CRÓNICAS DE PARADELA
CRÓNICAS DE PARADELA ( TERRAS DE SÁRRIA)
ESCOLMA DE NOVAS publicadas en diferentes na documentación histórica , medios de prensa ,boletíns oficiáis e outros documentos referidos ás distintas parroquias do Concello de Paradela, Comarca e Partido Xudicial de Sárria ( Lugo ) .
*********************
CASTROS DE PARADELA
SAN TIAGO DE ALDOSENDE.- CASTRO. Referenzas no parcelario: Poligono 24, Castro, Parcela 41, 3.499 m/2. CASTRO DA REDONDEIRA.- Referenzas no parcelario: Poligono 25. Chousa do Redondeiro, Parcela 1.264, 6.159 m/2, Redondeira, Parcela 1.196, Prado da Redondeira, Parcela 1.195. 8.006 m/2, Redondeita, Parcela 1.180, 4.077 m/2, Redondeira, Parcela 1.182, 1.781 m/2, Redondeira do Cimo, Parcela 2.231, 763 m/2, Redondeira, Parcela 1.172, 1.575 m/2, Redondeira. Parcela 1.192, 3.532 m/2 , Redondeira , Parcela 2.232, 1.782 m/2 , Redondeira dos Cortizoz , Parcela 1.194 , 1.449 m/2, Brita Redonda , Parcela 1.263, 7.760 m/2 ; Brita Redonda, Parcela 1.259, 2.310 m/2 , Brita Redonda, Parcela 1.260, 3.237 m/2. Parcelas de perto: Boquiños, Fonte do Cunqueiro, Soutullo.
SAN PEDRO DE BARÁN.- CASTRO DE BARÁN . Ref erenzas no parcelario. Poligono 11 . Castro, Parcela 1,002, 95.211 m/2, Croa, Parcela 787, 742 m/2 , Castro, Parcela 781, 823 m/2, Xesteira do Castro, Parcela 775, 5.291 m/2, Tras do Castro, Parcela 1.027, 3.059 m/2, Leira do Castro, Parcela 1.026 , 7.030 m/2, Croa do Castro, Parcela 786, 568 m/2, Prado do Castro, Parcela 1.007, 9.053 m/2. Parcelas de perto: Liñares, Cova , Gándara .
SAN MAMEDE DE CASTRO.- CASTRO DE SAN MAMEDE . Referenzas no parcelario: Poligono 16, Castro, Parcela 9, 2.236 m/2. A zona vencellada ao castro ocupa 53.326 m/2. Na antiga croa está situada a igrexa parroquial.
SAN MARTIÑO DE C ASTRO.- CASTRO DE SAN MARTIÑO. Referenzas no parcelario: Poligono 16. Esdulfe, Parcela 1.120, 1.712 m/2 , Esdulfe, Parcela 1.121 , Reguenga, Parcela 1.125 , 3.570 m/2, Cancela , Parcela 1.118 , 7.910 m/2 , Redondo, Parcela 1.122, 3.85 m/2 ; Redondo, Parcela 1.123, Pena , Parcela 1.127, 2.236 m/2 , Reguenga, Parcela 1.119, 5.939 m/2. Perto da igrexa apareceu un tesouriño de moedas romanas.
SANTA MARÍA DE CASTRO DO REI DE LEMOS.- Referenzas no parcelario : Poligono 22, Tras do Castro, Parcela 1.396 2.455 m/2, Su Castro, Parcela 1.361, 1.390 m/2 , Su Castro, Parcela 360 , 678 m/2 , Castro, Parcela 1.387 , 1.606 m/2 , Leiro do Castro, Parcela 1.388, 505 m/2 , Su Castro, Parcela 1.361, 1.390 m/2 , Su Castro, Parcela 1.362 , 426 m/2, Su Castro, Parcela 1.363, 1,092 m/2. Parcelas de perto: Agro da Fonte, Modorra, Mosteiro. Este castro ( "Castro Regis" ) deu nome ao mosteiro medieval ali establecido ( O Mosteiro Vello ) trasladado máis adiante a unha valiña, perto do río Loio, mosteiro do que se conserva a igrexa románica agora templo parroquial. CASTRO DE PAREDES DE ARRIBA
SAN SALVADOR DAS CORTES.- CASTRO DAS CORTES. Referenzas no parcelario: Poligono 5, Agro, Parcela 265 , 19.404 m/2, Castro, Parcela 356, 2.236 m/2 , Castro, Parcela 355, 5.359 m/2, Castro, Parcela 358, 606 m/2. Está no lugar de Airexe das Cortes. Nesta parroquia apareceron restos romanos. CASTRO DA CAL DA LOBA.- Referenzas no parcelario: Poligono 5, Castro, Parcela 1.211, 16.768 m/2. Parcelas de perto: Viñas da ribeira do Loio. O Loio pasa polo sur do castro. CASTRILLÓN.- Referenzas no parcelario: Poligono 5 , Castrillón de Abaixo, Parcela 419 16.317 m/2 . Castrillón , Parcela 420, 4.322 m/2.. Na parcela 414 sitúan o soar ocupado polo mosteiro franciscan da Santa Cruz de Loio. O castro está sobre da corrente do río Loio, marxe dereita. CASTRILLÓN PEQUENO.- Referenzas no parcelario; Poligono 6. Csstrillón, Parcela 651, 14.784 m/2 , Pequeno Csstrillón , Parcela 652, 2.838 m/2 . Parcelas de perto: Penas Raposeiras ( de antigo Penas Gulpilleiras ). O río Loio pasa ao seu pé.
SANTA MARÍA DE FERREIROS.- CASTRO DA CASELA. Referenzas no parcelario Polígono 2 : Castro da Casela. Parcela 139, 3.124 m/2 ; Castro, Parcela 141, 3.494 m/2.; Castro, Parcela 127 , 4.036 m/2 ; Parede, Parcela 129, 3.655 m/2 ; Leira do Castro, Parcela 207, 778 m/2 ; Castro, Parcela 206, 2.872 m/2 ; Tras do Castro, Parcela 205, 1.759 m/2 ; Castro, Parcela 990, 12.941 m/2 ; Castro Grande, Parcela 1.205 , 5.403 m/2 ; Castro, Parcela 1.122, 7.593 m/2 ; Castro , Parcela 1.134, 15.018 m/2. Parcelas de perto: Casela, A Parede, Reboira, Cruceiro, Táboa, Pena Branca.
SANTA MARÍA DE FRANCOS.- CASTRO DE FRANCOS. Referenzas no parcelario; Polígono , Parcela 1.201 , Parcelas de perto:
SANTIAGO DA LAXE.- CASTRO DOS MOIMENTOS.- Ref erenzas no parcelario. Polígono 4 : Castro, Parcela 394, 17.564 m/2. Parcelas de perto: Páramos de Riba, Pedreira, Touredo. CASTRO DE CASGTRELO.- Referenzas no parcelario: Modorra, Parcela 237, 3.061 m/2, Modorra, Parcela 238 , 2.738 m/2, Castro Beleigán, Parcela 288 , 3.487 m/2, Castro, Parcela 113, 7.789 m/2, Castro, Parcela 115 , 2.708 m/2, Monte do Castro, Parcela 235, 13.110 m/2 , Castro, Parcela 236, 7-790 m/2 , Castros, Parcela 286, 4.278 m/2, Leiro da Modorra, Parcela 118, 908 m/2 : Neste castro houbo o achado dun tesouro de moedas romanas. Está na estrema coa parroquia de Grallás ( O Páramo )
SAN XOÁN DE LOIO.- CASTRO. Referenzas no parcelario; Poligono 5 , 360 m/2. Espazo moi afectado pola estrada de Portomarín feita cando a parroquia quedóu asolagada.
SAN MIGUEL DE PARADELA.- CASTRO DO TOURAL. Ref erenzas no parcelario: Poligono 14.- A Croa, Monte da Chaira.- Parcela 275 , 29.684 m/2 ; Toural, Pacela 280, 2.905 m/2. Parcelas de perto: Rea dos Penedos, Pena da Merenda, Rus, Lagares, Lucenza.
SANTA CRISTIÑA DE PARADELA.- CASTRO DE SANTA CRISTIÑA. Referenzas no parcelario : Poligono 14. Castro , Parcela 1.450, 50.727 m/2 , Castro, Parcela 255, 4.453 m/2, Castro, Parcela 1.332, 25.315 m/2, Castro, Parcela 264, 2.508 m/2 , Castro, Parcela 265, 1.596 m/2 , Castro, Parcela 254, 17.121 m/2 , Castro, Parcela 259, 2,902 m/2 , Castro, Parcela 258 , 2.244 m/2, Castro, Parcela 297, 12.816 m/2 , Castro, Parcela271, 3.979 m/2 , Castro , Parcela 299, 4.294. CASTRO DE BRICHEIRO. Referenzas no parcelario : Poligono 10. Leira do Castro, Parcela 251, 6.814 m/2-. No lugar de Bricheiro, no que estivo a desaparecida igrexa de San Pedro de Paradela.´
SAN LOURENZO DE SUAR.- CASTRO DE FIXÓ. Referenzas no parcelario: Poligono 7. Castro, Parcela 93, 1.361 m/2, Castro, Parcela 94, 1.436 m/2, Tras do Castro, Parcela 87, . Parcelas de perto.
*************************************************************************************
PARADELA ROMANA
** Na chamada " Viña do Convento de Santa Cruz de Loio" apareceron unha ara romana e un molde de pedra para facer cruces e medallas que se gardan no Museu Provincial de Lugo. Na ara lese : CVHVE / BERRAL /OGCV / EX VOTO / FLAVIVS / VALERIA / NVS /, que Fermín Bouza Brey leu como : Cuvetena berralogecu ex voto Flavius Valeriano cumpriu este voto a Conventena do pobo de Berralo "
*********************************************************************************** PARADELA DENTRO DO CONDADO PARAMENSE NO REINO SUEVO DE GALICIA
( 572 ) O quinto condado é Páramo e ten dende onde o río Sárria entra no río Neira , Pena Aguiar , Castro Pedroso , Monte Maside, Froián, Montes Moroso e Agudo até Quiroga. Por outra parte vai por Salvadur , Castro de Chavaga , Pedroso , Baamorto , Pena Aguda ata o Sil.. ( Concilio de Braga , no tempo do rei Miro ).
*************************************************************************************
MOSTEIROS MEDIEVÁIS EN TERRA DE PARADELA
SANTA MARÍA DE LOIO.- Na actual parroquia de San Salvador das Cortes
SISMONDE..- Na actual parroquia de Santiago da Laxe
SAN XOÁN DE LOIO .- Na actual parroquia de San Xoán de Loio
SANTA MARÍA DE CASTRO DO REI DE LEMOS.- 1 ) Mosteiro de monxes bieitos establecido no lugar coñecido como Mosteiro Vello ao pé do Castro . 2.- Abandoado o primeiro mosteiro estableceuse nunha estreita valiña atravesada polo río Loio, pouco despóis do seu nacemnto , onde está a antiga igrexa mosteiral románica , agora igrexa parroquial- Foi mosteiro con abades propios até que no século XVI quedóu anexionado ao mosteiro de Santa María de Monte de Ramo. como priorado , até o ano 1836 foi abandoado.
SAN FACUNDO DE RIBAS DE MIÑO.- Na parroquia do mesmo nome, Acabóu dependendo de Castro do Rei, e foi finalmente Priorado dependente do mosteiro de bernardos de Santa María de Monte de Ramo ( Ourense )
SANTA CRUZ DE LOIO.-Na parroquia de San Salvador das Cortes. Mosteiro de relixiosos franciscáns. Perto do río Loio.
SAN PEDRO DE BARÁN.- Na parroquia de San Pedro de Barán. Foi un mosteirolo dependente das Casas Maiores de Barbadelo , integrado despois na órbita do Mosteiro de San Xulián de Samos , do que a igrexa parroquial é o que resta .
SAN MAMEDE .- Na Costa de San Mamede, perto da ribeira esquerda do río Loio, augas abaixo do Neo na parroquia de San Salvador da Pinza. actualmente no concello de Sárria. Dependente da Casa Maior ou mosteiro de San Xacobe de Barbadelo.
SAN SALVADOR DA PINZA.- Parroquia do actual concello de Sárria. Mosteirolo que dependéu do mosteiro de Santiago de Barbadelo.
SANTO ADRAO DO MONTE DO PÁRAMO.- Mosteirolo no Monte de San Marco, parroquia de San Miguel de Biville , no actual concello de Sárria. Dependéu do Mosteiro ou Casa Maior de San Xacobe de Barbadelo.
ERMIDA DE VEIGA.- Posible mosteirolo no lugar de Veiga, parroquia de Santa María de Ferreiros.
*********************************************************************************
MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE LOIO
( 23.09.927 ).- SANCHO ORDÓÑEZ E AFONSO IV presiden a asemblea de magnates, abades e bispos , reunidos para trataren do restauri do Mosteiro de Santa María de Loio , cuxa comunidade se disolvera despóis das vicisitudes nomeadas no diploma , e para este efecto delegan no Conde Gutier Menendiz, que pon por abade do mesmo ao monxe Busiano. e dótao, así como o de monxas que hai acarón da basílica de Santa Mariña, en Portomarín.
( 931-951 ).- RAMIRO II confirma a escritura de restauro do Mosteiro de Santa María de Loio feita polos reis Sancho Ordoñez e Afonso IV en 23 de decembro de 927.
*************************************************************************************
( 23,12.969 ) RAMIRO III xunto coa súa tía a raíña ELVIRA confirma a doazón feita polo presbítero Vermudo Peláez ao Mosteiro de San Xoán de Loio, a carón do río Loio , perto da cidade de Lugo, pola que lle entregaron vilas e igrexas.
************************************************************************************* DOAZÓN DA VILA DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN E RECELLE Á SEDE DE SANTIAGO
( 12.04.993 ) VERMUDO II doa á IGREXA DE SANTIAGO a vila de Portomarín , beira do Miño, da que se apoderaran con ocasión da rebelión de Gonzalo Menéndez e o seu fillo Rosendo. Estes recolleran tres servos de El-Rei que fuxiran e estes non os devolveron . Vermudo conseguiu prender a Rosendo e insistiu na restitución dos servos. Ofrecéu Recaredo devoilvelos e para maior seguridade presentóu tres afiuzadores, Diego Romaniz, Paio Menendo e Citi Díaz, que se obrigaron cada un deles a pagaren 200 soldos se Rosendo non presentaba os servos , aínda que presentaba en peñor a vila de Portomarín que era propia do Conde Gonzalo Menéndez. Ao non comparecer Rosendo , Vermudo procedéu na contra dos afiuzadores condeándoos a pagaren os 600 soldos , e á fin conseguiron que devolvese esa cantidade en troques da vila de Portomarín por eles retida en peñor , e El-Rei fixo entrega dela xunto coa de Recelle , xunto do río Ferreira, á sede compostelá,
*************************************************************************************
DOCUMENTO ASINADO EN SISMONDE
( 30.12.1107 ).- Ermesenda Roderici asina en Sismonde un documento no que fai doazón ao Mosteiro de San Xulián de Samos de unha vila en Vilasouto e unha parte da Igrexa de San Pedro de Maside.
**************************************************************************************
HOSPITAL DE MIRALLOS
( 1142 ) Alzado na parroquia de Santa María de Ferreiros, a carón do Rego de Ferreiros, que leva as súas augas ao Loio, no Camiño de Santiago, institución da que formaba parte a capela románica anexa que acabóu acollendo o templo parroquial.
" Afonso VII , rei de Galicia . León e Castela e a súa muller Berenguela . déronlle aos hospitaleiros de Mirallos , todos os dereitos da coroa real riba do Casal de Froila, na terra de Sárria, e a igrexa de Ferreiros."
**************************************************************************************
*************************************************************************************
( TOMBO DE SAMOS, 1.01.1195 )
( Versión en galego de Xaime Félix López Arias )
DOAZÓN DE SAN MIGUEL DE PARADELA , SISMONDE , VILARAGUNTE E OUTROS LUGARES A FAVOR DO MOSTEIRO DE SAMOS
Aquel a quen lle agrada a idea divina e se aplica a ela teimudamente, da debilidade da alma sentirase erguido.
Isto por mín, RUDERICUS NUNI , para remedio da miña alma ofrezo a Deus e a San Xulián e Basilisa e a tódolos santos, cuxas reliquias no mosteiro samonense están gardadas , e a vós Señor Abade PELAXIO e frades que no mesmo lugar serven a Deus día e noite, digo, que ofrezo toda a miña herdanza, que a teño e debo ter en SAN MIGUEL , tanto do que teño da parte dos meus pais en calquer lugar en que esta atopala poidas, con tódolos seus bens adxacentes, con pasteiros, montes, saídas, fontes, prados e tódolos demáis a esta herdanza pertencentes .Douche ademáis CXVII soldos, que os teño riba da herdade de Rubián de Cima que a teño de Vivián Fernandi e douche alí todos os despoxos. Douche por outra parte CLX soldos que os teño sobre a vosa herdade de Vilasouto.Douche tamén nesa vila toda a herdanza que compréi do fillo de Munionis Madan.Douche tamén nesa vila toda a porción miña do MOSTEIRO DE SISMONDE . Ofrézoche tamén a miña parte que eu teño no Mosteiro de Sáa do Páramo e maila porción miña que eu teño na IGREXA DE SAN MIGUEL DE PARADELA, tanto a parte da miña avoenza como mesmo a mercada, tamén cha ofrezo . Do mesmo xeito entrégoche toda a parte miña que eu teño na IGREXA DE VILARAGUNTE.
Tódalas anteditas cousa eu, Rodricus Nuni, douchas e ofrezochas e perpetuamente as entrego a Deus e a San Xulián e a vós don Pelaxio, e mesmo aos frades servidores de Deus, para remedio da miña alma e das dos meus parentes, xa que quero que sexan sempre baixo dominio e xurisdición do voso mosteiro samonense.
Se alguén en verdade, o que non creo faga, tanto da miña parte como de outra allea, contra esta doazón que eu fago viñera, ou vir tencionase, incorra principalmente na xenreira divina, e con Datán e Avirón sinta no inferno as eternáis penas, e para a parte do rei sexa obrigado a pagar mil morabetinos , e esta miña doazón teña confirmación plena.
Foi feita na era Mª CCª XXXª IIIª e nas quendas de xaneiro, reinando El-Rei Afonso, fillo de El-Rei Fernando en León; o bispo Ruderico II en Lugo; o conde Gomicio en Sárria; Petrus, testemuña; Iulianus, testemuña; Petrus, testemuña; Munius, testemuña ; Rodericus, testemuña.
Eu, Rodericus Nuni, esta doazón ofrecida a vós don Pelaxio, Abade samonense, e igoalmente aos frades servidores de Deus e de San Xulián, para remedio da miña alma e das dos meus parentes, coas miñas propias mans asino e confirmo. ( + ).
( Versionado en galego por Xaime Félix López Arias )
**************************************************************************************
MOSTEIRO DE CASTRO DO REI
( 1197 ).- O abade de Castro do Rei, xunto co de Meira e o Chantre de Mondoñedo son nomeados polo legado apostólico Cardeal Gregorio para coñecer na causa que se ventilaba entre as sedes de Lugo e León polos arcediagados de Tricastela , Navia e Valcarce.
( 05.1210 ) Afonso IX, en Santiago de Cangas )- " Concedo Deo et monasterio de Castro Regis quod nunquam meus ricus homo comedat in ipso monasterio nec esigat...."
*********************************************************************************
O HOSPITAL DE MIRALLOS
( ......05.1210 )
Na parroquia de Santa María de Ferreiros, do vello alciprestado do Pàramo, agora do Concello de Paradela, no lugar de Mirallos estableceuse un hospital de peregrinos suxeito á Orde de San Xoán do Hospital de Xerusalén, co paso do tempo coñecida como Orde de Malta, e ao comendador da Encomenda de San Xoán de Portomarín.
Este hospital tiña anexa unha capela , que dende o século XVIII pasóu a ser a igrexa parroquial, cando foi abandoada a primitiva que estaba onde aínda chaman Airexe, e onde hai unha capela baixo da advocación de San Vitoiro.
A existenza do hospital medieval quedóu na memoria das xentes da parroquia , sinalando a súa ubicación nunha horta de perto do Rego de Mirallos.
A igrexa de Santa María de Mirallos ten un fermoso portico románico de moi boa feitura e o arco toral , xunto cunha fermosa imaxe da Virxe María, que gozaba de grande veneración en toda a comarca , e outra de Santa Lucía con fervoroso culto como avogosa das doenzas da vista. O adro, ocupado con numeros panteóns, empobrece a vista xeral do templo cunha desafortunada actuación semellante ás aberracións consentidas e propiciadas por párrocos e curia diocesana.
No adro colocaron a histórica pia bautismada, retirada do interior da igrexa. Un pouco adiante do adro, ao pé dun carballo, hai unha mesa de pedra baixa cun mtivo eucarístico e antes de entrar no lugar da Pena está a " Fonte da Virxe " , rematada cunha forneliña onde os peregrinos depositan pedriñas e estampas relixiosas. Pasada a Casa do Xastre está o fito do QUILÓMETRO CEN.
O vencello ao Camiño de Santiago destaca na actualidade coa dotación do Albergue de Peregrinos sito na antiga escola , o Albergue privado do Cruceiro, dous establecementos hostaleiros que serven comidas e outro albergue privado no lugar da Pena. Todos estes establecementos adicados á atención ao peregrino son os herdeiros naturáis da tradición xacobea que deu vida na Idade Media ao desaparecido HOSPITAL DE MIRALLOS.
A parroquia de Santa María de Ferreiros , no Antigo Réxime, pertencía á Xurisdición de San Xoán de Portomarín ( Orde de Malta ) . Entre 1820 e 1823 pasóu a formar parte do Concello Constitucional de San Xoán de Portomarín, do partido xudicial de Lugo. Entre 1835 e 1840, novamente establecido o réxime municipal, Ferreiros formóu parte do Concello de San Xoán de Portomarín, do pattido xudicial de Chantada en Taboada, Finalmente , en 1840 , pasóu a se integrar no Concello de Paradela, do partido xudicial de Sárria.
No traballo " La Orden de San Juan en el Camino de Santiago : La Bailia de Portomarín ( 1158-1351 )" profesor don Carlos Barquero Goñi. da Universidade Autónoma de Madrid, referíndose aos hospitáis de Mirallos e Morgade pódese ler o que segue:
................." Tamén condicionada foi a doazón realizada por Pedro Muñoz en maio de 1210 ao Hospital. A traveso do comendador don Xoán Fernández e de Pedro Xeráldez , este persoaxe daba á Orde o HOSPITAL DE MIRALLOS, a igrexa de Ferreiros, un casal en Veiga e a metade doutro en Delle . lugares todos eles sitos na freguesía de Santa María de Ferreiros, nos termos de Paradela ( Lugo ), moi perto de Portomarín. As condicións que Pedro Muñoz impuxo para efectuar a cesión foron as seguintes: El podía seguir a disfrutar da posesión desas propiedades até a súa morte. O comendador Xoán Fernández e os freires sanxoanistas recíbeno na confraternidade da Orde e fano partícipe dos beneficios do Hospital de San Xoán de Xerusalén. Tamén lle dan o HOSPITAL DE MORGADE e o seu couto, concédenlle unha ración na súa casa de Portomarín como a un dos freires así como a admisión na súa Orde cando el queira, e prometen que o axudarán como se fose un dos seus freires: Pedro Muñoz ademáis cosegue que sexa comendador de Mirallos o freire a cuxas instancias fixo a doazón, don Pedro Xeráldez, cando sexa na terra, e que os membros da súa familia que queiran permaneceren no lugar e sexan obedientes á Orde, poidan facelo, e sexan preferidos e amparados polos hospitalariso . Ademáis estes enviarían a un dos seus freires para que vivise co doante .
O mesmo que este último, foron recibidos na confraternidade da Orde Pedro Eanes e a súa muller María Fernández o 3 de outubro de 1325 . O matrimonio fixo doazón dos seus bens ao establecemento sanxoanista de Portomarín, canta herdade tiñan en Santo Andrea de Ribas de Miño, na terra do Páramo, todo o igrexario e leigario e todas as herdades que recibiran dos seus pais. E o comednador Reverendo Pérez ofreceulles en troques alimentos, bebida e un lugar para a súa sepultura ".....
..... " O seguinte conflito que tiveron que afrontaren os hospitalarios de Portomarín acontecéu en marzo de 1245, cando un importante oficial do rei Fernando III, o seu meiriño maior en Galicia, Monio Fernández de Rodeiro, pretendéu entrar nos coutos de Gondrame, Friolfe, Vileiriz e Ferreiros, perto do núcleo da bailía sanxoansita, para recadar os impostos do monarca; Mais o comendador e os freires de Portomarín ensináronlle unhas cartas dos sobernaos Fernando II e Afonso IX que demostraban que os hospitalariso tiñan toda a voz e dereituras reáis neses coutos e que o meiriño rexio nunca podería entrar ali para recadar impostos nin por outra razón. Monio Fernández de Rodeiro recoñecéu que isto era certo , polo que mandoulles a todos os seus meiriños subordinados que de ali endiante ningún deles ousase entrar nos coutos en cuestión para demandaren impostos nin ningunha outra regalía , pois era o comendador de Portomarín quen debía recibilos"..........
*************************************************************************************
FORO DA VILA DE PONTE MIÑA ( SAN XOÁN DE PORTOMARÍN) CONCEDIDO POLA ORDE DE SAN XOÁN DO HOSPITAL DE XERUSALÉN.
( 1211 ). Nota.: Aínda que a vila de San Xoán de Portomarín, agás no que se refire á parroquia de Santa María de Ferreiros e a algúns foráis en parroquias de Loio e Paradela, seguíu camiño diferente ao da vila de San Pedro de Portomarín, a influencia da vila sanxoanista, como polo de atracción para as parroquia da contorna, de xurisdicións señoriáis ou eclesiásticas, aconsella dar a coñecer o Foro da vila da Ponte Miña, porque foron moitos os paradelenses que nesa vila fixaron a súa morada.
A ORDE DE SAN XOÁN DO HOSPITAL CONCÉDELLE FORO Á VILA DA PONTE MIÑA ( PARTE DO HOSPITAL ) NA BEIRA DEREITA DO RÍO MIÑO-
" Na Era Milésima Bicentésima Quincuaxésima no día que foi o décimo quinto das quendas de xuño. No nome do Noso Señor Xesús.Cristo. Amén.
Porque as cousas no presente tempo xusta e razoablemente establecidas no futuro con firmeza e sen modificacións deben permaneceren , e polo que eu Petro Oarii, por dignación de Deus freire do Hospital nos tres reinos de Hispania exercente Prioiro, co consenso de freires e irmás que están en Castronuño no Capitulo Xeral axudado e coa autoridade de El-Rei leonés don Afonso , por este escrito perpetuamente valedeiro , coñecido facemos á universalidade das xentes, tanto aos presentes coma aos futuros, como damos e concedemos e confirmamos a todo o Concello da Ponte Miña , habitadores na parte do Hospital, o seguinte FORO :
Calquera burgués que habite na vila da Ponte Miña , na parte do dito Hospital, responda como afiunzamento con cinco soldos en canto sexa convocado se ten herdade nesta vila ou no seu alfoz, baixo este dominio de contino constituido . Se en verdade no tivese herdeiro dea un manlevador o enriba dito enfuizador por cinco soldos.
Enádase tamén que ningún burgués desta vila non responda de calquera feito de foro sen autor . agás por homicidio , roubo e rapto e agás violencia de meiriño ou vigairo riba dos aveños.
Tamén que este vigairo ou meiriño non entre na casa de calquera burgués , se ese burgués dese afiuzador segundo enriba díto é. Pois se afiuzador non quixese dar ,pague cinco soldos segundo en principio se dixo.
Se algún veciño quixese vender a casa ou calquera outra herdade . dea por iso a décima parte do prezo polo que sexa vendida ao Hospital, con acordo que a da media parte sexa da conta do vendedor e a da outra metade sexa pola conta do comprador. Mais ningún burgués unha herdade venda ou a doe a ningún home que sexa vasalo do Hospital e faga debido foro dela ao Hospital e non viva nela.
As cabanaxes ( dereito de superficie do soar ) que sempre son acostumadas dar, sempre se dean en cada un ano na festa de San Miguel.
Igoalmente trinta soldos sexan entregues en cada un ano cando ao Capitulo quixeren ir.
E que a gauduoisa e a loitosa e a maniñaría non sexan dadas nin esixidas en ningunha maneira.
Se en verdade o meiriño ou saión contra isto nriba escrito viñese, polo Comendador do Hospital e polas xustizas que alí sexan , sen dilación ningunha sexa obrigado a emendar o feito.
Tamén mandamos e con razón é convinte que de entre os mellores da vila en cada un ano se constitúan dous que tanto as dereituras do Hospital como dos burgueses con toda dilixencia , onde necesario sexa fagan dar . En verdade eset así enriba nomeados deben constiuirense de maneira que no Concello elixan doce de entre os mellores do Concello , e os presentes aos comendadores do Hospital anteditos, e este elixa dous, os que el quixer, por todo o ano, poñendo a man riba dos Santos Evanxellos , e exderzan con didelidade mentres outros dous sexan elexidos segundo enriba resoa.
Se calquera pois, tanto parte do Hospital como da parte do Concello contra esta escritura tencionase vir espontáneamente e cause inxuria á outra parte , pague mil soldos e este escrito forza de firmeza obteña para sempre.
Foi feito en Castronuño no Capitulo Xeral e asinado polo dito Prioiro do Hospital Pedro Oarii e por outros freires , no Capitulo presentes, reinando El-Rei Afonso , fillo de El-Rei Fernando, Rodrigo, bispo lucense , Pedro Fernandii, príncipe na Curia Rexia , Xoán Fernandii, tenente de Monterroso e Trastamara , Gunter Ermigii, prioiro de Castela , confirma, Menendo Gunsalvi, prioiro de Portugal, confirma, Xoán Fernandii , Comendador da Ponte Miña, confirma, Diego Monniz, comendador de Queirga, confirma. Vasallo Prieto,, comendador de Toroño , confirma , Sancho Fernandii , comendador de Santa María de Zamora, confirma ; Albvaro Roderici, comendador de León, confirma; Gonzalo Roderici, comendador de Castronuño, confirma e todo o Capítulo, confirma-
Xoán , testemuña; Diego, testemuña ; Paio, testemuña. E Pedro, escribiu.
( " Las Encomiendas Gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén .Estudio y Edición Documental " Tomo I. Época Medieval", de Isidro García Tato. Santiago de Compostela MMIV. Obra editada polo Consello Superior de Investigacións Científcas. Xunta de Galicia,. Instituto de Estudios Gallegos " Padre Sarmiento", ) Documento nº 56. Versión libre en galego de Xaime Félix López Arias )
**************************************************************************************
MOSTEIRO DE CASTRO DO REI
( 20.06,1215 ) Afonso IX, en Monforte: " defendo firmiter et in cauto quod nullius faciat malum aut contrarium abbati de Castro Regis in suis hereditatibus ( nec in suis ) vasallis nec in quanto ad ipsum monasterium pertinere."
( 26.03.1221 ) Afonso IX en Ponferrada : " do et hereditario iure concedo in perpetuman helemosinam vobis abbati domno Sancio de Castro Regis et sucessoribus vestris ilum meum monte de regalengum de Villar Pai per ( suos ) terminos , quomodo dividit cum Villa viridi , ut illum habeatis e possideatis vos et monasteirium vestrum in perpetuum sicut ea quae melius habetis et possdetis....."
( 20.03.1225 ) Afonso IX en Monforte; " Sapiatis quod ego mando quod nullius faciat malum aut contrarium abbati de Castro Regis in suis hereditatibus aut vasallis..." . " Sabede que eu mando que ninguén faga cousa mala ou contria ao abade de Castro do Rei nas súas herdades ou aos seus vasalos..."
( 19.07.1229 ) Afonso IX en Monforte: " Sapiatis quod ila hereditas de Avercerce fuit comparata per meos morabetinos, et ego dedi ea, monasterio de Castro regis pro aniversario pro anima mea, Et quito eam ab omni foro et de petito., nisi tantum de mea moneta, Unde mando firmiter et icauto quod nec caballarius , neque maiorinus, nec altus homo capiat inde vitam , neque cebadam, nec aliquid aliud".
( Previlexios confirmados por Fernando III e Afonso X )
**************************************************************************************
( 1233 ) Xoán Rodríguez e Men Rodríguez doan ao Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares a igrexa mosteiral de San Facundo de Ribas de Miño, Sismonde, Vilaragunte e outros bens.
*************************************************************************************
VENDA DUN LEIRO EN SAN XOÁN DE LOIO
( 9.09. 1259 ) In Dei nomine.Amén. Conozida cous sea que eu Nicholao Iohannis e miña muller Maria Guisa por nos em voz a vos Pedro Martiz , tendeiro, e a vosa muller Maria Iohannis e a toda vosa vez fazemos carta de venzon conven a saber de una leyra que jaz u chaman o Chao sub signo de San Johane de Loyo e jaz entre leira de ise Pedro Martiz ja dicto que fuit < > da outra parte leyra de fillos de Johan Dominguiz esa ja dicta leyra vendemos a vos con todos sous dereytos e pertenzas asi como jaz devisada < > accebemos de vos prezo que a nos ben plougo 30 soldos unde nos somos ben pagados e ren non ficou por apos vos se vos sobre esto alguen contraria da nosa parte ou extranea sea maldicta e peitevos vel voci vostre 60 soldos e outra en dubro e nos por nos e por todas nosas cousas devemos a vos de amparar en esa ja dicta herdade e voz, Facta Carta na era 1297 no dia dous das quendas setembras . No tempo de Rei don Afonso, don Miguel bispo en Lugo, meryño moor en Galiza don Rodrigo Garcia, prestameiro en Loyo Guilelme Diaz, Mordomo Fernan Nunez os quaes presentes foron Pelagio Perez escudeyro do Comendador, Johan Pelaez dicto Vela ( D ) Yanes clerigo, testis , M. Muniz de Outeiro , testis ( M ) Perez presbiter, testis. Outros que o viron e que oyron testes confirmantes, Afonso Roderici , Notario Juratus Notuit.
*************************************************************************************
VENDA DA CUARTA PARTE DUN CASAL DE HERDADE EN SAN XOÁN DE LOIO , SAN PEDRO DE PORTOMARÍN E SAN SALVADOR DE VILACHÁ
( 25.05.1314 ) Sabeam quantos esta carta virem como eu Maria Domingues , filla que foy de Domingo Perez et de Maria Fernandes, et meu marido Domingo Martines presente e outorgante, por mi et por toda mina voz , a vos dom Martin Eanes , arçidiago de Neyra ena yglesia de Lugo , et a toda vossa voz , vendo firmemente a quarta parte do casal ( d ´herdade ) con todos seus herdamentos , que avia Domingo Peres meu padre sobredito , eno couto de Loyo, qual el tragia , a iur et a mao , et eu por el aca do seu passamento , sub signos de Sayoane de Loyo, er de San Pedro de Portomarin , et de San Salvador de Villachaa, monte, fonte, terras. vinas, casas. arvores, pascos, yxidosm rios con todos seus dereytos et pertenenençaas per hu quer que vaa esta quarta parte deste casal sobredito , vos vendo en iur de pas que a aiades livre e quyita enbargo ninhun a o dia do pasamento de Maria Fernandes, mia nana sobredita. Et reçebo de vos en preço ( por vençon ) quatrosentos e çinquaenta maravedis da moneda del rey don Fernando , preço que a min et a vos ven prouvo, et do que me logo outorgo por ben pagada. Et se alguen da mia parte ou d ' estraya a vos quiser envargar ou demandar peyte a a vos del rey novesentos maravedis, et a vos quanto vos demandar en dubro. Et eu por mi et por todos meus bees que aio et devo por aver outorgo de vos anparar et de vos deffender senpre a todo tenpo con esta quarta deste casal sobredito.
Feyta a carta XXV dias de mayo , era de mill et CCC e LII anos.
Que presentes foron: Mateu Peres, Lourenço Eanes , clerigos ; Pedro Martines ( de Lion ), Iohan Caroucho, albergeyro, Afonso Lonbardo, Iohan (......), albergeyro et outros moytos que o viron et que o oyron.
Et eu Iohan Peres, notario publico de Portomarin da parte do arsobispo, a esto presente foy et esta carta escrivi por mamdad das partes et puge y meu signo.
**************************************************************************************
RELACIÓN DE BENS DO ARCEBISPO DE SANTIAGO EN SAN PEDRO DE PORTOMARÍN, COUTO DE LOIO E OUTROS LUGARES DA CONTORNA
( 1331-1338) LIBRO DAS RENDAS DO ARÇOBISPADO DE SANTIAGO EN GALIZA
PORTOMARÍN
* Iten ha o arçobispo en Portomarin o burgo de Portomarin , dende la ponte e alende contra Sarria, con o couto de Loyo , que he çeleiro da Mesa do arçobispo.
* Iten ha êna edllesia de Portomarin, trinta soldos de brancas.
* Iten ha êna iglessia de San Martiño de Castro XV maravedis de oyto en soldo.
* Iten en San Salvador de Cortes LX soldos.
* Iten êna igllesia de San Pero da Cova, outros LX soldos.
* Iten êna igllesia de San Symon CCC soldos ( * Sismonde )
* Iten êna igllesia de Bebeyres XV maravedis de oyto en soldo.( ¿ Brecheiro ? )
* Iten êna igllesia de San Mamed de Castro disero que avia y renda mays non sabian quanto.
* Iten ha o couto de Çesar que he cabo Sarrea e outros casares.
***********************************************************************************
O ARCEBISPO DE SANTIAGO FAI CESIÓN DO CASAL DAS CORTES A GONÇALVO RODRÍGUEZ DE PORTOMARÍN COA OBRIGA DE FACER UN MUIÑO NA DEVESA
( 31.12.1343 ). " Era de mill CCCLXXXI, o postrimeiro día de dezenbre , o señor arçobispo fez merçeede a Gonçalvo Rodriguez de Portomarin, e doulle en sua vida, o casal que chaman as Cortes, cos seus herdamentos e chantados, e ha de fazer hûa casa êno dito casal e pobrarlo e labrarlo e fazer vu moyno no lugar da Devesa, que e de herdamento do dito casal, e de cada ano por reconesçensa, hûa oytava de pan êno couto de Loyo, por dia de San Migell e, aa mortee do dito Guçal , fique o casal e o moyno libre e desenbargado ao señor arçobispo e pobrado o casal de dous boys e duas vacas e de dez roxelos.
***********************************************************************************
( 1392 ). Don Lope, Bispo Lugo, recoñece que as igrexas de Santa María de Baariz e Santa Cristiña de Paradela son do abade de Castro do Rei.
( 1399 ). El-Rei don Enrique confirmóu os previlexios doutros reis, entre eles o da xurisdición da igrexa de Buxán.
***********************************************************************************
FORO DUN CASAL EN ALDOSENTE
( 1400 ) O Mosteiro de Santa María de Castro do Rei aforalle un casal de herdade en Santiago de Aldosende a Rui Pérez.
^*************************************************************************************
( 1402 ) Foro de Remesar feito por frei Alonso López de Castro do Rei.
( 1430 ) Data inicial da formación do Tombo das Escrituras do mosteiro de Castro do Rei.
************************************************************************************
INVENTARIO DOS BENS DE SAN PEDRO DE PORTOMARIN E O COUTO DE LOIO E DE RECELLE E DE CESÁR
Isto é o que ten o arcebispo en Portomarín , no couto de Loio e nesa comarca, segundo que resulta por un caderno do tempo antigo , que envióu o eleito Pero Alvares de Portomarin , cando se ía a Castela que o achara ali. E o dito Pero Alvares mandou trasladado de verbo a verbo , segundo que de aqui endiante contén :
* Primeiramente, unha herdade na Parede, que chaman de Santiago e tena Vasco Fernandes de Portomarin , e din que é sua, que a tivo o seu avó e o seu pai ( en Ferreiro ). * Un casal no Castro de Neira , que está a poulo e non se pode achar quen o labre ( en Vilarmosteiro ).* Outro casal en Espialfe e Dasune. Dan o terzo e tres maravedis de foro ( ? ).* Outro casal en Grallás e dan del catro fanegas de pan e un maravedi de foros ( O Páramo ). * Outro casal en Vileiriz, e non está aforado ( O Páramo ) * Outro casal na Vila do Río . e non está aforado e ten as casas feitas.( ? ).* Cinco casares en Bravos e en Froxinde, teno Maria Afonso , muller que foi de Gomez Arias de Paradela e dá por elas catro terzas de pan ( Ferreiros ) * Iten outro casal na Parede. Teno Gomes Perez, fillo de Pero Nunes, e dá tres moios e catro maravedis de foros ( Ferreiros )* Outro casal en Parapar e dan por el do terzo e un maravedi e medio de foros ( Torre do Páramo ). * Outro casal no Fontao e finca por labrar o máis del ** E todos estes pertencen ao couto de Loio** ........
.......Un casal en Tosar, e dan por el duas oitavas e seis maravedis de foros ( Lousadela ) * Iten hai máis un casal na Armeá e dan por el cinco terzas de pan e oito maravedis de foros ( Armeá , en Láncara ).* Iten hai un casal na Aguiada e dan por el dez oitavas de pan e unha cuartela de viño e dous capons. E este casal teno un home que anda con Arias Lopes de Sarria e non puidemos haber con el cousa ningunha.* Outro casal ten Arias Lopes de Sarria en Rosende. Ten que darme dúas terzas de pan ( ¿ Rosende de Ortoá ? ) * Outro casal en Pacios . E tenos Xoán Yanes de Sarria . Paga dúas terzas de pan ( ¿ ).* Máis hai outro casal en Vila de Tres , e dan por el catro terzas de pan e catro maravedís de foros ( en Froián ). * E había en San Mamede outra herdade , e dan por ela unha terza de pan e cinco maravedis ( A Chanca ? ).* Hai outra herdade en Vilaverde e San Xulián de Chorente , e dan por ela dous terzos de pan e catro maravedis ( Terra de Froián )** Estes son os casares de Terra de Sarrea que volos desforan **
.......... Estes son os casares que están en Santalla Alta, que son no alfoz de San Xulián ( San Xulián da Pobra ).....* Primeiramente: Un casal en San Xoán de Celeste . * Outro casal en Quintela. * Outro casal en Vigo. * Outro casal que chaman Santalla Alta . * Outro casal na Vilanova. * Outro casal en Golas . * E sobre destes bens andamos nós en xuizo con Diego Sanches de Ribadeneira. Estes casares de Santalla Alta tenos un crego de San Xoán de Celliste, e Pero Yanes de Riaza , e dan, en cada un ano , de renda dez terzas de pan e dez maravedis de foros , e que fosen vasalos do noso señor o aecebispo. *
************************************************************************************
AS RENDAS DO LUGAR E COUTO DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN
( 1435 ) O lugar de Portomarin do cabo de Sarrea , co couto de Loio
Tivo arrendado certos anos pasados Lopo Afonso de Portomarín as rendas , e foros e dereitos que a vosa mercé ha de ter en cada un ano no dito lugar e couto, por catro mil maravedís de moeda branca en cada ano , prezo no que mandastes dar a dita renda por lle facer mercé non embargantes que eu Rui Martis achaba por ela cinco mil maravedis. E o dito Lopez Afonso colleu a dita renda en arrendamento , o ano pasado e este presente ano que se cumprirá por día de San Xoán de xuño do ano primeiro que ven de I mil CCCCº XXXVI e deberá a renda deses dous anos , dos que hai que rebaixar dous mil maravedis que a vosa mercé nel librou a Diego de Rio, o voso escudeiro e máis outros maravedís algúns se se amosase que deu polo voso mandado ou para a vosa despensa da vez postrimeira que fustes a Salamanca . E así val o dito lugar e couto , en renda de cada un ano , cinco mil maravedis.
( Informe de Rui Martis para o arcebispo de Santiago )
**********************************************************************************
FORO DO LEIRO DE BRICHEIRO
( 1438 ) O Mosteiro de Santa María de Castro do Rei afóralle a Men Rodríguez o Leiro de Bermil entre Santa Cristiña de Paradela e San Pedro de Bricheiro.
************************************************************************************
( 1443 ) Frei Vasco Fernández, abade de Castro do Rei , afora unha leira na Matança.
( 1443 ) Frei Vasco Fernández afora o lugar da Veiguela en Zouro.
( 1448 ) Foro de Val de Seixalvo , Val dos Cngos e Zouro.
( 1449 ) Foro dos mesmos lugares.
*************************************************************************************
FORO VELLO DE TUIMIL EN SAN PEDRO DE BARÁN
( Mosteiro de Samos ,3.08. 1473 ) IESUS
Sabean quantos esta Carta de foro viren como nós Don Lopo por la gracia de Deus Abbade do mooesteiro de Samos e os monjes do dito mosteiro estando juntados en noso Capitulo dentro en o coro da Yglijaa do dito mosteiro por son de campana tangida según que havemos de costume aforamos a vós DIEGO DE SAN GIAAO e a vosa muller TEREIJA PARDA e a outras dúas persoas en pus de vous hua depus outra qual o postrimeiro de vos nomeado en vida ou a tenpo do seu finamento e a outra qual nomeare aquela que por lo postrimeiro de vós for nomeada en non sendo nomeadas que sejan as máis de dereito herdasen vosos bees convén a saber a nosa herdade de TOIMIR DE BARÁN pertenesçente ás Aniversarias do dito noso mosteiro con todas as súas casas e herdades e a montes formaes e máis con todas as súas dereituras e pertenenzas por onde quer que ban a montes e a fontes sub signo de San Pedro de Barán con a LEIRA DE LAVANDEIRA que ARES GONZÁLEZ emprazóu a este dito foro según que vós todos trajedes a jur e a mao e a tal pleito e condiçión que fagades hua casa en dita herdade e a tenades feita e cuberta e reparada e todo en boo paramento e diades de foro en cada un ano vós e a dita vosa muller en vosa vida quatro tegas de centeo linpo de poo e de palla por tega dereita de Paradela e outras persoas en pos de vous que dar de cada ano cinco tegas de centeo por la dita teiga todo ao ovedenzal que for das Aniversarias do dito mosteiro e de Luitosa ao finamento de cada persona doçe moravedís de moeda bella , e si vós o dito DIEGO DE SAN GIAAO ou a vosa dita muller outra hua das ditas personas estuverades dous anos conpridos que non paguerdes este dito foro que por tal caso o foro sexa vaco e outrosí que si cada persona que depois de vous sucederen por dereito fasta trinta días primeiros siguintes que por este solo caso perda o foro, e este foro que non podades vender nin dar, nin subpignorar todo ô en parte del sin Licenza e outorgamento do dito mosteiro e ao finamento da postrimeira persoa que fique o dito foro de vós ao dito mosteiro livre e quito e desenbargado con todos los boos paramentos que en el foren fechos e eu o dito DIEGO DE SAN GIAAO que estóu presente assí reçivo o dito foro de vós o dito Señor Abbade e Convento por mi e por a dita miña muller e por as ditas nossas personas e obligo a mi e aos neus bees e Raís e aos outros de los presentes e avedeiros de atender conprir e pagar e gardar todas las condiçoes sovreditas e cada unâ delas o dito Don Abbade e Convento asi vous lo outorgamos , e porque esto seia certo e non beña en dúbida nós as ditas partes mandamos e rogamos que faga delo dúas cartas anbas en un tenor non mudando sustançia e assigne de seu signo e dia a cada parte a súa en testimonio de verdade que foi feito e outorgado en o dito mosteiro de Samos a tres días do mes de Agosto, ano do nasçimento de nosso señor Jesuchristo de mil quatroçentos e setenta e tres anos.
Frei Pedro, frei Diego, frei Gonzalvo de Quiroga, monjes do dito Mosteiro, Pedro Fenándes d ' Astamoi , presbítero, Vasco López de Armeá , Joán Fernandes de Freituje, e Diego de Ayán , cregos do Arcediâo de Samos.
***********************************************************************************
( 1479 ) Joan de Ayan , Prioiro de San Facundo de Ribas do MIño , fai foro a Álvaro de Preselas.
************************************************************************************
FORO DE RANDULFE E MILLARADOS EN SAN MIGUEL DE PARADELA
( 20 de abril de 1481 , no Mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño )
Ssabean quantos esta carta de aforamento viren como eu frei Abbade digo PEDRO ABADE do Mosteiro de Santa María de Castro de Rey con consentimento de ALDARA GONZALEZ e de MECÍA sua hirmá que tan presentes aforo a Berbo a vos RUI XORDO o nosso lugar de Randulfe e Millarados que es do dito meu mosteiro assi aforo a vos a ôtras tres perssonas depus vos que sexan fillos ou fillas vossas - vos nomeando en vossa vida o no tempo do vosso finamento nomeado que se entenda ser pressona deste dito foro aquel ô quella que heredar a maior parte de vossos vens en dereito comben a saber que vos aforo este lugar de Rendulfe e Mellarado a montes y a fontes entradas y saidas prados y pastos por donde quer que vaya su signo de San Miguel de Paradela a tal preito e condiçon que se non perça por ningua de labor e dibo paramento e dademe a mi e o meu mosteiro por ello en cada un ano dous ttegos de pan medidos por ttega dereita da ditta terra e dous ttegos de pan as ditas Aldara Gonzalez e Mecía sua hirman e no mes de agosto ou setembro e nonos dando en estos dous meses que eu o dito Roi Xordo o pague como valer nestes dous meses e eu o dito Abbade asi vos lo outorgo e obrigo a mi e os vens do Mosteiro de vos lo faceremos sâo e de paz durante as ditas perssonas e mas alende das perssoas por vinte e nove anos de vos façeremos sâo e de paz e eu o dito Roi Xordo que pressente estou por mi y en nombre das ditas perssonas assi os rescivo e obrigo a mi e a meus vens avidos e por haver de o labrar e reparar e pagar todo o contenido pos este foro e qualquer de nos que esto passar que perça de pena mill maravedis â outra parte e a voz del Rey que o faga ter e guardar e a pena paga ou non o dito foro seja firme , estable e valedeiro en su tiempo e lugar e porque seja mais firme rogamos ô notario Jusso escrito que faga delo duas cartas ambas en un tenor que foy feito e outorgado no mosteiro de San Facundo en vinte dias do mes de abrill del ano do Nazemento de nosso Señor Jesuchristo de mill e quatrocentos e oitenta e un anos testigos que fueron presentes Ares Lopez e Roy Gonzalez clerigos e Alonso de Vale e Pedro Ares de San Vicensso e outros e eu Alonsso Fernandez clerigo e notario do couto de San Fagundo a todo esto pressente fui con los ditos ttestigos e por mandado das diias pessonas a todo esto presente fuy e esta carta de foro escrivi e aqui meus signo e firma fixe en testimonio que es atal.- Alonso Fernandez clerigo notario.
( Copia trascrita no século XVII, o que explica os castelanimsos introducidos. Pertencente ao fondo documental do mosteiro de Monte de Ramo obrante no Arquivo Histórico Provincial de Ourense )
************************************************************************************
( 1497 ) Frei Pedro da Somoza afora o lugar de Zouro coa Carballeira da Matança " do camiño abaixo até o porto da Matanza.
( 1503 ) Frei Joan de Pradomao fai novo foro do lugar de Zouro.
( 3.06.1522 ) Frei Antonio Palomero, Abade de Monte de Ramo, por morte de Joan de Prado Mao, derradeiro abade de Castro do Rei, tomóu posesión dos bens mosteiráis por intermedio de frei Álvaro, primeiro prioiro e Lois Vázquez, mordomo, e déronlle a posesión o xuiz e vasalos do Couto.
( 4.06.1522 ) En Vilalpape recoñéceno Afonso de Barredo, " O Novo" e " O Vello" ( hai un inventario de bens )
**************************************************************************************
PREITO DE FIDALGUIA
( 1526 ) GÓMEZ ARES DE PARADELA, viciño de Paradela, segue preito na Sala de Fillosdalgo de Valladolid, para declaración de fidalguía´.
************************************************************************************* ( 1531 ) Presidente de Santa María de Castro do Rei : Frei Pedro Campelo.
( 1538 ) O Couto , do lugar de Cerxedo, pasa a Rui López.
( 1549 ) Frei Pedro Campelo, Presidente de San Facundo, afora o lugar de Cerxedo de Veiga de Abaixo..
*************************************************************************************
(1567 ) XOÁN LÓPEZ DAS PEREIRAS, viciño de San Pedro de Barán, segue pleito na Sala de Fillosdalgo de Valladolid, para declaración de fidalguía.
**********************************************************************************
( 1580 ) Principia o preito de Monte de Ramo co Conde de Lemos que rematará en 1626.
( 26.01.1580 ) Lope Sánchez de Quiroga era meiriño na xurisdición ou merindade de Paradela.
***********************************************************************************
( 1584 ) O Comendador de Portomarín con Elena Fernández, viuva de Fernando Aresm en reivindicación dos lugares de Tixibó, San Vicenzo de Paradela, metade do lugar de Gonderame , Viña da Horta e outros bens en Portomarín ( Real Audiencia de Galicia )
**************************************************************************************
( 1585 ) Preito dos viciños de San Pedro de Barán cos viciños de Santo André de Paradela polos montes
( 1589 ) Preito co Conde de Lemos encol da xurisdición civil e criminal do Couto de Castro do Rei Duróu dende 26 de xaneiro de 1580 até 21 de setembro de 1595. Ao mosteiro correspondíalle a xusrisdición civil e criminal no curral do mosteiro.
( 1592 ) Preito de Francisca Álvarez , viuva, con Domingos González e outros en reivindicación do lugar de Pacios en San Miguel de Paradela ( Real Audiencia de Galicia )
( 1596 ) Frei Francisco de Villerías, como abade de Montederramo ostenta o señorío de Castro do Rei e San Facundo.
( 1597 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Gonzalo Rodríguez e outros reivindicando un muiño e unha herdade en Sobreda ( Real Audiencia de Galicia ).
( 1597 ) Querela por cortar e cavar no monte do Rigueiro do Medio, en Castro do Rei.
( 1597 ) Foro de Monte de Ramo do lugar de Aldosende a Gómez de Sabadelle.
************************************************************************************
DATOS SOBRE O MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE LOIO
( MAURO CASTELLÁ FERRER, 1584 / 1600 ).- " O Mosteiro de Santa María de Loio foi a cabeza da Orde de Cabalaría de Santiago da Espada. .... Capitulo Quinto.- O seu propio nome é : Mosteiro da Nosa Señora de Loio; chámase así , porque está na ribeira do río Loio, de onde naceu o erro de chamaren os autores ao río San Loio e ao Mosteiro de San Loio. Pasa este Río a media légoa de Portomarín correndo dende a parte Oriental pola de Mediodía , e fenecendo na Occidental da mesma vila de Portomarín no Río Miño que pasa por ela. Dixen isto polo que importa para entendermos a Bulda de Confirmación da Orde que se referirá máis adiante . Sóbese dende o Río Loio ao Mosteiro nunha montañiña toda de viñas pequena , na que perto do río hai outra igrexa á que chaman: Santa Cruz de Loio: é antiquísima ; máis enriba está o referido Mosteiro a media milñla do dito Río. A súa traza , e feitura é cousa antiguísima . vina dúas veces, a primerira haberá vinte e dous anos , que foi no ano do Nacemento do Señor mil cincocentos oitenta e catro. Aínda estaba do Coro moita parte en pé, tiña as vieiras e hábitos de Santiago , consonte os traían antigamente. O que chamaban Cabido aínda estaba en pé , e algunhas Celas dos Freires. É pequena a Igrexa, coma as moi antigas de España. Ten unha imaxe da Nosa Señora antiga , por quen fai Deus moitas mercés a quen a visitan, tamén dun sino ou campá que hai neste Templo dí é antiguísima. Darredor da Igrexa no Cemiterio que a arrodeaba , había moitas sepulturas con hábitos de Santiago, ao xeito dos do Mosteiro de Vega; unhas estaban baixas rente coa terra, outras algo máis alats como a pé e medio, e destas había máis de dazaoito ou vinte . Había tamén no mesmo Cemiterio outros sete ou oito sepulcros grande, altos do chan como vara e media de medir, que terían algúns deles fr longo diez pés ou máis , e de largo catro, riba da coberta non tiñan escudo con armas , nin nas beiras , nin letreiro ningún , senó só o hábito de Santiago moi grande no medio da lousa , que tomaba máis da metade dela, como se traguía antigamente a feitura dos referidos do Moseiro de Vega, e como os outros do mesmo Cemiterio. Estas son as memorias que alcancéi a ollar ali e persoas de moito creto dicían que viran ali máis que esta."
" No ano do Señor 1600, voltéi por ali a ollalas de novo, por se achaba máis noticia, porque xa había moitos días que eu escribía esta historia. Achéi caído o todo o Coro, e o Cabido, e todo o demáis das Celas ; de todos os sepulkcros grandes e pequenos xa non achéi senón dous , a Igrexa en partes caída, e na que estaba en pé recollían o gado pola sesta, ou pola auga. Só un pobre labrego que ali a carón vivía, chamado Domingos de Loio, tiña coidado de pechar a porta, para que non entrasen dentro como soían . Das sepulturas e outros naturáis, que algúns deles , e outros da bisbarra , leváranas ( as sepulturas ) para edificios de adegas e lagares que hai ali ao redor, e da mesma maneira as táboas e tella do Coro, Cabido e Celas. Os mesmo certificaron que había poucos días levara daquel Cemiterio Xoán Pardo, viciño de Portomarín , unha pedra de sepultura, para unha súa que tiña en Portomarín, e levándoa enteira e sá sen ningunha crebadura ou fenda no seu carro, a carón da Ponte de Portomarín ( denantes de saír da Xurisdición que soía ser da Orde de Santiago ) desfíxose en atro anacos no mesmo carro, sen ter recibido dano o carro nin ter dado falso ou caída os bois. antes indo todo en sosego , que o tiveron por cousa milagreira. Deste xeito está ( se non acabóu xa de cair de todo ) a Casa que foi Cabeza da Orde de Cabalaría de Santiago da Espada , tan nomeada no mundo e ilustrada de riquezas en España: que de cantas Encomendas suxas gozan os grandes titulados e Cabaleiras dela , non fora mal cantado , que cada un deles dera algunha esmola por pequena que fose, para reedificar aquel Templo , que foi cabeza da súa Orde, porque xiquera estivese con algunha decencia m e cun Capelán que tivese e non fose cortello de gado."
" É a terra onde está o Mosteiro do Cabido da Apostólica Igrexa de Santiago, e o mesmo as igrexas que están perto. Tamén o Mosteiro é Igrexa Parroquial de gtres ou catro viciños que ali hai, e o capelán ou Cura que serve outra que está ali ( San Salvador das Cortes ) facíaos ir a lea, se algún Visitador non o remedióu despóis, Desta maneira case que se acabóu de arruinar unha das mellores antigüidades e máis de estimar que había en España. Poño isto aquí tan a propósito porque xa se lle acabaron as memorias , non se lle acabde a do moito que foi"
( Tomado da obra de Mauro Castellá Ferrer : ( 1610 ) " Historia del Apóstol de Iesus Christo Sanctiago Zebedeo Patrón y Capitán General de las Españas", Tomo II, pxs. 400 a 402).
************************************************************************************
( 1603 ) Preito dos viciños de San Pedro de Vilaragunte con Alonso Pérez, meiriño de Paradela , en autos pola Casa do Cárcere.
( 1604 ) Pleito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo , con Sabela González en reivindicación do lugar do Pereiro ( Real Audiencia de Galicia ).
( 1607 ) Preito do Mosteiro de Monte do Ramo e Castro do Rei , o seu anexo, con Xoán Rodríguez do Tumbiadoiro e outros en reivindcación do lugar de Bermil en Santa Cristiña de Paradela de Lemos ( Real Audiencia de Galicia ).
( 1607 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Xoán de Carreira e outros , en reivindicación dunha leira chamada de Entrada de Mallo e outras ( Real Audiencia de Galicia )
( 1607 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Xoán de Albariza z e outros, en reivindicación do lugar do Espiño ( Real Audiencia de Galicia ).
( 1610 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Miguel de Pena Corveira en reivindicación do lugar de Pena Corveira ( Real Audiencia de Galicia )
( 1611 ) Arrendo da metade das herdades da Abelairas, Couto de Buxán e Granxa de San Pedro, do mosteiro de Castro do Rei.
( 1622 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Priorado de San Facundo de Ribas do Miño con Pedro López de Monseiro en reivindicación do lugar do Lombao en San Facundo de Ribas de Miño ( Real Audiencia de Galicia )
( 1624 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Bartoloméu González, Gregorio Condomiña en reivindicación do lugar da Serra de Santa Cristiña de Paradela ( Real Audiencia de Galicia )
( 1624 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Alberte Augalevada e consortes , no que se ditou auto ordinario polos montes e estremas do Couto de Castro do Rei ( Real Audiencia de Galicia )
( 1626 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Antonio de Prado, crego de San Xoán de Remesar, no que se deu auto ordinario sobor da Leira do Sacadoiro ( Real Audiencia de Galicia )
*************************************************************************************
( 13.01.1629 ) FORAL DA VIÑA DA REDONDA.- Era do direito dominio da Catedral de Santiago de Compostela. Foreiro: O licenciado Xerome Díaz de Balboa, coengo de Santiago, pola súa vida e a vida de 3 reis. Recaía no prado, herdade e Viña da Redonda, en renda de 4 ferrados de centeo e 1 canado de viño.
( 18,04.1629 ) FORAL DO LUGAR DO POZO.- Era do direito dominio do Cabido da Catedral de Santiago. Bens na parroquia de San Xoán de Loio. Foratario: O capitán Gregorio de Villar e Castelo, casado con Clara de Estrada e tres vidas de reis máis. Renda: 18 ferrados de centeo, 1 canado de viño tinto e unha quinta parte das uvas.
*************************************************************************************
( 1630 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Pedro de Nai e outros polo lugar de Nai ( Real Audiencia de Galicia )
( 1630 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Xoán Cazón e outros en reivindicación dos lugares de Cazón en San Vicenzo de Igrexafeita ( Real Audiencia de Galicia )
( 1631 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Priorado de San Facundo de Ribas de Miño co capitán Gregorio de Villar e consortes reivindicando por unhas leiras no Couto de Santa Marta de Seixón ( Real Audiencia de Galicia ).
( 1631 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Fernando de Pol e consortes en reivindicación do lugar de Cazón ( Real Audiencia de Galicia )
( 1631 ) Preito do Mosteiro de Monte do Ramo e Castro do Rei, o seu anexo , con Xoán López de Vilagudín e outros, en reivindicación dos lugares de Ribas e Vilagudín ( Nespereira ) aos que saíu en terceiría o Mosteiro de Samos ( Real Audiencia de Galicia )
( 1631 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Diego de Berbetouros me outros en reivindicación dos lugares de Riocabo de Arriba e Riocabo de Abaixo ( Real Audiencia de Galicia )
( 1631 ) Disposición de bens foribles en Bóveda, Xullán, Veiga en Cerxedo e Vilamaior.
( 1632 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castrio do Rei con Fernando de Cambre en reivindicación dunha renda en San Vicenzo de Igrexafeita ( Real Audiencia de Galicia )
( 1633 ) Preito do Mosteiro de Montederramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Alonso de Vidueiro en reivindicación da herdade da Lama do Monte. ( Real Audiencia de Galicia )
( 1633 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei , o seu anexo, con Xoán da Torre e outros, en reivindicación dos lugares das Bustaregas e Foilebar ( Real Audiencia de Galicia )
( 1633 ) Preito do Mosteiro de Monte do Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Antonio de Prado , crego de San Xoán de Remesar, no que ditaron auto ordinario polos montes desa freguesía e as súas estremas ( Real Audiencia de Galicia )
( 1633 ) Discusión co Cura da Cervela polos desmo da Matanza . Houbo querela na contra do crego e o Bispo de Lugo recibiu a información.
( 1634 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Tomé Rodrúguez, crego de Vilacaíz , no que se deu auto ordinario pola herdade da Lama do Monte ( Real Audieincia de Galicia )
( 1634 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Xoán de Riocabo e outros en reivindicación do lugar de Riocabo de Cima ( Real Audiencia de Galicia )
( 1634 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei,o seu anexo, con Bartoloméu Fernández acusado de inxurias graves a frei Xoán de Quintanilla ( Real Audiencia de Galicia )
( 1634 ) Auto sobre montes , rendas e desmos: Remesar.
( 1636 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Diego Berbetouros e outros en reivindicación do lugar de Millarados en San Miguel de Paradela ( Real Audiencia de Galicia )
( 1639 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Xoán González e outros, en reivindicación de Casderando co seu pombal , a herdade da Entrada do Cadaval e outros bens en Castro do Rei ( Real Audiencia de Galicia )
( 1640 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Pedro González de Vilelos e outros en reivindicación dun lugar ( Real Audiencia de Galicia )
( 1640 ) Fíxose escritura de concordia co Conde de Lemos polas partes que o Couto de Castro do Rei estremaba coa Lobataira e Marquesado de Sárria, perante Martiño López . Puxeron novos marcos e a escritura gardouse en Monte de Ramo.
( 1641 ) Nomeamento da terceira e derradeira voz no foral de medio lugar de Paredes de Riba.
( 1642 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Brais López e outro reivindicando o lugar de Ribas en Santiago de Nespereira ( Real Audiencia de Galicia )
( 1643 ) Preito dos viciños de San Salvador das Cortes e Miguel das Cortes con Diego de Berbetouros sobor cobramento de rendas a excesivos prezos e outras vexacións ( Real Audiencia de Galicia ).
( 1643 ) Documentación da Devesa de Santiorxo e Casa Grande do direito dominio de Monte de Ramo e Castro do Rei.
( 1644 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Domingos San Martiño e consortes en reivindicación do lugar de San Martiño no Couto de Castro do Rei ( Real Audiencia de Galicia )
( 1644 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e de Castro do Rei, o seu anexo, con Pedro do Campo e consortes revindicando o lugar de Bacorelle. ( Real Audiencia de Galicia )
( 1648 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Priorado de San Facundo de Ribas de Miño, o seu anexo, con Frnncisco López do Campo en reivindicación dunha adega en Santalla de Paradela ( Real Audiencia de Galicia ).
( 1648 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo. con Domingos de Barredo e outros, en reivindicación do lugar de Abeledo e outros bens do Priorado de San Facundo ( Real Audiencia de Galicia )
( 1649 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, con Pedro das Cortes , sobor de reclamación de bens ( Real Audiencia de Galicia )
( 1649 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Castro do Rei, o seu anexo, contra Pedro Nobo e consortes reivindicando o lugar de Bacorelle ( Real Audiencia de Galicia )
( 1649 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Priorado de San Facundo de Ribas de Miño con Pedro das Cortes en reivindicación da Adega da Pía e outros bens ( Real Audiencia de Galicia )
( 1649 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Priorado San Facundo de Ribas de Miño con Dmingos Rodríguez e outros en reivindicación dunha casa cuberta separada cun curral e dous hortos en par.( Real Audiencia de Galicia )
( 1650 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e Priorado San Facundo de Ribas de Miño con Gregorio de Villar e consortes en reivindicación do Couto de Seixón. ( Real Audiencia de Galicia ).
( 1656 ) Preito de Diego de Berbetouros , dono da vila de Portomarín, parte de San Pedro e a súa xurisdición , con Miguel das Cortes, de San Salvador das Cortes, e consortesm auto ordinarip pola percepción de 3 canados e medio de viño pola Viña das Quintas e outras cousas. (/ Real Audiencia de Galicia ).
( 1664 ) Preito do Comendador de Portomaríbn con dona Antonia Montenegro e consortes polo lugar de San Vicenzo de Paradela, chamado O Barrido ( Real Audiencia de Galicia )
( 1664 ) Autos e provisións na contra dos alcaldes de Lemos sobor de montear e cazar nos montes do Couto de Castro do Rei.
( 22.11. 1674 ) Foro do lugar de Cerxedo de Abaixo da Veiga , feito por frei Cristovo Escudero , abade de Monte de Ramo.
( 1683 ) Foro de casas e un horto en Cerxedo a favor de Brais López.
( 1685 ) Preito de Felipe Fernández Gutiérrez, arrendatario da Tenza de Portomar´ñin polo Deán e Cabido de Santiago, con Xoán Rodríguez da Pena , de San Salvador das Cortes por pagamento de renda ( Real Audiencia de Galicia ).
( 1693 ) Venda e posesión de bens. Despacho de Cruzada e buldas.
( 1697 ) Prioiro de Castro do Rei: Frei Sebastián Caballero.
( 1697 ) Foro do lugar de Zouro: " Cantos viren a presente carta de foro saiban como nós o P Mª Don frei Xoaquín Ochoa, Abade do Real Colexio de Monte de Ramo e dos seus coutos e Xurisdicións . e o P. frei Sebastián Caballero , Prioiro do Priorado de Castro do Rei, orde de San Bernardo , en virtude do apoderamento que temos do P. Prioiro e conventuáis do dito Colexio, en cuxa virtude aforamos e damos en foro a vós Martiño Díaz, Martiño García, Domingos Gómez, Gregorio Díaz , que estades presentes para vós e as vosas mulleres , fillos e herdeiros e para os máis consortes e coherdeiros no dito lugar, é a saber que vos aforamos e damos en foro o noso LUGAR DE ZOURO incluso no noso Couto de Castro do Rei, con todas as súas casas , cortes , celeiros e curráis, segundo se divide e demarca polas partes seguintes, " Comezando pola Pena Maior de Pena Alba e dali ao Marco da Devesela, e á Pena Furada do Crichal, de ali ao Penedo dos Lobos, dali ao Marco que está dentro da Cortiña da Matanza e dali ao Marco da Pedra Efrentada, seguindo ao Camiño da Cervela ao Marco de Gorgorolo e dali ao Marco do Arribado que está entre o lugar do Couso e o de Cerxedo e dali a outro Marco que está na cabeceira de Val de Cangos e dali a outro que está entre O Couso e A Carballosa e dali vai augas vertentes por direito á dita Pena de Penalba, e dentro das demarcacións está a ermida do Señor San Tomé que todos a teredes coa decencia que se debe ao parecer do Padre Prioiro que é ou for no noso Priorado e os demáis viciños ...........
( 1698 ) Preito do Mosteiro de Monte de Ramo e o Priorado de San Facundo de Ribas do MIño con Domingos de Santalla e consortes en reivindicación de lugar do Cereixal ou de Lope "Dureszu " ( Real Audiencia de Galicia )
( 1699 ) Arrendo da Viña da Porta ( Baamorto ) do direito dominio de Monte de Ramo e Castro do Rei a Domingos da Serra.
****************************************************************************************
( 1701 ) Preito dos viciños de Veiga , freguesía de Santa María de Ferreiros, con Martiño López e a Xustiza de Paradela , polos pastos da outra banda do río.
*************************************************************************************
17... ( ? ) Preito do Convento de Santa María Madalena de Sárria con Lourenzo Rodríguez e consorte en reivindicación de bens no lugar de Teibade, freguesía de Santa María de Vilaragunte ( Real Audiencia de Galicia )
( 1707 ) Foro de Leira, Viña, Devesa de Barredo do direito dominio de Monte de Ramo e Castro do Rei a D. Diego Somoza.
( 1708 ) Foro de Ferreira do direito dominio de Monte de Ramo e Castro do Rei a Xosé Sánchez.
( 1711 ) Obrigas dos viciños de Xestosa e Pàrraga co mosteiro de Monte de Ramo e Castro de Rei.
( 1718 ) Concordia coa Confraría de Ánimas de Castro do Rei de Lemos.
( 1721 ) Visita ecñlesiástica ás ermidas de Castro do Rei : A Nosa Señora das Neves ( Cerxedo ), Santo Tomé ( Zouro ), San Martiño, San Roque, Avocación ( Acevedo ) , A Nosa Señora ( O Pereiro ), Santa María e San Xosé ( Paredes ).
**************************************************************************************
PREITO DE FIDALGUÍA
( 1737 ) DOMINGOS LOUREIRO SÁNCHEZ, viciño de Outeiro, en Santa Cristiña de Paradela , seguiu preito para declaración de fidalguía , na Sala dos Fillosdalgo de Valladolid.
************************************************************************************
( 1743 ) Foro do lugar de Alence ( Cerxedo ) do direito dominio de Montederramo e Castro do Rei a Manuel Pérez.
************************************************************************************
ALCIPRESTÁDEGO DE PARADELA
CURATOS
ALDOSENDE ( Santiago ). De provisión leigal polo Conde de Taboada. Renda ; 1.100 reáis.
BARÁN ( San Pedro ), con San Xulián de Meixente e Santa María de Ortoá . Presentación do Mosteiro de Samos.
CASTRO DO REI DE LEMOS ( Santa María ). Presentación do Mosteiro de Montederramo ( Ourense ), que nomea un monxe para atendela.
CORTES ( San Salvador das ), con San Martiño de Castro e San Pedro da Cova. Provisión de El Rei e o Bispo de Lugo. Renda: 3.000 reáis. ( A parroquia de San Pedro da Cova foi suprimida e non se garda memoria do punto onde estivo a igrexa ).
LAXE ( Santiago da ), con Santa María de Francos. Leigal, de provisión do Señor do Couto de Pol . Renda: 2.200 reáis.
LOIO ( San Salvador ). Leigal, provisión polo Conde de Amarante. Renda : 500 reáis.
( ......Loio ( Santa María ). " Nullius diocesis". Formada por algúns veciños de Loio e das Cortes. O arcebispado de Santiago soía encomendarlle a cura de almas ao párrroco das Cortes ......)
PARADELA ( San Miguel ) , con San Lourenzo de Suar . De provisión leigal do Conde de Lemos. Renda: 2.200 reáis. ( Na Idade Media está documentada a igrexa de San Pedro de Paradela, en Bricheiro , que no século XVIII se coiñecía como " Sincura de Bricheiro ". Consérvanse topónimos locáis referidos á ubicación da igrexa , que se situaría nunha aira da aldea.
PARADELA ( San Vicenzo ), con San Mamede de Castro. Leigal de provisión polo Conde de Lemos. Renda: 3.300 reáis ).
PARADELA ( Santalla ). De provisión por El Rei e o Bispo de Lugo. Renda: 3.300 reáis.
.......... PINZA ( San Salvador da ), con Santa María de Belante e San Miguel de Biville. Provisión por El Rei e o Bispo de Lugo......... ( As tres parroquias formaban coutos independentes pertencentes a señores territoriáis ).
RIBAS DE MIÑO ( San Facundo ). Priorado do mosteiro bernardo de Montederramo ( Ourense ), que nomeba un monxe para atender a "cura de almas".
.......VILAMAIOR ( Santa María ) con Santo André de Paradela. De provisión leigal na que se turnaban o dono da casa e xurisdición de Goián, Marqués de Viance e outros partícipes. Renda: 2.200 reáis..... ( Santa María de Vilamaior era coñecida como Santa María de Vilamaior de Paradela ou Santa María da Lobataira..... Nesta parroquia os días 15 ( e 16 ) de cada mes tiña lugar a Feira de Paradela , no Campo de Palacio ou Campo de Tambarría ).
VILARAGUNTE ( Santa María ) , con Santiago de Andreade . Laigal, de provisión polo Conde de Lemos. Renda: 3.300 reáis.
...............................................
A parroquia de Santa María de Ferreiros pertencía ao Alciprestádego de O Páramo-Gondrame.
FERREIROS ( Santa María ), con San Vicenzo de Gondrame. Curato da Encomenda da Orde de San Xoán do Hospital de Xerusalén-Orde de Malta.
( No século XVIII foi suprimida a vella igrexa parroquial situada no lugar da Airexe, e foi trasladado o culto á que fora capela do desaparecido Hospital de Mirallos ).
*************************************************************************************
PREITO DE FIDALGUIA
( 1757 ) BIEITO ANTONIO DE GUITIÁN SOMOZA, natural da Casa da Abelaira, viciño de Portomarín, segue preito para declaración de fidalguía, na Sala dos Fillosdalgo de Valladolid.
***********************************************************************************
( 1764 ) Expedientes de comprobación de bens, rendas e cargas das freguesías das xurisdicións de Castro do Rei de Lemos, Paradela, San Pedro de Portomarín e Tras Loio e coutos da Terra de Paradela ( consultables en Pares )
*************************************************************************************
( 1792 ) Preito de Xoán Domingo, presbítero, abade de San Miguel de Paradela, con Ramón e Gabriel Castro polos casares de Regufe e Leborín e bens a eles corrrespondentes.( Real Audiencia de Galicia )
************************************************************************************
UNHA FEIRA PARA SANTA MARÍA DE FERREIROS
( 1807 ) Bartoloméu Fernández e Xosé, por eles e polos viciños de Santa María de Ferreiros solicitan a creación dunha Feira na freguesía. ( Non foi concedida )
**********************************************************************************
PRIORADO E PARROQUIA DE CASTRO DO REI
( 18.07.1809 ) LIBRO DE BAUTIZADOS que dá comezo en 18 de xullo de 1809 , fíxose este libro por terse perdido o anterior deste co motivo de ter entrado nesta parroquia o exército francés mandado polo Xeneral Soult en 3 de Xuño do dito ano e ter estado aquí acampado por espazo de 7 días e aínda que despóis se percuraron cos máis libros -dilixencias os libros que se ían sentando as partidas de bautizados e outros libros e papéis que xuntos estaban nunha caixa encerrados no lugar de As Reigañas , nin se achóu o caixón nin os libros nin cousa que fose de utilidade nin proveito"
*************************************************************************************
( 1811 ) Pleito de Francisco Antonio Álvarez , crego de San Miguel de Paradela e San Lourenzo de Suar, cos provisores de LUGO , no que se ditóu auto de forza eclesiástica , en razón de varios procedementos e renuncia do curato.
( 1818 ) Pleito de Francisco Antonio Álvarez , cura párroco de San Miguel de Paradela e San Lourenzo de Suar, con Alexandre López Bande e consortes , no que se ditóu auto ordinario por pagamento de patacas.
*************************************************************************************
( 1820 / 1823 ) CONCELLOS CONSTITUCIONÁIS
CONCELLO CONSTITUCIONAL DE CASTRO DO REI DE LEMOS.- Capitalidade en Santa María de Castro do Rei. Partido Xudicial de Sárria.
CONCELLO CONSTITUCIONAL DE PARADELA.- Capitalidade en San Miguel de Paradela.. Partido Xudicial de Sárria.
CONCELLO CONSTITUCIONAL DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN.- Con capitalidade na vila de San Pedro de Portomarín, na beira esquerda do río Miño ). Partido Xudicial de Lugo,
*************************************************************************************
( 1826 ) DICCIONARIO MIÑANO
CASTRO DE REI DE LEMOS.- Freguesía . Couto Real. Abadía de España en Galicia, provincia de Lugo. Cabeza de XURISDICIÓN do seu nome. Xustiza Ordinaria. 240 viciños, 1.238 habitantes. Unha parroquia que abrangue as aldeas da Abeilloroá, Bacorelle, As Bustaregas, Foilebar, Cerxedo, A Carballosa. Os Chaos. A Enxamea, Espiño , O Folgar, Ferreira, A Edrada, A Matanza, A Mámoa, O Mazo de Abaixo, O Mazo de Arriba, O Mosteiro Vello, Mide, Paredes de Abaixo, Paredes de Arriba, Portocarreira, A Parrocha, Preselas, O Pereiro, Penavorveira, O Rañadoiro, San Martiño, A Seara, O Sacadoiro, Val do Couto, Uceira Branca, Vilachá, Zouro, O Bidueiro, Valmigallo, Bariz e Feás. É Priorado de Bernardos. Está a 3 légoas N.O. de Monforte , en país montañoso que só produce algún centeo, e hai na súa xurisdición 11 teares nos que se fabrican darredor de 200 varas de lenzo, 100 de estopa e 86 de picote. Abonda de leña e soen collerse nalgúns dos seus pobos un pouco de trigo e patacas dabondo.
XURISDICIÓN DE PARADELA.- Xurisdición Señorial e F. de España, en Galicia , provincia e bispado de Lugo . Componse de 9 freguesías, a saber: 1.- Santiago de Andreade. 2.- Santalla de Paradela. 3.- Santalla de Paradela. 4.- Santa Cristiña de Paradela. 5.- San Vicenzo de Paradela. 6.- San Facundo de Ribas de Miño. 7.- San Lourenzo de Suar. 8.- San Pedro de Barán. 9.- Santa María de Vilaragunte. Dista 6 legoas da capital e 16 de Santiago.
XURISDICIÓN DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN.- Xurisdición Señorial de España, en Galicia, provincia e bispado de Lugo. Compreende a freguesía do seu nome e 6 máis : 1.- San Martiño de Castro. 2.- San Mamede de Castro. 3.- San Salvador das Cortes. 4.- Santa María de Francos. 5.- Santiago da Laxe,6.- San Xoán de Loio. Dista 4 légoas da capital e 14 de Santiago
( A parroquia de Santa María de Ferreiros formaba parte da Xurisdición de Sn Xoán de Portomarín- Encomenda de Portomarín da Orde de San Xoán do Hospital de Xerusalén - Orde de Malta )
( A parroquia de Santiago de Aldosende formaba parte da Xurisdición de Taboada )
************************************************************************************
( 29.01.1837 ).- CELADORES DE POLICÍA NO CONCELLO DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN
1.- SAN PEDRO DE PORTOMARÍN : Domingos Souto e Francisco Arias. 2.- SAN XOÁN DE LOIO: Domingos López e Nicolau Arias. 3.- SAN FACUNDO DE RIBAS DE MIÑO: Bieito Pérez da Adega e Xosé Vila. 4.- SAN MARTIÑO DO CASTRO: Xoán Varela e Xosé Fernández. 5.- SAN MAMEDE DO CASTRO: Martiño López de Igón e Pedro López. 6.- SANTA MARÍA DE FRANCOS: Manuel Lóepz e Francisco López. 7.- SANTIAGO DA LAXE : Xoán López e Manuel Pérez. 8.- SAN SALVADOR DAS CORTES: Antonio López e Domingos López Vilar.
***********************************************************************************
ELECCIÓNS DO ANO 1837.- PARTIDO DE SÁRRIA.- DISTRITO DE SÁRRIA
Formado polos Concellos de Sárria, Vilouzán, Castro do Rei de Lemos, Samos, A Pobra de San Xiao, fracción de San Xoán e San Pedro de Portomarín, fracción de Neira de Xusá e fracción da Somoza Maior.
**************************************************************************************
ELECTORES DO CONCELLO CONSTITUCIONAL DE CASTRO DO REI DE LEMOS
( BOP, 24.09.1837 ).- Parroquia de Castro do Rei de Lemos: Manuel Díaz do Outeiro , Elías López do Mazo, Sebastián Díaz de Bariz, Manuel Valcarce de Pallares, Domingos de Castro de Bariz, Gregorio Armesto de Acevedo, Xosé González do Vidueiro, Ramón González do Rañadoiro, Xosé López do Espiño, Domingos Lóepz, Francisco López de Preselas, Ramón Méndez das Bustaregas, Francisco Díaz, Froilán de Castro , Félix López de Bacorelle, Francisco Rodrígue da Abelleiroá, Antonio López do Val do Couto, Domingos López de Vilachá, Baltasar López, Xoán Luis Núñez, Ramón Armesto de Cerxedo. Luis López, Domingos López de Paredes , Gregorio López, Antonio Pérez do Folgar e Domingos Pérez. ** Parroquia de San Xoán de Sobreda.- Pedro Rodríguez de Saaevdra, Francisco Losada, Xosé López de Lamapodre, Xosé González, Francisco Losada da Pena, Antonio López Monterredondo. ** Parroquia de Santiago de Aldosende.- Antonio López do Colado, Francisco López de Aldosende, Felipe López, Domingos Rodríguez. Domingos Cereixal, Froilán Vázquez, Pedro Arias, Francisco Arias de Vidul , Antonio López de Lusoiros e Xosé López de Gondar.
**************************************************************************************
( 1840 ) CONSTITUCIÓN DO SEGUNDO CONCELLO CONSTITUCINAL DE PARADELA
Formouse coas freguesías da antiga Merindade ou Xurisdición de Paradela , as parroquias que formaran o Couto de San Pedro de Portomarín ou de Tras Loio ( agás San Pedro de Portomarín, que se integróu no concello de San Xoán de Portomarí, partido xudicial de Chantada ) e as parroquias de Santiago de Aldosende e Santa María de Ferreiros. ( Nalgunha das relacións de parroquias figuraba a parroquia de Santa Marta de Ribas de Miño, que acabóu unida á de San Facundo ). A capitalidade municipal estableceuse en San Miguel de Paradela ). Parroquias que conformaron o Concello de Paradela : 1.- Santiago de Aldosende. 2. - Santiago de Andreade. 3.- San Pedro de Barán. 4.- San Mamede de Castro ,5.- San Martiño de Castro.6.- Santa María d Castro de Rei de Lemos 7.- San Salvador das Cortes , 8.- Santa María de Ferreiros.9.- Santa María de Francos 10.- Santiago da Laxe , 11.- San Xoán de Loio , 12.- SAN MIGUEL DE PARADELA. 13.- San Vicenzo de Paradela. 14.- Santa Cristiña de Paradela, 15.- Santalla de Paradela. 16.- San Facundo de Ribas de Miño , 17.- San Lourenzo de Suar 18.- María de Vilaragunte .
*************************************************************************************
OBRAS FEITAS NOS CAMIÑOS DO CONCELLO DE PARADELA
( 1843 ).- Direitor das obras, o alcalde : Antonio Pérez.
Camiños de carril abertos de novo: 610 varas cadradas. Camiños de carril, obras de composición: 4.530 varas cadradas. Camiños de ferradura abertos de novo: 425 varas cadradas. Pontes novas: 1. Pontes arranxadas: 4. Alcantarillas novas; 150 varas cadradas, Camiños de cabalerías : 0. Calzadas novas: 508 varas cadradas. Calzadas compostas: 10.080 varas cadradas. Calzadas de carros: 2.026 varas cadradas. Xornáis de obreiros: 508 reáis. Xornáis de braceiros: 10.080 reáis. Valor das realizacións: 75.100 reáis.
*************************************************************************************
VENDA DE BEN NACIONAL EN CASTRO DO REI DE LEMOS
( 1843 ) Posta en venda do Monte da Rigueira, no Pereiro ( Castro do Rei de Lemos ) de 30 ferrados de cabida , que pertencera ao Cabido da Catedral de Lugo. Tiña un valor en renda de 300 reáis e estaba capitalizado en 3,600 reáis )
************************************************************************************
DISTRITOS ELECTORÁIS
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 13.08.1844 ) As parroquias do Concello de Paradela estaban repartidas entre o DISTRITO DE MARTÍN ( Castro do Rei, Vilaragunte, Barán, San Miguel, San Vicenzo , Santalla e Santa Cristiña e Sura ) e DISTRITO DE PORTOMARÍN ( San Mamede de Castro, San Facundo, San Martiño de Castro, Loio, As Cortes, Ferreiros, Francos e A Laxe ),
*************************************************************************************
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE OURENSE, 11.02.1845 )
CAUSA CRIMINAL POLO ROUBO E ASASIÑATO DE D. FRANCISCO ÁLVAREZ BUILLA, PÁRROCO DE SAN MIGUEL DE PARADELA.
Nº 136.- Xulgado de Primeira Instancia de Sárria.
Na causa criminal pendente neste Xulgado e escribanía de Vaamonde polo roubo e horroros asasiñato cometido na casa e persoa de D. Francisco Álvarez Builla, cura de San Miguel de Paradela, acordéi o arresto de Francisco López, de Sesmonde, parroquia de Santiago da Laxe, e Luis López, fillo de Froilán , de Santa María de Vilaragunte, que non puideron seren habidos en medio das dilixencias na súa solicitude practicadas; polo que se exorta ás autoridades da provincia coa fin de que por cantos medios lles suxira o seu celo se sirvan percuraren a súa captura, remitíndoos ao dispor do tribunal, coa debida seguridade, caso de seren apreendidos , pois ao efecto van de segudo os seus sináis.
Sárria, 3 de febreiro de 1845.- Xosé García.
Sináis de Francisco López .- Idade 23 anos, estatura 5 pés ben cumpridos, pelo negro, cara redonda. cor boa, barba lampiña, nariz regular, ollos negros ; veste chaqueta e pantalón de dazaoiteno, chaleque negro e sombreiro portugués.
Idem de Luis López.- Idade 24 anos, estatura 5 pés escasos, pelo castaño, cor trigueña. barba lampiña, ollos castaños, algo picado da virola ; veste sombreiro calañés, chaqueta e pantalón de pano pardo e chaleque azul xa usado.
************************************************************************************
( BOP DE OURENSE, 19.08.1847 ).- Comandancia Militar do Cantón de Sárria.-
No sumario que estóu instruindo con comisión do tribunal de guerra de Galicia polas ocorrencias habidas entre paisáns e carabineiros o 15 de xaneiro último na Feira de Paradela ( * ), acordéi o arresto de Xosé, Manuel e Elías Méndez , irmáns, e de Estevo Chorra, todos viciños do pobo de Mosteiro Vello, parroquia de Santa María de Castro do Rei de Lemos, mais non foron habidas en medio das dilixencias practicadas ; e sen prexuizo de chamalos por editos e pregóns na forma ordinaria, dispuxen tamén exortar a todas as autoridades de Galicia por medio dos Boletíns oficiáis para que se dignen procurar a captura dos enriba ditos e remitilos ao meu dispor co seguro necesario , a cuxo fin se expoñen a continuación os seus sináis e vestiduras. Sárria, 12 de agosto de 1847.Xosé de Artazu.
Sináis de Xosé Méndez.- Idade 32 anos, estatura menos de 5 pés, pelo e ollos castaño escuro, barba pouco, nariz afiado, cara redonda, cor boa ; veste chaqueta e pantalón de pano pardo, chaleque negro e sombreiro rondeño.
Idem de Elias Méndez.- Idade 28 anos, estatura 5 pés, pelo e ollos castaño oscuro, barba pouca, nariz afiado, cara redonda, cor rubicunda, moi robusto ; veste pantalón e chaqueta de pano dazoiteno pardo, chaleque de tea e sombreiro rondeño.
Idem de Manuel Méndez.- Idade 23 anos , estatura moito maior de 5 pés , pelo castaño rizo, ollos castaños , barba pouca , nariz regular , cara redonda, cor boa ; veste chaqueta de pano de Béjar , e algunha que outra vez zamarra , pantalón azul celeste e outro de pano pardo, chaleque de cor e sombreiro rondeño.
Idem de Estevo Chorra.- Idade 56 años, estatura algo maior dos 5 pés, pelo canoso, ollos negros birollos ,barba pouca e canosa tamén, nariz anchi, cara fraca, cor trigueña ; veste chaqueta e pantalón de pano pardo e sombreiro alto da fábrica de Salvaterra.
***********************************************************************************
( 1848 ) DICCIONARIO MADOZ.
PARADELA.- Xurisdición na antiga provincia de Lugo composta das freguesías de Andreade , Paradela ( Santa Cristiña, Santalla, San Miguel e San Vicenzo ), Ribas de Miño, Suar, Brán e Vilaragunte, cuxos xuíces ordinarios eran nomeados por diversos partiícipes que exercían o señorío.
PARADELA.- Concello na provincia e diocese de Lugo ( 5 1 /2 légoas ), audiencia territorial e capitanía xeral de A Coruña ( 20 ) e partido xudicial de Sárria ( 2 ). SITUACIÓN: Na esquerda do Miño. CLIMA: No xeral beigno e san abodo, Componse das FREGUESÍAS de Aldosende ( Santiago ), Andreade ( Santiago ), Barán ( San Pedro ), Castro ( San Mamede ), Castro ( San Martiño ), Castro de Rei ( Santa María ), Cortes ( San Salvador das ), Francos ( Santa María ), Ferreiros ( Santa María ), Laxe ( Santiago da ), Loio ( San Xoán ), PARADELA ( San Miguel ), Paradela ( San Vicenzo ), Paradela ( Santa Cristiña), Paradela ( Santalla ), Ribas de Miño ( San Facundo ), Suar ( San Lourenzo ), Vilaragunte ( Santa María ), que contan cunhas 850 CASAS nun considerable número de lugares ou aldeas. pero non a ten propia para o Concello. O seu TERMO estrema por N co do Páramo, a L. Sárria, por S Láncara ( * erro é con O Incio e O Saviñao ), e polo O. Río Miño- O TERREO participa de monte e chaira de boa calidade e disfruta da rega que lle proporcionan os moitos regueiros que o percorren. Crúzano CAMIÑOS que dende Sárria e Monforte se dirixen a Portomarín. Neste punto recibe o CORREO por medio dun peón. PRODUCIÓN: No xeral centeo, patacas, millo , liño, legumes , hortarizas , castañas e algunhas outras froitas; cría gado preferindo o vacún e os porcos; hai caza de lebres, perdices e outras aves. INDUSTRIA : A agrícola e pecuaria; as mulleres adícanse ao fiado e tecido cando llelo permiten os labores do campo; hai algúns artesáns de primerira necesidade que exercen os seus oficios por tempadas. COMERZO: O que lle proporiconan as feiras e mercados inmediatos , e o que se celebra o día 3 de cada mes en Castro do Rei onde se beneficia o gado, froitos e teas. POBOACIÓN: 848 viciños, 4.243 almas. RIQUEZA IMPOÑIBLE: en razón de cada habitantes, 54 reáis e 3 maravedís-
**************************************************************************************
( 1852 ) ASALTO DA REITORAL de Santa María de Francos , con maltrato ao párroco. Foron detidos
Xosé María Souto, de Caborrecelle ( Portomarín ) , natural de Betanzos e Francisco López, de Santiago da Laxe.
************************************************************************************
PERCURA DUN VENDEDOR DE CHAPEUS
( 1854 ) ESTEVO LÓPEZ LÓPEZ, @ " Chorra", viciño de Castro de Rei de Lemos. vendedor de chapeus de Salvaterra, estaba rquisitoriado pola garda civil´Tiña 60 anos, era alto, con pelo e barba canos. ollos virados e azuis, cellas mestas, mariz groso , cara abultada na fazula dereita. Vestía somonte pardo , con sombreiro, moitas veces alto de Portugal.
*************************************************************************************c
BENS DO ESTADO EN PARADELA
( 1858 ) 2 ferrados de trigo, 95 fanegas de centeo, 3 ferrados de castañas, 233 canados de viño, 8 galiñas, 60 libras de touciño, 2 libras de cera, 1 carneiro, 1 cabrito, 2 capóns e 226 reáis.Correspondían a rendas que foran das Monxas Recoletas de Lugo, Priorados da Raíña, San Facundo e Castro do Rei e do clero parroquial. Valor desas rendas: 7.796 reáis.
***************************************************************************************
BENS DO ESTADO EN PARADELA
( 1859 ) 3 ferrados de trigo, 90 fanegas de centeo , 3 ferrados de castañas , 206 e medio canados de viño, 60 libraas de touciño, 2 libras de cera, e o quinto e sétimo dalgunhas fincas en San Xoán de Loio. Eran rendas procedentes das Monxas Recoletas de Lugo, priorados da Raíña,San Facundo e Castro de Rei, e clero parroquial. Valor desas rendas 8.208 reáis.
************************************************************************************
BENS DO ESTADO EN PARADELA
( 1860 ) 3 fanegas de trigo, 90 fanegas de centeo, 1 fanega e 3 ferrados de castañas, 206 canados e medio de viño, 8 galiñas, 60 libras de touciño , 2 libras de cera, 1 carneiro, 1 cabrito , 20 anguías e 226 reáis e o quinto e sétimo dalgunhas fincas. Proviñan de rendas procedentes das Monxas Recoletas de Lugo, Priorados da Raíña, San Facundo e Castro do Rei. O seu orzamento era 7.031 reáis.
***************************************************************************************
BENS DO ESTADO EN PARADELA
( 1862 ) 42 fanegas de centeo, 3 ferrados de trigo, 8 galiñaa, 2 libras de cera, 1 ferrado de castañas, 32 ovos, 2 cabritos, 6 dúceas e media de anguías , medio carneiro, medio touciño e máis o quinto e o sétimo dalgunhas fincas. Procedían de rendas das Agostiña Recoletas de Lugo, dos Priorados da Raíña , San Facundo e Castro do Rei de Lemos e Clero parroquial do distrito. Importaban esas rendas: 2.018,50 reáis.
*************************************************************************************
BENS DO ESTADO EN PARADELA
( 1863 ) 41 fanegas e 3 ferrados de centeo, 3 ferrados de trigo, 8 galiñas, 2 libras de cera, 1 ferrado de castañas, 32 ovos, 2 cabritos, 5 dúceas e media de anguías, medio carneiro, medio touciño e 162 reàis 63 céntimos e o 5º e 6º dalgunhas fincas procedentes das Agostiñas Recoletas de Lugo, Priorados da Raíña , San Facundo e Castro do Rei e Clero parroquial do distrito. Total das rendas: 2.336, 65 reáis. Baixa do 10 % por gastos de administración , 233,66 reáis . Líquido orzamento; 2.102, 99 reáis
************************************************************************************
PRÓFUGOS
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 20.05.1864 ) Declaración de prófugos do remprazo de 1864 para 5 mozos paradelenses.
*************************************************************************************
BENS DO ESTADO EN PARADELA
( 1865 ) 3 ferrados de trigo, 55 fanegas 3 ferrados de centeo , 8 galiñas, 60 libras de touciño , 1 carneiro, 1 cabrito, 20 anguías , 2 libras de cera, 244 reáis e o quinto e sétimo dalgunhas fincas. Eran rendas procedentes das Monxas Agostiñas de Lugo, Priorados da Raíña, Castro do Rei e San Fagundo e Clero do distrito. Importe : 2.186,59 reáis. Baixa do 10 % por gastos de administración: 218,65 reáis Liquido orzamento: 1.967, 85 reáis.
*************************************************************************************
ESCOLA DE VILARAGUNTE
( 1868 ) O mestre da Escola Completa de Vilaragunte tiña unha dotación de 250 ducados anuáis
***********************************************************************************
MORTE DE XOSÉ LÓPEZ, DA PENA DE MIRALLOS ( FERREIROS)
O día 28.08.1871 foi enterrado no cemiterio de Santa María de Ferreiros Xesús López Fernández, da Casa de Alonso da Pena, cuxa morte foi ocasionada por ferida na coxa esquerda debida a disparo de arma de fogo, seguida de gangrena. A autopsia correu de conta dos médicos Manuel Saco Quiroga e Manuel María Rodríguez.
**********************************************************************************
NOTARÍA DE SANTA MARÍA DE FERREIROS
( La Lucha, 28.10.1875 ).- Don Xulio López Esparza, por oposición é nomedo Notariod e Santa María de Ferreiros.
( Diario de Lugo, 4.01.1877 ).- Anuncian estar vacante a Notaría de Santa María de Ferreiros ( Paradela )
( 08.1877 ) Cándido Pillado Reigosa, notario de Santa María de Ferreiros
************************************************************************************
ABANDONO DE FOGAR
( 1877 ) RAMÓN VÁZQUEZ SACO , da Cerc a das Cepadas, en Santalla de Paradela, demente, abandoóu a súa casa , desfacéndose dos seus intereses do que se aproveitaban terceiras persoas.
************************************************************************************ A FAME INVADE O CONCELLO
( EL DIARIO DE LUGO, 23.05,1880 ).- Sección Editorial.- Un instruido amigo e suscritor do Concello de Paradela , diríxenos unha conmovedora carta na que se nomea o seguinte triste suceso.
O pedáneo dun dos barrios do dito distrito comunicoulle ao alcalde que nunha casa achábanse unha nai e tres fillos bañados en desconsolador pranto , cuxa causa era a estrema miseria na que se achaban, privados de alimento.
Visitaron o alcalde e o segredario do Concello a casa daqueles infelices e, en efecto, examinada unha pota que estaba posta na lareira achouse chea de auga e fabas, con algún sal, único alimento co que atendía a súa subsistenza a desgrazada nai e os seus malventurados fillos , que foron inmediatamente socorridos polos ditos alcalde e segredario.
Cre o noso apreciable comuicante que en idéntico caso se achan todas as familias do distrito de Paradela, que nin xiquer se poden adicaren á mendicidade porque a intensidade da crise alcanza a todos e ninguen abonda en recursos para facelo só como a desgraza dos seus semellantes.
Efectivamente esa é, por punto xeral, a situación da nosa provincia , vítima da máis terrible das calamidades, da máis terrible das calamidades, a inundación da fame.
Non é só o distrito de Paradela onde acontecen esceas como as que nos comunica o apreciable suscritor, suceden diariamente os distritos da nosa infeliz provincia.
A tempo deuse a voz de alarma para evitaren as conswcuencias foran tan terribles , mais as súplicas perdéronse sen eco no baleiro.
**********************************************************************************
UNHA MULLER FUXIDA DO SEU DOMICILIO
( 27. 11. 1880 ) Vicenta López , de Paradela, desaparecéu da casa paterna.
*************************************************************************************
NEGACIÓN DE FUNCIÓN FÚNEBRE E ENTERRO EN CASTRO DO REI
( GACETA UNIVERSAL, 12,12,1880 ).- Recibida a carta que temos á vista , e suscrita por sinatura autorizada, din que hai 9 días que se acha depositado na igrexa parroquial de Santa María de Castro do Rei, no dito termo municipal o cadáver dunha muller , cuxo enterramento se nega a levar a cabo o párroco , fundándose segundo nos din , no pretexto de que os herdeiros da finada non lle pagan dous ferrados de centeo de dereitos que lle corresponden.
Expón o asinate da carta que os heredeiros ou sucesores son case pobres de solemnidade e non poden pagar; e con este motivo ocórreselle dicir que, para o cura de Santa María de Castro do Rei non son contados os que morren sen deixaren ferrados de centeo.
Segundo o comunicador é esta a quinta ou sesta vez que o dito párroco comete feitos de tal índole.
**********************************************************************************
MÉDICO CIRURXANO DE ASISTENZA A POBRES
( 1880 ) Convocatoria da praza de Médico Cirurxano municipal para asistenza a pobres, dotada con 500 pesetas anuáis.
***********************************************************************************
LICENZA MUNICIPAL DADA POR ALCALDE INCOMPETENTE
( 1881 )O Alcalde de Paradela , sen ser competente na materia, concedeulle licenza a Antonio Rivera para facer unha presa no regueiro da Trapa e unha casoupa para poñer nela un muiño relo. A anormalidade foi resolta por decisión contraria do Gobernador Civil.
************************************************************************************
ESCOLA COMPLETA DE NENAS
( 1881 )A única Escola Completa de Nenas do concello de Paradela, pasóu da parroquia de San Miguel para a parroquia de Vilaragunte.
*************************************************************************************
PARADELENSES PRESOS NO CÁRCERE DE SÁRRIA
( 24.09.1881 ) O Alcalde de Sárria solicita do Gobernador Civil que lles embarguen bens a presos que non son pobres e stán detidos no Cárcere de Sárria ( no antigo Mosteiro da Madalena ) : " Que se embarguen e vendan bens de presos para axuda do seu sustento". Refírese aos presos viciños de Castro do Rei de Lemos , Anxo Losada López, Antonio López Díaz, Manuel Armesto López, Ramón Armesto López, Francisco López, Xertrude González Pumar , Manuel Lebón Rodríguez , Antonio López Rodríguez, Xosé Armesto López, Manuel López Saavedra e Xoán María López ; e aos viciños de Vilamaior ( Sárria ) : Domingos López Rodríguez e Xosé López Rodríguez.
A FEIRA DO MOSTEIRO VELLO E O MERCADO DE PACIOS
( BOP, 12.04.1881 ).- "Concello de Paradela.- O concello que teño a honra de presidir, acordóu que a feira pública que se celebra polos días 3 de cada mes, no fragoso Campo do Mosteiro Vello, de Santa María de Castro do Rei, na que se compra e vende toda clas de gado, así como outros xéneros de necesidade e tan só carece de concorreren a ela as clases de gado mular e cabalar, sendo tan preciso no país pola súa abundancia, que á dita feira no sucesivo , e dando comezo o tres de maio vindeiro , se estableza a compra e venda daquelas clases de gado mular e cabalar.
Ao propio tempo a dita Corporación acordóu establecer no pobo de Pacios, capital deste distrito, un mercado semanal , onde se poden beneficiar todas clases de grans, nos domingos de cada semana atendendo ás necesidades desta localidade para a merca e venda dos ditos artigos.
O que tamén se anuncia ao publico para a súa intelixenza.
Paradela, abril 5 de 1881.- O Alcalde : Francisco López.-A.A.D.A, : Manuel María López.
************************************************************************************
AS PONTES DO LOIO
(BOP, 12.12.1881 ).-O Concello de Paradela acorda a contratación das obras de arranxo das dúa pontes de madeira de riba do río Loio.
*************************************************************************************
ROUBO DE EXEMPLARES DA GACETA DE MADRID
( BOP 28.06.1882 ).- Xosé Fernández , de Santa Cristiña de Paradela, sustraéu da mesa da sala de sesións parte da colección da Gaceta de Madrid.
O aguacil do Concello, Antonio Díaz, pide a baixa voluntaria e nomean para sustituila a Xosé López Vázquez.
** Horario do Xulgado. Aberto todos os días non festivos de 8:00 a 12:00 en Pacios e os mércores e sábados para tratar asuntos civís.
***********************************************************************************
PRAGA
( 1882 ) Aparición dunha praga de insectos que afecta a varios montes. O Concello acorda facer averiguacións para atallala.
************************************************************************************
CAMIÑO DE VILARAGUNTE
(1882 ) O Concello destina 75 pesetas para arrincar pedra para arranxar o camiño de Pacios a Vilaragunte.
***********************************************************************************+
PRAZA DE MÉDICO
(.... 11,1883 ) Provisión dunha praza de médico para doentes pobres no Concello de Paradela dotada con 800 pesetas en cada un ano.
**************************************************************************************
( 1887 ) LA PROVEEDORA ALDEANA, FÁBRICA DE CHOCOLATE MOVIDA A VAPOR DE MANUEL LOPEZ VAZQUEZ - San Miguel de Paradela
**************************************************************************************
REFERTA EN MIRALLOS.- FERREIROS.
( 20.06,1889 ).- Grave liorta en Mirallos, a carón da igrexa de Santa María de Ferreiros.
************************************************************************************
( EL ECO DE GALICIA, 3.03.1890 ).-
Escríbennos dende Paradela que en San Xoán de Loio ocorréu un suceso lamentable.Estando un viciño do dito pobo cortando polo pé un carballo , o toro caéu riba del con tal mala sorte que lle causóu unha grande ferida , falecendo ás poucas horas.
O desgrazado deixa a súa viuva e cinco fillos de tenra idade.
***********************************************************************************
ARRANXO PARROQUIAL DO BISPADO DE LUGO
( BOLETÍN OFICIAL ECLESIÁSTICO DO BISPADO DE LUGO, 9 e 18. 04,1890 )
No Alciprestádego do Incio créase unha nova igrexa, anexo de Santalla de Teilán, en Vilarbuxán, que constyará dos seguintes pobos: Ourille e A Fontaíña, de San Xoán de Remesar , Vilarbuxán de San Fiz de Rubián , e Zouo, Pereiriñas, A Matanza e A Carballosa, de Santa María de Castro do Rei ( Paradela ).
As parroquias de San Xulián de Meixente e Santa María de Ortoá, anexas de San Pedro de Barán, segréganse dese curato e pasan a formar outro novo, integrado no alciprestádego de Sárria.
Alciprestádego de Paradela: Primeira.- Ademáis do expresado respecto de Meixente e Ortoá ao publicar as reformas do Alciprestádego de Sárria, pertencerán a outros Curatos as parroquias de San Mamede de Casgtro, anexo de San Vicenzo de Paradela e Santa Cristiña anexo de Santalla do mesmo nome, que o son respectivamnte de Santalla de Paradela e San Vicenzo do mesmo nome.
Segunda.- Ademáis do exposto nas reformas pertencentes a algúns pobos de Santa María de Castro d Rei, o da Pedreira, de Santiago da Laxe, será de Santa María de Ferreiros ( no Páramo ) e parte do pobo do Couso, pertencente a Santo André de Paradela, será de San Miguel de Piñeira ( en Sárria ).
Terceira.- Baixarán á categoría de entrada os curatos de Santiago de Aldosende e San Vicenzo de Paradela e anexo e Santa María de Vilaragunte e anexo.
Nota: O lugar da Pedreira, malia ao disposto no arranxo, mantívose formando parte de Santiago da Laxe, ao se dar a circunstancia de que entre esa aldea e o termo de Ferreiros se interpón a parroquia de Santa María de Francos.
************************************************************************************
LIORTA NA ROMAXE DE SANTA ENGRACIA EN ALDOSENDE
( El Eco de Galicia , 23.04.1892 ).- Co gallo de se celebrar o mércores a romaxe de Santa Engracia, na parroquia de Aldosende , promoveuse unha liorta a última hora entre os mozos da mesma e algúns que non o eran , na que houbo paus e apedramento facendo dúas das pedras albo no carrelo dun dos gardas civís que gardaban a orde , a cuxa agresión, e despóis de amonestaren aos amotinados . contestron con armar a baioneta e simular carga , do que non resultóu circunstancia ningunha desagradable , conseguindo á fin os gardas deteren a un dos principáis promovedores da liarada , que resultóu chamarse Pedro Méndez , viciño de Vilacaíz. concello do Saviñao.
A este individuo ocupáronlle un revólver de seis tiros , que foi entregado ao xuiz suplente que se achaba na romaría e ao seu dispor foi posto o referido individuo.
**************************************************************************************
UNHA MORTE VIOLENTA NA REITORAL DE SANTA MARÍA DE CASTRO DO REI DE LEMOS
( El Regional, 30.12.1893 ).- UN CURA QUE MATA.- Na noite do 24 último os viciños da parroquia de Santa María de Castro do Rei de Paradela, viñan a iso das 11 da noite para oiren a nisa chanado " do Galo" , cuxa celebración é costume inmemoriable naquela parroquia.
O señor cura desta, chamado don Beltrán García estaba na súa casa co seu criado, e outros dous suxeitos, todos eles sinalados co dedo e non por virrtuosos , xogando, bebendo e pasando o rato, ao sentiren o balbordo da xente que se achegaba á igrexa , abríu unha porta e sen mediar outra palabra que as desaforadas voces que daba o dito señor daba dicindo " ¡ fogo !", dispararon el e o seu criado catro tiros contra os pacíficos fregueses , que como é de supoñer quedaron admirados ao veren que endebe da misa lles ofrecían balazos . De resultas deles unha muller, e con fillos, morta instantáneamente e ademáis un ferido.
Cando o dito señor cura soubo que había unha muller morta , no canto de sair para darlle auxilios, procuróu somente evadirse da xustiza , levando varios obxectos á casa de Manuel da Enxamea , onde ten un irmán casado , outros á casa de Xosé das Reigañas e o gado á de Manuel Vázquez, do Mosteiro Vello , para que o levase á Feira do 26 e o vendera a calquera prezo; e despóis de enterrar no esterco as armas coas que cometéu o crime , marchóu dicindo que nunca ía volver.
Parece ser que o señor cura dixera días antes na inmediata taberna de Xoán Vázquez , que axiña ía marchar daquela parroquia , mais denantes había lavar as mans en sangue dos seus fregueses.
Referiréi outro acontecido.
O 24 de agosto chegaron ao empardecer á casa reitorral , os viciños da Edrada , chamándoo para confesar e sarlle a sagrada Unción ao enfermo Antonio López, que morréu ao día seguinte, e díxolles que foran chamar ao coadxutor; marcharon a avisar a este, e os outros agardaron a carón da igrexa e sen mediar outra ningunha palabra disparoulles un tiro de munición, ferindo levemente a unha muller e de gravidade a outra.
Como os viciños coñeceran que estaba un tanto bébedo, non deron parte do feito á autoridade xudicial e só o fixeron ao Sr Bispo para que o corrixise coa fin de conseguir a súa emenda. Non o conseguiu polo visto , e hoxe temos que lamentarmos outra desgraza máis sensible ca primeira.
Feitos desta índole , podería referirlle a vostede moitos, sen temor a ser desmentido porque os máis destes xustifícanse con testemuñas.
Rógolle a vostede señor direitor me dispense tanta molestia e dispoña do seu afectísimo amigo s.s.q.b.s.m. UN VICIÑO
***********************************************************************************
O XULGADO DE SÁRRIA CHAMA AO PÁRROCO E AO SEU CRIADO ACUSADOS DE HOMICIDIO.
( BOP DE LUGO, 5.02.1894 ) O Xulgado de Sárria chama a D. Manuel Beltrán García párroco vigairo de Santa María de Castro do Rei e ao seu criuado Manuel Castaño Díaz , viciño de Carballedo, na mesma parroquia , para que concorran a declararen en causa contra eles instruido por homicidio.
************************************************************************************ MANUEL BELTRÁN GARCÍA, CREGO DE SANTA MARÍA DDE CASTRO DO REI, FOXE DA PARROQUIA E REFÚXIASE NA ARXENTINA PARA NON SER XULGADO
( BOD DE LUGO, 2.05.1894 ) En expediente sobre abandono do Curato de Santa María de Castro do Rei, o Provisorato da Diocese de Lugo , chama a D. Manuel Beltrán García , ausente en iñorado paradoiro, emprázao para que se presente a servir o Curato e dar satisfación das responsabilidades que o alcancen tocante á casa e horto reitoral e intereses da igrexa.
************************************************************************************
DENUNCIA DE DESAPARICIÓN DUNHA VICIÑA
( BOP DE LUGO , 2.07.1894 ) Ricardo Fernández, da Serra, Santa Cristiña de Paradela, denuncia no Goberno Civil que a súa tía María Arias Rodríguez, de 58 anos, que saira o 16 de xuño para a Romaxe do Corpiño, na Deza, e non sabían do seu paradoiro.
************************************************************************************
( LA CORRESPONDENCIA DE ESPAÑA, Madrid, 20.09.1894 )
MORTE NA ROMARÍA DE PENARREDONDA
Na noite de onte recibimos unha carta do noso correspondente en Sárria, dándonos conta dunha festa que supoñemos non ha quedar impune.
Dí que o día 9 do corrente - hai xa nove días - e na capela de Penarredonda ( do Concello de Paradela ) e coa ocasión de se celebrar a función relixiosa que nese día é tradicional , armouse , cecáis polos excesos alcoólicos , cecáis por outras causas que lle corresponde averiguar ao Xulgado, unha verdadeira liorta a tiro limpo e navallazos. A confusión chegóu a ser arrepiante e os "valentes " entrando na capela mesma, continuaron as súas "fazañas " , levándoas ao extremo de dispararen contra a mesma imaxe da Virxe, proferindo horribles blasfemias.
Din tamén que houbo moitos feridos , sen que se poida precisar o número exacto e que as autoridades de Paradela son responsables , polo menos , de non teren sabido evitar esta sanguenta colisión , que parece viña xa fraguada de antemán.
Segundo din , a citada romaría de Penarredonda acodían grande número de xentes de Sárria, Portomarín, O Saviñao e Taboada.
Tamén se asegura que algúns dos feridos a consecuencia dos tiros puñaladas recibidas.
************************************************************************************
DESAPARICIÓN DUNHA VICIÑA
( BOP , 13.07.1897 ).- Tomé Moure, de Santalla de Paradela, denuncia ao Gobernador Civil a desaparición da súa cuñada María Xoana Basteiro López , de 60 anos, enaxenada mental.
***************************************************************************************+
SEGREDARIO DO CONCELLO
( 1897 ) O Segredario do Concello de Paradela tiña un soldo de 999 pesetas anuáis.
*************************************************************************************
PONTE DE CADEIRAS
( 1899 ) Acordan refacer a Ponte de Cadeiras , no río Loio.
**************************************************************************************
DESAPARECIDOS
( 1900 ) Os irmáns Francisco e Manuel López López , de Outeiro de Pena ( Santa María de Francos ) desapareceron da casa paterna.
***************************************************************************************
LIORTAS TRÁXICAS
( LA CORRESPONDENCIA DE ESPAÑA, 16.06.1901 ).- Sucesos sanguentos.- 16. 7:30. Comunican do distrito de Sárria que estando reunidos varios viciños do Concello de Paradela suscitouse unha liorta entre aqueles , resultando morto dunha puñalada , que lle atravesóu o pulmón e o corazón , o xove Emilio Gayoso. A vítima estívose defendendo cun estoque. Este caéu morto no acto. O suceso produciu grande sensación. Hai varios detidos.
Nunha romaría do mesmo distrito houbo outra colisión disparándose varios tiros de revólver . Resultaron algúns feridos. Os viciños pacíficos piden o castigo dos culpables da dita salvaxada . O CORRESPONDENTE.
************************************************************************************
( LA CORRESPONDENCIA DE ESPAÑA, 28.06.1901 ).- No Concello de Paradela , perto de Sárria, rifaron dous viciños por ter collido herba un deles na propiedade do outro, resultando un deles m0rto dunha puñalada,
***********************************************************************************
DESAPARICIÓN DUNHA MOZA
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 17.03.1902 ).- MARÍA MANUELA GONZÁLEZ DÍAZ, de 20 anos , desaparecéu do seu domicilio en Castro do Rei de Lemos.
*********************************************************************************
A MORTE DUN TENDEIRO DE PORTOMARÍN
( EL NOROESTE, 2.12.1902 ).- MORTO A PAUS.- No Concello de Paradela., partido xudicial de Sárria, realizouse o mércores último un asasiñato na persoa dun coñecido comerciante de Portomarín.
Voltaba da feira celebrada en Castro do Rei D. Antonio Vázquez, coñecido por "Pelo" , na compaña doutras persoas.
Quedóu aquel un pouco atrás no camiño e ao se ver só, sorprendido por uns individuos que sen dúbida o seguían con sinistros propósitos. Acometeron os descoñecidos ao comerciamte descargándolle tan fortes golpes cun pau que o deixan cadáver.
Suponse que o móbil que inspirara aos crimináis foi o roubo , pois o interfeito tiña sona de rico. Calcúlase que o Sr. Vázquez traía da feira uns seis mil ou oito mil reáis, produto das vendas que aquel día realizara e que os malfeitores fixeron desaparecer.
O Xulgado de Sárria instúe dilixencias . A garda civil detivo a dos veciños de Portomarín, un deles parente do defunto.
O Sr. Vázquezx contaba na Coruña con moitos amigos que sentirán a súa desgraza.
***********************************************************************************
( EL NOROESTE, 8.08.1903 )
************************************************************************************
( EL NOROESTE, 15.11.1903 ).- Na parroquia de San Martiño de Castro , distrito de Paradela, no partido de Sárria, con motivo da romaría celebrada na honra de San Martiño , foi morto un home a consecuencia dun disparo.
*************************************************************************************
UNHA PARADELENSE MORRE EN SAN CLODIO AO SE TIRAR AO RÍO SIL
( BOP DE OURENSE, 7.03.1904 ).- ..... Manda que se practiquen todas cantas xestións se fagan precisas para da co paradoiro do cadáver de María López, natural de Castro do Rei, Concello de Paradela, partido de Sárria que na mañá de onte ( 1 de marzo ) se tiróu dende a Ponte de San Clodio ao río Sil, e foi levado pola corrente das augas....."
*************************************************************************************
ROUBOS EN IGREXAS
( EL NOROESTE, 2.11.1904 ).- Segundo lemos nun xornal de Lugo, noites pasadas foron asaltadas as igrexas de San Vicenzo, Santa Cristiña e Santa María de Castro de Rei. no Concello de Paradela.
*********************************************************************************
DESAPARICIÓN DUNHA VICIÑA
( BOP, 26.07.1905 ).- Denuncian no Goberno Civil a desparición de María Francisca Arias Varela, de 30 anos, viciña de Cabo de Vila ( Loio )
*************************************************************************************
UN MORTO E FERIDOS NUNHA TREBOADA NA FEIRA DO MOSTEIRO VELLO
( LA CORRESPONDENCIA DE GALICIA, 10.09.1906 ).- De Castro de Rei de Lemos, Horrorosa treboada. Un morto e dous feridos por efectos dun raio.
Na tarde do luns, día 3 do actual , os concorrentes á feira que se celebraba en Castro do Rei de Lemos, concello de Paradela, víronse desagradablemente sorprendidos por forte trebón de auga con acompañamemto de estrondosos tronos , que descargaron de súpeto, obrigando a percurar acubillo baixo dos alpendres do campo da feira e nas casas que hai naquel lugar.
A choiva caéu a cachón e deseguido convertiuse en arroxos impedido o regreso dos feirantes. Os lóstregos e tronos sucedíase con espantosa frecuencia enchendo de temor a todos, e cando parecía que ía remitindo a treboada , unha horrorosa detonación sentiuse nos pendellos , experimentando os que ali estaban tan forte conmoción que caeron case que todos no chan, resultando un morto e dous feridos e sendo un verdadeiro miragre que non ocorreran máis desgrazas.
O morto era un mozo de 20 anos coñecido polo " fillo do Santo". viciño de Rosende do dito Concello. Os feridos foron dúas mulleres do concello do Saviñao e experimentaron unha especie de paralise nas dúas pernas .
No lugar do suceso personouse o xulgado de instrución de Sárria.
*************************************************************************************
MESTRA INTERINA
( 1906 ) A mestra de ,interina ,de Paradela MARÍA GONZÁLEZ PASTRANA tiña recoñecido un soldo de 312,50 pesetas en cada un ano.
********************************************************************************
PRÓFUGOS
( BOP, 3.07.1908 ) .- Declaran prófugos a 13 mozos do concello de Paradela.
( 1908 ) Ramón Vázquez Fontán ( * Loio 8.05.1883 ), viciño de Madrid C / Ferraz ou Paseo San Vicente , xornaleiro, percurado acusado de deserción-
*************************************************************************************
ESCOLA DE VILARAGUNTE
( EL PROGRESO, 1.06.1909 ).- A mestra da Escola Completa de Paradela , Xuliana de Alba Ruano, tiña un solo de 312,50 pesetas por ano.
MORTE NA ROMARÍA DE SAN VICENZO DE PARADELA
( La Correspondencia Gallega, 29.07.1910 ). Lugo.- Na romaría celebrada o pasado domingo último na parroquia de Santa Cristiña, concello de Paradela, recibiu unmha tremenda puñalada Ramiro Pérez , de 30 anos, casado e con fillos , viciño do pobo de San Miguel.
A ferida foi de tal gravidade que pouco despóis falecéu o infortunado Pedro . Descoñecemos se foi capturado o autor do crime ,
( El Eco de Santiago do 30.07.1910 recolle un texto similar)
*************************************************************************************
MESTRE DE NENOS
( 1910 ) Mestre da única escola de nenos de Paradela: Anxo Mirayo López.
*************************************************************************************
MESTRA
( 1911 ).- Mestra de Nenas de Paradela: María Pérez Pérez.
************************************************************************************
( BOP de Lugo, 24.10.1914 ) Benigno Arias Rodríguez, de 18 anos, viciño de Castro de Rei de Lemos desaparecéu do domicilio familair
( 2.12.1914 ) Concepción Rodríguez Yáñez , esposa de Xosé Rivera López, de 42 anos, viciña de San Salvador das Cortes, desaparecéu do domicilo conxugal.
**************************************************************************************
O CLERO DE PARADELA EN 1915
ALDOSENDE: 1.- Xosé Rodríguez Rodríguez ( Reitoral ). BARÁN: 2.- Emilio González Quiroga ( Reitoral). CASTRO DO REI: 3.- Francisco Ochoa García. 4.- Manuel Fouce Moreira ( Reitoral ).AS CORTES: 5.- Manuel López Losada ( Reitoral ). FERREIROS : 6.- Anxo Vázquez Díaz ( Reitoral ). A LAXE e FRANCOS : 7.- Xosé Martínez Rodríguez. 8.- Francisco López Fernández( Reitoral ) .LOIO : ( Reitoral ) encargado o párroco de San Pedro de Portomarín, Manuel Pedrido Míllara. PARADELA, San Miguel e SUAR: 9..Ramón Fernández Gil ( Reitoral ). PARADELA , San Vicenzo e CASTRO Santa Cristiña: 10.- Manuel García Troitiño ( Reitoral ). PARADELA, Santalla e CASTRO, San Mamede : 11.- Pedro López Platero ( Reitoral ). RIBAS DE MIÑO, San Facundo e CASTRO, San Martiño : 12.- Xulio Folgueira Aguirre ( Reitoral ).VILARAGUNTE e ANDREADE: 13.- Luis López López ( Reitoral ) Total: 13 cregos.
**************************************************************************************
CURATOS E EDIFICIOS RELIXIOSOS DO ALCIPRESTÁDEGO DE PARADELA ( 1915 )
CURATO DE ALDOSENDE.- De padroado leigal do Conde de Maceda e Taboada. Igrexa de Santiago de Aldose de. Capela de San Vicenzo Ferrer, propiedade de Felipe Vázquez Gabieiro.
CURATO DE BARÁN.- De presentación da Súa Maxestade El-Rei e do dono do Couto de Domiz e Peruscallo. Igrexa de San Pedro de Barán. Capela de San Xoán Bautista propiedade de María da Estrela.
CURATO DE CASTRO DO REI.- Igrexa de Santa María de Castro do Rei ( de orixe mosteiral, románica ). Capelas: Inmaculada Concepción, propiedade dos Herdeiros de Elías López; De San Pedro, propiedade de Xosé González ; De San Bernardo, de Manuel Arias ; Da Virxe das Neves , da aldea de Cerxedo ; Da Inmaculada Concepción, da aldea de San Martiño.
CURATO DAS CORTES.- Igrexa de San Salvador das Cortes. Capela da Nosa Señora de Loio ( Asunción da Nosa Señora ), antigo templo mosteiral e parroquial prerrománico. Capela de San Xosé.
CURATO DE FERREIROS ( do Alciprestádego do Páramo )- Igrexa de Santa María de Ferreiros ( dun antigo hospital de peregrinos, románica ). Capela de San Vitoiro, no lugar da Airexe, propiedade da Casa do Toro de Mirallos.
CURATO DA LAXE .- De padroado leigal do dono do Couto de Pol. Igrexa de Santiago da Laxe. Igrexa de Santa Maria de Francos.Capela de Santo Antón Abade.
CURATO DE LOIO.- De padroado leigal do Conde de Amarante , Marqués de San Miguel. ( anexa de San Pedro de Portomarín, Alciprestádego do Páramo ). Igrexa de San Xoán de Loio ( desaparecida co asolagamento froito do encoro de Belesar e alzaron un novo templo ), Capela da Virxe das Dores, na Casa da Abelaira.
CURATO DE SAN MIGUEL DE PARADELA.- De provisión leigal do Conde de Lemos, Marqués de Sárria. Igrexa de San Miguel de Paradela ( románica ) e San Lourenzo de Suar ( románica ).
CURATO DE SAN VICENZO DE PARADELA.- De padroado leigal do Conde de Lemos. Igrexa de San Vicenzo de Paradela. Igrexa de Santa Cristiña de Paradela. Capela da Inmaculada Concepcíón.
CURATO DE SANTALLA DE PARADELA.- Igrexa de Santalla de Paradela . Igrexa de San Mamede de Castro.
CURATO DE SAN FACUNDO DE RIBAS DE MIÑO.- Igrexa de San Facundo de Rbas de Miño ( foi igrexa mosteiral ,gótica). Igrexa de San Martiño de Castro.
Curatos do alciprestádego de Paradela no Concello de Sárria
CURATO DA PINZA.- Igrexa de San Salvador da Pinza. Igrexa de San Miguel de Biville ( románica ) , Igrexa de Santa María de Belante ( románica ).
CURATO DE VILAMAIOR.- Igrexa de Santa María de Vilamaior. Igrexa de Santo André de Paradela ( románica )
***********************************************************************************
PRÓFUGOS
( BOP , 5.07.1916 ).- Declaran prófugos a 9 mozos do remprazo de 1916.
***************************************************************************************
( 1917 ).- 17 mozos de Paradela son declarados prófugos definitivos polo Concello.
***************************************************************************************
PARADELENSES ILUSTRES.- OS IRMÁNS MARTÍNEZ, DE VEIGA, PARROQUIA DE FERREIROS , PIONEIROS DA INTRODUCIÓN DA ELECTRICIDADE EN SÁRRIA, SAMOS E NO BIERZO.
( EL PROGRESO, 27.04.1918 ).- A LUZ ELÉCTRICA NA VILA DE SAMOS.- Hai uns c atro anos que foi adquirido polo ilustrado sacerdote don Xosé Martínez e o seu irmán D. Antonio, naturáis do Concello de Paradela , e fai tempo viciños da vila de Sárria onde teñen outra fábrica do mesmo fluido, un bon salto de auga no río que baña a este pobo pasando polo seu centro ; e no mes de setembro ou outubro prósimo pasado deron comezo as obras, activándose na actividade moi adiantadas , pois está rematada a colocación da turbina e o edificio conseguinte.
O entusiasmo que reina entre estes habitantes por mellora tan grandísima , é indescripotible , non sabendo como amosaren o seu agradecemento ao señor cura e ao seu bon irmán D. Antonio.; prestándolles toda clas der apoio , mais sen ningunha clas de interese , axúdanos no carreto de materiáis á obra. As visitas de toda clas de persoas ao lugar de emprazamento para veren e admiraren o que aumentan as obras non para a ningunha hora do día. Parécelles un soño a luz eléctrica nuin pobo que hai máis de vinte anos non prospera en nada. Neste lapso de tempo tan só se construiu unha torre para colocar o magnífico reloxo que ten o pobo ; e isto grazas á filantropía dalgúns veciños residentes na América e no pobo.
Correspondente .- Samos , 24 de abril.
************************************************************************************
CAZADOR FURTIVO
( EL PROGRESO, 1. 08.1918 ).- AGRESIÓN Á BENEMÉRITA
Comunica a Garda Civil do Posto de Sárria , que no lugar de Vilachá, Concello de Paradela, foi sorprendido cazando furtivaemnte un individuo chamado Manuel López Díaz. Ao pretender a benemérita ocuparlle a escopeta que utilizaba, o Manuel non só se resistiu a entregala. senón que sostivo teimuda loita cos gardas. Fixo o xesto de disparar en direción a estes e entón o cabo da garda civil deulle co fusil un culatazo na caebza que lle produciu unha ferida calificada de pronóstico leve. Instrúese o correspondente atestado na contra do suxeito referido.
********************************************************************************
DESDE PARADELA. SÁRRIA
As Festas de San Miguel e a Virxe das Dores
Mercé á laudable iniciativa de dous xoves " ramistas" - un deles amigo noso recén chegado da Vila e Corte- contando coa común colaboración de todos os nosos fieis parroquiáns, celebraranse . como en anos ateriores e no pintoresco pobiño de Paradela ( Sárria ) , os tradicionáis festexos que na honra do glorioso San Miguel Arcanxo e da sempre benaventurada Virxe María , baixo da advocación da Virxe miragrosa das Dores. terán lugar os días 29 e 30 do mes actual.
Dende a víspera do primeiro día haberá profusión de foguetes, de luces e bombas de palenque e outros de menor cuantía. Amenizará os actos relixiosos e profanos a popular Banda de Música do Barrido que con tan bon suceso ven actuando onde sexa solicitada, polos señores organizadores de comisión de festas.
Ao romper a alba dos susoditos días haberá fogos, dianas e alboradas.Seguirá despóis a hora oportuna a solemne función relixiosa con misa maior , vistosa procisión, atroadoras bombas e alegre repenique de campás.
Para a tarde dos mesmos días, animadísima romaría na esplanada que se expande diante da Casa do Concello e na que a citada banda desenvolverá amplo programa de escollidas partituras musicáis.
E para darlle maior realce á festa é de agardar que tanto na tarde do primeiro día como do segundo e último día, nos alegren coa súa sempre simpática presenza a mocedade das parroquias de perto, de San Mamede de Castro, Santalla, San Martiño, Suar, Santiago da Laxe, Francos, Santa Cristiña , Castro de Rei e San Vicenzo .
Por anticipado o pobo atraente e hospitalario de Paradela dalle as grazas a cantos queiran, sobre de todo eses días, honralo coa súa presenza.
( Correspondente )
**********************************************************************************
MORTE CANDO ESTABAN MALLANDO
( La Voz de la Verdad, 21.09.1920 ).- O Xulgado de Sárria instrúe sumario con motivo da morte de Manuel López Fernández , a quen lle deron un estacazo cando estaba mallando nunha aira con outros suxeitos. O feito acontecéu na aldea do Vidueiro, na parroquia de Castro do Rei de Lemos.
***********************************************************************************
DESAPARECIDO
( 1922 ) O Goberno Civil interesa a " busca e captura " de Antonio Díaz Pérez, de 13 anos, desaparecido da casa familiar na Ferraría ( Francos ).
*************************************************************************************
( El Progreso, 16.05.1923 ) .- Xosefa Sánchez Abelenda mestra da Escola de Nenas de Paradela.
*************************************************************************************
LOBOS EN CASTRO DO REI DE LEMOS
( Galiicia, 11.01.1925 ) Os viciños dalgunhas aldeas da parroquia de Castro do Rei, Concello de Paradela, están alarmad´kisimos pola aparición de varios lobos que están causando moitos danos nos rebaños de ovellas e cabras.
O Concello, en unión cos pobos fará unha boa obra tomando algunhas medidas para procederen ao exterminio de tan temidas ferras.
**************************************************************************************
PRÓFUGOS
( 1923 ) Declarados prófugos 17 mozos do remprazo de 1923 )
************************************************************************************
CONSTITUCIÓN DE UNIÓN PATRIÓTICA EN PARADELAm
( EL PROGRES0, 9,10.1924 ), Unión Patriótica.- En Paradela falaron Delegado Gubernativo Sr. Armada Piñeiro, o Alcalde daquel Concello Sr. Arias López, o alcalde e concelleiro de Sárria señores Somoza e Puche , respectivamente, e o viciño de Barán ,Sr. Rodríguez López. ,Tamén dixeron breves palabras de saúdo ao pobo de Paradela os concelleiros de Sárria señores Rodríguez e Cabarcos que acompañaban aos propagandistas . Parea todos eles tivo o público a deferencia dos seus aprausos.
CREACIÓN DE ESCOLAS
( La Provincia, 29.01,1925 ).- Acordo de creación de Escolas en Paredes de Arriba ( Castro do Rei ), Francos, Andreade , Vilaragunte e O Cereixal.
***********************************************************************************
MESTRE
( 1925 ) Serxio Pérez Fernández mestre da Escola de Paredes de Arriba.
************************************************************************************
( LA PROVINCIA, Lugo, 16.01.1926)
CRÓNICA PARADELENSE
Estamos de noraboa. Algunha vez nos había de caer en sorte o sermos agraciados cunha miuda castaña, unha noz ou, se queredes, unha tella de barro cocido. Axiña. Moi axiña coa velocidade coa que se ven pasar os paus do telégrafo dende a ventaniña do tren.
Sen nos facer agardar até o día do xuizo final pola tarde . ¡ Claro que non !. ¿ A onde iriamos parar ?.
A BANDA DE BARRIDO
É o caso que na banda de música denominada " De Barrido" - nome do pobo nadal do fundador- vai a se constituir , segundo opinión de fidedignos persoeiros, un " cuarteto" anexo á susodita banda. " Catro repoludos gaiteiros xoves para tocar a feiticeira gaita d ' o fol. Será cousa de ver e ademirar. Bailarán homes. mulleres, cas e gatos - todo revolto ¡ Ei carballeira ! ó que me chant ' un pau doull ` un peso ¡ Viva a gaita ! . Veñ ' unha muiñeira ".
Con volcánico frenesí non podemos parar por menos de aplaudirmos a maneira de barulleira descarga, a feliz iniciativa que, se chega a se realizar con bon suceso , ven a encher un baleiro que moito se deixaba sentir e abofé que non se ocultaba á espreitante ollada dos serráns e serraniñas que habitan as vellas casoupas da florida aldeiña de San Mamede de Castro.
De vez en cando algunha recreación ao ar libre , como lenitivo ás cotiás moi pesadas faenas, non ven mal : cae como anel ao dedo , está de pérolas, ás mil marabillas.
A experiencia proba que a música instrumental fai prosperar a ximnasia , afortalando o corpo con ordeados exercizos. En día de baile todo o mundo fai " eses" que a outros adevirte e a min pome tristeiro . Para os máis é vida , para min crebanto, tortura e morte ¡ así è o mundo de inconstante !.
Deixade pois , se vos praz, que permanezamos na pavoría do abismo das sombras , para que durman o doce soño da inmortalidade , aos insignes Mozart, Chopin e Wagner . ¿ Quen non arela identificarse co malencónico espiritu da cantora "meiga " de "Campanas de Bastabales " ?. Rosalía " non canta - que chora ". Se evocamos á nosa mente estes recordos ... xéanse as ideas na intelixencia e as palabras na boca.
DR. HÉRCULES DE LA MONNIERE Z.D. Paradela e xaneiro 1926
**************************************************************************************
( LA VOZ DE LA VERDAD, Lugo, 22.05.1925 )
SUSCRICIÓN PARA A BIBLIOTECA DO DOUTOR LAGO
Na suscrición aberta nesta localidade polo Mestre nacional D. Xerardo Pallares para adquirir a Bibloteca do Doutor Lago, recadáronse as cantidades que se relacionan a continuación:
D. Xerardo Pallares ( 10 pesetas ); Alumnos da Escola Nacioal de Nenos ( 4,25 pesetas ) ; D. Anxo Vázquez Ozores ( 5 pesetas ) ; D, Francisco Ochoa García ( 5 pesetas ); D. Ramón López López ( 5 pesetas ) ; D. Pablo Rodríguez López ( 2 pesetas ) ; Dª Florinda de las Cuevas y Celo ( 5 pesetas ; Dª Celia Soilán Carreira ( 5 pesetas ); Alumnos da Escola de Vilaragunte ( 3,05 pesetas ); D. Xosé Valiña Trabada ( 2 pesetas ); Dª María Natividad López Vera , Alumnas da Escola Nacional de Nenas ( 7.70 pesetas ). Total: 54 pesetas.
****************************************
A ESCOLA DO CEREIXAL
No pobo de San Martiño , punto de emprazamento da Escola de O Cereixal , están a construir un fermoso edificio para local-escola , que dado o entusiasmo co que traballan os operarios axiña vai a ter fin a súa construción.
Merecen mil loubanzas os seus iniciadores que tantos sacrificios se impuxeron e é de agardar teñan moitos imitadores.
Deste asunto xa nos ocuparemos outro día.
*******************************
A ESTRADA DE LUGO A PORTOMARÍN
Os viciños dalgúns pobos deste Concello, estremeiros do de Portomarín , están cheos de xúbilo , debido a que as obras do terceiro treito da Estrada de Lugo a Portomarín e da ponte riba do río Miño, parece que moi axiña van a comezar.
**********************************************************************************
( 1925 ) NOMEAMENTOS DE MESTRES.- Maximino Blanco Cerezo ( mestre interino de Francos ). Carme Pardo Celada ( mestra de Paredes de Arriba ). Manuela Palacios Rodríguez ( mestra de Paredes )- Celia Soilán Carreira ( mestra de Vilaragunte )
************************************************************************************
( LA PROVINCIA, 23.01.1926 ) DE PERENTORIA NECESIDADE
A ESTRADA DE SÁRRIA A SAN MARTIÑO DE CASTRO
Os séculos encárganse de previr e traer aos pobos do orbe o progreso material e o benestar conseguinte.¿ Pois é ?. ¡ Imos ver o que acontece ! ¿ Que demontre vai a suceder ? . Palmariamente e sen doblez algunha demóstrano as áureas e deleitosas páxinas da historia da humana liñaxe , Descorramos, senón , o mesto veo dos anos e avancemos restropectivamente cara os máis primitivos tempo e sexa o cugulo do noso apampamento ao observarmos que antano non viñeran aínda as locomotoras, o teléfono, o telégrafo, os automobeis e mil outras cousas, á rutilante luz do día. Tampouco había estradas , segundo din, nin ..¡ bah !... ¡ non había nada ! polo que imos vendo . É de crer que non habendo, como non había , nin locomotoras, nin telégrafo nin automóbeis , nin estradas ., ¡ maldita a falla que faría maquinistas, telegrafistas, automobilistas e peóns camiñeiros ..... ¡ carapio !, deixemos , xa , todos os rematados en "ista". Como....Pamplona.Aqueles tempos eran outros tempos. Hoxe modenamente falando, outro galo nos canta.O galo de Morón cacarexando e sen prumas, non. ¡ catano ! ¡ Sexa o galo que sexa !. Hoxe, no mundo civilizado , a onde queira que miremos vense en forma de capas exfoliables , negras nubes ou montañas de fume lanzadas ao espacio pola atlética locomotora que recorre o mesmo camiño. Por riba das nosas cabezas exténdese unha tecida rede de cables eléctricos . Estamos , pois, no século de Marconi, o século das luces , o século dos elementos... ¡ pare vostede de contar !. Hai automobeis a cachón , estradas a destra e sinistra... Pero. Non hai peros, e cirolas. En Paradela nada de "iso" hai . Digo ..."peros e cirolas, si. Estrada, non. Hai que facerlle...
Haberá cousa como de ano e medio , perto de dous anos , que con nunca visto debezo comezaron os traballos para lle dar remate e logo.... nada: cesaron e quedóu, polo tanto, a obra truncada " per secula seculorum" .Amén !. Unha bicicleta mentres camiña ben vai. ¡ Se por casualidade se para, a caída será estarabouzada. E agora ¿ Que beneficio nos reportará un pequeno treito que como moito mide dous quilómetros pouco máis ou menos ?.... En fin....algo é algo e máis val algo ca nada , segundo di un refrán vello.Mais o todo perfeciona a cousa. É de apremiante necesidade , pois, o concluir a obra comezada; nela cifra o seu porvir o Concello paradelense. Abriránselle novas avenidas de bon suceso crecente, de horizontes infinitos. Así e só así se labrará en forma vibrante un benestar social e politico e a maior abondamento o progreso na agricultura e industria constituirá un marfiliño e precioso tesouro de ouro de Tibar, onde estará o corazón dun pobo.
¡ Voto a Bríos... que gosto !. ¡ Que nos fagan a estrada se non queren que morramos de ansiedade !
Dr Hércules Lucanus de la Monniere ( Xesús López González )
Sárria- Paradela. Xaneiro 1926
Nota: No ano 1924 retomaron as obras da estrada de Sárria a San Martiño de Castro, que dende 1872 estaban detidas en Mouzós ( Meixente ) e só abriron uns dous quilómetros por terras de Meixente e Belante , quedando parado o treito previsto até o río Loio. En 1924 , 54 anos despois de comezar as obras para comunicar Sárria e Portomarín non había nin un só metro de estrada en todo o Concello de Paradela, que seguía malamente comunicado cos concellos viciños coas vellas carreiras , corgas e congostras que malamente permitían o paso dos vellos carros tirados por xugadas de vacas ou bois.
*************************************************************************************
MORTE DUN NENO EN NAI
( 16.07.1926 ) Suceso desgrazado. Ocorréu antonte na parroquia ( ¿ ) de Nai , do concello de Paradela .un desgrazado suceso.
Xulián López, mozo de 12 anos, intentóu recoller unha mula que estaba pacendo , mais ao apoderarse do ramal enredouse este no corpo do rapaciño , ao tempo que a mula se espantaba , sendo entón arrastrada a criatura nun longo traxecto.
O neno, que recibiu gravísimas feridas, faleceu pouco despóis.
*************************************************************************************
( El Progreso, 24.11.1927 ).- Posta en funcionamento de novo local para a Escola de Francos.
**********************************************************************************+* ( LA VOZ DE LA VERDAD, Lugo, 13.12.1929 )
DE PARADELA
DANOS POLAS FORTES CHOIVAS
Co gallo dos últimos fortes dioibos de augas son moitos os ais e queixumes que se ouven por algúns viciños deste Concello por mor dos danos causados nas súas propiedades.
Os pobos de Saan Xoán de Loio, Aldosende e Santa Marta sofren danos de consideración. Especialmente o pobo de Santa Marta no que a maior parte das terras que estaban en completa vexetación foron arrastradas polas auga quedando reducidas a verdadeiro poulo que cecáis na vida dos moradores actuáis terá necesariamente que ser negativo.
Dado o estreito que pasa por ali o Miño , no Pozo chamado de Santa Marta , era abraiante o aspecto que presentaban alí as augas.
Varios viciños de Portomarín e doutros pobos desta comarca foron ali a admiraren a oleaxe que bravura que amosaba o histórico Miño que parecía máis ben o que fan as ondas na resaca nas inmensidades do grande Océano.
As pontes de riba do Loio , uns quedaron ameazando ruina e a outros varreunos até os cimentos como acontecéu no de Pías.
NAS OBRAS DA ESTRADA DE MOUZÓS A SAN MARTIÑO DE CASTRO
Tamén nos din que o treito primeiro da Estrada de Sárria a San Martiño de Castro, no punto coñecido como O Neo, varreron as augas máis de 150 metros sen deixar case pegada da estrada.
A maioría dos prexudicados pensan elevaren á Superioridade unha razonada petición en demanda dalgunha axuda para poderen aliviar algo os danos sofridos.
SINDICATO CATÓLICO AGRARIO DE SANTALLA
Para o día 15 dos correntes están convocados todos os socios que integran o Sindicato Católico Agraria de Santalla de Paradela , e á verdade nos poucos anos que leva funcionando con un número considerable de socios e está exportando por mediación da Federación Católica Agraria desta provincia moitas reses de gado vacún.
A Xunta Direitiva do dito Sindicato prégalles aos Señores Curas aconsellen aos seus fregueses ingresen na dita Sociedade se queren ver respectados os seus produtos.
OS TREITOS 2º, 3º E 4º DA ESTRADA DE SÁRRIA A SAN MARTIÑO DE CASTRO
Áchanse moi contentes os terratenentes do 2º treito da Estrada de Sárria a San Martiño de Castro . debido a que nestes últimos días cobraron as pesetas polos terreos ocupados que xa hai tempo agardaban , e que algúns marmuriadores dicían que non habían cobrar céntimo.
No 3º treito os traballos seguen con bastante actividade malia as dificultades con que se tropeza por mor do temporal reinante.
Agora quédanos o 4º treito desta tan arelada estrada, dende o pobo da Reguenga a Portomarín , catro e medio quilómetros que por nos interesar por ela a Xefatura de Obras Públicas desta provincia , imprimiulle actividade aos traballos para a unión desta estrada coa de Lugo a Portomarín sexa axiña un feito , necesidade tan sentida e inmensos beneficios que vai reportar a todos os habitantes deste comarca.
Correspondente
Decembro, 9 , 1929
Notas: A Estrada de Sárria a Portomarín ( despóis chamada de Sárria a San Martiño de Castro, viu realizado o seu treito primeiro entre Sárria e Mouzós ( Meixente ), onde estivo parada máis de cincuenta anos. O segundo treito abriuse entre Mouzós e A Ponte do Neo, no río Loio. O treito terceiro entre a Ponte do Neo e O Rodillón ( San Miguel de Paradela ) permitiu o enlace de Sárria con Pacios ( capitalidade do Concello de Paradela ). O cuarto treito entre O Rodillón e A Reguenga ( San Martiño de Castro ) no remate do ano 1929 estaba en obras. O quinto treito entre a Reguenga e Portomarín, que incluía a Ponte de Seoane de Loio e a Ponte de Portomarín , tamén estaba en obras.
A inauguración da Ponte Portomarín permitíu o acceso entre Paradela e Lugo.
************************************************************************************
( El Progreso , 22.04.1930 ),. Nomeamento da mestra Otilia López Vázquez para a Escola de Francos.
*************************************************************************************
LIORTA NAS OBRAS DA ESTRADA DE SÁRRIA A SAN MARTIÑO DE CASTRO
( Heraldo de Galicia, 17.01.1931 ).- Sárria.- Por cuestións de traballo , rifaron calorosamente na parroquia de Vilaragunte , do concello de Paradela , o capataz das obras de construción do Terceiro Treito da estrada de Sárria a Portomarín , Anxo da Pena, e os obreiros das indicadas obras , Bautista Pérez e Xaime López. A porfía dexeneróu en referta da que resultóu o capataz con varias mancadelas en distintas partes do corpo , que foron calificadas de prognóstico reservado polo médico desta vila don Xulio González Teijeiro .
Polo feito instrúese o oportuno atestado , que foi remitido ao Xuiz de Instrución do partido, non podendo ser detidos os agresores por se teren dado á fuxida-
***********************************************************************************
PEDIMENTO DE VÍAS DE COMUNICACIÓN PARA CASTRO DO REI DE LEMOS
( El Pueblo Gallego, 23.08.1931 ).- Pedindo vías de comunicación.- Falaron connosco varios viciños da parroquia de Castro do Reino, entre eles o presidente e segredario da Federración Republicá Galega , para que por medio destas columnas fagamos presente o illamento no que se acha sen estradas, ferrocarril , nin un camiño viciñal xiquera.
A parroquia que ven a ser a terza parte do concello de Paradela e conta cunha feira mensual , que cada vez se ve menos favorecida debido a que os feirantes van a outras de máis doada comunicación , porque a esta non poden chegar en ningún veículo. Sería de desexar que por quen corresponda se estude a maniuera de facer un camiño que una esa parroquia con algunha das estradas que perto de aquí pasan.
( O Correspondente de El Pueblo Gallego en Rubián )
************************************************************************************
( GALICIA, 4.12,1931 ).- DIAFANIDADES. TODO ISTO VAISE ! AS RUINAS DE LOIO.
Todo isto vaise !. ¡ Vive Deus que é míngua e lástima moi grande que os que de boa gana nos legaron os nosos devanceiros sexa na nosa época , sexa destruido polo destemperado vintimperio e a desconsiderada actividade dos tempos, ou xiquer, pola forza bruta da man destrutura do home e as máquinas de guerra por aquel manexados. E porque é moi lóxico, ademáis que o que se trasmite xa sexa en especie, se conserve , pois, senón, o que primeiro era pura realidade e tiña marcada existenza pasan ao cabo duns centos de anos a perderen toda a súa real importancia e terá que se converter na máis cursi e noxenta ilusión que somente é entretemento e comida de intelixencias pobres dabono e sobexamente retardatarios. Mais eis que se algo resta que valla a pena , históricamente considerado áinda "ese algo" debe conservarse.
***********************
Iso é outra cousa , é o que debemos facer coas ruinas onde tivo o seu asento o Convento de Santa Cruz de Loio ( Paradela ), perto de Portomarín , que están próximas a desaparecer de todo se a toda costa non o evitan os que se teñen por algo, porque o dono de aquel inculto terreo , por fins "particulares" , esnaquizará aquelas sagradas pedras e minaráraas até nos seus alicerces , desfacendo así totalmente o que en moi remotas idades foi a gloria da miña terrra nadal.
SILIO AMOR DEL VALLE ( Xesús López González )
***********************************************************************************
MULTA AO PÀRROCO DE CASTRO DO REI DE LEMOS , FRANCISCO OCHOA GARCÍA , POR INXURIAS AO RÉXIME REPUBLICÁN
( El Pueblo Gallego, 21.09.1932 ).- Cincuenta duros de multa a un pàrroco .- Lugo.- O Gobernador Civil desta Provincia púxolle unha multa de 250 pesetas ao párroco de Castro do Rei de Lemos , don Francisco Ochoa García. O multado adicábase a proferir palabras inxuriosas na contra do réxime republicán.
***************************************************************************************
( EL ECO FRANCISCANO, Santiago de Compostela, 15.12.1931 )
NI EN PROSA NI EN VERSO
( Texto versionado en galego por Xaime Félix López Arias )
Ofrecemento
Na Ribeira do río Loio / a carón dun par de casas / xorde modesta capela / á Virxe ben adicada / que se a Historia non minte / din que fora restaurada / polo Conde Don Guterre / e a santa esposa Ilduara-/
Dela moi pouco queda / que poidamos admirar / en non sendo unha cociña. / dous modillóns por tras / e un Cristo de boa talla/ que no presbiterio está, / un retábulo de estilo/ difícil de definir / e unha imaxe de María, / de remota antigüidade , / sempre alí moi venerada / en toda posterioridade, / pois invócana nas mágoas / con cariño de verdade.
¡ Oxalá co tempo eu / poida as súas glorias cantar / dando a luz grande poema / con claridade a trazar / con graza e con devoción / que leve un tiduo soio / na honra da Santa Virxe :/ Nosa Señora do Loio, //
Silio ben Amor ( Xesús López González)
Paradela-Sárria
************************************************************************************
( 1932 ).- CREACIÓN DE ESCOLAS: Cerxedo ( mixta de mestre ); Santalla de Paradela ( mixta de mestre ) ; Barán ( mixta mestre ); Ferreiros ( mixta mestre ) ; Paredes de Abaixo ( mixta mestre )
************************************************************************************
NA RIBEIRA EN PAR DO LOIO
( El Compostelano, 12.09.1932 ) TRISTURAS
I
N ' a ribeira , en par d ' o Loyo / hai xa moita escuridá / y - on velliño awn tamancas / din que car ' o muiño vai / c `un folecho cheo de millo , / c ún caquiño cheo de gra , / por enreiba d ' hombro dreito / e c ' oa fouce n ' a outra man / pois por eili and ' o lobo / .
II
Vai baixando pouco a pouco / según llo premite o chan / y-os moitos anos de vida / y - os que quedan por contar / que sempre o bastante son , / n ' iste mundo por rabear / s ' un n ' olvida d 'as trampas / e falcatruadas que fan / certos homes sen concéncea / e con moita libeertá... /
III
O muiñeiro n' estaba n ' o muiño / y - é de noite e nada se ve / a nos ser os lostregos no ceyo / que parece qu ' o queren fender / e n ' o fondo d ' o rigueiro / que ruido fai a y - auga / y - o velliño estaba solo / sen ter quen o acompañara ... / ¡ Que maneira de chover ! / ¡ de que maneira troaba !.
IV
Debaixo d ' o chapicel / os muricegos voaban / meténdose n ' os buracos.... / y - o vello non se mollaba , / soilo que sin máis nin máis / o velliño toritaba ; / il non sabía por qué , / per 'il conta ben se daba / gabelas....consumos...rentas / ¡ que grima máis condenada, / non a sacaba do corpo / anqu ' o demo s ' empeñara. /
V
Pro fora polo que fora / á casiña non volvéu.... / sábese d ' il arestora ? / Nada de certo se sabe / soilo dicen que morréu.
Silio AMORo
( Xesús López González )
*************************************************************************************
A QUEIMA DA IGREXA DE SANTA MARÍA DE CASTRO DE REI DE LEMOS
( EL PROGRESO, 5.10.1932 ).- Castro de Rei de Lemos.- Queima dunha igrexa.- Verdadeiramente apenados temos hoxe que comunicarmos aos leitores de EL PROGRESO a nova triste dun acto salvaxe . Nesta comarca cincenta da provincia de Lugo , aínda que rica e moi poboada, áchase sen vías de comunicación de ningún xénero , aínda para máis cincenta conta somente cunha escola mixta cando a poboación da parroquia de Castro de Rei é de máis de mil cincocentos viciños. Resultado de isto é sen dúbida a falla de cultura dun bon número de habitantes que entendendo mal o estado social que todos arelamos en España , de liberdade, xustiza e traballo , propuxéronse, cecáis, a facer xustiza ao seu xeito e comi consecuencia para terminar radicalmente coa relixión católica concebiron a idea de queimar a igrexa parroquial que era un antigo mosteiro xa mutilado por outra queima cando foi da guerra dos franceses. O incendio tivo lugar na noite do 1 ao 2 e foi tan intenso que a pesares de que o altar maior estaba acoplado nunha bóveda de estilo románico todo el de cantaría , ardéu completamente quedando incomplentamente calcinado un rosario da Virxe do Rosario cuxa festividade habíase celebrar o día 2. Malia destas novas collidas baixo dunha impresión de momento ignórase por completo o móbil do incendio nin quen poidan ser os autores. O Correspondente.
************************************************************************************* ( El Progreso, 8.11.1932 ).- Aurora Yáñez Vázquez, de 45 anos, viciña de San Salvador das Cortes, desaparecida do domicilio conxugal.
************************************************************************************* ROUBO DE DÚAS VACAS
( El Progreso, 26.08,1933 ).- Tamén o Alcalde de Paradela dá conta a este Goberno Civil que se presentóu naquela Alcaldía Francisca Armesto Castro, viciña de Bacorelle, dando conta que durante unha destas noites últimas leváronlle dunha cortes dúas vacas. Ordenouse aos axentes da autoridade fagan as oportunas averiguacións para dar co paradoiro dos ditos semoventes.
***********************************************************************************
ASALTO AO LOCAL ELECTORAL DE SANTA MARÍA DE FRANCOS
( El Pueblo Gallego, 21.11.1933 ).- Hospital Provincial.- Lugo.- Ingresaron neste estabñecemento Manuel López López. de 38 anos. viciño da parroquia das Cortes, Concello de Paradela. Presentaba unha ferida de bala no hipocondrio dereito con perforacións dos intestinos. Hospitalizado. Grave.
Marcelino Vázquez, de 36 anos tamén viciño de Paradela, con ferida de arma de fogo, no vacío esquerdo. Estado grave. Foi operado. Hospitalizado.
Venancio Díaz, de 36 anos, de Paradela, ferido de arma de fogo, na perna dereita e mancadelas na cabeza producidas por un croiazo . Prognóstico reservado. Tamén quedou hospitalizado.
Foron feridoas nos sucesos ocorridos onte co gallo das eleccións en Paradela.
*************************************************************************************
DESTRUCIÓN DE CRUCEIROS
( 1933 ) Foron destruídos varios dos cruceiros existentes no concello de Paradela.
**************************************************************************************
BATIDA DA GARDA CIVIL EN PARROQUIAS DE PARADELA NA PERCURA DE ARMAS
( El Pueblo Gallego, 31.01.1934 ).- O tenente xefe da liña , Sr. Sarandés , deu unha batida polo Concello de Paradela, con forzas da Comandancia , percorrendo tamén Castro do Rei e numerosas parroquias deste Concello , decomisándolle a Martiño López Armesto, de 24 anos, e Pedro Rodríguez Rodríguez, de 26 anos , elementos extremistas , pistolas automáticas de 6,35.
O servizo da Benemérita non deuo resultado que se agardaaba pola razón de que ao observar a presenza da forza no distrito, os paisáns Benigno López López e Gumersindo Fernández, elementos tamén exgremistas , adicáronse a percorreren o municipio dando aviso aos viciños para que ocultasen as armas como así se supón o fixeron. Estes suxeitos foron denunciados ao Gobernador Civil da Provincia para a sanción correspondente.
Causóu sensación o ollar numerosa forza actuando rexistros nos domicilios dos máis siñificados extremitas.
*********************************************************************************
A ESTRADA DE MOSTEIRO VELLO
( El Progreso, 27.06,1934 ).- Con grande animación celebráronse as festas de inauguración da estrada que conduce á Feira de Castro do Rei sendo animadas polas bandas de Segán e San Vitoiro.
**********************************************************************************
CREACIÓN DUNHA FEIRA MENSUAL EN PACIOS DE SAN MIGUEL DE PARADELA
( El Pueblo Gallego, 13.06.1934 ).- Nova Feira.- O Concello de Paradela acordóu crear unha feira mensual de gado de todas clases , que se celebrará os últimos domingos de cada un mes, a partires do día 24 deste mes.
( Vida Gallega, 30.06.1934 ).- En breve dará principio unha grande feira de toda clas de gado , na capital do Concello de Paradela ( Lugo ) en sitio céntrico , na beira da estrada que de Sárria segue a Portomarín , distante 15 quilómetros daquela vila e a 8 desta última . Esta nova feira celebraráse o útimo domingo de cada un mes.
****************************************************************************************
( El Ideal Gallego, 1.08.1934 ) Modesto Arias López, de 22 anos, veciño da Parrocha ( Paradela ) foi hospitalizado en Lugo por mor de feridas recibidas nunha liorta por disparo de arma de fogo con afeción da rexión epigástrica, sen orificio de saída.
***************************************************************************************( 1935 ) Xulio González Teijeiro. médico, natural do Pereiro- Castro de Rei de Lemos foi o contratista das obras de construción da estrada de Rubián a Palas de Rei, quilómetro 14, 100 a Castro de Rei . A
*************************************************************************************
PAGAMENTO DAS EXPROPIACIÓNS DA ESTRADA DE PORTOMARÍN
( El Pueblo Gallego, 3.05.1935 ).- Acordado o pagamento das expropiacións de terreos das obras do 3º Treito da Sección de Mouzós a San Martiño de Castro, na Casa do Concello de Paradela. Aportacióm da Deputación : 12.723,16 pesetas. Do Concello: 4.211, 21 pesetas,
*************************************************************************************
HOMENAXE AO MÉDICO XULIO GONZÁLEZ TEIJEIRO PROMOTOR DA ESTRADA DE ACCESO Á FEIRA DO MOSTEIRO VELLO DENDE A ESTRADA DE RUBIÁN.
( 1.12.1935 ) Tivo lugar na local da Escola do Mosteiro Vello ás 12 da mañá e foi servida polo fondista Xosé López Armesto, contando cunha grande concorrenza de viciños, para agradecerlle as xestión feitas para abrir a primeira via que comunicaba a parroquia con Currelos, Rubián e Monforte de Lemos.
Ao rematar o xantar tivo lugar o acto oficial de inauguración da estrada e se seguido houbo unha animada festa.
*************************************************************************************
POSESIÓN DO SEGREDARIO MUNICIPAL
( El Pueblo Gallego, 23.04.1936 ).- Nomeamento do Segredario.- Con asistenza de numeroso público celebróu sesión o Concello de Paradela para proceder ao nomeamento do seu Segredario , para cubrir a vacante na persoa de don Manuel Limeres Penado , opositor número 466 da relación publicada na Gaceta de Madrid, de 7 de agosto último .
Rematado o acto , o alcalde de Sárria, señor Páramo, dirixiu a palabra ao xentío que agardaba o nomeamento do dito segredario, facéndolles ver os beneficios que a unión reportaba . E a continuación fixo uso da palabra o novo segredario que foi acollido con grandes aclamacións e o mesmo a Corporación polo tal nomeamento.
QUEIXA POLA XESTIÓN DA ESCOLA DE PAREDES DE ABAIXO
Nestes días presentáronse nesta Corresponsalía varios viciños dos pobos aos que corresponde o ensino na Escola de Paredes de Abaixo , polo abandono no que se acha a dita escola , pola ausencia da titular a quen pertence o desempeño dese cometido, pois moitas veces pona calquera sustituto. O que facemos presente nas columnas de " El Pueblo Gallego" para coñecemento do señor Inspector Xefe de Primeiro Ensino da provincia de Lugo , para que corrixa estas anomalías que tanto prexudican aos nenos dos mencionados pobos.
*********************************************************************************
FEITOS EN PARADELA NO PUNTO DE MIRA DO CORRESPONDENTE DE PRENSA DE EL IDEAL GALLEGO
( EL IDEAL GALLEGO, 9.07.1936 ).- Continúan os atropelos en Paradela ( Sárria ), Os extremistas fanlle a vida imposible aos que non pensan coma eles.
SARRIA.- En Paradela , dous dirixentes das turbas extremistas daquel Concello, cuxos nomes son Xosé Ramón Dosío, concelleiro que se arroga as atribucións de delegado gubernativo, e Xosé López, zapateiro remendafoles que actúa de Conselleiro dos Comités comunistas, comunicaron aos donos dunha casa que habitan e cos que conviven , con aluguer dunha parte da casa . a Mestra Nacional e o seu esposo, de profesión comerciante, para que os pacíficos inquilinos , sen outra causa ca a arbitrariedade dos que se chaman "delegados da voz do pobo".
A este respecto , compre poñer de relevo que, naquela contorna , a todos que non pensan coma eles, e non se suman ás "masas" da Fronte , fanlles imposible a vida, e parece ser que non teñen direito a habitaren a terra como os demáis cidadáns.
Dende estas columnas para que os cidadáns que son vítimas deste atropelo e para o mellor goberno da República , invocamos diante de quen proceda os dereitos e garantías individuáis consinuados no texto constitucional , nos seus artigos 29,31, 34, 38 e 39 por se algo valen.
***********************************************************************************
A IGREXA DE SAN FACUNDO DE RIBAS DE MIÑO INCENDIADA
( El Eco de Santiago, 10.07.1936 ) Lugo.- Nunha noite pasada foi queimada a igrexa de San Facundo de Ribas de Miño, no Concello de Paradela , Arderon tres retábuklos , coas súas imaxes e varios obxecto do culto, roupas, etc. . As perdas son de consideración .
O párroco daquela freguesía foi agredido a pedras cando trataba de atallar o lume, véndose precisado a se defender a tiros.
Descoñécese o paradoiro dos incendiarios , pois está completamente comprobado que o incendio foi intencionado.
O referido sacerdote por causa das ameazas recibidas , víuse precisado a saír da súa parroquia , trasladándose ao pobo de onde el é natural.
**************************
( EL IDEAL GALLEGO, 16.07.1936 ).- A igrexa de San Facundo de Paradela ( Lugo ) incendiada.
Sárria ,16.- De fonte fidedigna sábese que os incendiarios daquel territorio prendéronlle lume á igrexa parroquial de San Facundo , antigo convento de frades, nas inmediacións de Portomarín, non quedando da mesma másis que cinzas e as paredes núas. O lume tamén reduciu a cinzas a fermosa imaxe de Santa María " d ' a Pena Redonda" que a tiñan ali os fregueses da mencionada parroquia de San Facundo por motivos de devoción tradicional. Todo isto foi realizado , segundo corre de boca en boca naquela contorn. baixo dos mandatos dalgúns dirixentes da Fronte Popular , en atención a non ter podido conseguir do celoso párroco daquela igrexa , don Xulio Folgueira, que se viu obrigado a fuxir da Reitoral, previa intimidación e amezas de morte a traveso dun anónimo , unha determinada cantidade de pesetas que debía depositar este nas mans da súa criada para que llas quitasen na primeira ocasión oportuna.
Tamén os incendiarios queimaron unha palleira na parroquia de Castro do Rei de Lemos . É de extrañar que o Goberno para ben do réxime non tome estas cousas en consideraci´´on e non procure evitar semellantes actos vandálicos nada propios dun pobo democrático e civilizado, unha vez que o consinuado equivale a unha manifesta violación, en canto que os órganos do Estado do Estado o permiten, dos artigos 27, 44 e 45 da Carta fundamental da República.
**************************************************************************************
AMEAZAS AO PÁRROCO DE CASTRO DO REI DE LEMOS
( EL IDEAL GALLEGO , 17. 07.1936).- Continúan as persecucións e Paradela ( Sárria ).
Sárria.- De novo unha "delegación " da Fronte Popular na parroquia de Castro do Rei de Lemos persoouse na casa reitoral do docto e virtuoso párroco daquela freguesía, don Francisco Ochoa, ex-profesor do Seminario Conciliar de Lugo. cuxa igrexa e convento de bieitos lle queimaron a raiz da proclamación da República, manifestándolle que en breve prazo debía abandoar aquel territorio , por razóns incribles e se non quixer entón que lle cegasen as portas coa fin de que non puidese saír delas, ou no seu defecto , o asasiñasen.
E o mesmo dicían dun xove estudante de Dereito, don Luis López, que sinalan, os da casca amarga, de fascista , e que, por cuxo motivo, e a pesares de que hai poucos días deu a luz a súa señora. obrígano a non saír ou a fuxir daquel concello, diante da posibilidade máis probable de que algúns elementos dos comités que se organizaron alí a causa do advenimento da República se ceben criminalmente na súa persoa.
Cabe en último termo , e a ese propósito, advertir desde estas columnas aos Poderes públicos que semellantes persecución relixiosa e política nn está consinuada na parte dogmática da Constitución , nin no artigo 26 e a súa Lei complementaria de Confesións e Congregacións , nin , finalmente, no impulso democrático e nas esencias que inspiran o espíritu do Código da República.
Por último , en cumprimento de ordes exteriores, a bon seguro do alcalde de Sárria, foi detido o comerciante don Xosé Xacob Bande , malia a ter determinado o gobernador de Lugo para a cabeza do Concello dous membros da Garda Civil para que garantan o dereito de vida . Chama considerablemente a atención que na provincia de Lugo haxa un alcalde que revoque as ordes do gobernador.
********************************************************************************** DETENCIÓN FRUSTRADA DO EX-XUIZ MUNICIPAL
( El Ideal Gallego, 18.07.1936 ).- Sárria.- O día 13 , ás 4 da madrugada, presentáronse en Paradela catro números da Garda Civil co obxecto de procederen , por orde dun alcalde máis significado deste territorio cuxo nome non fai falla citar ( * ), á detención do ex´xuiz don Manuel Arias. somente polo "delicto" de ser un dos que animaron en calidade de asesor a facer reclamacións de conformidade coa nota inserta no Boletín Oficial da provincia a todos aqueles cidadáns que se sentían atemorizados e perxudicados grandemente con cotas fabulosas na repartición do imposto de utilidades do exercizo de 35. exposto ao público no local da Corporación paradelense até o 13 , inclusive , impostas caprichosamente por certos elementos da Fronte Popular.
Mais como xa fuxira daquela comarca a Garda Civil tivo que dar a volta sen poder cumprir a dita orde.
( * ) Refírese ao alcalde de Sárria, Antonio Páramo Sánchez, que nese tempo era obxecto de acusación veladas ou direitas por parte do correspondente sarriao do xornal portugués, claramente enfrontado ás accións da Fronte Popular.
***********************************************************************************
MORTE DE FRANCISCO ARIAS PÉREZ
Francisco Arias Pérez , de 17 anos, natural de Pacios ( San Miguel de Paradela ) , fillo de Xesús e Concepción , domiciliado en Pacios, profesión labrego e de estado solteiro, faleceu en Sesmonde, o día 20 do actual, ás dez horas, a consecuencia de hemorraxia interna, segundo resulta de dilixenzas de autopsia, recibiu sepultura no Cemiterio de Pacios ( San Miguel de Paradela ). Inscrición practicada en virtude de orde recibida da Superioridade ( Rexistro Civil de Paradela, Sección 3ª , Tomo 51, Páxina 157 ). A inscrición fíxose no Libro de Defuncións ás 14 horas do día 22 )
Nota: Foi o primeiro paradelense morto en suceso previo á declaración do estado de guerra en Lugo. Feito acontecido en Sesmonde , parroquia da Laxe, cando un grupo de persoas que sairan de Pacios para facer a requisa de armas sufriu disparos procedentes da casa familiar do pàrroco de San Miguel, don Ramón Losada Varela.
*************************************************************************************
ASASIÑATO DUN PAI PARA VINGARSE DO FILLO
( Nos primeiros días da rebelión militar ) Un grupo fascista sacóu da súa casa de Ferreira, de Castro de Rei de Lemos. co pretexto de levalo detido a Pacios , a Manuel López Armesto, pai de Xulio López González , presidente do Comité Republicán desa parroquia, entón fuxido temendo as represalias fascistas , e levándoo de camiño cara a capitalidade do concello matárono a tiros entre Ferreira e Andreade ., deixando ali debruzado o seu corpo sen vida . Non houbo actuacións xudiciáis para esclaremento de autoría e non se inscribiu a morte no Rexistro Civil.
( En expediente 43 / 1952 , seguido no Xulgado de Primeira Instancia de Sárria, o seu fillo Xulio López González interesóu a declaración de falecemento na que se dí " que era fillo de Matías e Francisca , natural e viciño de Castro do Rei, de onde desaparecéu ao pouco tempo de comezar o Glorioso Movemento Nacional no ano 1936 , créndose que falecéu ").
**************************************************************************************
A FEITOS ACONTECIDOS NO CONCELLO DE PARADELA OS DIAS 19 E 20 DE XULLO VERSIONADOS POLO CORRESPONDENTE SARRIAO DE EL IDEAL GALLEGO
(EL IDEAL GALLEGO, 30.07.1936 ).- No Concello de Sárria ( sic ) queiman dúas reitoráis ( 1) - Trataron de matar a un párroco que tivo que se defender das turbas. Estas tiveron un morto e varios feridos.
Sárria.- Someramente por non haber espazo para detrallarmos todos os feitos , damos a coñecer os máis salientables do ocorrido nesta comarca nos últimos días.
Pasamos por alto o atropelo cometido polos extremistas Severiano López e Cándido López, quen por orde do alcalde de Sárri , sen dúbida, realizaron unha inspeción somente en casas de viciños que fixeron reclamación por cotas , considerando como cabezas de a reses recen nadas e sen deixaren de incluir galiñas, poliños , cans e gatos.
O día 19 presentáronse en Sárria grande número de camións con xente armada. Para os que faltaban armas organizaron unha requisa polas casas da vila. Os camións estiveron nas parroquias de Castro do Rei e Paradela.
En Castro do Rei queimaron a casa do párroco . Antes comeron e beberon de todo o que tiña. Despiis plantáronlle lume a varios palleiros.
Continuaron o 20 as correrías xuntando armas das casas , e co gallo diso promoveron disturbios na parroquia de Franco, lugar de Sesmonde ( a ) .
UN SACERDOTE DEFÉNDESE A TIROS.- O párroco negouse terminantemente a entregar as súas armas . Trataron de matalo no acto, matando a un home ( b ) , e ferindo a varios e disolvéu a manifestación. 35.000 pesetas.
O día 22 restableceuse totalmente a orde publica. Os comunistas, até entón donos e señores da comarca , andan fuxidos polos montes . Na parroquia de Castro do Rei de Lemos existe , ao parecer, un grande depósito de armas e municións introducidos por Monforte nun camión. A Garda Civil de Portomarín detivo a oito individuos moi silificados nestes sucesos.
O cadáver do morto en Francos ( sic ) foi enterrado sen aparato ningún polo medo dos elementos de esquerda.
(a ) Sesmonde é un lugar da parroquia de Santiago da Laxe ( b ) O morto era un rapaz de 19 anos, viciño de Pacios de San Miguel,
*************************
( 1 ) En realidade as queimas que houbo foron : a ).- A da Casa Reitoral de Santa María de Castro do Rei de Lemos. b ).- A da casa familiar do crego don Ramón Losada Varela, en Sesmonde, parroquia de Santiago da Laxe. c ).- A casa do concelleiro López Valcárcel en Vilachá, parroquia de San Salvador das Cortes.
( 2 ) Na mañá do día 20 de xullo cando un grupo de paisáns se persoóu na casa do crego don Ramón Losada Varela, en Sesmonde-A Laxe, dende o interior fíxose un disparo que prodiciu a morte do mozo Francisco Arias , da Casa de Arias, de Pacios, capitalidade do Concello de Paradela.
*************************************************************************************
OS FALANXISTAS EN PARADELA
( EL PROGRESO, 30.07.1936).- Grupos de falanxistas dos diferentes pobos da provincia chegan á capital para prestaren servizo. O entusiasmo reina entre todas as forzas tanto militares como civís é cada vez menor.
A columna que saíu ao inmediato pobo de Paradela a dispersar un grupo de marxistas achóu con sorpresa que todos os grupos desapareceran .Estas forzas regresaron a Lugo sen disparar un só tiro.
****************************************************************************** MORTE DE ALEXANDRE LÓPEZ LÓPEZ ( 11.08.1936 )
Alexandre López López, de 24 anos, viciño de Espiño ( Castro do Rei de Lemos ) , fillo de Xosé e Dosinda, domiciliado en Espiño ( Paradela ), de profesión labrego, de estado solteiro , falecéu na estrada de Rubián a Palas de Rei , o día 11 de agosto de 1936, ás 18 horas, a consecuencia de ferida por arma de fogo, recibiu sepultura no Cemiterio de Remesar ( Bóveda ); inscrición practicada en virtude de manifestación de Santiago García , viciño de Ver; testemuñas : Xesús Pérez-Batallón e Faustino Teijelo Saco, viciños de Bóveda. ( Rexistro Civil de Bóveda, Sección 3ª , Tomo 24, Folio 183 ; inscrición practicada ás 10 horas do día 12 de agosto de 1936 ).
Acta levantada con evidentes irregularidades , sen seguir o trámite obrigado , e previo, diante do Xulgado de Instrución de Monforte de Lemos ).
*************************************************************************************
MORTE DE DOSITEO PÉREZ FERNÁNDEZ ( 21.08.1936 )
Dositeo Pérez Fernández, de 36 anos, natural de Castro de Rei-Paradela, fillo de Nicolás Pérez Arias e Dolores Fernández Castro, domiciliado en Castro do Rei ; profesión, labrego ; casado con Isaura Díaz, de cuxo matrimonio deixa tres fillos menores de tres anos: Dalmiro, Manuel e Darío ; morréu no Monte Couso de Reiriz ( O Saviñao ) o día 21 do actual mes de agosto ás 16 horas , a consecuencia de hemorraxia por perforación de proxectil, segundo resulta do informe da autopsia ; enterrado no Cemiterio de Reiriz ; inscrición practicada en virtude de dilixenzas instruidas polo Xulgado do Saviñao co motivo de ser achado o cadáver do dito Dositeo. Testemuñas: Eliseo López López, da Broza e Ramón Vázquez López, de Marrube ( Rexisto Civil de O Saviñao, Sección 3ª, Tomo 55, Folio 133 ). Inscrición practicada ás 15 horas do día 23.08.1936.
*************************************************************************************
ACHADO DUNHA BOMBA NO MOSTEIRO VELLO
( EL IDEAL GALLEGO, 19.09.1936 ).- Sárris 15.- Estes días por orde da Xefatura das "JONS " do termo municipal de Paradela, cuxo cargo desempeña o médico don Pedro Gudín García , o Xefe de Milicias e Pedro López Vázquez realizaron segredas e activas xestións que deron por resultado o achádego dunha bomba duns 30 quilos no pobo do Mosteiro Vello , de Castro do Rei de Lemos, que entregóu un neto de Antonio López Vázquez que segundo din algúns nenos daquela contornaa aparecéu a carón da casa do ex-alcalde gubernativ de Paradela, Xosé López Armesto, pouco despóis da toma de Castro do Rei de Lemos por forzas militares e falanxistas , explosivo que se entregóu na Xefatura das JONS desta . Chama grandemente a atención a forma na que está construída.
....................................................................
( 1936 ),. Pedro Gudín, médico de Paradela que ocupóu o posto do destituido titular González Teijeiro, ocupa o cargo de Xefe Local da Falange Española.
**************************************************************************************
( 1936 ) Manuel Fernández Gayoso, de 30 anos, fillo de Antonio e Filomena, de Outeiro de Pena ( Francos ), viciño de Toreno e Sil ( León ), en busca e captura por deserción , na Causa 244/1934 do Xulgado Militar de Astorga.
************************************************************************************
MORTE DO PÀRROCO DE SANTA MARÍA DE CASTRO DO REI DE LEMOS ( 17.02.1937 )
Francisco Ochoa García, de 76 anos, natural de San Vicenzo da Ulloa ( Palas de Rei ), fillo de Anxo e Tereixa , domiciliado en Castro do Rei de Lemos, profesión: párroco, célibe, faleceu en Castro do Rei ( Camiño do Mosteiro Vello ás Reigañas ), o día 17 do actual, ao anoitecer, segundo resulta de orde do Sr. Xuiz de Instrución deste Partido. Recibiu sepultura no Cemiterio de Vilamaior ( Sárria ) . Inscrición practicada no Rexistro da Propiedade de Sárria, Sección 3ª, Tomo 44 , Páxina 194, ás 10:15 do día 20 en virtude de comunicación do 19 do corrente . Testemuñas: Anxo Torres, de Sárria, e Amador Caloto Iglesias , de Vilar de Sárria.
( EL COMPOSTELANO, 19 de febreiro de 1937 ).- Recíbense novas procedentes de Sárria de que ns parroquia de Castro de Rei, do concello de Paradela, ocorríu un grave suceso sen que polo dagora teñamos detalles do acontecido. Só se sabe que a consecuencia de feridas de armas de fogo morréu o párroco don Francisco Ochoa García.
*************************************************************************************
MORTE DE BRAIS VARELA VARELA , PRESO NO CÁRCERE DE SÁRRIA ( 28.03.1937)
Brais Mazaira Varela, de 84 anos, natural de Vilachá ( As Cortes-Paradela ), fillo de Pedro e Dominga, domiciliado en Vilachá, labrego, casado ignorándose o nome da esposa e se deixa fillos, falecéu na Prisión Preventiva de Sárria, o día 28 ás cinco horas, a consecuencia de colapso cardíaco , e o seu cadáver recibirá sepultura no Cemiterio de Castro do Rei, termo de Paradela ( sic ), segundo manifestación de D. Emilio Fernández Rodríguez, de 54 anos, Xefe da Prisión desta vila na que ten o seu domicilio. Acta obrante no Rexistro Civil de Sárria, Sección 3ª, Tomo 35, Páxina 245, levantada ás 11:05 do día 29.03.1937. Testemuñas : Anxo Torres, de Sárria, e Amador Torre Iglesias, de Vilar de Sárria.
Nota: Brais Mazaira Varela foi encarcerado baixo a acusación de ter participado o día 20 de xuño de 1936 na queima da Casa de Tosende , na aldea de Vilachá de San Salvador das Cartas ( Paradela ), propiedade do conelleiro dereitista López Valcárcel.
Hai erro na acta de defunción ao indicar que sería enterrado en Castro do Rei de Lemos , cecáis porque nesa parroquia hai outro lugar chamado Vilachá e haber un elevado número de presos da parroquia paradelense sureña
************************************************************************************* CONSELLO DE GUERRA
( EL PROGRESO, 20.05.1937 ) Consello de Guerra.- Finalmente celebrouse outro contra Adolfo Pérez Pérez e oito máis todos viciños de Paradela.
**************************************************************************************
( 21.07.1937 ) Celebración na igrexa parroquial de San Miguel de Paradela do funeral oficial na memoria do xeneral Emilio Mola.
**************************************************************************************
PRIMEIRO FUSILAMENTO MÚLTIPLE DE PARADELENSES CONDEADOS EN CONSELLOS DE GUERRA CELEBRADOS EN LUGO ACUSADOS DE "AUXILIO Á REBELIÓN
MORTE DE DANIEL PÉREZ LÓPEZ POR FUSILAMENTO ( 29 de xullo 1937 )
Daniel Pérez López, de 35 anos, natural de Andreade- Paradela- Sárria, fillo de Ramiro e Xoana, profesión : labrador , casado con Dosilia Pérez, de cuxo matrimonio deixa oito fillos. Falecéu en Lugo, o día 29.07.1937 , ás 6 horas, a consecuencia de feridas mortáis na cabeza, segundo resulta de certificación facultativa, enterrado no Cemiterio de Lugo. Inscrición no Rexistro Civil de Lugo, Sección 3ª, Tomo 148, Páxina 181, practicda ás dez horas do día 29. Testemuñas: Emilio Núñez Torrón e Anxo García, de Lugo.
**************************************************************************************
MORTE DE XOSÉ RAMÓN DOSÍO LÓPEZ POR FUSILAMENTO ( 29 de xullo 1937 )
Xosé Ramón Dosío López, de 36 anos, natural de San Mamede do Castro -Paradela-Sárria , fillo de Xesús e Dorinda, profesión : mecánico, solteiro, falecéu en Lugo o 29 de xullo de 1937 , ás seis horas, a consecuencia de feridas mortáis na cabeza, segundo resulta de certificación facultativa, foi enterrado no Cemiterio de Lugo. Por virtude de comunicación do Capitán Xuiz Instrutor D. Roxelio Borondo Sánchez, que quedóu arquivada, a defunción foi inscrita no Rexistro Civil de Lugo , ás 10 horas do mesmo día, na Sección 3ª , Tomo 148, Páxina 182. Testemuñas: Emilio Núñez Torrón e Anxo García, de Lugo.
Nota: Xosé Ramón Dosío López era concelleiro en Paradela polo PSOE. Foi fusilado no tapal do desaparecido Cemiterio lucense.
*************************************************************************************
MORTE DE XOSÉ LÓPEZ LÓPEZ POR FUSILAMENTO ( 29 de xullo 1937 )
Xosé López López, de 44 anos, natural de San Miguel- Paradela-Sárria, fillo de Xosé e María Xoana, de profisión , zapateiro, casado con Ánxela López López , de cuxo matrimonio deixa tres fillos , falecéu en Lugo o día 29.07.1937 , ás seis horas, a consecuencia de feridas mortáis na cabeza, segundo resulta de certificación facultativa; enterrado no Cemiterio de Lugo. A inscripción da súa morte no Rexistro Civil de Lugo, Sección 3ª, Tomo 148 Páxina 183,practicouse en virtude de comunicación do Sr. Capitán Xuiz Instrutor D, Roxelio Borondo Sánchez, que quedóu arquivada. Testemuñas: Emilio Núñez Torrón e Anxo García, de Lugo.
Foi fusilado no tapal do Cemiterio lucense e os seus restos desapareceron na confusión do terraplenado e traslado feitos para alzaren edificacións no soar resultante.
************************************************************************************
MORTE DE MARCELINO LÓPEZ LÓPEZ POR FUSILAMENTO ( 29 de xullo de 1937 )
Marcelino López López , de 23 anos, natural de Randulfe, San Miguel de Paradela-Sárria , fillo de Celestino e Concepción , labrego, casado con María Arias e non consta que teña fillos, faleceu en Lugo 029.07.1937 ás 6 horas, a consecuencia de feridas mortáis na cabeza, segundo resulta de comunicación facultativa. Foi enterrado no Cemiterio de Lugo. En aplicación de comunicación do Sr Xuiz Instrutor, Capitán D. Roxelio Borondo Sánchez, que quedóu arquivada, esta morte foi inscrita na Sección 3ª do Rexistro Civil de Lugo, no Tomo 148, Páxina 184. Testemuñas : Emilio Núñez Torrón e Anxo García, de Lugo.
En aplicación de sentenza ditada en Consello de Guerra foi fusilado por pelotón militar no tapal do Cemiterio lucense,
************************************************************************************
MORTE DE AVELINO RODRÍGUEZ LÓPEZ POR FUSILAMENTO ( 29 de xullo 1937 )
Avelino Rodríguez López, de 23 anos, natural de San Salvador das Cortes-Paradela-Sárria , fillo de Ramón e Concepción , profesión : pintor , solteiro, falecéu en Lugo, o día 29 de xullo de 1937, ás seis , a consecuencia de feridas mortáis na cabeza , segundo resulta de certificación facultativa , Enterrado no Cemiterio de Lugo . Inscrición practicada no Rexistro Civil de Lugo, Sección 3ª, Tomo 148, Páxina 185. en virtude de comunicación do Sr, Capitán Xuiz Instrutor D. Roxelio Borondo Sánchez. Testemuñas: Emilio Núñez Torrón e Anxo García de Lugo
Foi fusilado en aplicación de sentenza ditada en Consello de Guerra onde compareceu como acusado pola queima da Casa de Tosende de Vilachá das Cortes.
*************************************************************************************
MORTE DE XOÁN ABELLA ARMESTO POR FUSILAMENTO ( 29 de xullo de 1937 )
Xoán Abella López, de 28 anos, natural de San Vicenzo de Paradela, fillo de e , labreg, solteiro , falecéu en Lugo o día 29 de xullo de 1937, ás 6 horas, a consecuencia de feridas mortáis na cabeza, segundo resulta de certificación facultativa. Foi enterrado no Cemiterio de Lugo, Inscrición no Rexistro Civil, Sección 3ª , Tomo 148, Páxina...., en virtude de comunicación do Sr. Xuiz Instrutor D. Roxelio Borondo Sánchez que queda arquivada. Testemuñas: Emilio Núñez Torrón e Anxo García, de Lugo.
Foi fusilado no tapal do Cemiterio vello de Lugo, xa desaparecido , en aplicación de sentenza ditada en Consello de Guerra.
************************************************************************************
SEGUNDO FUSILAMENTO MÚLTIPLE DE PARADELENSES CONDEADOS EN CONSELLOS DE GUERRA ACUSADOS DE " AUXILIO Á REBELIÓN"
MORTE DE RAMIRO RAMÍREZ GUTIÉRREZ POR FUSILAMENTO ( 11 de outubro de 1937 )
Ramiro Rodríguez Gutiérrez, de 46 anos, natural de San Mamede de Castro-Paradela-Sárria, fillo de Vicenzo e Concepción , domiciliado en San Mamede de Castro , labrego, de estado casado, falecéu en Lugo o día 11 de outubro de 1937 , ás 7 horas , a consecuencia de feridas mortáis na cabeza , segundo resulta de certificación facultativa , recibiu sepultura no Cemitario de Lugo, No Rexistro Civil de Lugo en virtude de comunicación do Capitán Xuiz Instrutor D. Roxelio Borondo Sánchez, que quedóu arquivada, foi inscrito o falecemento na Sección 3ª, Tomo 149, Páxina 57. Testemuñas: Emilio Núñez Torrón e Anxo García, de Lugo.
Foi fusilado en aplicación de sentenza de Consello de Guerra.
***********************************************************************************
MORTE DE PEDRO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ POR FUSILAMENTO ( 11 de outubro de 1937 )
Pedro Rodríguez Rodríguez, , de 39 anos, natural de Aldosende ( Paradela ), fillo de Xosé e María Xoana, domiciliado en San Mamede de Castro ( Paradela ), labrego , casado, falecéu en Lugo, o día 11 de outubro de 1937, ás 7 horas, a consecuencia de feridas mortáis na cabeza, foi enterrado no Cemiterio de Lugo. A inscrición practicouse no Rexistro Civil de Lugo na Sección 3ª , Tomo 149, Páxina 8, ás 11:20 horas, en virtude de comunicación do Sr. Capitán Instrutor Don Roxelio Borondo Sánchez. Testemuñas: Emilio Núñez Torrón.
Foi fusilado en aplicación da sentenza de Consello de Guerra.
*************************************************************************************
MORTE DE VALENTÍN LÓPEZ GARCÍA POR FUSILAMENTO ( 11 de outubro de 1937 )
Valentí López García , de 60 anos, natural de San Martiño de Castro- Paradela- Sárria, fillo de Filipe e María Xosefa , domiciliado en San Martiño de Castro, labrego, viuvo, falecéu en Lugo, o día 11 de outubro de 1937, ás 7 horas, a consecuencia de feridas mortáis na cabeza, enterrado no Cemiterio de Lugo. En virtude de comunicación do Sr. Capitán Instrutor D, Roxelio Borondo Sánchez, que queda arquivada, practicouse inscrición deste óbito no Rexistro Civil, Sección 3ª , Tomo 149, Páxina 59, sendo as 11:30 do 11.10.1937. Testemuñas Emilio Núñez Torrón e Anxo García, viciños de Lugo-
Foi fusilado en aplicación de sentenza ditada en Consello de Guerra.
***********************************************************************************
MORTE DE MANUEL PÉREZ GONZÁLEZ POR FUSILAMENTO ( 11 de outubro de 1937 )
Manuel Pérez González, de 19 anos, natural de San Pedro de Portomarín - Chantada, fillo de Xoán e Ramona, domiciliado en Paradela, fill de Xoán e Ramona, carpinteiro, solteiro,morréu en Lugo o día 11 de outubro de 1937 a consecuencia de feridas mortáis na cabeza segundo resulta de certificación facultativa, o seu cadáver recibiu sepultura no Cemiterio de Lugo. A inscrición no Rexistro Civil de Lugo, Sección 3ª, Tomo 149. Páxina 61 fíxose ás 11 , en virtude de comunicación do Sr. Capitán Instrutor D. Roxelio Borondo Sánchez, que queda arquivada. Testemuñas : Emilio Núñez Torrón e Anxo García, de Lugo.
Foi fusilado no tapal do Cemiterio da cidade lucense, xa desaparecido, en aplicación de sentenza ditada en Consello de Guerra.
**************************************************************************************
MORTE DE MANUEL DÍAZ DÍAZ POR FUSILAMENTO ( 11 de octubre de 1937 )
Manuel Díaz Díaz, de 19 anos, natural de Ferreiros ( Paradela ), fillo de Antonio e Estrela, domiciliado en Caraba-Paradela- Sárria, labrego, solteiro, falecéu en Lugo o 11 de outubro de 1937 ás 7 horas, a consecuencia de feridas mortáis na cabeza, segundo resulta de comunicación facultativa . recibiu sepultura no Cemiterio de Lugo. A inscrición no Rexistro Civil, sección 3ª, Libro 149, Páxina 62, practicouse ás 10;30 horas, en virtude de comunicación do Sr. Capitán Instrutor D. Roxelio Borondo Sánchez que queda arquivada. Testemuñaa: Emilio Núñez Torrón e Anxo García.
Foi fusilado no tapal do vello Cemiterio lucense , xa desaparecido, en aplicación de sentenza de Consello de Guerra.
************************************************************************************
MORTE DE XOSÉ LÓPEZ YÁÑEZ POR FUSILAMENTO ( 11 de outubro de 1937 )
Xosé López Yáñez, 54 anos, natural de San Salvador das Cortes ( Paradela ) , fillo de Nicoláu e Viviana, domiciliado na Parrocha - Paradela-Sárria, labrego, casado, falecéu en Lugo , o día 11 de outubro de 1937, ás sete, a consecuencia de feridas mortáis na cabeza, segundo resulta de certificación facultativa , enterrado no Cemiterio Vello de Lugo, xa desaparecido. Ás doce e dez dese día foi inscrito o óbito no Rexistro Civil , sección 3ª, Tomo 149, Páxina 60, en virtude de comunicación do Sr. Capitán Xuiz Instrutor don Roxelio Borondo Sánchez , que queda arquivada. Testemuñas Emilio Núñez Torrón e Anxo García, de Lugo.
Foi fusilado no tapal do Cemiterio lucense en aplicación de sentenza ditada en Consello de Guerra.
************************************************************************************
MORTE DE BENIGNO LÓPEZ LÓPEZ POR FUSILAMENTO ( 11 de outubro de 1937 )
Benigno López López, 29 anos, natural de San Mamede de Castro- Paradela, fillo de Ramiro e Emilia, domiciliado en Igón - Paradela -Sárria, labrego, viuvo, falecéu en Lugo, o día 11 de outubro de 1937 , a consecuencia de feridas mortáis na cabeza , segundo resulta de certificación facultativa, enterrado no Cemiterio lucense. A inscrición, ás 10;20 , no Rexistro Civil , Sección 3ª, Tomo 149, Páxina 55, practicouse en virtude de comunicación do S. Capitán Instrutor D. Roxelio Borondo Sánchez, que queda arquivada.
Foi fusilado no tapal do Cemiterio Vello, xa desaparecido, en virtude de sentenza ditada en Consello de Guerra.
************************************************************************************
MORTE DE MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ POR FUSILAMENTO ( 11 de outubro de 1937 )
Manuel López Rodríguez , 60 anos. natural de Vilachá das Cortes- Paradela-Sárria, fillo de Pedro e Gregoria, domiciliado no referido Vilachá, labrego, casado, falecéu en Lugo o día 11 de outubro de 1937, ás sete, a consecuencia de feridas mortáis na cabeza, segundo resulta de certificación facultativa, recibiu sepultura no Cemiterio lucense. En virtude de comunicación do Sr. Capitán Xuiz Instrutor D. Roxelio Borondo Sánchez , que queda arquivado, ás once e dez horas, fíxose a correspondente inscrición no Rexistro Civil, Sección 3ª, Tomo 149 , Páxina 54. Testemuñas: Emilio Núñez Torròn e Anxo García, de Lugo.
Foi fusilado no tapal do Cemiterio Vello de Lugo, desaparecido, en aplicación de condea de morte ditada en Consello de Guerra.
************************************************************************************
MORTE DE DANIEL TEJÓN ARIAS NO MOSTEIRO VELLO ( 15 de outubro de 1937 )
Daniel Tejón Arias , de 25 anos, natural de Castro do Rei de Lemos ( Lugo ), fillo de Xosé Tejón e Xosefa Arias, viciño da Matanza , labrego de estado solteiro, falecéu nos termos do Mosteiro Vello o 15 de outubro de 1937 ( non indicaron a causa ), recibiu sepultura no Cemiterio de Castro do Rei, A inscrición practicouse en virtude de orde da Superioridade. A inscrición no Rexistro Civil de Paradela, Sección 3ª, Tomo 58, Páxina 81, fíxose o día 31 de decembro de 1937, ás 15:30 horas. Testemuñas: Manuel López e Pedro Pérez ,de San Vicenzo e Pacios.
************************************************************************************** ( 12.1937 ).- Liberdade para presos detidos no Cárcere de Lugo: Pedro López Armesto ( de Paradela ) , Pedro López López ( de Paradela ) e Manuel Díaz López ( de Paradela ).
************************************************************************************
PERCURANDO UN NOVO VETERINARIO MUNICIPAL
( BOLETÍN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO, 19.01.1938 ) Convocatoria para cobrir a praza de veterinario municipal con obriga de residir no concello. Condicións: Aportar certificado da alcaldía de que nos dous anos anteriores non pertencéu a partidos da " Fronte Popular", " Centro" , "Galleguista" e ten boa conduta e simpatiza co Glorioso Movemento Nacional ; certificado da Garda Civil no mesmo senso ; e certificado do párroco indicando boa conduta moral e relixiosa " e que non pertencéu a ningunha secta masónica ".
*************************************************************************************
MORTE DE XOÁN BOADO LÓPEZ EN CASTRELO DA LAXE ( 25 de marzo de 1938 )
Xoán Boado López, de 72 anos,natural de Barán ( Lugo ), fillo de Manuel e María Xoana , domiciliado en Castrelo , parroquia de Santiago da Laxe ( Paradela ), labrego, casado con Dorinda Toirán López , de 70 anos, sen sucesión, falecéu no seu domicilio o 25 de marzo de 1938, ás 9 horas, a consecuencia de hemorraxia producida por disparo de arma de fogo, segundo resulta de dilixencia de autopsia e recoñecemento practicado , recibiu sepultura no Cemiterio de Santiago da Laxe. En virtude de orde recibida da Superioridade practicouse inscrición ás 11 horas do 2 de abril, no Rexistro Civil de Paradela, Sección 3ª , Tomo 58, Páxina 113. Testemuñas ( Non figuran).
Nota: Foi unha morte por suicidio que o rusmusmús público apuxo ao grande temor que tiña a sufrir represalias, por crer que acollera na súa casa ao fuxido ex-alcalde de Sárria Antonio Páramo Sánchez.
*************************************************************************************
MORTE DE EDUARDO ARIAS GONZÁLEZ EN BARIZ-CASTRO DO REI DE LEMOS (6.07.1939 )
Eduardo Arias González , natural de Bariz ( Castro do Rei de Lemos ), que nacéu o 20 de novembro de 1859, fillo de Xosé Ramón Arias e Carme González , domiciliado en Bariz, labrego , casado con Consuelo Díaz Moreira, de 48 anos, de cuxo matrimonio deixa por fillos a Xulia, Xosé, María , Antonio e Xulio, falecéu no seu domicilio , o día 6 de xullo de 1939 ás 21 horas , a consecuencia de hemorraxia producida por proxectís de arma de fogo e recoñecemento practicado. Foi enterrado nese día no Cemiterio de Castro do Rei. Inscribouse a defunción de orde da Superioridade no Rexistro Civil de Paradela, Sección 3ª, Tomo 59, Páxina 18, ás 9 horas do día vinteún de xullo de 1939. Testemuñas: Non se relacionan.
**********************************************************************************
( 1941 ) Eladio López González, enrolado como voluntario na División Azul , tiña familia en Aldosende.
*************************************************************************************
( EL COMPOSTELANO, 5.06.1942 ) Execución de sentencia.- En Lugo cumpriuse a sentenza á última pena á que foi condeado o reo Xulio López López @ O Garabito ,en Consello de Guerra celebrado en Lugo o 11 do pasado mes de maio, polos delitos de asesiñayo e outros cometidos no concello de Paradela , da dita provincia.
************************************************************************************
MORTE DO NENO ENRIQUE GOLÁS MOURE, VICIÑO DE OUTEIRO DE BARÁN ( 29 de novembro de 1946 )
Enrique Golás Moure , natural de San Pedro de Barán ( Paradela ) , de 3 anos de idade, fillo de Manuel Golás e Dores Moure, domiciliado en Outeiro de Barán, falecéu en Sárria, na tarde do día 29 de novembro de 1946 , a consecuencia de hemorraxia aguda segundo resulta de comunicación do Sr. Xuiz de Instrucción e recoñecemento practicado . A inscrición no Rexistro Civil de Sárria, Sección 3ª, Tomo 46, Páxina 83, practicouse ás 11:03 horas do día 3 de decembro , en virtude de orde do Sr. Xuiz de Instrucción do partido de data 2 do actual da que consta terse practicada a autopsia ao dito neno. Testemuñas: Antonio Santos Rodríguez e Amador Caloto Iglesias , viciños de Sárria ( funcionarios do Xulgado ).
Nota : A morte de Enrique Golás Moure , cando era trasladado dende O Neo a Sárria no coche do Guimarás, de Pacios de Paradela, evacuados dende Outeiro de Barán, onde xunto co seu tío, o guerrilleiro Golás, gardas civís e o médico Maceda, feridos os dous no asalto á casa dos pais do neno , cercada pola Garda Civil. Como consecuencia das feridas recibidas morreron tío e sobriño, en Lugo e Sárria.
*************************************************************************************
MORTE DO GUERRILLEIRO EMILIO GOLÁS RODRIGUEZ NO HOSPITAL DE LUGO
*********************************************************************************
( 1946 ).- " Concello de Paradela. Pacios.Feira. Importancia regular. O día 15 de cada mes. Vacún, porcos, ovos,
*************************************************************************************
CAPTURA E MORTE DE EMILIO GOLÁS RODRÍGUEZ NA PRENSA DO EXILIO
Nota: O xornal editado en Francia recolle este feito de maneira pouco exacta: a ).- Emilio Golás Rodríguez, guerrilleiro, fuxido entón integrado no PCE , como consecuencia da denuncia duns viciños de Outeiro de Barán, foi cercado nunha casa dese lugar pola garda civil, recibindo impactos de bala Emilio, a súa cuñada e un sobriño seu, de curta idade. b ) .- Trasladados a Sárria na camioneta do Guimarás o neno morréu antes de chegaren á vila. c ).- Usando o coche de viaxeiros de Raúl López Loureiro trasladaron a Emilio ao Hospital de Lugo onde morréu. Aín--da que na relación oficial se fala dun cerco estreito da casa e dunha forte descarga de tiros feita por Golás dende unha fiestra do andar, a "vox populi" di que foi sorprendido pola entrada da forza no interior da casa , resultando ferido ao tratar de evitar que o sobriño resultase ferido, sendo alcanzados os dous e a nai do pequeno. Os delatores da súa presenza en Outeiro foron obxecto de represión e foron mortos, e a súa casa queimada, nunha acción dos guerrilleiros operativos na zona.
************************************************************************************
MORTE DE DOSITEO DÍAZ LÓPEZ DE OUTEIRO DE BARÁN ( 11 de xaneiro de 1947 ) Dositeo Díaz López, natural de A Coruña, de 35 anos, fillo de Manuel e Francisca, domiciliado en Outeiro, parroquia de San Pedro de Barán ( Paradela ) . xornaleiro, casado con Dores Rey Somoza, de cuxo matrimonio deixóu un fillo chamado Manuel. Falecéu no seu domicilio en Outeiro, o día 11 de xaneiro de 1947, darredor das nove da noite a consecuencia do vulvo e rotura da arteria pulmonar segundo resulta do informe de autopsia e recoñecemento practicado. Foi enterrado no Cemiterio da parroquia de Barán. A inscrición no Rexistro Civil de Paradela , Sección 3ª , Tomo 62, Páxina 74 , ás 15 horas do día 21 de xaneiro, en virtude de orde do Sr. Xuiz de Instrucción deste partido xudicial de Sárria en virtude de dilixencias que se instruiron polo dito Superior , por razón de asasiñato. Testemuñas : Non se indican.
Nota: Baixo a sospeita de que xunto coa súa esposa advertira á Garda Civil de Pacios de Paradela a presenza de Emilio Golás Rodríguez na casa dos seus cuñados en Outeiro de Barán, os guerrilleiros actuantes na zona , logo de reunir forzadamente aos residentes na aldea procederon a darlle morte ao matrimonio na súa presenza e ademáis queimaron a casa.
************************************************************************************
MORTE DE DORES REY SOMOZA DE OUTEIRO DE BARÁN ( 11 de xaneiro de 1947 )
Dores Rey Somoza , natural de Monforte de Lemos . de 36 anos, filla de Xovito e Dores , domiciliada en Outeiro, parroquia de Barán. , aos seus labores , de estado casada en únicas nupcias con Dositeo Díaz López , de cuxo matrimonio único deixa un fillo chamado Manuel y anterior a dicho matrimonio tuvo otro natural chamado Xosé. , falecéu en Outeiro de Barán , no seu domicilio, o día 11 de xaneiro de 1847, darredor das nove da noite a consecuencia de hemorraxia intrapericársica e lesión do órgano vital, segundo resulta do informe de autopsia e recoñecemento ptacticado, Foi enterrado no Cemiterio da parroquia de Barán. O falecemento foi inscrito no Rexistro Civil de Paradela, Sección 3ª , Tomo 62, Páxina 75, ás 15:10 horas do día 21 de xaneiro, en virtude de orde do Sr. Xuiz de Instrucción deste Partido Xudicial de Sárria, en dilixenzas que se instruiron polo dito Superior sobre asasiñato. Testemuñas: Non figuran,
Nota: A súa morte prodiciuse nas mesmas circuntancias que a sufrida polo seu marido Dositeo Rey Somoza.
**********************************************************************************
MESTRES DE PARADELA
( 1948 ) Xerardo Pallares Pérez, mestre de San Miguel de Paradela, e Manuel Pallares López, mestre de Santalla de Paradela , formalizan permuta das súaz prazas.
*************************************************************************************
CAUSA 58 / 1951
( 1951 ) Por suposto delito de relación con bandoleiros seguiuse causa conta Xesús Mazaira Pérez, fillo de Brais Mazaira e Dores Pérez, de 57 anos e viciño de Vilachá das Cortes. Tamén contra Marcelino Vázquez Díaz @ Estevo , da Pena de Mirallos , de 41 anos, fillo de Xosé Vázquez e Manuela Pérez.
**************************************************************************************
MORTE DE XOSÉ ARIAS FERNÁNDEZ ( " DAPENA" , " CRISTO " , " RONQUIÑO" , EN SANTA CRISTIÑA DE PARADELA ( 27.05.1954)
Xosé Arias Fernández , natural de Paredes de Arriba- Castro do Rei de Lemos ( Paradela ) , labrego, fillo de Manuel Arias Rodríguez e de Florentina Fernández González, solteiro. Falecéu no punto coñecido por " Cortiña do Castro", parroquia de Santa Cristiña o día 27 de maio de 1954 , ás 16 horas, a consecuencia de disparo de arma de fogo de grande penetración . Recibiu sepultura no Cemiterio de Santa Cristiña. A inscrición no Rexistro Civil de Paradela , Sección 3ª, Tomo 64, Pàxina 2, de orde do Xulgado Superior practicouse ás 19 horas do 28 de msio de 1954. Testemuñas : Non figuran.
Nota : Andaba fuxido e foi abatido en intervención da Garda Civil.
************************************************************************************
( El Progreso, 13.10.1957 ) Forman en Pascios unha Comisión para potenciarten a FEIRA DO 15, condendo premios ás diferentes clases de animáis.
*********************************************************************************
( 1958 ).- Benigno López Vázquez, Presidente da Irmandade de Labregos e Gandeiros de Paradela.
************************************************************************************
INAUGURACIÓN DO CENTRO TELEFÓNICO DE PARADELA ( 20.06.1959 )
( El Pueblo Gallego, 21.06.1959 ).- O Gobernador Civil acompañado das xerarquías provinciáis chegóu pola mañá ao concello de Paradela onde foi saudado polo alcalde e demáis membros da Corporación municipal , autoridades e xerarquías locáis . De seguido trasladouse ao novo CENTRO TELEFÓNICO que ía ser inaugurado . Ali agardábano o delegado rexional da Compañía Telefónica , señor Gayoso , acompañado de alto persoal , saudándose todos cordialmente.
Efectuada a benzón do centro polo señor cura párroco , o doutor Otero Aenlle inaugurouno cunha conferenza que cursóu a Santiago de Compostela para felicitar ao seu bon amigo señor López Carballo, profesor da Escola de Mestría Industrial da cidade compostelá que precisamente naquel momento estaba sendo obxecto dunha homenaxe co gallo da imposición da Medalla da Orde de Alfonso X o Sabio.
Rematada esta inauguración o Gobernador e os seus acompañantes dirixíronse á Casa Consistorial, dende cuxo balcón primeiro falóu o Alcalde e despóis o doutor Otero Aenlle , sendo premiados ámbolosdous con grandes e varios aplausos pola veciñanza.
*********************************************************************************
CLASES DE EDUCACIÓN DE ADULTOS
( El Pueblo Gallego, 22.10.1961 ).- Autorización para dar clases de ensino primario para adultos nas escolas de Ferreiros, Francos, Vilachá , Aldosende e San Miguel de Paradela ( Nenos )
***********************************************************************************
PROXECTO DUNHA INDUSTRIA
( 1961 ) MANUEL LÓPEZ LÓPEZ, paradelense viciño de Bembibre ( León ) solicita autorización para instalar unha fábrica de gasosas en Pacios de San Miguel.
***********************************************************************************
( 1961 ) EMILIO ARIAS GONZÁLEZ establece en Pacios de San Miguel un obradoiro de ferreiro
**********************************************************************************
AS ESCOLAS DE PACIOS DE SAN MIGUE¨L
( ...08.1961 ) Inauguración das Escolas de nenos e nenas en Pacio , que sustiúen ás aulas e vivendas das Escolas Vellas, instaladas nun edificio propiedade da Casa do Secretario, arrendado ao Concello.
************************************************************************************
( El Progreso, 28.09.1965 ) INCENDIO FORESTAL,. Arderon árbores nunha área de 500 hectáreas , de propiedades particulares e comunáis en Mide, Pena Corveira , Ferreira e outros puntos da parroquia de Castro do Rei de Lemos.
***********************************************************************************
( 1965 ) Presentación ao Delegado Provincial de Información e Turismo dun traballo encol do "Camiño de Santiago en Paradela " elaborado por Xerardo Mariñas Otero
**********************************************************************************
1965: UN ANO HISTÓRICO PARA PARADELA: ESTRADA A MOSTEIRO VELLO, CANTEIRA DE RIOCABO, ESTRADA DO CAMIÑO DE SANTIAGO , CRUCEIRO DE PACIOS, CASA DO MÉDICO, CENTRO DE INSEMINACIÓN ARTIFICIAL, URBANIZACIÓN DA VILA , ELECTRIFICACIÓN DE PARROQUIAS, TRAÍDAS DE AUGA -
( El Progreso, 5.12.1965 ).- Do correspondente Xosé A. Fernández Chaves.- " O ano actual será histórico para o Concello de Paradela porque viu un grupo de melloras que tras o esquecemento no que estaba sumido indica que chegóu o momento de actualizar as súas necesidades.
Aínda que con demasiado retraso e escasa técnica a estrada que partindo da capitalidade ( Pacios ) a unirá coa parroquia de Castro do Rei de Lemos está tocando a súa fin no seu primeiro treito .Agardamos e desexamos que o restante de tres quilómetros non tardará en se poñer en marcha dada a súa imperiosa necesidade . Pola dita estrada están pasando xa a maquinaria necesaria para a explotación das importantes canteiras que existen en Riocabo que até dagora esquecidas comezan a sewren aproveitadas . É o primeiro albiscar de industria que ve este Concello e véselle grande porvir.
A grande reforma e reparo do Camiño de Santiago fixo que a súa estrada , case intransitable, pasara a primeiro termo. Hai poucos días en lugar estratéxico da entrada de Pacios foi colocado un dos cruceiros do Camiño que como sinal inequivoco afortalará de afouteza e sacrificio aos peregrinos para cubriren as últimas etapas.
A "Casa do Médico" está a piques de ser rematada xa e situada nun lugar san e bonito servirá de adianto da Sanidade Nacional dadas as longas e malas distancias que os enfermos teñen que cubriren dentro do Concello.
O "Centro de Inseminación Artificial" tamén se acha a punto de ser inaugurado , cubrindo unha necesidade da mellora gandeira municipal tendo que agradecer o ter atendido a xusta solicitude a Xefatura de Gandaría que dirixe o ilustre veterinario don Dasio Carballeira Tella.
A urbanización da vila é outro grande paso cara o benestar ; tamén en vías de ser rematada transforma a Pacios no seu aspecto e na súa forma.
Se a isto unimos as electrificacións en marcha , a grande cantidade de traídas de auga que a veciñanza acometéu en todo o Concello , habendo parroquias enteiras con auga nas casas , non hai dúbida de que o ano Sesenta e Cinco foi trascendental para Paradela.
Nós desexamos moi de veras que esta marcha de melloras siga adiante e Deus queira que axiña este Concello esquecido pase a ter uns lugares comunicados, acolledores e confortables , cando menos semellantes á capital , que tamén aquí somos humáns e tamén españois."
( Xosé Antonio Fernández Chaves foi Veterinario Titular do Concello de Paradela, grande loitador polo seu progreso e activo dinamizador social. No concello de Sárria promovéu a creación de granxas modernas integradas en cadeas, e el mesmo participóu como socio capitalista e xestor cualficado nunha granxa instalada en Vilar de Sárria ).
**********************************************************************************
( 16.12.1965 ) Toma de posesión do Alcalde Manuel Pallares López.
*************************************************************************************
( 1965 ) Ampliación da Estrada de Sárria a Portomarín.
*************************************************************************************
( 1965 ) Proxecto de obras do Camiño Local de Paradela a O Saviñao.
*************************************************************************************
VISITA DO BISPO DE LUGO
( 13.02.1966 ) .- O Bispo lucense, Antonio Ona de Echave, preside en Pacios o Retiro Espiritual dos cregos do Alciprestado de Paradela.
***********************************************************************************
( 1967 ) Creación do Teleclube da parroquia de San Pedro de Barán.
**********************************************************************************
( 1966 ) Creación dunha Escola mixta, servida por mestra , en Santiago de Andreade.
**********************************************************************************
( El Progreso, 6.08.1967 ).- Anxo Fernández López publica en El Progreso : " Paradela. Vida y esperanza. Electrificación y Escuelas"
**********************************************************************************
NOVA ESCOLA
( 1967 ).- Creación dunha nova Escola mixta en San Vicenzo de Paradela.
***********************************************************************************
MORTE DUN LOBO EN BARÁN
( El Progreso , 5.04.1967 ).- Benigno Rodríguez de González , de 21 anos, deu morte a un lobo no lugar de Cortiñas ( Barán ), do Concello de Paradela. A fera deixarasde ver naquela comarca en varias ocasións
**************************************************************************************
( 24.08.1968 ) CAMIÑO LOCAL DE PACIOS AO MOSTEIRO VELLO.- Concedidas 838.000 pesetas para o seu remate.
**************************************************************************************
ELECTRIFICACIÓN
( BOP , 6.03.1967 ) .- Aprobación da electrificación de parte das parroquias de Paradela dende a liña suminstradora con orixe en Marzán ( Sárria ) A Serra.- Da liña de Chantada a O Oural.- Mosteiro Vello. De Chantada - O Oral . San Martiño e de Vilacaíz á Feasita. Liñas de baixa tensiön. 1.- Andreade, Agurtión, Bidueiro, Foilebar, Rañadoiro, Condomiña, A Serra, O Castro, Riocabo, Santa Cristiña, Nai. 2.- A Mámoa, O Mazo, Riobó. Penacorveira. Ferreira, Mosteiro Vello, Pereiro, A Seara , A Chousa, Vilachá, Casanova, As Reigañas, Mide, Enxameá, Carballeira, As Bustaregas , Barreiro. 3.- Cerxedo, A Edrada, A Carballosa, Zouro, A Matanza, San Martiño, Paredes de Abaixo, Espiño, Paredes de Arriba. A Parrocha, 4,. Feás, Acevedo, Bariz, Abeilloroá, Valmigallo , Losoiros., Vilar e Gondar. 5.- Trasformador da Pena : Castrelo e A Pedreira , A Retorta e outras da parroquia da Laxe. Lonxitude : 7,75 quilómetros . Orzamento : 2.702.024, 04 pesetas,
**************************************************************************************
VISITA PASTORAL DO BISPO DE LUGO
( El Progreso. 25.08.1967 ).- " Portomarín.- O lecer do Sr. Bispo nesta vila foi relativo pois adicouse a visitar varias parroquias do Concello de Paradela nas que impartiu a súa benzón e administróu o Sacramento da Confirmación a masas inxentes que aínda non o recibiran. Despóis de visitar a parroquia de San Martiño de Castro, do Concello de Paradela, chegóu de novo á nosa vila para facer a Visita Pastoral a esta parroquia".
*************************************************************************************
ELECTRIFICACIÓN DE VARIAS PARROQUIAS
(BOP, 14.02,1969 ).- Autorización ao Concello de Paradela para instalar unha liña de alta tensión desde Portomarín, con ramáis aos trasformadores de Castro, Loio, Esdulfe, Bidul e A Tellada, cunha loncitude de 12,4 quilómetros. Lugares aos que lle dan servizo: Loio, Castro, Igón, Sandomil, Torre, Tremeado, Toexe ; A Tellada, A Parrocha, Portocaneiro, Celmán, Suar, Laxe, Sesmonde, Os Moimentos, O Mercadoiro, Moutrás, Vilalbite ; Esdulfe, Vilarreguenga, O Poste, Pol, O Cereixal, Santalla, Abeledo, O Lombao, A Adega, Castro, Santa Marta, Cabo de Vila, Regatelo, San Martiño, Outeiro, A Reguenga ; Aldosende, Bidul , O Colado.
*************************************************************************************
VISITA OFICIAL DO GOBERNADOR CIVIL
( El Progreso, 27.02.1969 ).- O Gobernador Civil da Provincia reuniuse co Alcalde e a Corporación municipal para trataren asuntos relacionados coas estradas, escolas e de medidas para aumentar a produción leiteira.
*************************************************************************************
UN PROXECTO PARA A INSUA DE SAN XOÁN DE LOIO
( El Progreso, 8.03.1969 ).- Na Insua de Loio, no encoro de Belesar, pretenden facer un Complexo Polideportivo con piscina, dous campos de tenis, campo de baloncesto , frontón. boleira , clube náutico e embarcadoiro . FENOSA vendeulle a insua ao Clube Condes de Fenosa.
*************************************************************************************
AS TRILLIZAS DE RANDULFE
( El Progreso, 10.09.1969 ).- Procedentes da Casa-Berce de Lugo as trillizas, fillas de Adoración, María Cristiña, María Dores e María Begoña, pasaron a residiren na casa dos seus pais en Randulfe, parroquia de San Miguel de Paradela.
*************************************************************************************
BELÉN RODANTE
( 12.1969 ).- Fixo parada en Pacios ( San Miguel de Paradela ) o Belén Rodante.
*************************************************************************************
( 1969 ) Dotación dun Teleclube en Santiago de Aldosende.
************************************************************************************* ( 1969 ) Proxecto de apertura dun Camiño Local entre Reiriz ( O Saviñao ) e Aldosenxde.
*************************************************************************************
( 1969 ) Meritorio labor do párroco de Aldosende César Campo na promoción de melloras e dotacións para a parroquia.
***********************************************************************************
UNHA PRAZA PARA FRAGA IRIBARNE
( 1970 ) O Concello de Paradela, presidido por Manuel Pallares López , acorda darlle a unha praza do lugar o nome de Manuel Fraga Iribarne.
*************************************************************************************
FRACASA O COMPLEXO DA INSUA DO LOIO
( El Progreso, 12.11.1970 ).- A Deputación Provincial requiriu ao Concello de Paradela para que informase se tiña a disposición dos terreos para os camiños de acceso á Insua do Loio.
*************************************************************************************
ATRANCOS PARA UNIR O PALACIO DE VILAMAIOR COA FEIRA DO MOSTEIRO VELLO
( El Progreso,24.02.1971 ),. Villarabid. - Xa foron moitas as veces que tocamos o tema da obra da estrada de Vilamaior-Castro de Rei de Lemos. Últimammente parecía que as cousas ían cambiar e a estrada ía ser reamtada , agora resulta que todo voltóu ao mesmo estado, paralización completa. Alguén pde dicir que esta zona nos cai un pouco fora da nosa demarcación en canto ao labor informativo. Para estes quero aclarar unha vez máis que se algún día se toma en serio o asunto e a estrada se leva a felix termo, será moi doado comprobar como a vida da nosa vila entra de cheo nesa rica comarca . Por outra parte non se entende como se pode ter case incomunicada unha comarca . Isto é o que nos explican un grupo de viciños que unha vez máis nos rogan fagamos públicas as súas queixas. Dinnos que se é certo que todos poñen as mellores intencións para solucionar o problema , pero que non saben o por que a cousa leva moitos anos intentándose e sen solución algunha.
( * Había entón 41 anos da chegada da estrada á Feira de Paradela ( Santa María de Vilamaior ) onde quedara detida a obra sen seguila á Feira de Mosteiro Vello ( Castro do Rei de Lemos )
**************************************************************************************
UN SERVIZO REGULAR PARA VIAXEIROS
( BOP, 13.03.1971 ) .- Manuel Vide solicita o establecemento dun servizo regular de viaxeiros entre Castro do Rei e Foilebar, con unha expedición de ida e outra de volta, agás os domingos.
************************************************************************************ A ESTRADA DE VILAMAIOR AO MOSTEIRO VELLO
( Bolletín Oficial da Provincia de Lugo, 12.08.1971 ).- Camiño Veciñal de Vilamaior a Castro de Rei de Lemos.- O proxecto realizado polo enxeñeiro don Senén Prieto Fernández, con un orzamento de 1.000.000 pesetas , aprobado polo Concello en agosto de 1971.
*********************************************************************************
ELECTRIFICACIÓN DA RETORTA
( 1972 ) Manuel González Arias, da Retorta , para electrificación do lugar con outros viciños, recibe unha axuda de 35.000 pesetas para levar unha liña de baixa tensión dende o trasformador da Tellada.
**********************************************************************************
DANOS EN GRANXAS
( EL PROGRESO, 12.02.1972 ).- O forte vento do día 5 causóu graves danos nas granxas de Benigno Bergantiños, Xesús Rodríguez Rodríguez e Manuel López, e derrubóu moitas árbores.
************************************************************************************
AUGARDENTE DAS RIBEIRAS DE PARADELA
( EL PROGRESO, 4.06.1972) Correspondente ANXEL.- A augardente que se vende " como de Portomarín" procede das ribeiras do Loio , Santa Marta, Aldosende , A Trapa , Viñoá, Portocaneiro, Sucastro e Veiga.
************************************************************************************
¿ HAI BOAS NOVAS PARA A ESTRADA DE VILAMAIOR A CASTRO DO REI ?
( El Progreso, 16.11.1972 ).- Villarabid.- Unha das estradas importantes que nos tiña aos sarriaos case incomunicados por Castro do Rei de Lemos , cuxos viciños están desexosos de poderen acurtaren tanta distancias para visitaren a nosa vila , xa está en vías de solución . Congratulámonos con isto ao mesmo tempo que felicitamos a eses viciños que fixeron posible, xunto coas autoridades competentes, que a dita estrada pase a ser unha realidade, que dende logo sen tempo non foi a súa consecución.
***********************************************************************************
ESTRADA DE VILAMAIOR AO MOSTEIRO VELLO
( 10.1973 ) Orzamento de 4.000.000 pesetas para o Camiño de Vilamaior ( Sárria ) a Mosteiro Vello, cunha lonxitude de 8,1 quilómetros.
***********************************************************************************
UNHA COOPERATIVA DE CONSUMO
( El Progreso, 24.04.1974 ) .- Creación da Cooperativa de Consumo " San Mamede ", na parroquia de San Mamede de Castro , para agricultores e gandeiros.
************************************************************************************
( 1974 ) PISTA DE ACCESO A VEIGA
Apertura da pista do Castro de Barán , estrada de Becerrá a Vendas de Narón, ao lugar de Veiga, na parroquia de Santa María de Ferreiros.
*********************************************************************************
AGRUPACIÓN ESCOLAR
( BOP , 28.06, 1975 ).- Bases para adquisición de soar para a Agrupación Escolar.
*********************************************************************************
A PRENSA EN PACIOS
( 1977 ) O Diario " El Progreso" de Lugo estaba á venda na Drogaría de Anxo Rodríguez Calderón.
************************************************************************************
( 1980 ) Camiño Local de Castro do Rei a Remesar - Acondicionamento da explanación e afirmado. Orzamento: 3.800.000 pesetas.
***********************************************************************************
( 1980 ) Obras de abastecemento de augas e saneamento de Pacios, capitalidade do Concello. Orzamento: 1.248.903 pesetas . Contratista : Manuel Neira Trobo.
( 1980 ).- Superficie: 1.915 hectáreas. Presidente: Xosé Brea López. Parroquias: Andreade, San Mamede, San Miguel , Suar , Vilaragunte e parte de San Vicenzo e Santa Cristiña.
*********************************************************************************
( 1982 ).- URBANIZACIÓN do Campo da Feira en Pacios e anexos ( San Miguel de Paradela )- Enxeneiro: Humberto Vázquez Vázquez. Orzamento: 14.640.000 pesetas.
************************************************************************************
( 1982 ) Remate do Camiño Local de Csstro de Rei de Lemos. Contratista : Ramón Cortizo Lois. Orzamento: 1.248.903 pesetas.
( 1983 ) ELECTRIFICACIÓN da parroquia de San Vicenzo de Paradela . Orzamento: 9.482.600 pesetas. Contratista: Luis Esteban Rey.
*************************************************************************************** ( 1983 ) Asfaltado da 2ª Fase do Camiño Local de Pacios a Trebolle ( O Páramo ) Orzamento: 2.250.000 pesetas.
**************************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 1979
Concelleiros : 11 Censo electoral. 2710
Votos emitidos: 1.600 Votos en branco: 0 Votos nulos : 7 Abstencióm : 1.110 ( 40,96 % )
UCD 7 concelleiros ( 958 votos, 60,14 % ) PSOE 2 concelleiros ( 326 votos, 20,46 % ) CD 2 concelleiros ( 309 votos 19,40 % PTG 0 concelleiros ( 0 votos, 0 % )
Alcalde : Xosé Manuel Mato Díaz
************************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 1983
Concelleiros: 11 Censo electoral: 2.855
Votos emitidos; 1.782 Votos en branco : 0 Votos nulos : 0 Abstención : 1,073 ( 37,58 % )
PG.CIGA 9 concelleiros ( 1.323 votos 74,24 % ) PSG.PSOE 1 concelleiro ( 279 votos 15,66 % ) AP- PDP-UL 1 concelleiro ( 180 votos , 10,10 % )
Alcalde : Xosé Manuel Mato Díaz
*************************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 1987
Concelleiros : 11 Censo electoral : 2..828
Votos emitidos ; 1.999 Votos en branco : 2 Votos nulos : 4 Abstención: 829 ( 29,31 % )
PDP-PL-CG 8 concelleiros ( 1,396 votos, 70,15 % ) AP 2 concelleiros ( 368, 17,96 % ) PSDG-PSOE 0 concelleiros ( 205 votos, 10,29 % ) BNG 0 concelleiros ( 32, 1,11 % )
Alcalde: Xosé Manuel Mato Díaz
***********************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 1991
Concelleiros : 11 Censo electoral : 2.627
Votos emitidos : 1.926 Votos en branco: 1 Votos nulos: 3 Abstención: 201 ( 26,68 % )
PP 9 concelleiros ( 1.489 votos, 77,47 % ) BNG : 1 concelleiro ( 265 votos, 13.79 % ) PSG-PSOE : 1 conselleiro ( 168 votos, 8,74 % )
Alcalde : Xosé Manuel Mato Díaz
************************************************************************************** RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 1995
Concelleiros : 11 Censo electoral : 2.635
Votos emitidos : 1.874 Votos en branco: 9 Votos nulos: 9 Abstención ; 761 ( 28. 88 % )
PP 10 concelleiros ( 1.527 votos . 82,27 % ) BNG 1 concelleiro ( 193 votos, 10,40 % ) PSG-PSOE 0 concelleiro ( 136 votos, 7.33V % )
Alcalde: Xosé Manuel Mato Díaz
***************************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 1999
Concelleiros : 11 Censo electoral : 2.971
Votos emitidos: 1956 Votos en branco : 8 Votos nulos: 17 Abstención : 915 ( 31,87 % )
PP : 8 concelleiros ( 1,352 votos , 68, 56 % ) NNG : 2 concelleiros ( 483 votos , 20,44 % )
PSG-PSOE 1 concelleiro ( 193 %, 9,00 % )
Alcalde : Xosé Manuel Mato Díaz
***************************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 2003
11 concelleiros Censo electoral : 2.624 votantes
Votos emitidos : 1.884 Votos en branco: 16 Votos nulos: 8 Abstención: 740 ( 28,24 % )
PP : 8 concelleiros ( 1.249 votos, 67,15 % ) PSG´PSOE : 3 concelleiros ( 611 votos, 32,85 % )
Alcalde: Xosé Manuel Mato Díaz
*************************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DE 2007
11 concelleiros Censo electoral: 2.391
Votos emitidos: 1.793 Votos en branco: 9 Votos nulos: 6 Abstención: 598 ( 25,01 % )
PP : 6 concelleiros ( 1.025 votos, 57,71 % ) PSG-PSOE : 4 concelleiros ( 898 votos, 33,67 % )
BNG : 1 concelleiro ( 8,61 % )
Alcalde : Xosé Manuel Mato Díaz
***********************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 2011
Concelleiros : 11 Censo electoral : 1907
Votos emitidos : 1.597 Votos en branco : 20 Votos nulos: 22 Abstención : 310 ( 16,25 % )
PP: 9 concelleiros ( 1.160 votos , 74 , r0 % ) PSG-PSOE : 2 concelleiros ( 269 votos, 17,23 % ) BNG : 0 concelleiros ( 123 votos , 8,17 % )
Alcalde: Xosé Manuel Mato Díaz
**************************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 2015
A baixa poboacional deu lugar á baixa de 2 concelleiros na composición da corporación municipal
Concelleiros : 9 Censo electoral : 1.793
Votos emitidos : 1.422 Votos en branco : 14 Votos nulos: 17 Abstención : 371 ( 20,69 % )
PP : 7 concelleiros ( 995 votos, 71,95 % ) PSG-PSOE : 2 concelleiros ( 320 votos, 23, 14 % ) BNG: 0 concelleiros ( 68 votos , 4,92 % )
Alcalde : Xosé Manuel Mato Díaz
**************************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 2019
Concelleiros : 9 Censo electoral : 1.793
Votos emitidos : 1.444 Votos en branco : 15 Votos nulos: 21 Abstención : 183 ( 14, 82 % )
PP: 6 concelleiros ( 855 votos , 60,72 % ) PSG-PSOE : 3 concelleiros ( 553 39,28 % )
Alcalde : Xosé Manuel Mato Díaz
**************************************************************************************
RESULTADO DAS ELECCIÓNS LOCÁIS DO ANO 2023
Concelleiros : 9 Censo electoral : 1.510
Votos emitidos: 1.292 Votos en branco: 10 Votos nulos: 10 Abstención : 218 ( 14,44 % )
PP : 5 concelleiros ( 674 votos. 52,57 % ) PSG-PSOE : 4 concelleiros ( 46,65 % )
Alcaldesa: Montserrat Mulet Sar
**************************************************************************************
( 2023 ) DANIEL ABELLA LÓPEZ , natural de Paradela, investigador asociado no Centro de Química Biolóxica e M. Molecular da Universidade de Santiago , con Adrián López Teijeiro e Alexandre Faílde Fiestras, diseñaron un test para detectar a celiaquía en 20 minutos ( Proxecto NBus Celiac Rapid Teste ) 1º Premio no Encontro Internacional de Xoves Emprendedores ( EVE 2003 )
*************************************************************************************
ANEXOS
O GOBERNO DA VILA DE SAN PEDRO DE PORTOMARÍN E O COUTO DE LOIO
Para atender ao goberno da vila e do couto, que foron propiedade da Orde de Santiago da Espada, e despois foi do Arcebispo de Santiago, xunto co Couto de Cesár ( Sárria ) e outros lugares na terra de Sárria . tiveron á súa fronte prestameiros ou prestimeneiros e a tenza fíxose por moito tempo no nome deles.
* 22-01.1188-1230.- Afonso IX sinala o que os prestimoneiros viñan obrigados a pagaren aos perigueiros con ocasión de emendaren estas malfeitorías e facer xustiza.
* 1240.- Sueiro Díaz, Comendador Maior de Loio, en nome da Orde de Santiago da Espada.
* 1259.- Joan Arias, arcebispo de Santiao. Prestameiro: Pedro Nunes . Mordomo : Fernán Nunes.
* 1399.- Gonzalo Rodríguez de Valcarce ( Tencioeiro do Couto de Loio )
* 1523.- Pedro Fernández de Castroverde ( cardeal compostelán ) Tencioeiro de Loio-
* 1540 ( ¿ ).- Simón Rodríguez ( coengo - Tencioeiro de Portomarín-
* 1541 ( ¿ ).- Xacome de Puga.- Tencioeiro de Portomarín-
* 1550.- Pedro García ( coengo ) Tencioeiro de Loio, vila de Portomarín e Cesár ( na beira do río Sárria)
* 1552.- Pedro García ( coengo ) Tencioeiro da vila de Portomarín e Loio.
* 1553.- Pedro García ( coengo ). Tencioeiro do Couto de Loio e vila de Portomarín con Cesár.
* 1564.- Pedro García ( coengo ). Tencioeiro de Loio e Portomarín.
* 1570.- Xoán Patiño ( coengo ). Tencioeiro de Portomarín-
* 1571.- Xoán Patiño ( coengo ). Tencioeiro de Portomarín.
* 1573.- Xoán Patiño ( coengo ).Tencioeiro de Portomarín.
* 1575.- Xoán Patiño ( coengo ) Tencioeiro de Loio e Portomarín-
* 1576.- Xoán Patiño ( coengo). Tencioeiro de Loio e Portomarìn-
* 1586.- Xoán Vélez de Escalante ( racioeiro ) Tencioeiro de Portomarín
* 1606.- Guillén de Arrizabala ( sochantre ) . Tencioeiro de Portomarín.
* 1606.- Luis Rodríguez de Castro ( coadxutor do Cardeal Maior ). Tencioeiro de Portomarin.
* 1644.- Xerónimo Díaz de Balboa ( coengo ). Tencioeiro de Portomarín-
* 1651.- Diego de Berbetouros Pardo de Ribadeneira . Tencioneiro de Portomarín.
* 1651.- Xoán de Valcarce e Prado . Tencioeiro de Portomarín ( cesionario ). Alonso Díaz de Páramo . Alcalde Ordinario na Vila de Portomarín ( Parte de Santiago, parroquia de San Pedro de Portomarín )
Eis unha relación de algúns documentos nos que se coñecen as actuacións de diferentes Tencioeiros de San Pedro de Porto,arín.
* 12.02.1240.- Sueiro Díaz . Comendador Maior de Loio, en nome da Orde de Santiago da Espada, vende a Iohan Johannis , chamado " Martiño" , e á súa muller Sancha Rodríguez todas as hrdades que posúe na freguesía de San Salvador de Abeancos.
* 2.10.1599.- Gonzalo Rodriguez de Valcarce e Balboa , tenzoeiro do Couto de Loio pola Igrexa de Santiago afora a Rui Lopez da Somoza os casares de Bravos e A Cabana en San Xoán de Friolfe e os da Parede e Froxinde en Santa María de Ferreiros ( en pergameo ).
* 20.03.1523.- Foro do Cabido e Mesa Capitular da Catedral de Santiago e do cardeal Pedro Fernández de Castroverde , tencioeiro de Loio , a Diego Velón. escudeiro viciño de Vilarxoán do Couto de Cesár. sito na Tenza de Loio, pola súa vida e tres voces máis , pagando en cada un ano 1.500 maravedís pares de brancas, ao dito tenzoeiro, na vila de Portomarín ; petición de primeira voz do foro do Couto de Cesár, por parte de Lope de Armesto , fillo de Vilarxoán ( ACSC ).
* 9.11.1532.- Escritura de Pedro Pardo Noguerol, Alonso Díaz de Páramo e Diego Rodríguez , viciños de Portomarín, e pola outra parte o licenciado e coengo compostelán Simón Rodríguez, relativa ao arrendo da Tenza de Portomarín e Couto de Loio, por tres anos, cuxa propiedade pasara de Simóm Rodríguez a Xácome de Puga ( ACSC):
7.11.1550.- Poder de Pedro García, coengo de Santigo e tenzoeiro da Tenza e Couto de Loio. Vila de Portomarín e Couto de Cesár, a favor de Alonso Díaz do Páramo, xuiz do dito Couto e tenza , para que no seu nome poida recibir dos viciños do dito couto e tenza toda a renda que deban ( ACSC ).
24.02.1552.- Arrendo de Pedro García , coengo de Santiago e tenzioeiro da Tenza da Vila de Portomarín e Couto de Loio , a favor de Lope Díaz do Páramo, criado seu, do lugar de Castrelo , dentro da dita tenza, polo tempo no que o outorgante fose tenzoeiro e en renda de nove fanegas de pan, un porco e un carneiro (ACSC)
31.05.1553.- Notificación e requerimento de Alberte Bernáldez, como procurador de Lenor de Valcárcel , perante Pedro García, coengo de Santiago e tenzoeiro da Tenza de Loio e Vila de Portomarin, co couto de Cesár, en razón do nomeamento da mesma como primeira voz dun foro (ACSC)
21.06.1564.- Presentación de Pedro García, prioiro e coengo de Santiago e tenzoeiro da Tenza de Loio e Portomarín, do beneficio de San Pedro da Cova, sito na dito na diocese de Lugo, a favor de Fernando de Codesal, coengo na Igrexa de Mondoñedo (ACS).
31.12.1568.- Poder do doutor Pedro López, catedrático da Universidade e colexio maior da cidade de Santiago , a favor de Nuno de Berbetouros, viciño da vila de Portomarín e doutras persoas , para que se poida opoñer a calquera beneficio de calquera diocese que estiver vaco.
28.07.1570.- Poder outorgado por Xoán Patiño , coengo de Santiago, tenzoeiro da Tenza de Loio e Portomarín , a Diego Rodríguez de Berbetouros, viciño da vila de Portomarín, para que no seu nome poida administrar o oficio e xudicatura de xuíz e xustiza da dita vila e os seus coutos ( ACSC)
12.01.1571.- Poder outorgado por Xoán Patiño, coengo de Santiago, tenzoeiro da Tenza de Loio e Portomarín , a Diego Rodríguez de Berbetouros, xuiz da citada tenza, para que vaia á xurisdición da mesma para prender e castigar a todas aquelas persoas que vivan alonxadas da Santa Fe Católica, como renoveiros, blasfemos e amancebados ( ACSC ).
2.03.1571.- Poder outorgado por Xoán Patiño, coengo de Santiago, e tenzoeiro da tenza de Portomarín, a Xoán López de Santa Mariña. vasalo da dita tenza , para que poida ver, xulgar e coñecer o negocio e pleito que tratan Diego Rodríguez de Berbetouros e Pedro Alonso de Pedro ( ACSC)
26.07.1571.- Poder de Diego Fernández e a súa muller Francisca Fernández, viciño de Santiago, a Estevo de Santo Adrao, viciño da parroquia de San Vicenzo, na Encomenda de Portomarín, para que impida que ningunha persoa talle ou corte as árbores que ten da devesa de Santo Adrao.
4.12.1572.- Poder de Sebastián Fariña. crego, viciño de Santiago, a favor do coengo Pedro García e Fernando Boedo, crego do beneficio de San Salvador de Cesár, para que no seu nome poida renunciar ao beneficio de Santa María de Loio, na tenza de Portomarín ( ACSC )
20.01.1573.- Renuncia feita por Sebastián Fariña , crego reitor do beneficio e igrexa parroquial de Santa María de Loio , ao citado beneficio que pertence á tenza de Portomarín, da que é tenzoeiro o coengo Xoán Patiño, para que este, como padrón do mesmo, faga tíduo ao crego idóneo que o administgre ( ACSC)
22.01.1573.- Nominación feita por Xoán Patiño , coengo de Santiago, tenzoeiro da Tenza de Loio e Portomarín , para que no seu nome poida administrar o oficio e xudicatura da citada vila e os seus coutos ( ACSC)
7.06.1575.- Poder outorgado por Xoán Patiño, coengo de Santiago, tenzoeiro da Tenza de Loio e Portomarín , a Pedro López Varela, viciño da Vila de Portomarín, para que no seu nome poida administrar o oficio e xudicatura da citada vila e os seus coutos ( ACSC )
8.06.1575.- Arrendo feito por Xoán Patiño , coengo de Santiago, tenzoeiro da Tenza de Loio e Portomarín, a Pedro López Varela, escribán, viciño da Vila de Portomarín , dos froitos e rendas relativas ao clouto aludido, durante tres anos en 230 ducado ( ACSC )
21.10.1575.- Presentación feita por Xoán Patiño , coengo de Santiago e tenzoeiro da Tenza de Loio e Portomarín, do beneficio de San Salvador de Cesár, que está vacante, no mestre Antonio Patiño, Coelxila no Colexio e Universidade de Santaigo ( ACSC)
21.10.1575.- Poder outorgado por Antonio Patiño, colexial do Colexio Maior e Universidade de Santiago, crego e retor do beneficio de San Salvador de Cesár, a Pedro López Varela, alcalde maior da Tenza de Loio, e a Sebastián Nabiza, viciño da Vila de Portomarín, para que poidan pedir a tenza e posesión do beneficio aludido, así como os seus froitos e rendas, poñendo no seu nome un crego que o administre e sirva (ACSC)
9.06.1576.- O coengo Xoán Patiño, Tencioeiro de Loio e Portomarín, nomea por vigairo seu a Alonso Ares, crego de San Salvador das Cortes.(ACSC )
9.09.1576.- Tiduo , provisión e colación feitos polo coengo Xoán Patiño , como tenzoeiro da Tenza de Loio e Portomarín, a Gaspar do Pazo , crego da diocese de Lugo, como posuedor do beneficio de San Salvador de Cesár , que estaba vaco ( ACSC)
26.09.1584.- Obriga feita polo licenciado Antonio Patiño , en nome do seu tío, Xoán Patiño, coengo da mesma Igrexa, de pagar a Pedro López Varela, viciño da Vila de Portomarín,0s 1.540 reáis " que lle debe por telos recibido da súa man previamente " ( ACSC)
13.03.1586.- Poder outorgado por Agostiño Vivaldo, xenovés, estante na cidade de Santiago , a favor de Xoán de Poza , viciño da cidade , para que cobre de Martiño de Berbetouros, crego " e señor da Vila de Portomarín " , os 2.000 ducados que lle debe en virtude de obriga de maior cuantía referida a certa compra.
10.05.1586.- Consentimento dado por Xoán Vélez de Escalante , racioeiro de Santiago, tenzoeiro de Loio e Portomarín para que Alonso Ares das Moreiras permute o seu beneficio de San Martiño de Castro e San Salvador das Cortes con Pedro López das Moreiras , cura de San Salvador de Piñeiro do Páramo.
4.11.1589.- Concordia entre Xoán Ibáñez de Poza , correo Maior do Reino de Galicia , e Marco Noo , crego da Diocese de Lugo, en Santiago da Laxe , polo que se obriga a levar un despacho ao Nuncio da Súa Santidade , pagándolle o que corresponda (ACSC)
21.06.1593.- Doazón feita por Gregorio de Angulo e Catarina López , viciños de San Xoán de Loio, a carón de Portomarín , a favor de María López, sobriña da Catarina , muller de Estevo Calvo,xastre, da metade de tres cuartas dunha casa sita no barrio de San Pedro.
26.01.1602.- Poder outorgado polo Cabido compostelán ao racioeiro Xoán Vélez de Escalante para que cobre ao tesoutreiro de rendas e alcabalas reáis da cidade de Santiago 20.833 maravedís e medio que debe do pasado ano de 1601, en virtude dun previlexio da Súa Maxestade que deu esa cantidade en compensación da xurisdición e vasalaxe que se tiña riba da vila de Portomarín-
11.10.1603.- Nomean ao licenciado Alonso López para que vaia visitar a Tenza de Portomarín para poder aforar todos os bens e lugares da dita tenza ( ACSC)
10.11.1603.- Nomeamento do licenciado Alonso López para que vaia visitar a Tenza de Portomarín para poder aforar os bens e lugares da dita tenza-
20.11.1603.- Orde ao coengo Antonio de Cisneros , mordomo da mesa capitular do ano 1602 , para que lle dea o diñeiro necesario a Pedro Álvarez , para a defensa dos Votos o Couto de Cesár e Tenza de Portomarín.
8.02.1605.- Outorgan conta ao doutor Valcárcer , coengo de Santiago, para que vaia a Portomarín a facer información do que se ha facer contra da que deron e fan os viciños daquela vila encol do reparo das pontes.
21.02.1605.- Orde dada ao coengo Alonso López, mordomo da Mesa Capitular, para que pague ao doutor Vsrlcárcer 130 reáis que fixo de gasto na información da Vila de Portomarín , que haberán de seren entregues ao señor vigairo.
15.12.1605.- Orde ao coengo licenciado Alonso López , mordomo da Mesa Capitular, que lle dera ao licenciado Luis Rodríguez de Castro, cardeal maior de Santiago, tenzoeiro de Portomarín, 250 ducados " para que edifique e faga unha Casa na dita Tenza , consonte á traza que se lle ha facer. Danlle conta de 15 días ao cardeal Luis Rodríguez de Castro da súa visita a Portomarí e á Ponte.
27.01.1606.- Rematan a tenzza de don Xoán Muñiz e don Guillén de Arrizabala, sochantre de Santiago, por unha renda aneira de 113.000 maravedía-
26.04.1606.- Nomeamento do licenciado Luis Rodríguez de Castro, cardeal maior, para que vaia á Tenza de Portomarín.
23.06.1606.- Orde ao prioiro e ao coengo Cisnero para que falen co señor sochantre para que cumpra o que ofreceu o dito coengo , ou sexa, facer deixación da Tenza de Portomarín.
30.06.1606.- O señor don Guillén de Arrizabala, sochantre, fixo deixación da Tenza de Portomarín , especificándose que quen a teña se obrigue a administrala por el mesmo e non a arrende.
3.07.1606.- Deuse o segundo tratado á Tenza de Portomarín.
13.07.1606.- Dáselle o último tratado á Tenza de Portomarín. Remate da Tenza de Portomarín en Luis Rodríguez de Castro, coadxuntor do cardeal maior, pola renda aneira de 113.000 maravedís.
14.08.1606.- Orde para que un dos visitadores vaia á Tenza de Portomarín e visite a Casa que está caída e poña cédulas para os oficiáis que queiran reparala e deixala como estaba ao mellor prezo.
30.08.1606.- Outorgamento de poder ao cardeal Luis Rodríguez de Castro para a Tenza de Portomarín.
17.10.1606.- Unha vez feita polo coengo Salinas a visita a Portomarín ordenan que se escriba unha carta ao Comendador de San Xoán de Portomarín encol da portaxe da Ponte e o seu reparo , para cuxa conta se libran 50 ducados. Deron conta de oito días ao coengo Salinas pola súa visita á Tenza de Portomarín.
15.12.1606.- Ordénanlle ao coengo licenciado Alonso López, mordomo da Mesa Capitular, que lle dea ao licenciado Luis Rodríguez de Castro. cardeal maior de Santiago, tenzoeiro de Portomarín, 250 ducados para que edifique e faga unha Casa na dita tenza consonte á traza que se lel ha facer. Deron quince días de conta ao cardeal Luis Rodríguez de Castro, polo tempo que ocupóu en visitar a Tenza de Portomarín e a súa Ponte. Orde ao mordomo capitular para que por conta da folla do racioeiro Escalante lel dea 50 ducados ao cardeal Luis Rodríguez de Castro, tenzoeiro de Portomarín.
10.11.1608.- Compromiso entre Pedro López Mlofreira de San Salvador das Corted con Pedro Vázquez Vaamode, viciño de Lugo, sobre pleito que traía polo igrexario de San Salvador das Cortes, dándolle poder a Luis Rodríguez de Castro, cardeal de Santiago, e ao doutor Xoán de Valcárçer , coengo de Santiago , para que resolveran as diferenzas ( SCSC)
12.07.1613.- Poder outorgado polo licenciado Luis Rodríguez de Castro, cardeal maior de Santiago, tenzoeiro de Portomarín a favor de Gregorio Varela , da vila de Portomarín. para que no seu nome poidese cobrar e administrar a sinecura de Santa María de Loio ( ACSC)
26.07.1613.- Arrendo feito polo licenciado Luis Rodríguez de Castro, cardeal maior da igrexa de Santiago, a favor de Gregorio López Varela , viciño da vila de Portomarín , dos froitos e rendementos da dita tenza , para que no seu nome poida cobrar e administrar a sincura das Cortes e os desmos de Santa María de Loio.
8.06.1617.- Poder outorgado por Hernando de la Llana , mestre de cantaría, residente na Vila de Portomarín, a Rodrigo Varela, carpinteiro , viciño da dita vila, para que lle cobre ao Deán e Cabido de Santiago 150 ducados que se lle han dar pola obra e edificio da Casa que ten na citada vila ( escribán: Pedro Alonso de Parga )
22.09,1617.- Poder outorgado polo licenciado Xoán Rodríguez da Ponte, coengo de Santiago, e o licenciado Diego de Annuncibay, racioeiro, testamentario do licenciado Luis Rodríguez de Castro, cardeal maior, defunto, ao licenciado André Basanta de Rubiños. coengo de Santiago, para que poida cobrar todas as débedas e facenda da Tenza de Portomarín e outras partes e lugares.
16.05. 1620.- Carta de pagamento outorgada polo licenciado Alonso López, arcediago de Trastamara e coengo de Santiago , como mordomo que foi do deán e Cabido, a favor de Diego Sánchez de Somoza, coengo de Santiago, que lle entregóu 3.762 reáis como afiuzador de Gregorio López Varela por conta dos froitos da Tenza de Portomarín.
16.03. 1624.- Carta de pagamento outorgada polo licenciado don Francisco de la Calle, cardeal de Santiago, e demáis testamentarios do licenciado don Luis Rodríguez de Castro, cardeal maior que foi de Santiago , a favor de Gregorio López Varela, viciño da vila de Portomarín , e o seu afiuzador Diego Sánchez de Somoza, coengo de Santiago, pola renda da Tenza de Portomarín a quen o falecido lla arrendara.
13.01.1629. Foro do Cabido de Compostela ao licenciado Xerónimo Díaz de Balboa , pola súa vida e a de tres reis, dándolle un prado, unha herdade e a Viña da Redonda, nas freguesías das Cortes e Loio, e outros bens , en renda aneira de 4 ferrados de centeo e un canado de viño ( ACSC)
18.04.1629.- Foro feito polo Cabido de Compostela ao capitán Gregorio de Villar e Castelo, de Portomarín, e a Clara de Estrada, de por vida e a de tres reis, do lugar do Pozo, en Santa María de Loio, en renda de 18 ferrados de centeo, un canado de viño tinto e unha quinta parte das uvas ( ACSC)
7.03.1630.- Poder outorgado polo licenciado don Xerónimo Díaz de Balboa , coengo de Santiago, ao capitán Gregorio de Villar Castelo, viciño da vila de Portomarín , para que poida cobrar todos os froitos e rendas relativos á Tenza de Portomarín.
15.02.1644 .- Poder outorgado polo deán e Cabido compostelán ao licenciado Xerónimo Días de Balboa, coengo de Santiago e arcediago de Raíña para que cobre dons bens e herdeiros de Pedro Pardo de Ribadeneira , señor que foi da Torre de Moreda, e de dona Inés de Castro e Moscoso, e do fillo dos dous, defuntos, toda renda de pan trigo, centeo, servizo, desmos, primicias e máis froitos e rendas que se lle deben aos ditos coengos como tenzoeiros da Tenza e sincura de Portomarín.
30.08. 1645.- Cesión feita polo doutor D. Xoán López de Vega , coengo maxistral de Santiago, da Tenza de Portomarín a favor do doutor D. Francisco de Valcarce e Prado , oidor e xuiz de apelacións na Real Audiencia das Illas Canarias.
17.08.1648.- Poder do licenciado don Bernardo Salcedo , coengo de Santiago, tenzoeiro da Tenza de Everdíns, a favor de Alonso de Portomarín , viciño da cidade de Santiago para que poida recadar as rendas pertencentes á dita tenza.
24.02.1649.- Cesión feita polo licenciado D. Bernardo de Armendáriz, arcediago de Raíña, tenzoeiro da Tenza de Portomarín, ao doutor don Francisco de Valcarce e Prado, rexidor da cidade de Lugo, oidor da Real Audiencia das Illas Canarias, da citada tenza.
25.10.1650.- Poder outorgado por Don Diego de Berbetouros e Pardo Ribadeneira, viciño e Señor de Portomarín , ao licenciado Xoán de Valcarce e Prado, cardeal de Santiago, curmán seu, para que recobre as 40 fanegas de pan de renda que en 1632 lles vendera ás monxas do Convento de Santa María A Nova de Lugo, en 800 ducados.
9.08.1651.- Poder de Xoán de Valcarce e Prado , cardeal de Santiago, en nome de Diego de Berbetouros Pardo Ribadeneira, cuxa é a Xurisdición de Portomarín , ao doutor Francisco de Valcarce e Prado, oidor das Canarias, rexedor perpetuo de Lugo, e curmán seu, para reintegración de renda en San Pedro de Mira.
10.11.1651.- Poder outorgado polo deán e Cabido compostelán ao doutor D. Francisco de Valcarce e Prado, oidor da Real Audiencia das Canarias , rexedor perpetuo da cidade de Lugo, para que cobre todos os froitos e rendas pertencentes á Tenza de Portomarín.
***********************************************************************************
ABADES DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE CASTRO DO REI
1º Abade: Descoñecido. 2º Abade: Descoñecido. 3º Abade: DON SANCHO ( Era 1269 ). Foi abade no tempo de El.Rei Afonso IX. ( debeu haber un período sen abades ).4º Abade: Don Álvaro González ( 1359 ). Frei Rodrigo Martínez ( 1402 ? ) Asina como abade , mais na relación nominañ non o recollen. Frei Afonso López ( asina como abade nun foro ) ** 5º Abade : Don Joan ( até 1421 ) ** 6º Abade: Frei Roi Martínez ( 1422-1433 )** 7º Abade : Vasco Fernández ( 1433-1471 ). Aforoulle a Antonio Rodríguez da Cervela e os seus vales , unha leira na Matança ," con todo o que poidese máis romper , por unha tega de pan de renda e dous reáis" ** 8º Abade: Joan de Ayán ( 1472 - 1491 ). ** 9º Abade: Pedro da Somoza ( 1492-1500 ). ** 10º Abade : Joan de Pradomao ( 1501-1517 ) .........ABADES DE SANTA MARÍA DE MONTE DE RAMO: Cristovo Escudero ( 1674 )
PRIORADO DEPENDENTE DO MOSTEIRO DE SANTA MARÍA DE MONTE DE RAMO
PRIOIROS.-
PRIOIROS.-
MEIRIÑOS DA XURISDICIÓN OU MERINDADE DE PARADELA
CONDADO DE LEMOS
( 15..... ? ) Pedro López da Cervela
( 1603 ) Alonso Pérez
***********************************************************************************
CONCELLO CONSTITUCIONAL DE CASTRO DO REI DE LEMOS
PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA
**********************************************************************************
ALCALDES DO CONCELLO DE PARADELA
PARTIDO XUDICIAL DE SÁRRIA
( 1847 ) Antonio Pérez
( 1853 ) Xoán Sánchez López .- ( 1858 ) Xoán Sánchez.- ( 1859 ) Andrè Domingos López.-
( 1862 ) Antonio Paza.- ( 1864 ) Manuel María Rodríguez.- ( 1864 ) André Domingos López.- ( 1865 ) Manuel Pallares.- ( 1868, 1869, 1870 ) Manuel Pallares.- ( 1869 ) 2º Tenente Alcalde, Melchor Rodríguez.- ( 1870 ) Manuel Pallares.- ( 1871 ) Melchor Rodríguez.- ( 1872 , 1873 ) Manuel López F reijo.- ( 1873 ) Francisco López.- ( 1877 ) Manuel Pallares.-( 1877, 1878 ) Francisco López.-
( 1880 ) Francisco López.- ( 1881) 2º Alcalde, Francisco López.- (1881 , 1882 ) Manuel de la Vega Auz.-( 1882 ).Xosé R. González.-. ( 1896 ) Francisco López Rodríguez.- ( 1890, 1891 ) Xosé Ramón González García.- ( 1896 ) Francisco López. Rodríguez . ( 1897, 1898. 1899, ) Manuel María López Vázquez..- ( 1899 1900 )Manuel de la Vega Auz .- (1901, 1902 ) Manuel López Vázquez .- ( 1903 ) 1º Tenente de Alcalde, Pedro Pérez López.- ( 1904 , 1905 , 1906 ) .- Manuel de la Vega Auz.- ( 1907 ) Pedro Pérez López, 1º Tenente Alcalde.- ( 1907 ) Pedro Pérez
.-( 1910 ) Xosé Ramón González García.- ( 1910 ) 1º Tenente de Alcalde, Pedro Pérez López.- ( 1913 ) Anxo Pallares Somoza.- ( 1917, 1918, 1919, 1920, 1921 ) Anxo Pallares Somoza .- ( 1921 ) Anxo Pallares Fernández .- ( 1925 ) Manuel Arias López .- ( 1933 , 1934 ) Xosé López Armesto.- ( 1934 , 1935 ) Ramón López González.-
( 1938 , 1939 ) Daniel Ló pez Fernández..( 1947 ) Matías López Torres. ( 1955 ) Benigno López Vázquez
( 1979 a 2024 ) Xosé Manuel Mato Díaz.- ( 2024..... ) Montserrat
************************************************************************************
FILLOS ADOPTIVOS E PREDILETOS DE PARADELA
ANXO FERNÁNDEZ LÓPEZ.- XOSÉ LÓPEZ LÓPEZ.- DIEGO LÓPEZ RODRÍGUEZ.- XESÚS MATO MATO.- MANUEL PALLARES LÓPEZ.- MANUEL ORESTE RODRÍGUEZ LÓPEZ.- SANTIAGO RODRÍGUEZ LÓPEZ. - XULIO XIZ RAMIL
*************************************************************************************
BOLETIN OFICIAL EXTRAORDINARIO DA PROVINCIA DE LUGO ( 1.12,1857 )
NOMENCLATOR DOS LUGARES POBOS, ALDEAS , GRANXAS , COUTOS REDONDOS , CASÁIS E DESPOBIODOS ESPRESIVO DA XUSRISDICIÓN TERRITORIAL, MUNCIPAL E XUDICIAL Á QUE CORRESPONDEN E DO NÚMERO DE CÉCU,AS INSCRITAS E HABITANTE ENUMERADOS NO RECONTO XERAL DE 21 DE MAIO DE 1857.
CONCELLO DE PARADELA
Recolle Pobos número de cédulas y número de habitantes
01.- ACEVEDO ( aldea, 5, 39 ). 02.- ADEGA ( casal, 1, 8 )- 03.- AGURTIÓN ( casal, 1,4 ). 04.- ALDOSENDE, Santiago ( parroquia, 29, 131 ). 05.- ANDREADE , Santiago ( parroquia, 12, 74 ). 06.- ABELAIRA de San Miguel de Paradela ( casal, 1, 7 ). 07.- ABELAIRA do Priorado ( casal, 1 , 6 ). 08.- ABELEDO ( casal, 1 , 6 ). 09.- ABELLEIROÁ ( lugar, 8 , 54 ). 10.- BACORELLE ( aldea, 18, 114 ).- 11.- BALMIGALLO ( aldea, 4, 24 ). 12.- BARÁN, San Pedro ( parroquia, 1, 8 ). 13.- BARIZ ( aldea, 22, 130 ). 14.- BARRIDO ( aldea, 5, 35 ). 15.- BERMIL ( aldea, 3 , 19 ) . 16.- BRICHEIRO ( aldea ,3, 12 ). 17.- BUSTAREGAS ( aldea, 24,134 ). 18.- CABO DE VILA de Castro ( lugar, 3,16 ). 19.- CABO DE VILA de Loio ( casal, 1, 6 ). 20.- CADEIRAS ( lugar, 2, 13 ). 21.- CAMPO de Barán ( aldea, 16, 96 ). 22.- CAMPO de Loio ( casal, 1, 4 ). 23.- CAMPO REDONDO ( lugar, 5, 34 ). 24.- CAMPO TOEXE ( aldea, 3, 14 ). 25.- CARABA ( lugar, 2 , 10 ). 26.- CARBALLEDO ( casal, 1 , 4 ).27.- CARBALLOSA ( casal, 1, 8 ). 28.- CARRETARÍA ( lugar, 2, 10 ). 29.- CASA FONTE ( casal, 1, 3 ).30.- CASANOVA de Ferreiros ( casal, 1, 4 ). 31.- CASANOVA da Ferraría ( casal, 2, 12 ). 32.- CASTRELO ( aldea, 12, 76 ). 33.- CASTRO, San Mamede ( parroquia, 9, 57 ). 34.- CASTRO, San Martiño ( parroquia, 1, 5 ).35.- CASTRO DO REI, Santa María ( parroquia, 13, 83 ). 36.- CASTRO de Santa Cristiña ( aldea, 5, 36 ). 37.- CELMÁN ( aldea, 4 , 24 ). 38.- CEPADAS ( casal, 1, 7 ). 38.- CEREIXAL ( aldea, 6, 40 ). 39.- CERXEDO ( aldea, 14, 81 ). 39.- CHAOS ( casal, 1 , 2 ). 40.- CIMA DE VILA ( aldea, 2, 10 ). 41.- CIMA DE VILA de Paradela ( aldea, 2, 12 ). 42.- CIMA DE VILA de Vilaragunte ( aldea, 3, 12 ). 43.- COLADO ( aldea, 5, 35 ). 44.- CONDOMIÑA ( aldea, 2, 12 ). 45.- AS CORTES, San Salvador ( parroquia, 6, 40 ). 46.- CORTIÑAS de Barán ( aldea, 8, 48 ). 47.- CRUZ-MOSTEIRO VELLO ( casal, 1, 7 ). 48.- DELLE ( lugar, 8, 51 ). 49.- EDRADA ( lugar, 8, 47 ). 50.- ENXAMEA ( lugar, 2, 11 ). 51.- ESDULFE ( lugar, 3, 16 ). 52.- ESPIÑO ( lugar, 11. 52 ). 53.- FEÁS ( lugar, 4, 24 ). 54.- FEXÓ ( lugar, 6, 35 ). 55.- FERREIRA ( lugar, 9, 39 ). 56.- FERREIROS, Santa María ( parroquia, 6, 32 ). 57.- FERRARÍA ( lugar , 4, 28 ). 58.- FOILEBAR ( lugar, 5 , 30 ). 59.- FOLGAR ( lugar, 3, 16 ). 60.- FRANCOS, Santa María ( parroquia, 4, 24 ). 61.- FRUXINDE ( lugar, 6, 40 ). 62.- GUIMARÁS ( lugar, 5, 30 ). 63.- GONDAR ( lugar, 5, 30 ). 64.- GÜIÁN ( lugar, 8 , 48 ). 65.-
Comentarios
Publicar un comentario