SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1936 ) ( 568 )
FESTAS DO SAN XOÁN ( 1936 ) ( 568 )
Forasteiros : Sárria saudavos afectuosamente
PROGRAMA OFICIAL DOS TRADICIONÁIS FESTEXOS QUE SÁRRIA CONMEMORA NA HONRA DO SEU PADRÓN SAN XOÁN ANO 1936
DÍA 23.- Ás cinco da tarde darán comezo as festas anunciándose con un repenique xeral de campás e unha salva de bombas. Acto seguido desfilarán por toda a vila as bandas de música LA LIRA DE RIBADAVIA e LA UNIÓN MUSICAL de Sárria , tocando alegres pasarrúas.
Ás dez da noite dará comezo GRANDE VERBENA , na Praza de Xoán Mª López , que estará artisticamente adornada e alumeada e será amenizada polaas dúas referidas bandas de música,
Á unha da madrugada, primeira sesión de fogos aéreos a cargo pirotécnico local D. Pedro López dos Catro Camiños.
DIA 24.- Ás oito da mañá , dianas e alboradas polas bandas LA LIRA DE RIBADAVIA e LA UNIÓN MUSICAL de Sárria , que percorrerán toda a Vila.
Ás dez e media, MISA SOLEMNE CON EXPOSICIÓN MAIOR na honra do santo, na parroquial de Santa Mariña , interpretada a toda orquestra.
Ao rematar a misa GRANDE PROCISIÓN que fará o percorrido acostumado , e á que acompañarán as dúas bandas de música.
Das doce ás dúas, PASEO NA PRAZA DE XOÁN Mª LÓPEZ E GRANDE CONCERTO a cardo das mencionadas bandas,
Ás tres e media, GRANDE CARREIRA DE OBSTÁCULOS na mencionada praza , amenizada pola UNIÓN MUSICAL de Sárria. Para este festexo están sinalados varios premios que se anunciarán oportunamente.
Ás cinco , CONCURSOS VARIOS na Praza Xoán Mª López con premios en metálico aos vencedores, Carreira de sacos , carreira de burros, equilibrio, etc.
Das seis ás nove, MÚSICA DE BAILE a cargo das dúas bandas , na dita praza.
Ás dez, última e MONUMENTAL VERBENA na mesma praza do día anterior, amenizada polaa dúas bandas.
Á unha, SESIÓN DE BONITÍSIMOS FOGOS DE ARTIFICIO E ELEVACIÓN DE GLOBOS GROTESCOS .
Como remate destes festexos , ao acabar a Verbena será queimada unha quilométrica traca,
Sárria, xuño de 1936
A COMISIÓN
Imprenta-Libraría-Papelarúa FELIPE RODRÍGUEZ GARCÍA . Ofrécelle a Vostede toda clas de traballos relacionados coas artes gráficas. Porvir 8 . Sárria.
NOTAS.- 1ª A Comisión de festexos resérvase o dereito de alterar ou suprimir calquer número do programa , sempre que o mal tempo ou outra circunstancia así o esixise.
2ª As sociedades de Recreo , darán animados bailes na honra dos forasteiros.
3ª A Carreira ciclista será obxecto de programa especial , que se fará publico oportunamente ,
***********************
Publicidade
Fábrica de calzado manual. Confeición esmerada. Especialidade a medida. BENITO IGLESIAS PARADELA. Avenida da República , SÁRRIA.
PEDRO SÁNCHEZ. Reloxoaría. Estrada de Corvelle . SÁRRIA
Artes gráficas: FELIPE RODRÍGUEZ GARCÍA.- Confeicionanse toda clas de traballos tipográficos para o comerzo, a industria, oficinas etc. Revistas, folletos, libros, regulamentos, traballos de fantasía, a varias cores. Rúa do Porvir 8. SÁRRIA.
Fotografía : Un belo aspecto de As Insuas , magnífico parque natural.
*************************
Comentarios
Publicar un comentario