XORNADAS GASTRONÓMICAS DO PORCO ( SÁRRIA ) ( 564 )
XORNADAS GASTRONÓMICAS DO PORCO( SÁRRIA ) ( 564 )
MEIGAS E TRASGOS
VII XORNADAS GASTRONÓMICAS DO PORCO. TERRA DE SÁRRIA. 19, 20 e 21 de febreiro 1993. 27: Xornada da clausura.
UN SAÚDO
Neste Ano Xacobeo as Xornadas Gastronómicas do Porco " Terra de Sárria ", chegan á súa séptima edición-
Hai que felicitar aos organizadores e colaboradores deste evento, pola ilusión que no seu labor poñlen, e porque o seu esforzo contribúen a potencuar os produtos da bisbarra, e a dar espallamento ao ben facer dunha hostalaría que ten como distintivo ofrecer calidade.
Sabemos que é pouco doado levar adianet esta programación, e que teñen os seus organizadores plans para unha maior potenciación das Xornadas.
Todos queremos que ano tras ano, se é posible, se chegue a novas metas. Para iso haberá sempre o apoio das institucións,
Quero desexarller a quen nos visiten neste días unha feliz estancia entre nós , e recomendarlles complementen as horas de mesa e mantel , con visitas ao Mosteiro de Samos, ao Val do Incio, a ÑLouzara ou ás fermosas igrexas románicas da comarca.
Aquí nesta Galicia interior tan pouco coñecida acharedes unha xente acolledora, unha paisaxde insospeitada e horas para o lecer.
Arturo Corral Guitián
Alcalde de Sárria
......................................................................................................................................................................
¡ TILIN, TILIN, ANDAMOS CO PELEGRÍN !
Dende o Cebreiro baixando / ven de vagar Pelegrín / e eu coido para min / que baixa ledo, cantando , / un bon xantar agardando, / e connosco aquí o veremos / nas Xornados que temos / na honra de de San Bandullo, / e senón, cun estadullo,/ unha malla lle metemos.
A cantos con el camiñan , / logo de pasa-las serras / co agariumo das xerras , / os ollos lles aloumiñan, / er aquela fame que tiñan / por estas terras ben matan / tan axiña coma catan / de nabizas caldo quente / ou cocidiño con dente / que ledas horas desatan.
¿ Que dicir dunha empanada / sexa de raxo ou de zorza , / que aos espiritos forza, / en dixestión controlada , / á meditación sublimada, / e vai en combinación / co moi sabroso lacón / ou cun preciado botelo ,( que sorte chegar a velo ) / , a chourizo a cachón ?.
Pelegrín e a súa compaña / con queixo e freixós mantidos, / en pouco gasto metidos / como quen vai de campaña., / hanse de dar ben a maña / coas moi sabedas orellas, / e vexo eu, abofellas , / que non lle han dicir que non / a un anaco de roscón / e ao moi doce mel de abellas.
Peregrinos das lareiras /nós de peregrinos vamos /, uns imos aló pra Samos, / coma xentes lambeteiras / e outros, por estas xeiras, / teñen en Sárria estación, / facnedo aquí expiación / a mesa e mantel servidos / pois son deles ben queridos / os chourizos e o xamón.
X.F.L.A.
.....................................................................................................................................................................
VENRES, 19.- Caldo de nabizas. Lacón con grelos. Queixo do país.Marmelo. Viño do país, café e augardente ( 1.100 pesetas ).
SÁBADO, 20.- Caldo de costelas. Empanada de zorza. Freixós con nata e mel. Viño do país, café e augardente (1.100 pesetas ).
DOMINGO , 21.- Sopa de cocido. Cocido galego. Filloas. Viño do país, café e augardente ( 1.400 pesetas)
SÁBADO. 27.- Xornada de Clausura.
....................................................................................................................................................................
HORRIBLE CRIME COMETIDO EN SANTALLA DE ARXEMIL NA PERSOA DUN INOCENTE ORFO A QUEN NINGUÉN LLE VALEU EN TAL MALA HORA.
En Santalla de Arxemil, / a unha legua de Sárria , / vivía un inocentiño / que por nada protestaba ; / tiña casa ben coberta, / mantenza non lle faltaba, / xogaba canto quería, / e axiña se deitaba./ Con moito agarimo todos / do inocentiño coidaban / e el, sempre caladiño, / co bon folgar ben medraba . / E un día de xaneiro / cando o sol alboreaba , / entróu xente criminal / no sitio onde el estaba , / collérono polas orellas, / ¡ Ai como el berraba ! / e riba dunha mesa longa / con grande presa o deitaban, / Aterrecido o inocente / con gran forza protestaba , / mais de nada lle valéu, / ao cravarlle a coitelada. / Fixeron con el roxóns, e moitas máis trangalladas , / que cos inocentes bons / é co que fan lambetadas.
X.F.L.A.
......................................................................................................................................................................
ORGANIZACIÓN :
RESTAURANTE ROMA.- Rúa Calvo Sotelo ( * Rúa da Liberdade" ) Sárria.
RESTAURANTE O MEIGALLO.- Praia do Chanto. Sárria.
RESTAURANTE SAN JUAN.- Estación de Autobuses. Sárria.
RESTAURANTE BREOGÁNS.- Travesa Marqués de Ugena ( * Rúa Mestre Piquero) .Sárria.
RESTAURANTE O PATIO.- Castro dos Petos- Vilar de Sárria.
ORGANIZACIÓN
Meigas e Trasgos CIT Gremio de Hostalaría
COLABORAN
Concello de Sárria.- Deputación Provincial de Lugo.- Dirección Xeral de Turismo da Xunta de Galicia
Deputación Provincial Lugo
************************************************************************************
MEIGAS E TRASGOS
VIII XORNADAS GASTRONÓMICAS DO PORXO "TERRA DE SÁRRIA". 11,12 e 13 febreiro 1994
UN SAÚDO.- Samos e Sárria fan posible unha nova edición das Xornadas Gastronómicas do Porco , nunha conxunción de esforzos que agromará en novas iniciativas.
Toda a Comarca ten, dende antigo, sona pola calidade dos produtos derivados dun dos nosos animáis totémicos.
As nosas feiras , as industrias cárnicas e os establecementos hostaleiros. manteñen unha tradición e un nome que sempre foron embelemáticos.
Somos unha terra que o pouso da Historia ten deixado formas de bon vivir e as artes culinarias non son alleas ao paso e ao peso dunha historia compartida : Dende as cociñas mosteiráis aos lares labregos, a presenza nutricia do porco ten feito posibles moitas das mellores horas. E nese camiño seguimos.
A vila de Sárria , que neste ano anda a celebrar o seu Oitavo Centenario, e a vila de Samos. onde o mosteiro bieito escribiu moitas das mellores pàxinas do noso pasado , ábrense para os visitantes , na seguridade que a súa presenza vai ter a mellor das acollidas.
Amáis de mergullarvos nos pratos que vos ofrezan , ide na percura dalgún dos moitos establecementos onde o porco, con agarimo artesanal, se transforma nas mellores vianads, e descobriredes a mellor amostra de calidade.
Saúde e bon proveito !
Arturo Corral Guitián e Carlos Belón Ares
Alcaldes de Sárria e Samos
.......................................................................................................................................................................
¡ BAIXA CON PRESA A PESETA, BRINQUE O CAN, E VIVA A FESTA !
Ven a neve, baixa o frio, / e metémonos na casa / a ve-lo mundo que pasa / coa entullada dun río, / que é mundo con moito lío, / o que nos tocóu vivir,/ mais todo non é sofrir, / que cabdo febreiro chega , / quen da tradición non renega / a Sárria e Samos ten que ir.
