MARAGATOS EN SARRIA

                                            MARAGATOS EN SÁRRIA

OS MARAGATOS  eran comerciantes ambulantes procedentes da Maragatería ( Astorga )  que con reas de machos   facían trafego  de diversos produtos.

 Na Terra de Sárria seguían o Camiño de Santiago entre O Cebreiro e Portomarín, o Camiño Francés de Viduedo a Lugo, o Camiño de Monforte de Lemos  a Asturias,  o Camiño de Lugo a Monforte pola Ponte de Neira e o Camiño de Monforte de Lemos á Fonfría por Foilebar. A súa presenza  nas feiras e mercados  facilitaba a  circulación de teas , peixes curados, ferramentas, gra, libros e todo xénero de mercancías entre Castela e os portos galegos e dende estes en direción a Castela e Madrid,

A apertura da estrada de Madrid á Coruña   no reinado de Carlos III  fixo mudar as rutas tradicionáis  que pouco a pouco deixaron de ser seguidas por eles.  Do paso daqueles sacrificacos arrieiros quedóu lembranza na denominación " Camiño dos Maragatos" que aínda se conserva en  diferentes lugares de Galicia,

O paso dos maragatos  pola Terra de Sárria  traendo  produtos  de Castela e Galicia  e  levando outros de Galicia cara Castela  foi moi activo até a chegada do ferrocarril a Sárria ( 1880 dende A Coruña  e en 1882 dende Madrid ), e mantívose   aínda ben entrado o século XX.

Darredor dos anos  1950/ 1955 aínda se vían  polas aldeas " maragatos" que vendían teas que portaban a lombo de machos.  E rexístrase algún incidente con paisáns  que despois de cortar algún corte de traxe, volvíanse atrás da merca feita , e nesmo organizaron sonadas  liortas  para que lles devolvesen os cartos.

O seu trafego debía ser moi activo porque en 1761, na parroquia de Santo Estevo de Calvor ( que era da Xurisdición de Sárria ) , sete quilómetros antes de chegar a Sárria  vindo de Castela, o contino paso dos maragatos e arrieiros  reflectíase  na existenza, en pleno Camiño de Santiago.das seguintes  actividades , que proban  ben como o vello camiño  das peregrinaciós  seguía  ben vivo ;

                                        TABERNAS  ( propiedade do Común da freguesía )

Taberna de Pintín. Arrendada a Xoán González.  Taberna da Aguiada : Arrendada a  Francisco Veiga

POUSADAS  DE MARAGATOS E ARRIEIROS: 

1.- Manuel García, utilidade 200 reais en cada un ano.

2.-  Antonio López, utilidade  60 reais

3.- Domingos Valcárcel, utilidade 60 reais

4.- Xulián García, utilidade 60 reais

5.- Manuel López Pena, utilidade 60 reais

6.- Gaspar López Somoza, utilidade 110 reais.

7.- Xoán González ( en Barxa, no Camiño de  Monforte de Lemos a Asturias ), utilidade 40 reais

8.- Xosé Caramés, utilidade 120 reais.

9.-  Xoán González ( de Perros, no Camiño de Monforte de Lemos a Asturias ), utilidade 20 reais.

TENDEIRO:  Xosé López, " Trata en panos  grosos, baetas, sempiternas, satín e outras teas, todas de fábrica, que lle veñen polo seu porte, sen que teña cabalerías para conducilas,  e tamén trata  en peixe curado, aceitem moscovias e xabrón, Utilidade : 550 reais de veludo.

( Tiña unha tenda moi ben surtida e con máis vendas e beneficios ca que había en Sárria  )- Resulta evidente que os xéneros que vendía eran traídos dende Astorga, Béjar, Palencia ou Segovia por maragatos e arrieiros,

FERREIRO.- Xoán González, de Barxa,  utilidade 50 reais.

ZAPATEIRO.- Xosé Rubio, utilidade  75  reais.

FERRADOR.-  Antonio López Santín, utilidade 60 reais.

( Estas tres últimas  actividades facilitaban  a reposición de pezas por parte de viaxeiros e traficantes.

SÉCULO XVIII.. Pleito  por desmos entre o Cura de San Salvador de Sárria  e o Mosteiro de Santa María Madalena, dos Agostiños de Sárria,

Neste pleito  quedóu probado que o camiño existente  entre a lonxa do mosteiro  e a Cortiña do Pombal ( actual Cemiterio Municipal ) era transitado por peregrinos m maragatos, traxinantes, alugados da sega, milicianos e tratantes de mulas  que de Andalucía e Murcia viñan a mercalas na Terra de Santiago.

A finais do século XVIII  na feira de Santiago  de Sáa do Páramo  os arrieiros, e polo tanto os maragatos . offrecían os seus xéneros , e o mesmo facían  especialmente nas feiras da Esfarrapa ( en Santiago de Cedrón, hoxe do Concello de Láncara ) e na da vila de Triacastela.

RELOXO PUBLICO DE SÁRRIA.- Polo estado de contas de 1806 / 1809  sabemos  que o Rexemento  da Vila en 26.04.1806 entregóu " 45 reais ao maragato  que truxo a corda  " para o reloxo  instalado na torre que había a carón da igrexa románica de Santa Mariña.

Na parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria  hai unha casa  e familia  que son coñecidos como CASA DO MARAGATO. Tamén leva ese nome unha casa da Pobra de San Xiao.

Coa chegada do ferrocarril  non se deu aquí asentamento de familias maragatas exercentes de comerzo no ensanche da vila. En Sárria establecéronse  comerciantes procedentes de Teruel ( Zaera ) , País Vasco Francés ( Sarry ). Bembibre, Os Oscos e Terra de Campos .  Comerciantes procedentes de freguesías sarriás  foron  os titulares de Casa Marzán ( Gayoso )  e Casa Vento ( Sánchez ) aos que se enadiron os Carreira, Arango, Prado... establecidos beira das " estradas novas.

Ese crecemento das  tendas e almacéns na vila fixo que a actividade dos maragatos  quedase reducida a recorrer camiños e congostras   coa súa actividade  ambulante, que aínda se mantivo por décadas.

UNHA NOTA ETNOGRÁFICA.-    En San Miguel de Vidueira ( Manzaneda- Ourense )  onde eu vivín de neno, para apandar no xogo do escondite, diciamos para ver a quen lle tocaba librar:

"Maragato, pito pato, rabo de cincha, cando o galo canta maragato rincha"

s

Comentarios

Publicacións populares