A FÁBRICA DE SARRY ( TREILÁN- SÁRRIA ) ( 600 )
A FÁBRICA DE SARRY ( TREILÁN-SARRIA ) ( 600 )
Na parroquia de San Martiño de Requeixo, non lonxe do lugar de Treilán, beira do Camiño de Sárria a Lugo pola Coveluda, Goián e a Ponte de Neira, estivo establecida unha fábrica de coiros, herdeira da tradición de pelamios e zapateiros de antigo establecida no lugar, na actualidade destinada a establecemento hostaleiro. Por diante da propiedade e das casas modernas alzadas no que fora prado da casa, riba da Fonte de Treilán, dende os anos fináis da década de 1930 pasa a estrada do Mazadoiro a Escarlán e Trebolle.
Ademáis das peles de gado vacún xeradas na comarca a fábrica trataba tamén as procedentes de animáis como zorros, lobos, garduñas e coellos, moitas delas adquiridas nas distintas feiras a cazadores ou armadores de trapelas por tratantes especializados.
I.- O FUNDADOR DA FÁBRICA
JEAN SARRY OHYENART.- ( XOÁN SARRY ).- Nacéu en 1810 na comuna de Orége Oragarre, perto de Bayonne, no País Vasco Francés e establecéu perto de Treilán a fábrica de cortumes á que lle deu nome, darredor de 1850. En 1857 identificada a Casa como "Fábrica de Cortumes " acollía unha soa familia e vivían alí un total de cinco persoas. Casóu con María Xosefa Valcárcel, de Treilán. Falecéu o 20.08.1872, á idade de 62 anos, e foi enterrado no adro-cemiterio de San Salvador de Vilar de Sárria , onde eran enterrados os fregueses de San Martiño de Requeixo.
Froito deste matrimonio foron os seguintes fillos:
1.- SANTIAGO SARRY VALCÁRCEL, nado na Casa da Fábrica de Sarry o 8.10.1857. Mantivo a actividade industrial ao longo da súa vida. En 30.06,1879 casóu con Ramona Buján López, filla do notario Antonio Buján, con casa na Rúa Maior 44, coa que tivo moitos fillos. Obtivo o tíduo de bacheler. En 22.12.1897 tomóu posesión do cargo de concelleiro e en 23.09.1903 ocupóu o cargo de Segredario internino do Concello de Sárria e como Segredario titular o 13,10.1903. Foi presidente do Casino de Sárria ( 1922-1923 ) . Falecéu en Sárria o día 12.02.1936.
2.- XOANA SARRY VALCÁRCEL.- Nacéu na Casa da Fábrica de Sarry ( Treilán ). Casóu con...... , establecendo o domicilio familiar en Santo André de Paradela ( Sárria ) onde falecéu en 1889 á idade de 34 anos. No adro-cemiterio de Santo André familiar, no panteón familiar, figura a seguinte inscrición : " A la memoria de Dª Juana Sarry ha fallecido en 1889, a los 34 años de edad - Esposa fiel alma pura /Eras de madres modelo / Por eso esta sepultura / Colmo de nuestra amargura / Te abrió las puertas del cielo ".
3.- XOSÉ MANUEL SARRY VALCÁRCEL.- Nacéu na Casa da Fábrica de Treilán. Obtivo o título de bacheler no Instituto de Lugo no curso escolar 1879 /1880.
4.- XOSÉ MARÍA SARRY VALCÁRCEL.- Nacéu na Casa da Fábrica de Sarry ( Treilán ). En 1885 cursaba terceiro de Dereito na Universidade de Valladolid, onde falecéu.
5.- XOSEFA SARRY VALCÁRCEL.- Nacéu na Casa da Fábrica de Sarry o 6.03.1863. Casóu con Pedro López Rodríguez, da Casa de Pumares da Ribeira ( San Salvador de Sárria ) e froito deste matrimonio foron Alfredo e Xosé López Sarry. Este matrimonio alzóu casa en Sárria, na actual Rúa Matías López, onde estivo o Taller Mecánico Moxenas. O fillo Alfredo , odontólogo en Lugo, acabóu establecéndose na República de Bolivia, onde faleceu. Deixóu unha filla , Eva López Prado, que casóu con Euxenio López Carrozas, de cuxo matrimonio foi fillo Euxenio Anxo López López.
II .- O PRIMEIRO SUCESOR NA ACTIVIDADE INDUSTRIAL
FAMILIA SARRY-BUJÁN
SUCESIÓN DE SANTIAGO SARRY VALCÁRCEL Y RAMONA BUJÁN VÁZQUEZ
1.- DOSINDA CONCEPCIÓN SARRY BUJÁN.- Nacéu na Casa da Fábrica de Sarry o 25.05,1881. Falecéu o 21.01.1892
2.- LAURA SARRY BUJÁN.- Falecéu o 3.01.1976.
3.- LUISA SARRY BUJÁN.- Falecéu o 23,03.1987.
4.- MARÍA GLORIA CRISTIÑA BRANCA SARRY BUJÁN.- Falecéu o 31.10.1896 aos tres meses de nacer.
5.- MARÍA PIEDADE SARRY BUJÁN.- Nacéu o 25. 05.1881. Mestra de ensino primario. En 1920 participóu na oposición ao maxisterio celebrada en Santiago de Compostela. Foi mestra en Souto-Ribas Pequenas, en Bóveda en 1922 e despóis en escolas de Ourense e Madrid. Cursóu estudos na Faculdade de Ciencias da Universidade de Madrid ( 1926/ 1928 ) e na Escola Normal Superior de Madrid. En 1931 exercéu en Sárria e en 1936 na escola de Santo André de Paradela ( Sárria ) e como mestra cursillista na mesma escola. Falecéu o 6.01.1973.
6.- ODONINA SARRY BUJÁN.- Falecéu o 16.12.1968.
7.- PAULO SARRY BUJÁN.- Falecéu o 3.05.1899 aos 15 meses de nacer.
8.- PAULO ONÉSIMO SARRY BUJÁN.- Falecéu o 6.o7.1900 aos 5 meses de nacer.
9.- RAMÓN SARRY BUJÁN.- Falecéu o 30.04.1894 aos dous meses de nacer.
10.- REXINA SARRY BUJÁN.- Autorizóu que se adaptase o chamado " Campo da Semi " ( onde agora está a Rúa Portomarín ) que era propiedade da Familia Sarry, para servir de Campo de Fútbol xestionado pola SD Sarriana , anos despóis da desaparición do primeiro campo ubicado en As Insuas.
11.- SANTIAGO SARRY BUJÁN.- Nacéu na Casa da Fábrica de Sarry o 14.07.1888. Casóu con Concepción Rodríguez García , o 15.08.1945.. Foi Médico Militar e en 1914 xa tiña o grao de oficial. No seu exercizo profesional tomóu parte nas operacións que se produciron canfo foi o Desastre de Annual. En 1929, nunha reseña de prensa foi sinalado como " un dos máis altos persoeiros da Sanidade Militar en España". Aparece relacionado como suxeito a xuizo militar acusado de ter servido á República, resultando perxudicado na súa carreira militar. Falecéu en Madrid o 2.04.1959.
12 .- UMBELINA SARRY BUJÁN.- Nacéu na Casa da Fábrica de Sarry o 2.10.1884. Casóu con Luis Neira Macía , da Casa de Neira ou de Solance, na Rúa Maior de Sárria. Filla deste matrimonio foi María Mercé Neira Sarry, que falecéu sen sucesión.
13.- XESÚS SARRY BUJÁN.- Faleceu o 9.09.1979.
14.- XOÁN SARRY BUJÁN.- En 1930 foi nomeado representante da Sociedade Xeral de Autores en Sárria. Foi recadador de tributos en Sárria e en 1936 tiña o soldo de 1.250 pesetas en cada un ano. Falecéu o 6.02.1962 aos 65 anos.
15.- XOSÉ SARRY BUJÁN.- Falecéu en Treilán o 30.04.1894 á idade de un ano.
16.- XOSEFA SARRY BUJÁN.- Falecéu en Treilán o 6.03.1885 á idade de tres anos.
