A CRUZ MAGNA DE SAMOS
ROUBO SACRÍLEGO EN SAMOS ( 1873 )
A "CRUZ MAGNA" E OUTRAS ALFAIAS
Xaime Félix López Arias
150 anos despois de que persoas descoñecidas entrasen na sancristía da antiga igrexa do Mosteiro, naquel tempo convertida en parroquial de Santa Xertrude de Samos, podemos sonalar con toda claridade os obxectos litúrxicos e alfaias que na noite do 24 de xaneiro de 1873 foron roubados, sen que se teña sabido nunca quen foron os autores e a onde foi parar o froito desa acción deliectiva,
Por fin, a percura de datos relativos a este feito, grazas á agora posible consulta dos fondos do Boletín Oficial da Provincia de Ligo, ofrecidos á curiosidade xeral por GALICIANA, puiden achar no número 20 correspondente ao 15 de febreiro de 1873 a seguinte requsitoria xudicial dada polo xuiz municipal . Manuel Rivera Macía, que actuaba sustituindo ao titular do Xulgado de Primeira Instancia de Sárria, ausente da vila por licenza.
Agora, como primicia, ofrezo estes datos para coñece,ento de investigadores e persoas interesadas na historia do mosteiro samonense , dando así total precisión ao número de pezas desaparecidas e correcta fixación da data na que acontecéu o roubo, corrixindo a vaguedade e imprecisión dos datos até dagora publicados:
" Xulgado de Primeira Instancia de Sárria : No nome da Súa Maxestade Don Amadeo I, pola graza de Deus e a vontade naciona,l, Rei de España: O Xuiz de Primeira Ibnstancia de Sárria, Exhorta ás autoridades e individuos da policía xudicial , se servan practicaren as dilixenzas necesarias para descobriren o paradoiro das alfaias roubadas na igrexa do mosteiro de Samos, na noite do 24 do corrente que a continuación se expresan detendo ás persoas en cuxo poder se achen e poñendo aquelas e estas ao meu dispor:
Un cálice de prata cicelado, a súa copa dourada coa inscrición darredor do pé "Isabel II al Rey de Reyes", peso 30 onzas, novo ; a súa patena e culleriña tamén de prata dourada , peso 3 onzas .- Outro cálice liso m, tamén de prata, patena e culleriña, construción antigo, peso todo, 30 onzas,. Outro cálice e patena, liso, feitura antiga , de prata, de 25 onzas.- Un pratiño e viñaxeiras de prata, sen cubrición nin inscrición, peso 10 onzas.- Unha cruz grande nomeada "A MAGNA", de aniquísima construción, de prata e falas pedras , tendo en letras góticas a inscrición " O abade Brandila regala este signo aos moxes de Samos ".O peso será de 2 libras .- Outra cruz de prata, parroquiual, pequena, Sen inscrición, cun crucifixo nun lado e do outro Santa Xertrude, estas efixies douradas, o seu peso 2 librasa e media.- Un botafumeiro de prta de bon tamaño, ciceladso, peso 38 onza.- Un viril grande, A súa árbore de cobre, dourado a fogo, o seu disco de prata con pedras falsas, o seu peso total será de b8n libras, das que 5 son de prata.- 3 crismeiras de prta, cuxo peso total serán 10 onzas.- 1 relicario para administrar o Santo Viático, de prata dourada, peso 3 onzas.-1 coroa da Virxe, de prata cicelada e de gusto, peso 8 onzas.- E uns pendentes de prata , dourados, ordinarios e de feitura vulgar, peso media onza....Dado en Sárria a 29 de Xaneiro de 1873,. Manurl Rivera,. De orde da Sª Sª ",
A recuperación deste documento ven a dar luz a un episodio ao que Maximino Arias Cuenllas ( OSB ) se refire no seu libro "Historia del Real Monasterio de Samos ", e no que entendo seguiu as fontes ou o publicadso por M. Castro, no seu traballo "Un Monasterio Gallego" , editado no "oletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense" ( Setembro / Outubro de 1912, Nº 86 ).
Na páxina 111 da obra do monxe samonense M. Arias Cuenllas lemos "..... Como apuntabamos ao comezo do seu abadiato, o abade Brandila é famoso pola cruz de prata que lle doou ao mosteiro e que figura no primeiro cuartel do escudo da abadía, tan celebrado. lemos nun manuscrito do século XVIII - polos moitos miragres que é fama que se experimentaban, especialmente en todos os que padecen hinchumes da gorxa, e até hoxe dura a devoción , Todos os venres do mes de marzo sácase en procisión e concorre moita xente das aldeas da contorna".
Outro manuscrito dá detalles da súa feitura dicindo " é de madeira coberta de chapa de prata filigranada e sementada de pedras en disposición de se asegurar e se introducir en vara como a de hoxe " E enade que a procisión dos venres da Coresma faise polo claustro alto cantando o "Vexilla regis". Tiña grabado no amverso a inscrición : " In nomine Domini nostri Iesus Christi, ob honore sancti Iuliani atque Basilisse virginos, offert famulus Dei Brandilanus et socii eis hoc signum crucis ". No brazo inferior, por tras dun vidor colorado e riba dun papel estaban cruzadas dúas esteliñas do "lignum crucius". Tan preciada soia foi roubada en 1689 ( sic ), sen que se poidese saber o seu paradoiro".
E na pàxina 405 enade_ " Roubo de alfaias..... perpetrouse na igrexa mosteiral un roubo sacrílego. Foi no mes de maio de 1869 ( sic ).Varias alfaias dela coa complicidade, seguno o rusmusmús publico, dun criado do cura de entón, don Manuel Marái Ariqw. Entre as ditas alfaias estaba a cruz chamada do abade Breabndila, do século XI, Era de parta , estaba adornada de pedras preciosas e contiña dous anaquiños do "Lignum Crucis". Fora doada pola abade Brandila, que gobernóu o mosteiro dende o ano 1061 até o 1076.
Coñecida como "Cruz Magna", " Cruz de SAamos " e "Cruz do Abade Brandila" foi estudada por don Antonio López Ferreiro, a quen se debe a publicación dos deseños dos seus anverso e reverso .
Para este estudo e contacto diretio é máis que probable que López Ferreiro estivese no Mosteiro d Samos, pois o seu pai nacera na parroquia de Santo Estevo de Calor e coa ocasión dalgunha visita á casa dos seus avós no lugar de Pintiín non desaproveitaría a ocasión de se achegar a Samos onde examinaría detidamente a "Cruz Magna" , xoia medieval presente no escudo da Abadía e tamén nas armas do Concello de Samos<
É polo tanto incerto , coinmo xa teño publicado hai tempo, que o coñece ento da cruz samonense doada por Brandiula e o estudo feito por López Ferreiro tivesen lugar en Santiago con posteriridade ao roubo, como errónemante suxiren algúns publicistas, pois, con toda seguridade o coengo e historiador compostelán tívo a vista de ollos e nas súas mans na sancristía mosteiral.
Sería impensable que coñecendo a súa procednecia e téndoa nas súas mans para facer os debuxos por el publicados permitise que o froito de tan sinalado roubo non dese lugar a unha inmediata recuperación e restitución ao seu lugar de orixe.
As réplicas da "Cruz Magna" que figuran na igrexa , nio altar principal de Samos e no relicario da sancristía permiten , xunto con facer honra á memoria ao abade Brandila, " pai de moitos monxes " , que poidamos ter unha lixeira idea da importancia e a significación dunha alfaia tan sinalada.
A cobiza de quen fixeron o roubo sacrílego, e daqueles que o inspiraron e del se beneficiaron, privou ao Mosteirio Samonenese e a Galicia dunha peza representativa do que o cenobio representóu e aínda representa no panorama relixioso, social e cultural do Reino de Galicia.
Comentarios
Publicar un comentario