BOLETÍN DE INFORMACIÓN MUNICIPAL: SÁRRIA ( 1944 )

                                        BOLETÍN DE INFORMACIÓN MUNICIPAL

                                                  CONCELLO DE SÁRRIA

No ano 1944  o alcalde presidente da Comisión Xestora do Concello de Sárria  botóu á rúa  unha publicación tiduada Boletín de  Información Municipal .  Tiña un forte contido doctrinal  falanxista , e só trataba algúns temas  municipáis  ou locáis.

                                             ................................................

Nº 3 , Extraordinario .-  Sárria, xuño de 1944.  Festividade de San Xoán Bautista .Ano I. Contido:

Páxinas 1  e 2.- O Municipio.

Páxina 3.- Festas Patronáis de  San Xoán Bautista . Sárria. 1944 .Programa Oficial. Día 23.- Äs sete da tarde, anuncio do comezo dos festexos coas Bandas de Mussica e salvas de bombas. Ás 11 da noite, Grande Verbena  e sesión de xogos de aire e praza. Día 24 : Dianas, Misa Solemne, Sermón , Procisión e Concerto. Ás 5 da tarde , partido de fútbol . Ás  7, probas  ciclistas infantís, A continuación , festa con xogos infantís. Ás 11, segunda Verbena e sesión de fogos. Día 25.- Dianas. äs 11. proba  ciclista, festa campestre  en "As Insuas ", Ás 11, Grande Verbena, Día 26.- Dianas, ä 1, carreiras de fitas, pedestres, de sacos e cucañas. Á 1 , concerto de música  galega. Ás 5, pasarrúas polas Bandas, Ás 8, concerto e festa, Ás 11, última Grande Verbena e sesión de fogos. 

Bandas de Música :Municipal de Ourense. Lira de Ribadavia, Musical  Sarriana  , Gaiteiros de Redondela. Fogos artificiáis:  Casa  Sanz de Zaragoza e Álvarez de Monforte.  Alumeado en altofalantes:  Casa Romero de Pontevedra  e Radio Gómez da Coruña , respectivamente. Propaganda: Arte Publicidad  de A Coruña e Casa Severino de Sárria. Organización: Comisión Oficial de Festas.  Festexos: Misa, sermón, procisión , Verbenas, Concertos, Festiváis   deportivos, infantís, etc.  

Comisión : Presidente:  D. Manuel López López, Alcalde. Segredario: D, Leopoldo López Rodríguez, Primeiro Tenente de Alcalde. Vogáis: D. Matías Loureiro, pola  industria e comerzo ; D. Xosé Pedrero Gallego, por " A Unión", D. Xabier López López, pola Unión Deportiva Sarrian

Páxina 4.- Sárria

Páxina  5.-  Refraneiro (  5 en castelán  e 3  en galego. "  No mes de San Xoán máis queixo que pan". "  Maio pardo  e San Xoán craro , valen mías que os teus bois e o teu carro".  " Por San Xoán  , cóttalle unha  raíz  ao pan; polo San Pedro a do medio, e en Santiago a do cabo". Fotografías do exterior do Convento dos PP Mercedarios e detalle de dúas portas.

Páxina 6.- Lendas e tradicións de San Xoán.

Páxina 7.-  Evanxello; San Lucas I, 5-17. Evanxello : San Lucas  I, 57-68.

P.axinas 8 e 9.-Páxinas de Divulgación: Agricultura.- Gandaría: A limpeza das vacas leiteiras.- Coñecementos útiles: O enranciado das manteigas. Disposicións oficiáis:  Desahucios de fincas rústica.- O prezo da pataca de consumo.

Páxina 10.- Comisión Xestora, Orzamento de Gastos, Ano 1944. Capitulo 1º.- Obrigas xeráis.

1.- 1.-Censos estipendio para 11 misas , carga anual da Obra Pía (  11,00 pesetas ); 2.-1.-  Pensións aos herdeiros  de D, Santiago Sarry Valcárcel, Segredario que foi deste Concello ( 1.750,00 pesetas ). 2.-2.-  A dona Elena  Pérez Peñamaría Saco, orfa do Oficial Maior que foi deste Concello, D, Pedro Pérez Peñamaría López ( m500 pesetas) 2.-2.- A dona María Juiz Vázquez ,  viuva do   Oficial 3º que foi deste  Concello , D. Ramón Mourelo de Bastida   ( 500 pesetas ). 2.-4.- S don Xosé López Limeresm Oficial 3º  que foi deste Concello , como asignación  voluntaria do 40 %  do seu soldo ao causar  baixa por inutilidade ( 1.100 pesetas ). 3.-1.- Creto Municipal .Para paga,mento de mxuros e autorización de empréstimos que se concerten ( 50.000 pesetas ). 4.- 1.- Cretos recoñecidos. Para cretos que poidan recoñecerse ( 2.000 pesetas ).  5.-1.- Litixios, Para atender a gastos de litixios que se poidan soster  ( 500 pesetas ). 6.- 1.- Continxentes, Á Excma., Deputación Provincial por cupo  de operación  forzosa  ( 15.541 pesetas). 6.-2.- Á mesma, en cocpeto de canon  anual de conservación de vías provinciáis  dentro do Concello (  5.805 pesetas ). 6.- 3.- Á mesma , por reintegros por anticipos ( 1.917 pesetas ) 7.-1.-  Contribucións e impostos. Por pagamento de contribución rústica e urbana de fincas deste Concello (  5.805 pesetas ). 7.- 2.- Por pagamento de pagamento de utilidades  sobre soldos de empregados  (  13.000 pesetas ). 7.- 3.- Por pagamento de impostos sobre fluido eléctrico público e das dependenzas deste Concello ( 766,14 pesetas ) 7.-4.- Para pagamento  do imposto sobre bens  e persoas xurídicas ( 50 pesetas ). 7.- 5.- Para pagamento  do 20 % de Bens Propios ( 100 pesetas ). 7.- 6.-  Par o pagamento do Imposto sobre Pesos e Medidas (  315 pesetas ), 7.- 7.-  Para o pagamento de impostos de pragas do campo en bens rústicos do Conello (  3 pesetas )7.-8.- Para o pagamento ao Estado dos dereitos de aferición das Pesas e Medidas propiedade do Concello (  24,60 pesetas ). 7.-9.- Para pagamento  á Cámara da Propiedade Urbana  da cota anual de contribuínte (  3,00 pesetas ). 8.. 1.-  Anuncios e suscricións . Para anuncios, suscricións  e libros  ( 3.000 pesetas ). 8.- 2.-  Para a edición do " Boletín de  Información ( 3.000 pesetas ).  10.- 1.-  Compromisos varios. Remuneración anual  ao apoderado deste Concello (  500 pesetas ). 10.-2.- Pagamento de seguros  a La Unión y El Fénix Español (  341,45 pesetas ). 10.-3.-  Á Compañía  Telefónica Nacional de España (  698,40 pesetas ). 10.-4.-  Para comunicación Telegráfica e Telefónica sen franquicia (  600 pesetas ). 10.-5.- Complemento do aluguer da Casa Cuartel da Garda Civil  ( 3.000 pesetas ).  10.-6.-Para compra, mellora  e reparación  do mobiliario da Casa Consistorial ( 6.000 pesetas ). 10.-7 Para fixación de lápidas co nome dos caídos ( 3.000 pesetas  )( * ) .... Suma e segue ...116.195,15 pesetas.

( * )  O Concello de Sárria nunca puxo lápidas cos nomes dos mortos por causa da guerra civil, e só anos máis tarde , na igrexa de Santa Mariña  puxo en letras de  metal á man esqure da porta principal: José Antonio Primo de Rivera ¡ Presente !.

Páxinas  11 e 12 - Altavoz.  Textos de  " Fuero Juzgo". José Antonio,  Franco,  Angel Ganivet , Unamuno.- Bando

....................................................................................................................................................................

Nº 4.  Sárria, setembro-outubro  1944  . Ano I.- Contido:

Páxinas 1 , 2  e  3 .-  Politica.- O Sindicato

Páxina 4.-  Comisión Xestora.-  Orzamento de Gastos . Ano 1944, Capítulo I .- Obrigas xerais.

Partidas                                  Explicación                                                   Pesetas    Cts.

  Suma  anterior (  116.195,12 pesetas )

    1 Cargas por servizos  do Estado. Para socorros  a mozos do actual remprazo  que comparecerán a revisión  (  500 ). 2.-  Para anticipo  de  socorros a mozos  que se incorporarán  a filas ( 250 ). 3,. Por reintegro  de viaxes a comisionados  por servizos de quintas (  500 ). 4.-  Para  adquisición de material de quintas (  500 ). 5.-  Por remuneración  pola talla de mozos ( 30 ). 6.-  Por gastos que poidera ocasionar a aterraxe  de avións no Campo de Santa Marta ( 500 ). 7.- Para suministros ao Exército  e forza publica ( 3.500 ). 8.-  Para gastos da Oficina  da Comisión Inspectora  Comarcal de Mutilados de Guerra  (  300 )   9.-  Para gastos de confección  de apéndices para a repartición de contribución (  2.500 ). 10.-  Para gastos de confección  da matrícula Indistrial e de veículos (  300 ). 11.- Para libros de actas do Rexistro Civil (  150 ).-  12.- Para pagamento do persoal temporeiro da Delegación de Abastecementos ( 8.000 ). 13.-  Para material das oficinas da Delegación de Abastecementos ( 3.000 ). 14.-  Para gastos de viaxes  e comisións de servizo do persoal da Delegación de Abastecementos  ( 3.500 ). 15.-  Para socorros a presos rematados  ( 100 ).- Suma e segue :  191,295, 12  pesetas

Resume de Sesións:

Sesión de 30 de xuño de 1944.-  Aprobación das obras da estrada do Mazadoiro a Escarlán ( Goián ) nomeando destaxista para o remate das obras.-  Autorización a  Avelina Valcárcel ( Estanco da Ciguñeira ) para facer beirarrúa na  súa casa da rúa Calvo Sotelo ( actual Rúa da Liberdade ).

Sesión de 16 de xullo de 1944.-  Propoñer como aspirantes ao argo de Interventor de Fondos  a  Ramón Fontela García e  Anxo César  Gil Rodríguez.-  Liquidación dos orzamentos ordinarios  de 1940, 1941, 1942 e 1943 queda riba da mesa para o seu estudo.- Posta riba da mesa das contas  de depositaría de 1931 a 1942 e para exposición ao  público. 

Sesión do 17 de agosto de 1944.- Resolución de expediente polo pedáneo de San Fiz de Reimóndez , obrigando a Manuel  Carrozas López ( Poleta de Callás ) e a  Manuela Díaz Veloso, de Cesár a que repoñan ao seu estado anterior  o regueiro que pasa por tras da casa do primeiro.

Sesión de 30 de setembro de 1944.- A Comisión Xestora , por unanimidade,  nomeóu Axente Executivo  para o cobramento de impostos a  Antonio Fernández Vázquez. -Acordo para esixir a colocación de canalóns  para a recollida de augas pluviáis nas casas da Vila.

Páxina 5.-  Páxina parroquial.- Xeralidades

Desexo de adicar atención  ás parroquias ruráis.-  Resume referido a Arte, con cita das igrexas románicas, c astros e Ponte Vella-.- Artesanía: Destacan a actividade dos ferreiros que  fan ferramentas para os labores do  campo e concorren á Feira de San Lázaro e na Praza antes da seitura.- Teares de liño,  fábricas de coiros,  de cacharros de barro , de rocas e fusos, manteigas e queixos.

Falecemento do párroco de Santa Mariña   D. Luis López Vázquez.-  Nomeamento de ecónomo de Santa Mariña a favor de D, Adolfo Reverendo López,  Doutor en Dereito Canónico, e de coadxutor a  a D. Xosé  Ulloa Porral.- O Instituto Nacional de Previsión abríu ao publico a súa ofiicina en Sárria ( baixo da  casa de  Casiano Batallón , na Rúa Maior ).

Páxinas 6 e 7.-  Páxinas de Divulgación.-  Agricultura: A pataca.- Apicultura.

Páxina 8.- " La gaita y la lira " ( texto de José Antonio ).- Revolución-

Páxina 9.- América,  España y El Pilar.- Doce de Octubre.

Páxina 10.-  Temas de hoxe.-  A posición de España  diante dos  acontecimentos internacionáis.- Novas:  Congreso Rexional  Agrícola-Gandeiro de Galicia en  Santiago de Compostela. A provincia de Lugo aportará varios temas de estudo.

Páxina 11.-  Atalaia.-  Outubro, mes da Falanxe.

Páxina 12.- Do discurso  de José Antonio no Teatro da Comedia  



................

..........

Comentarios

Publicacións populares