................................................................................
( 16 de decembro de 1938 )
Escrito dirixido por un membro da Xunta Xestora do Concello de Sárria ao Minstro do Interior, do Goberno de Burgas, presentando recurso contra a imposición de multas aos cesados xestores derivada do asasiñato do ex deputado Manuel Saco Rivera.
V.L.V. , maior de idade e veciño de Sárria, provincia de Lugo , con cédula persoal nº XXXX , clase XX da tarifa XX , acode á xustificación da V.E. en recurso de alzada e revisión , contra multa que lle foi imposta polo Excmo. Sr. Gobernador Civil desta provincia , e co respecto e consideración debidos, expón:
En Sesión celebrada `pola Corporación municipal ou Comisión xestora do Concello de Sárria , da que formaba parte o expoñente, con data dez de febreoiro útimo, polo Concellei<ro D. Manuel Díaz Gómez Xefe de Falanxes Espaañola Tradicionalista das JONS, puxose de manifesto á Corporación, que os repetidos intentos de roubo , que entón se viñan mantendo na localidade , facían ianprazable o proveer á necesidade de reforzar a Garda Municipal, principalmente para a vixianza noiturna, cobrindo interinamente as dúas prazas de plantilla que se achaban vagas, e propuxo para desempeñalas a MANUEL CASTRO CASTRO e XULIO ARMESTO, naturáis e veciños do Concello do Incio, alegando que se trataba de persoas de recoñecida adhesión ao Glorioso Movemento Municipal, que colabiraron a el con entusiasmo dende o seu comezo , achándose afiliados a Falanxe Española Tradicionalista das JONS. e a Corporación , na súa vista , acordóu provistar interinamente as dúas prazas vagas de Gardas dtoa Policía Urbana , nomeando para elas aos dous suxeitos expresados.
Máis de seis meses despóis , o MANUEL CASTRO CASTRO cometéu un delicto , como autor do asasiñato de D. MANUEL SACO RIVERA, e iso motivóu que o Excmo Sr. Gobernador civil da Provincia, con fundamento no suposto de neglixencia da Corporación , por deixación dos seus deberes , ao facer o dito nomeamento a favor do Manuel Castro como persoa de malos antecedentes . destituise á Corporación ou Comisión Xestora e sanncionásea con multa de dez mil pesetas a cada un dos seus membros, entre os que se acha o expoñente, debendo responderen delas solidaria e mancomunadamente . todos os compoñentes da Corporación, e interpostos polo expoñente . con outros, dous recursos perante o propio Sr. Gobernador civil , fóronlle notificadas o día nove dos correntes as resolucións dos mesmos rebaixando as múltas e deixando a do expoñente en dúas mil cincocentas pesetas .
Contra a multa expresada , vese o expoñente no caso de interpoñer , perante a Va, Exlza, o presente recurso de alzada e revisión, cuxa procedencia evidencia co que pasa a expoñer.
A serie de feitos lamentables ocorridos en Sárria despóis da iniciación do Glorioso Movemento Nacional,que deron triste celebriadade ao pobo de Sárria e produciron nel enorme malestar , fixeron ver ás Autoridades da Nova España a necesidade de constituir unha Corporación municipal con persoas de indudable ideoloxía dereitista , de orde e apoloiticas , polo que foron chamadas a ela o expoñente e demáis , que non se puideron negar a constituila por patriotismo e por térselles esixido ademáis conminándoos con seren noutro caso samcionados-
Mais o crime expresado, cometido polo Garda MANUEL CASTRO . veu a trastornalo todo, dando lugar a que fora obxecto de destitución fulminante a Corporación expresada e tamén obxecto de sanción con fortes multas a todos os seus membros, o que podera facelas aparecer a ollos do vulgo como indireitamente responsables do crime e de teren traído o estado de cousas, a todo o que eles eran tan alleos.
Non pode en xustiza o expoñente cargas co pagamento de tan grave estigma e por iso vese na necesidade de interpoñer este recurso , confiando na recoñecida xustificación da Va. Exca. , tan en harmonía co espiriutu da Nova España-
Ningunha relación de causa e efecto existe entre o nomea,mento de Garda municipal feito a favor do MANUEL CASTRO e CASTRO e o crime polo mesmo cometido , nin no ánimo deste puido influir para cometelo , o seu nomeamento de Garda , senón naturalmente o contrario , pola maior solvencia e concepto da responsabilidade inherentes ao cargo.
Non cabe estimar neglixencia na Corporación por facer o nomeamento con suposta despreocupación da actuación politica e antecedentes do nomeado , cando aparecían garantidos polo Xefe Local da Falanxe Española Tradicionalista das JONS , a cuxa proposta e informes inmellorables fíxose o nomeamento , presentándoo como persoa de recoñecida adhesión ao Glorioso Movemento Nacional , ao que colaboróu con entusiasmo dende a súa iniciación , achánose afiliado como Militante á Falanxe Española Tradicionalista das JONS .
Tampouco cabe estimar neglixencia no nomeamento dos dous gardas , por razón dos gastos que iso siñificaba co estado da Facenda municipal , porque non se tratóu de creación de novas prazas, senón únicamente de cobrir interinamente dúas vacantes da plantilla da Garda municipal con arranxo ao orzamento , que se estaban sen cobrir había algún tempo, polo pñlan de economías que trazara a Corporación , facíase necesario cubrilas entón por impsición das circunstancias , polos repetidos intentos de roubos que viñeran notándose últimamente na localidade , que facián non adiable o proveer á urxente necesidade de reforzaer a Garda municipal , principalmente para a vixianza noiturna ; e cñlaro está que a necesidade de economías había que harmonizala coa necesidade dos servizos que facía que a ineludibles , como o eran o de que se trata, non poideran quedar desatendidos. O carácter de interinos , dos nomemantos, daba tamén marxe para poder deixalos sen efecto cando as circunstacias o aconsellaran- E reafirma a ncesidade do servizo , a circuntnstancia de que o outro Garda nomeado . Xulio Armesto, continúa actualmente coa nova Corporación e tamén o que a vacante que deixóu o Manuel Castro e Castro , fose coberta agora novamente pola actual corporación con outro suxeito e igual nome e apelidos ( MANUEL CASTRO CASTRO, segundo ).
Por outra parte, dos termos da multa, resulta que a imputación , base da responsabilidade, na que a sanción se funda, se fai á Corporación , sen distinción dos seus membros entre os que interviron e os que non no acto sancionado, e por conseguinte, se a imputación se fai á Corporación , a ela se ten que concretar tamén a sanción sendo polo tanto a propia Corporación a entidade e persoa xurídica mencionada- Por coseguinte , aínda na hipótese da procedencia da imposición da multa á Corporación , non podería exceder a imposta á mesma , ou sexa atodos os ,membros constitutivos da entidade sancinada , do límite máximo de dez mil pesetas establecido pooo Decreto Lei de 16 de febreiro de 1937 ; e aquí resulta que, aínda despóis das erbaixas efectuadas, a suma das impostas a cada un dos membros da Corporación e polo tanto a imposta á entidade sancionada, ascende a dez e oito mil duascentas cincuenta pesetas.
Ademáis , segundo o artigo 4º do dito Decreto Lei , as multas que con arranxo ao mesmo se poden impoñer , han estar necesariamente en relación coa capacidade e o estado económico do infractor e co grao de malicia revelado na trasgresión. E por conseguinte , aínda na hipotese de procedencia da imposición de multa , non habería en que fundar maior grao de malicia nin de capacidade e estado económico no expoñente que nos demáis sancionados , para impoñerlle, como se fai, maior multa ca a case que todos os demáis , mesmo o Alcalde que é o de maior posición.
Por todo iso, a Va Exca. ¨
SUPLICA : que en defintiva se digne estimar o presente recurso . deixando sen efecto totalmente a multa recorrida. ou noutro caso , se ao anterior no houber lugar , rebaixala de maneira que a suma das impostas a todos os membros da Corporación sancionada non pase do límite máximo das dez mil pesetas que á faculdade de imposición dos Gobernadores civís fixa o Decreto Lei de 16 de febreiro de 1927.
Así o agarda da recoñecida xustificación da Va Exca.
Deus salve a España e garde á Va . Exca. moitos anos.
Sárria, para Burgos a dezaséis de decembro de mil novecentos trinta e oito.
TERCEIRO ANO TRIUNFAL
Escmo, Sr.
SAÚDO A FRANCO : ARRIBA ESPAÑA
EXCMO. SR. MINISTRO DO INTERIOR
....................................................................................................................................................................
( 26.12.1938 )
Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción . Sárria.
Rogo a Vde, , de novo, se digne remitir a este Xulgado os informes que se teñen reclamado, relacionados con MANUEL DÍAZ GÓMEZe MANUEL CASTRO CASTRO, para unilos ao expediente que na contra deles se segue pola súa oposición ao triunfo do Glorioso Movemento Nacional, cuxo informe foi interesado en 3 de outubro último e recordado en varias datas, entre elas, a última o 12 do actual. Deus garde a Vde. moitos anos. Sárria 26 de decembro de 1938. Terceiro Ano Triunfal.. Ronán López Rubín. SR ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE SÁRRIA.
( 29.12.1938 )
Concello de Sárria.
Contestando ao seu atento oficio de 3 de outubro do corrente ano, reterado polos de 2 de novembro seguinte e de 10 e 26 do actual mes, con referenza a MANUEL DÍAZ GÓMEZ, comerciante e viciño que foi deta vila, que, no meu cocppeto , se trata dun traidor ao Glorioso Movemento Nacional, pois,. simulando extraordinaria adhesióm e colaboracióm co mesmo, logróu obter a Xefatura Local da Falanxe, en cuxo cargo estremóu todo xénero de actividade na persecución sistemática e sañuda de elementos de dereitas , destacados da dita organziación, xa dende os seus comezos, dos que, sen dúbida , somemte ntemía poidesen chegar co tempo a desenmarcaralo , perdendo o cargo e facéndose merecente da expulsión.
Mal indolado , sen escrúpulos de conciencia. e sen reparar en facer traición á Causa , a súa actuación, desastrosa e temeraria , rematóu no proceso , por virtude do que foi condeado á última pena.
Os danos causados coa súa intervención , ademáis dos naturalmente seguidos da súa inducción ao crime , foron coas súas torpes manobras e sinistros plans , a conseguinte perturbación da paz social nesta vila e comarca, crebando a moral do pobo , tan precisa na retagarda.
Con referenza a MANUEL CASTRO E CASTRO, Garda Urbano que foi deste Concello , trátase , no meu concepto , doutro traidor máis ao Glorioso Movemento Nacional, De pésimos antecedentes persoais anterirores á súa actuación como tal Garda, reputado como temerario, sen cultura nin ideario, eeaínda que enrolado na Falanxe. Instrumento manexable, segundo referenzas, até o soborno , sen moral nin conciencia dos seus propios actos, tan capaz do mal que non reparóu no criime brutal, polo que tamén foi condeado á última pena.
Os danos causados causados coa súa intervención , ademáis das conseguintes ao delito polo que foi penado , son os que se seguiron coa alarma social que provocóu , traicionando, como Falanxista e Garda Urbano ao Movemento Nacional, en parrticular, polo seu emprego e filiación. Deus salve a España e garde á Vª Sª moitos anos. Sárria , 29 de decembro de 1938.O Alcalde . Fernando Taboada . SR XUIZ DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DO PARTIDO DE SÁRRIA
( Fernando Taboada de Zuñiga era curmán politico do asasiñado Manuel Saco Rivera e definiuse xunto cos Xestores por el presididos como pertencente a ideoloxía de "ultradereita" )
********************************
( 8 de abril de 1940 )
XULGADO CIVIL ESPECIAL DE RESPONSABILIDADES POLITICAS .- A CORUÑA
En peza separada seguida neste Xulgado co nº 283 b/. contra MANUEL CASTRO CASTRO , acordei dirixir a Vde. a presente coa fin de que participe a este Xulgado o importe das dúas mensualidades que ese Concello está en deber ao encartado MANUEL CASTRO CASTRO , como Garda municipal , cantidade que deberá quedar retida ao dispor deste Xulgado que sustituiu ao Xulgado de Instrucción de Sárria no expediente seguido contra o dito encartado. Deus garde a Vde. moitos anos , A Coruña , 8 de abril de 1940. O Xuiz Civil Especial. Pedro Luis Sanz Redondo. SR ALCALDE DO CONCELLO DE SÁRRIA ( LUGO ).
( 15 de abril de 1940 )
ALCALDIA DE SÁRRIA ( LUGO )
Cumprimentando o seu atento oficio n 764 , de 8 dos correntes, teño a honra de participarlle a Vª Sª que o Garda da Policía Urbana que foi deste Concello, MANUEL CASTRO CASTRO , encartado, tiña cobrados os seus haberes como tal Garda Urbano até o 30 de xuño de 1938. Na súa consecuencia , este Concello debe por haberes do dito Garda Urbano DUASCENTAS NOVE PESETAS CON CINCUENTA E OITO CÉNTIMOS segundo a seguinte liquidación: Mes de xullo de 1938, a razón de 1.500 pesetas anuais, 31 días: 127,39 pesetas. Do 1º ao 20 de agosto do mesmo ano, 20 días. 82,19 pesetas. Total pesetas: 209,58. Fíxose liquidación até o 20 de agosto inclusive , por ter deixado de prestar os seus servizos o día 21 seguinte. Queda retida ao dispor dese Xulgado, en cumprimento tamén do ordenado, a dita cantidade, na súa consecuencia o expediente seguido na contra do dito encartado. Deus garde á Vª Sª moitos anos. Sárria 15 de abril de 1940. O Alcalde. Ilexible. SEÑOR XUIZ CIVIL ESPECIAL DE RESPONSABILIDADES POLITICAS. A CORUÑA.
*************************
RESPONSABILIDADE IMPUTABLE A MANUEL DÍAZ GÓMEZ
Para a persecución das responsabilidades derivadas do asasiñato de Manuel Saco Rivera seguironse no Xulgado de Primeira Instancia de Sárria actuacións promovidas pola súa nai e herdeira , María Purificación Rivera López, proseguida ao falecemento desta por Xabier Saco Rivera, por el mesmo e como tutor de María das Mercedes Saco Rivera. E o Xulgado acordóu. em execuciòn de sentencia, embargar e sacar a subhasta os seguintes bens:
a.- Propiedade de Manuel Díaz Gómez: Casa Nova de Chaquetón , en San Martiño de Laiosa.
b.- De Concepción Gómez Vizcaíno e Manuel, Amparo e Remedios Díaz Gómez : Participacións na Casa Vella de Chaquetón . con patio e aira e 35 parcelas rústicas.
Comentarios
Publicar un comentario