MESÓNS DA TERRA DE SÁRRIA ( 598 )
MESÓNS DA TERRA DE SÁRRIA ( 598 )
Ao longo dos séculos, darredor dos vellos camiños houbo casas destinadas á acollida de camiñantes, arrieiros e outros traxinantes. Tratábase de casas con moi poucas comodidades e que, en xeral non ofrecían comidas, que o usuario tiña que percurar. Ofrecían malos leitos, a calor da lareira e estacnias nas que o fume era unha constante. Algúns destes establecementos tiñan cortellos para o gando de arreo ou mesmo para as reses que ían ou viñan das feiras.
Estes establecementos deron nome a algunhas aldeas ou lugares, que conservan o nome, malia a que haxa moito tempo que non hai neles pousadas.
LUGARES
O MESÓN.- Na parroquia de San Xoán de Noceda ( O Incio ), que na actualidade, por estar na estrada de Nadela a Ourense por Monforte, presenta un bon número de casas. Nalgún tempo foron varias as casas onde había pousadas e por iso tamén lle chamaban " Os Mesóns"
O MESÓN.- Lugar da parroquia de San Vicenzo de Carracedo ( Láncara ). No Camiño Francés de Viduedo a Lugo, perto da Ponte de Carracedo. En 1857 había 1 casa e 1 habitante. En 1871 tiña 2 casas habitadas e 1 deshabitada.
O MESÓN.- Lugar da parroquia de San Mamede do Couto ( Samos ), no Camiño de Samos a Sárria. En 1857 había 2 casas, e 10 habitantes. En 1981 tiña 3 casas e 7 habitantes.
O MESÓN.- Lugar da parroquia de San Miguel de Vilapedre ( Sárria ). Foi creado como consecuencia da apertura da estrada de Nadela a Ourense por Monforte, e é unha ampla e ben dotada edificación , que tamén daba ao camiño de Vilapedre a Céltigos, razón pola que dalgún xeito serviu de punto de acollida para usuarios das Augas de Céltigos.
PRESENZA DE TOPÓNIMOS
MESÓN.- Paraxe na parroquia de San Miguel de Vila de Mouros ( O Incio ) , no Camiño Vello de Sárria a Monforte de Lemos, que recorda que alí houbo unha Casa-Mesón.
MESÓNS NA TERRA DE SÁRRIA
MESÓN DOS ALVAREDOS.- Na parroquia de Santa María de Albán ( Sárria ). Alzouse como consecuencia da apertura da estrada de Nadela a Valdeorras ( 1855 ) . En 1871 xurdiron diferenzas sobre a pertenza ás freguesías de Albán ou Reimóndez . En 18.02.1872 o Concello decidíu que formaba parte da parroquia de Albán.MESÓN DE ANTONIO LÓPEZ.- ( 1753 ) Na parroquia de Santo Estevo de Calvor, Xurisdición de Samos, Partido do Camiño Francés. Mesón de maragatos e arrieiros condutores de viño , no Camiño de Santiago e Camiño de Lemos a Asturias. Regulábanlle un beneficio de 50 ducados en cada un ano.
MESÓN DE BARREIROS.- Na parroquia de Santa María de Ortoá ( Sárria ), no lugar de Barreiros, no Camiño de Santiago ( Camiño de Sárria a Portomarín ) e Camiño Vello de Lugo a Monforte de Lemos. No século XIX a Familia Fernández rexía este Mesón-Taberna.
MESÓN DE BERMÚN.- Na parroquia de Santa Cristiña do Viso ( O Incio ). Nos camiños de Monforte a Asturias e de Sárria a Monforte.
MESÓN DE CARRACEDO.- Na parroquia de San Vicenzo de Carracedo, Xurisdición de Samos. No Camiño francés de Viduedo a Lugo ( Camiño de Postas ) e de Monforte a Asturias.
MESÓN DO COUTO.- Na parroquia de San Mamede do Couto, Xurisdición de Samos. No Camiño Vello de Samos a Sárria.
MESÓN DA COVELUDA.- Na parroquia de Santalla de Arxemil. No Camiño de Sárria a Lugo por Goián e a Ponte de Neira, máis adiante do Monte Pequeno de Treilán.
MESÓN DE DOMINGOS VALCÁRCEL.- ( 1753 ) Na parroquia de Santo Estevo de Calvor, Xurisdición de Samos, Partido do Camiño Francés. Mesón de maragatos e arrieiros condutores de viño .Regulábanlle un beneficio de 50 ducados en cada un ano.
MESÓN DO IRIBIO.- Na parroquia de San Cristovo de Lóuzara, en lugar isolado, no Camiño Real de Monforte de Lemos por Foilebar ao Cebreiro.
MESÓN DA LAMA DE CAQUE.- Na parroquia de Santa María de Ortoá ( Sárria ). No Camiño Vello de Lugo a Monforte pola Ponte de Neira. Estaba en paraxe illada lonxe de Goián e da Airexe de Ortoá.
MESÓN DE LLOREDA.- Na Vila de Triacastela.
MESÓN DE LOURENZO GARCÍA.- ( 1753 ) Na parroquia de Santo Estevo de Calvor , Xurisdición de Sárria, Partido do Camiño Francés. Mesón de maragatos e arrieiros condutores de viño. Regulábanlle un beneficio de 50 ducados en cada un ano.
MESÓN DE MANUEL GARCÍA.- ( 1753 ) Na parroquia de Santo Estevo de Calvor, Xurisdición de Samos, Partido do Camiño Francés. Mesón de Maragatos e arrieiros condutores de viño. Regulábanlle un benefiicio de 50 ducados en cada un ano.
MESÓN DE MANUEL LÓPEZ.- ( 1753 ) Na parroquia de Santo Estevo de Calvor , Xurisdición de Samos, Partido do Camiño Francés. Mesón de maragatos e arrieiros portadores de viño. Regulábanlle un beneficio de 50 ducados en cada un ano.
MESÓN DE MASIDE.- Na parroquia de San Pedro de Maside ( na porción da Xurisdición de Samos ), no Camiño de Santiago ( Camiño de Sárria a Portomarín ) , entre o lugar de Zanfoga e O Romeo
MESÓN DO MAZADOIRO.- Na parroquia de San Martiño de Requeixo. Foi alzado como consecuencia da apertura da estrada de Nadela a Valdeorras ( 1753 ) antes da Ponte Nova do Mazadoiro e cando se constrúe o ferrocarril quedóu inmediato ao paso a nivel con barreiras.
MESÓN DO NEGRAL.- Na parroquia de Santa María de Pacios de Loureiro, Xurisdición de Samos, Partido de Froián. No Camiño de Sárria ao Incio.
MESÓN DE NOCEDA.- Na parroquia de San Xoán de Noceda ( O Incio ). Alzado a carón da estrada de Nadela a Valdeorras, aquí coincidente cun treito do Camiño Vello de Sárria a Monforte.( 1855 ) Como máis adiante abriron outros establecementos semellantes o lugar tamén foi coñecido por " Os Mesóns"
MESÓN DE PADRIÑÁN.- Na parroquia de Santa María de Vilar ( Sárria ) Aberto coa posta en funcionamento da estrada de Nadela a Valdeorras, cuxo treito entre A Pobra de San Xiao e Sárria foi aberto en 1853. A edificación foi derrubada nos anos fináis do século XX.
MESÓN DA PONTE.- En Triacastela, na porción pertencente á freguesía de San Breixo da Balsa. Foi mesón e ferrería, en pleno Camiño de Santiago.
MESÓN DA PONTE DE LÓUZARA.- Na parroquia de San Xoán de Lóuzara ( Samos ). No Camiño de Samos a O Courel.
MESÓN REAL DE GALEGOS.- Na parroquia de Galegos ( Láncara ). No Camiño francés da Fonfría a Lugo pola Ponte de Carracedo. A tradición di que nel fixo pousada a Raíña Dona Urraca. Este camiño real comunicaba Castela con Lugo e A Coruña, e no Mesón pararon persoeiros reáis e persoas nobres, sendo ademáis lugar de bagaxes das expedicións militares chegadas a Galicia.
MESÓN DE SÁRRIA.- Na parroquia de Santa Mariña de Sárria, na parte baixa da vila ( Arrabaldo ). Nesta casa , no século XVIII estaba a Tulla do Arcedián de Sárria , na que se se recollían as rendas correspondentes a esa dignidade da Catedral de Lugo,
MESÓN DA SERRA.- Na parroquia de Santiago de Barbadelo, na Xurisdición de Samos, lugar de Mercado da Serra, na cruz do Camiño de Santiago co Camiño Vello de Lugo a Monforte. A carón da casa estaba o Campo onde tiña lugar o Mercado semanal.
MESÓN DO SISTO.- Na parroquia de San Xulián de Meixente (Sárria ). No Camiño de Santiago ( Camiño de Sárria a Portomarín ) e nunha das variantes do Camiño de Lugo a Monforte ( treito do Mesón de Lama de Caque ao Mesón-Taberna da Serra.
MESÓN DE TRIACASTELA.- Na parte da vila de Triacastela, pertencente ao Marquesado de Sárria. No treito urbán do Camiño de Santiago.
MESÓN DE VILAPEDRE.- Na parroquia de San Miguel de Vilapedre ( Sárria ) . Alzado como consecuencia da apertura da estrada de Nadela a Valdeorras, treito de A Pobra de San Xiao a Sárria. Era un amplo edificio, de moi boa construción, que aínda se mantén.
MESÓN DE XOÁN GONZÁLEZ.- ( 1753 ) Na parroquia de Santo Estevo de Calvor, Xurisdición de Samos, Partido do Camiño Francés. Mesón de maragatos e arrieiros condutores de viño.
MESÓN DE XOÁN LÓPEZ.- ( 1753 ) Na parroquia de Santo Estevo de Calvor, Xurisdición de Samos, Partido do Camiño Francés . Mesón de maragatos e arrieiros portadores de viño.
MESÓN DE XOSÉ CARAMÉS.- ( 1753 ) Mesón de arrieiros condutores de viño e maragatos , na parroquia de Santo Estevo de Calvor, na Xurisdición de Samos, Partido do Camiño Francés. Regulábanlle un beneficio de 50 ducados en cada un ano.
Sinónima de "Mesón" foi o nomeamento de "Venda" ou "Vendas ", que deixóu menos referenzas toponímicas , presente só en Samos.
***********************************************************************************
MESÓNS MODERNOS : ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS
En xeral agora a denominación MESÓN refírese a un establecemento onde se ofrecen ao público bebidas e comidas ( almorzos, xantares e ceas ) xeralmente en espazos cunha decoración pretendidamente " típica " e ofrecendo cociña de tipo tradicional ou caseira.
MESÓN DE ANA.- En Cimo da Agra- Vilar de Sárria. No Camiño de Santiago ( desaparecido)
MESÓN ATENEO.- En O Oural ( Sárria ). Na Rúa Principal.
MESÓN BETULARIA.- En San Cidre de Lamas( Triacastela ). No lugar do Biduedo. Camiño de Santiago.
MESÓN CAMIÑO FRANCÉS.- Na Vila de Sárria . Na Rúa Maior. Camiño de Santiago.
MESÓN DA CARRETA.- Na Vila de Sárria. Na Rúa da Liberdade ( desaparecido )
MESÓN DO CARRO.- Na Vila de Sárria. Na Rúa Xosé Sánchez Arias. Camiño de Santiago.
MESÓN DO CASTRO.- En Vigo de Vilar de Sárria. Camiño de Santiago.
MESÓN DEL CONEJO.- Na Casa da Ponte, pasada a Ponte Ribeira , derrubada ( desaparecido )
MESÓN O DESCANSO.- En Vilachá das Cortes ( Paradela ). No Camiño de Santiago.
MESÓN DON COSME.- A Pobra de San Xiao. Rúa Benigno Quiroga
MESÓN D ' OURO.- Na Vila de Sárria. Na Rúa Diego Pazos. ( desaparecido )
MESÓN DO FORCADO.- Na Vila de Sárria. Rúa Xela Arias.
MESÓN DO LOIO.- En San Xoán de Loio ( Paradela ).Estrada de Pedrafita do Cebreiro a Vendas de Narón
MESÓN DO MAR.- Na Vila de Sárria, no Paseo do Malecón do Río Sárria ( desaparecido )
MESÓN DE MARTÍN. - En Cimo da Agra -Vilar de Sárria. Camiño de Santiago. Estrada Samos a Sárria por Pintín.
MESÓN DA MONTSE.- Na Pobra de San Xiao ( Láncara )
MESÓN DO NEIRA.- A Pobra de San Xiao. Avenida de Valdriz
MESÓN NÚÑEZ.- Na Vila de Sárria, no Edificio Alborada, Rúa Ramón Cabanillas.
MESÓN O PACIO.- En Santo Antolín-Sárria. Estrada de Sárria a Becerreá
MESÓN DO PELEGRÍN.- Na Rúa da Liberdade, pasada a Ponte de Ferro ( desaparecido )
MESÓN DO PEREGRINO. - Na Vila de Triacastela.
MESÓN A PONTENOVA.- En Santalla de Pascáis ( Samos ). Na Ponte Nova , na beira do Río Sárria. Estrada de Pedrafita do Cebreiro a Vendas de Narón.
MESÓN DE ROBERTO.- Na Vila de Sárria- Paseo do Malecón do Río Sárria.
MESÓN DO ROMEO.- Na parroquia de San Pedro de Maside. No Camiño de Santiago- Estrada de Pedrafita do Cebreiro a Vendas de Narón.
MESÓN SARAIBA.- Na Cruz do Incio.
MESÓN DA SARDIÑA.- No Oural- Rúa Principal.
MESÓN O TAPAS .- Na Vila de Sárria Na Rúa Maior / Praza da Constitución.
MESÓN TRES CASTROS.- Na Vila de Triacastela
MESÓN O TÚNEL.- Na parroquia de Vila de Mouros ( O Incio ). Na estrada de Nadela a Ourense por Monforte.
MESÓN VICENTE.- Na Cruz do Incio
MESÓN VILASANTE.- Na Vila de Triacastela
MESÓN XOVEN.- Na Vila de Sárria. Rúa Curros Enríquez
MESÓN DO XUGO.- Na Vila de Sárria. Na Rúa do Peregrino , na Casa da Ponte , a man esquerda saíndo da Ponte Ribeira ( derrubado o edificio deixóu de existir )
Comentarios
Publicar un comentario