MONTES PARROQUIAIS DE SÁRRIA E O PÁRAMO ( 1871 )

                             MONTES DE SÁRRIA  E O PÁRAMO  ( 1871 )

No Arquivo Histórico Comarcal de Sárria ( en formación )  hai un manuscrito-borrador , sen sinatura,  rotulado como " Montes de Sárria Páramo"  que aparece feito a pedimento  de varios viciños deses dous concellos , datado en marzo de 1871,  que está extendido en papel común  en doce folios  timbrados en seco , nos que se lé  "SELLO OFICIO  6 CS PESETA.1871"  aparecendo  referida a autoría  de identificación , fixación de estremas  e mensuras, a Xoán Carreira , perito agrimensor titular , viciño da vila de Sárria , figuran as anotacións referidas a parroquias sarriás e paramesas que contrataron os seus servizos.

Finalidade ; Para unir os datos  de cada un dos montes aos expedientes de excepción de venda  dos mesmos para  documentar o seu aproveitamento común.

                                      Parroquias contratadas a  80 reáis unha

Parroquias  de Ortoá ( 80 );  Meixente ( 74 ) ;  Betote ( 65 ) a / c  ;  Paradela, Santo André  ( 80 );  Barbadelo ( 60 ) ;  Nespereira ( 80 );  Requeixo ( 80 ) ;  Cesár ( 60 ) debe ;  Lousadela ( 64 ) a / c ;  Vilamaior   ( 76 ) ; Chorente ( 60 ),  Dubidosas :  Sanfiz (  60 ) ;  Froián ( 60 ) ; Corvelle (  76 )  ; Maside ( 40 ) ; Santo Antolín (  61 ); San Xulián ( 65 ) ; Seteventos ( 77 )

80 + 74 + 65 + 80 + 60 + 80  + 80+ 60 +64  + 76 +  180 + 76  + 40 + 61 + 64 + 77  =  1.217 

                                      Citcunstancias  que se esixen

1ª.- Que cada un dos Concellos designen  clara e terminantemente  as fincas  e solicitan  como de aproveitamento común.

2ª.- Que se xunten  aos seus respectivos  expedientes os tíduos  orixináis de propiedade  das  fincas citadas.

3ª.- Que as fincas  cuxa escepción  solicitan os Concellos, sexan medidos e delindados  por peritos competentes , facendo  constar  se se achan  reducidas  a cultivo ou presentan  indicios   habelo estado e as condicións  que as mesmas teñan  cos documentos correspondentes os que se unirán aos seus respectivos expedientes.

5ª.- Que os certificados  e informes que non respectivos expedientes teñan que darse  os que se unirán  aos mesmos, comprendan detalladamente as fincas cos seus nomes que se soliciten como de aproveitamento común.

                                       PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DE REQUEIXO

O monte  de común  aproveitamento  da parroquia denominado de SANTA CRISTIÑA , de 372 ferrados , medida do país,  que equivalen a 23 hectáreas. 39 áreas , 37 centiáreas e 42 decímetros ( 233.937,42 m/2 ). . Forma unha figura irregular con inclinación a  Leste, cuxa superficie en parte ocupan  varias penas de pedra granito inferior  e o resto a monte que produce fentos, a aliaga  coñecida no país  o nome de toxo, carpazas e uces que proporcinan pasto  ao gado de todas clas  e de onde  os viciños  da parroquia se surten  grande parte do ano  para o lume e as cortes e esterqueiras que fan nos camiños conseguindo así un excelente abono  para toda clas  de terras e producións  , Obsérvase  que algunhas fraccións  foron roturadas  como  soen facelo de 20 en 20 anos, que as semean  de centeo  e recollido que sexa voltan a deixalo a monte.. Estrema ao norte..... Pedáneo: Xosé López " Veiguiña".

(  * ) Nota.- O mome do monte  deriva  dunha capela xa desaparecida adicada a Santa Cristiña onde había un marco separador de parroquias.

                                                       SAN VICENZO DE BETOTE

O monte de común aproveitamento  da parroquia  chamado de SAN CRIBRAO ,  leva en  mensura 1.400 ferrados  , equivalentes  a 88 hectáreas,  4 áreas, 8 centiáreas  e 90 decímetros cadrados ( 880.408,90 m/2 ).

Estrema  a Norte co monte común  da pareroquia limítrofe de Santo Estevo de Lousadela, a Leste co da parroquia de San Salvador do Mato  e fincas de particulares;  Sur, con fincas de dominio particular  dos viciños de San Vicenzo de Betote  e estrada provincial de  Lugo a Valdeorras  que a separa  da fracción que segue  e ao Oeste  , con monte común  da parroquia de Santa María de Vilar , inclinación a Leste e Mediodía.

( * )  O nome do monte está tomado dunha desaparecida capela adicada a San Cibrao, na que  estremaban parroquias.

O monte  chamado TRAVESA DE SANTA CRISTIÑA   de 480 ferrados,  equivalentes a 30 hectáreas, 18 áreas,  54 centiáreas e 48 decímetros ( 301,854,48 m/2 )

Estrema  a Norte  coa fracción anterior, estrada  de Lugo  a Valdeorras e outras fincas  de particulares en medii; a Leste con fincas  dos viciños de Betote; Sur, co monte común da parroquia limítrofe de San Martiño de Requeixo; e ao Oeste, co monte tamén común da parroquia de Santalla de Arxemil, Inclinación a Norte e Leste.

             Pedáneo:   Domingos López Gudín

( * ) O monte recibiu o nome da desaparecida capela de Santa Cristiña, estremeira de parroquias.

                  PARROQUIA DE SANTO ESTEVO DE  LOUSADELA

O monte chamado  DO CONDE franco e de aproveitamento común de esta parroquia, leva  en mensura 224 ferrados que equivalen a 14 hectáreas  , 8 áreas, 65  centiáreas  e 42 decímetros cadrados ( 140.865,42 m/2 ) , o cal está destinado a monte poboado de carpazas, toxo, uces e fentosm sen que parte algunha se ache destinado a labrantío, nin presente vestixios  de  habelo estado, se  se exceptúan  as searas ou rozadas que periódicamente  se acostuman no país. Estrema polo Norte  con diferentes propiedades  de dominio particular dos viciños  da mesma parroquia ;  Sur co monte común chamado de SAN CIBRAO pertencente á parroquia de San Vicenzo de Betote; a Leste  con propiedades particulares dos viciños de San Salvador do Mato ; e ao Oeste co monte común  chamado tamén DO CONDE  da parroquia de Santa María de Vilar.

Pedáneo : Xosé Fernández Armada.

   ( Non quere )              SANTA MARÍA DE VILAR

O monte denominado DO CONDE de común aproveitamnto , franco, de producir pastos e poboado de uces, toxo, fentos , de ferrados..... que equivalen a .................Estrema a Norte e   Oeste con propiedades de dominio particular dos viciños da mesma parroquia; Sur, monte de SANTA CRISTIÑA da parroquia de Santalla de Arxemio ;  e a Leste co mesmo monte DO CONDE , pertencente  ás parroquias de Santo Estevo de Lousadela e San Vicenzo de Betote, 

O monte  denominado LAMA DE FONTAÍÑA  de....... ferrados  que equivalen a .........Estrema  por Norte con propiedade dos herdeiros de Pedro Arias da Vilanova ; ao Sur co labrantío chamado Agro de Fontaíña; a Leste , con propiedades de Don Xoán  Sánchez da Casa da Raña da mesma parroquia : e ao Oeste, con propiedades de Manuel e Xosé López de idem.

Pedáneo : Tomé.

                                                 SAN SALVADOR DO MATO

O monte denominado DO MATO   de 40 ferrados  que equivalen a  2 hectáreas 51 áreas  54 centiáreas e 54 decímetros cadrados  ( 25.154,54 m/2 ). Estrema  por Norte  con monte chamado DO CONDE da parroquia de Santo Estevo de Lousadela ; ao Sur e Oeste  co da parroquia de San Vicenzo de Betote  ; e a Leste  con fincas de dominio   particular de los vecinos  de esta misma parroquia.

Forma unha figura irregular  con varios ángulos entrantes e saíntes  de dentro de cuxa mensura  existen fincas de dominio particular )

Pedáneo :  Ramón Riveira de Manán.

                                                  SAN SALVADOR DE CESÁR

O monte común DA VIQUEIRA   de 142 ferrados  que equivalen a  8 hectáreas 92 áreas 98 centiáreas  ( 89.292, 98 m/2 ).

Estrema  a Norte con terreo de dominio particular  de Manuel Díaz , Sur, monte  común da parroquia de San Pedro de Froián ; a Leste con  fincas  de Francisco González de Pape;  e ao Oeste, co CAMPO  DA ERMIDA DOS REMEDIOS.

Ten inclinación  a Norte, figura irregular , dentro do que  permanece a DEVESA NACIONAL  enaxenada polo Estado  e que a adquiriu Don  Manuel Díaz de Freijo , viciño da Vila de Sárria.

( * ) O monte en man común desaparecéu ao ser repartido entre os viciños. A Devesa Nacional foi a sucesora da Devesa Real, espacio  reservado para  chantar árbores destinados á construción de barcos  para a Mariña.

                                                       VILAMAIOR

Monte denominado ESPERELA , de 144 ferrados,  equivalentes a 8 hectáreas, 55 áreas 25 centiáreas e 44 decímetros cadrados ( 85,525,44 m/s ), 

Norte,  fincas da Casa do Tumbiadoiro  da freguesía de Rubián de Cima; ; Leste, fincas de Bieito  Veiga, de Cabanas ; Sur, fincas de viciños da mesma parroquia; e Oeste , fincas de Xulián García, de idem.

O Monte DA GANDARELA  de 180 ferrados , equivalentes  a 11 hectáreas  31 áreas 95 centiáreas e 43 decímetros cadrados (113.195,43 m/2 )

Norte,  André e Xosé Páramo , Leste, fincas de  Don Antonio Macía de Neira  ; Sur,  Xoán Díaz Varela , de Bade ; e ao Oeste , Domingois Golás  e Roque Vázquez , de idem.

Monte chamada de CABO ANTIGO   de 5.120 ferrados, equivalentes  a 286 hectáreas  20 áreas  27 centiáreas e 26 decímetros cadrados  ( 2.862,027,26 m/2 ).

Norte, fincas   dos viciños de Vilamaior ; Leste, dos de Cabanas ;  Sur, monte común de Nespereira ;  Siur, monte común  de Nespereira, A Cervela  e Castro de Rei  ; e ao Oeste, fincas dos  viciños de Bade.

MONTE DE LAGÜELA  de 1,300 ferrados  que equivalen  a 81 hectáreas  75 áreas  22 centiáreas e 55 decímetros cadrados  ( 817.522,55 m/2 )

Norte,  fincas dos viciños de Bade ;  Leste, id ;  Sur,  con fincas dos viciños de Ferreira  , no Concello de  Paradela ; e Oeste,  monte dos viciños de Vilaragunte en idem.

Monte chamado de LAMAS  DE PADERNE  de 280 ferrados, que equivalen   17 hectáreas 60 áreas 81 centiáreas e 78 decímetros cadrados ( 176,081,78 m/2 )

Norte, fincas dos viciños de Paderne ; Leste, fincas da Casa do Tumbiadoiro ; Sur, CAMPO DA FEIRA  DE PARADELA; e Oeste,  finca da Casa de Candedo  e monte de LAGÜELA.

Pedáneo:  Bieito Veiga.

( * )  Notas:  Vilamaior é a parroquia de Santa María de Vilamaior de Paradela ou Santa María de Vilamaior da Lobataira.
O MONTE  DA ESPERELA foi repartido entre os viciños. 

O  monte relacionado como "Cabo Antigo " agora é coñecido como CABÁNTIGOS.

O monte LAGÜELA   debería figurar como LAGOELA . Aparecen denominacións espureas como " La Güela "ou "Güela".

O Monte Lamas  de Paderne foi repartido entre os viciños.

A FEIRA DE PARADELA foi até 1820 á única feira mensual celebrada no Marquesado de Sárria, e seguiu celebrándose até  1937, ano no que se trasladóu a Pacios, capitalidade do concello de Paradela. A Feira do 15 celebrábase  no Campo de Tambarría ou Campo do Palacio.  Os montes de Vilamaior e de Castro de Rei estiveron destinados a " cacerías e monterías "  dos Condes de Lemos, que alzaron o Palacio desaparecido , do que queda memoria no lugar hoxe chamado  "O Palacio".  A estrada provincial rematada  darredor do ano 1930 leva o nome de " Estrada de Santa María á Feira de Paradela " que sería alongada até a Feira do Mosteiro Vello ( Paradela ). Tiña orixe en Santa María de Ortoá  e remataba  na Feira de Paradela ( Campo de Tambarría ou Campo de Palacio ) na parroquia de Vilamaior.  Esa estrda estivo máis de 30 anos  paralizada -

                                                     NESPEREIRA

Monte  do RIVEIRAL , 2.800 ferrados,  equivalentes  a 238 hectáreas  96 áreas  81 centiáreas  e 30  decímetros cadrados ( 2,389,681,30 m/2 ) 

Norte, monte común  da parroquia de  Santo André Paradela; Sur, fincas de veciños de Vilar e A Ernida  na mesma parroquia ; Leste,  común dos viciños  da parroquia de San Miguel de Piñeira : e ao  Oeste , con propiedades  das Casas do Candedo e O Tumbiadoiro , na mesma parroquia. Crúzano varios camiños.

Monte de COTARELO , 180 ferrados, equivalentes  a 11 hectáreas,  31 áreas , 95 centiáreas  e 43 decímetros cadrados .

Norte , coa fracción anteior ;  Sur, con  propiedades  de dominio particular  dos viciños desta parroquia; Leste, monte común  dos viciños de San Xulián de Meixente ;  e ao Oeste,  con propiedades  dos viciños   dsa dita parroquia.

Monte copñecido por CABO ANTIGO, 3.200 ferrados,  que equivalen a 241 hectáreas . 48 áreas, 35 centiáreas e 60 decímetros cadrados   ( 2.414.835,60 m/2 ).

Norte,  con fincas de dominio particular  dos viciños de Vilamaior;  Sur, monte común dos viciños da Cervela , Concello de Rendar ;  Leste, fincas de dominio particular  dos viciños do lugar de Vilagudín na mesma parroquia; e ao Oeste,  co común de Santa María de Vilamaior ; de pendente situación e inclinación a Norte.

O monte da RAÑOÁ  , 236  ferrados ,  que equivale  a 52 hectáreas, 57 áreas, 29 centiáreas e 89 decímetros cadrados  ( 525, 729 ,89 m/2 ),

Norte, co agro labrantío  de dominio particular dos viciños  do pobo de Vilar ;   Sur, idem  dos viciños de Vilaagudín  na mesma parroquia ; Leste, idem,  dos viciños de Nespereira ;  e Oeste,  con propiedades  dos viciños de Cabanas , en Santa María de Vilamaior.

Pedáneo:  Francisco Armesto.

                               SANTO  ANDRÉ DE NPARADELA

O monte  de RÍO SECO, penasqueira  de 260 ferrados  equivalentes a  54 hectáreas, 8 áreas, 22 centiáreas e 61 decímetros cadrados ( 540.822,61 m/2 ) , destinado a monte raso con varios penedos . Crúzao o camiño viciñal  de Santo André a Paradela  e outros puntos e o arroxo chamado Río Seco. Áchase situado entre propiedades  de dominio particular  e estrema ao  Norte  co Agro de Río Seco  dos viciños de Santo André ; Sur co monte e propiedades de  D. Ramón Alvarado, da Casa do Tumbiadoiro;  Leste, co mesmo Alvarado  e común de Barbadelo  ; e ao Oeste co río Lloio e propiedades de particulares.  Non se lle coñecen sináis de que fose labrantío.

Pedáneo: Xosé Díaz

                                  BARBADELO

O monte nomeado LAMA LONGA  de 978 ferrados que equivalen a 61 hectáreas, 37 áreas , 70 centiáreas e 78 decímetros cadrados  ( 613.770,78 m/2 ) .

Norte, con fincas de dominio de particulares dos viciños de Ortoá; Sur, con fincas de Bernardo López e  Pedro Varela, desta parroquia; Leste, con idem de Manuel López, Ramón Losada e outros do pobo de Sabenche, na dita parroquia ; e ao Oeste, con propiedades dos viciños  da parroquia de Santa María de Ortoá. Forma unha figura irregular  e de posición horizontal, cruzado por varios camiños.

O monte de PARDIÑEIRO, figura irregular , en posición horizontal, de 357 ferrados  que equivalen  a 22 hectáreas, 13  áreas ( 221.300,00 m/2 ).

Norte con fincas de Anselmo Pérez, de Miralde , na dita parroquia; Sur, idem de Manuel López da Chafarica ; Leste, idem de Manuel Fernández, de Taíde ; e ao Oeste con máis dos viciños de Santo André de Paradela. Posición plana , irregular. Crúzano  varios camiños.

O  monte nomeado REBORDELOS , de 696 ferrados , que equivalen a 43 hectáreas  76 centiáreas  e 89 centiáreas ( 437,689 ,00 m/2 ).

Norte, fincas dos viciños  do lugar de Melle; Sur, monte común dos viciños de Piñeira ;  Leste, con finca  de Xoán López, de Santa María de Albán ; e ao Oeste,  idem de Xosé López, de Abeledo, na mesma parroquia.

                                                                 MEIXENTE

O monte nomeado de MACAQUE  , de 3.500 ferrados que equivalen  a 220 hectáreas  10 áreas,  22 centiáreas  e 25 decímettros cadrados ( 2.201,022,25 m/2 ). 

Norte,  común de Goián; Sur , fincas  particulares do mesmo Meixente; Leste, idem común de Ortoá;  eao Oste, con fincas dos viciños de Belante.,

                     220, 23 ,63, 20 + 17 , 60 , 81 , 75 + 1 , 25 , 77 , 27 = 220 ha 10 a 22 ca 25 dm/2

( * ) Notas; O nome histórico deste monte foi o de LAMA DE CAQUE , que derivóu en LAMACAQUE, forzado despóis dende espazos oficiáis en "MACAQUE ".
Este monte, atravesado polo Camiño Francés de Lugo A Monforte de Lemos, ( treito do Hospital de Goián ao Mercado da Serra ) deu nome a un desaparecido MESÓN DE LAMA DE CAQUE.                                                                  

                                                             ORTOÁ 

O monte de LUDEIRO, de 1.400 ferrados, que equivalen a 88 hectáreas, 4 áreas, 8 centiáreas e 90 decímetros cadrados ( 880.408,90 m/2 ).

Norte, común de Goián;  Sur, fincas de Ortoá; Nacente,  común de Arxemil e Currial; e polo Oeste , con finca de Martiño López,  fincas da Casa de Leiranova  e común de Goián. Crúzano varios camiños.

75 , 46 , 36 , 20 + 12 , 57 , 72 , 70 =  88 ha 4 a 8 ca 90 dm/2

                                            CHORENTE

O monte nomeado de COTARELO de 3.120 ferrados que equivalen  a 196 hectáreas, 20 áreas, 54 centiáreas e 12 decímetros cadrasdos.

 Norte , monte común dos viciños  de Piñeira; ao Sur, con fincas de dominio particular  dos viciños de Chorente ; Leste, idem  de Pedro González  e Domingos do Sío, do pobo de Sanguñedo na mesma parroquia;  e ao Oeste, con monte común  da parroquia de Santiago de Nespereira. Ten inclinación ao Nacente e divide do de Nesperira por unha cordilleira elevada. Cruzano varios camiños públicos.

176 , 08 , 17 , 80 + 20 , 12 , 36 , 32 = 196 ha 20 a 54 ca 12 dm/2

( * ) Nota : Atravesado polo Camiño Francés de Lugo a Monforte de Lemos  ( treito do Mercado da Serra  á Pousada  da Cervela).

                                CHANCA, SAN MAMEDE

O monte DA VALIÑA, de 104 ferrados, que equivalen a 6 hectáreas, 54  áreas, 1 ceniárea e 80 decímetros cadrados ( 5.401,80 m/2 ).

Norte,  propiedades de Salvador Garcái e outros de Vilar do Monte;  Sur, idem  propiedade de Dn. Antonio Pardo , de Vilar de María  na dita parroquia ; Leste, co común de  San Fiz do que o divide un camiño  traveso  que sae da Estrada Xeral  e conduce ao pobo dos Alvaredos e outros puntos: e ao Oeste, con propiedades particulares de viciños  da Chanca. Figura irregular e posición horizontal.

   de Núñez.

                                SAN PEDRO DE FROIÁN

O monte  DA VALIUÑA , de 146 ferrados que equivalen a 9 hectáreas, 18 áreas, 14 centiáreas e 7 decímetros cadrados ( 91,814,07 m/2 ) 

Norte, o monte común de San Fiz de Reimóndez ; Sur, terreo de dominio particular  de Dª Ánxela López, da mesma parroquia; Leste, terreos particulares da parroquia; e ao Oeste  , con terreos de D. Antonio Pardo, de Vilar de María na dita parroquia e común de San Mamede da Chanca.

 7 ,  54 , 63 , 62 * 1 , 50 , 92, 72 + 12, 57, 73 = 9  ha, 18 a  14 ca 73 dm/2

( * ) Nota: Este monte foi dividido entre os viciños perdendo a súa condición de monte en  man común.

                                 SAN FIZ DE REIMÓNDEZ

O monte  DA VALIÑA  de 104  ferrados, que equivalen  a 5 hectáreas,  54 áreas ,  1 centiárea y 80 decímetros cadrados  ( 555.401, 80 m/2 )..

Norte , propiedade de Xosé García , Manuel Loureio e Froilán Bello , de Vilar do Monte na mesma parroquia ; Leste, común  de San Pedro de Froián ; e ao Oeste  , o de San Mamede da Chanca. Ächase en posición horizontal , e figura irregular , e crúzao  a Estrada Xeral  de Nadela a Valdeorras.

                                                           ARXEMIL

O monte de SANTA CRISTIÑA  de 1.321 ferrados  que equivalen a 83 hectáreas,  7 áreas. 28 centiáreas e 68 decímetros cadrados.

Norte, común de Vilar ;  Leste, monte común de San Martiño de Requeixo;  e Oeste. monte DO BOCO, da mesma parroquia . Non hai estremas fixas  na divisoria que  o separa  por Norte e Leste  do de Vilar e Requeixo - Posición horizontal en parte  e o resto con diferentes ondulacións  no seu perímetro. 

O monte da SERRA DO BOCO de 937 ferrados  que equivalen  a 58 hectáreas, 92 áreas . 45 centiáreas e 10 decímetros cadrados ( 589,245, 10 m/2 )

Norte, fincas dos viciños de Guillade; Sur, idem dos viciños de Arxemil ;  a Leste, monte de SANTA CRISTIÑA,  e máis común de Santa María de Vilar );  e a Oeste, fincas de  Xosé Díaz e Xacinto  Capón, da mesma parroquia. Figura irregular  con pendnete pronunciada ao Norte . A demarcación que o separa  por Leste do de Vilar  non existe como tampouco  a de Santa Cristiña , polo que a súa cabida aproximada é a de arriba.

O monte DAS XANEIRAS  de 680 ferrados, que equivalen a 42 hectáreas, 76 áreas , 27 centiáreas e 18 decímetros cadrados (427.627,18 m/2 ).

Norte , finca de Manuel Melle, de Arxemil; Sur, fincas de   D.Manuel de  la Vega Armesto, da Vilerma: Leste, idem de D. Filipe López  de Páramo, de Santalla ;e ao Oeste, monte común de Santa María de Ortoá. Cuxa divisoria sinalan arbitrariamente pois  que non existe demarcación  nin outros sinais invariables  e exactos  que os divida e polo que designaron leva 680 en cabida aproximada.

                                                            CORVELLE

O monte de LAMA  LONGA DE SANTA MARTA  de 48 ferrados  en cabida que  equivalen a 3 hectáreas , 1 área 85 centiareas  e 45 decímetros cadrados   ( 30.185,45 m/2 ).

Norte,  co común de Santa Eufemia de Santo Antolín;  Norte, terreo de dominio particular  de Vicenta García, da mesma parroquia ;  Sur, idem  propiedde de Dª  Manuela Páramo ;  a Leste, idem de Francisco de Castro ;  e ao Oeste, con monte de  D. Vicenzo Páramo de idem. Non está  a labrantío, nin presenta  sinais de habelo estado.

                                                                  MASIDE

O monte de LAMA DE ESPIÑO E  XANEIRAS   de 600 ferrados que equivale a..........................

Norte, común de Frades ;  Sur con el Agro do Carballiño  dos viciños do Currrial e A Vilerma ; Leste, Agro da Pena ; e ao Oeste, fincas dos viciños de Ortoá.

O monte DE PENAGACHE .

Norte, Chousa de Xoán Ca barcos  de Sárria e  Vicenzo Alvaredo ; Sur, camiño de Sárria a Portomarín; Leste,  fincas de Manuel Fernández  e Pedro González: e ao Oeste, co Agro do Toural. Leva 60 ferrados que equivalen a.....

( * )  Nota  ; O MONTE DE PENAGACHE foi repartido engtre viciños.

                                 SANTA EUFEMIA DE SANTO ANTOLÍN 

O monte chamado BOUZALLO E CHA DE SANTA MARTA , en posición horizontal  na súa parte superior  e en costa  con inclinación a Mediodía  : Non está nin estivo  a labrantío , produce pastos  e  estrume  para o fogar  e as cortes, de onde se surten  os viciños. Leva  en cabida 280 ferrados que equivalen a 17 hectáreas, 60 áreas ,81 centiáreas ( 176.081,00 m/2 ).

Segundo manifestación  do pedáneo e viciños, este monte está acoutado  e demarcado como segue ; Principia riba da "Devesa  da Torre ", segue a "Lamas Albas ", dali ao "Modorrón"  xunto  dunha regata que chaman "Caveanca " , segue á " Pedra Chantada "  e dende aquel sitio, dando volta  polo "Rego de Bouzallón"  até topar  na "Devesa da Torre". Estrema  polo Norte con común de Touville; Sur, con terreos foráis dos viciños de Santo Antolín e de Goimil ; ao Nacente , con común de Sn Pedro da Armeá e Santiago do Souto, no Concello de Láncara, e ao Norte, co monte de Santa María de Corvelle.

( * ) Nota: Fixando separación de parroquia había a ermida de Santa Marta, e no seu Campo tiña lugar unha concorrida feira.

                                             SAN XULIÁN DA VEIGA  

O monte de OUZAL E MORELLE   de común aproiveitamento da parroquia,  de 456 ferrados, ou sexa  28 hectáreas, 67 áreas e 60 centiáreas  ( 286.760,00 m/2 )

Non estivo nin está a labrantío ,  produce pastos e leñas  , e estremapor Norte con camiños públicos e propiedades  de dominio particular ; Sur, co común de Vilar de Sàrria e terreos foráis de dominio particular dos viciños de  San Xulián e Vilarrairo ; Leste, con monte común de Ferreiros e fincas de particulares ; e ao Poñente,  con fincas de D. Xosé Fernández  e D. Manuel Díaz de Freijo , de Sárria e camiños publicos . Crúzano diferentes camiños  e a Estrada de Sárria a Ribadeo. 

( *  ) Nota:  Antes de ser acondicionado  o aerodromo da Cha de Santa Marta  varios avións militares aterraron no Morelle, deixando de facelo por reunir mellores condicións  o da Cha.

A totalidade no monte en man común foi expropiado para ubicar nese espazo  O Poligono Empresarial promovido pola SEPES, e que  ocupará tres seccións de terreos delimitadas pola estrada de Sárria a Becerreá e a do Montés a Seteventos.

                                                               SETEVENTOS 

O monte nomeado DO FONDÓN   de 73 ferrados,  equivalentes a 4 hectáreas,  59 áreas, 7 centiáreas e 3 decímetros cadrados  ( 45,907,03 m/2 ) 

Non presenta sináis  de que estivese  nin estea  a labrantío e sí a monte  que produce pastos e estrume para o fogar  e esterqueiras , Crúzano varios camiños  para servizo público e particular  e dentro do seu perímetro   está a "Devesa Nacional"  que enaxenóu o Estado e a adquiríu D, Manuel Díaz de Freijo, de Sárria. 

Estrema  polo Norte  con fincas de dominio particular de D, Manuel López Silva, de Reboredo , Domingos Vázquez, de Goimil , da mesma parroquia, e  de Francisca García  e Pedro Ferreiro, de Corvelle ; Sur, idem  con máis de Antonio López , Dn Manuel López Silva  e Xoán Mourín , de Reboredo; ao Leste, o mesmo  Dn Manuel López Silva  e Froilana Díaz, de Goimil; e ao Oeste,  con Xoán Pérez;  Ramón López  e Xoán Mnedez de A Silva , en Santa María de Corvelle.

         **********************************************************************                 

                                             CONCELLO DO PÁRAMO

Don Xoán Carreira , perito Agrimensor titular, viciño  da Vila de Sárria, Provincia de Lugo :

CERTIFICO :  Que nomeado polos viciños das parroquias  que a continuación se expresan  pertencentes ao Distrito  Municipal do Páramo , no partido xudicial de Sárria, para identiificar , deslindar  e mensurar os montes  de común aproveitamento pertencentes  ás mesmas parroquias , cuxa exclusión teñen solicitada  da venda  previda  pola Lei de 1º de Maio de 1855; cumprindo con esta encarga , paséi a aquel punto onde auxiliado  dos respeitivos pedáneos  e viciños  de maior idade , probidade e arraizamento  de cada unha,  como tamén  dos das parroquias confinantes  para que entre elas  e de consún  sinalaron os puntos  ou liñas divisorias  que separan  uns dos outros, procederon a tal  operación  e despóis  de conferenciaren  onde ofrecían dúbida  estas estremas , deu por resultado , que os xeráis que circundan  as mencionadas parroquias  son a Leste cunha cordilleira  iotermitente e elevada que o divide dos comúns  de Goián, San Miguel de Vilapedre , no Concello de Sárria, ao Oeste, co río Miño, ao Norte , cos ríos Sárria e Neira, e ao Sur , cos comúns de Ortoá, Meixente , Belante, Biville e A Pinza, do Concello de Sárria  e co de Santa María de Ferreiros, no Concello de Paradela.

As estremas particulares ou parciáis  de entre parroquias  soen ser arroxos, carrionzas, cordilleiras menos pronunciadas , penasqueiras  e peches de fincas de dominio particular ,  máis  sen que nestas  liñas divisorias  exista marcación  fixa e invariable, nin outros sináis concretos  e exactos,  os que fixaron aproximadamente , tendo presente os puntos  a  onde  dende tempo inmemoriable chegan aproveitándose das súas leñas, roturan e pastorean ; así  é que a extensión ou cabida que se fixa, nunhas ou outras parroquias, non resultará  coa exactitude  que se prevé e desexa, por máis que ao efecto se estableceron os medios posibles.

En tal estado cumprindo coa dita encarga e o disposto pola Superioridade, procedín ao recoñecemento, identificación , medición aproximada  e deslinde previdos  para perpetua memoria e que sempre conste , o que paso a consinuar coa maneira que segue :

 

                                                   CONCELLO DO PÁRAMO                       ( en 800 reáis )

                             

                                          PARROQUIA DE SAN XOÁN DE FRIOLFE

O monte chamado da COSTA DO PÁRAMO  de 3.880 ferrados que equivalem  a 243 hectáreas  99  áreas  90 centiáreas  e 38 decímetris cadrados ( 2.439.990 , 38 m/2 )

 Norte, fincas  de dominio particular  de dicha parroquia ;  Oeste, idem  ; Leste , máis común  de San Martiño da Torre ; e ao Sur  fincas de dominio particular  da dita parroquia  e monte   de San Salvador da Pinza  no Concello de Sárria  e de Santa María de Ferreiros  no de Paradela,

                                              SANTA MARÍA DE GONDRAME

El monte DO RAÑADOIRO   de 321 ferrados  que equivalen a   20 hectáreas  18  áreas  65 centiáreas e 18 decímetros  cadrados  ( 201.865, 18 m/2 )

Estrema polos catro puntos cardináis  con propiedades  de dominio  particular da mesma parroquia e de San Vicenzo  de Gondrame,

                                       SANTA MARÍA MADALENA DE MOSCÁN 

O momte de BORDOCEDO   de 2.400 ferrados  que equivalen a 150 hectáreas 92 áreas 72 centiáreas  e 40 decímetros czdrados ( 1.509.272, 40 m/ 2 )

Norte ,   terreos de dominio particulares  da parroquia ;  Leste, con monte  común da parroquia de ( Santa María ) de Vilafiz ; Sur e Oeste ,  co  común  de Santiago de Sáa do  Páramo.

                                           SAN SALVADOR DE PIÑEIRO

 O monte  chamado DA GÁNDARA  de 2.428  ferrados  que equivalen a 152 hectáreas  68 àreas 80 centiáreas e 58 decímetros cadrados ( 1526880, 58 m/ 2 ).

Norte e Oeste,  con monte común  das parroquias de  Santo André e San Mamede da Ribeira ; a Leste  con monte da de Santa Cruz de Vilasante ;  e Mediodía , terreos  de dominio particular desta parroquia

                                             SANTIAGO DE RIBAS DE MIÑO

O monte chamado RAPADO  de 280 ferrados  que equivalen a 17 hectáreas  60 áreas 81 centiáreas  e 78 decímetrros cuadrados ( 176.081,78  m/2 )

A Leste con terreos de dominio privado de Vilaxoane  e Vilar ; Sur con monte común  da parroquia   de San Salvador  das Cortes no Concello de Paradela; Norte e Oeste, con terreo de dominioparticular da mesma parroquia.

                                              SANTO ANDRÉ DA RIBEIRA

                                                 ( San Pedro de Santo André da Ribeira )

O monte chamada da GÁNDARA  de 2.000 ferrados que equivalen a 125 hectáreas 77 áreas e 27 centiáreas ( 1,257.727,00 m/2 ). 

Nacente, con  monte de da parroquia  de  Santa  Cruz de Vilasante; Sur, co de  San Mamede da Ribeira e San Salvador de Piñeiro ; Norte e Oeste,  con propiedades  de dominio particular da dita parroquia.

                                                        SAN MAMEDE DA RIBEIRA

O monte DA GÁNDARA de 2.400 ferrados que equivalen a 150 hectáreas 92 áreas  72 centiáreas  e 40 decímetros cadrados ( 1.509.272,40 m/2 ) .

Nacente, común de San Salvador de Piñeiro; Sur,  fincas  de dominio particular ; Oeste,idem ; Norte,  común  de Santo André da Ribeira.

                                                        SANTIAGO DE SÁA DO PÁRAMO

O monte da Costa do Páramo de 5.600 ferrados que equivalen  a 352 hectáreas. 16 áreas,  35 centiáreas e 60 decímetros cadrados ( 3.521.635, 60 m/2 )

Norte común de Santa María  Madalena de Moscán ;  Mediodía, co de San Miguel de Vilapedre  e  San Miguel de Goián , Concello de Sárria ;  e Norte propiedades  de dominio particular de esta parroquia.

                                                              SAN MARTIÑO DA TORRE

O monte da COSTA DO PÁRAMO ou  GRANDE  de 5.200 ferrados que equivalen  a 327 hectáreas 90 centiáreas e 20 decímetros cadrados ( 3.270.090,20 m/2 ).

Norte, común  da parroquia de Santiago de Sáa do Páramo; Oeste. o de San Xoán de Friolfe : Sur, co da parroquia de San Miguel de Goián.no Concello de Sárria ;  e Norte, terreos  de dominio  particular da parroquia.

                                                     SANTA EUFEMIA DE VILARMOSTEIRO

 O monte de TRIALLOS de 384 ferradod que equivalen a 244 hectáreas  14 áreas  83 centiáreas ( 2.441.483,58 m/ 2

Nacente, co terreo de Teipado  de dominio particular ; Mediodía , común de San Salvador de Piñeiro; Oeste, co de Vilasante ;  e Norte,  terreos de dominio particular dos viciños de Neira.

O monte das COSTOIRAS de 240 ferrados que equivalen  a 15 hectáreas  9 áreas 27 centiáreas  e 24 decímetros cadrados ( 150,927,24  m/2 )

Nacente, monte común de Santa Cruz de Moscán ; Mediodía,  Poñente e Norte,  terreos de dominio particular.

Nota:  A parroquia de Santa Cruz de Moscán integrouse na de Santa María Madalena de Moscán.

                                                       SANTA CRUZ DE VILASANTE

O monte da GÁNDARA  de 2.024 ferrados equivalentes  a 127 hectáreas 26 áreas  19 centiáreas  e 72 decímetros cadrados ( 1.272.619 , 72 m/2   )

 Norte, terreos de dominio particular da parroquia ;  Mediodía e Poñente, común de San Salvador de Poñente e Santo André  da Ribeira;  e ao Norte, co río Miño.

                                                        SANTA  MARÍA DE VILAFIZ

O monte de PORQUEIRA  de  2.436 ferrados equivalentes a 153 hectáreas  19 áreas  11 centiáreas e 42 decímetros cadrados (1.531.911, 42 m/2 )

Norte, terreos particulares da parroquia;  Mediodía, monte de San Miguel de Vilapedre ; Poñente e Norte, común de Santa Cruz de Moscán  e terreos desta parroquia.

E que así conste  a onde conveña  de pedimento dos viciños das mesmas parroquias , expido a presente nestes catro pregos do selo undécimo m estando en Sárria  a .......... ............... de Marzo de 1871.

                                                  ************************

 

 


Comentarios

Publicacións populares