SÁRRIA : UN PROXECTO DE RÚAS E PRAZAS ( 1955 )

                            SÁRRIA: UN PROXECTO DE RÚAS E PRAZAS  ( 1955 )

 Sendo alcalde  XOSÉ GAYOSO  o Concello  encargou a redacción dun ambicioso PLANO DE POBOACIÓN no que aparecen previstas rúas  e prazas  identificadas con diferentes nomes, con algunhas variacións  dos entón vixentes  e novas   propostas para as  que se proxectaban como  ensanche da vila.  Encomendada  a súa realización ao Arquitecto Municipal ANTONIO VILA .  

 Como excepción  ao feito xeralizado da perda ou extravío dunha boa parte  dos documentos gardados na sede do Concello de Sárria, hai anos que puido ser recuperado o plano orixinal que está exposto ao público no segundo andar da Casa do Concello,  a carón da Segredaría.

Froito da mentalidade imperante na época, ademáis dos nomes vencellados ao levantamento militar de 1936, pensaron  poñer no rueiro  os nomes de figuras históricas ou literarias , na súa maior parte  con actividade nos séculos XVI e XVIII.

Daquel nunca realizado proxecto só restaron  as liñas xeráis dalgunhas rúas  e  aceptación e consagración dalgúns dos  nomes  previstos  para  os novos espazos urbanizables.

                                  O rueiro proposto  era  o que deseguido se detalla:

AVENIDA DE LA FERIA.-   Con orixe na Rúa Maior marcábase até a zona do Depósito de Auga do Campo da Feira. Na actualidade  é o primeiro treito da Rúa da Mercé.

(   *   )   CALLE BENIGNO QUIROGA.-  Treito urbán da Estrada de Nadela a Campos de Vila. Con orixe no chamado Cruce do Avenida , rematando na estrema coa parroquia de Santiago de Farbán, antes de Pacios de Casteledo. Hoxe como Rúa Benigno Quiroga conserva a denominación  recibida cando sustituiu ao nome de Calle de la Libertad. que lle dearn en 1888.

CALLE LA CALLEJA.-   Con orixe na Rúa Maior e remate no Cruce de San Lázaro, coincide co primeiro treito  da  Estrada do Mazadoiro á Lamarregueira.  A actual Rúa da Calexa  coincide co espazo  rotulado 

no proxecto urbanístico.

 CALLE CALVO SOTELO.-  O proxecto de urbanización  dáballe ese nome  ao treito da Estrada de Samos con orixe na Praza de Galicia ( Cruce de Catro Camiños ) e que remataba na Ponte de Ferro , no río Sárria, estremeiro coa parroquia de San Salvador de Vilar de Sárria. En 1937 déranlle o nome de  Avenida de Calvo Sotelo á antiga   Avenida de la Republica.  Na actualidade  este vial forma parte da Rúa da Liberdade.

CALLE DEL  CASTILLO.- Con orixe na cabeceira da Rúa Maior , xunto á igrexa de San Salvador, remataba na parte baixa do Campo da Feira. Na actualidade é a " Rúa do Castelo".

CALLE DE CERVANTES.-  Con orixe  na Rúa Diego Pazos, atravesaba a "Calle  del Greco" e a "Calle de Goya "  , rematando na "Calle del Estadio ".  Non se fixo realidade este proxecto, e a Rúa Fiz Vergara Vilariño segue  dalgún xeito  o trazado previsto. Na actualidade leva o nome de Rúa Miguel de Cervantes Saavedra a que dende a  Rúa Pedro Saco, pola traseira da  Casa da Cultura, vai até a Rúa Velázquez. 

(   * )  CALLE DE CHANÉ..-  Denominación dada a unha rúa do Barrio Novo, de promoción  particular,  con orixe na Calle de Diego Pazos e a Calle de Veiga.  O Concello oficializóu a denominación como Rúa Músico Chané.

CALLE COLÓN.-  Prevista con orixe na Calle San Lázaro ( hoxe Rúa Xela Arias ) comunicábaa co Praza de José Antonio Primo de Rivera . Esta rúa non se fixo realidade e  aparece   seguindo en parte o trazado do treito primeiro da actual Rúa Nova,

CALLE DE CONCEPCIÓN ARENAL.-  Prevista con orixe no Cruce de Catro Camiños , remataba na "Calle  de Formigueiros".   Esta denominación non foi adoptada para ningunha rúa. A promoción privada deste vial deu como resultado o primeiro treito da Gran Vía Alfonso IX.

CALLE DE LOS CONDES DE LEMOS.-  Con  orixe  na Rúa Maior  e remate na parte baixa do Campo da Feira ( espazo coñecido como o do San Antonio dos Asentos., no terceirto treito sarriao da Estrada do Mazadoiro á Lamarregueira. Na actualidade, modificado aquel nome, é  coñecida como " Rúa Conde de Lemos "

CALLE CONDESA PARDO BAZÁN..- Rotularon con este nome o treito da Estrada de Samos entre a Estación do Ferrocarril e o Cruce de Catro Camiños. Esta denominación nunca foi adoptada. Integrado  na Rúa Calvo Sotelo  na actualidade forma parte da Rúa da Liberdade.

(  * ) CALLE DIEGO PAZOS.-  Con orixe no Cruce do Avenida e remate na Ponte Vella de Vilar de Sárria, Formaba parte da  Estrada de Sárria a Ouviaño , e na actualidade das de Sárria a Becerreá  e a de Pedrafita do Cebreiro  a Vendas de Narón. Mantén o nome  sen variación.

CALLE DE DON PEDRO SACO.-    Tiña orixe na Rúa da Calexa e remataba  na  " Calle de Juan Montes ".  Na actualidade vai dende  o comezo da actual Rúa do Porvir á Rúa Formigueiros.

CALLE DEL ESTADIO.-  Previsto no plano de urbanismo  un espazo deportivo  na Gándara- Pedregás con campo de fúbol, pista de baloncesto  e xardíns,  proxectaron unha rúa   darredor desa dotación , á que chegaban a "Calle Cervantes ", " Calle de Góngora",  "Calle Lope de Vega" , " Calle de Quevedo" e unha calella sen nome. O campo de deportes que a rúa darredor del nunca foron realidade.  E nesa zona está agora a Estación de Autobuses,

(  *  )CALLE DE LA ESTRELLA.-  Con orixe na Ponte Vella do Mazadoiro e remate na  ,ali rotulado " Calle Mazadoiro" ( agora treito segundo da Rúa Xela Arias ). Este vial é a actual " Rúa da Estrela "

( *  ) CALLE FRAY LUIS DE GRANADA.-   Aberta cando se   dividiron os terreos da Casa Grande, da Marquesa de Villaverde, propuxeron este nome para o vial  previsto entre a Rúa da Calexa e a Rúa do Murallón.

CALLE DE GÓNGORA.-  Con orixe na Rúa de Formigueiros  , remataba na "Calle del Estadio". Non se abríu ese espazo e  nunca  levóu este nome rúa ningunha da vila.

( * ) CALLE DE GOYA.-  Con  orixe na Rúa Diego Pazos  , atravesaría a Calle de Formigueiros , a Calle de Cervantes  e remataría  na "Calle de las Insuas ". Na actualidade só unha parte do vial proxectado foi urbanizado e leva o nome de Rúa Goya.

CALLE DEL GRECO :  Con orixe na Rúa  Formigueiros   ( Cruz de Pradeda )  ía en dirección A Veiguiña. Esta denominación foi consagrada   polo Concello e  corresponde á actual Rúa do Greco. 

(  * ) CALLE DE GREGORIO FERNÁNDEZ.- No entón chamado Barrio Novo, froito de parcelación feita por particulares. Tiña orixe na Calle de Vázquez Queipo e remataba na Rúa Diego Pazos. O Concello oficializóu esta denominación.

CALLE HERNÁN CORTÉS.-  Proxectada con orixe na Calle del Porvenir  remataba na  Plaza de José Antonio Primo de Rivera. Nunca se fixo realidade.  O seu trazado coincide   co inicio da  Rúa Nova. 

CALLE DE LOS HORNOS.- No plano do ensanche de 1955 déronlle este nome  á Travesa dos Fornos, ruela  que baixaba dende a Praza da Constitución ( entón denominada Plazuela del Ayuntamiento  aínda que a placa cerámica  doada por Matías López en 1889  non fora retirada  )  e remataba na Calle de la Pedreira, denominación esta coa que se pretendía  eliminar a de Rúa dos Fornos de Atrás.

CALLE DE LAS INSUAS.-  Con orixe  na Calle de D. Ramón del Valle Inclán ( á altura da Casa de Prado e fronte ao remate da Calle Mazadoiro, seguía cara A Veiguiña, deixando á esquerda as carballeiras das Insuas , recibindo pola man dereita a " Calle  de la Luna",  "Calle de Quevedo" , "Calle de Quevedo" , " Calle de Goya" e "Calle  de  El Greco.  Finalmente urbanizada  pola acción   do  Concello na actualidade  coincide coa Rúa Fernando de Castro, con orixe na Escaleira que baixa dende a Rúa Matías López, e a ela acceden a Rúa  Río  Celeiiro, Rúa das Insuas, Rúa Frei Xoán de Sárria, Rúa Pedregás, Rúa Anxo Rodríguez Castedo e Gran Vía Alfonso IX.

CALLE DE LOPE DE VEGA.- Prevista con orixe na Calle de la Luna e remate na Calle del Estadio. Nunca se abriu o vial e ningunha rúa leva ese nome na vila.

CALLE  DE LA LUNA.-   Na entrada das Insuas.  Tiña orixe na  Calle de D. Ramón del Valle Inclán e  rematba na Calle de las Insuas.  Era unha ruela proxectada por riba da Corga das Insuas e ao ser urbanizado o barrio  pasó a formar parte  da actual Rúa das Insuas que vai dende a Rúa Matías López e o Parque Xosé Luis Castro Agrasar.

CALLE DEL MAESTRO VIVES.-   Con orixe na  Calle Pedro Saco e remate na Calle Velázquez, na parte traseira das Escolas Públicas- Casa da Cultura.  Coincide coa actual Rúa Miguel de Cervantes Saavedra.

CALLE DEL MALECÓN.-  Na marxe esquerda do Río Sárria, proxectada entre a Ponte Ribeira e a Ponte de Ferro. Promovida primeiro por particulares e  ampliada polo Concello recibíu o nome de Paseo do Malecón do Río Sárria.

( *  ) CALLE DE LA MARQUESA DE CASA LÓPEZ.-  Con orixe na Calle del Porvenir, despois de atravesar a Calle de Matías López , remataba na Calle Calvo Sotelo.Na actualidade , denominada Rúa Marquesa Casa López, vai dende a Rúa Marqués de Ugena até  a Rúa da Liberdade.

(  * ) CALLE  DE MATÍAS LÓPEZ.-  Dábanlle este nome ao treito da Estrada de Nadela a Campos de Vila , dende o Cruce do Avenida á Praza de Galicia ( Catro Camiños )  ao darlle o nome de  Calle de don Ramón del Valle Inclán  ao espazo compreendido entre a Praza de Galicia e as Pontes Novas do Mazadoiro. Na actualidade a Rúa Matías López vai dende o Cruce do Avenida ao Viaduto do Mazadoiro.

(  *  ) CALLE MAYOR.- Dábanlle este nome ao vial que dende San Salvador-Xulgado  remataba na  Rúa do Porvir. En 1888  déronlle esta denominación dende San Salvador á Rúa Benigno Quiroga ( O Arrabaldo ). A Rúa Maior vai agora dende San Salvador á Rúa Marqués de Ugena,

CALLE  MAZADOIRO.- Dábanlle este nome ao treito da Estrada do Mazadoiro a Lamarrigueira comprendido entre o Cruce da Estación e a Calle de D. Ramón del Valle Inclán.  Forma parte na actualidade da Rúa  Xela Arias.

CALLE MÉNDEZ NÚÑEZ.-  Proxectada entre a Calle Condesa de Pardo Bazán e  a Plaza de José Antonio Primo de Rivera. Nunca se fixo realidade.

CALLE DE LA MERCED.-   Tiña orixe á altura do Depósito de Augas do Campo da Feira e remataba  no Mosteiro da Madalena.Convento da Mercé. Na actualidade a Rúa da Mercé vai dende a Rúa Maior á Praza  de San Roque.

( *  )CALLE DEL MURALLÓN.-   Con orixe na Rúa Maior remataba na Calle del Porvenir.  Na actualidade vai da Rúa Maior á Rúa Marqués de Ugena.

CALLE DEL PADRE SARMIENTO.-  No plano daba nome a unha  rúa prevista entre a Calle de la Marquesa de Casa López  e atravesando a  Plaza del  Generalísimo  remataba máis  adiante na Plaza  de José Antonio Primo de Riveraa,   seguindo  a traza do Camiño da Alvarediña, na traseira de Villa Andrea. Esta rúa nunca se fixo , e parte do espazo previsto para facela forma agora parte da Praza da Vila. 

Máis adiante o Concello deulle o nome de Rúa Padre Sarmiento ao vial que baixa dende a Rúa da Calexa  até  a Rúa Marqués de Ugena-Rúa do Porvir , que naquel proxecto era o primeiro treito da Calle de D. Pedro Saco.

CALLE DE LA PEDREIRA.- Dábanlle este nome ao vial ( histórica circunvalación do Camiño de Santiago na vila de Sárria ) que dende a Calle de Benigno Quiroga chegaba á Estrada do Mazadoiro a  Lamarregueira  ( nos Esqueredos de Sárria e Farbán ). Na actualidade correspóndese coa Rúa da Pedreira e Rúa dos Fornos de Atrás.

CALLE PIZARRO.-   Con orixe na Plaza  del Generalisimo, remataba na Praza de José A. Primo de Rivera.. Nunca se abriu esa rúa nin levóu ningunha tal nome.  O seu trazado, con variacións, seguiuno a Rúa Nova, de promoción particular.

CALLE DEL PORVENIR.-  A parece grafiada dende a Rúa Benigno Quiroga até a Ponte de San Lázaro, , rematando  no paso a nivel de Celeiro ( xa na parroquia de San Pedro de Maside ) ,  coincidindo cun treito da Estrada de Becerreá ás Vendas de Narón.  En 1958 o treito final da Rúa Maior ( no Arrabaldo ) e outro treito tomado da Rúa do Porvir  até a Rúa Pedro Saco pasóu a levar a denominación de Rúa Marqués de Ugena . Dende o cruce coas rúas Pedro Saco e Padre Sarmiento  até o Cruce de San Lñazaro, mantivo o nome de Rúa do Porvir , e dende o cruce á Ponte de San Lázaro  recolléu a denominación de Rúa de San Lázaro. A anbtiga Calle de San Lázaro ( actual Rúa Xela Arias ) en 1958 pasó a ser chamada Calle José Antonio, e a denominación " San Lázro " pasóu ao treito final da antiga Calle del Porvenir.

CALLE DE QUEVEDO.- Con orixe na Calle de las Insuas ( actual Rúa Fernando de Castro ) e remate na Calle del Estadio. Nunca se abríu a rúa prevista , nin levóu tal nome ningún vial.

CALLE DE RAMÓN DEL VALLE INCLÁN.-  No plano de urbanismo déronlle este nome ao treito da Estrada de Nadela a Campos da Vila compreendido entre a Praza de Galicia ( Catro Camiños ) e as Pontes Novas do Mazadoiro. Mantívose en todo tempo o nome de Rúa Matías López ao que en  1888  chamaban Calle de Matías López ( até o Cruce de Formigeiuros ) e Estrada do Mazadoiro  ( até a Ponte Nova do Mazadoiro )-

( * ) CALLE ROSALIA DE CASTRO.-   Con orixe na Rúa da Calexa e remate na Rúa Frei Luis de Granada  foi aberta en terreos da Casa Grande ( Marquesa de Villaverde de Limia )  , conservando o nome  posto no plano.

CALLE DE SAN JUAN.-  Foi unha rúa prevista dende a Rúa Maior ao Barrio da Pedreira, para cuxa abertura se facía necesario derrubar  dúas casas  pegadas á antiga Casa de Cabarcos de Abaixo, á altura de  Santa Mariña.  Nunca se fixo realidade o proxecto e  o nome previsto nunca figuróu no rueiro,

CALLE SAN LÁZARO.- En 1955 levaba este nome o treito da Estrada do Mazadoiro compreendido entre os cruces de San Lázaro e da Estación.  En toda esa lonxitude en 1958 pasóu a ser nomeada como Calle José Antonio ( actual Rúa Xela Arias )  e o nome de "San Lázaro" pasóu para o treito final da Calle del Porvenir, entre o Cruce de San Lázaro  e a Ponte de San Lázaro  ( á altura da Feculeira ).

CALLE DEL TOLEIRO.-  Históricamente   coñecida como Corga do Río, no plano proxectaban unha rúa con orixe na Calle Diego Pazos   e remate, pasada a Ponte do Muiño e o Pontón do Toleiro, no Cruce do Toleiro, na parroquia de Vilar de Sárria.  Na actualidade , despóis de urbanizacións promovidas polo Concello e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil , pasóu a levar o nome de Rúa do Toleiro.

(  *  ) CALLE DE VÁZQUEZ QUEIPO.-  Adicada a Vicenzo Vázquez Queipo. Déuselle este nome ao vial  de promoción particular aberto entre a Calle  de Vázquez Queipo e a Calle Diego Pazos no Barrio Novo . A Rúa  Vázquez Queipo mantén a denominación dada en 1955.

( * ) CALLE DE VEIGA.-  Adicada ao compositor musical galego  Pascual Veiga no Barrio Novo. Esta rúa de promoción particular  rotulouse entre a Calle Gregorio Fernández e  a Calle de Formigueiros e a  súa  denominación foi oficializada como Rúa Pascual Veiga,.

CALLE VELÁZQUEZ.-  Adicada ao pintor sevillano . Tiña a súa orixe na Calle Fray Luis de Granada e deixando á dereita  o Cinema Cissa atravesaba a Calle del Porvenir , atravesaba  a Plaza del Generalísimo  remataba na Plaza de Galicia ( Cruce de Catro Camiños ). Como conxunto esta rúa non se fixo  realidade, e do trazado entón previsto  seguen  en parte a súa liña a Rúa Mestre Piquero ( Ruela do Barredo ), a actial Rúa Velázquez  e un treito da Rúa das Camelias.

CAMINO DE  PIÑEIRA .-   Via de comunicación prevista para comunicar o Campo de Feira pasando polo  lugar da Veiga de Arriba ( históricamente Veiga do Pozo ) e a Rañoá. Esta estrada nunca se fixo realidade, e  dende Os Esqueiredos  hai agora a denominación de Camiño da Veiga de Arriba  de onde sae a mán dereita a Rúa de Santiago do Mercado.

CAMPO DE LA FERIA.-    En 1955 tiña a configuración  actual. Dende ese ano pasóu a incluir  o novo Depósito da Auga (  1958 )  e  as naves do Mercado Gandeiro, con eliminación do arboredo ali chantado.

PLAZA DE LA ESTACIÓN.- Prevista  diante da Estación do Ferrocarril. Confluían nela a Calle  Condesa de Pardo Bazán e os camiños da Estación á Ponte Vella do Mazadoiro e da Estación  á Ponte do Lázaro. Nunca pasóu a formar parte do rueiro  . Nese espazo ten orixe a Rúa da Liberdade  e  en paralelo á vía férrea  vai a Rúa Ramón Cabanillas.

PLAZA DE GALICIA.-  Prevista no Cruce da Ciguñeira na que  confluían a Calle  Don Ramón del Valle Inclán,  Calle de Calvo Sotelo , Calle Velázquez , Calle Concepción Arenal e Calle Matías López.  Nunca se fixo realidade. O Cruce de Catro Camiños foi ampliado cando se fixeron as obras dos novos accesos a Galicia e foi expropiada parte dunha casa .  O Concello deulle o nome de Praza Galicia   ao espazo  antes chamado Campo do Rolo ou Devesa de Pepe, xunto do CEIP Frei Luis de Granada.

PLAZA DEL GENERALISIMO .-  Praza  redonda na Alvareda na que confluirían  a Calle Padre Sarmiento e Calle Velázquez . Esta praza nunca se fixo realidade   e  nese espazo acabóu  estando a Praza da Vila, formada con Villa Andrea, os seus anexos , boa parte do seu parque e terreos expropiados polo Concello a varios  propietarios.

PLAZA DE JOSÉ ANTONIO PRIMO DE RIVERA .-  Praza cadrangular prevista  nas Castiñeiras , na que confluirían  a Calle Pizarro,  Calle Hernán Cortés , Calle Colón  e Calle Méndez Núñez. Esta praza nunca se fixo realidade. Nese paraxe hai agora o primeiro treito da Rúa Nova, a Rúa das Castieñiras, a Rúa Xograr Afonso Gómes e a Rúa Arias de Arbieto.

(  *  ) PLAZA DE JUAN MARÍA LÓPEZ ,. Denominación dada á Praza do Mercado, a carón da igrexa de Santa Mariña en 1888, mantida no proxecto. Na Praza de Xoán María celebrábase o Mercado Semanal dos Domingos. Tamén as festas  populares  e concentracións de persoal . Daba por dous lados á Calle del Murallón  e nela tiña orixe a Travesa da Igrexa.

...........................................................................................................................................................................

No Plano de Poboación da Vila de Sárria, que non tivo aplicación práctica,  aparecen grafiados varios espazos  ( camiños, carreiros... ) que non mereceron  atención e non deron lugar a rotulación :

Os Esqueiredos, Corga de Matavellas ,  Camiño da Veiga de  Arriba,  Camiño da Áspera, Carreiro da Costa da Áspera, Corga do Convento ,  Travesa da  Igrexa,  Escaleira da Fonte,  Camiño da Fonte, Fonte Ribeira,  Ribeira dos  Cucos,  Campo do Río, Calellón de Lois ,  Travesa da Igrexa, Travesa da Pedreira, Arrabaldo, Escaleira Pequena ou Calellón de Teixeiro ,  Campo do Teatro,


Comentarios

Publicacións populares