Alá anden os pliticos / con loitas e teimosías, / que son xantar dos seus días , / e berrando apocalípticos ,/ ensarillan rollos míticos , / mentres imos abaixando. ( e ir imo-la andando ) ,/ festexando a entroidada / con zorza e con empanada, / e lacón que ben greleando.
En Samos ferven os potes / coas mellores cachuchadas , / filloas e lambetatasm / farán que a crise non notes, / e despóis, cando ti votes, / co mellor dos entusiasmos / matarán entre os espasmos / da fera crise o dragón. / que é a mellor reacción / para espanto de marasmos.
Andan por Sárria á porfía / lacón, chourizo e orella , / cousas á maneira vella, / que son a groria dun día , / e quen colesterol desafía , / con nabizas e filloas / andará nas horas boas, / que todo non é compango, / e brincadeiras e tgango / non poden facerse soas.
Facede un alto na vida / que as Xornadas Gastronómicas / son mesmamente astronómicas / en calidade servida , / e coa peseta caída / non hai mellor inversión / que paga-la bendición / dos xantares que se fan / co corpiño dun marrán / que de neno foi leitón.
X.F.L.A.
.................................................................................................................................................................
DIA 11.- Caldo de nabizas.- Lacón con grelos,. Queixo do paíz.- Marmelo.- Viño do país, Café , augardente ( 950 pesetas )
DIA 12.- Caldo de costelas.- Soá e chourizo con cachelos . Freixós con nata e mel. Viño do país, café, aiugardente ( 950 pesetas ).
DÍA 13.- Sopa de cocido.- Cocido galego. Filloas. Viño do país, café , augardente ( 1.200 pesetas )
........................................................................................................................................................................
CONTIÑO
Unha vez estaba un galego preso na cadea, naqueles tempos en que por menos de nada pasaban a un para o outro barrio a gastos pagos. O pobre do home estaba condeado por algo que non cometera, e como non poido dar explicación da súa presenza " no lugar de autos" botáronlle a pena de morte.
Era o caso de que naquel país tiñan o costume de que se o condeado atinaba unha adiviña que o rei lle propoñía podería salva-la vida.
E como era polo tempo de Antroido m o rei matinóu en facerlle unha presunta ben complicada . E esta era que tiña que responder cal era o mellor bocado do cocho, porque se lle contestaba unha calquera, poño por caso o fuciño, sempre podería dicirlle que se trabucaba, que é moito mellor o xamón. E foi o rei e preguntoulle:
-Diga agora, meu señor, diga agora o condeado, ¿ de todo o corpo do cocho, cal é o mellor bocado ?
E o galego, que era moi espilido, respostoulle :
- A resposta , señor rei, eu lla daréi de contado. ¡ Dende o fuciño ata o rabo, ese élle o mellor bocado !
E o rei tivo que ceibalo e aínda lle deu unhas moedas de ouro para o camiño. E é que os galegos dos contos sempre son máis listos ca fame.
X.F.L.A.
.............................................................................................................................................................
ORGANIZACIÓN
RESTAURANTE " ROMA".- Rúa Calvo Sotelo ( * Rúa da Liberdade* )- Sárria.
RESTAURANTE " SAN JUAN".- Estación de Autobuse. Sárria.
RESTAURANTE BREOGÁNS.- Travesa Marqués de Ugena ( * Mestre Piquero* ) Sárria.
RESTAURANTE A VEIGA.- Samos.
RESTAURANTE MAR DE PLATA.- Gran Vía 27-29 . Sárria.
MESÓN A PONTE NOVA.- Samos.
RESTAURANTE MEIGALLO.- Praia do Chanto. Sárria.
RESTAURANTE O PATIO.- Castro dos Petos- Vilar de Sárria.
Sexa cocho, sexa porco, marranqueliño ou marrán, tede por certo e seguro que á mesa o levarán e con palabras xeitosas e con loubanzas fermosas todos del ben falarán.
DEPUTACIÓN PROVINCIAL LUGO
*************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario