VILAR DA TORRE ( SÁRRIA ) ( 563 )
VILAR DA TORRE ( Sárria ) ( 563 )
VILAR DA TORRE é unha aldea da parroquia de San Martiño de Loureiro, que pertenceu á xurisdición do Mosteiro de Samos e aos concellos constitucionáis de Samos de 1820 a 1823 e de 1835 a 1840, e en 1840 quedóu incorporada ao Concello Constitucional de Sárria, onde permanece dende entón.
Na parroquia de San Martiño de Loureiro de Froián o lugar de Vilar da Torre fai alusión a unha torre fidalga ali existente desaparecida séculos atrás. Curiosamente , non sendo máis ca unha referencia toponímica, a "inexistente "Torre de Vilar", conta con "protección oficial " da Xunta de Galcia e está incluida no correspondente Inventario, sen que a advertenza feita para que fose eliminada desa relación non deron resultado.
ERMIDA DE VILAR DA TORRE, pertencente á Torre de Vilar . Dona Leonor de Losada e Valcarce , muller de Don Pedro Díaz de Rubián , donos desta torre, fixo nela unha fundación de misas , a comezos do século XVII , a súa filla dona Inés de Valcarce dispuxo testamento outorgado no lugar de Golán , freguesía de San Salvador de Abeancos , o 28 de xaneiro de 1664 perante don Pedro Núñez de Baamonde , escribán da Súa Maxestade e viciño de Portomarín , que o seu herdeiro " teña a obriga de aderezar e compoñer a ermida da Virxe da Nosa Señora , chamado da Asunción , que está a carón da porta da dita casa".
CASA TORRE DE VILAR
Luciano Macía Vázquez
" Levantábase esta torre na parroquia de San Martiño de Loureiro , da antiga de xurisdición de Samos e actual Concello de Sárria, Hoxe non queda resto visible da antiga edificación , se ben perdura o seu recordo na toponimia, o lugar do seu emprazamento segue a se chamar Vilar da Torre.
Nun memorial que parece ser dos primeiros anos do século XVII , no que se relacionan os bens da Torre e esta está descrita así :
" A Casa de Vilar da Torre, con dous altos e baixos, que é casa soarenga, que é unha sala á entrada da torre , vinteséis pes de largura, coa súa cheminea e asentos , coas súas entradas e saídas e o dito alto da mesma medida , coa súa casa de cociña , cabalarizas e cortes e curráis , todo a carón da torre , coas súas entradas e saídas unha ermida,,, "
Na capela da casa había unha fundación de misas feita por dona Leonor de Losada e Valcarce , a cuxo efecto sinalara certas rendas,
Estas rendas foron reclamadas polo Xuiz comisinado para a venda de bens pertencentes a fundacións benéficas - relixiosas - a dona Rafaela de Armesto e Boado , como descendente de aquela e dona da Casa de Castragude.
Na segunda metade do século XVI eran señores da Torre de Vilae ;
I.- PEDRO DÍAZ DE RUBIÁN ( fillo de de Diego López de Rubián; neto de Ares Fernández de Rubián , " O Vello", Señor das Casas de Rubián e Cereixa ; casado probablemente cunha señora Díaz de Guitián , do Pazo de San Sadurniño, segundo neto de Men Rodríguez Saco e da súa muller Constanza Sánchez Somoza ( probablemente descendente das Casas de Taboada e Cmba ) , e a súa muller dona Leonor de Losada e Valcarce , tamén chamada Leonor de Valcarce e Losada ( filla de Pedro de Armesto, natural da parroquia do Cebreiro , e da súa muller, Elvira de Almansa, natural de Monforte de Lemos; e esta filla de Gómez de Valcarce e Elena de Losada )..Pedro Díaz de Rubián e á súa muller dona Leonor de Losada tiveron, cando menos, os seguintes fillos :
1 ) Dona INÉS DE VALCARCE E LOSADA , que segue.
2) Don DIEGO DÍAZ DE GUITIÁN , probablemente o mesmo que con idénticos nome e apelidos e na mesma época, exercéu o cargo de Alcalde Maior da vila e xurisdición de Pontedeume , do que din, nunha información que era descendente da Casa de Guitián no Marquesado de Sárria , que estivo casado con María Antonia de Quiroga e Losada e que ámboñlos dous foron pais de dona Francisca de Losada , natural de Santo Estevo de Eirexalba , nái ás súa volta de don Francisco de Seijas e Losada, Arcebispo de Santiago de Compostela.
Dona ELVIRA DE ALMANSA ( tamén chamada Elvira Díaz de Guitián e Almansa ) terceira muller de Domingos Fernández do Barrio e Almansa , Señor do Pazo de Cabezáis e da Casa Torre do Barrio , O matrimonio non tivo sucesión
Comentarios
Publicar un comentario