ARRENDAMENTO DA CORTIÑA DE SAN LÁZARO-MASIDE ( SÁRRIA ) - 1578- ( 593 )
ARRENDAMENTO DA CORTIÑA DE SAN LÁZARO, NA PARROQUIA DE SAN VICENZO DE MASIDE ( 1578 ) ( 593 )
A Cortiña de San Lázaro, na desaparecida parroquia de San Vicenzo de Maside, pechada riba de sí, foi dada en arrendamento foi dada en arrendaento por Pedro Pardo de Riba de Neira ao escribán sarriao Gregorio Fernández, coetáneo do Gregorio Fernández, entallador residente na Pobra de Sárria, pai do grande escultor Gregorio Fernández ( " O Novo" ), nado na vila .
( Orixinal en castelán )
Da Cortiña de San Lázaro paga unha fanega
Na vila de Sárria a catorce días do mes de abril de mil e cincocentos e setenta e oito anos, perante min o escribán e testemuñas parecéu presente PEDRO PARDO DE RIBA DE NEIRA, veciño do Couto de Meles e señor da Casa de Lebices, e dixo que arrendaba e arrendó e daba en arrendamento a GREGORIO FERNÁNDEZ DE MOURE , escribán, veciño da vila de Sárria que estaba presente para el e os seus herdeiros é a saber que así lle arrendaba e daba en arrendamento a súa CORTIÑA DE SAN LÁZARO , segundo está cerrada e demarcada riba de si e segundo a soía traguer e posuir MARÍA DÍAZ DE GUITIÁN, defunta, e segundo é de foro do seu lugar de SAN VICENZO DE MASIDE.
A que vos arrendo por todo o tempo e espazo que non haxa mester dela para min propio, porque habéndoa de arrendar, aforar e traspasar a outro non vola poida quitar con que a traiades e reparedes e tendo mester dela para min e para a labrar e granxear ma deades cada e cando que por min propio volo requra con que a dita herdade, ao tempo que vos requira non estexa semeada porque estando o sexades obrigado a coller o froito que nela estiver semeado e aínda que sexa obrigado a pagar os perfetos e melloramentos que nela tivesedes feitos e perfetados e melloramentos, así parede, árbores como outra cousa que sexa útil e necesaria para a dita cortiña.
A cal vola arrendo dende hoxe, día da data desta escritura polo visto tempo e aínda que a teñades ben labrada e reparada de todos os labores necesarios e me deades e paguedes de renda e pensión a min ou á persoa que no meu nome a houber de haber , CATRO TEGAS DE CENTEO en cada un ano , bon pan limpo e seco de poo e pallas e paga medida pola medida direita e tega de Ávila , pagas nesta vila de Sarria , e pagando a dita renda e cumprindo as ditas condicións obrígome a min e aos meus bens habidos e por haber a facérvola certa e segura, sa e de paz e que a ela nin a parte delas non haberá contradición nin impedimento algún , so pena que si o houber ou impedimento a ela vos fose posto sairéi ao preito e seguireino á miña costa até deixarvos coa dita herdade libre e desembargada, baixo pena de darvos outra herdade en tan boa parte como o está a que vos arrendo e máis pagareivos os ditos perfetos e melloramentos. a vista de dous homes labregos tomados e nomeados cada un de nós o seu e máis pagareivos as costas e danos que riba dele se vos seguiren e recrearen .
E o dito Gregorio Fernández, escribán, que estaba presente dixo que así tomaba e recibía a dita cortiña da man do dito Pedro Pardo de Ribadeneira coas ditas condicións e pagar a dita renda por Santa María de Agosto até Santa María de Setembro , sen preito nin revolta algunha e polo cumprir e pagar e haber por firme ámbalasdúas partes dixeron que daban e deron todo o seu poder cumprido a tódolos Xuíces e Xustizas dos reinos da Súa Maxestade e renunciaron o seu propio, foro, xurisdición e domicilio e a lei sit conbenit de jurisdicione onium Judicum para que as ditas Xustizas lle lo fagan cumprir como sentenza pasada en cousa xulgada e renunciaba todas as leis no seu favor e a lei xeral que di que xeral renunciación de Leis feita non valla e ámbalas dúas partes asinárono dos seus nomes , ao que presentes foron por testemuñas PEDRO DE SOUTO, aguacil, e XOÁN LÓPEZ, ferrador, veciños da vila, e FRANCISCO RODRÍGUEZ, criado do dito Pedro Pardo de Riba de Neira, e eu escribán.
/ Valia entre renglóns o dí a del, si.
E eu o dito GREGORIO DE PEDRAZA E NOBOA, escribán público e aprobado pola Súa Maxestade e veciño da dita vila , presente fun ao outorgamento da dita escritura e segundo perante diante de min pasóu totalmente e por man doutro fixen escribir e segundo perante min pasóu . do teor que no meu poder queda, como por verdade o asino , como por verdade o asino do meu nome e asino esta,
En testemuña de verdade
Gregorio Pedraza e Noboa
( sine dia )
Comentarios
Publicar un comentario