SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1939 / 1950 ( 569 )

 FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1939 / 1950 )      ( 569 )

                      GRANDES  FESTAS DE SAN XOÁN                                     SÁRRIA 1942

                                                                      Portada: Antonio Vázquez Rivas ( Avari )

                                                                     Talleres  Tipográficos  CASA SEVERINO. Sárria

                                                                  PROGRAMA

XUÑO 21.- Ás dúas da tarde unha atroadora salva de bombas e  o acostuado repenique  de campás  anunciarán o comezo  destes grandes festexos . De seguido a primeira das nosas  agrupacións municipáis  de carácter rexional, OS TRINTAS,  e a afinada  Banda LA ARMONÍA , desta  localidade percorrerán as rúas da vila , camiño do belisimo parque natural "AS INSUAS", convidando á veciñanza  a concorreren  á ROMARÍA MÁIS TÍPICA DE TODA GALICIA , onde amenizarán  tan fermoso lugar , para disfrutaren  dun día de gratos  e imborrables recordos.

Ás cinco da tarde , fará a súa entrada  oficial na festa , a tan famosa como querida  deste pobo,  banda de musica a "LIRA DE RIBADAVIA" , dando comezo a GRANDE ROMARÍA  " enxebre" , chea de corido  e típicas armonías , que constituirán  a base  o programa destas  agrupacións, rematando ao empardecer . entre a alegre algarada  de muiñeiras  e a lonxana melodía dos nosos "alalás".

Ás once da noite, na Praza  de Don Xoán María López, feita brasa de luz e  cores, celebrarase a  PRIMEIRA GRANDE VERBENA.

XUÑO 22.-  Nas primeiras horas da mañá , OS TRINTAS  e  a LIRA DE RIBADAVIA , percorrerán  todas as rúas  da vila , executando alegres  pasarrúas.

De once e media a dúas  da tarde, grande concerto sinfónico  por "A LIRA", con intermedios rexionáis  por OS TRINTAS.

Ás catro da tarde , desfile das dúas agrupacións  mentres na dita praza terán lugar  divertidos xogos  e varias competicións de carácter deportivo.

Ás  sete da tarde SEGUNDO GRANDE CONCERTO  de A LIRA , este a base de música española , estando os intermedios  a cargo de OS TRINTAS , para rematar  ás once  da noite  con animado baile e paseo.

XUÑO 23.- Ás  dez  da mañá, as bandas anteriores  e a UNIÓN MUSICAL SARRIANA , percorrerán  toda a vila,  interpretando alegres dianas e alboradas.

De doce ás dúas,  paseo e concerto na Praza de Don Xoán María López, amenizado polas bandas indicadas.

Ás catro da tarde OS TRINTAS e a UNIÓN MUSICAL,percorrerán as rúas da vila, anunciando unha GRANDE ROMARÍA  na citada praza, e na que actuarán as dúas bandas e a LIRA DE RIBADAVIA.

Ás once da noite e no mesmo lugar , artisticamente engalanado  e alumeado por milleiros de bombillaa multicores, terá lugar a tradicional grande VERBENA DA NOITE DE SAN XOÁN,  queimándose a primeira sesión  de fogo de praza e naire , obra do moi coñecido  grande artífice  don Ricardo Álvares, constando  de numerosas pezas fixas de grande fantasía e esplendor, que lanzarán as súas luminarias, mentres  o espacio é rachado por magnífica lucería de voadores e  refachas  de morteiros , alumeándose  vivamente polos escentileos  de bengalas  en paracaídas.  Rematará  a dita  grande verbena  cunha formidable TRACA  AÉREA.

XUÑO 24.-  Nas  primeiras horas  da mañá  a LIRA DE RIBADAVIA e OS TRINTAS , percorrerán as rúas da vila, anunciando cos seus  sons  o día do nos Santo Padrón. Algún tempo despóis , fará a súa presentación nesta  vila , a magnífica  e recentemente  reorganizada BANDA MUNICIPAL DE LUGO, co seu complemento  de típicas gaitas do país, a que  coa súa presenza ,  encherá  as aspiracións desta veciñanza , desexosa  de escoitala e apraudila.

Ás once , MISA SOLEMNE, na honra de  San Xoán Bautista, na parroquial de Santa Mariña, na que pregará , facendo o panexírico  do santo, o moi elocuente  orador sagrado R,P. Xosé María Vallejo, Comendador do Convento da Mercé, nesta vila, con asistenza  das Autoridades,  saíndo de seguido  a moi SOLEMNE PROCISIÓN  do Santisimo Sacramento , percorrendo o itinerario de costume, achándose  as rúas alfombradas  de espadana,  buxo, flores, etc. , sendo acompañada  polas agrupacións musicáis  citadas,  dando garda de honra á S. D,Mde. un piquete  da Garda Civil  deste Posto  e pechando  a relixiosa comitiva  coa súa marcialidade  característica , unha Compañía do Terceiro Batallón  do Reximento  de Infantería , número 30 , destacado nesta  vila.

De unha a dúas  da tarde,  ANIMADO PASEO,  na mencionada praza  de don Xoán María López.

Ás sete da tarde .GRANDIOSO CONCERTO na mesma antes mencionada praza , a BANDA MUNCIPAL  DE LUGO, dirixida polo inspirado compositor  Sr. Sariñena , e a de Ribadavia , baixo a batuta do grande Mestre  Temes, interpretarán  programas selectísimos , facendo desta festa unha verdadeira manifestación de art, como corresponde á primeirísima  categoría  das dúas agrupacións e a aeizón e cultura  musical desta vila.

Ás once  da noite, TERCEIRA  E ÚLTIMA  GRANDE VERBENA , realzada coa actuación  dos magnificos  conxuntos musicáis  a BANDA MUNICIPAL DE LUGO,  a LIRA DE RIBADAVIA e OS TRINTA . Na dita verbena , queimarase unha SEGUNDA COLOSAL SESIÓN DE FOGO DE ARTIFICIO , exclusivamente de aire  e da mesma procedenza  que na  anterior , rematando  estes tradicionáis  festexos  entre atroadores disparos  de morteiros , tracas  e cubos de bombas.

                                                             A Comisión

                                         *****************************

NOTAS.-   Interésase m de toda a veciñanza , engalane  as súas fachadas  con colgaduras , durante os catro días  destes festexos.

Igualmente  rógase , para  o paso  da solemne  procisión referida  alfombraranse  as rúas  con espadanas, buxo, flores, atc.

Encarécese das señoritas  teñan a ben  locir o  clásico  mantón de Manila ( segundo españolísimo e tradicional costume )  , nas verbenas  ás que fai referencia este programa.

O pobo de Sárria  o mesmo que a Comisión  organizadora que suscribe , agradecen vivamente  ao Sr. Alcalde de Lugo  e Excma, Corporación municipal da súa digna presidenza, a deferenza que supón a asistenza gratuita da súa magnífica  Banda  Municipal nestes festexos tradicionáis.

Tamén se fai constar  que AS INSUAS  foron amablemente cedidas  polo seu propietario, don Xabier Saco Rivera, para a romaría galega comprendida neste programa.

O artistico alumeado  que se anuncia , correrá a cargo do técnico-especialista pontevedrés  D. Miguel Romero,

                                           PUBLICIDADE

* Fábrica   de galletas e caramelos EL POSTRE MADRILEÑO ( Marca rexistrada )  Fulxencio  López López. Confitaría e Pastelaría,

*  Produtos  KRISSOLA. Eloi  González S.L Sárria ( Galicia ).

*  Taller  Mecánico de Ebanistaría.Fábrica de mobles de luxo e económicos, Exportación  a todas partes. Pida  presupostos especiáis. ANTONIO BALBOA E CIA.  Rúa Diego Pazos. Sárria.

* ANTONIO VIÑAS. Materiáis  de constrrución. Depositario de  cervexa . Sidra Zarracina  e Aldeana , Coñac  Osborne, Licor Pax  Benedictine. Cemento Artificial Portland. Marca de Fábrica  Depositada.  Teléfono 60 . Sárria.

* Permanentes  MELÉ  Ondulacións Marcel  e á auga. MELÉ Tintes MELÉ  Manicura MELÉ  Cellas e  Peinados MELÉ  . MELÉ  , sempre MELÉ. A mellor instalación de permanentes. Avenida  Calvo Sotelo ( * ) . Teléfono , 78. SARRIA.                                           ( * ) Rúa da Liberdade.

* BAZAR CASTRO. Luis Castro  López. Rúa  Maior 21. Sárria. Novo establecemento de Mercearía e Bazar. Artigos  gran novidade. Prezos  exonómicos. Exposición  permanente. Grande surtido en Louza,  Cristal e Mercearía .  Non faga  as súas  compras sen visitar  antes o Bazar Castro.

* EL ÁGUILA. Fábrica de calzado, Especialidade á medida. ENRIQUE  FERNÁNDEZ . Avenida  de Calvo Sotelo  ( * ) Sárria                                          ( * )  Rúa da Liberdade,

*  FAGA  FOTOGRAFÍA. Recordo permanente dos seus días de lecer. Afeizoados  : Foto Carme SANTAMARIA ofrécevos  material, galería  moderna e rápido laboratorio. Revelados , copias, ampliacións e reproducións. Maior 14. Sárria.

*  PALLAROLAS RADIO  Construcións.  Reparacións.  Amplificadores para festas e bailes. ELECTRICIDADE Instalacións, material, lámpadas. SANTIAGO PALLAROLAS. Maior, 14.Sárria

 * Taller de Prataría  e Reloxoaría, O seu reloxo  quedará novo reparándoo na casa de CEFERINO FERNÁNDEZ , Benigno Quiroga, Sárria ( Lugo )

* ALMACENES  SIMEÓN. Sárria.  Sucursal de Fillos de SIMEÓN GARCÍA  E CIA. Casas  Santiago, Viagarcía , Ourense , A Coruña , Vigo , Oviedo, Santander , Ferrol , Pontevedra, Gijón,  Lugo, Madrid, SÁRRIA,  Bilbao, León, Burgos.-  Onde haxa unha casa de Simeón García , elixaa  para facer as súas compras  de toda clas de tecidos   e confecións. Sección de Calzado . Sempre as últimas novidades.  Unha marca de calidade e garantía. " El Tigre"

*  EL ENCANTO, Francisco Pérez.  Tecidos e Novidades  Paquetaría e  Quincalla , Especialidade en panaría. Rúa Matías López, 14 . Sárria.

* Drogaría. Perfumaría.  Bisutaría. Mercearía.  DILO .Últimas novidades e grande surtido en todos os artigos.

*  CASTRO. Calzado e Camisaría.  Antes de mercar  os seus zapatos visite vostede  esta casa, nela  achará calidade, gusto e economía. Grande surtido de verán para señora, cabaleiro e neno. Constantemente estanse a recibiren  novos modelos. Non o dubide :  Os zapatos que a vostede lle agradan encóntanse nesta casa. Merque as súas camisas a CASTRO,

*  LAS NOVEDADES. Xosé Pedrero Gallego. Maior, 32 . Sárria. Tecidos.Paquetaría.  Bisutaría. Mercearía. Xéneros  de punto. ¡ Extenso surtido  en sombreiros para  cabaleiro  !.

*  CAFE BAR MARISCO,  Propietario :  Leopoldo  Deibe. Sárria.  O  Café-Bar  Marisco  instalado provisiriamente, presenta todos os días  as seguintes tapas : Olivas  cocidas  en dúas salsas. Berberechos con Xerez e Ron. Anchoas  sen sal e verdes. Mariscos sen cocere  e con patas. Pastéis fritidos  en auga. Fígado  á cazola, Calamares ao Castroncán, Refrescos  quentes e bebidas das peores.  Un café horrible , só ou con leite  encontrarao no Café-Bar  Marisco a todas horas. (  O anuncio do revés a  petición  do anunciante ).

* JULIVAREZ . Escola de Ensino  Medio. Bachalerato, Comerzo, Preparacións  especiáis. Curso intensivo de verán para pase de escolaridade.  Enderezo :  Av, Calvo Sotelo ( * )  Rúa  da Liberdade.

*  MATÍAS LOUREIRO. "LA SARRIANA". Fábrica de Galletas. Teléfono 69. Sárria. Cofitaría e Pastelaría. Especialidade  en encargas  propias para festas , vodas, bautizos e en xeral todo o referente  a confitaría. Rúa Maior , Núm 4.

* MERCERIA EL SIGLO,   Rúa Maior , 37. Sergio Bello , Sárria. Grande surtido en botóns, fibelas, broches e toda clas  de adornos  para traxes de señora, Especilalidade en faixas , sosténs e colos para vestidos, garabatas de alta novidade, variado  surtido en pendentes, cadeas e pulseiras, tintes, carteira e cintos de toda clas, rodos e alfombras de todos os tamaños, grande surtido en perfumaría, xabróns e  pezas para afeitar e cortar o pelo. A casa máis surtida no ramo de Mercearía e similares,

*  FERRETARIA  Mobles. Batería de cociña., Quincalla. Cristáis. Pinturas, Pincéis  e ferraxes en xeral.AMADOR DIAZ LÓPEZ.  Rúa  de Benigno  Quiroga, 10 Sárria ( Lugo ).

*  MI SASTRERÍA  de Bautista López. Últimas Noviddes en Panaría. Rúa de Matías López. Sárria,

* FOTO PAZ   ¿ Quere  Vostede conservar un recordo familiar ?   déase presa  a encargar as súas ampliacións  nesta casa, seguro de que quedará satisfeito, AFEIZOADOS  Revelando aquí as vosas peliculas obteredes boas copias. 6 Retratos  para carné retocados 6 pesetas.

* ¿  Un específico  estranxeiro  ? Só na FARMACIA MODERNA .  Xosé Cornide. Sárria.

*  Taller de   Reloxoaría e Xoiaría.  Reparo de : Toda clas de relñoxos, Máquinas de escribir,  Alfaias en xeral. Construción de :  Pezas de mecánica fina,  Caixas para reloxos , Sortixas , Pulseira, etc, etc.  Para todo isto, só un taller PEDRO SÁNCHEZ   Diego Pazos. Sárria . Prezos sen competenza . Traballos garantidos.

* Editorial   VIRGEN-CARMEN , Sárria.  Gema para   estilográficas..  CASA SEVERINO . Sárria. Bazar Xoguetes, Bisutaría,  Libraría, Obxectos de escritorio, Material escolar. CASA SEVERINO  Imprensa, Traballos de fantasía, Relevos. Material moderno. Manipulado de papel, Fábrica de sobres  e bolsas,, Papéis de toda clas, Encadernacións.

*  HOTEL ROMA. Propietario  : Viuva e Fillos  de E. Prado. Cakefacción central,  Auga corrente e fría en  todos os cuartos, Cuartos todos exteriores  con vistas a espléndidos panormas . O máis de perto á estación  Teléfono , 50 , Sárria

************************************************************************************















































































































































































































Comentarios

Publicacións populares