MONTE DA CHA DE SANTA MARTA ( 596 )
MONTE DA CHA DE SANTA MARTA ( 596 )
Nos concellos de Láncara e Sárria, parroquias de Santa María da Lama, Santa María de Touville, Santiago do Souto, San Pedro da Armeá, San Martiño do Río, Santa Eufemia de Santo Antolín , Santa María de Corvelle, Santa Mariña de Rubín e Santiago da Veiga ( Fonteabuín ) existe un amplo monte, seccioando en porcións parroquías, en réxime de montes en man común.
O Monte da Chá de Santa Marta, que recibiu o nome dunha desaparecida capela adicada a Santa Marta, ao longo dos séculos, ademías das actividades agrícolas e gandeiras propias das casas das diferentes parroquias albergóu campamentos militares dos romanos, unha feira , un aerodromo militar e un campo de tiro ao prato.
Para poder sinalar as estremas do monte hai que ter en conta as estremas históricas das diversas parroquias das que forma parte, e que se recollen no Catastro do Marqués de la Ensenada, que son como segue:
PARROQUIA DE SANTA MARÍA DA LAMA.- No actual concello de Láncar. Está formada polos lugares de A Armeá de Baixo, Arrubial, Arvilar de Abaixo, Arvilar de Riba, Asó, Cima de Vila , A Lama, Muiño de San Paio, Rexidoiro e San Paio.. Pertencéu a antiga Xurisdición de Láncara.Estremas da parroquia: " Principiando a Levante na Pedra Chantada, desta en dereitura á Pedra Ladra e ás Devesas de Sáa, en dereitura ao Marco da Veiga de Sáa , ao Marco da Chousa , Fonte de Cerxedo , Cruces de Lobo Zopo , xirando ao Marco da Veiga de San Vicenzo e ao Río Armiela, de alí seguindo cara enriba até o Casal de Feás, de alí ao Marco de Cima de Vila., ao Castro Marín, ao Marco de Campo de Nobois, e polo Marco do Castro de Vilasantán en dereitura á Pedra Chantada".
PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE TOUVILLE..- No actual concello de Láncara, Lugares: A Casa do Monte, O Cousiño , O Mourillón, Parada, Sáa e Touville. Estremas da parroquia ( 1753 ): " Principiando en Rego de Arroxo, seguía por Pena Chantada, Pedra Ladra, Marco da Veiga de Sáa, Marco do Barro Grande, Muro de Tomé López , Fonte de Orices, Medorra de Rubín, Campo de Santa Marta e Pedra Chantada".
PARROQUIA DE SANTIAGO DO SOUTO ( DE FERRADAL ).- No actual concello de Láncara. Lugares : A Ribeira, O Souto, Valdoven e Vilela . Estremas da parroquia: Principiando no Rego de Ferradal, seguían polo Marco da Pedra Chantada, Marco da Pedra Ladra , Carrilleira da Cha, Carrilleira das Areas , Río Armiela e Rego de Ferradal.
PARROQUIA DE SAN PEDRO DA ARMEÁ.- No actual concello de Láncara. Lugares: A Armeá, Leirado, A Pedra de Sáa, San Pedro , San Vicenzo e Vilela. Estremas da parroquia ( 1753 ): Principiando no Valado Rubio, seguía á Pena Caruocita, Pena do Oso, Arroxo de Ferradal, Camiño das Areas, Cortiña de Pereiro, Sitio da Gravaz, Sitio do Pedrido , rematando no Valado Rubio.
PARROQUIA DE SAN MARTIÑO DO RÍO.- No actual Concello de Láncara. Lugares: Río, San Martiño, San Roque, Santa Bárbara, Tourelle e Viládiga ( 1865 ). O lugar de Viládiga pertencía á Xurisdición de Castelo dos Infantes. O resto da parroquia formóu parte da Xurisdición da Somoza de Vilouzán; en 1753 vinte veciños eran vasalos do Duque de Veragua e outros dez ( Tourelle e San Martiño ) da Marquesa de Castelar; do Concello Constitucional da Somoza de Vilouzán ( 1820/ 1823 ) , despois do Concello de Vilouzán e en 1840 integrouse no Concello de Láncara. Estremas da parroquia ( 1753 ): Principiando no Marco da Cruz do Castro, seguían á Fonte de Vasiño, Devesa do Porto , Teso dos Monxos , Prado de Pereira, Maraco de Agraboa , Rebordelo, Rego do Soldado, Sebeiro de Arteiro , Arroxo de Arroxaos, Marco de Chaos, Teso de Carballosa, Marco de Teal, Marco de Moretín, Marco da Míllara, Lagas de Redondo, Fonte das Namelas , rematando na Cruz do Castro.
PARROQUIA DE SANTA EUFEMIA DE SANTO ANTOLÍN.- No actual concello de Sárria. Tamén coñecida como Santo Antolín de Touville. Lugares: A Lama, O Pacio , Santo Antolín e Santa Eufemia ( 1865). Formóu parte do Concello Constitucional de Samos ( 1820 / 1823 ), do Concello de Samos ( 1835 ) e en 1840 quedóu integrada no Concello de Sárria. Estremas da parroquia: Principiando no Sitio dos Barredos do Fondón, seguindo ao Marco de Abaixo do Prado da Torre, Devesa de Anxo Vázquez , Fonte de Lamas , de ali á Modorra das Caviancas , A Pedra Chantada , Calzada de Santa Eufemia , rematando nos Barredos do Fondón.
PARROQUIA DE SAN PEDRO DE SETEVENTOS.- No actual concello de Sárria. Formóu parte da Xurisdición do Marquesado de Sárria, Concello Constitucional de Sárria ( 1820 / 1823 ), Concello de Sárria ( 1835 ) integrándose no Concello de Sárria ( 1840 ). Estremas da parroquia ( 1753 ):
PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE CORVELLE.- No actual concello de Sárria. Formóu parte da Xurisdición do Marquesado de Sárria, do Concello Constitucional de Sárria ( 1820/ 1823 ), Concello de Sárria ( 1835 ) e Concello de Sárria ( 1840 ). Estremas da parroquia ( 1753 ): Principiando no Marco de Pedra Chantada , seguían á Modorra de Fonteabuín, Presa do Couto , Marco de Lagoelas, Marco do Morelle, Prado do Barrio, Monte da Coada, O Fondón, Calzada de Santa Eufemia rematando no Marco da Pedra Chantada.
PARROQUIA DE SANTA MARIÑA DE RUBÍN.- No actual concello de Sárria. Formóu parte da Xurisdición do Marquesado de Sárria, do Concello Constitucional de Sárria ( 1820 / 1823 ), Concello de Sárria ( 1835 ) e Concello de Sárria ( 1840 ). Estremas da parroquia ( 1753 ): Principiando na Modorra Branca, seguía á Fonte do Cabezón, Porto das Travesas, Pontón de Gondomil, Marco de Ribas Altas, Marco de Lamas dos Muiños , rematando na Modorra Branca.
PARROQUIA DE SANTIAGO DA VEIGA E LUGAR DE FONTEABUÍN .- No actual concello de Sárria. O lugar de Fonteabuín pertencía á Xurisdición de Samos, Concello Constitucional de Samos ( 1820 / 1823 ), Concello de Sárria ( 1835 ) e en 1840 integrouse no Concello de Sárria. Estremas da parroquia: a ).- Porción do Marquesado de Sárria: Principiando na Modorra Branca , seguía ao Marco das Matelas, Fonte de Cerxedo, Arroxo de Ribas até o Río da Sárria , por el á Fonte da Reza cortando ao Marco da Trave , Carreira de Folgueira, Poza das Caldas , Agro da Aolada, Pontón da Uz , Fonte das Garzas, Fonte do Cardo, Cancelo de Xoán Vázquez, Veiga , Río da Sárria até o Río de Cabanas , Devesa de Golás , rematando na Modorra Branca. b ).- Porción da Abadía de Samos: Principiando na Modorra Branca , seguía polo Camiño Real da Ponte de Carracedo até a casa de Matías Ribeirego e polo arroxo de Rodicelo no Monte da Pedra.
FIXACIÓN DAS ESTREMAS DO MONTE DA CHA DE SANTA MARTA PORCIÓN CORRESPONDENTE AO LUGAR DE FONTEABUÍN , PARROQUIA DE SANTIAGO DA VEIGA
O monte da Cha de Santa Marta, propiedade dos veciños de Fonteabuín, forma parte da parroquia de Santiago da Veiga, e por moito tempo antivo en mesturas coas demáis parroquias, até que houbo un acordo polo que se fixo segregación dun espazo que quedóu atribuido como monte en man común aos veciños de Fonteabuin, alcanzado o 21 de febreiro de 1843: " Presentáronse perante o Alcalde Primeiro Constitucional de Láncara , Antonio Rivera García, os veciños de Fonteabuín, parroquia de Santiago da Veiga, chamados Froilán López de Silva, Domingos López, André García, Xoaquín García, Manuel Fernández, Anxo Fernández , Domingos Golás, Domingos Núñez, Francisco García e Xosé Núñez " todos eles reclamando verbalmente que dende tempo inmemorial se achaban na quieta e pacífica posesión de cortaren leña no monte chamado " Cha de Santa Marta" e aproveitarse dela para o seu consumo indispensablemente , o mesmo que o facían os veciños das parroquias de Santa María de Touville , Santiago do Souto, San Pedro da Armeá e Santo Antolín de Goimil, compreendidas antes que tivese efecto a nova división municipal na Xurisdición de Samos e na actualidade agregadas estas á de Láncara , e a consecuencia de de terense propasado á división sen o consentimento da veciñanza do lugar de Fonteabuín foi o motivo da dita reclamación contra os veciños das ditas parroquias de Touville, Souto de Ferradal e San Pedro da Armeá , os que se apersonaron a consecuencia da orde librada ao efecto por esta Alcaldía que o fixeron xeralmente pola de Touville , Domigos de Castro, Xoán de Arcos , Anxo López, Diego López , Xoán Fernández, Xosé Rego, Rafael López , Xosé Méndez, Xosé Sobrado , Domigos López e Xosé Fernández; e pola de San Pedro da Armeá, Antonio López , Antonio Vivero e Antonio López , por si e no nome dos demáis veciños desta parroquia como facultados debidamente polos demáis restantes ; os que asociados respectivamente con homes bons que o son polos demandantes Xosé Baldomero Pérez , de San Martiño de Oleiros, e polos demandados Manuel Carrete , de Lugo, os que desexando evitar un pleito que noutro caso sería gravoso para uns e outros , aviñéronse a cosignar todo o monte que se acha dende a Modorra de Rubín en dereitura á de Santa Marta e desta en liña recta ao comezo da Carrilleira de Balín e desta en liña recta á embocadura da corga que sae do Agro de Fonteabuín e deste a pechar coa dita parroquia de Santiago da Veiga , con cuxo monte se dan por apartados de todo o demáis que corresponde ás motivadas parroquias de Touville , Souto e San Pedro da Armeá , concertándose as veciñanzas destas en satisfaceren a parte de monte dado, os de San Pedro da Armeá aos de Souto e estes aos de Touville e proporción á súa mensura . Co que se dan por satisfeitos sen a menor contradición en tempo algún , do que se enteraron as partes que o consinten e o señor Alcalde por vía de providencia manda se leve ao debido efecto , prevéndoos igoalmente procedan á súa demarcación para evitaron así outra nova reclamación quedando obrigados mancomunadamente a pagaren os gastos que se ocasionen coa mensura do referido monte ( Acta do Libro de Conciliacións de 1843 ). Concello de Láncara ).
Comentarios
Publicar un comentario