Falecidas na Casa Sarry as irmás Sarry Buján que permaneceron solteiras , que en vida xa foran vendendo soares que a familia posuía na Rúa da Liberdade/ Rúa da Estrela , Rúa Matías López e Hortas da Ponte Ribeira , o herdeiro no que foron recaendo todos os dereitos de herdanza a Casa da Fábrica de Sarry, elementos anexos e Prado da Casa, foron enaxenados.
O apelido SARRY desaparecéu no Concello de Sárria e só se mantivo na súa derivación lucense,
****************************
I DESCRIPCIÓN DA FÁBRICA
A mellor descripción dos labores que se facían na fábrica de Treilán da que temos razón é a feita por un mozo Xosé Gayoso Fernández, que acabaría sendo alcalde de Sárria na posguerra , como redactor dunha memoria feita coa ocasión dunha visita dos Exploradores de España sarriao :
" Memoria da excursión realizada polos Exploradores de España na tarde do día 22 de Outubro de 1916 , durante a cal visitamos a fábrica de coiros que posúe o Sr, Sarry no inmediato pobo de Treilán"
" Saímos do Domicilio social ás tres e media da tarde , formados en patrullas até o cruce da vía do camiño de ferro, Alí puxémonos en coluna de viaxe e marchamos até unha fonte que se encontra un pouco antes da fábrica de coiros, onde formamos en coluna de a dous e entramos polos xardíns , internándonos despóis na fábrica e saudamos ao Sr. Sarry, enseñándonos este a maneira de curtir as peles. Coas peles hai que seguir dous traballos que se denominan preparatorio e curtido.
O preparatorio consiste en botar as peles nun pilo onde hai cal disolta en auga . Bótanse ali para matar os microorganismos , separar os pelos das peles e disolver as graxas que conteña o xabrón. Despóis bótanse nun pilo de auga limpa no que se lavan e raspan cunhas coitelas até que estean perfectamente limpas.
Despóis de feito isto , que é o que constitúe o preparatorio , procédese ao curtido e para iso precísase unha materia curtinte e que impida que as peles apodrezan , que é o chamado tanino, que se obtén esbullando a casaca dos carballos , piñeiros e enciñeiras , e despóis de mudar a casca, aplicaselle pouco a pouco co obxecto de que non se tapen os poros e así que se vexa que tén dabondo bótaselle un máximo para que se tapen.
Con estas opweracións as peles quedan curtidas polo sistema vexetal ; as grosas en vinte e catro ou vinte e seis meses e as delgadas en catorce e dazaséis.
Tamén hai o curtido ao cromo , isto é, usando sales mineráis e así quedan curtidas nunhas seis ou oito horas. O curtido das peles de luxo, que se curten co pelo, tamén se fai por medio do sistema mineral.
Despóis de que nos explicóu o proceso, saímos a merendar nos xardíns onde nos deron mazás e galletas , despedímnos do Sr. Sarry, formamos e saímos cruzando o monte , por onde facía moito frío , e ordenáronnos marchar a paso lixeiro, cehgando en moi pouco tempo á estrada e paso ordinario dirímonos á sede social.
Ali cantamos o himno dos Exploradores de España e despóis de colocarmos os bordóns nos seus respectivos lugares, despedímonos do Xefe da Tropa e Instrutores e todos nos marchamos cada un para o seu domicilio" ( Xosé Gayoso Fernández )
******************************
A denominación "Pazo de Treilán" dada ao establecemento hostaleiro é de recente creación e nada ten que ver co nacemento e desenvolvemento da Casa Sarry, que nacéu pasada a metade do século XIX como unha casa grande , de inspiración francesa , moi alonxada doutras que naquel tempo se alzaron na comarca, e dotada de amplos cuartos e salas . A familia Sarry sarriá naceu da man dun industrial que non tiña natureza fidalga e aínda que casóu cunha Valcárcel dunha rama pouco destacada de ningunha maneira pode ser calificada como pazo a casa que foi a morada do matrimonio Sarry-Valcárcel,
O resto das edificacións feitas darredor do patio serviron de marco á actividade fabril.
Comentarios
Publicar un comentario