ESCOLAS DE ENSINO PRIMARIO E ENSINO MEDIO EN SÁRRIA NO SÉCULO XX
ESCOLAS DE ENSINO PRIMARIO E ENSINO MEDIO EN SÁRRIA NO SÉCULO XX
Moitas veces ten xurdido a pregunta de por que na Terra de Sárria ao longo dos séculos houbo tan pouco aprezo polo ensino en particular, e pola cultura en xeral, malia a que houbo institucións como o Mosteiro de Samos, no que se formaron centos de persoas no amor ás letras, sen que se tivese producido unha proxeccíon máis aló dos muros do cenobio, e moito menos aqueles cultivados monxes exercesen un labor cara a formación das xentes que nas aldeas moraban. Deixados da man de Deus , e da de monxes e cregos perceptores de opresivas rendas, a xente do pobo se deprendía os máis elementáis rudimentos de cultura ( escribir, ler, contar ) era grazas aos "mestres de ferrado".
Foi así como a mediados do século XIX as terras entre Neira e Cabe figuran como un grande ermo cultural onde a xeralización do analfabetismo e a incultura deron lugar a que a comarca destacara como un espazo onde os índices de crimes fosen dos máis elevados de Galicia. En Sárria nos orzamentos municipáis fronte a negación de fondos para a creación de escolas había unha crecente aportación de fondos para soster o cárcere do partido xudicial. Pódese sinalar, por exemplo, que incitados por persoeiros da vila chegóu a haber manifestacións "populares" para se opoñer á creación de escolas.
Na vila de Sárria a escola publica, herdeira das antigas Cátedra de Gramática e Escola de Primeiras Letras ( só para nenos ) sostida con fondos municipáis, únicamente se deu a creación dunha escola de nenas.
En 1857 se se lle dera virtualidade á lei de mínimos referida á creación de escolas no Concello de Sárria tería que ter abertas, consonte á súa poboación, catorce escolas de nenos e outras catorce de nenas, e na realidade por décadas só houbo as dúas escolas da vila e tres escolas incompletas nas parroquias rurais ( 49 freguesías ) , Este número viuse incrementado coa fundación dunha escola en Mondín , na parroquia de Santa María de Lier, dotada xenerosamente por Xosé García, emigrante en Madrid que creou este centro e dotouna dun soberbo edificio.
As dúas escolas da vila, a de nenos instalada na traseira da Casa do Concello ( Rúa Maior 1 ), e a de nenas instalada en locais de aluguer en casas da Rúa Maior, foron suprimidas en 1896 cando foron inauguradas as Escolas Publicas no soberbo edificio debido á xenerosidade do filántropo Matías López López, de maneira que Sárria pasóu a contar con unha das mellores instalacións docentes de Galicia.
En 1906 a situación escolar do Concello de Sárria era deprimente , e só sobre o papel se podía falar de Distritos Escolares, porque a situación seguía a ser a mesma que a das décadas fináis do século XIX.
Vexamos a orfandade na que se movía o Concello de Sárria sen que os sucesivos concellos apostasen pola creación de novas aulas e pola súa dotación, sendo constantes os incumprimentos das súas obrigas tanto con relación aos mestres e ás súas moradas, como polo que correspondía a mobiliario e mantemento e limpeza das salas inhóspitas que o concello alugaba en casas das aldeas agraciadas coa ubicación, cambiante e itinerantes, suxeita ás veleidades politicas e de favoritismo interesado.
Distritos Escolares ( 1906 )
DISTRITO I.- Parroquias de Goián, San Miguel de Vilapedre e San Fiz de Vilapedre. Contaba con unha escola "incompleta" en TREMEADO , e o mestre tamén dada clases para adultos-
DISTRITO II.- Parroquias de Santa María de Vilar , Lousadela e Santiago da Veiga. Non había escola.
DISTRITO III.- Parroquias de Frades, Arxemil, Betote , Requeixo e San Salvador do Mato. Non había escola..
DISTRITO IV.- Parroquias de San Xulián da Veiga, Rubín, Ferreiros, Corvelle, Santo Antolin e San Martiño de Louseiro. Non había escola.
DISTRITO V.- Parroquias de Calvor, Lier e Castelo dos Infantes. Non había escola pública. Habí a escola de fundación de MONDÍN, dotada económicamente polo fundador e sometida ao control da Xunta de Padroado e do Bispo de Lugo..
DISTRITO VI.- Parroquias de San Salvador da Pinza, Biville, Belante , Meixente e Santo André de Paradela. Non había escola.
DISTRITO VII.- Parroquia de Santiago de Barbadelo. Había unha escola "incompleta " en RENTE.
DISTRITO VIII.- Parroquias de Reimóndez, Cesár e Albán, Non había escola.
