POEMAS NAS SEARAS A BARBEITO ( 570 )
POEMAS NAS SEARAS A BARBEITO ( 570 )
Xaime Félix López Arias
Aínda sendo estreitos andade os camiños e en mares incertos botade esas redes, o pozo afogando de tan longas sedes esquezo daremos ao amargor dos viños.
Non poden os cucos asañar os niños nin fe deixaremos rifóns nas paredes, a liberdade chegar só a veredes cando fariña albar peneiren nos muiños.
A colleita nova está nos leiros , mais toda tarefa precisa laboura e nada recolle quen sembra nubeiros.
Abertos corazóns á flor da canoura vencellos tezamos con fíos sinceiros , e axiña apaguemos tensón e deboura.
.............................................
Galiza , aberta aos ventos de futuro, debece por achar lentor de trobo, ledicia fonda enxergando vai o pobo de mainos ventos soáns ao esconxuro.
Pedrafita xigante en seixo duro, testemuña fiel és do antergo e novo, roídas as entrañas por un lobo, lucente facho és brillando no escuro.
Os cantares de vida e non de morte, a coda romperán e máis os mallos, esguíos medrarán achando o norte.
Sendo todos altivos como almallos o fado triste trocarase en sorte en xunque o xugo, as corgas en atallos, ..........................................................
Lume novo. Faces risentas. Lume novo Brincadeira Inquedanza. Rito vello. Lanza de quentura. Adeus ás teimas. ¡ Chegou a Festa ! Feixe de moxenas , ( 1989 )
Plenitude dos anos , na quentura do fogar e da familia , camiños de voltas, trasacordos, a carón da xente dun, do sangue mozo, asexar arreo, fitar nos cumes , vendo xermolar primaveras compartidas. e a benzón de estar arrente (1989 )
..............................
Aqueloutras cairon pola furia de túzaros sen nome. Eran cigoñas... Agora estas aniñan na árbore senlleira, ¿ Haberá quen de roubarlles vida ? Son cigoñas. O seu voo é ledicia. ¿ Voltarán connosco ? ( 1989 )
.....................................
Cantigas do Toleiro
Eu fun moer ao Toleiro , Sentado riba da ponte, fun por ver a muiñeira, ollando as augas do río ao pasar polo pontigo pedínlle a unha lavandeira souben que ía na feira . a fita do seu corpiño
malia de quen quere amores , non quero trato con mozos , malpocado quen percura taravelos, presumidos, manciñeira que doenzas roubadores son de beixos dos rapaciños non cura por outro bico esquecidos.
( 2015 )
el- Señor pasa pola rúa, peregrino, o noso amor ledo procura, alegre sona o sino....
( 2015 ) ................................
Comentarios
Publicar un comentario