O TREN EN SÁRRIA ( 1.10. 1880 )
A CHEGADA DO TREN A SÁRRIA ( 1880 )
En 1880 o camiño de ferro que dende A Coruña , pasando por Lugo, se proxectara en dirección A Madrid , estaba detido en A Pobra de San Xiao, e o que dende Palencia se dirixía á cidade herculina estaba atrancado en Brañuelas ( A Maragatería )
As obras do treito entre A Pobra de San Xiao e Sárria progresaron no verán dese ano e o día primeiro de outubro foi inaugurado oficialmente coa entrada na estación sarriá da locomotora " Neira".
Con anterioridade xa se coñeceran as locomotoras que ían avanzando coas obras, máis a chegada do " tren oficial" constituiu un dos acontecementos máis sinalados de toda a historia de Sárria, que se vería culminado cando en 1882 os trens poideron xa circular entre Madrid e A Coruña e viceversa.
A ESTACIÓN DE SÁRRIA foi alzada na parroquia de San Pedro de Maside, na liña chamada entón de Ponferrada a A Coruña, nun espazo entre o río Celeiro, marxe esquerda, e o agora chamado Rego do Mazo ( que viu variado o seu cauce para dispoñer de espazo para facer a casa da Estación, o depósito da auga e os anexos ) e perto da Ponte Vella do Mazadoiro.
O 31.07.1871 sairon a subhasta as obras de construción dos edificios por un tipo de 16,955,56 pesetas,
Construiuse na marxe dereita da vía , en direción A Coruña. Estaba prevista para ubicala no Campo de Outeiro, na marxe esquerda da vía e as autoridades locáis fixéronlle notar aos enxeñeiros e á empresa ferroviaria que era un sensentido o poñer a estación nun punto no que , para chegar a ela, había que atravesar pasos a nivel, enadindo innecesarios perigos e achando razonable a petición foi variado o emprazamento.
A Estación de Sárria quedaba a un quilómetro da vila, interposta con esta unha zona da parroquia de Maside ( Cortiñas de San Lázaro ) e para chegar a ela fixeron un pequeno ramal dende o paso a nivel do Mazadoiro ( na estrada de Lugo ) até a Ponte Vella do Mazadoiro, abriron un camiño novo até a Ponte do Lázaro ( na estrada de Portomarín ) e fixeron alargamento da Corga de Formigueiros entre a Ponte e a estrada provincial do Mazadoriro a Lamarriguera. Para darlle seguridade aos pasos a nivel fixeron dúas casiñas de ferroviarios onde moraban as guardesas que coidaban das cancelas que pechaban o paso de carros, carruaxes , gados e persoas ao paso dos trens.
Darredor da estación naceu un novo barrio que no ano 1891 foi segregado de Maside e pasóu a formar parte da Vila e da parroquia de San Salvador de Sárria , xunto cos de San Lázaro e Estrada do Mazadoiro.
E tcatorce anos despois de abriren a Estación foron expropiados os terreos para facer unha estrada con orixe nela que , por Samos e Triacastela , acabaría case seis décadas despòis alcanzando Pedrafita do Cebreiro. Esta nova vía ( hoxe Rúa da Liberdade ) , coas pontes metálicas da Estación ( no rio Celeiro ) e do Toleiro ( Ponte de Ferro, riba do río Sárria ), sería determinante á hora da fixación da poboación na zona de entrerríos.
A primeiramente chamada Estrada da Estación ou de Samos ( Rúa da Liberdade ) presenta hoxe alta concentración de poboación ao longo de máis de dous quilómetros., xunto coa presenza de establecementos comerciais en número moi elevado,
A inaugiración da vía férrea entrea Pobra de San Xiao e Sárria sinala o nacemento dunha nova vila, potenciando os alicerrces establecidos a partires de 1853 coa apertura das estradas de Valdeorras e de Aranza ou Ribadeo.
Así contóu Antonio Vázquez Macía tan memorable día:
( EL CORREO, Madrid, 11 . 10.1880 )
Cartas ao Correo
Sárria, 11 de outubro de 1880
Moi estimado amigo: Unha fausta solemnidadde , que rara vez presencian os pobos, celebrouse nesta vila o 1º do actual : a inauguración oficial da sección do camiño de ferro compreendida entre a mesma e A Pobra de San Xiao, alongamento do que arrinna en A Coruña con dirección a Ponferrada.
Ás 12 da mañá facía a súa entrada maxestuosa na estación a locomotora " Neira ", conducindo o tren no que viñan as autoridades e comisións de Lugo, convidasdos ao acto por esquelas que suscribira o señor duque de Sexto, presidente do Consello, así como representantes da prenxa coruñesa e lucense, Sres. Acevedo, Abad, Carril, Faginas, García Porto, Real, Millán Astray, Lafuente e Villanueva,
O Alcalde de Sárria cos convidados desta localidade , agardaban ao tren inaugural na estación con bandeiras e gallardetes , cobrindo a vía no cruce coa estrada un arco de triunfo de buxo, loureiro e alegóricas trasparentes.
Profunda foi a emoción experimentada pola inmensa concorrenza que invadía a plataforma e todos os arredores, ao sentiren a aproximación do tren.. Sobrecollida a concorrenza ao sentiren a aproximación do trten , houbo un intre de silenciosa ansiedade ; de súpeto os harmoniosos ecos das bandas de música, o estourido de podeosas bombas, cubos e voadores espertaron o aletargamento dos ánimos batendo coas ondulacións dos vítores e aclamacións da moitedume entusiasta, entre a que destacaban numeroasos grupos de belas damas cos seus mellores prendidos ; a ascensión de globos e profusión de poesías, lanzadas dende as fiestras da estación , parecían elevar ao espaqzo o sentimento rebordante do regocixo popular , e todo no medio dun esplendoroso día, da campiña máis pintoresca que puido idear poética fortuna e ao pé de donda cuiña, na que molemente acouga o vistoso pobo , en cuxo seo repercuten os trasportes de xúbilo, que suscita o poderoso motor , que o chama a nova e rexeradora vida, formaban un cadro encantador e indescriptible.
Visitadas polos expedicionarios as obras, esmeradamente construidas, e recitdas sagradas preces polo señor leitoral de Lugo, conduciu o enxeñeiro Sr. Miralles a todos os convidados a un elegante templete, onde colocaran unha mesa capaz para 120 persoas e en cuxo centro ostentaba , entre outros adornos , un precioso ramalliño , que representaba con admirable precisión a máquina " Sárria" no momento de entrar no túnel aberto nunha montaña formada de esquisitas froitas.
Axiña animaron o banquete entusiastas brindos , sendo notables os pronunciados polos Señores Guzmán, gobernador civil, celebrando as "vodas de Lugo e Sárria" despois de reseñar con elocuente frase a historia do vapor e as avantaxes da aplicación deste prodixioso invento, Batallón e Guitián deputados a Cortes, Carlón, maxistral de Lugo, que ensalzóu o esforzo do modesto obreiro , arrincando aprausos de verdadeiro entusiasmo a todos os concorrentes, e Millán Astray , cuxa facundia e elegante estilo nos revelóu chegará a ser un día disgno competidor dos Linares, Romeros e Sagastas.
Non faría mención do que pronuncióu o autor destas liñas , se non crese oportuno facer constar que no nome do pobo de Sárria envióu un saúdo de afectuosa gratitude á prensa periódica , panca a máis poderosa dos modernos tempos, cando o seu punto de apoio e o nobre desinterese e a move o patriotismo , e a cuxa intensa campaña a prol de Galicia se debía en parte o lisonxeiro suceso do acto que ali nos congregaba.
Pronunciaron tamén entusiastas e pertinentes brindos os señores Chacón , gobernador militar, Miralles, enxeñeiro xefe da construción, Almez, o Alcalde de Sárria, Lafuente, Acevedo , Cast ro, que consagraron unha merecida lembranza aos enxeñeiros Mesa e Letona , rematando cunha belisima poesía o Sr, Mirabnda , profesor do Instituto de Lugo.
Mentres os devotos da molicie disfrutaban descansados das sobremesas do banquete , algúns convidados , entre eles os representantes do xornalismo, anceiosos de contemplaren o belo panorama que presenta a campiña , percorreron o pobo e os seus arredores , voltando despóis todos os forasteiros no tren ás cinco da tarde , cambiando tenras e sentidas manifestacións de despedida aos que quedaban e os que compoñían a expedición máis distinguida e importante que sen dúbida visitóu esta comarca no trascurso dalgúns séculos.
Un episodio conmovedora contempléi dende a mesa do banquete : por unha rachada prta do improvisado comedor albiscaba un vizoso souto, e riba do verde céspede , e á sombra dun dos seus máis amenos castiñeiros, celebraba tamén a festa, rodeado dos coidados que lle daba a súa amante familia, un vedraño de oitenta anos, que nos seus mellores días non se permitira o pracenteiro recreo de merendar de campo ; feito que espertóu o suceso cando o sangue frío pola neve dos anos se deixa encalorecer co popular xeral entusiasmo.
Pola noite alumeouse espontaneamente a poboación e houbo musicas , globos, voadores e grande rexouba na praza , tendo lugar animados bailes nos salóns do Casino durante tres noites consecutivas, que foron , como nunca, honrados por concorrenza máis distinguida.
Co placenteiro xúbilo que infunde sempre o símbolo da máis prezada e útil consulta moderna , contemplamos a locomotora como hóspede permanente neste pobo. Os frecuentes pasmos de triste desalento , convertíronse en parte en palpables feitos de ventureira realidade .
¿ Cando romperá a sebe que nos aísla do xeral concerto, alongando a súa carreira até Monforte, Quiroga , Ponferrada e Brañuelas ?.
Tristes pensamentos, non exentos de lóxica, fannos presaxiar moi remoto tan anceiado e venturoso día.
Antonio Vázquez Macía
..................................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario