TESTAMENTO DO ABADE DE BARBADELO VEREMUDUS SUNILANI ( 1009 ) ( 594 )
TESTAMENTO DO ABADE DE BARBADELO VEREMUDUS SUNILANI ( 1009 ) ( 594 )
VEREMUDUS SUNILANI.- Abade de Santiago de Barbadelo. Fillo de Sunilanus e Nunnita -
En 21.01.1009 " temendo a súpeta morte e os meus moitos pecados, con grave opresión e insidias de veciños inimigos , e dos seus propíncuos e cosanguiños, e tamén de amigos e compañeiros , que todos lle mintiron , e toda a súa creación e familia, tanto homes como mulleres, deixárono só en non sendo o monxe Mandinus e o presbítero Veremudus, con dúas ou tres monxiñas" , acordóu facer testamento.
Como á morte do rei Ranemirus e da súa tía Giloyra e do rei Vermudus pon quedóu ninguén que , achegouse á Casa de Samos poñéndose baixo da proteción do abade Mandinus.
Regresada ao mosteiro de San Xacobe de Barbadelo a súa irmá Sendina , pediulle que lle dera a súa filla Giloira , que fora criada no Mosteiro, para que fose protomonástica e tomase a cabeza e tivese o ducado santimonial no lugar de San Xacobe , e en todas as súas cousas e familia , de maneira que durante toda a vida de Sendina estivesen baixo do seu coidado todos os bens , aplicándoos tamén a sufraxios pola súa irmá Giloira e unha filla que alí estaban sepultadas,.
Sinalóu as Casas Maiores de San Salvador, San Mamedem San Pedro e San Martiño, e unha herdade en Arxevide.
1 ).- 2 ).-Concedéu e testóu para San Xacobe de Barbadelo todos os seus bens " até a máis mínima liña", nas Casas de San Xacobe e San Martiño de Barbadelo que a metade caíra nas mans do rei Ranemirus e de Giloyra, e estes déranlla a el por cartas firmes, ademáis cedéu :
3).- A vila de San Fiz de Reimóndez e os homes alí habitadores, e a terza parte das pumaregas con todas as casas e familias que llas conederan os seus Sunila e Nunnita , que as recibiron do abade Vermudus que adquirira os bens de reis, pontífices e de compras.
4 ).- A Casa de San Salvador.
5 ).- A Casa de San Mamede.
6 ).- A Casa de San Pedro, dunha parte polo Loio, doutra até O Couso , e doutra parte até O Cotarelo, a montes e devesas e con moitos vilares que estaban desertos.
7 ).- Xubín con todos os seus bens,
8 ).- Bade con pumaregas e adxuncións.
9 ).- Nespereira con todos os seus bens.
10).- Outra Nespereira, que lla encartaron Rudericus Andulfiz e o seu fillo Quintila Ruderici , enterrado en Barbadelo , e outro seu irmán chamado Andulfus.
11).- E a igrexa de San Salvador ( de Rosende ), perto de Barbadelo, procedente do testamento do abade Recamundus.
12).- A vila de Santalla con todos os seus bens.
13.)- En Quiroga a igrexa de Santo Estevo cos seus bens e ampla familia.
14).- En Cornego a igrexa de San Xulián.
15).- En Trives unha herdade e familia.
16).- No Bierzo, en San Fiz de Burbia, unha herdade que fora testada por Rudericus Adeulfiz e outra vila en Vilela , perto da da raiña Giloyra.
17 ).- E a igrexa de San Martiño de Froián.
De todos estes benes SINALOU UNHA METADE PARA SAMOS , en memoria dos seus pais e do seu tío Vermudus, e a OUTRA METADE DEIXOUNA PARA SAN XACOBE DE BARBADELO .
Testóu tamén para os frades de Barbadelo a igrexa de Santiago, en Froián ( Mortoláis ) , a igrexa de San Xoán do Couso e as pumaregas , Santa María de Belante , a Casa de Santo Adrao no Monte do Páramo ( hoxe ermida de San Marco, en Biville ), que lla testaran o confeso Ambrosius e " o mirífico sacerdote " Ranosindus ; en Celmán a vila e a igrexa ( de San Lourenzo de Suar ) agás a parte que lle dera a Santa María de Loio para remdio dos parentes e avós Vermudus Sendini e Viollentius , tendo que dar en cada un ano cinco moios de gra e de sidra.
Testóu ademías os seus libros eclesiásticos:
Un antifonario óptimo e perfeto e outras boas caixas variadas ; Dous salterios ; Tres manuáis ; Un de oracións ; Tres das Ordes ; o Libro Cognicum e o Libro de Pregos, que foron os que el fixo e gañóu . Enadíu dous da Paixón e corenta Libros Espirituáis.
En ornamentos de igrexa sinalóu:
Unha cruz e caixa arxénteas, un cálice , unha escudela de prata e un libro.
Obrigóu ao seu fámulo Ranemirus a facer votos por el votos nas festividades da Asunción de Santa María e de San Xoán Apóstolo e no día de San Trocado.
Encomendoulle á súa irmá Sendina o cumprimento das obrigas relixiosas , e que no día de San Fagundo "faga o voto capital a Samos" ,
Sinalou o réxime referente ás Casas Maiores de maneira" que estexan na súa orde baixo dominación dos que neste lugar habitedes, e fagan votos votos e misas polos seus primeiros señores e antecesores e os calendarios segundo establecéu don Sunila , e descorran sempre para o lugar de San Xacobe de Barbadelo con todo o que teñan, e dean en todos os anos xantares " aquí no Mosteiro de San Xacobe" . E enadíu finalmente os bens de San Martiño e a herdade de Rente dada pola monxa Teoquilo,
Veremudus Sunilani fixo ofrecemento " á igrexa de Deus" e ao Mosteiro de San Salvador e San Xacobe e ao abade Mandinus de Samos e a quen da súa man aceptase os bens dados por Deus " dende a infancia dende a infancia até agora que estóu na perfeta idade " :
01.- A igrexa de San Salvador de Rosende ( Ortoá ) que fora do seu tío Veremudus e que a daría á súa morte íntegra para San Xacobe de Barbadelo.
02.- A vila de Vímara Ytinez , coa obriga de que el e os seus fillos fosen servos onde o seu corpo fose enterrado, e a quen el o tiña botado de moitos lugares por moitas malas accións.
03.- San Mamede ( na Pinza, perto da marxe esquerda do río Loio ) cos seus bens e devesas até Vilaragunte e Prudimi, el tivera outro acordo con don Soniarigo que lle mentiu.
04.- O Lugar de San Pedro de Barán , na tera do Páramo, na beira do río Loio , cos seus bens e o que don Sunila " gañóu, chantóu, prolificóu e edificóu con oitenta e dous pasos de destros até as penas e a carral antiga.
05.- A vila de Xubín ( perto de Bade e A Lagoela ).
06.- A vila de Bade con terras, mazairas, prados, pasteiros e herdades.
07.- A igrexa de Santa María de Vilamaior inclusa no tesamento de don Ofilón.
08.- Dúas vilas en Nespereira, segundo ían por San Breixo, San Xulián até A Cervela e remataban en Santiago polo cemiterio cara San Xulián.
09,. A vila de Santalla en Lemos , que fora posuída por Sunila con prados, viñas e pumaregas e as veigas na beira do río e a herdade e as viñas dadas por Davide en Reboredo.
10.- Unha viña na ribeira do Miño, en Sabadelle,
11,. Unha herdade en Goián e a parte do forno das tellas e o liñar.
12.- San Pedro de Barán e un cabalo óptimo.
13,.- A vila onde está Ranemirus.
14.- Unha herdade en Biville.
15,. Santo Adriao do Monte do Páramo ( San Marco en Biville ) co seu castro en circuíto , segundo estaba incluso no testamento de don Vermudus ( " O Maior" ).
16.- San Salvador, na vila de Rosende ( en Ortoá ) edificada polo abade e sacerdote Rocamundus,
17.- Santiago de Mortoláis ( en San Pedro de Froián ) coas súas adxuncións e prestanzas.
18.- Santo Estevo ( Santo Estevo do Mato en Froián ),, en San Martiño en Vilar ( Loureiro de Froián ) e Santa María ( en Pacios de Froián ) .
19.- Santi Estevo en Quiroga.
20.- Unha terza da herdade de Vilar de Centi cos seus montes ( Chorente , en paraxe coñecido como Viladecenti )
21.- Unha cuarta parte de Ferreira e outra doutros herdeiros,
22,. San Xoán de " domne Ergemore " ( O Couso de Piñeira ", concedida por Teodemundus, presbítero, Rudericus e sor Tequiloni para Santiago de Barbadelo.
23.- San Martiño ( de Barbadelo ) con todos os seus bens e destros , posuídos polo presbítero Dayldus quen lla dera á súa morte para San Xacobe de Barbadelo.
24.- Tamén pasóu os bens herdados de .dona Nunnita que na última enfirmidade llos concedera ,
25.- O Agro de Torneiro e A Condomiña con dous muiños con banzados e pesqueiras.
26.- Unha pumarega por el permutada.
27.- As Lamas e fora do valado leiras co s eu prado.
28.- En Piñeira a vila de Tribui , que estivera baixo do xugo do seu tío Veremudus e despóis caeran os montes en reguengo e sacáraos del don Sunila polos testamentos de San Pedro e deron en oferción montes de San Fiz até o Cotarelo, agás a súa ración.
29.- A senra de Seixo Branco de cincuenta moios en semeadura.
30.- Dúas partes en Vilar de María dende o Rego Davián até o río Barbadelo.
31.- A Ciguñeira comprada a dina Palla pola que lle dera un cabalo valorado en dez bois.
32.- Outra Ciguñeira que lla dera Cartinus a Samos co seu Mosteiro de Cesár ( San Paio ) e Veremudus comproulla a don Mandinus cos seus prados e amenedos.
33.- A vila de frei Meyrello.
34.- A vila de frei Meyrello.
35.- A vila de frei Dauti
36.- A vila de Lastres cambiada con Suario Argefonsiz e a súa muller.
37.- A vila de frei Gundesindo.
38.- A vila de Arias Odoiniz perto da igrexa de San Martiño.
39.- A vila de Destoi.
40.- A vila de frei Argericus.
** En 18.11. 1011 Veremudus Sunilani asinóu a escritura de doazón do Mosteiro de San Paio de Barbadelo ( San Paio de Piñeira ) feita pola abadesa Fernanda ao abade de Samos , Mandinus, e ao seu neto Pelagius Segeridiz.
12).-
11).-
Comentarios
Publicar un comentario