PREGÓNS VERSIFICADOS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA.( 567 )
SAN XOÁN DO ANO 1976 ( 567 )
PREGÓN
Eu chámome Xoán Palletas / e non hai no mundo enteiro / quen poda ser destas festas , / sen cobrar, millor pregoeiro,/
Principian o Vinte e dous / os festexos de San Xoán / e pra os pobres dos ramistas / tódolos traballlos van,/
O Vinte e tres pola noite / repartirase augardente , / como a cousa de balde / todos lle botan o dente,/
¡ Veñan todos ! ¡ Veñan todos ! / pois non hai millor ruada , / mais veñan con xeito, a modo, / senón non nos toca a nada. /
Ó repartir a queimada / acenderán a fogueira , / lume vai e lume ven / eu pillaréi borracheira,/
Logo botaréi un pé,/ Praza da Constitución, / se me ves alí rapaza ,/ por favor, non digas ¡ non !, /
Vinte e catro da mañán / lavaréi cara e cañotos / con auga feita de rosas / ó xeito de quen quer votos./
Misa, procesión, concerto / e pote , que é o importante , / e eu de ser como todos / por iso nacín mangante,/
Pola tardiña ó partido / e cando acendan lumieiras / andaréi de praza a praza / mirando prás churrusqueiras, /
Deitareimo ali ás quinientas / cos callos esfarelados, / ¡ Estase visto que o mundo / non vos é prós desgraciados ! /
Vinte e cinco , volta ó conto / hastra que queden foguetes; / xa mo dicía meu pai . / " ¡ Coidadiño onde te metes ! " ./
Arrastradiño de todo / por tanta festa e verbena , / cando esta xeira remate / estaréi que dará pena,/
Mais a pesares de todo, / pensemos solo no bon : / hai que esquecerse de mágoas , / iso cae de caixón. /
¡ Veñan todos ! ¡ Veñan todos ! / a nosa vila está en festas , / veñan con xeito e a modo / a facer sumas e restas. /
Moitos intres de agarimos / entre todos sumaremos : bágoas, teimas e penas / da conta rebaixaremos, /
Pra rematar o pregón / que de balde vos botéi / berrade todos comigo / un anceio que é de lei ; /
Prendido no corazón / branco e azul de ledicia / nas festas e nos traballos / ¡ Viva por sempre Galicia !
O PREGOEIRO DO CONCELLO
************************************************************************************
SAN XOÁN DO ANO 1983
PREGÓN
Pregoeiro do pregón / que tódolos anos vai, quero falarvos das Festas / que nesta vila vos hai, /
Son festas, ¡ e vaia Festas !, / de bombas de sete estalos , / que sirven pra festexar / morte de inocentes galos , / mercados aló no Vinte / e en salsa ben afogados./
Se queredes ver pasear / a moita xente mangante / facendo a súa dixestión / andarán por Vilasante. /
Ali hai Feira-Exposición / e chigres e tenderetes , / alegres sons dos gaiteiros / e estoupar de foguetes./
Son festas, ¡ e vaia festas ! / para os bons e para os maos / que sirven pra festexar / morte de inocentes años,/
Se queredes ver brincar / á moi leda garulaxe / pra aló da Ponte Ribeira / levade esquelete e traxe,/
Salsa , rock e quintagaita / metidas nun mesmo cesto / permitirán...... achegarse / ¡ pois dín que o importante é.... esto ! /
Son festas, ¡ e vaia festas ! / de moi queridos lambóns , / alugados na seitura , / de rematar cos xamóns./
Hai fútbol e baloncesto, / carreiras , ¡ e non hai touros, ! / mais non teñades vos pena / que non han faltar bons cornos,/
De seguro hai ocasións / en calquera destes días / pra darlle quentura ós corpos / despóis da longa invernía. /
Son festas, ¡ e vaia festas !, / de antiga devoción , / dende vello tivo o Santo / sona de que era bon. /
Mirádeo ben, rapaciños, / non todo vos é bailar / ó San Xoanciño de Sárria / algo lle haberá que rezar./ e pedídelle todos xuntos / que nos faga cavilar / o xeito de que os cartiños / se poñan a traballar / e que a pantasma do paro / non veña eiquí aniñar / e se abran moitas portas .... / ¡ non todo se vai pechar.! /
E eu como bon pregoeiro, / pois son de bon conformar , / para o remate da festa / ben forte hei aturuxar: /
" ¡ Vivan as xentes da vila / e tamén os da aldea ! / ¡ Vivan os corazóns ledos / de toda a xente gañlega !"
O Tamborileiro Municipal
**************************************************************************************
PREGÓN DO SAN XOÁN DO ANO 1984
PREGÓN
Novo pregoeiro son / e non quero andar de roga, / ben sabedes que non cobro / e papo da sopa boba . / e por iso homildoso , / pois de homildade do proba , / só lle pido ao meu santiño / o agarimo dunha nova , / para que me alede e me ature / que unha nova nunca estorba./
E postos xa a pidir / poidamos vivir de gorra , / cobrando sempre do paro , / que hei facer boa estopa / con puntos, pluses, café , / faria da Cruña e máis copa, / con cretos a punta pala , subvencións e moita bola, / que cando se chupa bote / todo o demáis evos trola. /
O meu pregón é doado, / e axiña o vou botar :/ " ¡ Poñédevos ledos todos, / que na Vils está San Xoán !"
E para acaba-lo pregón , / pois a cousa vai de coña , / quero pidir un miragre / xa que ven xente de fora: /...¡ Este ano, meu santiño, / fai que nas festas... non choa !".
Pídecho con agarimo / e agarimo sinceiro / este mal nado e moi toco / fillo venial e aneiro / que por herdo vos deixóu / o vello Tamborileiro.
O FILLO TOCO DO TAMBORILEIRO MUNICIPAL
************************************************************************************
FESTAS DO SAN XOÁN DO ANO 1989
PREGÓN ' 89
Porróm-prorróm-pom-pom ! /Poñede atención , veciños, / acodide ben lizgairos / arrexuntádevos todos / o mesmo cos pitos cairos / Porróm-porróm- porrón-pom ! Por orde do señor Alcalde / co permiso dos presentes / voulles botar un pregón / e non me rinchen os dentes, / Só cinco días de troula / preparóu a Comisiónm / son días de festa grande / e de sana diversión. / O vintetrés pola noite, / como este ano non chove / hai augardente de proba / para quen a queira e probe. / É unha noite fermosa / a c arón da lumenirada / e quentor non vai faltar / ó repartiren queimada, / Vintecatro en paseata / hai que poñer ao Padrón / a ver se nesta nosa vila / descobre un sorriso bon ./ Bandas, fútbol e carreiras, / cabaliños, baloncesto / e xogos de toda caste / serven para gastar ben pesos. / O Vintecinco é domingo / e é festivo o Vinteséis / que nolo regala o Concello / ó amparo das novas leis. / Vintecinco todo o día / agasallo ós lancarinos / facerá Sárria con gosto / pois son comúns os destinos. / E rematará a trouleada Vintesete pola noite , / que como a festa é longa / nada restará no pote . / Porróm-porróm-pom-pom ! / Todos calados, ¡ retroño!, / que o pregón vou rematar / e traioo aquí apuntado / pois pódomo trabucar. / Noso San Xoán bendito, / Padroeiro desta Vila, / mándanos a túa axuda / para termos boa vida, / Non te esquezas dos sarriaos / e nestes días de festa / non deixes chover ás nubes / que inda moito ano resta / para encher os encoros/ e verduxeen as xestas. / E a ises forasteiros / que Sárria pisan e pasan / dicídelles moi sorridentes / que en Sárria está a súa casa, /
O TAMBORILEIRO MUNICIPAL ( Que moi respetuosamente solicita autovía e tren de alta velocidade )
*********************
¡ TOUROS DE VERDADE E MÚSICAS PARA A MOCEDADE !
Mirade de que son capaces , / ¡ volve na vila a haber touros ! / pois son os cornos tesouros / para vellos e rapaces / ( ¡ coidado boi onde paces ! ) / Veñen "maestros" de sona / e moita xente lapona / poñerase a maxinar / de filetes un xantar / con becerros doutra zona./
Un castelo queimarán / co seu aquel de meigallo , / arderá se non hai falla / Vintecatro de San Xoán , /que as festas tamén se fan / para disfrute dos nenos, /pois inda que son pequenos / tamén teñen ilusións / e nas festas e folións , / ¡ non van seren eles memos ! /
A cousa xa está arada / que ven " Siniestro Total ",/ A leria non vos ven mal / nin anda desencamiñado, / así teñan boa fada, / que d ,eicían de carrozas / eran as festas, e as mozas / só se sabían queixar / de que co pouco bailar / non se producen as cozas. /
Novos tempos, novos xeitos / e pois quere a mocedade / outras maneiras, ¡ Calade ! / que todos teñen dereitos / e aniñan soños nos petos / para as horas de lecer / e terá que frolecer / seiva nova , raíz forte ; / eles teñen o seu norte / ¡ outros xeitos queren ver !.
O TAMBORILEIRO MUNICIPAL ( que coida estará nas Insuas dalle que te pego na tocata )
*************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario