O SAN XOÁN DAS MULLERES . SÁRRIA ( 1963 ) ( 571 )
FESTAS DO SAN XOÁN DE SÁRRIA ( 1963 ) ( 571 )
( As Festas da " Comisión das Mulleres )
TRADICIONÁIS FESTAS PATRONÁIS DE SAN XOÁN.- SÁRRIA.- ANO 1963
PROGRAMA DE FESTEXOS
DOMINGO 23.- Ás 5 : 30 , no Campo das Insuas, grande partido de fútbol, disputando o tradicional Trofeo "SAN XOÁN", entre os equipos C.D. Lugo e Sárria F.C.
Ás 7 da tarde, disparo de bombas , repenique de campás e desfile das agrupacións musicáis polas rúas da vila , anunciarán o comezo dos festexos.
Ás 8 : 30, festa popular nas prazas de D. Xoán María López e do Concello.
Ás 11 da noite, comezará a primeira GRANDE VERBENA nas prazas de D. Xoán María López e do Concello.
LUNS 24.- Ás 9 da mañá, dianas e alboradas seguidas de desfile das agrupacións musicáis.
Ás doce MISA SOLEMNE na Igrexa Parroquial de Santa Mariña ,presidida polas autoridades. De seguido PROCISIÓN do Santo Padrón, que percorrerá o itinerario de costume.
Ás 13, CONCERTO a cargo da Banda de Música.
Ás 19:30, FESTA POPULAR nas citadas prazas.
Ás 23, segunda MONUMENTAL VERBENA nas prazas sinaladas.
Á 1 da madrugada, grande sesión de artísticos fogos de artificio.
MARTES 25.- Ás 9 da mañá , dianas e alboradas e grande disparo de bombas.
Ás 13, CONCERTO MUSICAL na Praia do Chanto e na rúa Matías López.
Pola tarde, GRANDE FESTA POPULAR na Pista do Chanto e na rúa Matías López.
Ás 11 da noite, rematarán os festexos despóis da TERCEIRA E DERRADEIRA VERBENA na rúa Matías López.
GUIÓN : Unha grande banda de música.- Orquestra " Míllara " do Carballiño.- Orquestgra " Rambalts" de Betanzos.- Quinteto Rexional " Muradelle" de Chantada.
ALUMEADO: Franjo, de Monforte de Lemos.
PIROTÉCNICO : Álvarez Cabo, de Chantada.
ORGANIZACIÓN: A COMISIÓN FEMININA DE FESTAS DE 1963.
( EL PROGRESO, 26.06.1963 ).- HOXE CONTINÚAN OS FESTEXOS EN SÁRRIA.- Dado o bon suceso alcanzado polas festas patronáis desta vila e o grande ambiente que as rodeóu , no día de hoxe prolongaranse os festexos , téndose disposta a celebración dun "asalto" pola tarde e unha verbena pola noite. Estes dous festexos serán amenizados pola Orquestra " Millara",
....................................................................
Diante das dificultades xurdidas para facer unha Comisión de Festas, por rexeitalo ramistas de anos anteriores e non apareceren novos interesados , e ao non tomar decisión ao respecto nin o Alcalde nin os concelleiros, poucos días antes da data do Día do Padrón, un grupo de mulleres asumiu a responsabilidade de organizaren tres días de festa , de baixo perfil, porque as agrupacións musicáis destacadas xa foran chamadas para outras localidades.
Activas á hora de formaren a Comisión foron Clementina López-Acevedo ( " Tinita Acevedo", farmacéutica e a súa viciña Olga López Cisneros ( da tenda " Los Americanos " ) que con outras féminas percorreron as rúas e casas da vila solicitando as aportacións económicas dos sarriaos.
O curto espazo de tempo de que dispuxeron impediu que se poidese editar un Programa con textos e publicidade e só conseguiron editar un diptico en cartulina con debuxos siluetados de Avari , tomados de programas anteriores, editado por R. Cabañas- Sárria, que no reverso incluiu un debuxo do escudo do Concello, entón en uso, con coroa marquesal.
*************************************************************************************
" O SAN XOÁN DAS MULLERES"
( EL PROGRESO, 20.04.1963 ).- DAS FESTAS PATRONÁIS.- En relación co apremiente tema das nosas Festas Patronáis deuse a coñecer o seguinte comunicado por parte do Alcalde:
O ALCALDE DE SÁRRIA
FAI SABER
Dende hai longos anos as Festas Patronáis de San Xoán , veñen sendo organizandk xeralmente por unha Comisión Oficial, constituids polas mesmas persoas ou con moi lixeiras variacións.
Esta continuidade constitúe unha gravosa e molesta carga para os comisionados é un obstáculo para que xurdan novas iniciativas , o redunda en perxuizo da brillantez dos festexos.
En atención a estas razóns , esta Alcaldía decidiu non constiuir no sucesivo a Comisión Oficial de Festas, deben seren organizadas por Comisión con carácter privado, formada por aquelas persoas que pola sua afeizón e aptitude desexen integrárense nela.
O que se fai publico coa fin de que as persoas interesadas nisto , poidan constuiren co apoio moral a Comisión organizadora das vindeiras Festas , unha vez obteña a aprobación municipal , contará co apoio moral e económico do Concello , e recibirá os antecedentes conservados da organización de pasadas Festas , coa fin de facilitarlle o seu labor.
Sárria, abril de 1963
O Alcalde
Xabier Lólpez-Acevedo López
Como se pode ver a porta queda aberta para aqueles que desexen organizaren unhas grandes festas de San Xoán. Co comunicado que se nos fai non renuncia o Concello á realización delas , senón que quere ser relevado do peso de formar Comisión Oficial , querendo que se forme con nova vitalidade unha Comisión que nos proporcione uns festexos dignos de seren os patronáis da nosa vila. a cuxos organizadores prestará a súa máxima axuda en todo.
A todo isto nós preguntamps , ¿ formarase a Comisión ?, sería laentable que por falla de ánimos ninguén se decidise a afrontaren este traballo na honra de Sárria; temos esta dúbida por anos anteriores , e a última hora todo son queixas, " parece mentira que Sárria quede sen festas " ou " Vaia Festas Patronáis, un desastre ! " ¿ Ocorrerá este ano o mesmo ?, queremos crer que non. Todos os sarriaos temps a palabra, agardamos dende aquí podermos dicir : a Comisión está formada . É o primeiro parso que urxe dar.
J.R.T. ( Xosé Rodríguez Trebolle )
...................................................................
( EL PROGRESO, 4.06.1963 ).- COMENTARIOS.- ¿ E das Festas ?.... Sen Come ntantario. Despóis de moitos anos e ininterrompidas Festas Patronáis .... Cecáis quedaremos sen elas ... Sen Comentarios.
Corre o rusmusmús de que a inauguración oficial da Praia Fluvial se vai facer nas Festas... ¡ ? ! . Aquí outro comentario . ¿ Non sería unha excelente inauguración facéndoa coincidir cos actos das IX Xornadas Literarias , asistindo os escritores á inauguración oficial ?. En todas as vilas por onde van pasar as persoas das IX Xornadas preparan actos na súa honra , para así tomar contacto con ela . ¿ Sárria non o vai facer ?.- TREBOLLE.
..............................................
( EL PROGRESO, 14.06,1963 ).- O SAN XOÁN.- Sárria non pode quedar sen festas . Sárria e Vilalba son dúas vilas provinciáis de grande tradición festeira. Distantes as dúas os mesmos quilómetros da capital os seus festexos poderemos consideralos tan lugueses como o son os do Corpus e os do San Froilán.
En xuño polo San Xoán e en agosto polo San Ramón concéntranse nestes pobos, - concentrámonos - , grande número de lucenses , porque as súas festas soen seren cita fixa de amigos, de "forasteiros da casa ", prontos a se sentaren diante das viandas servidas en mesa grande , chea de apetecidos e suculentos pratos enxebres...
Só isto abondaría para xustificar a efeméride dunhas visitas non por agardadas menos sentidas e gratas para os oriundos . Porén logo está o programa , que dentro do tipismo desta nosa terra , sempre ofrece números interesantes de entre os que para a maioría , en lembranza aos anos mozos , destacan as populares verbenas e " as fogueiras de San Xoán ". Aquelas, as verbenas , auténtico formigar de parellas mozas e bulidoras , entusiastas e ledas, que poñen especial selo de corido a estes bailes noitaregos ao ar libre que, en Sárria e en Vilalba, sempre nos paran a repararmos no segredo do seu bon suceso.
Da branca vila sarriá chegan agora precisamente a nova , información apreciada, na que nos participan que o Concello por decisión do seu alcalde e Corporación deixarán de afrontaren a organización dos festexos na honra de San Xoán . Disolvida a Comisión por medio dun Bamdo municipal , advertindo á veciñanza que, aínda desentendéndose da tal misión , a alcaldía apoiaría moral e económicamente aos homes que asuman a pouco grata , mais interesante , tarefa de ofreceren a Sárria un programa de festas á par co prestixio que sempre tiveron estas do mes de xuño.
Na actualidade falan de que os barrios , cada un pola súa conta, tencionarían celebraren nas súas respetivas zonas "algo " que manteña o "fogo festeiro" deste pobo lugués polos seus catro costados xa que, como ningún, o seu partido estrema polos seus " catro puntos " con terras provinciáis.
Este intento que polo menos supoñerá non deixar a Sárria sen a súa máis característica festa aneira , debe porén outras miras , outros horizontes porque a nada práctico conducirá o crear rivalidade entre os barrios, antagonismos, nin desexos de que os de San Lázaro eclipsen aos da Estación, por exemplo. A veciñanza , o comerzo, a industria , deben de reacionar inmediatamente , pois aínda hai tempo para non "romperen " a tradición e lograr constituiren unha comisión única que saiba manter o pulo prestixioso do "San Xoán".
A unión fai a forza, e en Sárria precisamente existe unha popular sociedade que ostenta o nome de "La Unión" , como símbolo desta unidade que hoxe pedimos aos habitantes da vila para que non queden sen as súas festas.
Permitanme hoxe chamar a velaren polo seu prestixio na orde festeira , que tamén prestixia ao pobo , e entre eles o seu alcalde don Xabier L. Acevedo López, que estamos seguros fará o posible por brindarlle á comisión que agora xurda , esa axuda moral , esa axuda moral e economía ofrecida e que tamén agardamos sexa tan ampla e xenerosa como a empresa de manter o San Xoán merece.
Os lucenses que sempre nos achegamos a Sárria por estas datas, confiamos poder seguirmos facéndoo para confratennizarmos coas súas xentes alegres e agasalleiros que saben superaren estes momentos de desconcerto e en poucos días organizaren un bon programa no que non fallen as monumentáis " fogueiras" que anuncian o " día grande"-
XANDRO-ALISO
...................................................................
( EL PROGRESO , 19.06, 1963).- BOA MARCHA DAS FESTAS
Foi acollida con grande entusiasmo a iniciativa das belezas sarriáa, levando a marchas forzadas a organización dos festexos de San Xoán deste ano.
Non temos dúbida do bon suceso que alcanzarán estas sarriás " de pura cepa" , malia ao pouco tempo do que dispoñen.
Esta embaixada da beleza e a alegría, que é a comisión de festas deste ano encontróu ben disposto o ánimo de colaboración na parte da vila.
Hoxe darémoslles máis información referente ao programa de festexos . Haberá festas os días 23, 24 e 25 coa participación dunha grande Banda de música e afamadas orquestras que amenizarán bailes de tarde e noite.
Coas listas de doantes informarémolos ao seu tempo do programa completo.
Só pedimos que todos respondan como merece á Comisión máis entusiasta de cantas tivemos , xa que non hai que esquecer que está integrada polo sexo débil ( ¿ ). TREBOLLE. ...................................................................
( EL PROGRESO, 22,06.1963 ) SOCIEDADE " LA UNIÓN".
SÁRRIA.- Coa ocasión da inauguración da actual tempada de verán celebraranse no seu magnífico Parque as seguintes festas. DIA 23.- Cea Americana seguida de baile. DIA 24.- Tarde : Te Baile. Noite: Grande Verbena.
¡ Forasteiros !. Visítennos nestes días e pasarán entre nós unhas horas deliciosas !
...............................................................
( EL PROGRESO , 23.06.1963 ).- AS FESTAS DE SAN XOÁN .-
Hoxe comezan a se celebrar en Sárria, a vila capital dunha ampla comarca campesía, as súas renomeadas e alegres festas de San Xoán, que no seu primeiro día vanse rexir polo seguinte programa:
Ás 9 : 30 da mañá, dianas e alboradas. Ás 5 : 30 , partido de fútbol entre o CD Lugo e o Sárria FC, en disputa do trofeu San Xoán. Polo serán, festa nas Prazas do Concello e de Xoán María López. Ás 11:30 da noite primeira Grande Verbena nas prazas citadas.
Son xa moitas as persoas chegadas a Sárria para pasaren uns inesquecibles días de animada divertición e regocixo. A todas elas e aos que nestes días nos visitan , enviámoslles o máis cordial saúdo de benvida.
.....................................................
( EL PROGRESO, 25.06.1964 ).- ULTIMO DÍA DAS FESTAS DE SAN XOÁN..
As animadas festas que comezaron o domingo na nosa vila , acomodaranse hoxe, derradeiro día dos festexos , ao seguinte programa:
Ás 9 da mañá, dianas e alboradas e grande disparo de bombas.- Ás 13, concerto musical na Praia Fluvial.- Pola tarde, grande festa popular na pista da Praia Fluvial e na rúa Matías López.- Ás 11 da noite rematarán os festexos despóis da Terceira Grande Verbena , na rúa Matías López.
Os festexos estarán amenizados polas seguintes agrupacións musicáis: Umha grande Banda de Música; Orquestra "Rambalts" de Betanzos ; Quinteto Rexional " Muradelle" de Chantada.
O alumeado a cargo de "Iluminaciones Franjo" de Monforte : Pirotecnia: "Álvarez Cabo" de Chantada- Organización : A Comisión de Festas de 1963.
Esforzo digno de mención foi este de realizaren en 7 días , o que necesita como mínimo dous meses , a organización dunhas festas patronáis . A nosa noraboa ás señoras e señoritas que o realizaron.
Os moi amigos de criticaren terán moito campo para iso, mais dense conta que son os menos indicados para facelo , dado que cecáis eles " se lavaron as mans" cando estaban a tempo de organizaren eles unhas grandiosas festas ,- pro coa lingua e non co esforzo que todo traballo require - . Así que o mellor que se pode facer é corrixir a nosa propensión a todo está mal e colaborar en que todo se faga mellor.
Seguramente o vindeiro ano estarán máis dispostos os ánimos para organizar as festas con tempo suficiente , vivamente o desexamos.
Dado o pouco tempo dispoñible non poidemos darlles as listas de doazóns , farémolo brevemente.
Ë de destacar a máxima axuda que a Comisión recibiu da maioría dos bons sarriaos , así como lamentable a actitude de parte dalgúns deles.
Só nos resta por dicir " moitas grazas a todos " en nome da Comisión Feminina. TREBOLLE
SARRIANAS- SARRIANAS
Pensabamos que neste ano íase a romper a tradición deixando sen festas ao seu Padrón San Xoán. Desinterese, abulia e taraxia dos varóns que desoindo os chamamentos do Alcalde , preferiron non se organizaren e seguien esmorecendo e facendo a sesta nun " laissez faire, laissez passer", pasiva ma mocedade actual , que no é máis que un arremedo dos post-románticos do pasado século mais trasnoitado, xorde un destacado grupo de señoras e señoritas animosas e decidiron supliren a misión que aos homes incumbía.
O tal grupo feminino foi recibido en todos os fogares , establecementos e industrias , coa maior cordialidade e simpatía, agás nun deles, que fixo de ovella negra neste rabaño sen mácula .
A cuestación é superior á de pasados anos . O programa fíxose sobre a marcha : Misa Solemne e Procisión , romerías na Praza e nos barrios, verbenas típicas, gaitas que precederán a San Xoán, Banda de música , Orquestra, concerto, festival na magnífica Praia Fluvial de " O Chanto" , fogos de artificio , competicións deportivas , bailes nas sociedades, etc, etc, . En fin, tres días nos que continos festiváis se suceden ininterrumpidamente e que Sárria ofrece coa mellor satisfación a cantos forasteiros a visitan.
E todo isto, grazas ao entusiasmo e estrema feminidade activa do grupo de señoras e señoritas que suplindo aos omisos, déronlles unha lección, organizando elas soas tan brillantes festiváis.
É de supoñer que pola Corporación Municipal e a súa Presidenza na vindeira sesión se faga unha mención de agradecemento a este grupo feminino , distinguindo ás súas compoñentes como SARRIÁS- SARRIÁS , o mesmo que din Café-Café. ROCA
.................................................................
PRAIA FLUVIAL DO CHANTO
Coincidindo coas FESTAS DO SAN XOÁN, na alcaldía de XABIER LÓPEZ-ACEVEDO LÓPEZ produciuse a inauguración oficial da PRAIA FLUVIAL DO CHANTO ( Praia Municipal ) na que por vez primeira se celebraron romaría e baile o día 25 , na pista que ali se fixo.
.........................................................
APORTACIÓNS DA VECIÑANZA PARA AS FESTAS DO SAN XOÁN
En poucos días, nun labor que normalmente comezaba meses antes do San Xoán , a Comisión das Mulleres reuniron , pedindo polas rúas e establecementos da vila, un total de 55.770 pesetas. Foi o sistema seguido por décadas até que o Concello acabóu tomando a obriga de correr co gasto todo da organización das festas.
Recollemos unha relación dos doantes e cantidades aportadas, que se publicóu no diario lucense EL PROGRESO , segundo cantidades, que permite medir a xenerosidade dos sarriaos . Os aportantes de 300 e máis pesetas foron un total de 41 , e deron 15.625 pesetas, cantidade que representóu un 28 % do orzamento festeiro. As aportacións de 10 e 5 pesetas, feitas por 37 persoas humildes, de moi escasos recursos, alcanzaro un total de 330 pesetas.
( EL PROGRESO, 28.06,1963, 4.07.1963, 18.07.1943 )
MAIORES APORTACIÓNS : Pedro Díaz .Bar Avenida- Taxi , 1.000 ;.... Manuel Pardo,( Industrial ) 800 ;....Banco Pastor, 600 ;Banco da Coruña, 600 ; ....Almacéns Cortiñas, 525 ; .....Confitería Matías Loureiro, 500 ; Basilio Barreal ( fábrica de galletas ) , 500 ; Almacéns Celta ( materiáis construción ) , 500 ; Sociedade La Unión, 500 ; Notarios, 500 ; ....Ferretería Daniel Vera, 350 ; . Confitería Fulxencio , 350 ; Bar Pote, 350 ; Panadería Barreiros, 350 ; Pedro Viñas( materiáis construción ), 350 ; Fernando Taboada ( propietario ) , 350 ; ...Antonio López- Vilaesteva-,( tenda alimentación ) 300 ; Bar Tapas , 300 ; Dores López Melle, 300 ; Academia Felipe II, 300 ; Xosé Viñas López ( administración lotaría, estanco, almacén ) , 300 ; Antonio Peña Villamarín- farmacéutico- , 300 ; Tostadeiro de Café Pote, 300 ; Xabier Saco Rivera ( propietrio ), 300 ; Bar Cepa, 300 ; Farmacia Moderna, 300 ; Luis López Valcárcel, ( médico ), 300 ; Almacéns Santiago ( tecidos e calzados ), 300 ;Martiño Balboa ( fábrica de mobles ) , 300 ; Manuel Gallego ( ambigú de A Unión ) , 300 ; Casa Zaera ( antiga ), 300 ; Fonda Sierra, 300 ; A Ribereña ( estanco, bar, comidas ), 300 ; Xosé Páramo ( carniceiro ), 300 ; Banco Hispano Americano, 300 ; Laureano Álvarez Armada. 300 ( médico ) ; Ermesto López-Acevedo( alcalde, avogado ) , 300 ; Ernesto López Acevedo ( enxeneiro ), 300 ; Ambigú do Chanto, 300 ; Venancio L. Hospido ( fábrica de galletas ) , 300 ;Panadaría Pallares, 300 ;
PEQUENAS APORTACIÓNS
Pilar Pallares, 10 ; Viuva de Manuel Díaz, 10 ; Roxelio Vilela, 10 ; Manuel Iglesias, 10 ;Viuva de Manuel Vázquez, 10 ; Faustina Lois, 10 ; Viuva de Gonzalo Vázquez, 10; Zapateiro Peto, 10 ; Xosé Nieto, 10 ; Francisco Quiñones, 10 ; Vicenzo Rodríguez, 10 ; Un forasteiro , 10 ; Xosé Blanco, 10 ; Manuel Valcárcel , 10 ; Valentín Pérez, 10 ; Carme Díaz, 10 ; Ramón González, 10 ; Xosé López, 10 ; Aurora Fernández, 10 ; Xoán Bautista, 10 ; Genaro Valcárcel, 10 , Daniel Díaz e Antonio Díaz, 10 ; Adita González, 10 ; Amador López, 10 ; Luz Gutiérrez, 10 ; Francisco Vázquez, 10 ; Xosé López, 10 ; Aurora Cabarcos, 10 ; Luis López Vázquez, 10 ; .... Ramón Vaquero, 5 ; María de Siro, 5 ; Xulio López Campo, 5 ; Luis López, 5 ; Carmen Fernández, 5; Petra Carrera, 5 ; Un doante, 5;Un forasteiro, 5 .
TOTAL APORTADO PARA AS FESTAS ( 1963 ). 55.750 pesetas.
..............................................................................................................................................................
Comentarios
Publicar un comentario