CONCELLO DE PARADELA ( 1929 / 1936 )

                              CONCELLO DE PARADELA  ( 1929 / 1936 )

DATOS  TOMADOS DOS LIBROS DE ACTAS DO CONCELLO DE PARADELA

                          (  André Páramo Casas )

Sesión do 20 de abril de 1929.-  Alcalde :  Manuel Arias López.

Sesión do 27 de abril de 1929.-  Alcalde interino : Francisco González  López ( na súa calidade  de concelleiro de maior idade ). Concelleiros: Manuel Arias Pérez,  Xosé Rodríguez López,  Pedro Xoán Sánchez López, Xoán López Rodríguez,  Xoán Taboada Sánchez,  Ramón Rodríguez López, Xesús López López , Xosé Ramón López García,  Manuel López.

Sesión do 15 de decembro  de 1930.- Alcalde :  Ramón López González. 

                                            II República

Sesión de  25 de abril de 1931.-  Acta de constitución do Concello.-  Baixo da presidenza do  Sr. Alcalde saínte don Ramón López González, os concelleiros proclamados polo artigo 29 da Lei Electoral  o día 5 do corrente mes de abril, reuníronse coa  fin de constituiren  o Concello, en virtude  da comunicación  do Sr. Gobernador  Civil da provincia do pasado día 22.

Aberta a  sesión , ocupa a presidenza o Concelleiro  de máis idade, don Xoán López Armesto , en sustitución do concelleiro de maior número de votos  por non se ter celebrado elección. Procedeuse á elección de alcalde por medio de papeletas, resultando elixido don Anxo Pallares Fernández, por trece votos e un en branco . Para primeiro tenente de alcalde: Don Camilo González Pérez, por trece votos e un en branco. Para segundo tenente de alcalde: Don  Pedro López Vázquez, con igual votación.  E para terceiro, don  Domingo  López de la Vega, idem. E para Síndico a don   Xesús López López. Concelleiros : Manuel López, Ramiro Rodríguez, Xoán López Armesto, Ramón  López, Xosé López, Xesús Rodríguez, Xosé Vázquez,  Ramiro López .- A Corporación  acordóu por unanimidade facer constar a satisfación producida  aos concelleiros e á inmensa maioría de cidadáns  desta comarca  pola proclamación  da .República .

Sesión  de 9 de novembro de 1931.-  Aberta a sesión polo Alcalde don Amxo Pallares, deuse lectura á correspondencia oficial acordándose darlle cumprimento.- A Corporación  enterada das conclusións da magna Asemblea de Comerciantes e Industriais de Galicia celebrada en Monforte o día 9 dos correntes, para solicitar ao Ministerio de Traballo , conceda " catro horas de traballo"  os Domingos pola mañá  aos comerciantes de vilas e pobos de Galicia  e siga respectando as concesións  que xa teñen algunhas delas, dado o carácter  rural de Galicia só os Domingos , día de descanso dos seus labores agrícolas , poden achegarse aos pobos. Acordándose que o Sr.  Díaz Moreira, viciño de Andreade, para  representar ao Concello  na Comisión de Comerciantes.

Sesión de 30 de Novembro de 1931.- Fíxose saber  á Corporación polo Sr. Alcalde  que para cumprir co Decreto 9 de xuño de 1931  que manda organizar en cada Concello un Consello  Local de Primeiro Ensino que sustitúa  á antiga Xunta Municipal, foi designado por unanimidade  don Camilo González Pérez , concelleiro do Axuntamento.

Sesión Extraordinaria  de 31 de decembro de 1931.- Alcalde: Don Anxo Pallares Fernández.- Deuse lectura á correspondencia oficial, acordándose darlle cumprimento. - A Corporación por unanimidade  acordóu aprobar as propostas da Xunta Local de Primeiro Ensino para a creación dunha escola mixta servida por Mestre no distrito de Paredes  e outra servida por Mestra  en Bariz , outra en Santalla, etc., comprometéndose  o Concello  a facilitar local-escola  e casa-habitación.

Sesión de 4 de abril de 1932.- Alcalde : Don Anxo Pallares Fernández. Segredario: Don Ramiro López.

Sesión de 15 de abril de 1932.- Expediente  de posesión en propiedade  do médico don Xulio González Teijeiro , que adxunta ficha de méritos e acredita maior antigüidade no corpo. Acordan por unanimidade nomealo para tal función.

Sesión  de 2 de maio de 1932.- Toma de posesión do médico don Xulio González Teijeiro.

Sesión de 30 de maio de 1932.- A Corporación acordóu adherirse á xuntanza de Municipios de  Galicia  coa fin de deliberar encol da Autonomía  Galega.

Sesión de 4 de xullo de 1932.- Alcalde : Anxo Pallares Fernández.- Concelleiros :  Camilo González Pérez,  Ramiro Rodríguez López,  Ramón López González,  Xesús Rodríguez López, Xesús López López ,  Xosé López Fernández, Pedro López Vázquez, Manuel López López  e Xosé Losada López.

Sesión Extraordinaria  de 3 de setembro de 1933.-  Alcalde: Xosé López Armesto.-  Concdlleiros: Pedro López Rodríguez,  Darío Rodríguez Rodríguez , Pedro Xoán López Valcárcel,  Enrique Díaz Vázquez, Manuel Vázquez López , Avelino Díaz Pérez, Xoán López González,  Xosé Castro Díaz,  Xosé Dosío López, Manuel Vila Torre,  Pedro  Rodríguez López , Xoán Arias Rodríguez, Pedro López López  e Xosé López Armesto.- Dada lectura ao Decreto de  convocatoria  a que se refire  a circular do Goberno Civil (BOP de 16.08.1933 ), referida   á elección de representantes de Galicia  no Tribunal de Garantías Constitucionáis,  os concelleiros foron votando os nomes de candidatos e suplentes: Número de concelleiros: 14: Número de votantes : 14 ; Número de papeletas lidas : 14.-  Nome de candidatos  que obtiveron votos :  Para vogal propietario: Don Emilio Pan de Soraluce ( ORGA ); Para vogal suplente:  Don Serxio  Andión Pérez ( PSOE );  Para vogal titular :  Don Xosé Quintanilla  Martínez ( PSOE );  Para  vogal suplente :  Don Xoán  Tizón Herreros (PSOE ). Non habendo  protestas deuse por rematado o acto acordando  remitir a oportuna comunicación ao Sr. Gobernador.

Sesión Extraordinaria de 22 de marzo de 1934.-  Alcalde : Xosé López Armesto.-O concelleiro  don Pedro Xoán López Valcárcel  quere facer constar  que deixóu de acodir ás sesións  pola hostilidade coa que era recibido polo público  que o levou a deixar de asistir, chegando mesmo a queimarlle unha aira, manifestando o mesmo sobor deste particular don Manuel Vila Torre.- O concelleiro don Pedro Xoán López Valcárcel  fai constar tamén que por causas políticas viu minguados os seus intereses, chegando  a que lle queimaran unha palleira e que deixa de acodir ás sesións  por non estar de acordo coa maioría.

Acta de Constitución do Concello  do 24 de abril de 1934 .-  Preside o Delegado Gubernativo don Millán Bravo  Mellada  a reunión á que asisten o Alcalde  don Xosé López Armesto e os concelleiros.- O Delegado  deu lectura ao comunicado do Gobernador Civil de 20 de abril último en virtude da que e como consecuencia da Orde do Sr. Ministro da Gobernación, autorizándoo  para proceder á suspensión  da Corporación en vista das "irregularidades administrativas " que se deducen do expediente seguido.- Pasa   a ocupar a presidencia o concelleiro de maior idade, don Anxo Pallares Fernández,  e despóis da votación  son elixidos : Para Alcalde, don Ramón López González; Primeiro tenente alcalde, don Xosé Ramón González García; Segundo tenente alcalde , don Anxo Pallares; Terceiro tenente alcalde :  don Xoán López González; Síndico,  don Manuel Vila Torre.- Concelleiros:  Pedro Xoán López Valcárcel, Pedro López López, Arias Rodríguez, López González presentan renuncia aos seus cargos-

14 de abril de 1934.-  Non se celebróu sesión  por se celebrar a Festa da República.

Sesión ordinaria de 21 de abril de 1934.- Alcalde:  Don Xosé López Armesto ( foi alcalde até  o 28 de abril, sendo sustituído por don Ramón López González.

Sesión de 14 de xullo  de 1934.- Alcalde: Don Ramón López González.  Nomeamento de  novos Alcaldes de Barrio. O de Aldosende segue no posto :  Aquilino Díaz ( Andreade ), Antonio Pérez ( Barán ), André López ( Castro do Rei ),  Xoán Gutiérrez ( San Mamede de Castro ),  Cándido Fernández ( As Cortes ),  Manuel López ( Ferreiros ),  Manuel González ( Suar ),  Xesús Arias ( San Miguel ), Luis Ramón Quiroga ( Santa Cristiña ),  Emilio López  ( San Vicenzo ), Manuel Fernández ( Santalla ), Manuel Arias (........ ) , ...... López ( San Xoán de Loio ), Xesús López  "Estanqueiro " ( Vilaragunte ), sendo aprobados os ditos nomeamentos.-  Necesidade  de constitución da Xunta de Beneficencia :  Presidente, O Alcalde.-  Vogáis:  Xulio González Teijeiro ( médico ),  Domingos  González Pérez, Xerardo Pallares Pérez. Avelina López Rodríguez  e Filomena López López.

Sesión ordinaria do 28 de xullo de 1934.- Alcalde : Don Ramón López González. Concelleiros:  Anxo Pallares,  Xosé Ramón González, Xoán López González, Manuel Vila Torre, Pedro Xoán López Valcárcel, Xesús López López, Xoán López Rodríguez. Segredario: Ramiro López.- Os concelleiros fan constar  a súa disconformidade  co acordo de concederllo ao Segredario don Ramiro López. que estaba enfermo, todo o seu soldo íntegro  e quinquenios até o tempo da súa xubilación. - Disposicións oficiáis :  Dan conta de escrito do Gobernador Civil, de data 12 do corrente, e que chegó o día 18, relativo a dictame emitido polo Consello de Estado e Resolución do Sr. Ministro da Gobernación  no expediente instruido ao ex-alcalde e ex-concelleiros  que se achan suspendidos por resolución gubernativa. A Corporación dase por enterada.- Os concelleiros  manifestan que hai poucos días foron  a prestaren  declaración perante o Xuiz de Instrucción de Sárria , sobor de irregularidades ncometidas no Concello referentes á administración deste Municipio polos concelleiros suspensos :  Don Xosé López Armesto, don Enrique Díaz Vázquez, don Xosé Dosío López, don Darío Rodríguez, don Manuel Vázquez López, don Pedro López Rodríguez, don Avelino Díaz Pérez, don Xosé Castro Ojea e don Pedro López Rodríguez.- Din son feitos de dominio público a desaparición , das oficinas  e arquivo municipal, de documentos  e libros de contabilidade  e a entrega de pagamentos de recibos non autorizados.-  Sometida a deliberación  tal proposición  foi estimada  e aprobada  por unanimidade  , considerando tomar tal acordo con carácter  executivo e que del se libre a oportuna certificación aos ditos señores para que poidan poñer en execución o indicado.

                            Libro de Actas do 25 de agosto de 1934  ao 27 de xuño de 1936

Sesión ordinaria  de 12 de xaneiro de 1935.- O Alcalde, don Ramiro López  González , fai constar que o concelleiro don Pedro López López, ven  adoito ás sessións , promovendo  altercados e insultos  contra a dita autoridade  e que  de seguir así non se verá obrigado a retirarlle o uso da palabra.

Sesión supletoria da ordinaria do día 19 de xaneiro de 1935, celebrada o día 22  do mesmo mes.- Unha vez lida a correspondencia  oficial a Corporación deuse por coñecedora.-  Casa Cuartel da Garda CiviLl :  O alcalde  informa da estrema necesidade de facer  con urxencia xestións  para obter do Estado  a  construción  neste Concello dun edificio  Casa-Cuartel, a emprazar en Pacios de San Miguel . Acordan por unanimidade adherirense  á dita proposición. E admítese a oferta feita por don Anxo Pallares do soar da súa propiedade para tal fin.

Sesión de 23 de marzo de 1935.- O alcalde pon en coñecemento  a débeda do Municipio coa Deputación Provincial, acordándose  que tan axiña como os fondos o permitan se vaia amortizando a débeda.- Das 400 pesetas que hai consinuadas  para arranxo de vías públicas  correspondnete aos anos 1933  e 1934  se invorta  o que sexa convinte no arroxo da Ponte de Castro , deste Concello, por ser de grande necesidade. A Corporación acorda desbotar a proposición feita polo Sr.  López González, para ingresar esa cantidade á Deputación polo que corresponde  a este Concello como aportación  ás obras do camiño provincial de Castro de Rei  de Lemos.

Sesión extraordinaria de 10 de xaneiro  de 1936.-  Alcalde: Don Xosé López Armesto.  Lectura da providnecia do Sr. Gobernador  de data 28 de decembro pasado na que se ordea: sexan repostos nos seus cargos os concelleiros que se achaban  suspendidos dende o 20 de abril de 1934 por orde gubernativa e que cesen os concelleiros interinos nomeados para sustituílos, a cuxa  providencia  se deu cumprimento  o día 31 do pasado decembro.- Nomeamento de Segredario  interino a favor de don  Manuel Limeres Penado , solteiro, de 30 anos,  e veciño de Sárria , por se achar vacante  a prazo de Segredario  por renuncia  do anterior, don Ramiro López López,  que o era en propiedade.- Comunicación do cesamento de don Anxo Pallares  como Depositario de Fondos do Concello.

Sesión ordinaria  de 8 de febreiro de 1936.- Alcalde: Don Xosé López Armesto. - Lectura da correspondencia oficial.- Coñecemento de que o 16 de febreiro   celebraranse  eleccións a Deputados a Cortes e que se manteña a orde pública e permanencia nos seus postos dende as 6 da mañá.

Sesión extrarodinari do 23 de febreiro de 1936.-  O concelleiro don Manuel López Vázquez propón que conste en acta a satisfación que produce  na Corporación  o ter formado   Goberno o insigne republicán don Manuel Azaña.

Sesión  do 5 de marzo de 1936.- Nomeamento de Alcaldes de Barrio.

Sesión do 21 de marzo de 1936.-  Acordo de pagamento  dos atrasos debidos  ao médico don Xulio  González Teijeiro e para o que sexa necesario para as vindeiras eleccións municipáis.-  Solicítase do Ministerio de Obras Públicas  que se constrúan  as estradas de Vilamaior a Rubián. O concelleiro don Xosé  Dosío  propón  que se proceda  " á incautación  das casas reitoráis e igrexas " deste  concello para adicalas  a casas-escola . Acéptase  a proposición  sempre que non exista  precepto legal que o impida. Tamén propón  que os "  cemiterios particulares "  pasen a cargo do Concello pois aínda se achan administrados polos párrocos.  Tamén  o Sr. Dosío  denuncia perante o alcalde a don Xulio Pallares por inxurias na súa contra e a Corporación.

Sesión do  15 de abril de 1936.- O alcalde informa  convocatorio de elección de compromisarios.-  Noemamento en propiedade  a favor do Segredario don Manuel Limeres Penado, opositor nº 466, segundo relación publicada na Gaceta de Madrid do 7 de agosto de 1935. 

Sesión de 18 de abril  de 1936.-  Don Xosé Dosío propón  se esixa rendición de conats  a todos os obrigados a facelo neste Concello. Acordan que, pasado o período electoral , dean un prazo de 15 días  para o rendemento de contas  desde o ano 1932.-  Acordo de que o alcalde, ou persoa en quen delegue,  vaia a Madrid  para facer xestións  coa fin de conseguir as obras  e melloras que están solicitadas.- Nomeamento do aparellador don Luis Álvarez Rodríguez , viciño de Lugo, para  levar a direción das obras que se realicen no Municipio.

Sesión de 9 de maio  de 1936.-  Cesamento do Veterinario Municipal  don Antonio Díaz  e nomeamento  de don Eusebio Doltz Martínez, como interino.- Petición de que o médico titular, Sr,. González Teijeiro, resida no Municipio.-  Petición dirixida ao Gobernador Civil para que se clausure a igrexa de Castro do Rei de Lemos polo seu  estado ruinoso.- Acordo de creación  dun  corpo de Gardas Municipáis.

Sesión de 6 de xuño de 1936.-  Autonomía de Galicia.-   Por unanimidade acordan prestar conformidade  coa proposta , " lamentando  moi de veras " non poder contribuir  aos gastos  de propaganda e plebiscito.

Sesión ordinaria de 4  de xullo de 1936.- Alcalde  : Xosé López Armesto. Primeiro tenente de alcalde: Enrique Díaz Vázquez.  Acordos de  concesión de licenzas de obras.

                                       ( Foi a derradeira sesión  do Concello republicán de Paradela )

                                        ..................................................................................................

O alcalde don Xosé López Armesto , con posterioridade ao 20 de xullo , para salvar a súa vida víuse obrigado a fuxir da Casa do Concello, en Pacios, e da súa casa e negocio do Mosteiro Vello, permanecendo agochado até os primeiros meses do ano 1939, cando se presentóu voluntariamente   e unha vez detido foi enviado a un campo de concentración. Reintegrado á vida civil estableceuse en Monforte de Lemos, onde falecéu vítima dun accidente de tráfico. O Concelleiro Xosé Dosío sufreu Consello de Guerra e foi fusilado no tapal do Cemiterio de Lugo,


Comentarios

Publicacións populares