DISTRITO IX.- Parroquias de San Pedro de Froiá, San Mamede da Chanca e Albán. Non había escola.
DISTRITO X.- Parroquias de Santa María de Vilamaior e Santiago de Nespereira. Non había escola.
DISTRITO XI.- Parroquias de San Sadurniño de Froián e San Xulián de Chorente., Non había escola.
DISTRITO XII.- Parroquias de San Salvador da Pena, Santa María da Pena, Santo Estevo do Mato e San Martiño de Loureiro. Había unha escola " incompleta " en FONTELA.
DISTRITO DE SÁRRIA.- Parroquias de San Salvador de Sárria, Santa Mariña de Sárria, Santiago de Farbán, San Salvador de Vilar de Sárria , San Martiño do Fontao, San Xoán de Fafián e San Mamede do Camiño. No edifcio das Escolas Publicas había unha ESCOLA DE NENOS ( con mestre titular e auxiliar ) e unha ESCOLA DE NENAS.
As escolas da vila contaban cun moderno equipamento de material docente, debido ás cosntantes atencións dos herdeiros de Matías López, que daban axudas para os alumnos de familias pobres e anualmente concedían premios para os máis avantaxados.
Só no tempo da Ditadura de Primo de Rivera, máis polo interese amosado por veciños e cregos do medio rural, comezóu a creación de escolas no medio rural, que saltóu en grande número coa chegada da II República. A acción de creación de edificios escolares promovida pola SOCIEDAD HIJOS DEL DISTRITO DE SÁRRIA EN LA HABANA deu lugar á construción de edificios "ad hoc " en Santiago da Veiga, San Martiño de Louseiro , San Sadurniño de Ferreiros e Lavandeira ( San Miguel de Biville ). O seu exemplo foi seguido polo pàrroco de Meixente, Pedro Páramo, que coa axuda dos viciños promoveu a escola da súa parroquia e o médico alienista Ricardo Núñez Rodríguez, quen alzóu o edificio pola súa conta e púxoo ao dispor do Concello de Sárria, en módico aluguer, que foi condonando. En San Martiño de Loureiro a liorta entre viciños por mor do emprazamento da creada escola deu lugar a dous edificios - para cada súa escola- en Loureiro e Castelo de Loureiro costeadas polos viciños,
Entre 1910 e 1928 as Relixiosas Mercedarias mantiveron aberta unha escola "para nenas e señoritas " no Convento da súa propiedade ubicado na rúa Matías López, nos números 12-14. E na mesma rúa estivo a Escola de Montserrat ( privada ).
Houbo unha proliferación de escolas privadas. "pasantías " , "academias "... que viñeron a suplir a escasa dotación de escolas públicas na vila, malia ao desdobramento que deu nacemento ás escolas de Neno Nº e Nº 2 , e de Nenas nº 1 e Nª 2 , dividindo as dúas aulas que había nos lateráis con tabiques,
No lugar de Barreiros, parroquia de Santa María de Ortoá, foi creada polo industrial Antonio Fernández ( Familia de Antón de Marcos) unha escola complementada con aspectos de ensino agrario-
Promovidas polos relixiosos do Convento a Mercé, encargados da parroquia de San Salvador de Sárria, baixo o réxime de padroado creáronse na década de 1950 as escolas Divino Salvador ( na Rúa Rosalia de Castro 5 ) e do Mazadoiro ( no treito final da Rúa Matías López ).
Para atender aos fillos dos traballadores da Factoría de Cementos do Oural, tamén baixo o réxime de padroado, crearon unha escola de nenos e unha de nenos .
Promovidas por acción estatal, con aportacións do Concello e dos veciños, con doazón dos terreos necesarios na maior parte dos casos, entre 1955 e 1965 alzáronse casas-escola en varias parroquias do medio rural para acoller escolas unitarias ou mixtas: Vilamaior, Santo André de Paradela, A Pinza, Goiá, Arxemil, San Miguel de Vilapedre, Santa María de Vilar, Arxemil, Betote. Barbadelo, Corvelle, Manán, Calvor, Vilar de Sárria. Farbán, Fontao , Callás, Fontela , San Pedro de Froián..... Escolas que , xunto coas que seguían abertas en casas particulares foron sumpimidas cando se produciu a concentración escolar en Sárria e no Oural.,
O ENSINO MEDIO EN SÁRRIA
Don Justo, Galicia, SADEL ,,,,, deron paso a partires de 1940 a Juliálvarez, Telégrafos, Balmes , Comercial, Felipe II e Rosalía de Castro prepararon para exames " por libre" para os Bacharelatos,C omerzo e estudos de Maxisterio e tamén ofrecían clases de ensino primario.
Comentarios
Publicar un comentario