SUFORO DO LUGAR DO IGREXARIO DE CORVELLE DE SÁRRIA ( 1770 ) (565 )

 SUFORO DO LUGAR DO IGREXARIO DE CORVELLE DE SÁRRIA ( 565 )

Tomado da anotación feita no Rexistro Hipotecario de Sárria en  2 de novembro de 1770.

Saiban cantos esta  Carta de foro  enfiteuse  vexan  como eu o Licencidado PÍGARA E AGUIAR, Alcalde  e Xustiza Maior  da FORTALEZA  , VILA E MARQUESADO DE SÁRRIA e viciño dela, que estóu presente. outorgo  e coñezo polo teor da presente Carta, que fago  foro do meu foro e polas voces del  a MARTIÑO LÓPEZ, fillo de XOÁN LÓPEZ DA SILVA   e a DOMINGOS  LÓPEZ DO PIÑEIRO , viciños  da freguesía de Santa María de Corvelle, que están presentes, do LUGAR DO IGREXARIO DE SANTA MARÍA DE CORVELLE , da parte  sencura , anexo  á Dignidade  e Xudicatura , do que me fixo foro  don ÁLVARO  SACO SANJURJO, Xuiz e Coengo  da  Cidade de Lugo , que pasóu  perante  Gregorio Pedraza , o cal dito foro  do meu foro fágollelo polo tempo  das voces do meu dito foro  nesta  maneira :

Que o dito DOMINGOS LÓPEZ DO PIÑEIRO ha ter e levar as Herdades seguintes:

1.- A LEIRA DA MURRIA na AGRA DE SAGRAL,  a súa semeadura a de catorce celemíns  de pan,  que demarca pola parte de arriba  con Herdade de María Fernández , viciña  de Corvelle, e por outra  con Herdade do Lugar do Castro, e dá no camiño e carreira que ven desta vila para o Lugar de Corvelle,

2.- Máis outra  leira que din da CARREIRA  na dita AGRA DO SAGRAL , a súa semeadura a de dúas fanegas de pan  e embraza  con Herdade de Bartoloméu do Rego  do dito lugar  e da outra parte embraza  con Herade de Martiño de Rubín , da outra parte de enriba e  entesta  tamén con Herdade  de Bartoloméu do Rego , e dá no camiño que ven da dita Vila de Sárria  para o de Corvelle.

3.-  Máis outra leira  que din do BUSTELO    sita  nesta freguesía  na AGRA DE BUSTELO , que leva unha fanega de pan  en semente , demarca con Herdade da dita María Fernández  e con Herdade de Xoán de Lousadela , e testa co prado do dito Lousadela.

4.- Máis  outro Leiro  que está onde din  FOMORELLE  no AGRO DE BUSTELO, que levará unha tega  de pan de semente que demarca con Herdade da dita  María Fernández e  con Leiro de Inés  Ares.

5.-  Máis outra Leira que din do PRADO , que está na dita AGRA DE BUSTELO, que levará  dúas fanegas de semeadura  e embraza  con Cortiña de Bartoloméu dunha parte e da outra con Leiro de Xoán Capón  e dá na  Carreira que vai de Corvelle para Rubín.

6.- Máis o LEIRO DO POMIDO, que  levará en semente  unha tega de pan, que está pechada sobre de si e que demarca  con prado do dito lugar  que de presente leva Francisco López de Armesto.

7.- Máis o prado que din do VALADO   sito na CORTIÑA DO VALADO, a súa semeadura a dunha tega de pan , e demarca con herdade da dita María Fernández , por unha parte e entesta  con herdade de Xoán  do Pedroso.

8.- Máis outro leiro que din do MUIÑO  e FONTE DA CASA NOVA, que está sobre si pechado,  e entesta dunha parte  coa devesa que din do Pomido  que é do dito  lugar.

9.-  Maís outro leiro que din do PEDROSO  na dita AGRA DO VALADO , que levará seis celemíns  de pan en semente, que demarca con herdade da dita María Fernández, por unha parte, e pola outra con herdade de Martiño da Casa Nova.

10.- Máis outro leiro que din do MUIÑO, que está na CORTIÑA DA  CASA NOVA,  que levará un cuartal en semeadura, e demarca con herdade de Xoán de Lousadela, que vai ao longo do silveiro  que vai para o camiño de Fondo de Vila .

E as ditas pezas levaraas  con todas as súas entradas  e saídos, usos e costumes, árbores, chantados e o máis remanente do dito Lugar coas súas casas  e herdades, bravas , mansas, prados, pasteiros , montes e devesas .

E o máis ao dito Lugar anexo  e pertencente levarao o dito MARTIÑO LÓPEZ, agás a LEIRA DA CORTIÑA DO CASTRO que o dito SANJURJO a aforóu  ao BACHELER FEIJÓO, a súa semeadura seis celemíns  de pan ; tráeoo   INÉS DO CASTRO . E a CORTIÑA DO LOUSADO  de tres tegas  en semente que a labra MARTIÑO DE ARMESTO . E a CORTIÑA DE BARBEITELO  co seu prado, que levará dúas fanegas  de semente que as trai a María Fernández, e o PRADO DO PUMIDO ,  que lle fixen suforo  a FRANCISCO LÓPEZ. , que estas non pagan por por este dito foro, e o máis anexo lévano os ditos MARTI´ÑO  e  DOMINGOS,  pola  renda e pensión  en cada un ano  de dúas fanegas  de pan, e vinte e catro reáis, todo isto posto da súa conta na Vila de Sárria,  segundo consta do dito foro  que pasóu  perante Diego Fernández, escribán, defunto. e refrendado de Matías Gómez Quiroga, escribán de número da dita Vila.

Tomouse esta razón a dous días  do mes de novembro , ano de mil setecentos e setenta, e como escribán hipotecario  a cuxo cargo corre asínoo.


Comentarios

Publicacións populares