XUNTA DE POBO DE SÁRRIA ( 1818 )
XUNTA DE POBO DE SÁRRIA ( 1818 )
Organización territorial e administrativa formada no ano 1818 por unión á Xurisdición de Sárria de varios coutos dos arredores. Dábase así cumprimento á orde de reunión de xurisdicións e xulgados que non pasasen de 600 viciños e demáis coutos ou fraccións de parroquias ás xurisdicións , moitas delas moi pequenas, que complicaban a xestión administrativa , as quintas e a recadación de tributos.
Establecida na Constitución de 1812 a creación de Concellos Constitucionáis e Partidos Xudiciáis, a volta atrás do nefasto Fernando VII , consagróu as vellas divisións do Antigo Réxime. Entre 1820 e 1823 deuse a primeira formación de Concellos e Partidos Xudiciáis, que sucumbiron coa volta ao absolutismo, e será finalmente no ano 1840 cando se consagra de maneira definitiva a división do territorio en unidades politico-administrativas municipáis.
A Xunta de Pobo, aínda que creada baixo goberno absolutista, ven a ser un primeiro recoñecemento de que a existenza de Xurisdicións e Coutos, moitos deles de creación señorial, era algo obsoleto , unha arcaizante maneira de obstruccionismo das arelas de progreso e xustiza. Con todo tiveron que pasar 22 anos até que se consolidóu a nova administración municipal.
** O 2 de maio de 1918 a Xunta Principal Provincial de Lugo autorizóu á Xunta de Partido de Sárria ( Xunta de Estatística e Repartimento de Lugo ) para iniciar os trámites de formación da XUNTA DE POBO DE SÁRRIA, de nova implantación , sinalando que se integrarían na Xunta de Sárria como xurisdición principal , as seguintes parroquias e coutos:
a.- Xurisdición de Sárria : 01.- San Salvador de Sárria. 02.- Santa Mariña de Sárria- 03.- San Salvador de Vilar de Sárria. 04.- Santiago de Farbán.- 05.- San Martiño de Requeixo. 06.- San Martiño do Fontao. 07.- Santiago da Veiga. 08.- San Salvador do Mato. 09.- San Xulián da Veiga. 10.- Santa Mariña de Rubín. 11.- Santo Estevo de Lousadela. 12.- San Vicenzo de Betote. 13.- Santa María de Vilamaior. 14.- Santiago de Nespereira. 15.- San Pedro de Maside. 16.- Santalla de Arxemil. 17.- Santa María de Ortoá. 18.- Santo André de Paradela. 19.- Santa María de Corvelle. 20.- San Sadurniño de Ferreiros. 21.- San Martiño de Louseiro. 22.- San Mamede do Camiño. 23.- San Pedro de Seteventos. 24.- San Pedro de Froián. 25.- San Fiz de Reimóndez . 26.- San Vicenzo de Froián. 27.- Santa María de Albán. 28.- Santa María da Pena. 29.- San Salvador da Pena. 30.- San Mamede da Chanca. 31.- Santo Estevo do Mato . 32.- San Sadurniño de Froián.33.- San Xulián de Chorente. b).- De outras xurisdicións e coutos agregados: ( Goián, Vilapedre, etc. ) 34.- San Miguel de Goián. 35.- Santa María de Belante. 36.- San Xoán de Fafián. 37. - San Xulián de Meixente. 38.- San Miguel de Vilapedre. 39.- San Xulián de Frades . 40 .- Santa María de Vilar. 41.- San Miguel de Biville. 42.- San Salvador da Pinza. c ) Somoza de Vilouzán : 43.- Santo Estevo de Vilouzán. 44.- San Vicenzo de Toldaos. 45.- Santalla de Lagos. 46.- San Martiño de Río. d).- Couto de Cesár : 47.- San Salvador de Cesár. e ) Couto de Castelo dos Infantes : 48.- Santiago de Castelo dos Infantes. 49.- San Salvador de Larín.
Esta pouco duradeira división territorial foi sustituida en 1820 por concellos constitucionáis entre o de Sárria mantiña superioridade xerárquica, e estas 49 parroquias foron repartidas entre os concellos de Sárria, Pinza e Biville, Vilapedre e Somoza de Vilouzán. En 1840 acabarían integrándose en Láncara Vilouzán, Toldaos, Lagos , Río e Larín ( 5 ) e procedentes do Concello de Samos foron incorporadas a Sárria Barbadelo, Piñeira, Loureiro, Santo Estevo do Mato, Lier, Calvor e Santo Antolín ( 7 ) de maneira que o Concello de Sárria quedóu constituído por 49 parroquias ruráis e 2 urbanas na vila de Sárria.
** En xuño de 1818 comunican as bases e instrucións para a formación da Xunta de Pobo :
a).- Ningunha parroquia podería ser desmembrada, debendo unirse todos os lugares á xurisdición onde radique a Igrexa ou reitoral, pertencendo íntegras á Xunta de Pobo polo que respecta á nova contribución directa e ás súas dependencias.
b).- Composición : O Xuiz da Xurisdición principal como presidente e se houber xuiz letrado corresponderíalle a este; Vogáis : O Rexedor Decano e Procurador Xeral da Xunta Principal ; o párroco máis antigo entre os pobos reunidos ou por relación asinada o que lle siga ; os procuradores síndicos dos Xulgados e Coutos agregados e podendo asistiren, os Xuices non letrados que saiban ler e escribir e a súa veciñanza pase de 200 viciños.
Nomearán Segredario a un escribán dos do distrito que sexa de maior confianza.
Reunirán toda a documentación das xurisdicións , xulgados e coutos baixo de inventario e recibo, tomando coñecemento de porcións ou fraccións delas que se axusten.
Se na Xurisdición principal non houber Rexedor ou Procurador eleitivos , designaranse dous representantes de maneira que elixan dous eleitores máis, para designar nese dous representantes sen maior problema; sinalaban a multa de 50 ducados aos que debendo integrarse na Xunta non o fixeran e sinalaban a obriga de que se celebrasen dúas reunións en cada semana.
** 25 de xullo de 1818.- A Xunta de Partido de Lugo remitíu unha circular sinalando as aventaxes da implantación da nova contribución.
** 30 de xullo de 1818.- Por impedimento de Xosé Narciso Carnero para se facer cargo de dirixir a eleición de dous vogáis para a Xunta de Repartimento, acordóu a Xunta Principal comisionar a Bernardo Díaz de Freijo. E na mesma data comunícanlle ter sido nomeado Comisionado , dándolle instruccións para facer as eleicións.
** 2 de agosto de 1818 na Sala de Axuntamento da Vila de Sárria foi ditado auto polo que sinalóu a procedencia de elixiren Rexedor e Procurador Síndico pola Xurisdición de Sárria e anexos resultando eleitos Bernardo Díaz de Freijo ( de San Xulián da Veiga ) e para Rexedor, Xoán Somoza.
** 3 de agosto de 1818 .- Non habendo Xuíz, Antonio Macía de Neira posesionóu a Bernardo Díaz de Freijo e Xoán Benito Somoza.
** 5 de agosto de 1818.- Eleición de Segredario.- Diante da inasistencia de párrocos e síndicos de Meixente, Biville e A Pinza acordaron citalos de novo.
** 5 de agosto de 1818.- Presentes Bernardo Díaz de Freijo , Antonio Macía de Neira, Xoán Bieito Somoza, Francisco Martínez ( Procurador Síndico ) da Somoza de Vilouzán , Xosé de Grandas ( Procurador Síndico sustituto de Vilar, Vilapedre e Meixente ), acordaron nomear a Agostiño Gómez Armesto como Segredario e a Gregorio Antonio do Barrio como sustituto, e sinalar a celebración de sesións nos luns e venres de cada semana,
**9 de agosto de 1818.- Toma de posesión do Correxidor Manuel Xosé Camba Taboada ( de Ronfe ) que se dirixe ao Procurador Síndico da Somoza de Vilouzán.
** 14 de agosto de 1818 .- Bernardo Díaz de Freijo renuncia ás súas funcións por estar encargado de facer o apeo en Neira de Rei.
** 1 de setembro de 1818.- Reunión frustrada na Casa do Concello de Sárria convocada polo Correxidor e Presidente da Xunta de Repartimento á que só acod Xoán Bieito Somoza. Nomean Segredario a Domingos Gómez Quiroga.** Agostiño Gómez Armesto multado con 100 ducados por causa da eleición da Xunta de Vilambrán. E tivo que ir á Coruña.** Requerimento na persoa de Francisco Martínez , de Vilouzán.
**2 de setembro de 1818.- Requerimento e percura de Xosé Grandas de Vilapedre , Goián e os seus coutos.** Sesión extraordinaria.- Acordan celebrar nova eleición incluindo Cesár e Castelo dos Infantes e que sexan nomeados repartidores parroquiáis. Actúa como Segredario Gregorio Antonio do Barrio.
**6 de setembro de 1818.- Aceptación de Manuel Varela Somoza, catedrático de Monforte, como comisionado para o apeo.** Elixen para peritos agrimensores a Bieito Barbeito e Nicoláu González, de Monforte. Entregan a Comisionado e Peritos 1.920 reáis. Participan polas freguesías: Xoán Vázquez de San Mateu e André Capón , de Pacios ( San Miguel de Vilapedre ) ; Caetano Pardo e Xoán Veiga ( Santa María de Vilar ); Tomé López de Freixo e Bieito González, de Tremeado ( San Fiz de Vilapedre ); Diego Vázquez, de Outeiro e Xoán López de Santa Cruz ( de Goián ) ; Domingos López Cardexo e Domingos López ( de Frades ) ; Xulián Fernández e Nicoláu López ( Meixente ); Antonio Fernández e Xosé López ( Belante ) ; Manuel López e e Caetano González ( Biville ); Xacobo López. Baltasar Díaz e Manuel López ( A Pinza ) ; Domingos López, Xoán Loureiro e Xosé López ( Cesár ); Manuel Bravo e Xosé de Castro ( Fafián ); Xosé López e Bernabé Rodríguez ( Santo Estevo de Vilouzán ); Domingos López e Antonio Caldeiro ( San Vicenzo de Toldaos ); Pedro Herbón e Xacinto Valcárcel ( de Santalla de Lagos ); Martiño García e Francisco García ( San Martiño de Río ); Xoán Sánchez e Ramón da Valiña ( Castelo dos Infantes ); Pedro Vázquez e André Vázquez ( San Salvador de Larín ) ; Miguel Díaz e Xulián García ( Vilamaior ); Domingos Pérez e outro Domingos Pérez ( Nespereira ) ; Xoán Rodríguez e Manuel Vila ( Santo André de Paradela ); Diego Toirán e Lourenzo González ( San Xulián da Veiga ); Luis Toirán e Domingos Méndez ( Rubín ) ; Vicenzo Díaz e Xosé Lobeira ( Lousadela ); Pedro Fernández e Xosé Torres ( Santiago da Veiga ) ; Miguel Rego e Tomé López ( San Salvador do Mato ) ; Antonio Díaz Capón e Xoán López do Barrio ( Ferreiros ); Nicoláu Outeiro e Pedro Piñeiro ( Seteventos ); Brais Somoza e Francisco Mourín Capón e Xosé López de Pintín ( Louseiro ); Ventura López e Xosé López "Ferreiro" ( Corvelle ); Francisco Álvarez e Manuel Álvarez ( Camiño ); Manuel López e Brais López ( San Vicenzo de Froián ); Pedro López e Manuel Pardo ( Santo Estevo do Mato ) ; Manuel López Loureiro e Anxo Somoza ( San Pedro de Froián ); Xoán Alvaredo e Xoán Loureiro ( Santa María da Pena ); Pedro Alvaredo e Xosé López de Fondo de Vila ( San Salvador da Pena ); Isidro do Sío e Pedro Fernández ( Chorente ) ; Xabier Rodríguez e Marco López ( San Sadurniño de Froián ) ; Ramón González e Manuel Alvaredo ( A Chanca ) ; Manuel Gómez e Froilán Fernández ( Reimóndez ) ; Xosé González e Xacobo Méndez ( Albán ) ; Antonio López Vilarrairo , Domingos Valladares e Xosé de Prado ( Vilar de Sárria ) ; Xosé López Reboredo e Xosé López do Rigueiro ( Fontao ); Pedro López de Ribela , Ramón López e Pedro López ( Farbán ) ; Inacio Fernández e Xosé Vázquez ( Requeixo ) ; Xosé López Guitián e Antonio Rivas ( Santa Mariña de Sárria ) ; Tomé González e André Cedrón (San Salvador de Sárria ); Non constan os de Maside ; Xosé Vila e Manuel López ( Ortoá ); Pedro López e Alonso Vázquez ( Betote ). Polo Couto de Vilouzán : Xosé López de Bustelo e Pedro Rodríguez ( Vilouzán ); Domingos López e Antonio Caldeiro ( Toldaos ) ; Pedro Herbón e Xacinto Valcárcel ( Lagos ); Martiño García e Francisco García ( Río ). Toma de posesión xunto cos de Castelo.
** ...... de setembro de 1818.- Acordan facer a repartición de 24.041 reáis e toman razón de carta pastoral dirixida aos pàrrocos para que nomeen representantes.- Repartición da contribución : Lousadela ( 437 reáis ), Santiago da Veiga e dez viciños de Fonteabuín-Samos ( 697 reáis e 30 maravedís ) ; San Salvador do Mato ( 287 reáis e 12 maravedís ).......
ar
Comentarios
Publicar un comentario