ANDRES PIQUERO CABRERO, DIRECTOR DA BANDA DE MÚSICA SÁRRIA
ANDRÉS PIQUERO CABRERO.- DIRECTOR DA BANDA DE MÚSICA DE SÁRRIA
Nacéu o día 4 de febreiro de 1906 na localidade de El Tiemblo ( Ávila ).
Comeza os seus estudos musicáis aos nove anos . ingresando como educando na Academia de Intendencia de Ävila. Estuda Harmonía, Trompa, Solfeo. Contrapunto, Fuga , Composición , Instrumentación, Transcripción , Formas Musicáis e Historia da Música . baixo a benéfica influencia dos profesores Don Román de San José e Don Emilio Vega, entre outros-
Aproba a oposición para Direitores de Bandas de Música Civís e deixa a carreira militar.
Asenta en Sárria . onde goza de xeral aprecio dos seus habitantes . dirixindo a Banda Municipal durante uns dez anos.
Aquí crea as obras " LA SARRIANA ". "LA UNIÓN " E " SALUDO A SÁRRIA " e rapsodias ( "FOLLAS NOVAS" e " LA PERAL DE GALICIA ", alboradas e muiñeiras (" O PADRIÑO" ,"QUEIXUMES DOS PINOS".
Os ensaios da Banda de Música e as clases para nenos e rapaces fanse no soto do que fora o Cárcere Vello ( e antes Escola de Primeiras Letras ), na traseira do Xulgado de Primeira Instancia ( Rúa da Mercé ), onde as portas conservaban os cerrollos e reixiñas de control, todo nun ambiente húmido e tétrico. pero a boa vontade do direitor e os músicos suplia esas deficiencias.
Baixo da súa direición a Banda de Música sarriá alcanzóu notable suceso. As súas actuacións e concertos polo San Xoán, Os Remedios e o Corpus, no Cinema Cissa. na Praza de Xoán María López e nas procisión gozaron de xeral aplauso, o mesmo cas saídas a Lugo, vilas e parroquias da provincia chamada para amenizar festas e romaxes.
E cando o Concello, co pretexto de facer economías, decidiu retirar os fondos que adicada á dotación da praza de direitor e gastos anexos ao mantemento da agrupación , o Mestre Piquero deixóu a vila de Sárria na percura de novos horizontes para o seu bonfacer profesional
No tempo que permanecéu a familia Piquero en Sárria , sufriu a perda dunha filla de pouca idade.
De Sárria pasóu a Ávila , onde dirixe dazaoito anos a Banda de Música desa cidade até que se xubila e é disolta a agrupación musical. Con anterioridade funda e dirixe unha banda en El Barraco ( Ávila ).
Pouco despóis de xubilado toma a direición da Banda de Música do seu pobo nadal , permanecendo á súa fronte entre os anos 1974 a 1988.
Autor de máis de 350 pezas musicáis , recibe en San Fernando ( Cádiz ) . no ano 1982, o PREMIO NACIONAL DE MARCHAS PROCESIONÁIS e coa obra " ¡ Misericordia, Señor ! " e con "Armada Española" concédenlle o PREMIO ESPECIAL NO CONCURSO DE MARCHAS MILITARES, celebrado no ano 1983 no Teatro Real, de Madrid.
Fortemente vencellado a Sárria , onde conservóu non só a amizade dos que foron discípulos e amigos seus, senón a veneración de tódolos afeizoados á Musica, para quen foi unha referenza case mitica..
O Mestre Piquero , cuxa marcha de Sárria , pola desidia municipal, fóra un forte golpe para a supervivencia das actividades e dos estudos musicáis na vila , cando se recuperóu a agrupación en Sárria, tomando por base aos entusiastas musicos " Os Ameneirizas " que mantivera aceso o lume musical, contóu en ocasións coa direición en concertos a cargo do Mestre Piquero , que pasóu períodos vacacionáis na vila .
O 19 de novemnbro de 1995 o Concello de Ávila adicoulle unha rúa da cidade e fíxoo obxecto dunha mutitudinaria homenaxe co motivo da súa cesión de toda a súa obra músical aos músicos do mundo, facendo depositario dela ao Excmo. Ayutamiento de Ávila.
O Concello de Sárria deulle o nome de RÚA MESTRE PIQUERO á "Viela do Barredo", que une a Rúa Marqués de Ugena coa Rúa Frei Luis de Granada, na que está o antigo "Cinema Cissa ", no que se fixera a presentación oficial da Banda Municipal de Sárria dirixida por vez primeira por este grande músico.
Don Andrés Piquero Cabrero falecéu en 1997.
.......................................................................................................................................................................
SÁRRIA E O MESTRE PIQUERO
DON ANDRÉS PIQUERO CABRERO depuróu e aquilatóu a actividade musical en Sárria. Eran tempos duros ( os ensaios facíanse no Cárcere Vello ) , mais a súa entrega , e a ilusión que soubo facer prender nos seus educandos deixaron semente.
A actual Banda de Música non é senón o resultado lóxico daquela loita dos anos cincuenta,
O Mestre Piquero ocupa un posto de honra na actividade musical da nosa vila.
......................................................................................................................................................................
HOMENAXE DO POBO DE SÁRRIA A DON ANDRÉS PIQUERO CABRERO
Homenaxe a D. Andrés Piquero Cabrero , músico de profesión e vocación, ,director de Bandas . arreglista, compositor e profesor.- CONCELLO DE SÁRRIA- Delegación de Cultura . 21 de setembro de 1996.
PROGRAMACIÓN
21 de setembro de 1996
8:30 da tarde : Concerto da Banda de Música de Sárria na igrexa de Santa Mariña.
PROGRAMA
"Ponteareas ", pasoble galego.- R. Soutullo
" A carricoba ", alborada galega
"Agüero", pasodoble taurino- José Franco
" La leyenda del beso", Soutullo y Vert
" Pepita Greus", pasodoble concerto. Pascual Pérez Choví.
"Churumbelerías ", pasodoble, Emilio Cebrián Ruiz
"The Wooden Devils ", Harm Evers
" Saludo Sárria", Mestre Piquero
Dirixe: José Antonio González
10:00 da noite: CEA HOMENAXE no Hotel Alfonso IX ( Rúa do Peregrino )
.................................................................................................................................................
A BANDA DE MUSICA DE SÁRRIA
Cara 1880 Francisco Saco, Pedro Yebra e Florentino crean unha pequena agrupación musical, que tivo continuidade con outra xurdida en Farbán baixo o impulso de "Chaqueta Branca " . Don Marcial, Manuel Arias , "Barrido" e Xesús da Carretera.
Xorden máis adiante unha nova banda en Vilapedre e a "Unión Musical Armónica " dirixida por José Antonio González ,
En 1950 , sendo alcalde Gayoso, acordóuse que o Concello se fixese cargo dunha banda, agrupandose nela os compoñentes da de Sárria , Farbán e Vilapedre- Vilar.
Con Don Andrés Piquero como director alcanzóu a banda o seu esplendor.Marchóu en 1958 éste para ä Ávila e a Banda de Sárria desfíxose en 1961, falla de axuda concellil, aínda que os seus compoñentes seguiron matendo o lume do seu amor pola música na agrupación informal " Os Ameneirizas ".
En 1979 , con tutela do Concello, e o apoio da Asociación de Amigos da Banda de Música de Sárria . refaise a Banda baixo a dirección do Mestre Méndez. ó que lle seguen García Rey, Gato Soengas e González Rodríguez.
Hoxe a Banda e a Escola de Música son dúas gozosas realidades en Sárria, e xente nova mantén a tradición xa secular de que Sárrie conte cunha Banda de Música.
( Datos tomados de "Apuntes da Historia Musical de Sárria", de Xesús García Bernardo )
....................................................................................................................................................................
A Delegación de Cultura do Concello de Sárria , editóu un folleto con ocasión da Homenaxe a Don Andrés Piquero Cabrero, no que figura a partitura de SALUDO A SÁRRIA , adicada á Banda de Sárria.
...........................................................................................................................................................................
ALGUNHAS OBRAS MUSICÁIS DO MESTRE PIQUERO
" Himno del Tiemblo" .- " Aires tembleños".- " Baila Niceta".- "El piñón, el piñón ".- "Estampas andaluzas ".- "Excitada ".- " La peor para subir".- " Mamá yenka".- " Memorias de Alcahete .- "Palmas al mayoral".- "Salta la yenka".- " Valle Tiétar ".- " Bailando el...".- "Hay , con cha ".- " Madre Santa".- "Pipote".- "Tuku".- "Baila el mambo" -mambo-rumba.- " Capricho" para saxofón contralto .- " Contigo quiero vivir "beat moderado.- Cuevas del Águila" María del Rocío :- "Después de un año", fox medio tiempo.- "Garrotín en cha"- cha.cha.cha,. " No tienes otro rival", bolero,- "Para el Señor ", gran marcha de procesión.- " Soy muñeca". fox medio tiempo.-
.......................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario