XORXE ARIAS DE ARBIETO : SARRIAO ILUSTRE. ( 592 )
XORXE ARIAS DE ARBIETO ( 592 )
O Concello de Sárria, varios lustros despois de que don Francisco Vázquez Saco suxerira que no rueiro da vila de Sárria debería figurar un vial adicado aos irmáns Arias de Arbieto acordóu darlle o nome de RÚA ARIAS DE ARBIETO ao que vai dende a Rúa Nova até a Rúa Xela Arias , reducido no seu treito final a unha estreita calella , seguindo o anterior trazado da Corga do Rosquilleiro.
Como dato anecdótico hai que sinalar que na sesión na que se aprobóu darlle nome á rúa, un dos concelleiros manifestóu que " darlle o nome dun xograr ( ¡ ) totalmente descoñecido ". O Concello deulle aprobación e o que se denominaba, sen acordo oficial ningún, " Travesa da Rúa Nova", pasóu a ser " Rúa Arias de Arbieto ". Porén , pasado un tempo, o Concello, sen formación de expediente ou acordo oficial que o avalase, puxo como letreiro " Travesía Rúa Nova", presionado por algún dos veciños da rúa. Malia a iso na documentación catastral mantense a denominación " Rúa Arias de Arbieto".
Ese nome fai homenaxe en especial aos irmáns Xorxe e Xoán Arias de Arbieto , sen esquecer tamén a Mónica de Arbieto, que ma documentación de Santa María Madalena de Sárria figura como fundadora e dotadora de misas aniversarias.
Xorxe Arias de Arbieto, como sinalara don Francisco Vázquez Saco tivo decidida participación na defensa da cidade de A Coruña contra Francis Drake.
**********************************************************************************
( LA VOZ DE LA VERDAD, Lugo, 29.08.1922 )
BIOGRAFÍAS GALEGAS
CLXXXVI
XORXE ARIAS DE ARBIETO
Valeroso militar que viviu na segunda metade do século XVI . Era súbdito ou vasalo dos marqueses de Sárria, sendo nado na vila deste nome. Iñóranse cales foron os comezos da súa vida militar , pois cando se empeza a saber del consta que era xa capitán dos Terzos de Flandes , en cuxas guerras amosóu canto valía, poñendo de relevo toda a súa temeridade e afouteza , que eran grandes-
Dunha información practicada a instancias dun dos seus descendentes o ano 1655, resulta evidente que "foi castelán dun dos castelos do Furor " naquelas terras flamengas.
Voltóu a España en A Coruña estaba o ano 1589 cando o corsario inglés Francisco Drake puxo sitio a aquela cidade , pois consta de xeito certo que naquelas memorables xornadas distinguiuse modo extraordinario ás ordes do Marqués de Cerralbo , merecedno o seu nome figurar dignamente a carón de Montoto, Colmelo de Sevil e tantos outros.
De limpa estirpe e distinguida liñaxe , estaba emparentado con nobres familias galegas e tivo un irmán cuxo nome non chegóu até nós , do que se sabe únicamente que foi , como o noso Xorxe, natural de Sárria e mestre de campo en Flandes tamén.
O noso biografado casóu dúas veces : a primeira con dona Xoana Mexía, nobre señora da cidade de Ávila de los Caballeros , e a segunda con dona María de Andrade, tamén de crara estirpe, como o proba o seu apelido e que era señora e dona da Casa de Serantes, perto de Ferrol.
Xorxe Arias de Arbieto tivo varios fillos , entre deles frei Plácido ( 1 ), relixioso franciscán no Convento da Coruña, que pola súa ciencia e virtudes é merecente tamén de ser lembrado como o será oportunamente nesta Galería de celebridades galegas.
Manuel Molina Mera
( 1 ) Un frei Pácido Arias de Arbieto, nado na Coruña , foi monxe cistercense , en cuxa Orde se distinguiu notablemente polas súas virtudes , modestia e abedoría ( Do Catálogo de Abades de Sobrado de onde foi o abade 46 º , onde din que naceu na cidade herculina )-
Plácido Arias de Arbieto, abade de Sobrado dos Monxes ( 1642 ) , Meira e Madrid e dúas veces xeral da Orde . Leu Artes vinte e catro anos seguidos no Colexio de San Bernardo de Alcalá e grado de Doutor Teólogo na Universidade de Santiago . Morréu en Madrid em 1664. Publicóu un " Epítome de la Vida da V. Ana de Jesús , discípula de Santa Teresa " ( Salamanca, 1642 ). Foi autor dun manuscrito ( desaparecido ) coa tradución ao castelán dos Anales Cistercenses , de Frei Anxo Manrique e dun " Curso de Arte )
*************************************************************************************
..... " a dos Arias de Arbieto , aqueles ilustres capitáns do século XVI , dos que un tomóu parte na historia ca defensa da Coruña contra Drake. ( Heraldo de Galicia, 3.11.1924, X. Silva Castro ).
( Madrid, 4.05.1585 ) .- Para a formación dunha flota de galeóns que sairían do río Guadalquivir en Sevilla., foi nomeado capitán dun dos barcos.
" Citemos agora a don XOÁN ARIAS DE ARBIETO, Capitán dos Terzos de Flandes organizador da defensa da Coruña cando o ano 1589 a sitióu o corsario Drake , e na que, se María Pita foi o xesto heróico , Arias de Arbieto foi a intelixencia e a estratexia capaces de facer fración a un inimigo que non puido lograr na Coruña o que conseguira en Cádiz e en Lisboa ( El Progreso, 24.06.1959, Demetrio Díaz Varela ).
( 1596, 3 de xaneiro ).- XORXE ARIAS DE ARBIETO , capitán de infantería española. veciño da Coruña , era dono de varios barcos e condonóu co alférez Morquete Correo, grande comerciante tamén , do navío " San Xorxe " que na dita data tiña cargado na Coruña con cincocentos milleiros de mazás para levalas á cidade de Sevilla. Desta escritura e das dúas seguintes deu fe o escribán da cidade da Coruña Pedro de Rubial.
( 1596, 4 de xaneiro ) .- O expresado capitán XORXE ARIAS DE ARBIETO tiña o seu navío " Santa Cruz" , cargado, no porto da Coruña , con catrocentos e dez milleiros de pero pardo e mazás dalbarán , a metade de Pedro de Cancelo, veciño desta cidade , e doutros máis mariñeiros que no dito barco ían a mazá que se cargara na ría de Betanzos e el fletaba o dito barco a Pedro Cancelo para que parta coa dita mazá para o reino de Andalucía , onde faría a descarga ; a metade por conta de Xorxe de Arbieto e a outra metade por conta de Pedro Cancelo e os seus mariñeiros.
( 1596 , 9 de febreiro ) .- O mencionado Capitán Arias de Arbieto tiña o seu barco " San Antón" surto no porto da Coruña con douscentos setenta milleiros de toda mazá, que se cargan na ría da cidade de Betanzos , e fretaba o seu navío o mestre Gabriel para que co dito barco e mazá parta ao reino de Andalucía ou a outra parte onde mellor se entenda vender a dita mazá , todo isto por conta e razón do dito Xorxe Arias de Arbieto . Polo frete pagaralle ao Gabriel e mariñeiros 600 reáis , que se han partir entre o dito navío, mestre e mariñeiros , segundo costume " ( " Algúns temas galegos " . André Martínez Salazar ),
( X0RXE ARIAS DE ARBIETO , navieiro e comerciante , en outubro e novembro de 1596, por ausencia do Gobernador e Capitán Xeneral de Galicia Don Luis Carrillo de Toledo , Conde de Caracena , estivo encargado da defensa da Coruña e a súa comarca , e chegando novas da saída dunha Armada inglesa para as costas galegas , tomóu as medidas conducentes á mellor defensa da cidade.
( 1599 ) XORXE ARIAS DE ARBIETO foi sucedido no mando da súa Compañía polo Capitán Francisco Bermúdez de Castro , tenente do Castelo de Santo Antón da Cidade da Coruña. ( Boletín de Información Municipal .01.1968 ),
Era don SANCHO DE FIGUEROA , fillo do Capitán de Infantería don Xoán de Andrade e Figueroa , Señor de Meirama e Familiar do Santo Oficio e da súa esposa dona Manuela Arias de Arbieto , que tomóu parte na defesa da Coruña contra os ingleses , cando riba dos seus muros se inmortalizóu a heroína María Pita ( La Noche , 31 ,10.1951 ).
( 1610 ) Xurxo Arias de Arbieto vivía na Coruña.
( 1614 ) Xurxo Arias de Arbieto, Alférez, bateuse en Vigo cos turcos que querían ocupar a praza.
( 1617 ) Chancelaría de Valladolid.- Execución do pleito litixiado por Xoán Arias de Arbieto e Xenebra Laso, a súa muller, veciños da Coruña, con Luis de Romay sobre forza de bens.
**************************************************************************************
Comentarios
Publicar un comentario