CANTARES CON ACIBRE PARA AMOLADORES CON XORDEIRA CRÓNICA( 572 )

    CANTARES CON ACIBRE PARA AMOLADORES CON XORDEIRA CRÓNICA ( 572 )

                                                   CANTAR SEN XEITO

Para ti, galego, que escoitas /  vai este cantar sen xeito, / e verás que todo é certo, / vaia torto ou vaia dereito, / Non é doado acubillar / a verdade con mentiras, / nin meter  a auga dos mares / en dúas ou catro pías ./  E nestes tempos  que corren / queren que nós comunguemos / con grandes rodas de muiño / os gobernantes que temos,/

Prometéronnos estar  / dacabaklo un cento de anos / e para chorar tanto tempo / farán  falla cen mil panos, /Todos cantos se chimparon / de xefes, deuses  e raios / languretan languretan  / e nós somos quen pagamos /.  Falar fala calquer burro  / pois o ornear non ten misterio / e a moitos  que coñecemos  / páganlles cun ministerio. / Isto  non é democraciam / isto non é para todos, / uns falan sete falares / e tórnanse de cans en lobos,/

 A Democracia é goberno  / e triunfo das liberdades, / todo o demáis é o inferno / queimando arreo as verdades, /  Por cento sete anos e un pico /  quixéronnos aferroalla /  e pechándonos o pico / facernos seu son bailar. /  Por Galicia nada fan / pois levan colares de antes  /  e son seus ladros amostra / do seu sentir de mangantes./

Os galegos xa hai tempo / que a Autonomía pedimos / pois naquelo que é noso/  mellores solucións vimos ./  Mais estes fillos de cobra / sempre nos dan o carrelo / e mángannos  un Estatuto / que nos ha rapar o pelo, /  Os mesmos de sempre seguen / levando dianteiro o carro / e co seu mal desgoberno / afundirannos no barro, /

Xa é costume de vello / o de nos ter que amolar / e mande Xan, mande Pedro / ter que sofrir e calar. / As voces dos deputados / non se sabe como  son/ e iso que as teimas nosas / dan pra falar a cachón, /  Aquí todo o mundo cala / e Xan Labrego padece, /aínda que non era esta a paga / que polos votos merece, / Cando de eleccións se tarta / todos andan a correr /   e é  poñerlle precio á vaca / todos din non pode ser./ 

Negocia que te negocia / o tempo vaise pasando, / tododiós cobra do fisco / e os demáis imo.la andando, / De politicastros novos / "liebrenanos Dominé / pois toda a nova fornada / rabena e cativa é. /  Isto non quere dicir /  qeu os de antes  foran mellores  / pois noxenta praga foron / e estes son sucesores, / Nin con Suárez no macho, / nin con González na mula ; nin con Fraga dacabalo / nin con Carrillo na burrar, / Galicia  ha de atopar / todo canto ela merece /e xa é chegado o intre /  de que a se erguer empece. /

Para facer  un deputado / precisanse feixes de votos / e cando a Madrid  se achegan / xa levan os ovos rotos./ Esfurricar é doado /  e todos axiña o fan ;  / defendéndose  a eles mesmos  /  é como gañan o pan, /Xan Obreiro ve pasar / por diante da súa porta / camións cheos de promesas / e unha paguiña corta, /  Xan Mariñeiro , outro tanto,/  pra comer ten que suar /  e ve como uns alpabardas / cobran ben por mal falar./

Xan Labrego moito cala, / Xan Obreiro outro que tal / e Xan  Matiñeiro o pobre / atado está ao adibal,/  ¿ Onde está aqueles homes / que tanto bon prometían ? / ¿ Onde van os parrafeos  / que deseguido dicían ? /  Todo foi fume de pallas, / todo carozos perdidos /  e aqueles contos pasados /  outravolta son sentidos, /

Veñen agora co conto /  de que nos dan a Autonomía / e non hai máis fera acción, / ni máis noxenta mentira, / A Autonomía non é  / mangarnos dous presidentes  / para que afoguen a modo / os bons desexos das xentes,/ Presidentes que presiden , /  conselleiros que aconsellan  / e botando parrafeos / o noso teito destellan. / Por Galicia nada fan, / pois con cobrar non abonda  / e para erguela da miseria  / fai falla  decisión máis fonda, /

Con Rosón  ou sen Rosón, / con Quiroga ou sen Quiroga  / prometen Autonomía  / e dannos a sopa boba, / Autonomía haberá  / cando baixen daló enriba /  os moinantes galafates / que ao sol teñen a barriga./  Somente cando os galegos / tomen dos seus haberes man / e tiren lonxe os marulos / a liberdade virá./ O Estatuto que hai feito  / é semellante a un bozal / que non deixa pegar ladros / e tampouco folguexar , /

                                                                                                                         (  XAFA )

*************************************************************************************

                                                   ROMANCE DO RÍO SÁRRIA

Estaba o Señor Preboste / na súa cadeira sentado, / e púxose a cavilar, / aló no tempo pasado, / en que era cousa a xeito, / e traballo desexado / o mudarlle o nome ao río / que de Sárria era chamado./  Nada lle importóu a Historia, / nin mapas, nin o pasado, / nada lle importóu o sánscrito, / linguaxe  remoto  e raro, / que ten raiceiras  craras , / nin  documentos nin raios, / Colléu  e armóu unha festa, / chamóu ao Abade de Samos, / abade de moita sona, / que era abade mitrado, / metéu gaiteiross nun coche., / un cuarteo moi nomeado,/  e tiroóu  cara o monte, "... que o río está en pecado, / que na nacencia dos tempos / esqueceron bautizalo."

A cousa tivo a súa gracia, / era nos tempos de Franco, / e cara Triacastela foron / Abade e máis delegado, /  a cousa tívovos coña, / con tanto pitiño-cairo / e tivo o seu requilorio / e o neófito  apradriñado / por tanto sabio profundo / por "Oribio" foi trocado."

Non lles importóu nada a eles, / non lles  importóu ..... nin un nabo, / que por orde superior / nome vello asasinado / caéu polas mans excelsas  / nun acto tan sinalado / de conxunción abacial / e papanatismo "ilustrado".

Río Sárria, río Sárria , / de tempo antigo sonado /  quen te viu e quen te ve , /  co teu nome tan roubado. / Non lles importóu aos padriños  / que o nome comarcano / nacera de augas do río, / xa no remoto pasado./

Non lles importóu, meus santiños, /  ( ¿ eran cecáis biosbardos ? ), /  a autoridade da Historia / que ten o Tombo de Samos , / e danlle nome de monte /  ao río do que falamos. /  Mirade se son  curiosos  /  ( ¿ foron alpabardas parvos ? ) /  E o caso, meus señores, / é que estamos condeados / a sofrir catro letreiros/  augas enriba do Chanto/.

Din : Río Oribio ( ¿ montaña ? ) / e o nome usurpado, / resoa nas Enciclopedias, / no Madoz, tan bon traballo, /  no Tombo , nas  escrituras  / co seu nome vello e craro: /  RÍO SÁRRIA , RÍO SÁRRIA / é o meu nome sinalado ,/ Pena Partida e o Real, / e a abadía de Samos, / están na beira do Sárria, / río Sárria así chamado, / por máis que catro burriños / algúns din que titulados / "ripa"  convirtan en "alpe", / pois latinistas probados, / amantes das tradicións , /xa se teñen pronunciado / que candi se lé adoito / é " cimiterio Samanos " / o mosteiro que de antigo  / " in ripa Sarrie" situado , / leva ese nome orgulloso / dende antes dos romanos,/

Así que, señores  meus, / Alcaldes e  demáis fauna / apéense  da tal burremia /  na que figuran montaña / e o latrocinio dun nome, / dende ben atrás historiado , / restitúan con presteza /  que hai que volver o roubado, / que nin folclrismos de gaitas  / e benzóns dalgún mitrado / poden xustificar roubos  / cando está documentado / que sempre fun RIO SÁRRIA  /  dende a cabeza ata o rabo, / só polos alpabardas /  me vexo hoxe aldraxado . /

¿ Cal foi a miña desgracia  ? / ¿ Cal foi , si, o meu pecado ? / Tan só que quen fixo a festa,  / non quero nin recordalo, / estaba na súa cadeira /  un día repanchigado, / e veuselle á cabeza /  que o meu nome sinalado /  non lle gostaba nin chisco /  e que tiña que cambialo, /

E así se fixo esta historia, / que cando alguén inspirado / por luces que do ceo veñen /  divinaente tocado /  se nos pon en plan artista , / empeza polo tellado ,/ e a súa  creadora obra /  queda que manda..... carballo !

                                                               CONCLUSIÓN

                                  Fai máis dano unha burrada  / que de zorza unha empanada.

                                                                                                                                   XAFA

( Adicado ao Sr. Cobreros , Delegado que foi de Obras Públicas en Lugo,  que  emendóu  aquel mal paso mandando poñer letreiros que rezan "RIO SÁRRIA "  na Ponte Nova de Frolláis,  na segunda Ponte Nova de  Pascáis,  na Ponte   de  a carón da Abadía de Samos e na Ponte de Almirón )

                                                                                                 ( 1996 )

                                                        ...............................................................

O TAM-TAM....NEIRO.          0,9.       0,90   9 DÉCIMAS...... PORQUE FOI AO " GENARÍN".....

                                                                          0,1....

Porque foi ao " Genarín" / o noso Claudio Garrido  / nos xornáis xa temos lido / que, esforzado paladín, / co seu aquel retintín / e tono de inqusición / pregunta, ¿ Por que en León ? / ¿ Por que  ? ¿ Por que, señoría ?/ ¿ Que facía nese día  / nunha laica procisión ?/

                                                                           0,2....

E rachando a vestimenta / fálannos de palla e cana / " e dunha festa pagana " / con linguaxe virulenta. / Pois que a lingua é ferramenta, / andan os tiros errados / e argumentos trabucados / non forman acusación, / que a nosa Constitución / é de laicos declarados./

                                                                           03....

Presidan as procisións / bispos, coengos e cregos, / satisfacendo os seus egos, / que as civís Corporacións / xa teñen ben ocasións / ( e ocasións astronómicas  ) / nesas festas gastronómicas / onde se enche o bandullo / andando de garabullo  / en posturas anatómicas./

                                                                            04,....

E un no intre matina / que a procisión relixiosa  / do Cristo e maila Dorosa / para axente da doutrina ;/ dito na lingua latina, /  é devoción " ab utroque" / e bon alcalde, non roque, / está mellor no Concello, / non amosando nocello / coma quen vai de alboroque . /

                                                                            0,5....

Pixo ben Claudio Garrido / exercendo a liberdade  / que neste tempo e idade  / o pobo ten merecido, / pois que temos esquecido / fogueiras de Torquemadam / e a liberdade gañada / é plena aquí, e total, / non se precisa adibal, / ¿ ou ten que ser vixiada ? ,/

                                                                            0,6.... 

Cando chega  esa Semana / que a morte do Nazareno / lembra con un paro pleno, / foxen uns cara La Habana / e outros porque lles dá a gana / fan turismo no C ourel / ou deixan queimada a pel / en hotéis que hai en Cancún, / pois é cousa ben común / esquecer ao de Israel. 

                                                                              0,7.....

Coida un, na súa ignorancia, / que só quen é practicante  / a toda procisión andante / lle atopará a sustancia, / e parece redundancia  / que se alguén non quere ir  / tivese  que presidir / un acto que lle é alleo, /  ¿ Non sería aínda máis feo / facer farsa e mal finxir ?./

                                                                               0,8...

Mais é Sarria a excepción / porque en todo Venres Santo, / arrestado a cal e canto, / e en continua oración / o mesmo ca Oposición / o alcalde terá que estar / e non poden vaiaxar, / pois, por puro sacrificio / terán que poñer cilicio / e facerse zorregar. /

                                                                                 0,9,,,,

                                                                             EPÍLOGO 

¿  Que Claudio foi a León  ?..... /....Ten que facer penitencia  / e vestido de Eminencia, / pagando pola omisión , / con  corbata e camisón / sete paisnoso e un credo / de mañanciña , ben cedo, / un mes terá que rezar / e facerse perdoar / polo plisplis de ser...........ledo.

                                                                              AMÉN

.......................................................................................................................................................................

                                                           PARA CONCELLEIR@S ENTRANTES

Ao entrar  pola porta da Casa Vaamonde-Praza da Constitución  ( Imitando os versos de Gómez Manrique  na Consistorial toledá )

Edís aos que Sárria importa /  e que a Sárria gobernades , /   ao pasardes esta porta  / desbotade a liña torta ,  /  cobizas, amor e medo . / Polos bons comúns proveitos /  deixade os particulares , / sodes do Pobo peares  /  e con  xustiza nos peitos /  estade firmes, dereitos. /

                                                                                                                           (  2019 )

**************************************************************************************                 POLÍTICO DEMÓCRATA "DE TODA A VIDA"  PIDE O VOTO POR SE RESULTA PREMIADO CUN ESCANO NO PARLAMENTO.

Esbardallar esbardallamos/ e parolamos a eito,  /  do retorto e do  dereito / a lingua a pacer botamos, / somos das verbas os amos, /    eles maos, nós os bons;/ non baixamos pantalóns,/ escondemos  o plumeiro / e cuspimos  o aceiro: / ¡ Xogamos ás eleccións !.

Nós non temos dó de nada /  e disparamos ben alto, / cada brinquiño é un salto, / cada taco unha empanada ; / sómosvos unha monada  / e non cae  en saco roto / se apañamos ese voto / requentando no caixón  / con tanto kirieleisón / e conventio de Kyoto.

Votade, votái , malditos ... / non vos quededes na cama , / coidade que ben vos ama , /  quen dá  lume a cen mil pitos / alimenta torpes mitos./ Atendede  o noso rogo, / sacádenos deste afogo, / pois en indo ao Parlamento / os que máis suban do cento / teñen asegurado o xogo.

Non nos neguedes a esmola, / faécedeo por caridade , / nós somos todos  bondade. / Andarmos de pola en pola / foi sempre  a mellor escola ,/  o tempero do futuro /  collémolo mol. non duro : / " Se nos dades hoxe o voto / montados todos na moto  / temos  o soldo seguro".

                                               *****************************

    O 18 DE MAIO DE 2006, DÍA DA " GLORIOSA ENTRADA" DO MINISTERIO FISCAL  NA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO NA PERCURA DE PAPELIÑOS VARIOS.

En maio de Dous Mil Seis /  segundo  nos conta a historia /  na Deputación de Lugo  / recuperouse a memoria /  e das mans do Izaguirre,  /  conta a prensa relatoria /  fura que fura en papéis /  agroma alba de gloria.

Cando o día crarexaba  /  aló no Campo Castelo /  o fiscal e a policía /  andaban a rachar o velo,/  E á hora do xantar , /  sen se lles mover un pelo, / no despacho principal , / na tele poidemos velo, / expricando papeliños / dos que non precisan selo /  informóu a Don Francisco /  con toda educación e celo /   da causa e motivación /  de, no seu Pazo, entretelo, / e Don Paco sorprendido /  e ben anoada a gorxa / dixo polo miudiño : / " ¡ Vaia manifestación de forza  ! /  obren en consecuencia , / o que fagan non me importa, / eu nada teño que ver , / outros coceron a torta, / outros son os da empanada  / ....teñen aberta a porta / para facer o que deban  /.... ese coitelo non corta, / cadaquén sabe o que fixo, / cadaquén ten a súa horta."

Por xa recibida  a venia /  coa axuda dos  policías  / entróu  aló nos despachos , / botando man  do que ali había  / e todos os reporteiros / viron á luz do día / canto ali se apañaba / canto persoal se detiña / e houbo algún máis renarte /  e que mellor a vista tiña /  que cando oléu o chamusco / deixóu as obras e as vías /  e marchóu á rúa con presa /  que o balbordo ben sentía  / e non é prato de gusto / saír na prensa do día.

Nove foron, foron nove  / os desta sorte apañados ./ E tamén polo Ceao  / por sináis houbo arrestados.

 E xa salta nos xornáis /  e máis nos telediarios /  a nova das detencións  / e empezan os calvarios /  de cantos irregulares /  viven de asuntos varios.

Cando " El Progreso " deu / a narración detallada / a máis de catro ou de cinco  / que andaban na tallada /  tremeulles o corazón /  diante de tal cinzarrada , / coidando que cara eles /  ía virar esa espada / temendo que a Fiscalía  / espante o fume de palla  / e percurando chourizos / atope unha roxoada.

Preguntan  os xornalistas /  por tal asunto a Don Paco / e el coa súa retranca / respostóu polo barato : /" Pregúntenlle ao  Izaguirre /  ou por metido no saco / na sede do Pesoé  / ao mellor teñen recado /  Que é ben sabido que todos / ao millo ceiban  o papo / e moito, polo miudo, / despruman mellor o galo " /...... "Eu nada disto coñezo, / eu nada disto vos sei, / aquí todo está conteste / e camiñamos coa lei..."

" Eu  non gosto de que entren /  estilo oficial Colombo /  e de que a este asalto /  se lle dea tanto bombo /  o que Izaguirre persigue / é diñeiro de bolígrafos , / unha miseria é tan parva /  que non precisa taquígrafos, / e se hai que ser modernos /  que traian aquí poligrafos  / e a droga da verdade  / de resultados miríficos /  amosará, ben seguro, /  auga limpa nestes "grifos".

E botándolle unha man / o monfortino Padilla /  dixo  cheo de fachenda: "  Non todo é ancho  en Castilla /  hai defeto procesal /  que Izaguirre, o Fiscal, /  xantóu un día con Blanco, / o que repobra pois proba /  que para tirar  do manto /  precisóu  do forte impulso  / deses que teñen o mando."

E dixo ter por seguro /  e ser de lei natural / e ser apreciación ben certa  / non ser o fiscal neutral. / E con aquela súa gracia /  e algo de retintín , / dixo que cecáis falaron / " do Barça e do Real Madrid " / e seguindo coa súa coña , / retranqueiro que é á fin , / ve tamén confabulación  / e anuncia  o tataratí /  de atisbos asasiños , / de  cousas de pas e pis  / e se falaron  por baixo  / dos problemas dos " pingüins", / E  prosegue  o seu discurso /  sen botar das súas mocas, /  aseverando  moi serio / " que falarían das focas".

Do que non gostóu Don Paco /  foi da lucenza dos focos,  / da radio, da televisión / e deses aparellos novos /  que en madrugueiros balcóns , / estiveron apostados : / " ¡  carafio de xornalistas / sairon espabilados,  /  son ben artistas, carafio, / levantados nos tellados ! "

Houbo silenzo de chumbo / nos rueiros e os camiños; / ¿ Onde están  os alcaldiños  / escribidores de apoio,  /  custodios de vellas artes,  / belixerantes activos  , /  gardadores das esencias  / dunha  e outra bandas do Miño.

Houbo un silenzo de pedra,  / calan e ben caladiños , / non vaian perderen  o choio /  daquela sopa e caldiño  / nos  que atoparon  calores /  e máis a forza do viño, / que sendo bon o cacharro /   non se perde o sentidiño , / porque sendo bon o barro /  nada aparece perdido.

Calaron, nada dixeron, /  que o segredo do sumario / é  bon seguro   a esas horas /  e é mellor agarralo / que dicir  calquer palabra / denantes de que cante o galo.

Ai,  alcaldiños  lugueses , /  pouco agradecidos sodes / podendo ser " solidarios" /  e quedar como señores . / pecháchedes dos  fuciños  / mirando cair as torres...

                                                   .............................................

E foron pasando os días,  / foron pasando  as semanas , / meses  e meses pasaron  / lavando nas palanganas  / as augas  suxas e o zurrio / e as lanzas semellan canas, / que Izaguirre  novos aires /  e unha vida máis "sana " / máis aló de Pedrafita /  achóu  unha nova cama  / e deixóu millenta  folios /  non moi lonxe da muralla , / para que outro instrutor / "siga adiante coa meada",

Até houbo  fugas de augas  / que alagaron os sotos /  e  os papéis detallados /  modificaron os votos /  e foron causa e motivo , / cousa  nova iso vos é , / que  a Deputación de Lugo /  bandeóu  para o Pesoé.

Despòis da gran treboada,  / de tanta tela e xornal,  / de tantos  focos e cámaras , / tanta corda e adibal , / as augas perderon forza /  e a vida na Capital / seguíu coma se nada  / e o home de Guarromán /  pasóu á vida privada / .... e non lle vai nada  al.

Os alcaldes que encargaban / proxectos pola traseira /  seguiron de forzas vivas /  que de certo  a tal lameira / deixounos  limpos de todo / mantendo lume e lameira / coa benzón  de votos vivos /  e sen cheiro de esterqueira.....

Abenzoado vos sexa / o San Roquiño co can /  que é gaioso padroeiro  / de cantos politica fan , / que o santo e o animaliño / boa proteción lles dan / a cantos con vara e mando  / por unto e manteiga van /  e nunca saín e graxa  / quedan pegados na man, / xa  que San Roque Divino / por sempre protexerá /  a tantos bons benfeitores  / que por sempre triunfarán /  por riba de Fiscalías  / e que en eterno verán / viven vidas de fartura / e aos que sempre votarán /  até os que  polas súas artes /  se ven privados do pan.

O vento foise abaixando / e non se ve acusación , / o tempo que todo tapa /  traerá a prescrición...

De Izaguirre a memoria  / iravos esmorecendo  / e as resmas de papel  / perderán  o arrecendo  / e o tempo que todo  o cura /  a súa capa extendendo / tapará ollos  e orellas  / cun infindo e grande mendo.

... E tede  en consideración   : / sempre haberá un burato, /  sexa en  muiño ou en relo , /  onde se vexa farelo, / un pequeno ou grande rato.

O 19 DE SETEMBRO  DE 2012  SEGUÍA O NAVEGAR DE PAPÉIS  NAS PROCELOSAS AUGAS  DA LAGOA ESTIXIA  ( LÉASE LAGOA DA XUSTIZA , NA PERCURA DA INCINERACIÓN E O ESQUECEMENTO....

NO ANO DE GRAZA DE  2015  ACONTECÉU O PASAMENTO  DE DON FRANCISCO CACHARRO PARDO E HOUBO LOITO OFICIAL.....

( Sic transit  o lamacento camiño da Xustiza , con fiscáis  e xuices que van e veñen , veñen e van... e todo vai durmindo no prácido arrecendo  dos loureiros  coa quentura do soldo mensual e o plus das dietas )

                                          ********************************************

LAIO POLA PREGOADA RAPADURA DA MAXI BARBA DE MINI

                                               Adicado a Xosé Luis Rivas Cruz.

E xa temos cara nova,,, e non vos é cara dura......o Mini coa rapadura..... carrocería renova.

                                                                I

Éravos  unha florida barba , / era unha  barba florida, / de fartura, ben mantida, /  de galo que raña, escarba, / pica e pica  e ben rebarba / aditivo capilar  / complemento do cantas  / cun ceerto toque anarquista  , / era barba vitalista: / Unha cantiga a medrar. /

                                                            II

Coñecida na Galiza  / era unha barba lendaria, / unha barba solidaria, / que medraba sen preguiza, / polo tempo da nabiza, / polo tempo da seitura... / Barba de ortodoxo cura  / ou dun merovinxio  rei, / barba honrada, de boa lei, / indomable , neta e pura.

                                                          III

Satrapía galiciana  / armara un tal don Manuel  : /  con subvencións e papel, / carretos e ben macana , / corta balláu  e pana / e nunha e outra  elección / gaña a palma e  o xamón  / e con millenta gaiteiros  . ./  delegados , conselleiros.... / fai a grande procisión-

                                                          IV

Ao San Roquiño  bendito, /  tan avogoso  coa peste, /  pediulle  o Mini que reste  / forza en tinglado  e garito /  e a barba, que era un mito, /  vai e ofrece en sacrificio, /  por máis que no seu oficio / fora signo e distinción  : / promete rapar barbón / de Galiza en beneficio.

                                                          V

" Deuses do Olimpo galego, / pola promesa que eu faga / facede que perda Fraga, / á barba vida lle nego , / na ara patria e altar / e por  riba eu hei cantar /  un alalá  ben comprido / poñendo todo o sentido / no meu ledo aturuxar".

                                                          VI

E foi así, meus señores, /  como para a nosa ledicia  / dos caciques a av aricia / nos votos achóu solpores . / E a barba  sentenciada / pelo a pelo ben rapada , / regalounos nova face / e freca coma unha "alface" / vemos a cara agardada,

                                                              XAFA

                                        *****************************************

AO LEÓN DE VILALBA  POLA SÚA ENTRADA TRIUNFAL  CON  BOMBO E GAITAS

A maioría absoluta /  lograches nunha elección, /  e con esa decisión / de Galiza, por recluta, / gañachelo   pan e fruta /  da terriña engaiolado vés a xogar o papel /  e levas a cera e mel / MANUEL.

Mariscales  e mordomos , / taxistas improvisados , / alcaldes  e deputadoss, /  Branca de neve, os seus gnomos / repartiron os seus cromos./ E pateaches as comarcas / rachando todas as marcas, / A túa forza non se apaga, / con diñeiro, ¿ de que arcas ?   FRAGA

Primeiro mandóu " Fragor"  / mais coa súa medicina/ non logróu  saúde fina  / e produciunos  ben dor, /  e agora con gran calor / para esta senescalía , / de onde emigraches un día. / prometes fartura e carne. / Mira ben  que non se sarne / quen levas de compañía.  IRIBARNE

Don Manuel Fraga Iribarne / para proveito de vivos  / ven de redentor de cativos, / e din que cecáis el farne/  ou, novo Cid, el encarne  / de desfacedor de entortos. /  Entra con forza nos ortos / e con gaita e con queimada / prométenos outra " alborada" / e quedarémonos tortos. / ¡ QUE EMPANADA !

                         ******************************************** 

ONCE DÉCIMAS ( 1, 1 ) ...............................PORQUE MATARON UN GALO..........................................

AGORA CHEGA  O VUDÚ ....... TURURÚ  ! 

                                              AÍNDA QUE NON ME INCUMBA   

                                                                    FALAREMOS DA MACUMBA

Porque mataron un galo / aló  cara Nespereira  / anda alborotada a feira /  e vai a lúa en abalo, / que se matan un cabalo  / sería meirande  o medo, /  e como aínda é cedo / para escorrentar o meigallo /  eu métome no traballo /  con ánimo dabodo ledo.

¿ Que culpa tería esa ave  / para ser asasiñada ? /  A vida non vos val nada , / iso todo o mundo o sabe ,/ permitídeme  que lave /  o que din papéis lixeiros / que falan de concelleiros , / a quen coa danza da macumba / alguén  quere  meter na tumba / baixándoos  dos seus poleiros.

¿ Quen son os  afortunados/  de tan americano rito ? /  A min impórtame un pito , / que estexan encadeados /  ou se vexan condenados  / coa  augardente do frasco , / con boa sidra nun casco , / ou cun charuto  alcendido  , /  que eu só teño sentido  / non ser o polo ao churrasco.

Nespereira  e Barbadelo / con visión apocalítica  / tran unha crise  politica  , / pois por exceso de celo / así nos medrará o pelo, / se maioría e oposicióm / non saben ben os que son / na lotaría agraciados, / ou a quen cheo de pecados / queren facelo roxón.

Rito satánico ", dixo, /  alguén que vai de sabido ./ " Vudú é", un espilido / afirmóu a tiro fixo /  "Macumba" , que eu ben rixo /  sinalóu o especialista, / máis que o persoal resista, / que o sangue non chegue ao río, / aquí non hai calor noin frío / " Évos cousa dun bromista".

"Sarna con gusto non pica " / di o saber popular, / e postos a averiguar  / que pasóu na Chafarica /  hai quen ben di e explica / que meigallo ou mal  conxuro /  é pena tirar un puro,  /  é  pena matar un galo , / pois é mellor ben asalo / en lugar craro ou escuro.

Para forzar dimisións / hai que patentar o invenbto, / pois cun  galo ou ben cun cento, / suprímense  as eleccións , / e lógrase que nas sesións / onde tanto se discute /, fagan partidas de  tute, / pois se fallan concelleiros / serán palla sen palleiros / e mandarán de matute.

- ¿ Quen mal vos quere, meus reis ? / pregunto cun no na gorxa,  /  apretade  ben a alforxa, / que agora non valen leis, /  ¿ Sodes dous ou sodes seis  / os do rito pregoado ? / ¿ Vai aquí morrer máis gado ? / ¿ Perigra a oposición ? /  ¿ Son da maioría  ou non ? / Que veña axiña o recado.

Todos veremos con gosto / nesta situación de perigo / ( con honestidade  o digo ) /  que con cargo ao presuposto , / sen  reparar no seu costo  / poñades polos camiños  / botas ben cheas de viños , / e unhas cantas empanadas , / que para estas caralladas  / van moi ben catro traguiños.

Se a Santa Compaña outrora , /  as meigas e mais os trasnos , /  asustaron catro asnos  / que andaban sempre a deshora . / ¿ Por que non imos ter  agora / unha cousa semellante  ? / ¿ Vai o mundo cara adiante ? . Que  ninguén pare  este carro, / e que  cazola de barro  / e ninguén vaia e  espante.

Señorez, remato o canto, / templando gaitas , señores, /  que neste tempo de dores  / a noite évos lene manto, /e  causa terror  espanto / nos papéis haxa que ler  / que para un edil desfacer  / e para calar a súa voz  / en paella sen arroz /  se teña un galo que ver.

                                                       O TAMBORILEIRO MUNICIPAL

                                    **********************************************

                                                 EL TRES DE JULIO

Oigo , Sárria, tu aflicción / y escucho el triste lamento / que nace de tanto entuerto  / y tanta ensoñación /  Alzan aquí  el pendón / y pululan los crespones  / y en vez de  darse razones / dan esquelas unerarias, / y alzamos  cien mil plegarias / contra cien mil sonotones, /

Lloras  porque te castigaron  / los que su amor te ofrecieron./ ¡ A ti quien a  dicen quisieron, / a ti a quien  adularon ! /  A tí, por quien mendigaron / el voto de zona en zona ./ A tí , perdida poltrona, / donde  se libaba  el jugo ,  /  te regalan un verdugo  / y de  espinas cruel corona.... /   Doquiera oh Sárria mía , / la cua cruel mirada me lleva, un sepulcro  alli se eleva /  pregonenado  villanía , /  desde la cumbre  bravía / que a este Concello  inmola, /  con ira y desprecio asola /  ilusiones de esta tierra / ¡  con  este  mensaje aterra   : / ¡ " No hay un duro !  ¡  pa la cola  ! " / 

Tiemblo  al ver  estas acciones /  nacidas en la estratosfera , / pues detienen tu carrera  / por perder las elecciones  ; / humillaron sus pendones , / no les dieron la victoria ; / y por perdida la gloria  /  del mamoneo fecundo /  en este pequeño mundo  / te niegan  panes  e historia . /  Con artimaña  letal  / y con altiva arrogancia  / te dicen.... ¡ Que pague Francia ,  /  porque no es natural  / la aritmética numeral /  de incubar los  huevos hueros.... /  así, que  fieles vasallos, /  apead  de esos caballos " /  a ediles majadreos..."/

Y aún hay en   la tierra un hombre  / que osa ultrajar  tu manto.... /  ¡ Espacio  falta a mi canto /  para proferir   su nombre ! /

Sin que el recuerdo me asombre /  con rabia  abriré  la historia /  recito una jaculatoria /  pues de Sárria en su desdoro / andan repitiendo a coro  / nos mandarán a ......la gloria /  ( o con palabra más cerda  / nos mandarán  a la ......  *)   /   ( *  cuerda )

Aquella fuerte  ambición , /  aquel deseo profundo  / de regalarnos un mundo /  plagado de subvención , / se ha vuelto  en maldición , / en peligroso rugir , / en  cien mil veces repetir / que apartados del poder  / no nos darán de comer / ni subvención va venir, /

¡ Carajo ! clamó al despertar /  Claudio Garrido con ira /  ¡ Carallo ! repitió con lira /  Arturo al ir a yantar. / ¡ Carallo  ! gritó al despertar  / el sarrianito  que aferra  /  su mano tenza en tierra ,/  voces extrañas se oyeron, / y hasta en las tascas dijeron / gritando .... ¡ Carallo, guerra  ! /

El sarriano con dolor /  no descabnsa ni en el lecho /  y siente que en su pecho /  hacen crecer el rencor , /  pues aunque se habla de amor /  negando pan y sal se está /  y por doquiera que va /  dice a quien oirle quiere . /  " Esta Sárria se nos muere.... / y mañana Dios dirá".

Y suenan imprecaciones /  en largos atardeceres  / y contrastan parceres  / y melifluas canciones  :/  De nuevo  alzan pendones , / con la palinodia  zumba , / todo en " La Voz"  retumba ,  /  y  con paráffrasis gamberra  / a Sárria le falta tierra  / para anunciar tanta tumba / Ediles , bien os cuidad, /  no hagáis   caso del barullo , / que matemático orgullo  / bien os ampara , en verdad . / De torniquetes  pasad,  /  que es mensaje sincero , de este pueblo altanero  / que hasta que Sárria sucumba , / esas voces  de ultratumba  / siempre tendrán un buen pero ,/

En memoria del épico vate  don Bernardo López García  ( Jaén , 1840.1870 )

************************************************************************************

                                        CÉDULA DA PELERINAXE INTERNA  SARRIÁ

                                   ESCARILANA IN SARRIA  AD CALENDAS GRECAS DATA

CAPITVLVM  hujus  Almae  Antiqua  et Mendax  Ordo Antoniana  Poiorum ad Villam Novam  constituta

                                                              notum facit

                                                  VIATOR BICICLOTATI

fecit  peregrinationem  suam  ex RIPARIA PONTE  usque LAZARIANA PONTE, ab utroque  parte ripae  Barbatelli, cum aparatum  binae rotorum  ad pede  rubore  mota, cum corpo suo ascendente  et descendente per  , non vetera, sed  longa el ardua via  complemento , per motationes gratuita  facta  ad hodierne   diem  per maiore femina regente  in  sarriense foro, cum inspirata  et inesperata  inspirationes subito  curate  in lata via  ad faciendum imagines venerae  jacobitae , ad fastidium  femori et  musculo ciclistorum  et  ad  bulsae  cauponos tandem sustrahendo  monetam auream  et beneficia multa.

    Unde didatum , diem ad deliberandum sumere, ad dilatandum lata sapientia  ex nova creatione emanata, cum calami anati et sigilo plumbeo, indulgentiam  concedemus  et mobilter  VALE dicimus , tria vices.

    Datum  Villam Novam qutienscumque  petita esset , sciliceta  gratia et amore  in animose  modo faciendo.

                                               Tympanarius  Municipii

                                          ( grate et cum placata  mente )

                                       ..........................................................

Cédula acreditativa de que os peregrinos ciclistas  que por Sárria   transitam  fixeron o gtraxecto sinalado pola Alcaldesa López Yáñez , dende  a Ponte Ribeira á Ponte do Lázaro  (  Ponte  Ribeira.-. Rúa do Peregrino,  Rúa Benigno Quiroga, Rúa Marqués de Ugena,  Rúa do Murallón,  Rúa Frei Luis de Granada, Rúa Rosalía de Castro, Rúa da Calexa, Rúa Conde de Lemos,   Rúa dos Esqueiredos, Camiño da Veiga, Rúa Santiago do Mercado, Rúa Camiño Francés ,  Rúa San Lázaro,   Ponte do Lázaro ).

                                          ..........................................................


                                                        

Comentarios

Publicacións populares